Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O automóbil é un vehículo que se despraza sobre rodas autopropulsado por un motor propio e destinado ao transporte de persoas ou mercancías sen necesidade de carriles. Diferentes tipos de automóbiles inclúen o coche, o autobús, a furgoneta e o camión. Desprázase grazas a un motor de explosión a base dunha mestura de gasolina, ou gasóleo, e aire.
Xoán Calvino, nado en Noyon (Picardía) o 10 de xullo de 1509 e finado en Xenebra o 27 de maio do 1564, foi un dos principais reformadores e teólogos da reforma protestante. O seu pensamento relixioso inaugurou unha das correntes máis importantes do protestantismo, o calvinismo, ademais de ser en menor ou maior grao unha influencia na teoloxía evanxélica.
O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a segunda lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e a segunda lingua máis estudada no mundo, despois do inglés.
O faláfel é unha preparación típica dalgúns países de Oriente Próximo e Oriente Medio, semellante a unha croqueta, mais de forma arredondada e elaborada cunha masa de garavanzos ou fabas, á que se lle engade diversas especias. Consiste nuns boliños fritidos de garavanzos ou fabas moídos, normalmente mesturados con condimentos como allo, ceboliño, pirixel, coandro e comiño. Moitas veces, consómense en pan pita, con hummus (pasta de garavanzo), tahina (pasta de sésamo) e ensalada (tomate, cogombro, cebola e leituga).
László Moholy-Nagy, nado o 20 de xullo de 1895 en Bácsborsód e finado o 24 de novembro de 1946 en Chicago, Illinois, foi un pintor e fotógrafo húngaro ademais de profesor na escola Bauhaus. Estivo fortemente influenciado polo construtivismo e foi un firme defensor da integración da tecnoloxía e a industria nas artes.
Costantino III aparece na lista dos reis lendarios da Bretaña (actual Inglaterra) relatada na Historia Regum Britanniae de Godofredo de Monmouth. El era fillo de Cador, duque de Cornualla, un parente do rei Artur. Costantino combateu na batalla de Camlann e parece que foi un dos poucos sobreviventes.
A Torre Inclinada de Pisa é o campanario da catedral de Pisa. Foi construída para que permanecese en posición vertical pero comezou a inclinarse axiña se iniciou a súa construción en agosto de 1173. A altura da torre é de 55,7 a 55,8 metros desde a base, o seu peso estímase en 14.700 toneladas e a inclinación de 5,5° estendéndose 4,5 m da vertical.
Un artigo científico (coñecido polo anglicismo paper polos investigadores) é un traballo de investigación relativamente breve destinado á súa publicación en revistas especializadas. Debe estar coidadosamente redactado para evitar cambios de tema innecesarios, para lograr expresar dun modo claro e sintético o que se pretende comunicar, e para que inclúa as citas e referencias indispensábeis. En moitas ocasións os artigos científicos son sínteses de informes ou teses de maior envergadura, que orientan a quen poida estar interesado en consultar a obra orixinal.
Selección de fútbol de Francia
A Selección de fútbol de Francia, controlada pola Federación Francesa de Fútbol membro da UEFA, é o equipo que representa a Francia en tódalas competicións oficiais, fóra de Nova Caledonia e Tahití que posúen as súas propia seleccións recoñecidas pola FIFA. É ademais, xunto con Arxentina, a única selección do mundo que gañou a Copa Mundial, os Xogos Olímpicos, a Copa Confederacións e a súa respectiva Copa Rexional, neste caso a Eurocopa. Francia foi un dos catro equipos europeos que participou no primeiro mundial de fútbol celebrado en Uruguai en 1930 e un dos combinados que o conseguiron gañar, xa que acadou a vitoria en 1998, sendo a selección anfitrioa, e en 2018 en Rusia. Francia tamén gañou dous Campionatos de Europa da UEFA, a primeira en 1984, liderados polo Balón de Ouro Michel Platini, e a máis recente no ano 2000, da man de Zinedine Zidane.
O Nepal, cuxo nome oficial é República Federal Democrática do Nepal (en nepalés: सङ्घीय लोकतान्त्रिक गणतन्त्र नेपाल), é un país do sur de Asia, con fronteiras coa China (Tíbet) ao norte e a India ao sur. A súa capital e Katmandú; a lingua oficial é o nepalés e a moeda é a rupia nepalesa. O país foi unha monarquía ata 2008, sendo Gyanendra o seu derradeiro rei.
