Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O automóbil é un vehículo que se despraza sobre rodas autopropulsado por un motor propio e destinado ao transporte de persoas ou mercancías sen necesidade de carriles. Diferentes tipos de automóbiles inclúen o coche, o autobús, a furgoneta e o camión. Desprázase grazas a un motor de explosión a base dunha mestura de gasolina, ou gasóleo, e aire.
A linguaxe (do provenzal lenguatge e do latín lingua) é a capacidade do ser humano para se comunicar mediante un sistema de signos ou lingua. Non se debe confundir con lingua ou idioma, que é a representación concreta desta capacidade, manifestada na existencia das linguas naturais. Ás veces o termo esténdese ás linguaxes que os humanos usan para comunicarse, ademais da linguaxe falada, como a lingua de sinais.
Un choque (shock) é unha síndrome clínica complexa e de múltiples causas, estado crítico no seo dunha enfermidade grave producida por unha redución da achega de osíxeno aos tecidos, que determina lesión celular, inicialmente reversible, e se se prolonga, dano irreversible. O factor común: a insuficiencia do sistema circulatorio para manter a perfusión e función celular. O mantemento da perfusión de órganos vitais é fundamental para sobrevivir, polo que a hipoperfusión tisular provoca fallo multiorgánico, caracterizado inicialmente por : taquicardia, diminución da tensión arterial e da diurese, xunto con confusión.
Georg Wilhelm Steller, tamén coñecido como Georg Steller, ou polo seu nome alemán Georg Wilhelm Stöller, nado en 10 de marzo de 1709 en Bad Windsheim (Sacro Imperio Romano Xermánico) o 10 de marzo de 1709 e finado en Tiumén, Imperio Ruso, o 14 de novembro de 1746, foi un explorador, antropólogo, ornitólogo, naturalista, botánico, médico, xeólogo alemán que traballou en Rusia e participou na Segunda expedición a Kamchatka (tamén coñecida como Grande expecidión ao norte), dirixida por Vitus Bering.
Google Play (anteriormente Android Market) é unha plataforma de distribución dixital de aplicacións móbiles para os dispositivos con sistema operativo Android, así como unha tenda en liña desenvolvida e operada por Google. Esta plataforma permítelles aos usuarios navegar e descargar aplicacións (desenvolvidas mediante Android SDK), xogos, música, libros, revistas e películas. Tamén se poden adquirir dispositivos móbiles como ordenadores Chromebook, teléfonos intelixentes Nexus, Google Chromecast, entre outros.
Claude Monet tamén coñecido como Oscar-Claude Monet ou Claude Oscar Monet, nado en París o 14 de novembro de 1840 e finado en Giverny, Francia, o 5 de decembro de 1926, foi un pintor impresionista francés e un dos creadores deste movemento. As súas primeiras obras son de estilo realista, e na metade da década de 1860 comeza a pintar obras impresionistas. Este cambio provocoulle problemas económicos, xa que se desviaba do gusto marcado polas academias de arte da época.
A Nippon Professional Baseball ou NPB (do inglés: Béisbol Profesional Xaponés, en xaponés: 日本野球機構, Nippon Yakyū Kikō), é o campionato de liga de béisbol profesional do Xapón. Chamada de forma coloquial no Xapón Puro Yakyū, é a máxima categoría do béisbol nipón. Xogadores, analistas e diferentes traballadores da Major League Baseball (MLB) consideran a esta competición como "AAAA", é dicir, menos competitiva que a MLB mais por riba das máis potentes Ligas Menores "AAA" norteamericanas.Considérase que a orixe de liga está na fundación do "Club de Béisbol do Gran Xapón de Tokio" (大日本東京野球倶楽部, Dai-Nippon Tōkyō Yakyū Kurabu) en 1934 e a Liga Xaponesa de Béisbol orixinal.
Referendo estatutario de Cataluña de 2006
O referendo sobre o Estatuto de Autonomía de Cataluña celebrouse o 18 de xuño de 2006 nesa comunidade autónoma con carácter vinculante. O seu obxectivo era decidir a entrada ou non en vigor do novo Estatut aprobado polas Cortes Xerais de España, en sesión do Senado, o 10 de maio de 2006. O referendo de ratificación foi convocado polo presidente da Generalitat de Cataluña, Pasqual Maragall, o 18 de maio de 2006.
