Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Jack o Destripador (en inglés: Jack the Ripper) é o máis coñecido dos pseudónimos que se lle deron a un asasino en serie non identificado que cometeu varios crimes en 1888 no distrito de Whitechapel de Londres. O nome "Jack o Destripador" orixinouse nunha carta diseminada polos medios de comunicación que fora escrita por alguén non identificado que afirmaba ser o asasino. Esta carta considerouse posteriormente unha fraude, probablemente escrita polos propios xornalistas como forma de atraer máis atención cara á historia e incrementar as vendas dos exemplares de xornais.
A masa en repouso é a masa propia dun corpo material. Considérase nun sistema no que está en repouso debido a que a masa varía coa velocidade, segundo a teoría da Relatividade. Esisten entidades que non teñen masa en repouso (m0 = 0); son as que se ven compelidas a viaxar á velocidade da luz (c) como os fotóns.
Indira Priyadarshini Gandhi, nada co apelido Nehru en Allahabad o 17 de novembro de 1917 e finada en Delhi o 31 de outubro de 1984, foi unha política india e figura central do Congreso Nacional Indio. Foi a primeira e, polo momento, única muller que exerceu como Primeira Ministra da India. Indira Gandhi era a filla de Jawaharlal Nehru, o primeiro Primeiro Ministro da India.
O anfiteatro (do grego antigo amphitheatron) é un tipo de edificio público característico da civilización romana, empregado para acoller espectáculos e xogos, coma a munera ou loita de gladiadores e as venatio ou loitas con animais. Os máis antigos foron construídos en Etruria e Campania e datan de finais do século II [Cómpre referencia]. Este tipo de edificación é de orixe romana e non se atopa nin en Grecia nin en Asia Menor.
O aeroporto de Pulkovo (en ruso: Аэропорт Пулково) (IATA: LED, ICAO: ULLI) é un aeroporto internacional que serve á cidade rusa de San Petersburgo. Atópase a 23 km ao sur do centro da cidade. O aeroporto é centro de conexións de Rossiya Airlines (anteriormente Pulkovo Aviation Enterprise), e é unha cidade focal para Nordavia.
Ludwig van Beethoven, nado en Bonn o 16 de decembro de 1770 e finado en Viena o 26 de marzo de 1827, foi un célebre compositor, director de orquestra e pianista alemán. O seu legado musical abarca, cronoloxicamente, desde o período clásico ata inicios do romanticismo musical. É un dos compositores máis importantes da historia da música e o seu legado influíu de forma decisiva na música posterior.
Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra
Xacobe Carlos Estuardo , nado en Edimburgo o 19 de xuño de 1566 e finado en Theobalds House o 27 de marzo de 1625, foi rei de Escocia como Xacobe VI desde o 24 de xullo de 1567 ata a súa morte, e rei de Inglaterra e Irlanda como Xacobe I desde o 24 de marzo de 1603 ata a súa morte. Proclamado rei cun ano de idade, unha serie de rexentes gobernaron no seu nome durante a súa minoría de idade, ata que esta terminou oficialmente en 1578, aínda que non obtivo o verdadeiro control do aparello do Estado ata 1581. En 1603 sucedeu no trono de Inglaterra e Irlanda á última Tudor, Isabel I, que morreu sen descendencia.
A coroa dinamarquesa (en dinamarqués: dansk krone, en feroés: donsk króna, en groenlandés: Danskinut koruuni) é a moeda oficial de Dinamarca, xunto cos territorios dependentes de Groenlandia e as Illas Feroe. A coroa atópase dividida en 100 øre e o seu código ISO 4217 é DKK. Normalmente abréviase como kr.
Referendo estatutario de Cataluña de 2006
O referendo sobre o Estatuto de Autonomía de Cataluña celebrouse o 18 de xuño de 2006 nesa comunidade autónoma con carácter vinculante. O seu obxectivo era decidir a entrada ou non en vigor do novo Estatut aprobado polas Cortes Xerais de España, en sesión do Senado, o 10 de maio de 2006. O referendo de ratificación foi convocado polo presidente da Generalitat de Cataluña, Pasqual Maragall, o 18 de maio de 2006.
Alicia no país das marabillas ou As aventuras de Alicia no País das Marabillas é unha obra literaria creada en 1865 polo matemático, diácono anglicano e escritor británico Charles Lutwidge Dodgson, baixo o pseudónimo Lewis Carroll. O conto explica a historia dunha rapaza chamada Alicia que cae por un buraco e atópase nun mundo de fantasía poblado por criaturas peculiares e antropomorfas. Foi publicada en tradución á lingua galega na Colección Xabarín de Edicións Xerais de Galicia.
