Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O automóbil é un vehículo que se despraza sobre rodas autopropulsado por un motor propio e destinado ao transporte de persoas ou mercancías sen necesidade de carriles. Diferentes tipos de automóbiles inclúen o coche, o autobús, a furgoneta e o camión. Desprázase grazas a un motor de explosión a base dunha mestura de gasolina, ou gasóleo, e aire.
Unha arma nuclear é un explosivo de alto poder que utiliza a enerxía nuclear (esta arma xera unha gran cantidade de enerxía a partir dunha reacción de fisión ou de fusión nuclear, ambas reaccións liberan grandes cantidades de enerxía a partir de cantidades relativamente pequenas da materia), isto inclúe o vector transportador, como os mísiles balísticos intercontinentais, os mísiles balísticos de lanzamento submarino (en inglés Submarine-launched ballistic missiles) e parte da infraestrutura involucrada no seu manexo e operación. Este tipo de armas teñen unha gran capacidade destrutiva, e son as máis potentes que se utilizaron nunca. Actualmente, só un grupo relativamente reducido de países recoñece que dispón de armas nucleares.
A Porta de Brandeburgo (en alemán: Brandenburger Tor) non é un arco do triunfo, senón a porta de acceso ao "Novo Berlín" da época. O monumento atópase no centro de Berlín (Alemaña), sendo o símbolo máis representativo da cidade. Está situado na Pariser Platz, formando o final da avenida Unter den Linden e marcando o comezo do gran parque Tiergarten e da avenida Straße des 17.
O Universo é máis comunmente definido como todo o que existe fisicamente: a totalidade do espazo e do tempo, de todas as formas da materia, a enerxía e o impulso, e as leis e constantes físicas que as gobernan. A grande escala, é o obxecto de estudo da cosmoloxía, que se basea na física e na astronomía, aínda que algúns dos temas de estudo bordean a metafísica. O Universo comprende todo o que ten existencia dentro dunha determinada clase de obxectos ou entidades.
Miles Dewey Davis III, nado en Alton (Illinois) o 26 de maio de 1926 e finado en Nova York o 28 de setembro de 1991, foi un dos músicos de jazz máis importantes da última metade do século XX. Trompetista, director e compositor, Davis encabezou case tódalas principais evolucións do jazz dende a segunda guerra mundial ata os 90. Tocou nalgunhas das primeiras gravacións de bebop e gravou o primeiro cool jazz. Foi en parte responsable do desenvolvemento do jazz modal e o jazz fusion xurdiu do seu traballo con outros músicos entre finais dos 60 e principios dos 70.
Ishioka (石岡市, いしおかし, Ishioka-shi) é un concello xaponés da prefectura de Ibaraki. Está situado ao leste da rexión de Kantō e no centro da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 215,62 km² e a poboación de 79.434 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 368 hab./km².
O arco de medio punto ou arco de volta perfecta en arquitectura, é un tipo de arco que no intradorso ten a forma dun semicírculo. É o elemento principal da arquitectura abovedada, formando as de canón. Antigamente adoitaba estar conformado por doelas de pedra, adobe ou ladrillo, hoxe pode fabricarse en formigón.
A música soul é unha fusión de gospel e rhythm and blues aparecida nos anos cincuenta. Polo que parece todo comezou un día de 1954 en que Ray Charles e a súa banda ían nun autobús e comezaron a cantar unha letra profana sobre unha canción gospel que soaba na radio, gustoulles como quedaba e naceu "I Got a Woman" a primeira canción soul. O estilo axiña se converteu no máis popular entre a xuventude negra.
O axostilo é unha lámina ou eixe formado por microtúbulos que se encontra en certos eucariotas unicelulares. Orixínase na base dos flaxelos, e ás veces proxéctase alén do límie da célula, e adoita ser flexible ou contráctil, polo que pode estar implicado no movemento e proporciona soporte á célula. O axostilo orixínase en asociación coa raíz microtubular flaxelar e aparece en dous grupos de protistas, as oximónadas e os parabasálidos, os cales teñen axostilos con estruturas diferentes e non homólogas.
A arte xaponesa abarca un amplo abano de estilos e medios artísticos, incluíndo a antiga cerámica, escultura en madeira e broce, pintura en tinta en papel de seda, e moitos outros tipos de traballos artísticos. Ten tamén unha longa historia, que vai dende os primeiros asentamentos no Xapón, ao redor do décimo milenio antes da nosa era, até o presente. Historicamente, o Xapón foi obxecto de repentinas chegadas de novas ideas do exterior, seguidas de longos periódos de contacto mínimo co resto do mundo.
