Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
José Roberto Gama de Oliveira, coñecido como Bebeto, nado en Salvador o 16 de febreiro de 1964, é un exfutbolista e político brasileiro. Considerado un dos mellores dianteiros da historia do seu país, foi un prolífico goleador, autor de preto de 400 goles en partidos oficiais. Xogou en tres dos catro grandes equipos do Río de Xaneiro (Flamengo, Vasco da Gama e Botafogo) e destacou tamén no Deportivo da Coruña, sendo o quinto máximo goleador histórico do club galego e un dos seus maiores ídolos.
Unha montaña é un accidente xeográfico, unha elevación sobre o terreo lindeiro formada normalmente a partir de sinclinais e erosión. A unha secuencia de montañas chámase cordilleira. Unha montaña ten unha altitude bastante superior a un outeiro, aínda que non exista unha altitude específica para esa diferenciación.
Unha multa (do latín multa, ae) ou pena pecuniaria é a imposición administrativa ou penal que consiste nun pagamento en cartos, por veces expresada en días de sanción (cando o seu pagamento redime a reclusión polo número correspondente de días). Denomínase multa coercitiva á que se reitera en prazos determinados se non se paga. Unha vez resolto o acto administrativo que establece unha obriga persoal fronte ao incuprimento por parte da persoa obrigada, a administración pode tomar diversas medidas: execución subsidiaria, multa coercitiva, compulsión sobre as persoas, e a máis xeral e empregada: o constrinximento sobre o patrimonio.
Os ártabros ou arrotrebos (en latín: Artabri ou Arrotrebae) eran unha tribo de orixe celta asentada na Gallaecia lucense ó noroeste da península Ibérica. Eran os poboadores da zona que comprende a ría da Coruña e a ría de Ferrol ata a chegada de Xulio César no ano 62 a. C. Segundo o historiador Benito Vicetto o fundador dos ártabros sería Artai, o primoxénito de Breogán.Segundo Luís Monteagudo estaban formado por tres subtribos nas que se contan os brigantinos, os lapatiancos e os nerios.
Saintonge é unha antiga provincia francesa cuxos límites foron mudando co paso do tempo. Duntante a Antigüidade foi parte da provincia romana de Aquitania, sendo Saintes a primeira capital deste vasto territorio. Máis tarde integrouse sucesivamente no patrimonio dos reis e duques da Aquitania, dos condes do Anjou e dos condes de Poitiers, para se acabar integrando de novo no Ducado da Aquitania durante varios séculos.
O MeV/c2 (mega electrón volt partido por c cadrado) é unha unidade de masa derivada do eV, usada en física atómica e de partículas. A súa posibilidade é debida á equivalencia masa-enerxía. O seu valor ven dado por: 1 MeV / c 2 = ( 1.602 176 634 × 10 − 19 C ) ⋅ 1 × 10 6 V ( 2.99 792 458 × 10 8 m / s ) 2 = 1.782 661 92 × 10 − 30 kg .
A masa é unha propiedade dos obxectos físicos que, basicamente, mide a cantidade de materia. É un concepto central na mecánica clásica e disciplinas afíns, expresando a magnitude que, para un corpo determinado, indica a proporción entre forza e aceleración. No Sistema Internacional de Unidades mídese en quilogramos.
O Sistema Wettstein, ou sistema de clasificación das plantas de Wettstein, é un sistema de casificación sistametica de Botánica creado por Richard Wettstein e dado a coñecer a partir do ano 1901, e que foi rematado polo seu fillo F. Wettstein en 1935, no que se recoñecen os seguintes grupos principais:
Hypertext Transfer Protocol Secure
Hypertext Transfer Protocol Secure, que en galego sería Protocolo seguro de transferencia de hipertexto, máis coñecido polas súas siglas HTTPS, é un protocolo de aplicación baseado no protocolo HTTP, destinado á transferencia segura de datos de hipertexto, é dicir, é a versión segura de HTTP. É utilizado principalmente por entidades bancarias, tendas en liña, e calquera tipo de servizo que requira o envío de datos persoais ou contrasinais.
