Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
José Roberto Gama de Oliveira, coñecido como Bebeto, nado en Salvador o 16 de febreiro de 1964, é un exfutbolista e político brasileiro. Considerado un dos mellores dianteiros da historia do seu país, foi un prolífico goleador, autor de preto de 400 goles en partidos oficiais. Xogou en tres dos catro grandes equipos do Río de Xaneiro (Flamengo, Vasco da Gama e Botafogo) e destacou tamén no Deportivo da Coruña, sendo o quinto máximo goleador histórico do club galego e un dos seus maiores ídolos.
C/Z Records é un selo discográfico estadounidense baseado en Seattle creado a principios de 1985 por Chris Hanzsek e Tina Casale coa edición do agora lendario LP, Deep Six, que recompilaba as priemiras gravacións dos proxenitores reais do que posteriormente foi coñecido como grunge. Na actualidade o selo é propiedade de Daniel House.
Setlist ou Set list é un documento que fai relación das cancións que unha banda musical vai interpretar nun concerto en particular. Adoita a estar impreso ou escrito nun papel, nun cartón ou nunha lámina, aínda que xa hai conxuntos que empregan as novas tecnoloxías, coma a dun IPad. O termo pode facer tamén relación á lista das cancións, pero non nun sentido físico.
Os Banu Qasi ou ibn-Qási (en árabe:بنو قاسي, "fillos ou herdeiros de Casius") foron unha importante familia vascoa-muladí, cuxos dominios se situaron no val do río Ebro entre os séculos VIII até o primeiro cuartel do X, durante a ocupación musulmá. Descendían do conde Casius ou Casio, un nobre visigodo que, á época da conquista musulmá do reino visigodo, gobernaba a rexión comprendida aproximadamente entre Tudela, Tarazona, Ejea e Nájera e que como a maior parte dos visigodos en Spania se converteu ao islam, tornándose vasalo dos Omíadas para conservar os seus dominios (até o ano 713). De aí o nome da familia, Banu Qasi ou ibn-Qási - "fillos de Casio".
John Gostling, nado en 1644 e finado en 1733, foi un pastor da Igrexa de Inglaterra que se caracterizou ademais por ser un cantante cunha prodixiosa voz de baixo profundo, caracterizada pola súa gran potencia e a súa ampla tesitura, que abranguía polo menos dúas oitavas completas, desde re2 ata re4. Era o cantante favorito do rei Carlos II de Inglaterra e asóciase particularmente coa música de Henry Purcell.
Fol ou fole pódese referir a: Fol, instrumento formado por dúas táboas horizontais e costados de pel, formando unha cavidade, que ao ser oprimido produce ar a presión, barquín (fol grande usado na forxa para avivar o lume). Fol, saco ou bolsa, en principio de coiro, ou obxecto de forma parecida, foleca, foleco. Fol, parte da gaita en forma de bolsa de coiro, onde se almacena o ar e que se aperta para facer soar o punteiro.
Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (en catalán: Tribunal Superior de Justícia de Catalunya, TSJC) é o órgano xurisdicional que culmina a organización xudicial en Cataluña. Este organismo está previsto nos artigos 152 da Constitución española, o 95 do Estatuto de Autonomía de Cataluña e tamén nos artigos 70 a 79 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, mentres que as súas competencias, composición, organización e funcionamento son definidas no título III, capítulo I do Estatuto.
Unha glosa (do grego koiné γλώσσα glossa, "lingua", tanto co significado do órgano coma o de linguaxe) é unha nota escrita nas marxes ou entre as liñas dun texto, onde se explica o significado do escrito no seu idioma orixinal, ás veces noutro idioma. As glosas poden variar na súa complexidade e elaboración, desde simples notas á marxe dalgunhas palabras que poden parecer escuras ou difíciles, até traducións completas dun texto orixinal e referencias a parágrafos similares. Un conxunto de glosas é un glosario, aínda que este termo tamén se pode referir a unha colección de termos especializados e os seus significados.