A lóxica combinatoria é unha notación introducida por Moses Schönfinkel e Haskell Curry para eliminar a necesidade de variables na lóxica matemática. Máis recentemente usouse na ciencia informática como un modelo teórico de computación e tamén como a base para o deseño de linguaxes de programación funcionais. Basease en combinadores, funcións de orde superior que utilizan unicamente a aplicación de funcións e eventualmente doutros combinadores para definir un resultado a partir dos seus argumentos.
Antonio Machado Álvarez, máis coñecido polo pseudónimo Demófilo, nado en Santiago de Compostela o 6 de abril de 1848 e finado en Sevilla o 3 de febreiro de 1893, foi un escritor, antropólogo e folclorista da Xeración de 1868 en España. Librepensador e de ideoloxía liberal progresista moi próxima ao krausismo, foi pai de cinco fillos entre os que se atopan os poetas Manuel e Antonio Machado.
Ricardo de Cornualla, nado no Castelo de Winchester, no Hampshire (Reino de Inglaterra) o 5 de xaneiro de 1209, e finado no Castelo de Berkhamstead, no Hertfordshire (Reino de Inglaterra) o 2 de abril de 1272, foi o segundo fillo do rei Xoán I de Inglaterra. Foi conde de titular de Poitou (entre 1225 e 1243), conde de Cornualla (entre 1227-1272) e Rei de romanos (entre 1257 e 1272).Sendo un dos homes máis ricos de Europa, uniuse á cruzada dos baróns, onde alcanzou éxito como negociador na liberación dos reféns e axudou na construción da cidadela de Ascalón.
The Dark Side of the Moon é o oitavo álbum da banda inglesa de rock progresivo Pink Floyd, publicado o 1 de marzo de 1973. Baseouse nas ideas exploradas en anteriores gravacións e en concertos, pero carece das extensas excursións instrumentais que caracterizaban aos seus traballos tras a saída en 1968 de Syd Barrett. Os temas de The Dark Side of the Moon inclúen conflito, cobiza, paso do tempo e enfermidade mental, este último inspirado parcialmente na deterioración do estado mental de Barrett.
Mirabel pode referirse a: Mirabel, unha froita da familia das ameixas.Ademais, o topónimo Mirabel pode referirse a: En España Mirabel, concello da provincia de Cáceres.No Canadá Mirabel, concello da provincia do Quebec.En Francia Mirabel, comuna do departamento de Ardèche; Mirabel, comuna do departamento de Tarn-et-Garonne; Mirabel-aux-Baronnies, comuna do departamento de Drôme; Mirabel-et-Blacons, comuna do departamento de Drôme; Saint-Jean-Mirabel, comuna do departamento de Lot.
O Airbus A318 é un avión civil de pasaxeiros de Airbus, o consorcio europeo de fabricación de aeronaves. É o membro máis pequeno da familia do A320, polo que ás veces é chamado o Mini-Airbus. Durante o desenvolvemento foi coñecido como A319M3, o que indica que é un derivado do A319 pero con 3 seccións de fuselaxe menos.
Jada Koren Pinkett Smith, nada en Baltimore (Maryland), o 18 de setembro de 1971 é unha actriz e cantante estadounidense. Comezou a súa carreria en 1990, aparecendo na serie de televisión True Colors. Protagonizou A Different World, producida por Bill Cosby, e máis tarde apareceu no filme de Eddie Murphy The Nutty Professor (1996).
Para ver o artigo sobre o concello da provincia de Pontevedra, véxase A EstradaUnha estrada é unha vía de dominio e uso público, proxectada e construída fundamentalmente para a circulación de vehículos automóbiles. Existen diversos tipos de estradas, aínda que coloquialmente úsase o termo estrada para definir á estrada convencional que pode estar conectada, a través de accesos, ás propiedades lindeiras, diferenciándoas doutro tipo de estradas, as autovías e autoestradas, que non poden ter pasos e cruces ao mesmo nivel. Distínguese dun simple camiño porque está especialmente concibida para a circulación de vehículos de transporte.
"A Place with No Name" é un sinxelo do artista estadounidense Michael Jackson, que foi lanzado postumamente o 12 de agosto de 2014. Unha versión de 24 segundos estaba foi publicada na páxina web TMZ.com o 16 de xullo de 2009, tres semanas despois da morte do cantante. A versión completa foi publicada online o 3 de decembro de 2013.
Premio Princesa de Asturias das Artes
O Premio Princesa de Asturias das Artes é concedido pola Fundación Princesa de Asturias dende 1981 á persoa, institución, grupo de persoas ou institucións cuxo labor na arquitectura, cinematografía, danza, escultura, música, pintura e demais expresións artísticas, constitúa unha achega relevante ó patrimonio cultural da humanidade.
