Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Secret Combination é un sinxelo do cuarto álbum da popular cantante greco-estadounidense Kalomoira, lanzado ao mercado en Grecia e Chipre o 6 de febreiro do ano 2008 baixo o selo Heaven Music. Coa canción deste single, a cantante obtivo a terceira praza na final do Festival de Eurovisión dese mesmo ano, rematando por detrás de Rusia e Ucraína, aínda que comezou liderando a votación. Dende o concurso, a canción converteuse nun éxito en Europa alcanzando a primeira posición en Grecia e Chipre, e entrando nos Top 40 en Turquía, Irlanda, Lituania, Reino Unido e incluso Canadá.
José Roberto Gama de Oliveira, coñecido como Bebeto, nado en Salvador o 16 de febreiro de 1964, é un exfutbolista e político brasileiro. Considerado un dos mellores dianteiros da historia do seu país, foi un prolífico goleador, autor de preto de 400 goles en partidos oficiais. Xogou en tres dos catro grandes equipos do Río de Xaneiro (Flamengo, Vasco da Gama e Botafogo) e destacou tamén no Deportivo da Coruña, sendo o quinto máximo goleador histórico do club galego e un dos seus maiores ídolos.
O Pagador de Promessas é un filme brasileiro de 1962 dirixido por Anselmo Duarte. Duarte adaptou el mesmo o guión a partir da obra de teatro de Dias Gomes. Rodado en Salvador, Baía, está protagonizado por Leonardo Villar.O filme gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1962, converténdose no primeiro e único filme brasileiro en conseguilo.
Olive Schreiner, nada en Wesley o 24 de marzo de 1855 e finada en Wynberg o 11 de decembro de 1920, foi unha escritora, pacifista e política activista surafricana. O seu interese polos dereitos humanos, en especial polos da muller levouna a participar en numerosas mobilizacións a prol das garantías e igualdades económicas e sociais entre ambos os dous sexos.
A presidencia é un cargo que ostentan os líderes de organizacións, empresas e entidades políticas. Etimoloxicamente, presidencia vén do latín prae- 'antes' e sedere 'sentarse'. Orixinalmente o termo referíase a quen presidía unha cerimonia ou asemblea, mais hoxe en día o termo refírese a unha persoa que ten poderes executivos.
A transmisión de calor, transferencia de enerxía térmica, ou simplemente intercambio térmico, refírese á transición de enerxía térmica dunha masa máis quente a outra máis fría. A transmisión de calor ten lugar por medio de varios mecanismos, especialmente condución, convección e radiación. A condución, tamén denominada difusión, débese ao intercambio de enerxía cinética ao nivel microscópico.
Julio Antonio Mato Pazos, nado en Barro (Noia), o 2 de maio de 1937 e finado en Noia o 25 de agosto de 2023, foi un exfutbolista galego coñecido como Matito. Xogaba como dianteiro e chegou a actuar en varios equipos da Primeira División. Militou entre outros no Ourense, no Betis, no Oviedo e no Compostela, e deixou o fútbol federado en 2014, aos 77 anos de idade, despois de varias décadas xogando na categoría de veteranos.
Os pelicosauros (Pelycosauria) son unha orde dentro da clase sinápsidos de tamaño medio a grande (ata tres metros ou máis), que inclúe tamén a orde Therapsida (terápsidos). Xurdiron no período Carbonífero e desapareceron ao final do período permiano, xusto cando houbo a meirande extinción de seres vivos da historia da Terra. Chegaron a existir algunhas familias entre as que destacan Edaphosauridae, a máis antiga, formada basicamente por animais herbívoros e Sphenacodontidae, máis recente, formada basicamente por animais carnívoros.
O termo obxectivo refírese ao fin que se quere atinxir, e nese sentido é sinónimo de albo tanto como fin a atinxir (lugar ou obxecto) como punto de mira dunha arma ou proxectil.A definición clara de obxectivos é de extrema importancia en varios eidos de actuación humanos, a nivel administrativo e de xestión, orientando a acción dos individuos. En educación, por exemplo, a definición de actividades curriculares debe ser feita tendo en conta os obxectivos definidos no programa curricular dos alumnos.
