Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
O automóbil é un vehículo que se despraza sobre rodas autopropulsado por un motor propio e destinado ao transporte de persoas ou mercancías sen necesidade de carriles. Diferentes tipos de automóbiles inclúen o coche, o autobús, a furgoneta e o camión. Desprázase grazas a un motor de explosión a base dunha mestura de gasolina, ou gasóleo, e aire.
O topónimo galego Barral pode referirse a: Barral, parroquia do concello de Castrelo de Miño; Barral, lugar de dita parroquia; Barral, lugar da parroquia de Limiñón, no concello de Abegondo; Barral, lugar da parroquia de Brates, no concello de Boimorto; Barral, lugar da parroquia de Catoira, no concello de Catoira; Barral, lugar da parroquia de Padrenda, no concello de Padrenda; Barral, lugar da parroquia de Besomaño, no concello de Ribadumia; Barral, lugar da parroquia de Ribadumia, no concello de Ribadumia; Barral, lugar da parroquia de Sabrexo, no concello de Vila de Cruces; O Barral, lugar da parroquia de Castromaior, no concello de Abadín; O Barral, lugar da parroquia de Labrada, no concello de Abadín; O Barral, lugar da parroquia de Presedo, no concello de Abegondo; O Barral, lugar da parroquia de San Pedro de Mor, no concello de Alfoz; O Barral, lugar da parroquia de Arteixo, no concello de Arteixo; O Barral, lugar da parroquia de Celeiro de Mariñaos, no concello de Barreiros; O Barral, lugar da parroquia de Tiobre, no concello de Betanzos; O Barral, lugar da parroquia de Mercurín, no concello de Boimorto; O Barral, lugar da parroquia de Bribes, no concello de Cambre; O Barral, lugar da parroquia de Artes, no concello de Carballo; O Barral, lugar da parroquia de Feás, no concello de Cariño; O Barral, lugar da parroquia de Esteiro, no concello de Cedeira; O Barral, lugar da parroquia de Régoa, no concello de Cedeira; O Barral, lugar da parroquia de Razamonde, no concello de Cenlle; O Barral, lugar da parroquia de Visma, no concello da Coruña; O Barral, lugar da parroquia de Mañón, no concello de Mañón; O Barral, lugar da parroquia de Miño, no concello de Miño; O Barral, lugar da parroquia de San Fiz de Monfero, no concello de Monfero; O Barral, lugar da parroquia de Liáns, no concello de Oleiros; O Barral, lugar da parroquia de Vilarromarís, no concello de Oroso; O Barral, lugar da parroquia de Céltigos, no concello de Ortigueira; O Barral, lugar da parroquia de Cuíña, no concello de Ortigueira; O Barral, lugar da parroquia de Devesos, no concello de Ortigueira; O Barral, lugar da parroquia de Insua, no concello de Ortigueira; O Barral, lugar da parroquia de Luía, no concello de Ortigueira; O Barral, lugar da parroquia de Senra, no concello de Ortigueira; O Barral, lugar da parroquia de Filgueira de Traba, no concello de Oza-Cesuras; O Barral, lugar da parroquia de Álvare, no concello da Pastoriza; O Barral, lugar da parroquia de Medín, no concello do Pino; O Barral, lugar da parroquia de Nogueirosa, no concello de Pontedeume; O Barral, lugar da parroquia das Pontes de García Rodríguez, no concello das Pontes de García Rodríguez; O Barral, lugar da parroquia de Rianxo, no concello de Rianxo; O Barral, lugar da parroquia de Santo Estevo de Budiño, no concello de Salceda de Caselas; O Barral, lugar da parroquia de San Caetano, no concello de Santiago de Compostela; O Barral, lugar da parroquia de Santiso, no concello de Santiso; O Barral, lugar da parroquia de Cortegada, no concello de Silleda; O Barral, lugar da parroquia de Vilar, no concello de Silleda; O Barral, lugar da parroquia de Bardaos, no concello de Tordoia; O Barral, lugar da parroquia da Vila de Abade, no concello de Tordoia; O Barral, lugar da parroquia de Touro, no concello de Touro; O Barral, lugar da parroquia de Meirás, no concello de Valdoviño; O Barral, lugar da parroquia de Sancovade, no concello de Vilalba; Barral de Cima, lugar da parroquia de Lindín, no concello de Mondoñedo; O Barral de Abaixo, lugar da parroquia de Cos, no concello de Abegondo; O Barral de Abaixo, lugar da parroquia de San Pedro de Viveiro, no concello de Viveiro; O Barral de Arriba, lugar da parroquia de Cos, no concello de Abegondo; O Barral de Arriba, lugar da parroquia de San Pedro de Viveiro, no concello de Viveiro; O Barral de Baixo, lugar da parroquia das Ribeiras do Sor, no concello de Mañón; O Barral de Riba, lugar da parroquia das Ribeiras do Sor, no concello de Mañón; O Barral do Alto, lugar da parroquia do Alto de Xestoso, no concello de Monfero. O Barral, poboado castrexo do concello de Mazaricos.
