Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República Española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.
Francesca Lluc Armengol Socías, coñecida como Francina Armengol, nada na cidade de Inca, Illas Baleares, o 11 de agosto de 1971, é unha farmacéutica e política mallorquina. Desde 1999 é deputada no Parlamento das Illas Baleares por Mallorca. Desde xullo de 2015 é presidenta do Goberno das Illas Baleares, sendo a primeira muller que o preside na historia das Baleares.
Qatar (/ˈkætɑːr/,) (en árabe: قطر), oficialmente o Estado de Qatar (en árabe: دولة قطر, Dawlat Qatar) é un país soberano localizado no oeste de Asia, ocupando a pequena Península de Qatar na costa noroeste da Península Arábiga. Ten fronteira terrestre con Arabia Saudita no sur, co resto do seu territorio rodeado polo Golfo Pérsico. Un estreito no Golfo Pérsico separa Qatar do seu veciño Bahrain, tamén compartindo fronteiras marítimas cos Emiratos Árabes Unidos e Irán.
Angela Dorothea Merkel, nada en Hamburgo o 17 de xullo de 1954, é unha política alemá, que ocupou o cargo de chanceleresa de Alemaña entre 2005 e 2021. Dirixiu unha coalición formada polo seu partido, a CDU (Unión Democrática Cristiá), e a CSU (Unión Social Cristiá), xunto co SPD (Partido Socialdemócrata de Alemaña).
Olivia Mary Manning, nada o 2 de marzo de 1908 e finada o 23 de xullo de 1980, foi unha novelista, poetisa e crítica británica. Os argumentos dos seus libros, ficticios e realistas, viraban ao redor de viaxes e odiseas persoais, ambientadas principalmente en Europa (sobre todo no Reino Unido e Irlanda) e Oriente Medio. Adoitaba escribir sobre experiencias propias e, en ocasións, apelaba tamén á imaxinación.
Villa Almerico Capra coñecida como A Rotonda (tamén coñecida como Villa Capra) é unha vila veneciana de planta central ou centralizada, situada preto da cidade de Vicenza, non moi lonxe da estrada Riviera Berica. Foi construída por Andrea Palladio polo 1566-1567, quen recibiu o encargo do comitente Paolo Almerico. Rematouna como arquitecto Vincenzo Scamozzi en 1605 para os dous irmáns Capra, que adquiriran o edificio en 1591.
Unha célula somática (do grego σὠμα/soma, corpo) é toda célula que forma o corpo dun organismo pluricelular que non sexa un gameto, célula xerminal, gametocito ou célula nai indiferenciada. A diferenza das anteriores, os gametos son células que se fusionan durante a reprodución sexual para formar o cigoto (nos humanos serían o espermatozoide e o óvulo); as células xerminais son células que dan lugar a gametos, e as células nai son células que poden dividirse por mitose e diferenciarse en tipos celulares especializados diversos. No caso dos mamíferos, por exemplo, as células somáticas son as que forman todos os órganos internos, pel, óso, músculos e tecido conectivo.
Fernand Braudel nado en Lumeville-en-Ornois (Mosa) o 24 de agosto de 1902 e finado en Cluses (Alta Savoia) o 27 de novembro de 1985, foi un historiador francés, que revolucionou a historiografía do século XX, ao considerar os efectos da economía e a xeografía na historia total. Foi tamén un dos membros máis destacados da escola dos Annales.
O termo igrexa, da voz grega ἐκκλησία (tr. ekklesia), a través do latín ecclesia, co significado de "asemblea", pode referirse a: Igrexa, conxunto de fieis que segue algunha das doutrinas do cristianismo, organizadas de xeito xerárquico: A Igrexa primitiva, dos primeiros tempos do cristianismo. O concepto de verdadeira e única Igrexa, co que se identifican algunhas das igrexas cristiás máis importantes.
Camillo-Guarino Guarini (7 de xaneiro, 1624 - 1683) foi un sacerdote, matemático, escritor e arquitecto. Nacido en Módena, estudou matemáticas, foi profesor de literatura e filosofía en Mesina e arquitecto do duque Filiberto de Savoia, escribiu libros de matemáticas en latín e italiano e o seu Euclides adauctus foi unha das primeiras obras de xeometría descritiva. Realizou a súa actividade arquitectónica en Turín inspirada na obra de Francesco Borromini, de quen procede o sentido ondulante das estruturas e elemementos, o carácter determinante do espazo, creando ámbitos con maior fantasía e variedade formal.
