Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O Eurostat (Statistical Office of the European Communities, Oficina estatística das Comunidades Europeas) é a oficina estatística da Comisión Europea, que produce datos sobre a Unión Europea e promove a harmonización dos métodos estatísticos dos estados membros. Dous dos seus papeis particularmente importantes son a produción de datos macroeconómicos que apoian as decisións do Banco Central Europeo na súa política monetaria para o euro, e os seus datos rexionais e a clasificación Nomenclatura das unidades territoriais estatísticas (NUTS), que orientan as políticas estruturais da Unión Europea. O Eurostat é unha das Direccións Xerais da Unión Europea e ten a súa sede en Luxemburgo.
O oshiwambo (ás veces escrito oshivambo) é un conxunto de linguas, estreitamente emparentadas, da familia das linguas bantús, faladas por grupos da etnia dos ovambo no norte de Namibia. Son linguas estreitamente emparentadas co kwanyama, a lingua orixinal de todos os ovambo, e co ndonga. Existen sete variantes ou dialectos de oshiwambo: Oshikwanyama Oshindonga Oshikolonkadhi Oshimbalantu Oshikwaluudhi Oshingangera ShikwambiAs dúas primeiras ensínanse nalgunhas escolas.
O pobo vasco (en éuscaro: Euskaldunak) é un grupo étnico que habita na área tradicionamente coñecida como País Vasco (en éuscaro: Euskal Herria), localizada na zona oeste dos Pireneos e na costa do Golfo de Biscaia, na parte norte de España e o suroeste de Francia. Caracterízanse por teren uha lingua, unha cultura e uns devanceiros comúns, os vascóns e os aquitanos.
Viber é unha aplicación para GNU/Linux, Windows, Mac OS X, iOS, Android, Windows Phone, Blackberry, Nokia, Bada e Firefox que permite ás persoas usuarias realizar chamadas gratuítas de teléfono e enviar mensaxes de texto de balde a calquera persoa que teña a aplicación instalada. Viber funciona en redes 3G, 4G e WiFi. Viber Media é unha empresa con sede en Chipre con centros de desenvolvemento en Belarús e Israel.
A dos pandálidos (Pandalidae) é unha familia de crustáceos decápodos carideos que comprende numerosas especies de camaróns comestíbeis e de alto valor económico. Caracterízanse por teren o carpo do segundo pereiópodo subdividido e, sobre todo, pola falta de pinzas no primeio pereiópodo.É unha familia propia das augas frías, e os seus representaneds en zonas tropicais viven en augas profundas.As súas diferentes especies, como as doutros camaróns, son relativamente abundantes nas augas salgadas e doces de todo o mundo, o cal os converte nun importante recurso pesqueiro e alimenticio. Practicamente, cada país ten receitas e formas particulares para preparar e consumir estes crustáceos.
A das linguas álxicas é unha familia de linguas indíxenas de América do Norte. A maioría delas pertencen á subfamilia das linguas algonquinas, que se falaban desde as Montañas Rochosas até Nova Inglaterra á chegada dos europeos á rexión. Outras linguas álxicas son o yurok e wiyot, do noroeste de California.
Abu-Alí al-Hussain ibn Abd-Al·lah ibn Sina —en turco İbn Sina; en persa ابوعلى سينا (Pur-e Sina fillo de Sina); en árabe أبو علي الحسين بن عبد الله بن سينا, Abū ʿAlī al-Ḥusayn ibn ʿAbd Allāh ibn Sīnā— máis coñecido por Ibn Sina ou sinxelamente como Avicena, nado en Afshana, preto de Bukhara, Gran Khorasán, en 980 e finado en Hamadán en 1037, foi un médico, filósofo, científico polímata persa.Escribiu cerca de catrocentos cincuenta libros sobre diferentes temas, predominantemente de filosofía e medicina. Os seus discípulos chamábano Cheikh el-Raïs, é dicir, 'príncipe dos sabios', ou o máis grande dos médicos, o Mestre por excelencia ou, en fin, o terceiro Mestre (despois de Aristóteles e Al-Farabí). En grego foi chamado Abitianós (Ἀβιτζιανός) e en latín Abitianus, traducido por Abiciá e máis frecuentemente por Avicenna ou Avicena.
O voo 111 de Swissair (IATA: SR111, ICAO: SWR111) era un voo regular de pasaxeiros entre Nova York e Xenebra. O voo tamén tiña un código compartido con Delta Air Lines. O 2 de setembro de 1998 o McDonnell Douglas MD-11 que realizaba ese voo, con rexistro HB-IWF, estrelouse no océano Atlántico ao sueste do Aeroporto Internacional de Halifax na entrada da baía de St.