A libra esterlina (en inglés pound sterling) é a unidade monetaria oficial do Reino Unido. Habitualmente denomínase simplemente libra (pound), e para diferenciala da unidade de peso homónima acordouse usar o cualificativo de sterling, nome que tiña o antigo penique (penny) de prata, xa que os peniques (a 240ª parte dunha libra) eran a unidade monetaria básica e o seu valor equivalía a pouco menos có dunha libra actual. O símbolo da libra esterlina é £, e o seu código ISO 4217 é GBP. Desde 1971, logo da introdución do sistema decimal, a moeda británica está dividida en 100 novos peniques (en inglés pence, plural de penny), e o seu símbolo é p.
Vox é un partido político español conservador. Foi fundado en decembro de 2013 coa intención de presentar candidatura nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014, o seu presidente é Santiago Abascal e o seu secretario xeral é Javier Ortega Smith. É considerado por moitos como unha formación de ultradereita, aínda que tamén foi situado por algúns medios na dereita do espectro político.
Kosrae anteriormente coñecida como Kusaie, é unha illa da Micronesia e un estado dos Estados Federados de Micronesia no océano Pacífico. Forma parte do arquipélago de illas Carolinas. O Estado de Kosrae é un dos catro estados dos Estados Federados de Micronesia, e inclúe a illa principal de Kosrae e algunhas illas próximas e illotes, o máis importante dos cales está habitado (1.500 persoas) Illa Lelu.
En xeometría, o diámetro é calquera segmento recto interior dunha circunferencia que pasa polo seu centro, con punto de inicio e de fin na circunferencia. Os diámetros coas cordas máis longas do círculo e o seu valor equivale ao de dous raios. A circunferencia é, ademais, o seu arco capaz para un ángulo recto.
O aparello fonador ou aparello vocal consiste no conxunto de órganos da fala e os músculos que os accionan. A súa función está sobreposta ás actividades fisiolóxicas primarias (respirar, comer), polo que, en esencia, non se pode falar de "aparello fonador": certos órganos resultaron evolutivamente útiles á produción dos sons da linguaxe, pero na fala interveñen tamén o cerebro, o sistema nervioso e os órganos da audición.
Sócrates nado e morto en Atenas entre os anos 469 e 399 a.C. foi un célebre e controvertido filósofo clásico grego considerado como un dos máis grandes, tanto da filosofía occidental como da universal. Foi mestre de Platón, quen á súa vez foi mestre de Aristóteles, sendo estes tres os representantes fundamentais da filosofía da Antiga Grecia. Outros discípulos seus foron Antístenes, Aristipo, Fedón e Esquines.
Unha manifestación é a exhibición pública da opinión dun grupo activista (económica, política ou social, sobre todo), mediante unha congregación nas rúas, frecuentemente nun lugar ou unha data simbólicos e asociados con esa opinión. O propósito dunha manifestación é mostrar que unha parte significativa da poboación está a favor ou en contra dunha determinada política, persoa, lei etc. O éxito dunha manifestación adoita ser considerado maior canta máis xente participa.
Lión (en francés: Lyon, francoprovenzal: Liyon), é a terceira cidade máis grande e a segunda área urbana máis grande de Francia. Está situado na confluencia dos ríos Ródano e Saona, a uns 470 km ao sueste de París, 320 km ao norte de Marsella e 56 km ao nordés de Saint-Étienne. A cidade de Lión propiamente dita tiña unha poboación de 516.092 en 2017 dentro do seu pequeno territorio municipal de 48 km², pero xunto coa súa contorna e suburbios a área metropolitana de Lión tiña unha poboación de 2.323.221 ese mesmo ano a segunda máis poboada de Francia.