Urano é o sétimo planeta do sistema solar, situado entre Saturno e Neptuno, o terceiro de maior tamaño, e o cuarto máis masivo. Chámase así en honra da divindade grega do ceo Urano (do grego antigo Οὐρανός), o pai de Cronos (Saturno) e o avó de Zeus (Xúpiter). Aínda que é detectable a primeira ollada no ceo nocturno, non foi catalogado como planeta polos astrónomos da antigüidade debido á súa escasa luminosidade e á lentitude da súa órbita.
O árabe (العربية al-'arabiyyah, ou menos formalmente 'arabi), tamén chamado arábigo ou arábico, é a lingua máis falada dentro da rama semítica das linguas afroasiáticas, e está intimamente relacionada co hebreo e o arameo. Fálase ó longo do mundo árabe e é moi coñecida e estudada dentro do mundo islámico. O árabe leva sendo unha lingua literaria dende, polo menos, o sexto século, e é a lingua litúrxica do islam.
O CAIC Z-10, tamén chamado WZ-10, é un helicóptero de ataque desenvolvido por China. Está deseñado principalmente para misións anti-carro pero tamén ten capacidades aire-aire. Foi codeseñado pola oficina de deseño rusa Kamov baixo un contrato co goberno chinés e é fabricado por Changhe Aircraft Industries Corporation (CAIC).En setembro de 2016 China anunciou que as súas unidades de aviación da forza terrestre foran equipadas co WZ-10.
John Sidney McCain III, nado en Coco Solo, Canal de Panamá, o 29 de agosto de 1936 e finado en Cornville (Arizona) o 25 de agosto de 2018, foi un político estadounidense. Senador sénior por Arizona, foi candidato do Partido Republicano de Estados Unidos para a elección presidencial de 2008, que perdeu fronte ao demócrata Barack Obama.
O movemento, no plano mecánico, é un fenómeno físico que se define como todo cambio de posición que experimentan os corpos dun sistema ou conxunto no espazo con respecto a eles mesmos ou conforme a outro corpo que serve de referencia. Todo corpo en movemento describe unha traxectoria. A parte da física que se encarga do estudo do movemento sen estudar as súas causas é a cinemática.
Xamaica (/dʒəˈmeɪkə/; en inglés e oficialmente Jamaica) é un país insular situado no Mar Caribe. Cunha extensión de 10990 km², 240 km de longo e un máximo de 80 km de ancho, é a terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e Hispaniola). Xamaica atópase a 630 km do continente centroamericano, a uns 145 km.
En bioloxía, un taxon (do grego τάξις, transliterado como táxis, "ordenamento") é un grupo de organismos emparentados, que nunha clasificación dada foron agrupados, asignándolle ao grupo un nome en latín, unha descrición, e un "tipo" que, se o taxon é unha especie, é un espécime ou exemplar concreto. Cada descrición formal dun taxon está asociada ao nome do autor ou autores que a realizan, os cales fanse figurar detrás do nome. En latín o plural de taxon é taxa, sendo así como adoita usarse en inglés, pero en galego o plural adecuado é taxons.
International Standard Musical Work Code
O ISWC (acrónimo inglés de International Standard Musical Work Code) é o número de referencia internacional para a identificación e comercialización de obras musicais, equivalente ao ISBN para os libros. Está descrito pola norma internacional ISO 15707.
Joseph Louis Barrows, nado en LaFayette (Alabama) o 13 de maio de 1914 e finado nas Vegas o 12 de abril de 1981, foi un boxeador estadounidense alcumado o "bombardeiro de Detroit". Foi campión mundial do peso pesado durante once anos e oito meses (1937-1949), un récord que ninguén conseguiu superar. A International Boxing Research Organization (IBRO) clasificouno como o mellor peso pesado da historia, e a revista The Ring colocouno no número 4 da listaxe dos mellores boxeadores históricos libra por libra.Disputou un total de 70 combates, con 66 vitorias (52 por K.O.) e 3 derrotas.
Macau (chinés tradicional: 澳門, chinés simplificado: 澳门, cantonés: Oumún, portugués: Macau), é unha zona administrativa especial da República Popular da China. Estivo baixo a soberanía de Portugal ata o 20 de decembro de 1999. Está constituída por unha península e dúas illas (Taipa e Coloane), cunha superficie total de 28,2 km².