Windows 98 é un sistema operativo que Microsoft lanzou ao mercado o 25 de xuño de 1998. Basicamente era unha revisión de Windows 95, e como el era híbrido entre os 16 bit e os 32 bit pero máis grande e lento. A primeira versión tivo problemas de compatibilidade e de estabilidade que se traducían en que o ordenador quedábase bloqueado e aparecese unha pantalla azul para indicar un fallo.
A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.
As presentacións son ficheiros que se poden usar para mostrar información visualmente de maneira atractiva diante dun auditorio. Constan de “páxinas”, chamadas diapositivas, que poden incluír texto, imaxes, vídeos, animacións, sons, vínculos etc. Á presentación, especialmente cando se fai utilizando un canón de vídeo, tamén se lle chama “diaporama”.
Roberto Di Benedetto, nado en Noisy-le-Grand (Sena-San Denis, Francia) o 8 de maio de 1997, é un xogador de hóckey a patíns francés, de orixe italiana e galega. Xoga de dianteiro no Benfica, da Primeira División de Portugal. É irmán xemelgo bivitelino de Bruno Di Benedetto e irmán máis novo de Carlo Di Benedetto, ambos tamén xogadores profesionais de hóckey.
Squid Game (en coreano: 오징어게임; Ojingeo Geim) é unha serie de televisión surcoreana de 2021 escrita e dirixida por Hwang Dong-hyuk. A serie, composta de nove episodios, está protagonizada por Lee Jung-jae, Park Hae-soo e Wi Ha-joon, e conta a historia dun grupo de persoas que arriscan as súas vidas nun misterioso xogo de supervivencia cun premio de 45,6 billóns de wons. Estreouse internacionalmente o 17 de setembro de 2021 a través de Netflix.
Museo de Nova Zelandia Te Papa Tongarewa
O Museo de Nova Zelandia Te Papa Tongarewa, máis coñecido como Te Papa, é un museo nacional de Nova Zelandia que se atopa na cidade de Wellington. Trátase dun museo que mantén unha proposta de integración e traballo multidisciplinar.
Saul fia é un filme húngaro dramático dirixido por László Nemes e co-escrito por Nemes e Clara Royer que foi estreado no 2015. Está ambientado no campo de concentraciónde Auschwitz durante a segunda guerra mundial, e segue un día e medio da vida de Saul Ausländer (interpretado por Géza Röhrig), un húngaro membro do Sonderkommando.Foi estreado no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2015, onde gañou o Grand Prix. Tamén foi estreado na sección de Presentacións Especiais do Festival Internacional de Cinema de Toronto.
Bakesale é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Sebadoh, publicado o 23 de agosto de 1994 a través do selo Sub Pop Records. É o primeiro disco de Sebadoh lanzado tras a marcha do membro fundador Eric Gaffney, aínda que gravou a batería en catro dos temas do traballo nunha sesión con Bob Weston como enxeñeiro. Tara Jane O'Neil colaborou coa batería en tres cancións.
O NSSDC ID, tamén chamado International Designator (designador internacional) e designación COSPAR, é unha convención internacional para nomear satélites. Consiste no ano de lanzamento, un número incremental de lanzamento de tres cifras para ese ano e un código de tres letras que representa o identificador secuencial dunha peza no lanzamento. Por exemplo, 1957-001A é o vehículo de lanzamento do Sputnik 1 e 1957-001B representa ó propio satélite.
Colonia Copia Claudia Augusta Lugdunum (a moderna Lión, Francia) foi unha importante cidade romana na Galia, establecida no actual sitio de Lión. A cidade fundouse no 43 a.C. por Lucius Munatius Plancus. Serviu como capital da provincia romana de Gallia Lugdunensis e foi unha cidade importante na metade occidental do Imperio Romano durante séculos.
Unha campá ou sino é un instrumento que consiste nunha peza oca xeralmente de bronce con forma aproximada de cono sen vértice que ao ser golpeado polo badalo que ten no interior ou por un martelo exterior produce un son máis ou menos grave ou agudo dependendo do seu tamaño. É un instrumento de percusión e un idiófono. O instrumento de percusión pode ser unha lingueta suspensa dentro do sino, (chamada badalo se interna é martelo se externa), dunha esfera pequena, libre, incluída dentro do corpo do sino, ou dun mallo separado.