Xúpiter é o quinto planeta do Sistema Solar e o maior de todos eles. Forma parte dos denominados planetas exteriores ou gasosos. Era coñecido xa desde a antigüidade e parece ser que recibeu o nome por ser o maior de todos, xa que na mitoloxía romana Xúpiter era o pai dos deuses.Componse fundamentalmente de hidróxeno, cunha porción menor de helio e un núcleo rochoso de elementos pesados.
O Porto da Baía de Cádiz é un complexo portuario situado na provincia de Cádiz, no litoral do Océano Atlántico. Este complexo agrupa a varios portos situados na baía de Cádiz: Peirao de Cádiz, Peirao de Cabezuela-Puerto Real, Peirao da Zona Franca (Cádiz) e Peirao de El Puerto de Santa María. Todos estes portos están baixo a supervisión dunha mesma institución: A Autoridade Portuaria da Baía de Cádiz.
O CD5 é un cluster de diferenciación (CD), é dicir, unha glicoproteína de membrana que aparece durante a diferenciación celular, concretamente nun grupo de linfocitos B que segregan anticorpos IgM chamados células B-1, e tamén nos linfocitos T. As células B-1 teñen un receptor de células B (BCR) con diversidade limitada debido á súa carencia do encima desoxinucleotidil transferase terminal (TdT) e son potencialmente autorreactivas (autoinmunidade). O CD5 serve para mitigar os sinais activadores do BCR para que as células B-1 poidan só ser activadas por estímulos moi fortes (como as proteínas bacterianas) e non polas proteínas normais dos tecidos. O CD5 usouse como un marcador das células T ata que se desenvolveron os anticorpos monoclonais contra o CD3.
A narrativa é un xénero literario, que adoita presentarse en forma de prosa, mais pode ser tamén en versos (epopea, romanceiros). Segundo Carlos Reis, o texto narrativo é un proceso de exteriorización, unha actitude obxectiva e baseada na sucesividade. No século XX, a partir do estruturalismo, xorde unha especie de teoría semiótica da narrativa (ou narratoloxía) que propón estudar a narratividade en xeral (novelas, contos, filmes, espectáculos, mitos, anécdotas, cancións, músicas, vídeos).
David Michael Koechner, nado o 24 de agosto de 1962, é un cómico e actor estadounidense. É coñecido polos seus papeis como Champ Kind nos filmes de Anchorman e como Todd Packer na serie de NBC The Office. Koechner comezou na interpretación cando estudou comedia improvisada en Chicago en ImprovOlympic, baixo a dirección de Del Close, antes de unirse a Second City Northwest.
A Rexión dos Sudetes foi un territorio, actualmente na República Checa, habitado maioritariamente por poboación de lingua e cultura alemá. Tiña unha superficie 28.943 km² e ocupaba parte dos territorios de Bohemia, Moravia e Silesia que facían fronteira con outros estados, e a pesar do seu nome só unha parte estaba situada propiamente na rexión xeográfica dos Sudetes. Coa independencia de Checoslovaquia en 1918 a rexión adquiriu entidade diferenciada, primeiro como provincia (que abranguía só unha parte da rexión dos Sudetes) e coa ocupación nazi como rexión de Alemaña.
A música country é un estilo popular no sur dos Estados Unidos orixinado na música dos apalaches e nas cancións vaqueiras. Os seus antecedentes son as danzas europeas e as tradicións celtas (sobre todo escocesas). Na orixe era moi simple e interpretada por poucos instrumentos: guitarra, banjo e violín principalmente, as súas letras falaban da dura vida no campo, tristeza e amores imposíbeis.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
Luis Otero Sánchez-Encinas, nado en Pontevedra o 22 de outubro de 1893 e finado na Coruña o 20 de xaneiro de 1955, foi un futbolista galego. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española, participando nos Xogos Olímpicos de 1920. Tras xogar case unha década no Real Vigo Sporting co que gañou catro Campionatos de Galicia, deixou o club pouco despois de que este se fusionase co Fortuna de Vigo formando o Celta de Vigo, e fichou polo Deportivo da Coruña, o que foi un dos detonantes da histórica rivalidade entre o equipo vigués e o coruñés.
A sé episcopal (do latín sedem, cadeira) é o trono (cátedra) dun bispo. No sentido máis estrito, a sé episcopal (un epíscopo é un bispo) refírese á catedral dun bispo. Os termos sé diocesana e sé arquidiocesana teñen o mesmo significado, aínda que especifican o rango da xurisdición na xerarquía da igrexa á que pertenzan.