John Michael "Ozzy" Osbourne, nado o 3 de decembro de 1948, é un vocalista e compositor de heavy metal inglés, cunha carreira musical que se estende xa ao longo de 40 anos. Osbourne acadou a fama como vocalista principal da banda inglesa Black Sabbath, que co seu son duro e escuro contribuíu a propagar o xénero do heavy metal. Debido ao estilo escuro do grupo, Osbourne comezou a ser coñecido como o "Principe da escuridade".
Enténdese por países bálticos ou estados bálticos ou repúblicas bálticas ás tres repúblicas europeas de Estonia, Letonia e Lituania. Sitúanse á beira do mar Báltico e dende 2004 forman parte da Unión Europea e da OTAN. Pese a que historicamente estes tres países compartiron destinos e adóitase falar deles de xeito xeral como un todo. Os tres países amosan trala súa independencia na última década do século XX as súas extremas diferenzas e é que realmente só comparten proximidade xeográfica e décadas de ocupación pola Unión Soviética.
A illa de Lisca Bianca (italiano: Isola di Lisca Bianca) é unha pequena illa, que pertence ao arquipélago das illas Eolias, na rexión de Sicilia, Italia. Atópase a uns 3 km ao leste de Panarea. A illa, xunto con varias rocas veciñas (Dattilo, Bottaro, Lisca Nera e outros), constitúen os restos de antigas chemineas volcánicas pertencentes ao aparello de Panarea, que se formou hai uns 130.000 anos.
A análise de tóxicos no pelo é unha práctica iniciada a mediados do século XIX. En 1858 o químico alemán Casper efectuou a análise de arsénico en individuos expostos. En 1934, o toxicólogo francés Kohn-Abrest publicou a determinación de arsénico en pelo de individuos non expostos, aínda que precisou para iso 100 gramos de cabelo.
2001: Unha odisea do espazo (en inglés: 2001: A Space Odyssey) é un filme británico-estadounidense de ciencia ficción producido e dirixido por Stanley Kubrick que foi estreado en 1968. O guión, escrito por Kubrick e Arthur C. Clarke, está parcialmente baseado na historia curta de Clarke "The Sentinel". Posteriormente, Clarke escribiu a novela 2001: A Space Odyssey, que foi publicada pouco despois da estrea.
Frankenstein ou o moderno Prometeo
Frankenstein ou o moderno Prometeo é unha novela de terror gótico da británica Mary Shelley, que podería englobarse dentro do romanticismo, sendo tamén unha obra pioneira da ciencia ficción. A obra foi publicada de xeito anónimo en 1818 en Londres, e por primeira vez co nome de Shelley no lombo en Francia dous anos máis tarde.
Norwegian Air Sweden é unha aeroliña de baixo custo sueca con sede en Estocolmo, e unha subsidiaria totalmente integrada de Norwegian Air Shuttle. Creado o 20 de novembro de 2018, opera Boeing 737 MAX 8 con servizos regulares desde o aeroporto de Estocolmo-Arlanda. Todos os avións están rexistrados en Suecia.
O CFM International LEAP é un motor turboventilador de alto índice de derivación. Está fabricado por CFM International, unha empresa conxunta formada pola estadounidense GE Aviation e a francesa Safran Aircraft Engines (anterirmente coñecida como Snecma). É un complemento modernizado do exitoso motor CFM56, deseñado para competir co Pratt & Whitney PW1000G no mercado dos avións de pasaxeiros de corredor único.
Un lago (do latín lacus) é un accidente xeográfico constituído por unha grande extensión de auga (ou nalgún caso doutro líquido), en xeral auga doce, rodeada de terra e sen movemento fluído (isto é, sen corrente). Esa auga pode provir: da choiva; dunha nacente local; ou de cursos de auga, como ríos que desauguen nesa depresión.Normalmente, a auga dos lagos é auga doce, mais existen no mundo algúns importantes lagos salgados, como o Gran Lago Salgado da América do Norte ou o Mar Morto no Oriente Medio (Israel e Palestina). Nalgúns casos, o termo lago úsase para describir unha bacía que, aínda estando baldeira a maior parte do tempo, pode chegar a encherse de auga en condicións estacionais de chuvias fortes.