Maria Salomea Skłodowska-Curie (ˈmarja salɔˈmɛa skwɔˈdɔfska), máis coñecida como Marie Curie, nada en Varsovia o 7 de novembro de 1867 e finada en Passy, Francia, o 4 de xullo de 1934, foi unha física e química polonesa nacionalizada francesa. Pioneira no campo da radioactividade, foi a primeira muller en recibir un premio Nobel, a primeira persoa e a única muller en recibir dous premios Nobel, sendo ata o momento a única persoa en recibir o premio Nobel en distintas categorías científicas, e foi parte do legado da familia Curie de cinco premios Nobel (dous, ela, un, o seu marido Pierre Curie, un, a súa filla Iréne Joliot-Curie, e outro, o seu xenro Frédéric Joliot-Curie). Ela tamén foi a primeira muller en ser profesora na Universidade de París e en 1995 converteuse na primeira muller en ser sepultada por méritos propios no Panteón de París.
O tenis é un deporte que disputado entre dous xogadores (individuais) ou entre dous equipos formados por dous xogadores cada un (dobres). Cada xogador usa unha raqueta para golpear unha pelota de goma oca cuberta de feltro por riba dunha rede cara á cancha do opoñente. O tenis moderno orixinouse no Reino Unido a finais do século XIX como "tenis de céspede", que tiña moitas similitudes con varios xogos de herba, así como co xogo antigo do tenis real.
O porto de Bilbao é un porto da cidade de Bilbao, no País Vasco, situado na desembocadura da ría do Nervión no mar Cantábrico. Está xestionado pola Autoridade Portuaria de Bilbao e é capitanía da provincia marítima de Bilbao. Nas súas orixes, o porto situábase nas ribeiras superiores da ría, xunto á vila de Bilbao onde se mantivo ata a década dos 80 do século XX. Na actualidade o porto de Bilbao sitúa a maioría das súas instalacións na parte inferior da ría, no que se coñece como o Abra Exterior, en terreos de Santurtzi, Zierbena, Getxo, Portugalete e Abanto Zierbena.
Toleman Motorsport foi un construtor de Fórmula Un con base no Reino Unido. Estivo activo entre 1981 e 1985 e participou en 70 Grandes Premios. Ata que no inverno de 1985 a escudaría vendeuse a o seu principal patrocinador United Colors of Benetton, pasando o equipo a chamarse a partir de entón Benetton Formula.
Un xogo de cartas é calquera tipo de xogo que se xoga con cartas ou naipes que son cartóns rectangulares, con vértices redondeados, iguais, con figuras debuxadas por un lado. Estas figuras son todas diferentes (excepto os comodíns). O outro lado é exactamente igual en todas as cartas, de xeito que, cando se ven dende este lado, as cartas non se distinguen para que os xogadores poidan ocultar as súas cartas de xogo aos seus compañeiros de xogo.
O Teramo Basket foi un club de baloncesto italiano con sede na cidade italiana de Téramo, fundado en 1973 e disolto en 2012. Compitiu entre 2003 e 2012 na Serie A da Liga italiana, sendo a súa mellor clasificación o terceiro posto obtido na temporada 2008-09. Grazas a isto competiu ao ano seguinte a nivel europeo, sendo eliminados na fase regular da Eurocup.
Enrico Caruso, nado en Nápoles o 25 de febreiro de 1873 e finado o 2 de agosto de 1921, foi un tenor italiano, un dos máis famosos do mundo na historia da ópera. Caruso foi tamén o cantante máis popular en calquera xénero durante o primeiros vinte anos do século XX e un dos pioneiros da música gravada.[Cómpre referencia] Cantou en moitas das salas de ópera máis importantes do mundo, incluíndo o Teatro San Carlo de Nápoles, La Scala de Milán, o Teatro Colón de Buenos Aires e o Covent Garden de Londres, aínda que é máis coñecido por ser o primeiro tenor do Metropolitan Opera en Nova York durante dezasete anos.
Os Premios Princesa de Asturias (Premios Príncipe de Asturias ata o 2014) nacen en 1981, convocados pola Fundación Princesa de Asturias que foi creada o 24 de setembro de 1980. Son entregados anualmente en Oviedo, capital do Principado de Asturias. Dende o inicio o presidente de honor foi Filipe de Borbón en calidade de príncipe de Asturias mais, en outubro de 2014, o padroado da Fundación Príncipe de Asturias aprobou que tanto a institución como os premios pasasen a denominarse «Princesa de Asturias» por mor da proclamación de Filipe de Borbón como rei, Filipe VI, polo que a súa herdeira, a infanta Leonor, pasou a ser Princesa de Asturias e herdeira da Coroa de España e Presidenta de Honor da Fundación Princesa de Asturias.
