Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
The Martinis é unha banda de rock formada polo guitarrista dos Pixies Joey Santiago e a súa muller Linda Mallari, xunto co batería Dawn Richardson e a baixista Rachel Haden. Eles editaron un álbum a través do selo Cooking Vinyl, a mesma compañía pola que Frank Black (outro membro de Pixies) edita os seus traballos en solitario.
Lance Armstrong, nado o 18 de setembro de 1971 en Plano, Texas, é un ciclista norteamericano. É especialmente coñecido por, despois de ter superado un cancro de testículos (diagnosticado en 1996), ser o único ciclista do mundo en gañar 7 Tours de Francia. Conseguidos de xeito consecutivo, dende 1999 ata 2005, fóronlle retirados o 22 de outubro de 2012 pola Unión Ciclista Internacional tralo informe da Axencia Antidopaxe dos Estados Unidos (USADA) por doparse e de subministrar substancias dopantes aos seus compañeiros de equipo.
A música country é un estilo popular no sur dos Estados Unidos orixinado na música dos apalaches e nas cancións vaqueiras. Os seus antecedentes son as danzas europeas e as tradicións celtas (sobre todo escocesas). Na orixe era moi simple e interpretada por poucos instrumentos: guitarra, banjo e violín principalmente, as súas letras falaban da dura vida no campo, tristeza e amores imposíbeis.
Pelle Erobreren (en sueco: Pelle erövraren) é un filme dinamarqués-sueco de 1987 co-escrito e dirixido por Bille August. Está baseado na novela homónima de 1910 escrita polo dinamarqués Martin Andersen Nexø. Conta a historia de dous inmigrantes suecos en Dinamarca, un pai e un fillo, que tentan construír unha nova vida por si mesmos.
Polydor Records é un selo discográfico cuxa sede se atopa nestes momentos no Reino Unido, filial de Universal Music Group. O seu estilo é Pop, Rock e R&B no que se atopan os mellores artistas do panorama Pop Británico, como é o caso de Bryn Christopher, Duffy, Sophie Ellis-Bextor, Ronan Keating,Girls Aloud, Scissor Sisters, Björk, The Jam ou Take That, artistas de Estados Unidos, como Black Eyed Peas, Nelly Furtado ou Eminem. En Francia a Mylène Farmer quen logrou vender 30 millóns de discos.
A Costa Esmeralda (inglés: Emerald Coast) é unha denominación non oficial dunha área costeira do estado de Florida (nos Estados Unidos) situado no Golfo de México. Esténdese uns 160 quilómetros ao longo de cinco condados, Escambia, Santa Rosa, Okaloosa, Walton e Bay, desde Pensacola a Panama City. Algunhas comunidades de Alabama do Sur na costa do Condado de Baldwin, como Gulf Shores, Orange Beach e Fort Morgan, tamén empregan esta denominación.
Margin Walker é un EP da banda estadounidense de post-hardcore Fugazi, editado en xuño de 1989 polo selo Dischord Records. Foi lanzado en vinilo e ese mesmo ano no recompilatorio 13 Songs xunto co seu EP de estrea, Fugazi. O vinilo quedou descatalogado, pero Dischord Records reeditouno en outubro do 2009.
Unobtainium é un termo usado en inglés (como se fose derivado do latín) para describir calquera material que posúa propiedades extraordinarias, únicas ou imposibles de obter actualmente no mundo real e que polo tanto é unobtainable, "inobtible" (pois procede deste termo inglés que significa "imposible de obter"). Este tipo de materiais son recorrentes na ciencia ficción. A súa versión en galego podería ser inobtanio, inobtenio ou inobtinio segundo se utilice a vogal temática a (como en Titanio), e (como en Rutenio) ou i (como en Actinio), aínda que debería ser calquera das dúas últimas pois procedería dun verbo (obter) da segunda conxugación.
Crawley é unha cidade e borough (equivalente a un condado ou a unha comarca) do Reino Unido, no distrito de West Sussex, Inglaterra. Encóntrase a 45 km ao sur de Londres, a 29 km ao norte de Brighton e 51 km ao nordés de Chichester. O borough ten unha área de 44,96 km2 e unha poboación de 106.597 habitantes, segundo o censo de 2011.
Tema artístico é o tema dunha obra de arte. Normalmente a expresión restrínxese ás artes visuais, polo que coincide cos temas iconográficos (os que poden expresarse cunha iconografía identificativa). Os temas literarios e os temas musicais (mesmo na música descritiva ou música programática) non adoitan incluírse nesta expresión.
FilmAffinity é un sitio web dedicado ao cinema, creado en 2002 polo crítico Pablo Kurt e o programador informático Daniel Nicolás. Tamén conta cunha versión en inglés. A edición americana de PC Magazine (abril de 2004) incluíu FilmAffinity entre as cen mellores webs por descubrir do mundo; cualificouno como a mellor web na categoría de entretemento.