Daft Punk foi un dúo musical, composto polos parisienses Guy-Manuel de Homem-Christo (1974) e Thomas Bangalter (1975). O dúo fixo unha das contribucións máis significativas de sempre [Cómpre referencia] no ámbito da música electrónica, tanto polo volume de vendas como polo apoio da crítica. O seu sinxelo de debut foi "The New Wave", relanzado en edición limitada en 1994 por Soma Records.
Steam é un servizo de distribución dixital de videoxogos desenvolvido por Valve Corporation. Foi lanzado en setembro de 2003 como unha forma para Valve de achegar actualizacións de xeito automático aos seus xogos, mais acabou ampliándose para incluír xogos que non son de Valve senón de terceiros. Steam ofrece protección contra a pirataría, servidores de emparellamento, transmisións de vídeo e servizos de redes sociais.
Carlos II, nado o 29 de maio de 1629 e finado o 6 de febreiro de 1685, foi rei de Inglaterra, Escocia e Irlanda desde o 30 de xaneiro de 1649 (nominalmente) e desde o 29 de maio de 1660 (de feito) ata a súa morte. O seu pai, Carlos I, foi executado en 1649 tras a Guerra Civil Inglesa; a monarquía foi entón abolida e o país converteuse nunha república baixo o mando de Oliver Cromwell, o "Lord Protector". En 1660, pouco logo da morte de Cromwell, restaurouse a monarquía baixo Carlos II. A diferenza do seu pai, Carlos II foi hábil na súa relación co Parlamento.
Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns 2015
A 42ª edición do Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns disputouse entre o 20 e o 27 de xuño do 2015 no pavillón do Vendéspace da localidade francesa de La Roche-sur-Yon. Os tres peores clasificados do torneo descenderon de categoría, tendo que disputar o Campionato do Mundo "B" de hóckey a patíns 2016.
Ciniod, fillo de Uuredech (en irlandés antigo: Cináed mac Feradaig; en inglés: Kenneth, fillo de Feradach) foi rei dos pictos dende 763 até 775. Crese que o pai de Ciniod foi o fillo de Selbach mac Ferchair, rei de Dál Riata, que foi capturado e encadeado por Óengus mac Fergusa en 736. O seu reinado é omitido nalgunhas versión das listas de reis da crónica picta, pero está rexistrada a súa morte, así como o seu nome de rei dos pictos polos Anais de Ulster, os Anais Cambriae e a Crónica de Melrose.
O presidio perpetuo ou cadea perpetua é unha pena privativa de liberdade de carácter indefinido, que normalmente se impón como condena perante un delito grave, e que pode implicar a privación de liberdade para sempre. Na maioría de xurisdicións nas que non se contempla a pena capital, a cadea perpetua (en especial sen posibilidade de liberdade condicional) constitúe o castigo máis severo que pode recibir un criminal. Nalgúns países, a cadea perpetua considérase unha alternativa á pena capital por crimes maiores.
Pinkwashing (lavado rosa ou lavado de imaxe rosa) é un préstamo lingüístico (do inglés pink, rosa, e whitewash, blanquear ou encubrir) para referirse, no contexto dos dereitos LGTB, á variedade de estratexias políticas e de mercadotecnia dirixidas á fomento de produtos, empresas ou institucións apelando á súa amabilidade cara aos gais.A expresión é especialmente usada para referirse ao lavado de imaxe do Estado de Israel que, promovendo á súa poboación LGTBI, disfraza a violación sistemática dos Dereitos Humanos da poboación palestina. A través de proxectar a aparencia de ser un territorio simpatizante LGTB, a poboación LGTBI pode chegar a sentirse identificada coas posicións políticas do Estado (homonacionalismo), participar da islamofobia institucionalizada ao considerar que a poboación musulmá é necesariamente homófoba ou obviar a discriminación sufrida no seu propio país.O termo foi orixinalmente proposto pola Breast Cancer Action para identificar ás empresas que aseguraban apoiar ás mulleres con cancro de mama, mentres que en realidade pretendían obter maiores beneficios e mellorar a súa imaxe de marca ao incorporar á súa publicidade unha causa caritativa.
Palestinian Broadcasting Corporation
The Palestinian Broadcasting Corporation (en árabe: "هيئة الإذاعة و التلفزيون الفلسطينية") (PBC) é a empresa pública de radiodifusión da Autoridade Nacional Palestina. É un membro asociado á Unión Europea de Radiodifusión.