Joseph Clifford Montana Jr. (popularmente Joe Montana), nado o 11 de xuño de 1956 en New Eagle, Pensilvania, é un ex xogador profesional de fútbol americano, que competiu na National Football League entre 1979 e 1994 defendendo durante 14 tempadas as cores dos San Francisco 49ers e durante outras 2 tempadas as cores dos Kansas City Chiefs, sempre ocupando a posición de quarterback.
Goura sclaterii, coñecida na bibliografía internacional como pomba coroada de Sclater, ou gura de Sclater, é unha especie de ave pertencente á subclase das neornites, infraclase dos neognatos, superorde das neoaves, granorde dos columbimorfos, orde das columbiformes, subfamilia dos gurinos, unha das catro integradas no xénero Goura.Endémica de Nova Guinea, anteriormente considerábase unha subespecie da pomba coroada de Scheepmaker (Goura scheepmakeri) pero na actualidade trátase como especie separada.
Flood (nado o 16 de agosto de 1960 en Londres) é o pseudónimo profesional do produtor británico de post-rock e rock alternativo e enxeñeiro de son Mark Ellis. A longa lista de traballos de Flood inclúe proxectos con artistas como U2, Nine Inch Nails, Depeche Mode, Erasure, Nick Cave, PJ Harvey, Sigur Rós, The Smashing Pumpkins ou The Killers entre moitos outros. Coproduciu traballos ao lado de produtores como Brian Eno, Daniel Lanois, Steve Lillywhite, e o seu colaborador durante moito tempo Alan Moulder, co cal co-fundou o complexo de estudios Assault & Battery.
Os Philadelphia Phillies son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede na cidade de Filadelfia, Pensilvania. O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Oeste da National League (NL). Os Phillies son a franquía máis antiga do deporte estadounidense e canadense con sede na mesma cidade e sen mudar de nome, sendo fundada en 1883.
Colisión aérea en Zagreb de 1976
A colisión aérea en Zagreb de 1976 foi un accidente o 10 de setembro de 1976 preto de Zagreb entre o voo 476 de British Airways, un Hawker Siddeley Trident que voaba de Londres a Istanbul, e o voo 550 de Inex-Adria Aviopromet, un Douglas DC-9 en ruta dende Split ata Colonia. A colisión foi o resultado dun erro de procedemento dos controladores de tráfico aéreo de Zagreb. As 176 persoas a bordo dos dous avións morreron, sendo no seu momento a peor colisión aérea do mundo.
Henan (en chinés 河南, en pinyin Hénán) é unha provincia da República Popular da China, localizada no centro do país. É o berce da civilización chinesa con 3 000 anos de historia rexistrada, e permaneceu como centro cultural, político e económico ata hai aproximadamente mil anos. Entre os seus tesouros artísticos salientan as ruínas da capital da dinastía Shang, Yin Xu, e o mosteiro Shaolin.
A guitarra, un instrumento musical de corda pulsada, evolución da vihuela, é un invento español, desenvolto nos séculos XVI a XVIII e perfeccionada polo lendario Antonio de Torres que lle deu a forma e estrutura que aínda ten hoxe. A guitarra clásica, de concerto ou española, está feita de madeira (normalmente nobres) e ten seis cordas, os tres bordóns graves metálicas e as agudas de nailon ou carbono; antigamente as cordas eran de tripa. No século XX apareceron outros tipos de guitarra nos Estados Unidos, primeiro a chamada acústica, con cordas de aceiro, e despois a guitarra eléctrica, que ten unha pastilla ou imán bobinado que transforma as vibracións nun sinal eléctrico que se pode amplificar.
Wout van Aert, nado en Herentals o 15 de setembro de 1994, é un ciclista profesional belga especialista na modalidade de ciclocrós que actualmente milita no equipo Profesional Continental do Veranda's Willems-Crelan. Na súa modalidade principal, o ciclocrós, Wout ten 2 títulos mundiais consecuivos (2016 e 2017) e 2 campionatos belgas (2016 e 2017). En categorías inferiores tamén ten un campionato mundial sub-23, unha prata mundial xúnior e un europeo sub-23.
