Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Julio Antonio Mato Pazos, coñecido como Matito, nado en Barro, Noia, o 2 de maio de 1937, é un exfutbolista galego. Xogaba como dianteiro e chegou a actuar en varios equipos da Primeira División. Militou entre outros no Ourense, no Betis, no Oviedo e no Compostela, e deixou o fútbol federado en 2014, aos 77 anos de idade, despois de varias décadas xogando na categoría de veteranos.
Coímbra (en portugués Coimbra) é unha cidade portuguesa, capital do Distrito de Coímbra, situada na rexión Centro e subrexión do Baixo Mondego, con preto de 106 800 habitantes. A pouco máis de 200 km de Lisboa e a 100 km do Porto, está bañada polo río Mondego. Foi capital nacional da cultura en 2003.
Broken Sword: The Sleeping Dragon
Broken Sword: The Sleeping Dragon é un videoxogo lanzado para Windows, Xbox e PlayStation 2 no 2003, mentres que para o Xapón, a versión de PlayStation 2 (lanzado só en Europa e no Xapón) foi estreado en setembro de 2004. Foi proposta unha versión para Nintendo GameCube, pero acabou sendo cancelada. É a terceira entrega da serie de videoxogos Broken Sword, lanzado seis anos despois do anterior título, The Smoking Mirror.
O Mikkelin Jukurit ou simplemente Jukurit, é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Mikkeli (Finlandia). O club foi fundado en 1970 e dende a tempada 2016-17 compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a Liiga. Anteriormente competiu na segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, a liga Mestis, onde dende a súa fundación no ano 2000 se mantivo nos postos de cabeza, gañando a competición en cinco ocasións (2001, 2002, 2003, 2006, 2013), quedando segundo en tres (2004, 2007, 2011), e terceiro nunha ocasión (2008).
José Roberto Gama de Oliveira, coñecido como Bebeto, nado en Salvador o 16 de febreiro de 1964, é un exfutbolista e político brasileiro. Considerado un dos mellores dianteiros da historia do seu país, foi un prolífico goleador, autor de preto de 400 goles en partidos oficiais. Xogou en tres dos catro grandes equipos do Río de Xaneiro (Flamengo, Vasco da Gama e Botafogo) e destacou tamén no Deportivo da Coruña, sendo o quinto máximo goleador histórico do club galego e un dos seus maiores ídolos.
O ornitorrinco (Ornithorhynchus anatinus), do grego: ornitho, ave + rhynchus, bico; e do latín: anati, pato + inus, semellante a: "con bico de ave, semellante a pato") é un mamífero semi-acuático endémico da parte leste de Australia e a illa de Tasmania. É o único representante vivo da familia dos ornitorrínquidos e a única especie do xénero Ornithorhynchus. É un dos catro representantes, xunto coas equidnas, da arcaica orde dos monotremas, os únicos mamíferos que poñen ovos no canto de dar á luz crías vivas, a especie é monotípica.
John Paul Henry Daniel Richard Grimes e Edward Peter Anthony Kevin Patrick Grimes, nados en Dublín, Irlanda o 16 de outubro, 1991, son un dúo irlandés de música pop. Son dous irmáns xemelgos que cantan baixo o nome de Jedward. En 2009 apareceron na sexta tempada de The X Factor (Reino Unido) cos seus nomes reais John & Edward gañando unha gran popularidade e quedando en sexto lugar.
Nova York (en inglés: New York; /njuːˈjɔɹk/ ) é a principal cidade do Estado de Nova York e dos Estados Unidos de América. Foi construída a partir dunha pequena colonia na illa de Manhattan, nos seus comezos holandesa co nome de Nova Ámsterdan, que pasou logo a mans inglesas. Cos seus oito millóns de habitantes, que chegan aos 18,7 millóns na súa área metropolitana, a rexión metropolitana de Nova York é facilmente a maior dos Estados Unidos de América, e a segunda máis populosa da América do Norte (despois da Cidade de México).
