Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Fiorentina, da Serie A de Italia. Considerada como unha das melloesr futbolista españolas da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a única en marcar nunha final.
A oda é un subxénero da lírica consistente nunha composición que se caracteriza porque o poeta, con linguaxe elevada, festiva e solemne, e cun ton exaltado e emocionado, desenvolve, e incluso dramatiza, sobre un tema. A miúdo dedícase a persoas, cidades e paisaxes, para salienta-las súas excelencias; con frecuencia preséntase en forma de reflexión contemplativa en torno a situacións existenciais. Procede da imitatio dos Carmina do latino Horacio, e foi introducido en España pola "Ode ad Florem Gnidi" de Garcilaso de la Vega.
Fight Club é un filme estadounidense de 1999 baseado na novela homónima de 1996 escrita por Chuck Palahniuk, dirixido por David Fincher con Brad Pitt, Edward Norton e Helena Bonham Carter coma protagonistas. Norton representa o protagonista sen nome, ó que se fai referencia como Narrador, un home insatisfeito co seu traballo de oficina e con problemas de insomnio que forma un "club da loita" co fabricante de xabón Tyler Durden, representado por Pitt, ó que se unen outros homes que queren loitar entre eles por diversión. O Narrador vese envolto nunha complicada relación con Durden e con Marla Singer, representada por Bonham Carter, mentres que o club evoluciona cara a unha organización anticapitalista que leva a cabo un ataque terrorista.
Tareixa de Lisieux (en francés: Thérèse de Lisieux), nada como Marie Françoise-Thérèse Martin en Alençon o 2 de xaneiro de 1873 e finada en Lisieux o 30 de setembro de 1897, tamén coñecida como Santa Tareixa do Neno Xesús e da Santa Face, foi unha monxa carmelita descalza católica venerada nos tempos modernos. É coñecida como "a floriña de Xesús" ou, simplemente, "a floriña". Tareixa foi un modelo moi influente para os católicos e outros a causa da simplicidade e da practicidade do seu achegamento á vida espiritual.
KPFA (94.1 FM) é unha emisora de radio de Berkeley (California, Estados Unidos). Apareceu en 1949, a súa primeira emisión foi o 15 de abril, establecida pola Pacific Foundation do pacifista Lewis Hill, converténdose na primeira das emisoras da cadena Pacifica Radio e a primeira emisora financiada polo oínte dos Estados Unidos. A emisora ten unha ideoloxía esquerdista e nos anos cincuenta recibiu acusacións de estar controlada polo Partido Comunista.
O voo 409 de Ethiopian Airlines era un servizo regular internacional dende Beirut ata Addis Abeba que se esnafrou no mar Mediterráneo pouco despois da engalaxe do aeroporto de Beirut-Rafic Hariri o 25 de xaneiro de 2010, matando ás 90 persoas a bordo. Este foi o primeiro accidente con vítimas mortais de Ethiopian Airlines dende o secuestro do voo 961 en 1996.
Alan Mathison Turing, nado en Maida Vale (Londres) o 23 de xuño de 1912 e finado en Wilmslow o 7 de xuño de 1954, foi un matemático inglés, que traballou en campos como a informática teórica, a criptoanálise ou a intelixencia artificial. Turing tivo unha gran influencia no desenvolvemento da ciencia da computación teórica, proporcionando unha formalización dos conceptos de algoritmo e computación coa chamada máquina de Turing, que pode considerarse o modelo dun ordenador de propósito xeral. Considérase amplamente como o pai da informática teórica e da intelixencia artificial.Turing criouse no sur de Inglaterra.
Unha aparición mariana é a suposta visión extemporánea da Virxe María que din ter algúns crentes católicos. Ás veces as informacións das aparicións sucédense nun mesmo sitio durante un período de tempo, pero na maioría só unhas poucas persoas e moi ocasionalmente informan de que presuntamente viron a Virxe. Moitos cristiáns, incluíndo algúns católicos, e non crentes teñen ás aparicións marianas como alucinacións fomentadas pola superstición, e ocasionalmente como simples mentiras ou fraudes deliberadas.
Elizabeth Ann Reaser, nada o 15 de xuño de 1975 en Bloomfield Township, Míchigan, é unha actriz estadounidense de cine, televisión e teatro. Entre os seus traballos destacan Stay, The Family Stone, Sweet Land, Against the Current, e a saga de Twilight, así como as series Saved, Grey's Anatomy e The Ex-List.