Miguel de Cervantes Saavedra, nado en Alcalá de Henares o 29 de setembro de 1547 e finado en Madrid o 23 de abril de 1616, foi un escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de Don Quixote da Mancha, que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Iso deulle o sobrenome de "Príncipe dos Enxeños".
A prefectura de Okinawa (en xaponés: 沖縄県, おきなわけん; okinawano: Uchinā) é a prefectura localizada máis ao sur do Xapón. Consta de 169 illas que forman o arquipélago Ryukyu, nunha cadea de illas de 1000 km de lonxitude, que se estende de suroeste, de Kyūshū ata Taiwán, aínda que as illas máis ao norte fagan parte da prefectura de Kagoshima. A capital de Okinawa, Naha, está localizada na parte meridional da maior e máis poboada illa do arquipélago: Okinawa Honto.
High School Musical é un telefilme musical estadounidense escrito por Peter Barsocchini e dirixido por Kenny Ortega. É o primeiro título da franquía musical High School Musical. Foi descrito como unha adaptación moderna de Romeo e Xulieta, e High School Musical conta a historia de dous adolescentes de instituto que pertencen a dous grupos escolares rivais.
Os Stockton Kings son un equipo profesional de baloncesto estadounidense con sede na cidade de Stockton, California. Compite na NBA G League, a liga de desenvolvemento da National Basketball Associtation, afiliado aos Sacramento Kings. Entre 2008 e 2018 xogou na cidade de Reno, Nevada baixo o nome de Reno Bighorns.
A candorca ou alcandorca, Orcinus orca, é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos (pode chegar a pesar 10 t., e é un poderoso e versátil depredador que pode cazar peixes, pinnípedes como focas, cefalópodos, aves, tartarugas e, cazando en grupo, presas de maior tamaño, como morsas e incluso baleas. Está, polo tanto, no cumio da cadea trófica oceánica.
Os estudios de gravación Abbey Road Studios (chamados EMI Studios ata 1970) están situados na rúa londiniense de Abbey Road. O grupo The Beatles gravou case a totalidade da súa discografía neles e para a portada do álbum Abbey Road decidiron tomar unha fotografía da agrupación mentres cruzaba o paso de peóns situado diante dos estudios. Esta imaxe foi e segue a ser unha das imaxes máis emblemáticas de portadas de álbums.
Christopher John Reuel Tolkien, nado en Leeds, Inglaterra, o 21 de novembro de 1924 e finado en Draguignan o 15 ou 16 de xaneiro de 2020, foi mellor coñecido como o fillo do escritor John Ronald Reuel Tolkien, do que era o segundo fillo máis vello, e mais como o editor da maior parte do traballo do seu pai, publicado de maneira póstuma.
O Imperio luba foi un Estado fundado pola etnia luba en África, no que hoxe é o sur da República Democrática do Congo e o nordeste de Zambia. No século XVIII, data de contacto cos primeiros colonos europeos, o Imperio luba era en realidade unha serie de estados de tamaño pequeno ou mediano que evolucionaran desde unha primitiva cultura upemba do século III. A finais do século XVIII os reinos lubas uníronse baixo un poder central moito máis poderoso, cuo máximo mandatario era o mwata ou mulopwe, por motivos fundamentalmente económicos e de forma pacífica, configurándose como imperio comercial. Durante o reinado de Ilunga Kalala (ca.
Aeroporto de Moscova-Domodedovo
O aeroporto de Moscova-Domodedovo (IATA: DME, ICAO: UUDD) é un aeroporto internacional ruso situado no territorio de Domodedovo, no óblast de Moscova, a 42 km ao sur do centro de Moscova. Domodedovo é un dos tres grandes aeroportos de Moscova, xunto cos de Sheremetyevo e Vnukovo, ademais de ser un dos aeroportos máis grandes de Rusia e da antiga Unión Soviética en termos de tráfico de pasaxeiros e carga. No ano 2015 pasaron polas súas instalacións 30 504 515 pasaxeiros, un 7,7% menos que en 2014, facéndoo o segundo aeroporto máis concorrido de Rusia.