Shenzhen Airlines (chinés: 深圳航空; pinyin: Shēnzhèn Hángkōng) é unha aeroliña chinesa con sede no aeroporto de Shenzhen-Bao'an no distrito de Bao'an de Shenzhen, Guangdong. É membro da alianza de aeroliñas Star Alliance dende 2012, e no presente é unha das dúas aeroliñas chinesas en pertencer a ela xunto con Air China.A aeroliña opera un total de 137 rutas domésticas en 58 aeroportos chineses, ademais de 9 rutas internacionais. No ano 2010 a aeroliña transportou 16,5 millóns de pasaxeiros, un 9% máis que o ano anterior.
Unha tarxeta intelixente (smart card), ou cartón intelixente, ou tarxeta con circuíto integrado (TCI), é unha tarxeta ou cartón que inclúe un chip no que se pode almacenar información. Aínda que existe un amplo rango de tarxetas dispoñibles, as tarxetas intelixentes divídense en dous grandes grupos: as que contan con memoria, e as que ademais de memoria teñen procesador. Normalmente, as tarxetas intelixentes que non van embebidas en dispositivos, teñen o aspecto e as dimensións dunha tarxeta de crédito.
Unterhaltungssoftware Selbstkontrolle
Unterhaltungssoftware Selbstkontrolle, traducido como Autocontrol no Software de Entretemento e abreviado comunmente como USK, é unha organización de clasificación de videoxogos en Alemaña.
Unha asemblea é unha reunión onde afectados por un determinado asunto ou membros dunha organización opinan ou deciden sobre un tema directamente e sen representantes (democracia directa), ou ben son representantes doutras persoas os que debaten e deciden (democracia indirecta). No primeiro tipo de asembleas adoita tomarse a decisión por consenso para acadar acordos mínimos aceptables para tódolos implicados, e reservarse as votacións para os casos nos que non hai acordo posible. En moitas organizacións a asemblea é un órgano político que toma decisións.
Unha estanza é unha estrofa de orixe italiana propia da canción e cuxa estrutura foi fixada por Dante e Petrarca. Está formada por un número variable de versos heptasílabos e hendecasílabos e presenta rima consonante. Moitas estanzas axústanse ao esquema seguinte: capo ou fronte (dous conxuntos de tres versos cada un unidos pola rima), corpo (verso heptasílabo que rima co último da fronte e no que está o verso de volta), sirima (conxunto de varios versos que inclúe o verso de volta a modo de enlace e introducen rimas novas), e coda (pareado final).
Eve Kosofsky Sedgwick, nada o 2 de maio de 1950 e finada o 12 de abril de 2009, foi unha pensadora feminista de Estados Unidos, especializada nos campos dos estudos de xénero, teoría queer (estudos queer) e teoría crítica. Influenciada por Michel Foucault, Judith Butler, o feminismo, a psicanálise e o deconstrutivismo, os seus traballos reflicten un constante interese nun amplo abano de temas e asuntos, incluíndo a performatividade e a performance queer; a escritura crítica experimental; os traballos de Marcel Proust; a psicanálise non lacaniana.
A 87ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2014 dos Estados Unidos de América e celebrouse o 22 de febreiro de 2015 no Dolby Theatre en Hollywood, California. Durante a cerimonia, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. O evento foi televisado nos Estados Unidos pola canle ABC, e foi producido por Neil Meron e Craig Zadan e dirixido por Hamish Hamilton.
O Millennium Centar (ou Millennium Hall) é un pavillón deportivo é un centro de negocios situado na cidade de Vršac, Serbia, na provincia de Voivodina. O Millennium Center acolleu algúns encontros do Eurobasket 2005 durante o mes de setembro. A súa capacidade é de 5.000 espectadores e o equipo local de baloncesto, o KK Vršac, xoga nel os seus encontros.
Tombouctou (en francés Tombouctou e na lingua Koyra Chiini Tumbutu; ás veces escrita Timbuktu) é unha cidade da rexión de Tombouctou, en Malí. Foi o centro intelectual e espiritual que favoreceu o espallamento do islam en África nos séculos XV e XVI. É a sede da prestixiosa Universidade Sankore, ademais doutras madrasas. As tres grandes mesquitas, Djingareyber, Sankore e Sidi Yahya, son os maiores expoñentes da idade dourada de Tombouctou, e aínda que foron restauradas en varias ocasións na actualidade corren risco de desertización.