Rústica é un tipo de encadernación de libros de peto na que o interior do libro está cuberto por unha tapa ou pasta branda, xeralmente feita de papel ou cartolina, que se pega ao lombo, en oposición aos libros ou libros de tapa dura. Folleto (do francés feuillet, o mesmo que folletín) e brochura (do francés brochure, estendido en moitas linguas como o portugués, inglés, catalán, castelán...) tamén é o nome que recibe a serie de operacións que aseguran que o libro recolle as súas follas (cadernos etc.), uníndoas entre si, manual ou mecanicamente, cosendo ou pegando, e finalmente uníndoas entre elas. Este núcleo está pegado a unha tapa branda, feita de papel ou cartón, que se pega ao lombo.O termo folleto, segundo a UNESCO, aplica a publicacións de poucas páxinas (de 5 a 49, sen contar as portadas).
Catedral de Notre-Dame de París
Este artigo trata sobre a sé parisiense, para a novela véxase: Notre-Dame de París.A Notre-Dame de París, coñecida como Notre-Dame, é a catedral da arquidiocese católica de París. Notre-Dame de París non é a meirande das catedrais francesas, mais é, sen dúbida unha das máis importantes da arquitectura dese país. Esta obra mestra, un dos símbolos da capital francesa, sitúase no extremo leste da Île de la Cité (Illa da Cidade), centro histórico da capital, á beira do Sena.
BARTOC, siglas para Basel Register of Thesauri, Ontologies & Classifications (en galego: Rexistro de Tesauros, Ontoloxías e Clasificacións de Basel) é unha base de datos de Sistemas de Organización do Coñecemento creada na Universidade de Basel, Suíza. O seu obxectivo principal é documentar nun único punto de acceso os sistemas de organización do coñecemento (KOS) como son as clasificacións, os tesauros e os rexistros de autoridades de xeito que teñan maior visibilidade, se destaquen as súas características e poidan buscarse e compararse, fomentando que se comparta o coñecemento. A diferenza doutros rexistros de terminoloxías, BARTOC inclúe calquera tipo de KOS de calquera área do coñecemento, en calquera lingua, sexa cal sexa o seu formato ou forma de acceso.
George Enescu, nado en Liveni o 19 de agosto de 1881 e finado en París (Francia) o 4 de maio de 1955, foi un compositor, violinista, pedagogo, pianista e director de orquestra romanés, considerado un dos máis importantes músicos do seu país. A súa carreira estivo profundamente vinculada a Francia, onde adoitan citar o seu apelido como Enesco.
Gran Premio do Reino Unido de 1960
O Gran Premio do Reino Unido de 1960 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 16 de xullo de 1960 no circuíto de Silverstone, Silverstone, Inglaterra. Foi a sétima carreira do Campionato do Mundo da tempada de 1960 de Fórmula Un, e a última que se disputou cos motores de 2´5 litros de desprazamento máximo, regras que estaban en vigor desde 1954. A carreira foi gañada polo actual Campión do Mundo Jack Brabham e Innes Ireland finalizou en terceiro lugar.
Ornithosuchus (que quere dicir "crocodilo paxaro") é un xénero extinto de pseudosuquios do Triásico serodio (Carniano), con restos fósiles atopados en Escocia. Orixinalmente críase que era o devanceiro de dinosauros carnosaurianos (como o Allosaurus). Porén, agora sábese que estaba máis estreitamente relacionado cos crocodilianos que cos dinosauros.
A Union List of Artist Names (ULAN) é unha base de datos en liña que emprega un vocabulario controlado, mantida polo Getty Research Institute. Os títulos almacenados na ULAN poden incluír nomes, pseudónimos, variacións dos nomes, nomes en múltiples linguas e nomes que sufriron cambios co tempo. Malia que se amosa como unha lista, a ULAN está estruturada como un thesaurus, que cumpre os estándares correspondentes ISO e NISO, contendo relacións asociativas, xerárquicas e de equivalencia.
O topónimo Miragaia (do verbo mirar co adxectivo de orixe provenzal gaia, ‘alegre’) pode referirse a: Miragaia, freguesía portuguesa do concello de Lourinhã;Miragaia, freguesía portuguesa do concello de Pinhel; Miragaia, freguesía portuguesa do concello do Porto; Miragaia, freguesía portuguesa do concello de Santa Luzia;Como apelido pode referirse a: Euclides Bueno Miragaia, revolucionario brasileiro (1911-1932.