Kim Il-sung (en coreano: 김일성), nado o 15 de abril de 1912 en Mangyŏngdae e finado o 8 de xullo de 1994 en Pyongyang, foi un político comunista norcoreano, gobernante de Corea do Norte dende 1948 ata a súa morte. Ademais, foi tamén secretario xeral do Partido dos Traballadores de Corea. O seu mandato como líder da República Democrática de Corea foi a miúdo descrito como autocrático, estabelecendo un omnipresente culto a súa personalidade.
O DTM 2014 foi a 15ª tempada do Deutsche Tourenwagen Masters. A tempada comezou o 4 de maio no circuíto de Hockenheim e rematou o 19 de outubro no mesmo lugar, tras 10 carreiras. O campión da clasificación de marcas foi Audi, mentres que o campión dos pilotos foi o condutor alemán de BMW, Marco Wittmann.
O Carlos V foi un cruceiro acoirazado da armada española. Tiña unha eslora de 116 metros, manga de 20,42 metros e unha tripulación de 590 homes. Recibiu o seu nome do sacro-emperador Carlos V. Foi construído en Cádiz, e botado o 12 de marzo de 1895 pero non se entregou á armada ata xuño de 1897 e non tivo tempo de participar na Guerra do 98 e formou parte da Escuadra de Reserva.
George Junius Stinney Jr. nado o 21 de outubro de 1929 foi un adolescente afroamericano condenado a morte en xuño de 1944 en Alcolu, Carolina do Sur. Foi executado o 16 de xuño de 1944 aos 14 anos, o que aínda o converte na persoa máis nova que sufriu a pena capital nos Estados Unidos no século XX.A condena de Stinney e o proceso xudicial que levou á súa execución seguen sendo controvertidos, con sospeitas de parcialidade motivada polo racismo.
Un nó é un método de asegurar que se fai cun ou varios obxectos lineares flexíbeis (fío, corda...) e que se aperta tirando dos dous cabos, de maneira que sexa difícil de soltar por si só. Pode consistir nun anaco dun ou máis segmentos de corda, fibra, nailon, fitas e até mesmo correntes entrelazadas de xeito que permiten que a liña se prenda a si mesma ou a algún outro obxecto, a carga. Os nós téñense estudado dende a antigüidade, incluso na matemática: teoría dos nós.
O quilovatio-hora, simbolizado kWh, é unha unidade de enerxía. Equivale á enerxía correspondente a unha potencia dun quilovatio (kW) durante unha hora, que corresponde a 3,6 millóns de joules. O quilovatio hora úsase xeralmente para a facturación da enerxía eléctrica, dado que é máis práctico de utilizar que a unidade de enerxía do Sistema Internacional de Unidades, o joule, o cal corresponde a un vatio por segundo (W·s), que sendo como é unha unidade pequena, obrigaría a empregar cifras grandes.
Le nozze di Figaro é unha opera buffa en catro actos con música de Wolfgang Amadeus Mozart e libreto en italiano de Lorenzo da Ponte, baseado na obra de Pierre-Augustin de Beaumarchais, As vodas de Fígaro. Foi composta entre 1785 e 1786 e estreada en Viena o 1 de maio de 1786 baixo a batuta do propio compositor. Escrita en italiano, é considerada como unha das mellores creacións de Mozart e como unha das óperas máis importantes da historia da música.
Archie Harrison Mountbatten-Windsor, nado en Londres o 6 de maio de 2019, é o primoxénito do príncipe Henrique de Sussex, e de Meghan de Sussex. Ocupa o sétimo lugar na liña de sucesión ao trono británico. Mountbatten-Windsor descende da Familia Real Británica de parte do seu pai e dunha familia de clase traballadora estadounidense do lado da súa nai.
Sub Pop Records é un selo discográfico independente de Seattle, Washington, fundado no ano 1986 por Bruce Pavitt e Jonathan Poneman. Sub Pop fíxose famosa a principios dos anos 90 por ter a bandas como Nirvana, Soundgarden, Mudhoney, artistas centrais no movemento grunge, polo que a miúdo fálase dela por dar os primeiros pasos para a popularización deste xénero.
Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociais
O Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociais (até 2014, denominouse Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociales) é concedido, desde 1981, á persoa, grupo de persoas ou institución cuxo labor creador ou de investigación nos campos da Antropoloxía, Dereito, Economía, Xeografía, Historia, Psicoloxía, Socioloxía e demais Ciencias Sociais represente unha contribución relevante ó desenvolvemento das mesmas en beneficio da Humanidade.
