Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Mercury-Redstone 3 ou MR-3, e tamén coñecida como Freedom 7 polo nome da cápsula, foi a primeira misión espacial tripulada dos Estados Unidos de América, levada a cabo dentro do proxecto Mercury, co astronauta Alan Shepard a bordo. Foi unha misión suborbital que tivo lugar 23 días despois do histórico voo de Iuri Gagarin.
Wesley "Wes" Studi (en cherokee: ᏪᏌ ᏍᏚᏗ) nado en Nofire Hollow (Oklahoma) o 17 de decembro de 1947, é un actor e produtor cherokee que gañou fama internacional polos seus papeis en filmes de nativos americanos. Apareceu en filmes premiados co Óscar como Dances with Wolves (1990) ou O derradeiro dos mohicanos (1992), e en filmes nomeados neses premios como Xerónimo (1993) e The New World (2005). Tamén é coñecido por interpretar a Sagat en Street Fighter (1994).
O reno (Rangifer tarandus), tamén chamado caribú (Rangifer tarandus ssp. caribou) en América do Norte, é un cervídeo de gran porte, característico das rexións árticas do norte do Canadá, Alasca, Rusia, Escandinavia e Islandia. En 1952 reintroduciuse a especie con éxito en Escocia, onde se extinguira no século X. Hai oito subespecies de reno recoñecidas, que corresponden ás poboacións de diferentes áreas.
A Relación de aspecto (tradución directa do inglés aspect ratio) dunha imaxe é a proporción entre a largura e a altura e calcúlase dividindo a primeira pola segunda, considerando esta última como a imaxe visíbel na pantalla. Polo xeral, exprésase como «X:Y». Así, por exemplo, a relación de aspecto dunha pantalla de televisión tradicional é de 4:3, que tamén se pode expresar como 1,33:1, ou ben o formato panorámico dos 16:9 (ou 1,77:1).
Team Silent foi un equipo de desenvolvemento de videoxogos de Konami Computer Entertainment Tokyo (KCET) responsable dos catro primeiros videoxogos da franquía Silent Hill de Konami entre 1999 e 2004. Os títulos posteriores foron desenvolvidos por empresas non xaponesas como Climax Studios, Double Helix Games e Vatra Games. Segundo o compositor Akira Yamaoka, Team Silent estaba formado por membros do persoal que fracasaran noutros proxectos e que orixinalmente tiñan a intención de deixar a empresa antes de que o primeiro xogo de Silent Hill fose un éxito.
A Mona Lisa (tamén coñecida como a Monna Lisa; Italiano La Gioconda; francés La Joconde), é unha pintura feita polo artista italiano Leonardo da Vinci mostrando unha muller cunha expresión introspectiva, lixeiramente sorrinte. É probabelmente o retrato máis famoso na historia da arte. Poucos outros traballos de arte son así conmemorados ou reproducidos.
Un golpe de Estado (do francés coup d'État,) ou putsch (do alemán) é a usurpación do poder vixente, violando e vulnerando a legalidade institucional nun Estado por parte dun grupo de persoas, xeralmente forzas armadas sublevadas ou sectores da sociedade non conformes co sistema de goberno ou co goberno mesmo.
O Comité Olímpico Neozelandés (en inglés: New Zealand Olympic Committee; e antes de 1994, New Zealand Olympic and Commonwealth Games Association) é a asociación nacional dos Xogos da Commonwealth de Nova Zelandia, responsable de escoller e organizar os equipos de deportistas que representan a Nova Zelandia nos Xogos Olímpicos de Verán e Inverno, así como nos Xogos da Commonwealth.
Os transposóns ou elementos transpoñibles son secuencias de ADN que poden moverse dentro do xenoma dunha célula, no proceso chamado transposición. No proceso poden producirse mutacións e cambiar a cantidade de ADN no xenoma. Os transposóns tamén se chaman "xenes saltaricos" (jumping genes) e son formas de elementos móbiles.