Unha doenza infecciosa ou contaxiosa pode ser a manifestación clínica dunha infección provocada por un microorganismo, principalmente por bacterias e virus. No caso dos axentes biolóxicos patóxenos de tamaño macroscópico, como os vermes, non se fala de infección senón de infestación. Cando a infección ou a infestación é causada por protozoos, vermes ou artrópodos fálase de doenza parasitaria porque os devanditos grupos foron estudados tradicionalmente pola parasitoloxía.
Os Dolomitas (italiano: Dolomiti, Ladino: Dolomites; alemán: Dolomiten, véneto: Dołomiti, friulano: Dolomitis), tamén coñecidos como Montañas Dolomitas, os Alpes dolomíticos ou Alpes dolomíticos, son unha cordilleira situada no nordés de Italia. Forman parte dos Alpes surorientais e esténdense desde o Río Adige no oeste ata o Val de Piave (Pieve di Cadore) no leste. As fronteiras norte e sur están definidas polo Val Puster e o Val Sugana (en italiano: Valsugana).
O Athletic Club, coñecido popularmente como Athletic de Bilbao, é un club de fútbol vasco con sede en Bilbao, Biscaia. Fundado no ano 1898 e un dos clubs decanos do Estado español e, xunto co Fútbol Club Barcelona e o Real Madrid, o único equipo que participou en tódalas edicións da liga de Primeira división. O club comezou xogando os seus primeiros partidos en Getxo, aínda que durante cen anos, entre 1913 e 2013 xogou os seus partidos como local no antigo estadio de San Mamés, lugar alcumado como "A Catedral".
A rupia (en hindi e urdu: रुपया, transl. rupayā, do sánscrito rúpya, rūpyakam, "moeda de prata") é o nome común das moedas oficiais da India, Paquistán, Sri Lanka, Nepal, Mauricio, Seychelles, Indonesia e as Maldivas. Divídese en cen unidades, denominadas centavos nas illas Seychelles, Mauricio e Sri Lanka; paise (singular: paisa) na India, Paquistán e Nepal; sen en Indonesia; laaris nas Maldivas.
Abdul Ghani Baradar Akhund (Paxto/Dari:عبدالغنی برادراخوند; nacido no 1968) é un político afgán co-fundador dos talibáns, e lugartenente de Mohammed Omar. Tamén o chaman o mulá Irmán. A Baradar capturárono en Paquistán os servizos secretos paquistanís e mais a Axencia Central de Intelixencia (CIA) estadounidense en febreiro de 2010 e liberárono o 24 de outubro de 2018 a petición dos Estados Unidos.
Partícula teorizada como posible constituínte da materia escura. Como os fotóns, serían partículas de intercambio de forzas. A diferenza deles, terían masa, aínda que moi pequena.No 2021 estase a usar aparellos optomecánicos para procurar a súa detección, axustando a frecuencia de vibración do aparello (chamado tambor optomecánico,'optomechanical drum') coa masa esperada do fotón escuro.
Tempadas dos Pittsburgh Penguins
Os Pittsburgh Penguins son un equipo de hóckey sobre xeo profesional da cidade de Pittsburgh (Pensilvania, Estados Unidos) que compite na National Hockey League (NHL). A franquía foi creada como unha das seis novas franquías da liga na expansión da NHL de 1967. Actualmente está encadrado na Metropolitan Division da Conferencia Leste.
Os tigres brancos son espécimes individuais do tigre ordinario (Panthera tigris) cunha condición xenética que case elimina o pigmento na pel normalmente laranxa, aínda as raias negras non se ven afectadas. Isto ocorre cando un tigre herda dúas copias do alelo recesivo para a coloración pálida: nariz rosa, ollos cor azul e pel de cor branca a crema con raias negras, grises ou de cor chocolate (existe outra condición xenética que tamén produce raias pálidas; os tigres deste tipo son chamados «brancaneves»).
O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda.
O estorniño pinto (Sturnus vulgaris) é unha ave paseriforme de mediano tamaño da familia Sturnidae. En Galicia é unha ave invernante moi numerosa e unha das dúas especies de estorniños do país; a outra é o estorniño negro. Mide uns 20 cm de longo e ten unha plumaxe negra brillante con reflexos metálicos, e ten pintas brancas en determinada época do ano.