Diamante Medaglia Faini, nada en Savallo o 28 de agosto de 1724 e finada en Salò o 13 de xuño de 1770, foi unha poeta italiana que pertenceu ás academias Accademia degli Agiati (1751), Accademia degli Orditi en Padua, baixo o nome Nisea Corcirense, e Accademia dell'Arcadia en Roma (1757). Foi coñecida polos seus poemas de amor, e tamén compuxo sonetos e madrigais.
A Lei de Obediencia Debida Nº 23.521 foi unha disposición legal ditada na Arxentina o 4 de xuño de 1987, durante o goberno de Raúl Alfonsín, que estableceu unha presunción de iure (ou sexa, que non admite proba en contrario) que os feitos cometidos polos membros das forzas armadas, durante a guerra sucia e o Proceso de Reorganización Nacional, non eran puníbeis por haber actuado en virtude de obediencia debida. Esta norma dictouse para intentar conter o descontento da oficialidade do Exército Arxentino, eximindo aos militares por debaixo do grao de coronel, da responsabilidade nos delitos cometidos baixo mandato castrense. Dese modo, tivo lugar o desprocesamento da maioría dos implicados no terrorismo de Estado.
As neurotrofinas son unha familia de proteínas que inducen a supervivencia, desenvolvemento e funcionamento das neuronas. Pertencen a unha clase de factores de crecemento, proteínas segregadas que son capaces de sinalizar a determinadas células para que sobrevivan, se diferencien ou crezan. Os factores de crecemento como as neurotrofinas que promoven a supervivencia das neuronas son coñecidos como factores neurotróficos.
O peixe piloto (Naucrates ductor) é un peixe cosmopolita e peláxico, perciforme, da familia Carangidae. Acostuma pasar dos 30 centíometros de longo, e pode chegar até os 70 cm, cun corpo alongado con oito bandas verticais negras, cabeza puntiaguda e boca pequena. Ten este nome porque a especie ten o costume de seguir tiburóns, outros peixes grandes, barcos e mesmo obxectos flotantes.
1991: The Year Punk Broke é un documental do ano 1992 dirixido por Dave Markey que amosa a unha serie de bandas estadounidenses de xira por Europa no ano 1991. O documental céntrase no grupo de rock alternativo Sonic Youth, pero tamén lle presta atención a Nirvana, Dinosaur Jr., Babes in Toyland, Gumball e Ramones. Tamén aparecen no filme Mark Arm, Dan Peters e Matt Lukin de Mudhoney, Courtney Love e Joe Cole, roadie de Black Flag e Rollins Band, que foi asasinado nun roubo tres meses despois de que a xira rematase.
Turandot é unha ópera en tres actos con música de Giacomo Puccini e libreto en italiano de Giuseppe Adami e Renato Simoni. A ópera, inconclusa pola morte de Puccini, foi completada por Franco Alfano. Foi estreada o 25 de abril de 1926 no Teatro alla Scala de Milán baixo a batuta de Arturo Toscanini e sen as adicións de Alfano.
Zonia Baber (Mary Arizona Baber), nada en Kansas, condado de Edgar ( Illinois) o 24 de agosto de 1862 e finada o 10 de xaneiro de 1956, foi unha xeógrafa e xeóloga estadounidense coñecida por desenvolver métodos para ensinar xeografía. As súas ensinanzas fixeron fincapé na aprendizaxe experiencial a través do traballo de campo.
O New Basket Brindisi, actualmente coñecido como Happy Casa Brindisi por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Brindisi, Puglia. Fundado en 1992 como sucesor dos equipos de baloncesto da localidade, actualmente compite na Lega Basket Serie A, máxima competición do baloncesto transalpino.
"Man in the Box" é unha canción da banda estadounidense de metal alternativo Alice in Chains. Foi editada como sinxelo en xaneiro de 1991 despois de aparecer no álbum de estrea do grupo Facelift. O tema foi incluído nos recompilatorios Nothing Safe: Best of the Box (1999), Music Bank (1999), Greatest Hits (2001) e The Essential Alice in Chains (2006), e é unha canción xogable no videoxogo Rock Band 2.