Rodney George Laver, nado en Rockhampton (Queensland) o 9 de agosto de 1938, é un ex-tenista australiano, considerado por moitos como un dos xogadores máis destacados da historia, xa que é o único home que gañou os catro títulos do Grand Slam no mesmo ano en dúas ocasións (1962 e 1969), ademais de gañar o "Grand Slam Pro" en 1967, durante a súa etapa profesional na que non podía competir nos majors, e o terceiro en lograr os catro grandes. Laver ten o récord de títulos gañados na súa carreira con 184 torneos (47 no circuíto ATP) e foi considerado como n.º 1 do mundo durante sete anos consecutivos.
Lance Armstrong, nado o 18 de setembro de 1971 en Plano, Texas, é un ciclista norteamericano. É especialmente coñecido por, despois de ter superado un cancro de testículos (diagnosticado en 1996), ser o único ciclista do mundo en gañar 7 Tours de Francia. Conseguidos de xeito consecutivo, dende 1999 ata 2005, fóronlle retirados o 22 de outubro de 2012 pola Unión Ciclista Internacional tralo informe da Axencia Antidopaxe dos Estados Unidos (USADA) por doparse e de subministrar substancias dopantes aos seus compañeiros de equipo.
Oregón é un estado situado na rexión xeográfica do Noroeste Pacífico, nos Estados Unidos de América. O río Columbia debuxa unha gran parte da fronteira norte de Oregón co Estado de Washington, mentres que na súa fronteira leste, o río Snake fai o mesmo co Estado de Idaho. O paralelo 42o norte delimita a fronteira sur cos Estados de California e de Nevada.
Cliodinámica (que etimoloxicamente provén de Clio, a musa de historia na mitoloxía grega, e dinámicas) é unha área multidisciplinar de procura focalizada na modulación matemática dos procesos histórico-sociais a longo prazo, a historia teorética, a macrosocioloxía histórica, a creación e a análise de bases de datos históricos, as investigacións sobre a evolución social, a demografía histórica etc.As principais realizacións foron feitas en relación á modelaxe matemática dos ciclos da dinámica socio-demográficas e as grandes tendencias da dinámica do mundo.
Doménikos Theotokópoulos (do grego Δομήνικος Θεοτοκόπουλος), coñecido universalmente como El Greco ("O Grego"), nado en Candia (Creta) en 1541 e finado en Toledo o 7 de abril de 1614, foi un pintor, escultor e arquitecto do final do Renacemento que desenvolveu un estilo moi persoal nas súas obras de madurez, de orixe grega e que traballou principalmente en España. As súas obras, xunto coas de Velázquez, Goya, Picasso e Dalí constitúen o epítome da pintura española de tódolos tempos. Ata os 26 anos viviu en Creta (Creta formaba parte naquel tempo da República de Venecia), onde foi un apreciado mestre de iconas no estilo posbizantino vixente na illa.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Aspergillus clavatus é unha especie de fungo ascomiceto do xénero Aspergillus con conidios de dimensións 3–4,5 x 2,5–4,5 μm. Atópase en solos e esterco animal. O fungo foi descrito cientificamente por primeira vez en 1834 polo micólogo francés John Baptiste Henri Joseph Desmazières.Este fungo pode producir a toxina patulina, que se pode asociar con doenzas humanas e animais.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
José Ángel López Ortiz, O.S.A., nado o 10 de xullo de 1898 en San Lorenzo de El Escorial (provincia de Madrid, España) e finado o 4 de marzo de 1992 en Madrid, foi un relixioso católico latino, arabista e historiador do dereito. Foi bispo de Tui entre 1944 e 1969, e posteriormente arcebispo castrense até 1977.
O Bugatti Chiron é un coche superdeportivo bipraza con motor central-traseiro deseñado, desenvolvido e fabricado pola filial francesa de Volkswagen Bugatti Automobiles S.A.S. e fabricado en Molsheim (Francia). Sucesor do Bugatti Veyron, o Chiron foi amosado por primeira vez no Salón do Automóbil de Xenebra o 1 de marzo de 2016. O coche está baseado no Bugatti Veyron.
Mauro da Silva Gomes, nado en São Bernardo do Campo (Estado de São Paulo) o 12 de xaneiro de 1968, é un exfutbolista brasileiro. Considerado un dos futbolistas máis destacados da súa época e un dos mellores mediocentros defensivos de tódolos tempos, é o terceiro xogador con máis partidos na historia do Deportivo da Coruña (459), club no que militou durante 13 tempadas entre 1992 e 2005 e do que foi capitán. Fichou polo Deportivo tras destacar no Bragantino, co que gañou o Campionato Paulista e co que foi subcampión do Brasileirão despois de ter ascendido pouco antes á máxima categoría.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.