Unha biblioteca virtual é unha biblioteca establecida en Internet mediante informatización. Os seus servizos son os das bibliotecas informatizadas (fichas e catálogos en versión electrónica), os das bibliotecas dixitais (que proporcionan recursos dixitais e sistemas de información en rede incorporando datos multimedia) e outros a maiores coma reprodución destes recursos en liña. Adoitan permitir buscas no catálogo (polos datos dos recursos e polo seu contido), servizos de intercomunicación co usuario (mesmo empréstito ou reserva), servizos de espallamento da información (grupos de usuarios, publicidade, listas de correo), uso dos recursos (texto, imaxe, son e vídeo) e acceso e recuperación da información dependendo da linguaxe de marcado (HTML ou XML segundo un molde ou Document Type Definition).
O termo alemán Bildungsroman, traducido ao francés como "novela forma ou de aprendizaxe" e ao inglés como "novela de formación", fai referencia ás novelas de autoformación nas que se amosa o desenvolvemento físico, moral, psicolóxico ou social dun personaxe, xeralmente da infancia á madurez. O termo foi creado en 1819 polo filólogo Karl Morgenstern, e máis tarde recuperado por Wilhelm Dilthey, quen o lexitimou en 1870 e o popularizou en 1905.
O capitalismo é unha orde ou sistema social e económico que se atopa en constante movemento, derivado do usufruto da propiedade privada sobre o capital como ferramenta de produción, que se atopa maiormente constituído por relacións empresariais vinculadas ás actividades de investimento e obtención de beneficios, así como de relacións laborais tanto autónomas como asalariadas subordinadas a fins mercantis. Máis especificamente o capitalismo é un sistema económico dominado polo capital e non polo traballo. No capitalismo, os individuos e as empresas usualmente representadas polos mesmos, levan a cabo a produción de bens e servizos de forma privada e interdependiente, dependendo así dun mercado de consumo para a obtención de recursos.
Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica
O Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica (até 2014, se denominou Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica) é concedido desde 1981, á persoa, persoas, equipo de traballo ou institución cuxos descubrimentos ou labor de investigación representen unha contribución relevante para o progreso da Humanidade nos campos das Matemáticas, Física, Química, Bioloxía, Medicina, Ciencias da Terra e do Espazo, así coma técnicas e tecnoloxías relacionadas con elas.
Poros (en grego: Πόρος) é unha pequena illa dobre grega en parte sur do golfo Sarónico a unha distancia de 48 km ao sur do Pireo e separada por unha canle marítima de douscentos metros do Peloponeso. A súa superficie é de 31 quilómetros cadrados e ten unha poboación de 4.000 habitantes. O nome antigo de Poros era Pogon.
Unha serie de televisión é unha obra audiovisual que se difunde en emisións televisivas sucesivas, mantendo cada unha delas unha unidade argumental en si mesma e con continuidade, polo menos temática, entre os diferentes episodios que a integran. Aínda que o termo emprégase popularmente para designar á ficción seriada, outros xéneros son susceptibles de ofrecerse en serie, como o documental (por exemplo, Walking with Dinosaurs, Camiñando entre dinosauros).
Museo Louisiana de arte moderna
O museo Louisiana de arte moderna é un museo localizado na costa norte da illa de Selandia, en Humlebæk, preto de Copenhaguen, en Dinamarca.
A marcación ISO 3166-1 alfa-3 refírese a un código de países comporto de tres letras definido en ISO 3166-1, parte da estándar ISO 3166 publicado pola Organización Internacional para a Estandarización (ISO), para representar países, territorios dependentes e zonas de especial interese xeográfico. Permítese así unha asociación visual entre os códigos e o respectivos nomes dos países mellor ca o modelo de dúas letras do estándar alpha-2 (o terceiro conxunto de códigos é o ISO 3166-1 numérico e, polo tanto, non ofrece asociación visual ningunha). Estes conxuntos foron incluídos inicialmente como parte do ISO 3166, na súa primeira edición, de 1974.
Stanley Martin Lieber, máis coñecido como Stan Lee, nado en Nova York o 28 de decembro de 1922 e finado o 12 de novembro de 2018, foi un escritor e editor estadounidense. Xunto con outros artistas co-creadores, especialmente Jack Kirby e Steve Ditko, introduciu complexos e naturais caracteres nos superheroes de cómic. O seu éxito posibilitou o cambio de Marvel Comics dunha pequena editorial a unha multinacional.
Napoleone di Buonaparte ou Napoleón Bonaparte (en francés [napoleɔ̃ bɔnɑpaʁt]), nado en Ajaccio (Córsega) o 15 de agosto de 1769 e finado en Santa Helena o 5 de maio de 1821, foi emperador de Francia a principios do século XIX e o home máis poderoso e influente de Europa. O seu reinado dá nome a toda unha época da historia de Europa, a unha longa serie de guerras, e simboliza a loita entre as correntes liberais da Revolución Francesa e o absolutismo e tradicionalismo do antigo réxime. A súa pegada quedaría na permanencia das súas reformas legais e administrativas, e no recoñecemento unánime do seu prodixioso talento militar.
Paxá ou baxá (en turco, paşa; en árabe, باشا bāšā) é un título orixinalmente usado no Imperio otomán que se aplicaba a homes que ostentaban algún mando superior no exército ou nalgunha demarcación territorial. Habitualmente equivale a gobernador, xeneral ou almirante, segundo o contexto. Tamén se utilizaba como título honorífico, en cuxo caso equivaldería ao título inglés de sir ou outros análogos.
