Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Fidel Alejandro Castro Ruz ( son), nado en Birán o 13 de agosto de 1926 e finado na Habana o 25 de novembro de 2016, foi un avogado e revolucionario comunista cubano, con orixe galega, que gobernou Cuba como primeiro ministro de 1959 a 1976 e logo como presidente de 1976 a 2008. Nacionalista e marxista-leninista, exerceu como Primeiro Secretario do Partido Comunista de Cuba dende 1965 a 2011. Baixo o seu mandato, o país transformouse nun país socialista, con gran parte da industria e da economía nacionalizadas.
O CSKA Ice Palace (en ruso Ледовый Дворец Спорта ЦСКА) é un pavillón deportivo da cidade de Moscova (Rusia). Foi reconstruído en 1991 sobre o seu antecesor da era soviética construído en 1964, pasando a ter capacidade para 5.600 espectadores. Neste pavillón xogaba os seus partidos como local a sección de hóckey sobre xeo do CSKA Moscova, equipo que forma parte da Kontinental Hockey League (KHL).
Iuri Alexeievitch Gagarin (en ruso Юрий Алексеевич Гагарин; [ˈjʉrʲɪj ɐlʲɪˈksʲejɪvʲɪtɕ ɡɐˈɡarʲɪn]), nado en Klushino (óblast de Smolensk) o 9 de marzo de 1934 e finado preto de Novosiolovo (óblast de Vladimir) o 27 de marzo de 1968, heroe da Unión Soviética, foi un cosmonauta ruso que, o 12 de abril de 1961, marcou a historia da humanidade e da exploración espacial ao converterse no primeiro ser humano que viaxou ao espazo exterior, realizando un voo orbital completo arredor da Terra, a bordo da nave espacial Vostok 1.Gagarin converteuse nunha celebridade internacional, e foi galardoado con diferentes medallas e honores, como o de Heroe da Unión Soviética, o honor máis elevado da nación. A Vostok 1 foi a súa única misión espacial, aínda que ocupou un cargo na tripulación de recambio da misión Soiuz 1 (que terminou en accidente). Despois, Gagarin converteuse no director de formación adxunto do Centro de adestramento de cosmonautas, que logo se renomeou no seu honor.
Albert Camus, nado en Mondovi -actual Dréan (en árabe : الذرعان)- (Alxeria) o 7 de novembro de 1913 e finado en Villeblevin no departamento de Yonne (Francia) o 4 de xaneiro de 1960, foi un escritor e filósofo francés. Dende un punto de vista artístico, trátase dun autor vencellado ao existencialismo, malia que afirmou non comungar cos seus postulados filosóficos. En 1957 concedéuselle o Premio Nobel de Literatura.
A rolda nocturna ou A rolda de noite (en neerlandés: De Nachtwacht) é unha pintura ao óleo sobre tea do pintor Rembrandt, pintada entre 1639 e 1642. A pintura mide 380 cm de altura e 454 cm de largura e mostra a Garda Cívica de Ámsterdam baixo o mando do capitán Frans Banning Cocq. Xeralmente considerada como a magnum opus de Rembrandt, A rolda nocturna é unha das pinturas máis coñecidas do barroco.
Die Hard with a Vengeance é un filme estadounidense dirixido por John McTiernan que foi estreado en 1995. Está protagonizado por Bruce Willis, que interpreta o Tenente da Policía de Nova York John McClane, por Samuel L. Jackson como o compañeiro de McClane Zeus Carver, e Jeremy Irons como Simon Peter Gruber. Foi estreado no 19 de maio de 1995, cinco anos despois de Die Hard 2, e foi seguido por Live Free or Die Hard e A Good Day to Die Hard no 2007 e 2013, respectivamente.
A calzada é a parte da estrada destinada á circulación dos vehículos. Componse dun certo número de carrís e a súa zona exterior (onde non se debe circular excepto en circunstancias especiais) son as beiravías, que non pertencen á calzada. Nas autoestradas e autovías, hai unha ou máis calzadas por cada sentido de circulación, separadas por medianas ou outros medios.