Naftali Bennett (en hebreo, נפתלי בנט), nado en Haifa o 25 de marzo de 1972, é un empresario e político israelí. É o líder do partido político nacionalista e sionista chamado Nova Dereita (hebreo: הימין החדש, ha-Yamin ha-Hadash) canda a Ayelet Shaked. Grazas a un acordo entre oito forzas políticas, foi nomeado Primeiro Ministro de Israel o 13 de xuño de 2021, acabando con 12 anos consecutivos de goberno de Benjamin Netanyahu.
Os terrores nocturnos son unha parasomnia que sucede durante o Sono de Ondas Lentas. Caracterízanse por despertares bruscos que se producen xeralmente no primeiro terzo do sono e iníciase cun grito de angustia. Aparece medo durante o episodio e signos de activación vexetativa coma taquicardia, taquipnea ou sudación.
O dólar internacional é unha unidade monetaria hipotética que ten o mesmo poder adquisitivo que o dólar estadounidense ten nos Estados Unidos nun momento dado . Esta unidade mostra canto vale unha unidade dunha moeda local dentro das fronteiras do país. As conversións a dólares internacionais calcúlanse utilizando a "paridade de poder adquisitivo" (PPA).
Internet Broadway Database (IBDB) (en galego: A base de datos de Broadway en Internet) é unha base de datos en liña de producións de Broadway e do seu persoal. Opera a través do Departamento de investigación de The Broadway League, unha asociación comercial norteamericana de teatro comercial.A IBDB achega rexistros de producións dende o inicio do teatro en Nova York no século XVIII até o presente. Nel, detállanse as persoas implicadas, feitos interesantes e estatísticas.Foi concibida por Karen Hauser, xefa do Departamento de Investigación da Liga de Teatros americanos e Produtores (agora chamado "The Broadway League").
Tribalistas é un trío musical e supergrupo brasileiro de música popular brasileira composto por Arnaldo Antunes, Carlinhos Brown e Marisa Monte. Lanzaron o seu primeiro álbum homónimo no Brasil en 2002 co selo Phonomotor Records e con distribución nacional e internacional da EMI. O álbum vendeu máis de 1,5 millóns de copias soamente no Brasil. En total, o álbum vendeu máis de 2,1 millóns de copias.
A doutrina Zhdanov (en ruso: доктрина Жданова) foi unha doutrina cultural soviética desenvolvida polo secretario do Comité Central Andrei Zhdanov en 1946. A doutrina propoñía unha división do mundo en dous campos: as forzas imperialistas, dirixidas polos Estados Unidos, e as democráticas, lideradas pola Unión Soviética. O principio fundamental da doutrina Zhdanov foi a miúdo resumida na frase "O único conflito que é posible na cultura soviética é o conflito entre o bo e o mellor".
Unha dinastía é unha serie de gobernantes dun o de varios estados relacionados entre si, ou provenientes todos dunha mesma liñaxe. Por extensión o termo aplícase a toda unha familia que acumula grandes cantidades de poder económico, político ou social durante diversas xeracións. A dinastía é a forma de sucesión da monarquía, na que o herdeiro da liñaxe sucede o monarca que morreu (ou se se produciu unha abdicación).
Este artigo é sobre a figura histórica de Xesús e os seus aspectos biográficos. Para informacións acerca das múltiples versións de Cristo, vexa ese artigo.Xesús de Nazaret, tamén coñecido como Xesús, Cristo, Xesucristo, é a figura central do cristianismo e unha das figuras máis influentes da cultura occidental. Para a maioría das denominacións cristiás, é o fillo de Deus, a segunda Persoa da Santa Trindade, sendo ao mesmo tempo plenamente humano (Deus encarnado).
Mauro da Silva Gomes, nado en São Bernardo do Campo (Estado de São Paulo) o 12 de xaneiro de 1968, é un exfutbolista brasileiro. Considerado un dos futbolistas máis destacados da súa época e un dos mellores mediocentros defensivos de tódolos tempos, é o terceiro xogador con máis partidos na historia do Deportivo da Coruña (459), club no que militou durante 13 tempadas entre 1992 e 2005 e do que foi capitán. Fichou polo Deportivo tras destacar no Bragantino, co que gañou o Campionato Paulista e co que foi subcampión do Brasileirão despois de ter ascendido pouco antes á máxima categoría.