Tengri (en chinés: 騰格里; en turco antigo: , romanizado: Kök Teŋri/Teŋiri, lit. 'Ceo Azul'; turco: Tanrı; prototurco *teŋri / *taŋrɨ; escritura mongol: ᠲᠨᠭᠷᠢ, Tngri; mongol: Тэнгэр, Tenger; uigur: تەڭرى, tengri) é o deus da antiga relixión dos turcos e mongois coñecida como tengrismo. Para os mongois, Tengri era o Pai do ceo, non se podía visualizar como unha persoa. Os símbolos de Tengri eran unha cruz, o firmamento e o sol.
Campionato do mundo de ciclismo de montaña e trial 2007
O Campionato do mundo de ciclismo de montaña e trial de 2007 é a 18ª edición dos mundiais deste deporte, e celebrouse en Fort William (Escocia) entre o 3 e o 9 de setembro de 2007.
Alexander Konstantínovich Mordvilko
Alexander Konstantínovich Mordvilko (en ruso Александр Константинович Мордвилко), nado o 3 de febreiro de 1867 en Stolovitchi, Rexión de Brest, Gobernorato de Minsk do Imperio ruso (actual Bielorrusia), e finado o 12 de xullo de 1938 en Leningrado, URSS, foi un entomólogo, parasitólogo e botánico ruso.
Teoloxía é literalmente estudo de Deus (do grego θεος, theos, «Deus»; + λογος, logos, «estudo»). Este termo foi usado por primeira vez por Platón en «A República» para referirse á comprensión da natureza divina por medio da razón, en oposición á comprensión literaria propia dos seus poetas coetáneos. Máis tarde, Aristóteles empregou o termo en numerosas ocasións con dous significados: Teoloxía como a rama fundamental da ciencia filosófica, tamén chamada filosofía primeira ou ciencia dos primeiros principios, máis tarde chamada Metafísica polos seus seguidores.
Madredeus é un grupo musical portugués. A súa música combina influencias das músicas populares portuguesas coa música moderna. Tematicamente, as letras das cancións falan sobre temas tamén abordados polo fado, como a saudade e temas derivados, como a solitude, a esperanza, a ausencia, a distancia ó o amor adiado, así como temas mais xeneralistas, como a a guerra, paz ou a culpa e o remorso.
A maiúscula é a versión máis grande dunha letra en alfabetos como o latino, o grego, o glagolítico, o cirílico ou o armenio, en contraste coa letra normal, chamada minúscula. O uso correcto das maiúsculas varía en cada lingua. En galego, as palabras escríbense con maiúscula inicial nos seguintes casos: A primeira palabra de cada escrito e a que vai tras un punto.
Un ovo de Fabergé e unha das sesenta e nove xoias creadas por Peter Carl Fabergé e os seus artesáns da empresa Fabergé para os tsares de Rusia, así como para algúns membros da nobreza e da burguesía industrial e financeira, entre os anos 1885 e 1917. Estes ovos considéranse obras mestras da xoiería.
A magnitude aparente (m) dunha estrela, planeta ou outro corpo celeste é unha medida do seu brillo aparente, é dicir, a cantidade de luz que se recibe do obxecto. Mentres que a cantidade de luz recibida depende realmente do ancho da atmosfera, as magnitudes aparentes normalízanse a un valor que terían fóra da atmosfera. Nótese que o brillo aparente non é igual ao brillo real (un obxecto extremadamente brillante pode aparecer absolutamente débil se está lonxe).
Partido Socialdemócrata de Alemaña
O Partido Socialdemócrata de Alemaña (Sozialdemokratische Partei Deutschlands SPD) é un partido político alemán, un dos máis antigos do mundo aínda en existencia. Orixinouse no seo do movemento obreiro, e é un dos membros da Internacional Socialista. Na actualidade está dirixido por Olaf Scholz (chanceler de Alemaña dende 2021), e as mocidades do partido coñécense como Jusos.