Songkick é unha compañía tecnolóxica estadounidense que proporciona servizos de descubrimento de concertos e de vendas de entradas para eventos musicais ao vivo. A web e a app móbil de Songkick permite aos usuarios rastrexar a artistas en xira, recibir alertas de concertos na súa área e mercar entradas para os espectáculos, usando tecnoloxía e servizos que dirixen e xestionan as vendas de entradas en nome de artistas.
Para ver outros artigos co mesmo nome, vexa Hamlet (homónimos).Hamlet é unha traxedia escrita por William Shakespeare, unha das obras teatrais máis coñecidas e citadas do mundo. Shakespeare escribiuna entre 1600 e o verán de 1602, publicouse por vez primeira en 1603. O soliloquio To be ou not to be (ser ou non ser) é a pasaxe máis popular da obra.
Retriever é unha clase funcional de cans, de acordo co recoñecemento da Fédération Cynologique Internationale (FCI), que designa os cans cobradores de caza. Os retrievers foron criados principalmente para cobrar os paxaros ou outras presas e darllas ó cazador sen danalas. Por esa razón, as razas retriever son criadas con trabada suave e unha gran vontade de agradar, aprender e obedecer.
Wisława Szymborska, Maria Wisława Anna Szymborska, nada en Kórnik o 2 de marzo de 1923 e finada o 1 de febreiro de 2012, foi unha poeta polaca. Obtivo o Premio Nobel de Literatura en 1996. Parte da súa obra poética foi traducida ao galego por Lucía Caeiro para Edicións Positivas baixo o título Versos escollidos nunha edición bilingüe, de 84 poemas.
Un telefilme é un filme producido e orixinalmente emitido por unha canle de televisión. O formato apareceu nos Estados Unidos a principios da década de 1960 para incentivar aos epectadores para que veran na casa unha película equivalente ás longametraxes exhibidas en salas de cinema. Os telefilmes adoitan teren orzamentos menores que o das películas realizadas para o cinema, pero contan cun número de xéneros e temas tan amplos como as obras cinematográficas.
Adrien Nicholas Brody, nado en Queens, Nova York o 14 de abril de 1973, é un actor estadounidense. Acadou fama a nivel internacional e o recoñecemento da crítica no filme de Roman Polanski O pianista (2002), por cuxa interpretación gañou o Oscar ó mellor actor con 29 anos, sendo o actor máis novo en ter ese recoñecemento. Brody é tamén o único actor americano que recibiu un galardón nos Premios César franceses.
Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain
Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain é un filme francés do xénero comedia romántica estreada en 2001. O lema da película era "Ela vai cambiarche a vida..." (En francés: "Elle va te changer la vie..."). Co-escrita xunto a Guillaume Laurant polo seu director, Jean-Pierre Jeunet, foi distribuída en Estados Unidos por Miramax e en España por Manga Films.
As células M ou células micropregadas son células que se encontran no epitelio asociado aos folículos linfoides das placas de Peyer das paredes do intestino delgado. Funcionan transportando microorganismos e partículas antixénicas desde a luz intestinal ás células inmunitarias das placas de Peyer a través da barreira epitelial, e deste modo son importantes para estimular a inmunidade nas mucosas. A diferenza das súas células veciñas do epitelio intestinal, teñen a capacidade de tomar os antíxenos da luz intestinal por endocitose ou fagocitose, e cedelos por medio de transcitose ás células dendríticas das placas de Peyer (que son células presentadoras do antíxeno) e aos linfocitos T, situados nunha estrutura con forma de bolsa situada na súa membrana basolateral.
Pablo Ruiz Picasso, nado en Málaga o 25 de outubro de 1881 e finado en Mougins, Francia, o 8 de abril de 1973, foi un pintor español máis coñecido polo nome artístico de Pablo Picasso, xa que asinaba co segundo apelido. Foi un dos máis recoñecidos artistas do século XX, coñecido sobre todo porque fundou o cubismo xunto con Georges Braque. Na súa dilatada carreira, evolucionou por diferentes estilos e experimentou con outras disciplinas como a cerámica, a escultura con bronce, o collage, e mesmo fixo poesía.