A dos prociónidos (Procyonidae) é unha familia de mamíferos da orde dos carnívoros que inclúe os mapaches e os coatís, entre outros. No presente distribúense polo continente americano, desde o sur do Canadá até o norte da Arxentina, sendo por tanto a familia un representante exclusivo do Novo Mundo. Son os parentes máis achegados aos mustélidos.
A neuse é un método de construción xeométrica, no que se emprega unha regra na que se marca unha distancia que debe encaixarse entre dúas curvas, e que ademais debe pasar por un punto dado. Foi utilizado na antigüidade por matemáticos gregos, aínda que era considerado un recurso atípico que só se debía empregar para abordar determinados problemas cuxa resolución non parecía posible usando exclusivamente regra e compás (nos que non se admite valerse dunha regra cunha marca de distancia).
Cando foi poboada orixinalmente, Nova Zelandia foi dividida en provincias. Estas foron abolidas en 1876 para que o goberno puidese ser centralizado, por motivos financeiros. En resultado, a Nova Zelandia non posúe ningunha entidade subnacional como provincia, estado ou territorio, máis aló do goberno local.
Nishinomiya (西宮市, にしのみやし, Nishinomiya-shi) é un concello da prefectura de Hyōgo no Xapón. Está situado no centro da rexión de Kinki e ó leste da prefectura, na zona oeste da provincia histórica de Settsu. Ten 99,96 km² de superficie, unha poboación de 479.192 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 4.790 h/km².
C++ (pronunciado "ce máis máis" ou "ce plus plus") é unha linguaxe de programación deseñada a mediados dos 80 por Bjarne Stroustrup como extensión da linguaxe de programación C. É unha linguaxe híbrida que se pode compilar. Resulta máis sinxela de aprender para os programadores que xa coñecen C. Actualmente existe un estándar para a linguaxe denominado ISO C++, ao que se adheriron a maioría dos fabricantes de compiladores máis modernos. Existen tamén algúns intérpretes como ROOT. As principais características de C++ son o soporte para programación orientada a obxectos (herdanza, polimorfismo, abstracción, encapsulación) e o soporte para modelos de programación xenérica ("templates").
Un videoxogo para un xogador, (single-player en inglés) é aquel que ten entrada para un único xogador . Os videoxogos máis temperáns, como Tennis for Two, eran para dous xogadores, os xogos para un único xogador gañan popularidade pouco despois con títulos como Speed Race e Space Invaders. A primeiros dos 90 presentáronse moitos xogos que utilizaron redes de área local para modos de multixogador, Doom é un exemplo notábel destes.
Amputechture é o terceiro álbum de estudio de The Mars Volta, editado o 12 de setembro do 2006. Foi gravado entre Os Ánxeles, El Paso e Melbourne, e está producido por Omar Rodriguez-Lopez e mesturado por Rich Costey. Amputechture conta coa colaboración dunha ducia de artistas, entre os que se atopa o guitarrista de Red Hot Chili Peppers John Frusciante, que toca en todos os temas menos "Asilos Magdalena".
James Patrick Mallory, nado en Belfast en 1945, é un arqueólogo estadounidense de orixe irlandesa. Mallory é profesor emérito da Queen's University of Belfast, é membro da Real Academia Irlandesa e editor da Journal of Indo-European Studies (‘Revista de estudos indoeuropeos’) e de Emania: Bulletin of the Navan Research Group (‘Boletín do grupo de investigación en Navan’), en Belfast.
A violencia (do Lat. violentia) é un comportamento deliberado que resulta, ou pode resultar, en danos físicos ou psicolóxicos a outros seres humanos, ou máis comunmente a outros animais ou cousas (vandalismo) e adoita asociarse, aínda que non necesariamente, coa agresión, xa que tamén pode ser psicolóxica ou emocional, a través de ameazas ou ofensas. Algunhas formas de violencia son sancionadas pola lei, son crimes, ou reprobadas pola sociedade.
Columbia Records é un selo discográfico estadounidense, pertencente a Sony Music Entertainment, e operado como parte do Columbia/Epic Label Group. Fundouse en 1888, evolucionando dunha empresa anterior, a American Graphophone Company (sucesora da Volta Graphophone Company). Columbia é a marca máis antiga de son pre-gravado, sendo a primeira compañía discográfica en producir discos pre-gravados en oposición aos cilindros.
Johann Pachelbel, nado en Nuremberg, bautizado o 1 de setembro de 1653 e finado na mesma cidade o 3 de marzo de 1706, foi un destacado organista, clavicembalista e compositor. Foi un dos máis importantes músicos da xeración anterior a Johann Sebastian Bach. Entre as súas numerosas composicións destaca o célebre Canon en re maior, escrito para tres violíns e baixo continuo, obra que foi obxecto de numerosas gravacións e versións.