A vía JAK-STAT ou vía de sinalización JAK-STAT transmite información procedente de sinais químicos extracelulares ao núcleo celular, o que ten como resultado a transcrición do ADN e a expresión de xenes implicados na inmunidade, proliferación celular, diferenciación celular, apoptose e oncoxénese. A fervenza de sinalización JAK-STAT consta de tres compoñentes principais: un receptor da superficie celular, unha quinase Xano (JAK, Janus kinase) e dúas proteínas "transdutoras de sinais e activadoras da transcrición" (STAT, do inglés Signal Transduction Activator of Transcription). A alteración ou desregulación da funcionalidade da vía JAK-STAT pode orixinar síndromes de deficiencia inmunitaria e cancros.
O UCAM Murcia Club Baloncesto, S.A.D., onde UCAM fai referencia á Universidad Católica de Murcia, é un equipo de baloncesto profesional español con sede na cidade de Murcia. Fundado en 1985, actualmente compite na liga ACB, máxima categoría do baloncesto español. O UCAM Murcia xoga os seus partidos como local no Palacio de Deportes de Murcia, pavillón con capacidade para 7 454 espectadores.
Bernard Marie François Alexandre Collomb-Clerc nado en Annecy, Alta Savoia o 7 de outubro de 1930 e finado en La Colle-sur-Loup, Alpes Marítimos o 19 de setembro de 2011) foi un piloto de Fórmula 1 de Francia. Participou en seis Grandes Premios do Campionato Mundial, debutou o 2 de xullo de 1961, sen lograr puntos de campionato. Case sempre manexaba automóbiles preparados por si mesmo, primeiro competiu con Coopers, cambiando a Lotus en 1963.
Joseph Hill «Joss» Whedon nado o 23 de xuño de 1964 en Nova York, é un director e guionista estadounidense. Traballou en televisión como director, produtor executivo e creador de varias series, sendo coñecido especialmente o seu traballo en Buffy the Vampire Slayer. En banda deseñada o seu traballo máis difundido realizouno dende 2004 en Astonishing X-Men.
O pianista (en inglés: The Pianist) é un filme do ano 2002 dirixido por Roman Polanski e protagonizado por Adrien Brody. O filme é unha adaptación das memorias do músico polaco de orixe xudía Władysław Szpilman. Recibiu en 2002 a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cannes, e foi galardoada con tres Premios Óscar: mellor director, mellor actor protagonista e mellor guión adaptado.
Phra Bat Somdet Phra Poramenthra Maha Vajiravudh Phra Mongkut Klao Chao Yu Hua (en tailandés: พระบาทสมเด็จพระปรเมนทรมหาวชิราวุธฯ พระมงกุฎเกล้าเจ้าอยู่หัว), Phra Bat Somdet Phra Ramathibodi Si Sinthra Maha Vajiravudh Phra Mongkut Klao Chao Yu Hua (: พระบาทสมเด็จพระรามาธิบดีศรีสินทรมหาวชิราวุธฯ พระมงกุฎเกล้าเจ้าอยู่หัว ) ou Rama VI , nado o 1 de xaneiro de 1880 e finado o 25 de novembro de 1925 foi o sexto monarca de Siam da casa de Chakri, reinando desde 1910 ata a súa morte. O rei Vajiravudh é coñecido polos seus esforzos para crear e promover o nacionalismo siamés. O seu reinado caracterizouse polo reformismo e pola participación, mínima, na primeira guerra mundial.
Abrantes é un concello e cidade do distrito de Santarém (Portugal), na provincia de Ribatexo, rexión do Centro (Região das Beiras) e subrexión de Médio Tejo, cuns 18.500 habitantes.É a cabeceira dun concello con 714,69 km² de superficie e 39.325 habitantes (2011), subdividido e 13 freguesías ou parroquias e cunha densidade demográfica de 55,02 hab/km². O concello limita polo norte con Vila de Rei, Sardoal e Mação, ao leste por Gavião, no sul con Ponte de Sor e no oeste con Chamusca, Constância, Vila Nova da Barquinha e Tomar.
Denomínase neurita a calquera das proxeccións que saen do corpo celular dunha neurona, que poden ser dendritas ou axóns. O termo úsase frecuentemente cando se fala de neuronas inmaturas ou en desenvolvemento, especialmente en células en cultivo, porque non é doado distinguir entre axóns e dendritas ata que a diferenciación da célula é completa. As neuritas están a miúdo ateigadas de feixes de microtúbulos, cuxo crecemento está estimulado polo factor de crecemento dos nervios (NGF), e polas proteínas tau, MAP1, e MAP2.A molécula de adhesión celular neural (N-CAM) combínase simultaneamente con outra molécula de N-CAM e co receptor do factor de crecemento de fibroblastos para estimular a actividade tirosina quinase de dito receptor para inducir o crecemento das neuritas.