En astronomía, cénit (ou zenit) é o punto que marca a intersección entre a vertical do observador e a esfera celeste (unha esfera imaxinaria onde situamos as estrelas, sendo o seu centro a Terra). É o marco referencial mais común de localización de posicións de obxectos celestes. Imaxinando unha recta que pasa polo centro da Terra e pola nosa situación na superficie, o cénit atópase ao final desa recta, no punto que toca a esfera celeste, xusto enriba das nosas cabezas: é o punto máis alto do ceo sobre nós.
A dos cértidos (Certhiǐdae) é unha familia de aves paseriformes, cuxas especies son coñecidas vulgarmente co nome de gabeadores, debido ao seu hábito de gabear polos troncos das árbores na busca do seu alimento. Porén, tamén reciben este nome diversas especies de paseriformes doutras familias, tamén caracterizadas por gabearen polos troncos ou, nalgúns casos, especialmente polas rochas, como o gabeador azul (Sitta europaea), o gabeador rupestre (Sitta neumayer), ambas da familia dos sítidos, ou o gabeador vermello (Thichodroma muraria), da familia dos ticodromádidos.
TRS-80 ou TRS-80 Micro Computer System é unha familia de ordenadores que foi fabricada pola compañía Tandy Corporation, sendo unha das pioneiras da computación persoal, polo lanzamento do TRS-80 Modelo I. A sigla TRS é orixinada do nome da compañía Tandy mailo da Radio Shack. A familia era composta de varios modelos de ordenadores, desde o Modelo I ata o Modelo II e, despois, polos modelos Color, e tivo moito éxito nas vendas, o que incentivou outras empresas a produciren varios clones noutros países e dentro dos Estados Unidos, como o Max-80 (EE.UU.), Aster CT-80 (Países Baixos) ou CP 500 (Brasil).A arquitectura do sistema era baseada nunha UCP formada polo microprocesador Zilog Z-80, que era mencionado polo número 80, do nome TRS-80. A velocidade de procesamento de datos era de 1,77 MHz e a capacidade de memoria RAM era de 4Kb.
A historia de Rusia empeza coa chegada dos eslavos orientais, o grupo étnico do que posteriormente derivarían os rusos, ucraínos e belarusos. O primeiro estado eslavo oriental foi a Rus (ou principado) de Kíiv, que adoptou o cristianismo pola importante influencia do imperio Bizantino en 988, comezando así a fusión entre as culturas eslava e bizantina que caracterizaría á rusa durante os seguintes sete séculos. O Rus de Kíiv desintegraríase finalmente en varios reinos que competirían entre si por figurar como herdeiros da súa civilización e polo predominio territorial na zona e que acabaron baixo dominio mongol.
O Capricho español, Op. 34, é unha obra orquestral de cinco movementos baseada en melodías españolas, composta por Nikolai Rimskii-Korsakov en 1887. Nun primeiro momento, Rimskii-Korsakov concibiu a obra como un solo de violín con orquestra, pero máis tarde decidiu que a incorporación doutros instrumentos solistas acaía mellor ás vivaces melodías.
O Airbus A320 é un avión civil de pasaxeiros de Airbus, dun só corredor e de curto a medio alcance. O A320 lanzouse en marzo de 1984, voou por vez primeira o 22 de febreiro de 1987, e entrou en servizo en abril de 1988 con Air France. Foi o primeiro modelo de avión con mandos electrónicos fly-by-wire, de forma que o piloto controla as partes móbiles do avión a través do uso de impulsos electrónicos en vez de mediante pancas e sistemas hidráulicos.
O pagan metal é unha denominación estilística do heavy metal relacionada co black metal e o folk metal que combina características do metal extremo con tradicións pre-cristianas en forma de conceptos temáticos, melodías e instrumentos folclóricos ou linguas antigas. O grupo noruegués In the Woods... foi un dos primeiros en ser clasificados con esta denominación, e outros grupos como Primordial, Moonsorrow e Kampfar identifícanse tamén dentro deste estilo.
Padrón (do latín petra, deriva de petronem< petram)[Cómpre referencia], é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca do Sar. Segundo o INE en 2015 tiña 8.643 habitantes (8.985 no 2010, 9.016 no 2006, 9.035 no 2005, 9.070 no 2004, 9.136 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «padronés» ou «iriense».
Paul Cézanne, nado en Aix-en-Provence o 19 de xaneiro de 1839 e finado na mesma cidade o 22 de outubro de 1906, foi un pintor francés, considerado o pai da arte moderna. Tentou conseguir unha síntese ideal da representación naturalista, a expresión persoal e a orde pictórica abstracta. Entre todos os artistas do seu tempo, Cézanne talvez sexa o que exerceu unha influencia máis profunda na arte do século XX (Henri Matisse admiraba a súa utilización da cor e Pablo Picasso desenvolveu a estrutura da composición plana de Cézanne para crea-lo estilo cubista).