A NFC North ou División Norte é unha das catro divisións que compoñen National Football Conference (NFC) da National Football League (NFL) de fútbol americano. Alcumada a "Black & Blue Division" (do inglés: División negra e azul) pola aspera e dura rivalidade entre os equipos, actualmente está composta por catro equipos: Chicago Bears, Detroit Lions, Green Bay Packers e Minnesota Vikings. Entre 1970 e 2001 a NFC Norte foi coñecida co nome de NFC Central.
Andy Warhol, nado o 6 de agosto de 1928 en Pittsburgh (Pensilvania) e finado o 22 de febreiro de 1987 en Nova York, foi un pintor, director cinematográfico e publicista americano, ademais de ser unha das principais figuras do movemento coñecido como arte pop. Logo dunha exitosa carreira como ilustrador comercial, Warhol fíxose famoso en todo o mundo polos seus traballos como pintor, cineasta, produtor musical, escritor e escultor. Foi unha importante figura pública coñecida pola súa pertenza a círculos sociais moi diversos que incluían desde persoas bohemias que vivían na rúa ata distinguidos intelectuais, celebridades de Hollywood, xente adiñeirada e aristócratas.
María del Carmen Rosario Soledad Cervera, coñecida popularmente como Tita Cervera ou Tita Thyssen, nada en Sitges o 23 de abril de 1943, é unha coleccionista e marchante de arte de orixe catalá. Foi Miss España en 1961 e esposa de Lex Barker, Espartaco Santoni e Hans Heinrich von Thyssen-Bornemisza, II barón Thyssen-Bornemisza.
Alexia Putellas Segura, nada en Mollet del Vallès o 4 de febreiro de 1994, é unha futbolista catalá que xoga como mediocampista, concretamente na posición de interior esquerdo, como capitá na primeira división española de fútbol feminino co Futbol Club Barcelona. É tamén internacional coa Selección Absoluta de España desde o 2013. No 2021 e no 2022 foi premiada co Balón de Ouro á mellor xogadora do mundo, e o 17 de xaneiro de 2022, foi premiada co Premio The Best FIFA de 2021, sendo a segunda futbolista en acadar ambos premios na mesma temporada, trala americana Megan Rapinoe, que o fixo no ano 2019.
José Emiliano "Milo" Abelleira Solla, nado en Pontevedra o 8 de agosto de 1963, é un exfutbolista e adestrador de fútbol galego. O último club que adestrou foi o Rápido de Bouzas, entre 2019 e 2020. É o pai da xogadora do Real Madrid Feminino Teresa Abelleira e do futbolista do CD Choco Tomás Abelleira.
Alfonso Polanco Rebolleda, nado en Palencia o 29 de decembro de 1967, é un político español do Partido Popular, alcalde de Palencia desde xuño de 2011.É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, especializándose como técnico de auditoria e contabilidade do Ministerio de Facenda e traballando como funcionario do Estado. Ocupou diversos cargos técnicos dentro da Xunta de Castela e León.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
The Book of Life (filme de 2014)
The Book of Life é un filme estadounidense de 2014 producido por Reel FX Creative Studios e distribuído por 20th Century Fox. Foi coescrito e dirixido por Jorge R. Gutierrez, e foi producido por Aaron Berger, Brad Booker, Guillermo del Toro e Carina Schulze. Está protagonizado polas voces de Diego Luna, Zoe Saldana, Channing Tatum, Christina Applegate, Ice Cube, Ron Perlman e Kate del Castillo.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Copa do Mundo de Fútbol Feminino
A Copa Mundial de Fútbol Feminino é o torneo internacional máis importante desta disciplina, o fútbol. Este evento é organizado pola FIFA (Federación Internacional de Fútbol Asociación), e foi realizado por vez primeira en 1991.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A candorca ou alcandorca, Orcinus orca, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos (pode chegar a pesar 10 t., e é un poderoso e versátil depredador que pode cazar peixes, pinnípedes como focas, cefalópodos, aves, tartarugas e, cazando en grupo, presas de maior tamaño, como morsas e incluso baleas. Está, polo tanto, no cumio da cadea trófica oceánica.