Grecia ( pronunciación ) (en grego: Ελλάδα/Elláda, [eˈlaða] (AFI), escoitar ou Ελλάς/Ellás), oficialmente República Helénica ( pronunciación ) (en grego: Ελληνική Δημοκρατία/Elinikí Dimokratía, [eliniˈci ðimokraˈti.a] (AFI)) é un país do sueste meridional europeo, situado ao sur da Península Balcánica. Fai fronteira con Albania, Macedonia do Norte e Bulgaria polo norte e con Turquía polo leste. O mar Exeo atópase no leste e sur da Grecia continental, mentres o mar Xónico se atopa no leste, a través do cal ten ligazóns con Italia, e con Albania.
O termo latino curriculum vitae, que pasou ao galego como currículum vítae e tamén, na forma abreviada, como currículo, significa literalmente "carreira da vida", por analoxía e contraposición ao cursus honorum, a carreira profesional dos maxistrados romanos. Emprégase para referirse ao conxunto de méritos, estudos, cursos e experiencia laboral precisos para solicitar un emprego, que normalmente se recollen por escrito nun documento. Utilízase a miúdo na súa forma abreviada curriculum, aínda que en ocasións se pode atopar tamén a forma máis completa curriculum vitae et studiorum ("carreira da vida e dos estudos").
O brutalismo é un estilo arquitectónico surxido do Movemento Moderno e que tivo o seu auxe entre as décadas de 1950 e 1970. Nun comezo estivo baseado no traballo do arquitecto suízo Le Corbusier e en Eero Saarinen. O nome ten a súa orixe no termo francés béton brut, en galego «formigón cru», termo usado por Le Corbusier para describir a elección dos seus materiais.
A prevalencia (P) é un termo empregado en epidemioloxía para definir a proporción de individuos dunha poboación que presentan un determinado evento con respecto do total de individuos de dita poboación. Adóitase expresar, polo xeral, en porcentaxe, fracción ou número de casos por cada mil, dez mil ou cen mil habitantes. En medicina emprégase para expresar o número de pacientes que presenta unha doenza con respecto do total da poboación ou dun subgrupo poboacional.
A economía de Galicia áchase fortemente imbricada aos recursos naturais. Galicia destaca polos seus contrastes económicos: mentres a costa oeste, sede dos maiores centros de poboación, e tamén das industrias manufactureiras e de derivados da pesca, é próspera e incrementa a súa poboación (especialmente aquelas comarcas situadas no eixo da autoestrada AP-9), a zona rural das provincias de Ourense e Lugo presenta unha economía na que predomina aínda a compoñente rural, asentada no minifundio, ou pequenas explotacións agrícolas e/ou gandeiras.
Miguel Mario Díaz-Canel Bermúdez, nado en Placetas, Cuba, o 20 de abril de 1960, é un político, enxeñeiro e profesor universitario cubano. É o presidente do Consello de Estado de Cuba e presidente do Consello de Ministros desde o 19 de abril de 2018. É o primeiro dirixente cubano nado despois da Revolución cubana que alcanzou devanditos postos.
Angry Birds é unha serie de videoxogos creada no 2009 pola empresa finesa Rovio Entertainment. Inspirada por Crush the Castle, os xogos foron aclamados pola súa exitosa mestura de modo de xogo, estilo cómico e baixo prezo. A súa popularidade supuxo a creación de numerosos spin-offs, versións de Angry Birds creadas para PCs e consolas, un mercado para comercializar as súas personaxes, unha serie de animación e un filme.
O Teorema de Pitágoras é unha relación entre os tres lados dun triángulo rectángulo. Establece que o cadrado da hipotenusa é igual á suma dos cadrados dos catetos; é dicir, se a e b son as lonxitudes dos catetos e c a da hipotenusa do triángulo rectángulo, verifícase a chamada "igualdade pitagórica": a 2 + b 2 = c 2 {\displaystyle a^{2}+b^{2}=c^{2}\!\,} O teorema leva o nome do matemático grego Pitágoras (ca. 570 a.C.—ca.