Gran Premio do Reino Unido de 2000
O Gran Premio do Reino Unido de 2000 (oficialmente o LIII Foster's British Grand Prix) foi unha carreira de motor de Fórmula 1 celebrada o 23 de abril de 2000 no Circuíto de Silverstone, Silverstone, Northamptonshire, Inglaterra. Foi a cuarta rolda da tempada de Fórmula Un de 2000 e o 53 British Grand Prix. A carreira de 60 voltas gañouna o piloto de McLaren David Coulthard logo de partir da cuarta posición.
O topónimo Amarante está relacionado co amaranto, unha planta ornamental, a través do étimo latino *AMARANTU. Pode referirse a: En GaliciaAmarante, lugar da parroquia de Santo Estevo do Castro de Amarante do concello de Antas de Ulla.Neste lugar está o Castelo de Amarante, propiedade dos Noguerol e despois dos Camarada. A xurisdición de Amarante deu nome ás parroquias de San Fiz de Amarante, San Martiño de Amarante, Santa Mariña do Castro de Amarante e Santo Estevo do Castro de Amarante, do concello de Antas de Ulla, na comarca da Ulloa. Amarante, parroquia do concello de Maside, na comarca do Carballiño.
Matthieu Hartley, nado o 4 de febreiro de 1960, é un músico inglés procedente de Smallfield. É coñecido por ter sido o teclista orixinal de The Cure, pero antes diso estivo ao lado de Simon Gallup noutras dúas bandas chamadas Lockjaw e The Magazine Spies. Cando Matthieu e Simon se uniron por vez primeira a The Cure, axudaron a impulsar á banda cara a unha nova dirección coa gravación do seu segundo álbum, Seventeen Seconds, moito máis escuro que a súa estrea con Three Imaginary Boys.
O dólar internacional é unha unidade monetaria hipotética que ten o mesmo poder adquisitivo que o dólar estadounidense ten nos Estados Unidos nun momento dado . Esta unidade mostra canto vale unha unidade dunha moeda local dentro das fronteiras do país. As conversións a dólares internacionais calcúlanse utilizando a "paridade de poder adquisitivo" (PPA).
O termo aglomeración ou ateigamento utilízase frecuentemente para facer referencia á acumulación de individuos ou de animais nun mesmo lugar, o cal non se acha fisicamente preparado para albergalos de tal maneira que, esas persoas ou animais que se achan vivindo nesa situación se verán afectadas non unicamente pola incomodidade de ter que compartir un espazo mínimo con outros, senón tamén que por mor diso será practicamente imposíbel que o lugar observe unha hixiene e seguridade satisfactoria, afectando a saúde das persoas, e mesmo, naquelas situacións máis extremas até pode existir risco para a vida.
As antocianidinas son pigmentos de plantas comúns, e son a parte sen molécula de azucre das antocianinas (glicósidos cos que non hai que confundilas). A súa molécula está baseada no catión flavilio, un ión oxonio con varios grupos substituídos por átomos de hidróxeno. Xeralmente cambian de cor de vermello a púrpura, azul e verde azulado en función do pH. As antocianidinas son unha importante subclase de colorantes polimetinas e flavonoides.
A Dinastía Joseon (en coreano: 조선, 朝鮮; tamén Chosŏn, Choson, Chosun, Cho-sen) foi un reino coreano fundado por Taejo Yi Seong-gye que durou aproximadamente cinco séculos, dende xullo de 1392 até outubro de 1897. Foi fundado despois da caída da dinastía Goryeo no que hoxe é actual cidade de Kaesong. As fronteiras do norte foron expandidas até os límites naturais dos ríos Amnok e Duman despois da subxugación dos jurchens.
O efecto Zeeman é a división dunha liña espectral en varias, na presenza dun campo magnético estático. É equiparable ó efecto Stark, é dicir, a división dunha liña espectral en varias compoñentes, na presenza dun campo eléctrico. O efecto Zeeman é importante en aplicacións como a espectroscopia de resonancia magnética nuclear, espectroscopia de resonancia spin-electrón e espectroscopia Mössbauer.
Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën
O Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën é un planta de produción do grupo PSA Peugeot Citroën, situada en Balaídos (Vigo), á beira do río Lagares. Con máis de 50 anos de actividade, está considerada un dos piares básicos da economía galega. A planta produce catro vehículos distintos para as dúas marcas do grupo.