O pinyin (拼音, pīnyīn) ou hanyu pinyin (caracteres simplificados: 汉语拼音; pinyin: hànyǔ pīnyīn) significa literalmente notación fonética da lingua chinesa é un sistema de transcrición mediante o alfabeto latino (romanización) dos caracteres chineses segundo a pronuncia estándar do putonghua ou chinés unificado estándar, oficial na República Popular Chinesa. Posiblemente resulte máis difícil para os occidentais que a máis común Wade-Giles, pero dada a súa oficialidade na China, é cada vez máis utilizada. O Hanyu Pinyin aprobouse en 1958 e adoptouse en 1979 polo goberno da República Popular da China.
O termo canle pode referise a: Canle, en televisión, a emisora e a frecuencia en que esta emite; Canle, na teoría da comunicación, o medio que pon en contacto emisor e receptor; Canle, en economía, a vía de distribución ou venda; Canle iónica, en bioquímica, a proteína transmembrana que permite o paso de ións inorgánicos ao través; Canle, vía artificial de auga; Canle, descrición hidráulica de diferentes tipos de canles; Canle, descrición do tipo de accidente xeográficoAmais, como topónimo pode referirse a: Canle, lugar da parroquia de Trabada, no concello de Trabada; A Canle, lugar da parroquia de Bemil, no concello de Caldas de Reis; A Canle, lugar da parroquia de Refoxos, no concello de Cortegada; A Canle, lugar da parroquia de San Xes de Vilariño, no concello de Lobeira; A Canle, lugar da parroquia de Meaño, no concello de Meaño; A Canle, lugar da parroquia de Buscás, no concello de Ordes; A Canle, lugar da parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira; A Canle, lugar da parroquia de Cordeiro, no concello de Valga; O Canle, lugar da parroquia de Ordoeste, no concello da Baña; O Canle, lugar da parroquia de Lendo, no concello da Laracha; O Canle, lugar da parroquia de Serantes, no concello de Laxe; O Canle, lugar da parroquia de Traba, no concello de Laxe; A Boca de Canle, lugar da parroquia da Ría de Abres, no concello de Trabada; A Fonte da Canle, lugar da parroquia de Vilaño, no concello da Laracha.
Para outros usos deste termo, véxase Desinformación.A intoxicación consite nunha serie de síntomas que se producen por exposición, inxestión, incección ou inhalación dunha substancia tóxica. As intoxicacións accidentais ou as voluntarias debidas ao consumo de medicamentos son as máis frecuentes. Pero practicamente calquera substancia inxerida en grandes cantidades pode ser tóxica.
Membros do International Cricket Council
O International Cricket Council (ICC) foi fundado no Lord's de Londres o 15 de xuño de 1909 como a Imperial Cricket Conference (do inglés: Consello Internacional de Crícket) con Australia, Inglaterra e Suráfrica como membros fundadores. Nun comezo, tan só podían unirse membros da Commonwealth. En 1926 uníronse a India, Nova Zelandia e as Indias Occidentais, mentres que Paquistán uniuse en 1953.
Laxe é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2022 tiña 2.977 habitantes (3.084 en 2018, 3.148 en 2016, 3.313 no 2012, 3.366 no 2011, 3.417 no 2010) dos que 1.543 eran homes e 1.541 eran mulleres. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é laxense.
A derradeira leición do mestre
A derradeira leición do mestre é unha obra pictórica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que foi pintada no ano 1945 en Buenos Aires. O cadro consérvase no Centro Galicia de Buenos Aires e está baseado na estampa nº 6 do seu álbum Galicia mártir. Trátase dunha homenaxe ó seu amigo e intelectual Alexandre Bóveda, que foi fusilado na Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936.
Eurypterida é unha orde de artrópodos fósiles, chamados euriptéridos (nome que pode recibir tamén unha das súas familias) ou, informalmente, escorpións de mar (nome que ás veces tamén se lle dá a algúns peixes), e antes xigantostráceos. Os primeiros euriptéridos coñecidos datan do piso darriwiliano do período ordovícico, hai 467,3 millóns de anos. O grupo probablemente apareceu durante o Ordovícico temperán ou o Cámbrico tardío.