Arte dei Maestri di Pietra e Legname
Arte dei Maestri di Pietra e del Legname (en galego, Gremio dos Mestres da pedra e da madeira), foi un dos gremios menores dos gremios de artes e oficios de Florencia .
Un dialecto é a modalidade que presenta unha lingua determinada nun territorio ou grupo social concreto. Débese distinguir dialecto de sociolecto (o sociolecto é unha variante da lingua falada por un determinado estrato social), do de lingua padrón, da xerga e do argot. O dialecto de prestixio ou dialecto estándar é o que se emprega nas situacións formais, e polo tanto, úsase como idioma oficial e é o que se ensina en ámbitos educativos.
Laurusia (unha fusión das palabras Laurentia e Rusia e diferente da máis grande Laurasia), tamén chamada Euramérica ou Continente do arenito vermello antigo, foi un supercontinente menor creado no Devoniano como resultado da colisión e fusión entre os antigos continentes de Laurentia, Báltica e Avalonia durante o oroxenia caledoniana, hai uns 410 millóns de anos. No Carbonífero tardío, as selvas tropicais estendíanse polo ecuador de Laurusia. Cando o clima se fixo máis árido ocorreu un importante e abrupto cambio na vexetación.
Figueres-Vilafant é unha estación de ferrocarril de alta velocidade de Adif situada preto da cidade de Figueres, no concello de Vilafant, na provincia de Xirona (Cataluña, España). Exerce funcións de estación fronteiriza para os tráficos de alta velocidade entre Francia e España, sendo o punto de conexión entre as liñas Madrid-Barcelona-Figueres (pertencente á rede española) e Figueres-Perpiñán (tramo de conexión internacional entre as redes francesa e española).
O Pallacanestro Reggiana, actualmente coñecido como UnaHotels Reggio Emilia por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Reggio Emilia, Emilia-Romaña. O Basket Brescia foi fundado en 1974 e actualmente compite na Serie A, máxima categoría do baloncesto transalpino, e na Eurocup. No palmarés do equipo destacan a súa vitoria no EuroChallenge en 2014 e a Supercopa de Italia de 2015.
Cristovo Colón, nado na República de Xénova en 1451 e finado en Valladolid o 20 de maio de 1506, foi un navegante, cartógrafo, almirante, vicerrei, explorador e gobernador xeral das Indias durante os séculos XV e XVI ao servizo dos Reis Católicos, famoso polo denominado descubrimento de América para a civilización occidental en 1492, tras emprender unha viaxe a través do Océano Atlántico co obxectivo de chegar á India, malia que en troques chegou ás illas do Caribe na América Central conseguindo establecer as rutas marítimas e abrindo o camiño á colonización americana. As terras exploradas por Colón foron inicialmente chamadas Indias Occidentais ou Novo Mundo, até a aparición, en 1507, do mapa de Martin Waldseemüller e Matthias Ringmann do obradoiro cartográfico de Saint-Dié-des-Vosges, cando se pasaron a chamar América, co gallo de que Waldseemüller leu unhas relacións sobre exploracións feitas naquel continente polo navegante italiano Amerigo Vespucci. Malia que posibelmente non foi o primeiro explorador europeo de América, Colón foi quen descubriu un novo continente para Europa e a historia, ao ser o primeiro navegante capaz de trazar unha ruta de ida e retorno aproveitando as correntes mariñas do Atlántico que hoxe aínda se utilizan, abrindo deste modo un Novo Mundo para explorar, e explotar, nos vellos reinos europeos.
O DTM 2014 foi a 15ª tempada do Deutsche Tourenwagen Masters. A tempada comezou o 4 de maio no circuíto de Hockenheim e rematou o 19 de outubro no mesmo lugar, tras 10 carreiras. O campión da clasificación de marcas foi Audi, mentres que o campión dos pilotos foi o condutor alemán de BMW, Marco Wittmann.
Escala pode referirse a: escala musical, ordenación de sons. Existen varios tipos de escalas musicais: Escala menor Escala maior Escala pentatónica Escala de blues Escala, relación de medidas entre un obxecto e a súa representación. En cartografía, unha escala é unha relación numérica ou gráfica que existe entre a realidade e o debuxo.