Unha unión comunicante, nexo ou, en inglés, gap junction (unión de fenda) é unha conexión intercelular especializada presente en moitos tipos de células animais, formada por unha área da membrana onde hai moitas canles de unión comunicante . Estas unións comunican directamente o citoplasma de dúas células contiguas, o cal permite que pasen libremente dunha a outra diversas moléculas e ións.As canles de unión comunicante están formadas por dous conexóns (ou semicanles), un en cada célula, que se conectan a través do espazo intercelular. As unións comunicantes poden considerarse funcionalmente análogas aos plasmodesmos que comunican as células vexetais.Unha importante función das unións comunicantes é facilitar as sinapses eléctricas, que se establecen entre certas neuronas.
Vademécum ou Vademékum (do latín vade, anda, ven, e mecum, comigo) é unha obra de referencia que contén as nocións máis importantes dunha materia, xa sexa ciencia ou arte. Destacan particularmente os que utilizan os profesionais sanitarios para consultar sobre presentacións, composicións e as principais indicacións dos medicamentos.
Francis-Marie Martínez de Picabia, nado en París o 22 de xaneiro de 1879 e finado na mesma cidade o 30 de novembro de 1953, foi un pintor francés. Amais de practicar a pintura e o debuxo, exerceu como escritor e poeta. Tras comezar experimentando co impresionismo e o puntillismo, achegouse ao cubismo.
Os Países Cataláns (Països Catalans en catalán) son os territorios nos que a lingua autóctona é o catalán, ou ben os territorios que forman parte dunha unidade xeohistórica, cultural e lingüística de predominio catalán. Son tamén os territorios onde viviron ou viven os falantes de catalán.En termos xerais, os Países Cataláns abranguen a zona oriental da península Ibérica, entre os Pireneos, até a Lagoa de Leucate e a serra das Corbières, polo norte, e o río Segura polo sur, o arquipélago das Baleares (que inclúe o das Pitiusas) e illas adxacentes (como as Columbretes e a illa de Tabarca), a Franxa Oriental (no leste de Aragón), a comarca do Carxe (na Rexión de Murcia) e a cidade de L'Alguer (na illa de Sardeña), onde un 30% da poboación fala catalán.Os Países Cataláns teñen unha superficie conxunta de 70 520 quilómetros cadrados e unha poboación de 14,4 millóns de habitantes.
Un astronauta ( pronunciación ) é unha persoa instruída e adestrada para comandar, pilotar ou tripular unha astronave. Existen outras denominacións derivadas das diversas linguas: ós soviéticos ou rusos chámaselles cosmonautas e ós chineses, taiconautas: O termo cosmonauta vén do ruso kosmonavt (космонавт), derivado á súa vez do grego kosmos (κοσμος, universo) e nautes (ναύτης, navegante); taiconauta é un neoloxismo formado a partir do chinés 太空 (tàikōng, espazo) e o grego ναύτης (nautes, navegante), ambos de xeito semellante a astronauta (do latín e o grego). Como curiosidade, a verba oficial chinesa para nomear un astronauta é 宇航員 (yǔhángyuán) pero o termo taikonaut emprégase nos medios de comunicación para nomear ós astronautas chineses.
Walter Elias "Walt" Disney, nado en Chicago o 5 de decembro de 1901 e finado en Burbank (California) o 15 de decembro de 1966, foi un debuxante, produtor, director e guionista de filmes estadounidense. Un dos produtores cinematográficos máis coñecidos do mundo, Disney foi tamén un debuxante de banda deseñada e caricaturista en xornais, creador do parque de atraccións coñecido como Disneyland, e é o fundador, xunto co seu irmán Roy O. Disney da compañía Walt Disney Productions, que anos despois se converteu na máis soada produtora do campo da animación e na actualidade é a maior compañía de medios de comunicación e entretemento do mundo. Esta corporación, que se coñece hoxe co nome de The Walt Disney Company, é unha empresa multimillonaria con ingresos anuais de decenas de miles de millóns de dólares.El e o seu equipo crearon unha manchea de personaxes animados coñecidos en todo o mundo, incluíndo o que se considera o seu alter ego, Mickey Mouse.