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República Española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
Jan Breydel, nado en Bruxas c. 1264 e finado entre 1328 e 1333, foi un revolucionario flamengo ao que se lle atribúe o liderado das Matinas de Bruxas (Brugse Metten), un violento levantamento contra Filipe o Fermoso na cidade de Bruxas. Pasou á historia como símbolo da loita dos burgueses flamengos contra a nobreza e contra a dominación francesa de Flandres.
The Adventures of Rain Dance Maggie
"The Adventures of Rain Dance Maggie" é un sinxelo da banda estadounidense de rock alternativo e funk rock Red Hot Chili Peppers. É o primeiro sinxelo do seu álbum I'm With You.
Graf (en alemán: Graf, Gräfin) é un título nobiliario histórico xermánico, equivalente en xeral ao título de conde (derivado do comes latino, e cunha historia propia) e ao título de earl británico (título anglosaxón similar ao jarl viquingo). É inmediatamente superior a freiherr ("barón") e inferior a raugraf.
Denomínase cidade planificada, cidade planeada ou cidade de nova planta a unha cidade creada dende o nada, en terreo previamente non urbanizado ou moi escasamente poboado, cun propósito determinado, e de acordo cuns plans urbanísticos globais. O seu desenvolvemento depende por tanto dunha decisión administrativa, e non do movemento natural da poboación. En moitas ocasións, a creación de cidades de nova planta prodúcense durante un proceso de colonización dunha nova zona de territorio; tamén adoitan crearse cidades deste tipo cando se tenta crear un novo centro económico, caso por exemplo de Glenrothes, en Escocia, ou político.
BBDO é unha axencia de publicidade de ámbito mundial que ten a súa sede en Nova York. Iniciouse no ano 1891 coa Batten Company de George Batten, e posteriormente en 1928, a través da fusión de BDO (Barton, Durstine & Osborn) e Batten Co., a compañía converteuse en BBDO. Con máis de 15 000 empregados en 289 oficinas de 81 países, é a máis grande das tres redes globais (BBDO, DDB, TBWA) de axencias na carteira do grupo Omnicom.
Eurypterida é unha orde de artrópodos fósiles, chamados euriptéridos (nome que pode recibir tamén unha das súas familias) ou, informalmente, escorpións de mar (nome que ás veces tamén se lle dá a algúns peixes), e antes, nalgunhas clasificacións, xigantostráceos. Os primeiros euriptéridos coñecidos datan do piso darriwiliano do período ordovícico, hai 467,3 millóns de anos. O grupo probablemente apareceu durante o Ordovícico temperán ou o Cámbrico tardío.
Maxistrado (do latín magistratus) é un termo que procede dos tempos da antiga Roma e evolucionou nos países de fala hispana para referirse a cargos administrativos e, especialmente, xudiciais. En España, denomínanse maxistrados aos xuíces que integran os tribunais (Tribunal Supremo, tribunais superiores de xustiza e audiencias provinciais). Non obstante, como o termo pasou a designar unha categoría da carreira xudicial, actualmente denomínase maxistrado a calquera membro da carreira xudicial que ascendese á segunda categoría, con independencia de que sirva nun tribunal ou un xulgado.
Un presentador é unha persoa que presenta ou conduce un programa de radio ou televisión (informativos ou concursos), así como algúns eventos públicos ou privados (entregas de premios, entregas de diplomas, funcións de cine ou de teatro, etc.). Habitualmente, o presentador é un comunicador, un xornalista, un locutor ou alguén con algunha profesión afín, escollido por certas calidades (boa dicción, carisma, coñecementos, aparencia física).
José Roberto Gama de Oliveira, coñecido como Bebeto, nado en Salvador o 16 de febreiro de 1964, é un exfutbolista e político brasileiro. Considerado un dos mellores dianteiros da historia do seu país, foi un prolífico goleador, autor de preto de 400 goles en partidos oficiais. Xogou en tres dos catro grandes equipos do Río de Xaneiro (Flamengo, Vasco da Gama e Botafogo) e destacou tamén no Deportivo da Coruña, sendo o quinto máximo goleador histórico do club galego e un dos seus maiores ídolos.
Francesca Lluc Armengol Socías, coñecida como Francina Armengol, nada na cidade de Inca, Illas Baleares, o 11 de agosto de 1971, é unha farmacéutica e política mallorquina. Desde 1999 é deputada no Parlamento das Illas Baleares por Mallorca. Desde xullo de 2015 é presidenta do Goberno das Illas Baleares, sendo a primeira muller que o preside na historia das Baleares.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Ánxel Casal Gosenxe, nado na Coruña o 17 de decembro de 1895 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego. Para Alonso Montero: sen Ánxel Casal, mesmo sen os seus criterios empresariais, non se entende o discurso político e literario galeguista como discurso público, e segundo Ramón Villares, Casal foi no campo da industria cultural o que Risco no da teoría nacionalista, Otero na prosa romancística ou Castelao no deseño e, desde logo, no liderado político.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.