Tesla pode referirse a: Nikola Tesla (1856-1943), inventor austrohúngaro; tesla, unidade para a medición do campo electromagnético; Tesla, banda de rock; Serra da Tesla en Burgos, España; Tesla, personaxe de manga; Tesla, Inc., fabricante de vehículos eléctricos, con base en Silicon Valley (Estados Unidos); Nvidia Tesla, un procesador de uso xeral baseado na tecnoloxía dos procesadores gráficos (GPU).
O arcadochipriota (ou aqueo meridional) foi un dialecto do grego antigo falado en Arcadia (no Peloponeso central) e en Chipre aproximadamente entre os séculos -VII e -IV, ademais falábase en Panfilia, na costa anatólica veciña a Chipre. Descendía directamente do grego micénico e falouse nas áreas onde se reprochou a poboación micénica logo da invasión dórica. Os micénicos colonizaran Chipre cara ao -1100.
Un volcán é unha estrutura xeolóxica pola cal emerxe magma (rocha fundida) e gases do interior dun planeta. O ascenso ocorre xeralmente en episodios de actividade violenta denominados erupcións, nas cales o volcán inxecta altas cantidades de poeira, gas e aerosois na atmosfera, podendo causar arrefriamento climático temporal. Ao acumularse o material arrastrado do interior fórmase unha estrutura cónica en superficie que pode atinxir alturas dunhas centenas de metros ata varios quilómetros.
John Dow Fisher Gilchrist , nado en Anstruther, concello de Fife, Escocia en 1866 e finado o 22 de outubro de 1926 na Cidade do Cabo, Suráfrica, foi un ictiólogo surafricano de orixe escocesa.Estableceu a ictioloxía como disciplina científica en Suráfrica. Foi fundamental no desenvolvemento da bioloxía mariña neste país africano e da súa industria pesqueira con base científica.
Unha roca, máquina de fiar, torno de fiar ou fiadeira é un instrumento para fiar manualmente fibras téxtiles. Supuxo un avance na tecnoloxía dos tecidos desenvolvido na China ou na India entre os anos 500 e 1000 d.C. A roca permite unha maior velocidade de fiado e produce un fío máis homoxéneo e resistente. Válese dunha roda accionada de diversas maneiras (movida en última instancia coa man ou co pé) que fai xirar o equivalente do fuso a moita velocidade e imprímelle unha torsión ao fío.
Woods of Ypres foi un grupo de metal extremo canadense con orixe en Ontario. O grupo fundouse en Windsor no ano 2002, composto inicialmente por David Gold, Aaron Palmer e Brian McManus. Os seus membros mudaron frecuentemente nos seguintes anos, con máis de 20 membros diferentes no conxunto das súas encarnacións.
O atentado non ten un concepto moi sinxelo de dar: defínese como unha agresión ou desacato grave a autoridade, que tamén se considera coma unha ofensa a un principio de orde que se considera recto/a. Tamén é observado este concepto a través do dereito penal e do código civil coma unha agresión contra a vida ou a integridade física, psíquica e moral dunha persoa. Na actualidade téndese a espallar o termo a o delito que leva consigo a violencia e resistencia grave na contra das autoridades, axentes en servizo de funcións públicas (gardas, policías etc...), sen chegar a rebelión ou a sedición.
Henriette-Marie-Sarah Bernhardt ou Rosine Bernard coñecida como Sarah Bernhardt, nada o 22 de outubro de 1844 en París e morta o 26 de marzo de 1923 na mesma cidade, e soterrada no cemiterio do Père-Lachaise, foi unha actriz de teatro francesa e tamén dos primeiros anos do cine mudo, considerada unha das mellores actrices de todos os tempos. En 1914 foille concedida a Lexión de Honra polas súas condicións artísticas.
En xeometría e nalgunhas antigas teorías físicas, un sólido platónico é un poliedro convexo con: Todas as caras son polígonos congruentes O mesmo número de caras en todos os vérticesReciben este nome na honra do filósofo grego Platón. Os cinco sólidos platónicos son coñecidos desde a antigüidade clásica e a proba de que son os únicos poliedros regulares pode ser encontrada nos Elementos de Euclides.