Educación obrigatoria, escolarización obrigatoria, escolarización compulsiva, estudos obrigatorios ou ensino obrigatorio son os nomes que reciben os distintos ciclos de educación, ensino ou estudos que de forma obrigatoria debe cursar un neno ou xove e cuxo currículo, duración, obxectivos, contidos, procedementos e metodoloxía varían en función do sistema educativo de cada país e época.
The Cure é unha banda de post-punk inglesa, liderada por Robert Smith, que comezou a súa carreira a no ano 1976 en Crawley, West Sussex. Smith vén sendo o único membro permanente da banda dende a súa fundación. O seu primeiro álbum foi Three Imaginary Boys, editado en 1979, e colocou á banda nos movementos post-punk e New Wave que surxiran a raíz da revolución punk rock no Reino Unido.
O Festival da Canción de Eurovisión 2009 foi a 54ª edición do Festival de Eurovisión. Rusia obtivo o dereito a ser sede desta edición do certame musical europeo debido a que o cantante Dima Bilan conseguira a vitoria coa canción Believe no Festival de Eurovisión 2008 celebrado na cidade de Belgrado, Serbia. A edición tivo lugar en Moscova, Rusia entre o 12 e o 16 de maio, no pavillón Olimpiski.
Concert: The Cure Live é o primeiro álbum en directo da banda inglesa The Cure, editado o 22 de outubro de 1984. Foi gravado en maio de 1984 no Hammersmith Odeon en Londres e en Oxford. A súa edición en casete conta na cara-b cun álbum xemelgo de anomalía, titulado Curiosity (Killing the Cat): Cure Anomalies 1977–1984.
O Uruguai, oficialmente a República Oriental do Uruguai (en castelán: República Oriental del Uruguay escoitar ), é un país de América do Sur. Limita ao norte e nordeste co estado de Río Grande do Sur (Brasil), ao oeste co río Uruguai coas provincias arxentinas de Entre Ríos e Corrientes, ao suroeste co esteiro do Río da Prata o cal o separa de Buenos Aires (Arxentina) e ao sueste co océano Atlántico. O seu territorio, cunha superficie de máis de 176.000 km², é o segundo máis pequeno do subcontinente detrás de Suriname e áchase dividido administrativamente en 19 departamentos.
O AD Flying Boat foi un avión deseñado polo Departamento de Aire do Almirantazgo Británico para servir como avión de patrulla que puidese operar en conxunto cos buques de guerra da Royal Navy. Destinado para o seu uso durante a primeira guerra mundial, a produción do avión rematou ao final do conflito, vendo moi pouco uso operacional. Varios foron remercados tras a guerra por Supermarine Aviation e reconstruídos como transportes civís, converténdose no Supermarine Channel.
Windows 10 é o último sistema operativo desenvolvido por Microsoft como parte da familia de sistemas operativos Windows NT. Foi dado a coñecer oficialmente en setembro de 2014, seguido por unha breve presentación de demostración no Build 2014. Entrou en fase beta de proba en outubro de 2014 e foi lanzado ao público en xeral o 29 de xullo de 2015. Para animar á súa adopción, Microsoft anunciou a súa dispoñibilidade gratuíta por un ano desde a súa data de lanzamento para os usuarios que conten con copias xenuínas de Windows 7 Service Pack 1 ou Windows 8.1 Update.
Thryonomyidae son unha familia de roedores que na actualidade só ten un representante vivo, o xénero Thryonomys. O xénero, aínda hoxe existente, vive en toda África subsahariana, pero as especies prehistóricas estendéronse ata o norte de África, península de Arabia e incluso o que hoxe é o Paquistán.
Jawaharlal Nehru (Hindi: जवाहरलाल नेहरू), nado o 14 de novembro de 1889 en Allahabad (Uttar Pradesh) e finado o 27 de maio de 1964 en Nova Delhi, foi un político indio e o primeiro (e o máis duradeiro) Primeiro Ministro da India, de 1947 a 1964. Foi unha das principais figuras do movemento de independencia indio, Nehru foi elixido polo Partido do Congreso para ser o primeiro Primeiro Ministro da India e reelixido cando o Partido do Congreso gañou as primeiras eleccións xerais da India en 1952. Como un dos fundadores do Movemento de Países Non Aliñados, foi tamén unha figura importante na política internacional posterior á segunda guerra mundial.