As ciencias da computación ou ciencias computacionais son aquelas que abarcan as bases teóricas da información e a computación, así como a súa aplicación en sistemas computacionais. O corpo do coñecemento das ciencias da computación é frecuentemente descrito como o estudo sistemático dos procesos algorítmicos que describen e transforman información: a súa teoría, análise, deseño, eficiencia, posta en funcionamento e aplicación.É o estudo sistemático da factibilidade, estrutura, expresión e mecanización de procedementos metódicos (ou algoritmos) que subxacen na adquisición, representación, procesamento, almacenamento, comunicación e acceso á información se dita información está codificada en forma de bits nunha memoria de computadora ou especificada nunha estrutura de xenes e proteínas nunha célula biolóxica.Existen diversos campos ou disciplinas dentro das ciencias da computación ou ciencias computacionais; algúns resaltan os resultados específicos do cómputo (como os gráficos por computadora), mentres que outros (como a teoría da complexidade computacional) relaciónanse con propiedades dos algoritmos usados ao realizar cómputo e outros enfocanse nos problemas que requiren a posta en funcionamento de sistemas computacionais. Por exemplo, os estudos da teoría de linguaxes de programación describen un cómputo, mentres que a programación de computadoras aplica linguaxes de programación específicos para desenvolver unha solución a un problema computacional específico.
A batalla por Sebastopol (en ruso: Битва за Севастополь; en ucraíno: Незламна) é un filme ruso-ucraíno de 2015 dirixido por Sergey Mokritskiy e protagonizado por Yulia Peresild. O filme trata sobre Liudmila Pavlichenko, unha muller soviética que se uniu ao Exército Vermello para loitar contra a invasión alemá da URSS e se converteu nun dos francotiradores máis certeiros da segunda guerra mundial. O filme, que é unha coprodución entre Rusia e Ucraína, estreouse en ámbolos dous países o 2 de abril de 2015, e a súa estrea internacional produciuse dúas semanas despois no Festival Internacional de Cinema de Pequín.
As sete bolas de Cristal (francés: Les Sept Boules de Cristal) é o décimo sexto volume da serie de banda deseñada realizada polo belga Hergé para a súa colección das aventuras de Tintín. A historia serializouse diariamente en Le Soir, o principal xornal francófono de Bélxica, desde decembro de 1943 no medio da ocupación alemá de Bélxica durante a Segunda Guerra Mundial. A historia cancelouse bruscamente despois da liberación aliada en setembro de 1944, cando Hergé entrou nunha lista negra despois de ser acusado de colaborador cos alemáns ocupantes.
Realismo social é o termo utilizado para describir as obras artísticas que procuran dirixir a atención ás condicións reais sociopolíticas da clase traballadora como medio para a crítica das estruturas de poder que se atopan tras estas condicións. Malia que as características deste movemento varían de nación en nación, na maioría dos casos baséase na utilización dunha forma de realismo crítico ou descritivo. Enraizado no realismo europeo, o realismo social procura revelar as tensións entre unha forza hexemónica opresiva e as súas vítimas.Este termo adoita utilizarse de forma máis concreta para denominar o movemento artístico que xurdiu entre a primeira e a segunda guerra mundial como reacción ás duras condicións e problemas que sufriu a poboación tralo Crac de 1929.
Eurypterida é unha orde de artrópodos fósiles, chamados euriptéridos (nome que pode recibir tamén unha das súas familias) ou, informalmente, escorpións de mar (nome que ás veces tamén se lle dá a algúns peixes), e antes, nalgunhas clasificacións, xigantostráceos. Os primeiros euriptéridos coñecidos datan do piso darriwiliano do período ordovícico, hai 467,3 millóns de anos. O grupo probablemente apareceu durante o Ordovícico temperán ou o Cámbrico tardío.