Raymond Allen "Ray" Liotta, nado o 18 de decembro de 1954 en Newark, Nova Jersey, e finado en Santo Domingo o 26 de maio de 2022, foi un actor e produtor estadounidense. É coñecido por interpretar os papeis de Shoeless Joe Jackson en Field of Dreams (1989), Henry Hill en Un dos nosos (1990) e Tommy Vercetti no videoxogo Grand Theft Auto: Vice City (2002). Outros papeis destacados de Liotta inclúen a Ray Sinclair en Algo salvaxe (1986), polo cal recibiu un nomeamento aos Globos de Ouro, así como por protagonizar Unlawful Entry (1992), Cop Land (1997), Hannibal (2001), Blow (2001), John Q (2002), Identidade (2003), Observe and Report (2009), Mátaos suavemente (2012), The Place Beyond the Pines (2012), Marriage Story (2019) e The Many Saints of Newark (2021), ou a serie de televisión Shades of Blue (2016–2018).
Ajuria Enea é un palacio da cidade vasca de Vitoria que constitúe a residencia oficial do lehendakari da comunidade autónoma do País Vasco. O seu nome provén da separación en dúas palabras de "Ajuriaenea", denominación en éuscaro que está composta polo apelido da familia que construíu o pazo, os Ajuria, declinado en éuscaro na forma do xenitivo, vindo a significar "de Ajuria". A decisión de converter o Pazo de Ajuria Enea en residencia oficial do lehendakari tomouse baseándose nos valores arquitectónicos do edificio, acorde á función política á que ía destinado.
En socioloxía, a estrutura social refírese á forma que adopta o sistema das relacións entre individuos dunha sociedade ou grupo. O concepto foi introducido na ciencia polo alemán Georg Simmel, a finais do século XIX e por Ferdinand Tönnies con 'comunidade íntima' e 'asociación impersoal', para explicar as relacións sistemáticas que vinculan a membros dunha determinada comunidade aínda que non se atopen en ningún momento en contacto directo, resultou un dos conceptos máis problemáticos da disciplina e o comportamento humano. A falta dun consenso acerca de en que medida as estruturas teñen unha existencia real, máis aló das accións dos individuos —o chamado problema da relación axencia-estrutura- e a posición dalgunhas correntes, especialmente de orixe empirista, que negan a posibilidade de concibir adecuadamente a estrutura social no seu conxunto, foron causa de numerosos debates.
Mónaco (en francés: Monaco, en monegasco: Múnegu, en italiano: Monaco, en occitano: Mónegue), oficialmente Principado de Mónaco (en francés: Principauté de Monaco, en monegasco: Principatu de Múnegu, en italiano: Principato di Monaco, en occitano: Principat de Mónegue) é unha cidade-estado situada ao sur de Francia na costa mediterránea, en Europa. Cunha superficie de 1,9 km² é o segundo país máis pequeno do mundo, despois da Cidade do Vaticano. Debido a ese pequeno tamaño posúe soamente pouco máis de catro quilómetros de fronteira, todas con Francia, aínda que se atopa bastante preto de Italia a 11 km.
Campionato do mundo de ciclismo de montaña e trial 2014
O Campionato do Mundo de Ciclismo de Montaña e Trial 2014 foi a 25ª edición dos mundiais de mountain bike e trial. Os campionatos celebráronse en Hafjell e Lillehammer, Noruega do 2 ao 7 de setembro de 2014.
Hay Day é un videoxogo para móbiles tipo freemium de agricultura desenvolvido e publicado por Supercell. Hay Day foi lanzado para iOS o 21 de xuño do 2012 e para Android o 20 de novembro do 2013. Segundo un informe de 2013, Supercell gañou 30 millóns de dólares ao mes grazas a Hay Day e a Clash of Clans, outro xogo creado por Supercell.