Anne Bradstreet (de soltera Dudley), nada en Northampton o 20 de marzo de 1612 e finada en North Andover, Massachusetts, o 16 de setembro de 1672, foi a máis destacada das primeiras poetas inglesas de Norteamérica e a primeira escritora das colonias norteamericanas de Inglaterra que se publicou. Foi a primeira figura puritana da literatura estadounidense e salientou polo seu amplo corpus de poesía, así como por escritos persoais publicados postumamente. Nacida nunha acomodada familia puritana en Northampton, Inglaterra, Bradstreet era unha estudosa e gran lectora, afectada especialmente polas obras de Du Bartas.
"I Wanna Be Where You Are" é unha canción escrita por Arthur "T-Boy" Ross e Leon Ware para o artista Michael Jackson, quen a levou ó número 7 na Cash Box e ó número 16 na Billboard Hot 100. Tamén acadou o número 2 nas listas musicais de R&B dos Estados Unidos en 1972. Foi o seu terceiro éxito da súa carreira en solitario con Motown.
Patrimonio da Humanidade en Laos
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.
O enduro (do inglés endurance, "resistencia") é unha disciplina deportiva motociclista principalmente de fóra de asfalto, aínda que tamén pode discorrer en parte por estradas, rúas ou circuítos asfaltados. Unha competición de enduro inclúe varias probas complementarias que computan para o resultado global, como a «crono» ou tramo cronometrado ou a proba de aceleración sobre asfalto, pero a proba principal é a de regularidade contra o reloxo, que consiste en percorrer un itinerario longo por todo tipo de terreos nun tempo predefinido, con controis estritos de etapa nos que hai que selar a tarxeta de paso no minuto indicado, e onde o piloto recibe unha penalización se chega tarde ou antes de hora. O enduro practícase nos cinco continentes, e é moi popular en Cataluña, Italia, Alemaña, o Reino Unido, Francia, Centroeuropa e Escandinavia principalmente, aínda que tamén nos Estados Unidos, Australia ou o Xapón.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km).
O Mar dos Argazos (ás veces citado como Mar dos Sargasos ou Mar dos Sargazos), é unha rexión do océano Atlántico setentrional que se estende entre os meridianos 70º e 40º O e os paralelos 25º a 35º N, e que nos séculos XVII ó XVIII tivo a tétrica fama de ser lugar de cemiterio de buques de navegación a vela. Abrangue parte do sector chamado Triángulo das Bermudas.
Katsushika Hokusai (葛飾 北斎), nado no distrito de Honjō o 12 de outubro de 1760 e finado en Toquio o 10 de maio de 1849, coñecido simplemente co nome de Hokusai (北斎), foi un pintor, debuxante especialista de ’ukiyo-e, gravador e autor de escritos populares xaponeses do período Edo. É un dos principais artistas desta escola coñecida como «pinturas do mundo flotante». . A súa obra influíu en numerosos artistas europeos, especialmente en Gauguin e Van Gogh.
O RMS Titanic (en inglés: Royal Mail Steamship Titanic) foi un transatlántico construído en Irlanda do Norte, que afundiu na súa viaxe inaugural a través do océano Atlántico Norte ao colidir cun iceberg a noite do 14 ao 15 de abril de 1912 na viaxe a Nova York. Finaron máis de 1500 persoas e recolléronse soamente uns 300 corpos do mar. Considérase popularmente a maior traxedia naval dun só buque da historia, aínda que outros afundimentos producisen máis vítimas, coma os do Steuben (4500) ou o KS Wilhelm Gustloff (7000).
Enténdese por lexislatura o período de tempo que transcorre entre eleccións políticas, e correspóndese co mandato no que os órganos lexisladores (Cámara alta ou Cámara dos senadores e/ou Cámara baixa ou Cámara dos deputados) exercen as súas funcións. No Parlamento de España e nos de todas as súas comunidades autónomas as lexislaturas teñen unha duración ordinaria máxima de catro anos. Cabe dicir o mesmo no que respecta ás eleccións das administracións locais.