Tristán e Isolda é unha lenda con múltiples versións que conta a historia do amor adúltero entre Tristán, un cabaleiro córnico, e Isolda, unha princesa irlandesa. Tristán e Isolda é un cantar de xesta que ten lugar na Idade Media en Europa nos países Celtas na época das cruzadas e narra as fazañas dun heroe que comete unha grave traizón por culpa dun amor forzado por unha beberaxe máxica. El era sobriño do Rei Mark de Cornualla, quen lle mandou traer a Isolda de regreso de Irlanda para casar co rei.
O quilogramo (comunmente quilo cando se usa para quilogramo-forza) é a unidade básica de masa do SI e o seu padrón, que se conserva na Oficina Internacional de Pesos e Medidas. O seu símbolo é kg. Un quilogramo equivale a 1000 gramos pero, dado que no SI é a unidade fundamental de masa, non debe ser considerado como derivado do gramo.
O termo realia pode referirse a: Realia: en tradutoloxía, palabras que denotan obxectos, conceptos e fenómenos propios dunha determinada cultura; Premio Realia de Tradución Literaria: galardón literario organizado pola Editorial Hugin e Munin en colaboración co Concello de Santiago de Compostela; Realia: o uso pedagóxico de obxectos da vida real; Realia: grupo inmobiliario español; Torre Realia BCN: rañaceos situado na praza de Europa de L'Hospitalet de Llobregat, tamén coñecida como «Torres Fira».
O lago de Snits (oficialmente en frisón: Snitser Mar) é un lago de Frisia que se localiza entre a cidade de Snits e as localidades de Terherne e Goaiïngaryp, é coñecido pola súa popularidade entre os prácticantes de deportes acuáticos. A súa orixe está na extracción de turba durante a Idade Media. Ademais do lago propiamente dito tamén está constituído tamén polo Goëngarijpsterpoelen do que está separado por unha illa, e os de Sâltpoel e Hearregat.
Philip Fotheringham-Parker nado o 22 de setembro de 1907 en Beckenham, Kent e finado o 15 de outubro de 1981 en Beckley, East Sussex, foi un piloto de competición de Inglaterra. Participou no Gran Premio do Reino Unido de 1951 pilotando un Maserati 4CL, pero retirouse da carreira logo dun problema cun tubo de aceite, non anotou ningún punto do campionato. Máis tarde ese ano, gañou o Gran Premio de Escocia de 1951, unha carreira menor da Fórmula Un en Winfield con este coche.
West Ryder Pauper Lunatic Asylum
West Ryder Pauper Lunatic Asylum é o terceiro álbum da banda británica Kasabian, que se editou o 5 de xuño de 2009.
Microsoft Windows é unha familia de sistemas operativos desenvolvidos pola multinacional informática Microsoft Corporation, que comezou a desenvolver unha interface gráfica de fiestras en setembro de 1981. A primeira versión de Windows, a 1.0, saíu ao mercado o 20 de novembro de 1985 coma un xestor de fiestras para o MS-DOS co obxectivo de competir co MacOS de Apple Computer, esta primeira versión de Windows tan só permitía fiestras en mosaico. A partir das versión 95 (e tamén no caso das versións NT), Windows xa non se ten que instalar sobre un DOS se non que o inclúe dentro do seu propio código formando un sistema operativo de seu.
Agostino "Dino" De Laurentiis, nado o 8 de agosto de 1919, e finado o 10 de novembro de 2010, foi un produtor de cinema italiano. Xunto con Carlo Ponti, foi un dos produtores que levaron o cine italiano á escena internacional ó final da segunda guerra mundial. Produciu ou co-producido máis que 500 filmes, dos cales 38 foron nomeado ós Premios Oscar.
Porto Rico (coñecido oficialmente como Estado Libre Asociado de Porto Rico; ou en inglés: Commonwealth of Puerto Rico) é un grupo de illas na parte oriental do Mar Caribe, territorio non incorporado dos Estados Unidos desde o ano 1898. No 1952 conformouse o "Estado Libre Asociado de Porto Rico", traducido oficialmente ao inglés como Commonwealth of Puerto Rico. É de interese o feito de que o tipo de goberno en Porto Rico non é unha "mancomunidade", posto que o E.L.A. é unha fórmula de autonomía política de natureza limitada, territorial e sen a soberanía dun país independente.