Tamarit de Llitera (en castelán: Tamarite de Litera, as dúas denominacións cooficiais) é unha localidade e un concello da provincia de Huesca, capital histórico-cultural da comarca de La Llitera, que ocupa unha superficie de 110,6 km². A súa poboación é de 3.867 habitantes. Tamarite está localizada na Franxa de Aragón, a faixa de territorio de fala catalá, na súa variedade occidental.
Un grao sesaxesimal, ou sexaxesimal, corresponde a un ángulo central subtendido por un arco de lonxitude 1/360 de circunferencia, a nonaxésima parte dun ángulo recto. Non se debe confundir co grao centesimal. Chamado comunmente simplemente grao, de símbolo, °, é orixinario da civilización babilónica.
A candorca ou alcandorca, (Orcinus orca) é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos, e pode chegar a pesar 10 t. É un poderoso e versátil depredador que pode cazar peixes, pinnípedes como focas, cefalópodos, aves e tartarugas.
Unha galaxia é un sistema de estrelas, restos estelares, gases interestelares, po cósmico e materia escura ligados gravitacionalmente entre si. O termo "galaxia" provén do latín galaxĭas, que deriva do grego galaxías γαλαξίας, que significa literalmente 'leitoso', en referencia á Vía Láctea. As galaxias poden variar en tamaño dende as ananas que conteñen uns poucos miles (103) de estrelas ata as xigantes que poden chegar a ter un trillón (1014) de estrelas, con cada unha destas orbitando o centro de masa da galaxia.
Os anófeles son os mosquitos pertencentes ao xénero Anopheles, descrito primeiramente e nomeado por J. W. Meigen en 1818. Dentro deste xénero recoñécense unhas 460 especies, das cales unhas 100 poden transmitir a malaria humana, pero soamente son de 30 a 40 as que transmiten comunmente os parasitos do xénero Plasmodium causantes da malaria en persoas que viven en áreas endémicas. A especie Anopheles gambiae é unha das máis coñecidas debido ao seu papel predominante na transmisión da especie de parasitos da malaria máis perigosos para os humanos, o Plasmodium falciparum.
Un foguete sonda é foguete deseñado para levar instrumentos a bordo e facer medicións e experimentos científicos durante voos suborbitais. A altura típica que alcanzan os foguetes sonda está entre 48 e 145 km, que é a altura intermedia entre á que traballan os globos sonda e os satélites artificiais. A altura máxima á que poden chegar os globos é duns 40 km e a mínima dos satélites uns 120 km.
José Roberto Gama de Oliveira, coñecido como Bebeto, nado en Salvador o 16 de febreiro de 1964, é un exfutbolista e político brasileiro. Considerado un dos mellores dianteiros da historia do seu país, foi un prolífico goleador, autor de preto de 400 goles en partidos oficiais. Xogou en tres dos catro grandes equipos do Río de Xaneiro (Flamengo, Vasco da Gama e Botafogo) e destacou tamén no Deportivo da Coruña, sendo o quinto máximo goleador histórico do club galego e un dos seus maiores ídolos.
O funcionario público é aquel traballador que desempeña funcións nun organismo do Estado, que pode representar a calquera poder público que exista, xa sexa o lexislativo, o executivo ou o xudicial. Habitualmente estes organismos son o Goberno, o Congreso o Parlamento, os tribunais, a Administración pública e, en xeral, todos aqueles organismos que non pertenzan ao sector privado.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
O butanol (tamén chamado alcohol butílico) é un alcohol de catro carbonos coa fórmula C4H9OH, que pode aparecer en cinco estruturas isómeras (catro delas isómeros estruturais), que van desde un alcohol primario de cadea recta ata un alcohol terciario de cadea ramificada; todos os cales están formados por un grupo butilo ou isobutilo ligado ao grupo hidroxilo (ás veces representado como BuOH, n-BuOH, i-BuOH, e t-BuOH). Estes son: n-butanol, estereoisómeros R e S no carbono 2 do sec-butanol, isobutanol e tert-butanol. O butanol é utilizado principalmente como solvente e como intermediario na síntese química, e pode utilizarse como combustible.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
María Isabel Pantoja Martín, nada en Sevilla o 2 de agosto de 1956, é unha cantante española, destacada no xénero musical da copla. Traballou esporadicamente como actriz, nun par de películas. En 2007, a discográfica Sony Music entregou á cantante 40 discos de platino por máis de 4 millóns de álbums.