O dióxido de cloro é un composto químico coa fórmula ClO2 que existe en forma de gas verdoso amarelado por riba dos 11 °C, ou como líquido marrón avermellado entre os 11 °C e −59 °C, e como cristais sólidos de cor laranxa intensa por debaixo dos −59 °C. Normalmente manéxase como solución acuosa. Utilízase comunmente como lixivia. Desenvolvementos máis recentes ampliaron as súas aplicacións no procesamento de alimentos e como desinfectante.
Un blog ou bitácora é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados bloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line. Hai algunhas características que son comúns á maioría dos blogs, como que os lectores poidan deixar comentarios, unha lista con ligazóns a outros blogs, chamada blogroll, un arquivo coas publicacións anteriores etc. Outras características non tan comúns, pero que están presentes na maioría dos blogs, son a de permitir trackbacks, que serve para saber quen liga á publicación, e a de permitir a subscrición, xeralmente mediante RSS, XML ou Atom, que serve para poder ler os blogs dende un programa á parte.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Elizabeth Gladys "Millvina" Dean, nada en Hampshire o 2 de febreiro de 1912 e finada na mesma vila o 31 de maio de 2009, foi unha muller inglesa, última supervivente do naufraxio do transatlántico RMS Titanic, aínda que debido a pouca idade que tiña no momento do accidente, non recordaba o que sucedeu aquela noite.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Escherichia coli, moitas veces abreviado como E. coli, é unha bacteria gramnegativa con forma de bacilo, que se encontra comunmente no tracto gastrointestinal inferior dos organismos de sangue quente (endotermos). A maioría das cepas de E. coli son inofensivas, pero algúns serotipos poden causar graves intoxicacións alimentarias nos humanos, e son ocasionalmente responsables da retirada de produtos alimenticios debido á súa contaminación. As cepas inofensivas son parte da flora intestinal humana normal, e poden ser beneficiosas para os seus hóspedes ao produciren vitamina K2, e impediren que se establezan alí bacterias patóxenas.E. coli e as bacterias relacionadas constitúen arredor do 0,1% da flora intestinal, e a transmisión fecal-oral é a principal ruta utilizada polas cepas patóxenas que causan doenzas.
IRC son as siglas de Internet Chat Relay ("retransmisión de charla por internet"), unha forma de comunicación instantánea sobre a Internet deseñada para a grupos de persoas que utilizan foros chamados "canais". O IRC foi creado por Jarkko Oikarinen a finais de agosto de 1988 como substituta dun programa chamado MUT nun BBS chamado OuluBox en Finlandia. Oikarinen inspirouse no Bitney Relay Chat que funcionaba na rede Bitnet.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928. O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 198.538.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Hospital de la Pitié-Salpêtrière
O Hospital de la Pitié-Salpêtrière (en galego: Hospital da Piedade-Salpêtrière) é un hospital público francés situado no XIII Distrito de París.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Lista das bolboretas de Galicia
A seguinte é unha lista alfabética das bolboretas que se atopan en Galicia. Está baseada principalmente nos datos recollidos pola Sociedade Galega de Historia Natural.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Pontia daplidice é unha bolboreta duns catro centímetros de envergadura, femias maiores que os machos, de anverso branco con manchas negras e reverso ouro verde, branco e amarelo, e con dimorfismo sexual. Pertence á familia Pieridae, foi descrita por Carl von Linné en 1758.É unha bolboreta que se distribúe por África, Europa e Asia, e que voa nunha gran variedade de hábitats e altitudes, aínda que preferentemente en lugares cálidos e secos. Cun marcado carácter migratorio.O seu estado de conservación non reviste preocupación e non se atopa incluída na Lista vermella da UICN nin no Atlas e libro vermello dos invertebrados ameazados de España.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O Racing Club de Ferrol, S.A.D. é un club de fútbol da cidade de Ferrol (A Coruña), fundado no 1919 pola fusión do Racing Club e o Club Ferrol, dous dos equipos da cidade nesa época. Xoga actualmente na Segunda División tras conseguir o ascenso na tempada 2022/23. Entre os seus maiores logros conta con tres campionatos galegos, un subcampionato da Copa do Rei en 1939, e un segundo posto na Segunda División en 1940.