Vilho "Ville" Eino Ritola, nado o 18 de xaneiro de 1896 en Peräseinäjoki e finado o 24 de abril de 1982 en Helsinqui, foi un atleta finlandés especializado en carreiras de longa distancia. Integrante do fabuloso grupo de atletas de Finlandia coñecido como Flying Finns (Finlandeses Voadores), con Paavo Nurmi, Hannes Kolehmainen, Albin Stenroos e o propio Ritola, quen era coñecido co alcume "O lobo de Peräseinäjoki", que durante os anos 20 do século XX dominaran os eventos de medio fondo e fondo no atletismo dos Xogos Olímpicos. Ritola emigrou para os Estados Unidos aos 17 anos, para unirse a sete irmás que emigraran anos antes e alá uniuse ao "Club de Atletismo Finlandés-Americano", onde comezou a adestrar xunto ao grande campión finlandés Hannes Kolehmainen, que se mudara para os Estados Unidos logo dos Xogos Olímpicos de 1912.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A provincia de Mendoza é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 1.741.610 habitantes (2010) e a súa capital é Mendoza. Situada na Rexión de Cuyo, limita polo norte coa provincia de San Juan, polo leste coa provincia de San Luis, polo sur coa La Pampa e Neuquén, e polo oeste con Chile; este último límite segue a cordilleira dos Andes.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
O Acordo de colaboración entre os estados de África, o Caribe e do Pacífico e a Comunidade Europea e os seus estados membros asinado en Cotonou, o 23 de juño de 2000, máis coñecido como Acordo de Cotonou, é un tratado entre a Unión Europea e o Grupo de Estados de África, Caribe e Pacífico (países ACP). Foi asinado en xuño de 2000 en Cotonou, a cidade máis grande de Benín, por 79 países ACP (47 países en África, 16 no Caribe y 15 no Pacífico, e mais a República de Maldivas; Cuba non asinou) e os daquela 15 Estados membro da Unión Europea, totalizando máis de 700 millóns de persoas, e estaba previsto que durase vinte anos.Entrou en vigor en 2003 e foi posteriormente revisado en 2005 e 2010.
O castiñeiro común (Castanea sativa), tamén coñecido popularmente como castiñeiro bravo, castiro, uriceiro ou castieiro, é unha árbore caducifolia da familia Fagaceae apreciada pola súa madeira e os seus froitos comestíbeis, as castañas. Moitos exemplares acadan unha gran lonxevidade e teñen unha longa historia que se pode remontar a varios séculos. Orixinario do sur de Europa e de Asia Menor, a súa presenza nestas áreas xeográficas débese a que durante a última glaciación, o castiñeiro atopou zonas de refuxio nas costas cantábrica e atlántica da Península Ibérica, así como na Península Itálica e na Península de Anatolia, sendo moi común nos montes de Galicia.
Escherichia coli, moitas veces abreviado como E. coli, é unha bacteria gramnegativa con forma de bacilo, que se encontra comunmente no tracto gastrointestinal inferior dos organismos de sangue quente (endotermos). A maioría das cepas de E. coli son inofensivas, pero algúns serotipos poden causar graves intoxicacións alimentarias nos humanos, e son ocasionalmente responsables da retirada de produtos alimenticios debido á súa contaminación. As cepas inofensivas son parte da flora intestinal humana normal, e poden ser beneficiosas para os seus hóspedes ao produciren vitamina K2, e impediren que se establezan alí bacterias patóxenas.E. coli e as bacterias relacionadas constitúen arredor do 0,1% da flora intestinal, e a transmisión fecal-oral é a principal ruta utilizada polas cepas patóxenas que causan doenzas.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 198.306.
Monforte de Lemos é un concello galego situado ao sur da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra de Lemos e da Ribeira Sacra. Recibiu o título de cidade en 1885.Cunha poboación de 18.599 habitantes en 2018 segundo o IGE, Monforte de Lemos é o segundo concello máis poboado da provincia de Lugo, só superado pola capital. Durante o século XX chegou a superar os 20.000 habitantes, cifra que non acada desde os anos noventa.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
José Manuel Baltar Blanco, nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. É fillo de Xosé Luis Baltar, a quen sucedeu na presidencia da Deputación de Ourense. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos.Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
O teixugo euroasiático, porco teixo, teixo, melandro ou tourón (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Os salgueiros son especies pertencentes ao xénero Salix, son plantas con flor da familia das salicáceas. O xénero componse dunhas 400 especies de árbores e arbustos caducifolios que se distribúen polas zonas frías e temperadas do Hemisferio norte, principalmente en lameiros, brañas, ribeiras e terras húmidas en xeral.