A identificación do posmodernismo en filosofía e cultura como unha entidade distinta do modernismo, e o esclarecemento dos vínculos entrambos, é unha cuestión aínda aberta na teoría contemporánea. A crítica das nocións lineais da historia levou os seus partidarios a definir como posmodernos autores do século XIX; sobre todo Friedrich Nietzsche; e aínda da Antigüidade clásica; Protágoras, Gorxias, Isócrates e outros sofistas. Este artigo examinará brevemente os precursores, pero concentrarase na produción teórica relacionada de maneira máis ou menos directa coa crise do estruturalismo nos anos 1960.
Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro. Dende 2019 milita no Real Betis da Primeira División. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico.
«Aprite le finestre» (en galego: «Abride as xanelas») é unha canción composta por Virgilio Panzito e interpretada en italiano por Franca Raimondi. Lanzouse como sinxelo en 1956 mediante Fonit Cetra. Foi elixida para representar a Italia no Festival de Eurovisión de 1956 tras gaña-lo Festival da Canción de Sanremo 1956.
Dean Fertita, nado o 6 de setembro de 1970 en Royal Oak, Míchigan, é un multiinstrumentista estadounidense. Fertita foi o vocalista e guitarrista de The Waxwings dende a formación da banda en 1997 ata a súa desaparición no 2005. Fertita comezou entón a colaborar con Brendan Benson tocando os teclados e a guitarra nas súas edicións en solitario e tamén foi o teclista de xira de The Raconteurs.
ESPN, Inc. (siglas de Entertainment and Sports Programming Network, hoxe en desuso), é un grupo dos medios con sede nos Estados Unidos, que opera e produce canles de televisión por cable, satélite, radio, sitios web, revistas e libros relacionados co deporte. Tamén organiza eventos tales como os Premios ESPY desde 1993 e os X Games desde 1995.
Terminator 3: A rebelión das máquinas
Terminator 3: A rebelión das máquinas (en inglés: Terminator 3: Rise of the Machines) é un filme de acción estadounidense dirixido por Jonathan Mostow que foi estreado no 2003. Estreouse en galego na TVG o 20 de abril de 2011.
A Franconia Media (en alemán Mittelfranken) é unha das sete rexións administrativas (Regierungsbezirk) en que está dividido o estado federado alemán de Baviera.Está situada na parte noroeste de Baviera. Limita con Baden-Württemberg, Alta Baviera, Alta Franconia, Baixa Franconia, Suabia e o Alto Palatinado. A súa capital administrativa é Ansbach, pero a cidade máis poboada é Núremberg.
O Storhamar Hockey é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Hamar (Noruega). Foi fundado en 1957 como Storhamar Hockeyteam, adoptando a súa denominación actual en 1998. Actualmente compite na GET-ligaen, a máxima categoría do hóckey sobre xeo noruegués, competición que gañou en seis ocasións.
Demodex folliculorum é unha especie de ácaro microscópico que vive como parasito ou comensal nos folículos pilosos das persoas (outra especie de hábitos similares é Demodex brevis). Cando nunha persoa se encontran gran cantidade destes ácaros, a infestación denomínase demodicose. Crese que practicamene todas as persoas albergan estes ácaros, que en xeral son inofensivos.
Para o artigo referido ao seu pai, tamén director da Casa da Moeda dos EEUU, véxase Robert PattersonRobert Maskell Patterson, nado en Filadelfia o 23 de marzo de 1787 e finado na mesma cidade o 5 de setembro de 1854, foi un químico, matemático e médico estadounidense, profesor das Universidades de Pensilvania e de Virxinia. Patterson desempeñou o posto de director da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1835 e 1851.
Existen tres tratados coñecidos como Tratado de Lisboa: O Tratado de Lisboa de 1668, asinado entre Portugal e España, de independencia de Portugal e de remate da Guerra de Restauración portuguesa. O Tratado de Lisboa de 1864, asinado entre España e Portugal que definiou as fronteiras entre ambos países, e suprimiu a existencia do Couto Mixto O Tratado de Lisboa de 2007, acordo institucional da Unión Europea que emenda os tratados de Roma e de Maastricht.