Fidel Alejandro Castro Ruz ( son), nado en Birán o 13 de agosto de 1926 e finado na Habana o 25 de novembro de 2016, foi un avogado e revolucionario comunista cubano, con orixe galega, que gobernou Cuba como primeiro ministro de 1959 a 1976 e logo como presidente de 1976 a 2008. Nacionalista e marxista-leninista, exerceu como Primeiro Secretario do Partido Comunista de Cuba dende 1965 a 2011. Baixo o seu mandato, o país transformouse nun país socialista, con gran parte da industria e da economía nacionalizadas.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Saudade de ti é unha serie de televisión estreada en 2022 pola Televisión de Galicia, consta de 60 capítulos na primeira tempada, que foron emitidos entre xullo e setembro de 2022. A primeira tempada foi líder de audiencia na TVG. Foi seguida por máis de 150.000 espectadores cada noite, a primeira elección en horario de máxima audiencia en Galicia.En marzo de 2023 gravábase a segunda tempada en Ares. Foi estreada na TVG o domingo 18 de xuño de 2023, emitíndose os domingos, luns e martes.
Un blog ou bitácora é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados bloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line. Hai algunhas características que son comúns á maioría dos blogs, como que os lectores poidan deixar comentarios, unha lista con ligazóns a outros blogs, chamada blogroll, un arquivo coas publicacións anteriores etc. Outras características non tan comúns, pero que están presentes na maioría dos blogs, son a de permitir trackbacks, que serve para saber quen liga á publicación, e a de permitir a subscrición, xeralmente mediante RSS, XML ou Atom, que serve para poder ler os blogs dende un programa á parte.
O CSKA Ice Palace (en ruso Ледовый Дворец Спорта ЦСКА) é un pavillón deportivo da cidade de Moscova (Rusia). Foi reconstruído en 1991 sobre o seu antecesor da era soviética construído en 1964, pasando a ter capacidade para 5.600 espectadores. Neste pavillón xogaba os seus partidos como local a sección de hóckey sobre xeo do CSKA Moscova, equipo que forma parte da Kontinental Hockey League (KHL).
Iuri Alexeievitch Gagarin (en ruso Юрий Алексеевич Гагарин; [ˈjʉrʲɪj ɐlʲɪˈksʲejɪvʲɪtɕ ɡɐˈɡarʲɪn]), nado en Klushino (óblast de Smolensk) o 9 de marzo de 1934 e finado preto de Novosiolovo (óblast de Vladimir) o 27 de marzo de 1968, heroe da Unión Soviética, foi un cosmonauta ruso que, o 12 de abril de 1961, marcou a historia da humanidade e da exploración espacial ao converterse no primeiro ser humano que viaxou ao espazo exterior, realizando un voo orbital completo arredor da Terra, a bordo da nave espacial Vostok 1.Gagarin converteuse nunha celebridade internacional, e foi galardoado con diferentes medallas e honores, como o de Heroe da Unión Soviética, o honor máis elevado da nación. A Vostok 1 foi a súa única misión espacial, aínda que ocupou un cargo na tripulación de recambio da misión Soiuz 1 (que terminou en accidente). Despois, Gagarin converteuse no director de formación adxunto do Centro de adestramento de cosmonautas, que logo se renomeou no seu honor.
O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
O pobo dos godos foi nomeado xa por Tácito, que os chamou Gotones. Entón habitaban o Norte de Xermania, en terras que antes poboaron Boii, Getae e Scythae. Ampliaron os seus territorios e incorporaron a outros grupos veciños (de orixe xermana e sármata) e dominaron o Danubio dende o Theiß -en alemán- ou Tisza ao Don e do Ponto ao mar Báltico.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Australia (en inglés: Australia, [əˈstɹæɪljə] (AFI), escoitar) é o país máis grande da Oceanía. Ocupa toda a illa da Australia e varias illas adxacentes (a máis importante é Tasmania). O continente-illa, como se lle chama a Australia por veces, está bañado polo océano Índico, ao sur e ao oeste, polo mar de Timor, mar de Arafura e estreito de Torres, ao norte, e mar do Coral e mar de Tasmania, ao leste.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
San Miguel de Presqueiras, Forcarei
San Miguel de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2014 tiña 210 habitantes (95 homes e 115 mulleres), 70 menos ca en 2004 (153 mulleres e 127 homes nese ano segundo o padrón municipal) e 73 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».