Unha serie de animación é un conxunto de episodios animados cun título común, polo xeral relacionados entre si. Estes episodios normalmente comparten os mesmos personaxes principais, algúns personaxes secundarios diferentes e un tema básico. As series poden ter un número finito de episodios como unha miniserie, un final definido ou ser de final aberto, sen un número predeterminado de episodios.
O Gran Belt, en danés, «Storebælt», que en galego significa gran cinto, é o maior do tres estreitos que conectan o estreito do Kattegat (mar do Norte) co mar Báltico, sendo os outros dous o Pequeno Belt e o Øresund, coñecidos estreitos dinamarqueses. O Gran Belt está localizado entre as principais illas danesas de Selandia e Fyn. Desde 1998 as illas están conectadas pola Ponte de Oresund, un prodixio da enxeñaría moderna.
Os macropódidos (Macropodidae) son unha familia de mamíferos marsupiais da orde dos diprotodontes composta por un gran número de xéneros. Inclúe ós canguros, ualabís e especies afíns. O termo "canguro" úsase no senso amplo para todo o grupo, aínda que é máis frecuente o seu uso para as meirandes especies.
O Bisons Loimaa (até 2011 chamado Loimaan Korikonkarit, abreviado LoKoKo), é un club de baloncesto profesional finés da cidade de Loimaa, Finlandia Propia. O club foi fundado en 1964 e na tempada 2023-24 competirá na máxima categoría do baloncesto finlandés, a Korisliiga, da cal posúe dous campionatos. Os Bisons teñen competido en competicións europeas, así como na VTB United League, unha liga internacional integrada principalmente por equipos rusos.
Fifty Foot Hose é unha banda de rock psicodélico formada en San Francisco a finais da década de 1960 e reformada a mediados da década de 1990. Foi un dos primeiros grupos en fusionar o rock e a música experimental. Como outras poucas bandas da época (sobre todo nos Estados Unidos), trataron de combinar os sons contemporáneos do rock con instrumentos electrónicos e ideas compositivas de vangarda.
Xogos Olímpicos de Inverno de 2006
Os Xogos Olímpicos de Inverno de 2006 (en italiano: XX Giochi olimpici invernali) foron un evento deportivo de inverno e internacional que se celebrou dende o 10 até o 26 de febreiro de 2006 en Turín, no Piemonte, Italia. Esta foi a segunda vez que Italia era sede dos Xogos Olímpicos de Inveno¡, sendo a primeira en 1956 en Cortina d'Ampezzo. Italia tamén foi a sede dos Xogos de Verán en 1960 en Roma.
Os Xogos Olímpicos de Pequín 2008 (oficialmente denominados Xogos da XXIX Olimpíada) tiveron lugar na cidade de Pequín, capital da República Popular da China, entre o 8 e o 24 de agosto de 2008, aínda que o torneo de fútbol comenzou dous días antes, o 6 de agosto. Ao concluír o evento, leváronse a cabo na mesma cidade os XIII Xogos Paralímpicos, entre o 6 e o 17 de setembro. O evento deportivo contou con 302 probas en 28 deportes nas que, segundo estimacións, participaron uns 10 500 atletas de 204 países.
Neste artigo fálase da construción. Para outros significados, véxase Ponte (homónimos).Unha ponte ( pronunciación ) é unha construción, normalmente artificial, que se precisa para salvar un accidente xeográfico, por exemplo un río ou un canón. Permiten, polo tanto, o paso sobre o obstáculo natural ou artificial, de persoas, automóbiles, trens, canalizacións ou condutos de auga (acuedutos).
A inanición é un grave trastorno da saúde, consecuencia da insuficiencia prolongada de alimentación. Caracterízase pola perda estrema de peso, diminución da taxa metabólica e debilidade estrema. Algunhas persoas que sofren de anorexia chegan a este estado, que pode desembocar na morte por insuficiencia alimentaria.
Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (en inglés: Academy of Motion Picture Arts and Sciences, abreviada como AMPAS) é unha organización profesional norteamericana dedicada ó progreso das artes e das ciencias da cinematografía. Foi fundada o 11 de maio de 1927 en California. A Academia está composta por 6.000 profesionais do mundo do cinema.
Os Premios Zapping son o recoñecemento máis directo do público catalán á programación e aos profesionais da televisión española. A diferenza doutros recoñecementos, os Zapping premian a calidade dos programas, deixando de lado os índices de audiencia. Os socios de Teleespectadors Associats de Catalunya (TAC) son os que elixen aos finalistas de cada categoría e un xurado decide co seu voto aos gañadores.
No legendarium de J. R. R. Tolkien, as Ered Nimrais (Montañas Brancas en sindarin) ou Montañas do Corno Branco son unha gran cadea montañosa ficticia da Terra Media que transcorre do oeste para o leste entre Gondor e Rohan, ó sur de Hithaeglir. Ten unha lonxitude de polo menos novecentos quilómetros, xa que nace a carón do río Anduin e chega case até o mar.
A National Portrait Gallery (en galego: Galería Nacional de Retratos) é un dos museos máis famosos de Londres. Non debe confundirse coa National Portrait Gallery de Washington, Estados Unidos. A súa colección está formada por retratos de personaxes destacados da historia; o edificio está construído xusto detrás da National Gallery.
O Gran Premio Seumas McNally é o principal premio outorgado no Independent Games Festival, evento anual que ten lugar durante a Game Developers Conference. O premio leva o nome do programador Seumas McNally (1979–2000), fundador da compañía de videoxogos independente Longbow Digital Arts que faleceu por mor dun linfoma de Hodgkin pouco tempo despois de recibir o premio no ano 2000 polo xogo Tread Marks. O premio inclúe unha cantidade en metálico de 30 000 dólares.Ata a edición de 2016 houbo 19 videoxogos que recibiron o premio, con máis de 50 seleccionados como finalistas.
A candorca ou alcandorca, (Orcinus orca) é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos, e pode chegar a pesar 10 t. Poderoso e versátil depredador, pode cazar peixes, pinnípedes, cefalópodos, aves e tartarugas.
O 2-butanol, butan-2-ol ou sec-butanol é un composto orgánico coa fórmula CH3CH(OH)CH2CH3. Os seus isómeros estruturais son os seguintes: 1-butanol, isobutanol e ter-butanol. O 2-butanol é un composto quiral e pode formar dous estereoisómeros, R e S, designados como (R)-(−)-butan-2-ol e (S)-(+)-butan-2-ol.
O isobutanol (IUPAC: 2-metilpropan-1-ol) é un composto orgánico coa fórmula (CH3)2CHCH2OH (ás veces simbolizado como i-BuOH). Este líquido incoloro e inflamable cun cheiro característico utilízase principalmente como solvente xa sexa directamente ou en forma de éster. Os seus isómeros son o 1-butanol, 2-butanol e ter-butanol, todos os cales son importantes industrialmente.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A filosofía da ciencia é a parte da filosofía que estuda os fundamentos, presupostos e implicacións filosóficas da ciencia, incluíndo as ciencias naturais como física e bioloxía, e as ciencias sociais, como psicoloxía e economía. Neste sentido, a filosofía da ciencia está intimamente relacionada á epistemoloxía e á ontoloxía. Procura explicar cousas como: A natureza das afirmacións e conceptos científicos.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Rusia (en ruso: Россия, transliteración: Rossiia), oficialmente Federación Rusa (en ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangel. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sakhalin, as illas Kuriles e as illas do Comandante.
O alcohol ter-butílico ou ter-butanol é o alcohol terciario máis simple, coa fórmula (CH3)3COH (ás veces simbolizado como t-BuOH). Os seus isómeros son o 1-butanol, o isobutanol e o butan-2-ol. O alcohol ter-butílico é un sólido incoloro, que funde a temperaturas moderadas e ten un cheiro parecido ao alcanfor.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.