O Donatismo foi unha doutrina cristiá que defendía que só os presbíteros non pecadores podían impartir os sacramentos, así mesmo entendía que, tras a conversión, os fieis tiñan que manter unha vida irreprochable para permaneceren na Igrexa. Xurdiu tras as persecucións de Diocleciano, e debe o seu nome ao bispo Donato que, radicalizando as moi respectadas opinións do seu antecesor Cibrán de Cartago, entendía que non se podía acoller con misericordia aos que se afastaran da fe rendendo culto ao Emperador. Agostiño de Hipona combateu con teimosía estas concepcións contrarias a súa doutrina da graza, pero se mantiveron ata á conquista árabe do norte de África a través dunha Igrexa paralela que, fronte ao Papa de Roma e concilios como o Concilio de Arlés, vivían comunitariamente un cristianismo radical.
The Flaming Lips é unha banda de rock alternativo estadounidense formada en 1983 en Oklahoma City (Oklahoma). Actualmente está composta por Wayne Coyne (guitarra e voz), Michael Ivins (baixo), Steven Drozd (guitarra) e Kliph Scurlock (batería). O grupo gravou varios álbums e EPs co selo independente Restless Records nos 80 e principios dos 90.
O Gran Teatro La Fenice ou simplemente La Fenice (o fénix) é un dos teatros de ópera máis famosos do mundo. Atópase na cidade de Venecia (Italia) e nel foron estreadas algunhas das óperas italianas máis famosas. O teatro foi destruído várias veces e reedificado, actualmente é a sede dunha importante tempada operística e do festival internacional de música contemporánea.
Air Berlin foi a segunda aeroliña máis grande de Alemaña, despois de Lufthansa, e a sétima europea en número de pasaxeiros. Operaba unha extensa rede de voos que inclúian destinos de vacacións na zona mediterránea, as illas Canarias e o norte de África ademais de destinos internacionais cara o sueste asiático, o Caribe e as Américas. A aeroliña foi membro da alianza Oneworld e a súa subsidiaria austríaca Niki é membro afiliado da alianza.
A Carron Company foi unha empresa metalúrxica fundada en 1759, a beiras do río Carron, preto de Falkirk, no condado escocés de Stirlingshire (Reino Unido). Despois de superar diversos problemas iniciais, a compañía estivo á cabeza da Revolución Industrial. Chegou o seu cénit grazas a unha nova peza de artillaría, a carronada.
Cabrera é a illa principal do arquipélago de Cabrera, que se atopa fronte á costa sur de Mallorca, nas illas Baleares. Administrativamente este arquipélago pertence ao termo municipal de Palma. A presenza militar desde 1916 evitou que na zona producísese unha invasión turística, o que permitiu a conservación deste privilexiado ecosistema ata os nosos días, pertencendo desde o 29 de abril de 1991 ao Parque Nacional do Arquipélago de Cabrera, mediante a Lei 14/1991.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km).
Wernher Magnus Maximilian Freiherr von Braun, nado en Wirsitz o 23 de marzo de 1912 e finado en Alexandria (Virxinia) o 16 de xuño de 1977, foi un enxeñeiro aeroespacial de orixe alemá. En 1955 nacionalizouse estadounidense co fin de ser integrado na NASA. Considerado un dos máis importantes deseñadores de foguetes do século XX, dirixiu o deseño dos foguetes V-2 e Saturno V que levou o home á Lúa. Von Braun, personaxe moi controvertido, dedicou a súa vida ao desenvolvemento de foguetes para a conquista do espazo, aínda que tivese que ofrecelos como armas para o seu desenvolvemento, cousa que dubidou en facer, como comentou aos seus achegados nos seus últimos anos.
Unha banda de mulleres é un grupo musical na música popular que está exclusivamente formado por músicos femininos. Trátase dun concepto distinto a un girl group, no cal os membros femininos son unicamente vocalistas, aínda que esta terminoloxía non é moi estrita. Mentres que as bandas formadas totalmente por homes son moi comúns en moitas escenas do pop e do rock, as bandas de mulleres son pouco habituais.