O Rif (en árabe: الريف; en bérber: Arif) é unha rexión montañosa do norte de Marrocos, na costa do mar Mediterráneo, entre as cidades de Tetuán e Nador. Era unha das cinco divisións administrativas nas que se dividía o Protectorado Español de Marrocos, con capital en Al-Hoceima (antiga Villa Sanjurjo). Trátase dunha rexión tradicionalmente illada e desfavorecida.
Gauvain ou Galván, sobriño do Rei Artur e cabaleiro da Mesa Redonda, é un personaxe das obras literarias da Materia de Bretaña ou Ciclo Artúrico. O personaxe é moitas veces designado como Gawain, variante máis común nos países anglo-saxóns, aí normalmente precedida polo título Sir. Nas versións medievais galego-portuguesas das historias artúricas, era común traducir o nome da personaxe como Galvão ou Gualvam e precedelo polo título Don.
A Casa do Concello de Tampere (en finés Tampereen Raatihuone) é o antigo palacio municipal da cidade de Tampere, en Finlandia. Trátase dun edificio de estilo neorrenacentista deseñado por Georg Schreck e situado no número 10 de Keskustori (Praza Central). A construción do edificio finalizou en 1890.
Duarte Lobo, nome latinizado como Eduardus Lupus, nado contra o ano 1565 e finado o 24 de setembro de 1646, foi un compositor portugués da época do Renacemento tardío e Barroco inicial. Foi o máis famoso compositor portugués da súa época. En conxunto con Filipe de Magalhães, Manuel Cardoso, e o Rei D. João IV é considerado un dos músicos da "época dourada" da polifonía portuguesa.
O Wellington Regional Stadium (coñecido comercialmente como Sky Stadium mediante dereitos de nome), anteriormente coñecido como Westpac Stadium, é un estadio da cidade de Wellington (Nova Zelandia). Está adicado principalmente á práctica do rugby e do fútbol. Debido á súa forma, é coñecido coloquialmente como The Cake-Tin (Envoltorio de Pastel) noutras partes de Nova Zelandia, aínda que a xente da cidade o coñece simplemente como The Stadium (O Estadio).
LibraryThing é unha aplicación web de catalogación social para almacenar e compartir listaxes de libros coa fin de establecer un catálogo ordenado e etiquetado que permite as valoracións e os comentarios e que posibilita conectarse con xente con gustos semellantes , destínase tanto a particulares como a autores, bibliotecas e editoriais. Desenvolvida polo estadounidense Tim Spalding, subiuna por vez primeira a internet de forma pública o 29 de agosto de 2005. En maio de 2006 AbeBooks mercou o 40% da compañía, que dous anos despois adquiriu Amazon.
Campionato Mundial de Motocrós 2019
O Campionato Mundial de Motocrós 2019 foi a 63ª edición do Campionato Mundial de Motocrós, que celebrou en 2019. Constou de 18 probas, comezou en Neuquén o 3 de marzo, e rematou en Shanghai o 15 de setembro.
O bombardeo intenso tardío (coñecido tamén como cataclismo lunar, último bombardeo intenso ou LHB polas súas siglas en inglés) é un período, ao redor de hai entre 3800 e 4100 millóns de anos, no que a Lúa e outros corpos do sistema solar interior sufriron frecuentes impactos moi violentos de grandes asteroides. Este período é o causante da maior parte dos cráteres que actualmente se observan tanto na Lúa coma en Mercurio. Esta teoría é unha explicación tanto do lento arrefriamento terrestre coma da idade dos impactos lunares.