A candorca ou alcandorca, (Orcinus orca) é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos, e pode chegar a pesar 10 t. Poderoso e versátil depredador, pode cazar peixes, pinnípedes, cefalópodos, aves e tartarugas.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Non confundir con alcaide.Alcalde, termo derivado do árabe قاضي, qāḍī, que significa "xuíz", é un funcionario público que se atopa á fronte da administración local básica dun país ou forma parte dela. Nos distintos países existe unha ampla variedade de regulacións legais ou consuetudinarias, tanto no relativo ás competencias e responsabilidades do alcalde como na forma en que é elixido. Historicamente, en partes de Castela o alcalde tamén exercía tamén as funcións de xuíz.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O Racing Club de Ferrol, S.A.D. é un club de fútbol da cidade de Ferrol (A Coruña), fundado no 1919 pola fusión do Racing Club e o Club Ferrol, dous dos equipos da cidade nesa época. Xoga actualmente na Segunda División tras conseguir o ascenso na tempada 2022/23. Entre os seus maiores logros conta con tres campionatos galegos, un subcampionato da Copa do Rei en 1939, e un segundo posto na Segunda División en 1940.
Julio Antonio Mato Pazos, nado en Barro (Noia), o 2 de maio de 1937 e finado en Noia o 25 de agosto de 2023, foi un exfutbolista galego coñecido como Matito. Xogaba como dianteiro e chegou a actuar en varios equipos da Primeira División. Militou entre outros no Ourense, no Betis, no Oviedo e no Compostela, e deixou o fútbol federado en 2014, aos 77 anos de idade, despois de varias décadas xogando na categoría de veteranos.
Un ordenador, tamén chamado computadora ou computador, é unha máquina que realiza cálculos e controla operacións expresadas en termos lóxicos e numéricos. O ordenador é un sistema dixital con tecnoloxía microelectrónica, capaz de procesar datos a partir dun grupo de instrucións denominado programa. A estrutura básica dun ordenador inclúe microprocesador (CPU), memoria e dispositivos de entrada/saída (E/S), xunto ós buses que permiten a comunicación entre eles.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Saudade de ti é unha serie de televisión estreada en 2022 pola Televisión de Galicia, consta de 60 capítulos na primeira tempada, que foron emitidos entre xullo e setembro de 2022. A primeira tempada foi líder de audiencia na TVG. Foi seguida por máis de 150.000 espectadores cada noite, a primeira elección en horario de máxima audiencia en Galicia.En marzo de 2023 gravábase a segunda tempada en Ares. Foi estreada na TVG o domingo 18 de xuño de 2023, emitíndose os domingos, luns e martes.
IRC son as siglas de Internet Chat Relay ("retransmisión de charla por internet"), unha forma de comunicación instantánea sobre a Internet deseñada para a grupos de persoas que utilizan foros chamados "canais". O IRC foi creado por Jarkko Oikarinen a finais de agosto de 1988 como substituta dun programa chamado MUT nun BBS chamado OuluBox en Finlandia. Oikarinen inspirouse no Bitney Relay Chat que funcionaba na rede Bitnet.
O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña.
Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Fiorentina, da Serie A de Italia. Considerada como unha das melloesr futbolista españolas da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a única en marcar nunha final.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
A linamarina é un glicósido cianoxénico que se atopa nas follas e raíces de plantas como a mandioca, faba de Lima e liño. É un glicósido de cianohidrina de acetona. Ao estar exposta aos encimas e flora bacteriana do intestino humano, a linamarina e o composto metilado emparentado lotaustralina poden descompoñerse orixinando o composto tóxico cianuro de hidróxeno; por tanto, o uso dos alimentos de plantas que conteñen cantidades significativas de linamarina require unha extensa preparación e detoxificación.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.