Tarento (en italiano: Taranto, en tarentino: Tarde en grego antigo Τάρας / Táras, en latín, Tarentum) é unha cidade do sur de Italia, na rexión de Puglia, na provincia homónima. Esténdese por unha área de 217 km2, cunha poboación de 202.033 habitantes e unha densidade de poboación de 973 hab/km2 (datos de 2001). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é tarentino.
Three Billboards Outside Ebbing, Missouri
Three Billboards Outside Ebbing, Missouri é un filme británico-estadounidense de 2017 escrito, dirixido e producido por Martin McDonagh. Está protagonizado por Frances McDormand, que interpreta unha nai que publica uns anuncios nuns carteis da estrada para chamar a atención sobre o asasinato sen resolver da súa filla. Woody Harrelson, Sam Rockwell, John Hawkes e Peter Dinklage aparecen nos papeis secundarios.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
O teixugo euroasiático, porco teixo, teixo, melandro ou tourón (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Santa María de Xares é unha parroquia que se localiza no concello da Veiga. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 82 habitantes (43 mulleres e 39 homes), nunha entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 65 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 55 habitantes, sendo 23 homes e 32 mulleres.
The Book of Life (filme de 2014)
The Book of Life é un filme estadounidense de 2014 producido por Reel FX Creative Studios e distribuído por 20th Century Fox. Foi coescrito e dirixido por Jorge R. Gutierrez, e foi producido por Aaron Berger, Brad Booker, Guillermo del Toro e Carina Schulze. Está protagonizado polas voces de Diego Luna, Zoe Saldana, Channing Tatum, Christina Applegate, Ice Cube, Ron Perlman e Kate del Castillo.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Iago Falque Silva, nado en Vigo o 4 de abril de 1990, é un futbolista galego que xoga na demarcación de centrocampista para o América de Cali, da Primeira A de Colombia. É un xogador zurdo, que ten ocupado as posicións de medio e sobre todo media punta ou medio ofensivo. Desenvolveu a maior parte da súa carreira no fútbol italiano, sendo o terceiro futbolista español con máis goles na Serie A, só por de Callejón e do tamén galego Luis Suárez.
Ánxel Casal Gosenxe, nado na Coruña o 17 de decembro de 1895 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego. Para Alonso Montero: sen Ánxel Casal, mesmo sen os seus criterios empresariais, non se entende o discurso político e literario galeguista como discurso público, e segundo Ramón Villares, Casal foi no campo da industria cultural o que Risco no da teoría nacionalista, Otero na prosa romancística ou Castelao no deseño e, desde logo, no liderado político.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
Os moinantes son un grupo social de España e algúns países de Europa. Principalmente son nómades con algunhas similitudes co pobo xitano e considéranse unha etnia con identidade propia. Son tamén chamados quincalleros polo oficio que historicamente realizaban, vender, facer e reparar trebellos metálicos como tixolas e potas.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 198.306.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.828 habitantes en 2022, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 292.374 habitantes (2022).
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
A garduña, fuíña, furatoxos, martaraña, martuxa, rabisaco ou gatela (Martes foina) é un mamífero depredador nocturno de tamaño mediano da familia Mustelidae. En estado adulto, a garduña mide entre 40 e 50 cm de lonxitude sen contar coa cola, que mide entre 21 e 27 centímetros, e o seu peso oscila entre 1 e 2 kg. Moi semellante á marta, non en balde teñen antepasados comúns; distínguese desta polo seu babeiro de cor branca que se abre en pinza cara ás extremidades dianteiras.
Allied é un filme británico-estadounidense de 2016 dirixido por Robert Zemeckis e escrito por Steven Knight. Está protagonizado por Brad Pitt, como un oficial de intelixencia canadense, e Marion Cotillard como unha loitadora da Resistencia francesa que se namora del durante unha misión en Casablanca. Jared Harris, Simon McBurney e Lizzy Caplan forman parte do elenco.