Aspergillus clavatus é unha especie de fungo ascomiceto do xénero Aspergillus con conidios de dimensións 3–4,5 x 2,5–4,5 μm. Atópase en solos e esterco animal. O fungo foi descrito cientificamente por primeira vez en 1834 polo micólogo francés John Baptiste Henri Joseph Desmazières.Este fungo pode producir a toxina patulina, que se pode asociar con doenzas humanas e animais.
Alejandro "Álex" Bergantiños García, nado na Coruña o 7 de xuño de 1985, é un exfutbolista galego. Xogaba de mediocentro defensivo e desenvolveu a maior parte da súa carreira no Deportivo da Coruña, club do que foi capitán e xogador histórico. É o oitavo futbolista con máis partidos na historia do club (336) e o único en ter defendido a súa camiseta en catro categorías diferentes (Primeira, Segunda, Segunda B e Primeira RFEF).
Aspergillus terreus, tamén coñecido como Aspergillus terrestris, é un fungo tipo mofo que se atopa nos solos de todo o mundo. Aínda que ata hai pouco se pensaba que era estritamente asexual, agora sábese que pode realizar a reprodución sexual. É un fungo saprotrófico frecuente en climas cálidos como s rexións tropicais e subtropicais.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Julius Robert Oppenheimer, nado o 22 de abril de 1904 en Nova York e finado o 18 de febreiro de 1967 en Princeton, Nova Jersey, foi un físico teórico estadounidense de orixe xudía e profesor de física na Universidade de California, Berkeley. É un dos chamados «pais da bomba atómica» pola súa destacada participación no Proxecto Manhattan, o proxecto que conseguiu desenvolver as primeiras armas nucleares da historia durante a segunda guerra mundial. A primeira bomba nuclear foi detonada o 16 de xullo de 1945 na Proba Trinity en Novo México, Estados Unidos.
O escarapote, aínda que tamén reciben este nome outras especies do mesmo xénero, ou bispo,, Scorpaena scrofaé un peixe da familia dos escorpénidos de cor vermella e cuberta de espiñas. O seu peso pode chegar até case os 3 kg pero son raros os exemplares de máis de 1,5–2 kg. Normalmente atópase a profundidades desde os 10 aos 500 m, aínda que é posible atopalos con pouca auga semienterrados na area.
José Roberto Gama de Oliveira, coñecido como Bebeto, nado en Salvador o 16 de febreiro de 1964, é un exfutbolista e político brasileiro. Considerado un dos mellores dianteiros da historia do seu país, foi un prolífico goleador, autor de preto de 400 goles en partidos oficiais. Xogou en tres dos catro grandes equipos do Río de Xaneiro (Flamengo, Vasco da Gama e Botafogo) e destacou tamén no Deportivo da Coruña, sendo o quinto máximo goleador histórico do club galego e un dos seus maiores ídolos.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
O teixugo euroasiático, porco teixo, teixo, melandro ou tourón (Meles meles) é un mamífero que habita en gran parte do continente asiático e na maior parte do continente europeo, tirante o norte de Escandinavia e mais as illas de Islandia, Córsega, Sardeña, Sicilia e Chipre. Destacan as súas grandes poboacións no Reino Unido e Irlanda. O porco teixo pertence á familia dos mustélidos, xunto cos armiños, as londras, os visóns ou as martas, sendo o único da súa familia clasificado no xénero Meles.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 198.156.
Water for Elephants é un filme estadounidense de 2011 dirixido por Francis Lawrence e escrito por Richard LaGravenese. Está baseado na novela homónima de 2006 de Sara Gruen. Está protagonizado por Reese Witherspoon, Robert Pattinson e Christoph Waltz.Estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 22 de abril de 2011.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Blood Filloas foi un grupo de indie rock de Ferrol. Foi dos poucos grupos na escena penínsular en cultivar dito estilo. Aínda que cantaban a maioría dos seus tema en inglés, a raíz das súas aparicións en diversas escenas da vida cultural e artística galega, como o Xabarín Club, estiveron ligados ó denominado movemento bravú.
Campionato de Galicia de fútbol 1927/28
O Campionato de Galicia da Serie A 1927/28 foi a décimo cuarta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en outubro de 1927 e rematou en decembro do mesmo ano. Os dous primeiros postos do torneo outorgaban a clasificación para a Copa de España.Participaron o Celta de Vigo, o Eiriña Club de Fútbol, o Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol, o Emden FC Foot-ball Club e o Unión Sporting Club.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.