Parsec (pc) é unha unidade de lonxitude usada en astronomía para medir grandes distancias. O nome é un acrónimo formado en inglés a partir das palabras paralax 'paralaxe' e second 'segundo'. Parsec é a distancia a cal se debería situar un observador para ver a distancia dunha unidade astronómica (UA), equivalente á distancia da Terra ao Sol, baixo un ángulo dun segundo de arco (1").
Fabijan Janavič Abrantovič (en belaruso: Фабіян Янавіч Абрантовіч), nado o 14 de setembro de 1884 en Vieraskava (uezd de Novogrudok, gobernación de Minsk, Imperio Ruso) e finado o 2 de xaneiro de 1946 en Moscova (RSFS de Rusia), foi un eclesiástico greco-católico belaruso, relixioso mariano, exarca apostólico de Harbin.
Centro de Lanzamento de Satélites de Wenchang
O Centro de Lanzamento de Satélites de Wenchang é o centro de lanzamento de foguetes de China localizado máis ao sur. Desde el lánzanse entre eles os foguetes CZ-5 e CZ-7.
Internet é o sistema global de redes informáticas interconectadas que usa o conxunto de protocolos de Internet (TCP/IP) para comunicarse entre redes e dispositivos. É unha rede de redes que consiste en redes privadas, públicas, académicas, empresariais e gobernamentais de ámbito local e global, unidas por unha ampla gama de tecnoloxías de redes electrónicas, sen fíos e ópticas. Internet ofrece unha ampla gama de recursos e servizos de información, como os documentos de hipertexto interconectados e as aplicacións da World Wide Web.(WWW), correo electrónico, telefonía e intercambio de ficheiros.
O Fussballclub Basel 1893 (FC Basel), tamén coñecido como Basilea, é un club de fútbol de Basilea, Suíza. Fundouse o 15 de novembro de 1893 e compite actualmente na Super Liga Suíza. Na tempada 2011-12 acadou o pase ós oitavos de final da Liga de Campións da UEFA (repetindo o éxito da tempada 2002-03), eliminando no Grupo C ó Manchester United.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O alcohol ter-butílico ou ter-butanol (tamén terbutanol ou terc-butanol) é o alcohol terciario máis simple, coa fórmula (CH3)3COH (ás veces simbolizado como t-BuOH). Os seus isómeros son o 1-butanol, o isobutanol e o butan-2-ol. O alcohol ter-butílico é un sólido incoloro, que funde a temperaturas moderadas e ten un cheiro parecido ao alcanfor.
Xavier Tebas Medrano, máis coñecido como Javier Tebas, nado en San Xosé (Costa Rica) o 31 de xullo de 1962, é un avogado e directivo español procedente de Huesca, considerado un dos dirixentes máis influentes do fútbol mundial. Desde 2013 é o presidente da Liga Nacional de Fútbol Profesional (tamén coñecida como LFP ou LaLiga) tras ser reelixido para un terceiro mandato ata 2024.
Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Fiorentina, da Serie A de Italia. Considerada como unha das melloesr futbolista españolas da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a única en marcar nunha final.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Enter Shikari é unha banda inglesa de rock alternativo formada en St Albans, Hertfordshire no ano 1999 co nome Hybryd polo baixista Chris Batten, o vocalista e teclista Rou Reynolds e o batería Rob Rolfe. En 2003 uniuse o guitarrista Rory Clewlow para completar a formación e a banda adoptou o seu nome actual. Ata a data a banda ten publicados seis álbums de estudio.Enter Shikari ten o seu propio selo discográfico, Ambush Reality.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 198.396.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Moura (tamén estilizado como MØURΔ) é un grupo galego que mestura rock progresivo, rock psicodélico e folk rock procedente da Coruña. O grupo naceu en 2015 e está formado por Diego Veiga (guitarras, harmónica e voz), Hugo Santeiro (guitarras), Fernando Vilaboi (hammond e sintetizadores), Pedro Alberte (baixo) e Luis Casanova (batería). A banda ten publicado un único álbum de estudio ata a data, Moura (2020).
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A candorca ou alcandorca, (Orcinus orca) é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos, e pode chegar a pesar 10 t. Poderoso e versátil depredador, pode cazar peixes, pinnípedes, cefalópodos, aves e tartarugas.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.