Fallout é unha serie de videoxogos de rol publicados orixinalmente por Interplay e, posteriormente, por Bethesda Softworks. Aínda que as tramas dos videoxogos se desenvolven nos séculos 22 e 23, prevalece unha grande influencia da cultura de posguerra desenvolvida nos anos 50 en Norteamérica, así como da combinación de esperanza de progreso tecnolóxico e o medo á aniquilación nuclear. Esta saga adóitase considerar como a secuela non oficial do videoxogo Wasteland, aínda que non tomou ese nome debido a que Electronic Arts posuía os dereitos sobre el e, aínda que con algunhas referencias comúns, os videoxogos situábanse en universos diferentes.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Luisa Victoria de Fátima Franco Iglesias, coñecida como Lis Franco, nada en Caracas en 1965, é unha exfutbolista, xornalista e produtora audiovisual galega. Histórica dianteira do Karbo Deportivo, no que entrou sendo nena e co que conquistou todos os títulos da historia do club, anotando ademais os goles decisivos nas finais da Copa da Raíña de 1981 e 1984. Formou parte da primeira selección española oficial.
A xeoloxía de Galicia é o estudo das formacións rochosas de Galicia, a súa litoloxía, estruturas tectónicas, a historia da súa formación e demais características. En Galicia a maioría das rochas son ígneas e metamórficas e de idade moi antiga, xa que a maioría son paleozoicas e algunhas mesmo precámbricas, e hai menos materiais máis modernos. O territorio galego forma parte do Macizo Ibérico ou Hespérico, que é de orixe herciniana e forma o núcleo de toda a península Ibérica.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
O anófele é un mosquito pertencente ao xénero Anopheles descrito primeiramente e nomeado por J. W. Meigen en 1818. Dentro deste xénero recoñécense unhas 460 especies, das cales unhas 100 poden transmitir a malaria humana, pero soamente son de 30 a 40 as que transmiten comunmente os parasitos do xénero Plasmodium causantes da malaria en persoas que viven en áreas endémicas. A especie Anopheles gambiae é unha das máis coñecidas debido ao seu papel predominante na transmisión da especie de parasitos da malaria máis perigosos para os humanos, o Plasmodium falciparum.
Selección de fútbol de Portugal
A Selección de fútbol de Portugal representa a Portugal e competicións internacionais de fútbol xestionada pola Federación Portuguesa de Fútbol (FPF). A selección estreouse oficialmente o 18 de novembro de 1921 contra Inglaterra, xogo que acabou 2-1 a favor dos ingleses. A estrea de Portugal nun Mundial da FIFA, en 1966, levou á Selección das Quinas até as semifinais, onde sería derrotada pola anfitrioa e futura campioa, Inglaterra.
Sendeiros de gloria (en inglés: Paths of Glory) é un filme antibélico estadounidense do ano 1957, cuxa acción se desenvolve durante a Primeira guerra mundial. Foi dirixido por Stanley Kubrick e protagonizado por Kirk Douglas, está baseado na novela do mesmo nome de Humphrey Cobb, publicada en 1935. En 1992, o filme foi considerado «cultural, histórica e esteticamente significativo» pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e seleccionada para a súa preservación no National Film Registry.
Alfonso Polanco Rebolleda, nado en Palencia o 29 de decembro de 1967, é un político español do Partido Popular, alcalde de Palencia desde xuño de 2011.É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, especializándose como técnico de auditoria e contabilidade do Ministerio de Facenda e traballando como funcionario do Estado. Ocupou diversos cargos técnicos dentro da Xunta de Castela e León.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Saudade de ti é unha serie de televisión estreada en 2022 pola Televisión de Galicia, consta de 60 capítulos na primeira tempada, que foron emitidos entre xullo e setembro de 2022. A primeira tempada foi líder de audiencia na TVG. Foi seguida por máis de 150.000 espectadores cada noite, a primeira elección en horario de máxima audiencia en Galicia.En marzo de 2023 gravábase a segunda tempada en Ares. Foi estreada na TVG o domingo 18 de xuño de 2023, emitíndose os domingos, luns e martes.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.A cidade é o centro da área estatística metropolitana dos Ánxeles-Long Beach-Santa Ana e do Grande os Ánxeles que, segundo o censo de 2010, sumaban unha poboación de 13 e 18 millóns de persoas, respectivamente.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
The Book of Life (filme de 2014)
The Book of Life é un filme estadounidense de 2014 producido por Reel FX Creative Studios e distribuído por 20th Century Fox. Foi coescrito e dirixido por Jorge R. Gutierrez, e foi producido por Aaron Berger, Brad Booker, Guillermo del Toro e Carina Schulze. Está protagonizado polas voces de Diego Luna, Zoe Saldana, Channing Tatum, Christina Applegate, Ice Cube, Ron Perlman e Kate del Castillo.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.