Enter Shikari é unha banda inglesa de rock alternativo formada en St Albans, Hertfordshire no ano 1999 co nome Hybryd polo baixista Chris Batten, o vocalista e teclista Rou Reynolds e o batería Rob Rolfe. En 2003 uniuse o guitarrista Rory Clewlow para completar a formación e a banda adoptou o seu nome actual. Ata a data a banda ten publicados seis álbums de estudio.Enter Shikari ten o seu propio selo discográfico, Ambush Reality.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Adrián Ben Montenegro, nado en Viveiro o 4 de agosto de 1998, é un atleta galego especialista en probas de media distancia. Foi campión de España e de Europa dos 800 metros, especialidade na que acadou ademais unha final mundial e unha final olímpica. Destacou dende neno gañando diferentes títulos a nivel provincial e autonómico en campo a través e atletismo en pista.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A tiroperoxidase (TPO), tamén chamada peroxidase da tiroide ou ioduro peroxidase, é un encima que se expresa principalmente na tiroide, onde se segrega no coloide da tiroide. A tiroperoxidase oxida ións ioduro para formar átomos de iodo para a súa adición a residuos do aminoácido tirosina da tiroglobulina para a produción das hormonas tiroides tiroxina (T4) e triiodotironina (T3). En humanos, a tiroperoxidase está codificada no xene TPO do cromosoma 2.
Alvariza pode referirse a: Apiario, conxunto de colmeas de abellas; Abellariza, construción tradicional consistente nun muro, xeralmente circular, onde se garda un apiario para o protexer do clima e os animais. Alvariza, lugar da parroquia de Barro, no concello de Noia. Alvariza, grupo musical folk galego.
Islandia (en islandés: Ísland) é un país insular situado na Dorsal Medio Atlántica, e xeralmente englobada en Europa. A illa está bañada polo océano Atlántico ao sur e ao oeste e polo mar de Noruega ao norte e ao leste. Os territorios máis próximos son Groenlandia ao noroeste, da cal está separada polo estreito de Dinamarca, as Illas Feroe ao sueste e, bastante máis lonxe, a illa norueguesa de Jan Mayen ao nordeste.
Lion, orixinalmente titulado A Long Way Home, é un filme australiano-estadounidense de drama dirixido por Garth Davis e escrito por Luke Davies, baseado no libro de non ficción A Long Way Home de Saroo Brierley. É protagonizado por Dev Patel, Rooney Mara, David Wenham e Nicole Kidman. Foi estreado mundialmente o 10 de setembro de 2016 no Festival Internacional de Cine de Toronto 2016.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 198.396.
Borja Iglesias Quintás, nado en Santiago de Compostela o 13 de xaneiro de 1993, é un futbolista galego que xoga na demarcación de dianteiro centro. Dende 2019 milita no Real Betis da Primeira División. Formouse nas canteiras do Santiago, do Valencia e do Villarreal e debutou na Primeira División coa camiseta do Celta de Vigo en 2015, despois de militar varios anos no seu filial, do que é o máximo goleador histórico.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A lingua das bolboretas é a versión cinematográfica de varios relatos do escritor Manuel Rivas, publicados dentro do libro Que me queres, amor?. José Luis Cuerda levou ó cine no ano 1999 esta historia da infancia nun contorno rural case idílico sobre a que se cerne a sombra do alzamento contra a II República Española.
A literatura infantil e xuvenil é un ramo da literatura, dedicada especialmente tanto a nenos e nenas como a rapaces e rapazas adolescentes. Isto inclúe historias ficticias infantís e xuvenís, biografías, novelas, poemas, obras folclóricas e/ou culturais ou simplemente obras contendo/explicando feitos da vida real (ex: artes, ciencias, matemática etc).
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Fiorentina, da Serie A de Italia. Considerada como unha das melloesr futbolista españolas da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a única en marcar nunha final.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
Hannah Arendt, nada Johanna Arendt en Linden-Limmer, un distrito de Hannover, o 14 de outubro de 1906 e finada en Nova York o 4 de decembro de 1975, foi unha filósofa, socióloga e teórica política alemá, despois nacionalizada norteamericana, de orixe xudía e unha das personalidades máis influentes do século XX.A privación de dereitos e persecución que os xudeus sufriron en Alemaña a partir de 1933, así como o seu breve encarceramento ese mesmo ano, contribuíron a que decidise emigrar. O réxime nacionalsocialista retiroulle a nacionalidade en 1937, polo que foi apátrida, ata que conseguiu a nacionalidade estadounidense en 1951. Traballou, entre outras cousas, como xornalista e mestra de escola superior.
A candorca ou alcandorca, (Orcinus orca) é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos, e pode chegar a pesar 10 t. Poderoso e versátil depredador, pode cazar peixes, pinnípedes, cefalópodos, aves e tartarugas.