Aspergillus oryzae, chamado no Xapón mofo kōji (en xaponés: ニホンコウジカビ (日本麹黴), Hepburn: nihon kōji kabi), é un fungo filamentoso (un mofo ou balor) ascomiceto utilizado no leste de Asia para a sacarificación do arroz, pataca doce e cebada para facer bebidas alcohólicas como o sake e o shōchū, e tamén para fermentar feixóns de soia para facer mollo de soia e miso. Porén, na produción de alimentos fermentados de feixóns de soia, como o mollo de soia e o miso, ás veces utilízase Aspergillus sojae en lugar de A. oryzae. Na China e Corea, os fungos utilizados para a fermentación de alimentos desde hai moito tempo na produción de bebidas alcohólicas tradicionais non eran A. oryzae senón fungos que pertencían aos xéneros Rhizopus e Mucor.
Jonathan Swift, nado en Dublín o 30 de novembro de 1667 e finado na mesma cidade o 19 de outubro de 1745, foi un escritor satírico irlandés en lingua inglesa. A súa obra principal é As viaxes de Gulliver, que constitúe unha das críticas máis amargas que se escribiron contra a sociedade e a condición humana.
Co nome vulgar de lesma de mar denomínase os moluscos gasterópodos da subclase dos heterobranquios, infraclase dos eutineuros e superorde dos nudipleuros.Son gasterópodos mariños de corpo brando que perden as súas cunchas despois do seu estadio larvario. Destacan polas súas cores, a miúdo extraordinarias, e as súas formas rechamantes.Actualmente recoñécense unhas 3 000 especies de nudibranquios.
A National Audubon Society ou Audubon (Sociedade Nacional Audubon) é unha organización ecoloxista sen ánimo de lucro dedicada á conservación da natureza localizada nos Estados Unidos e incorporada en 1905. Audubon é unha das máis antigas deste tipo de organizacións no mundo e utiliza a ciencia, a educación e a defensa das súas bases para progresar na súa misión conservacionista. O seu nome déuselle en honor ao ornitólogo e naturalista franco-americano John James Audubon, que pintou, catalogou e describiu as aves de Norteamérica no seu famoso libro Birds of America publicado por partes entre 1827 e 1838.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Domingo Catoira Mosquera, nado en Évian-les-Bains o 9 de setembro de 1972, é un exfutbolista e dirixente deportivo galego. Como futbolista xogaba de defensa e a súa carreira transcorreu principalmente na Segunda División B, categoría na que disputou un total de 330 partidos repartidos entre o Fabril, o Lugo, o Novelda e o Benidorm. Trala súa retirada traballou nos despachos técnicos do propio Benidorm, o Valencia, o Valladolid e o Espanyol.
A Virxe do Camiño é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2014 tiña 55 habitantes (28 homes e 27 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 90 habitantes. A parroquia ten a súa orixe nunha capela situada a carón do Camiño Portugués.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Noroeste Pop Rock, ou Festival Noroeste é un festival de música pop rock que cada ano se celebra no mes de agosto na cidade da Coruña dentro do programa das Festas de María Pita. A edición do ano 2017 foi a número 31 dende os seus comezos nos anos oitenta. Tradicionalmente neste festival o público pode ver de balde as actuacións, que se levan a cabo nun escenario montado na area da praia de Riazor.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Julius Robert Oppenheimer, nado o 22 de abril de 1904 en Nova York e finado o 18 de febreiro de 1967 en Princeton, Nova Jersey, foi un físico teórico estadounidense de orixe xudía e profesor de física na Universidade de California, Berkeley. É un dos chamados «pais da bomba atómica» pola súa destacada participación no Proxecto Manhattan, o proxecto que conseguiu desenvolver as primeiras armas nucleares da historia durante a segunda guerra mundial. A primeira bomba nuclear foi detonada o 16 de xullo de 1945 na Proba Trinity en Novo México, Estados Unidos.
Nonito Pereira Revuelta, nado na Coruña o 22 de xullo de 1943 e finado na mesma cidade o 26 de novembro de 2019, foi un empresario, produtor, e periodista musical galego. Figura fundamental no panorama musical do país desde os anos 60, foi creador do selo Abrente, presentador de diversos programas de radio e televisión ou impulsor do festival Noroeste Pop Rock.