Super Mario Bros. (スーパーマリオブラザーズ) é un videoxogo deseñado por Shigeru Miyamoto para a videoconsola NES en 1985. Universalmente considerado un clásico, foi un dos primeiros xogos de plataforma de desprazamento lateral, a súa popularidade non tivo precedentes e comezou unha nova era nos xogos para consola, convertendo a figura de Mario na mascota oficial de Nintendo e nunha icona internacional.
O voo 2120 de Nigeria Airways foi un voo chárter de pasaxeiros dende Jeddah, Arabia Saudita ata Sokoto, Nixeria o día 11 de xullo de 1991 que se estrelou pouco despois de engalar do aeroporto internacional Rei Abdulaziz. Morreron as 247 pasaxeiros e 14 tripulantes a bordo do aparello. O avión era un Douglas DC-8 operado por Nationair para Nigeria Airways.
Sylvia é un xénero de aves da orde dos paseriformes, subordo dos páseros, infraorde dos paséridos, e superfamilia dos silvioideos, que é o tipo da familia dos sílvidos ou silvíidos (Sylviidae). O xénero comprende 29 especies de pequenos paxaros coñecidos popularmente como papuxas ou papudas, propias de Europa, o sur e o sueste de Asia, África e Arabia.
Un músico ou unha música é unha persoa que compón ou executa pezas musicais. Cando a persoa compón pezas fálase dun compositor, mentres que quen as executan poden ser instrumentistas (como guitarristas, violinistas, violonchelistas e pianistas, por exemplo), cantantes, directores de orquestra etc. Tamén son músicos quen realizan arranxos musicais e orquestracións.
Lisboa é a capital e maior cidade de Portugal, situada na foz do río Texo. Alén diso é tamén capital do distrito de Lisboa, da rexión de Lisboa, da área metropolitana de Lisboa, e é tamén o principal centro da subrexión estatística da Grande Lisboa. A cidade ten unha poboación de 545.245 habitantes (2011), mais a súa área metropolitana ten preto de 2,9 millóns, un 27% da poboación do país.
Aspergillus terreus, tamén coñecido como Aspergillus terrestris, é un fungo tipo mofo que se atopa nos solos de todo o mundo. Aínda que ata hai pouco se pensaba que era estritamente asexual, agora sábese que pode realizar a reprodución sexual. É un fungo saprotrófico frecuente en climas cálidos como as rexións tropicais e subtropicais.
Unha especie ameazada é unha especie cuxas poboacións están decrecendo até colocala en risco de extinción. Moitos países teñen lexislación que protexe estas especies, prohibindo a caza e protexendo os seus hábitats, mais esa lexislación é insuficiente para evitar que un número crecente de especies deixe de existir. Non hai consenso sobre os criterios de inclusión dunha especie na lista das ameazadas.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
Mauro da Silva Gomes, nado en São Bernardo do Campo (Estado de São Paulo) o 12 de xaneiro de 1968, é un exfutbolista brasileiro. Considerado un dos futbolistas máis destacados da súa época e un dos mellores mediocentros defensivos de tódolos tempos, é o terceiro xogador con máis partidos na historia do Deportivo da Coruña (459), club no que militou durante 13 tempadas entre 1992 e 2005 e do que foi capitán. Fichou polo Deportivo tras destacar no Bragantino, co que gañou o Campionato Paulista e co que foi subcampión do Brasileirão despois de ter ascendido pouco antes á máxima categoría.
O perfil ribosómico (ou perfilado ribosómico, ribosome profiling), tamén chamado Ribo-Seq ou pegada ribosómica (ribosome footprinting), é unha adaptación dunha técnica desenvolvida por Joan Steitz e Marilyn Kozak hai case 50 anos, que Nicholas Ingolia e Jonathan Weissman adaptaron para traballar cos métodos de secuenciación da seguinte xeración, que usa a secuenciación de ARNms especializados para determinar cales ARNms están sendo activamente traducidos. Unha técnica relacionada que tamén se pode usar para determinar qué ARNms están sendo activamente traducidos é a metodoloxía TRAP (Translating Ribosome Affinity Purification, Purificación de Afinidade de Ribosomas en Tradución), que desenvolveu Nathaniel Heintz na Universidade Rockefeller (en colaboración con Paul Greengard e Myriam Heiman). A TRAP non supón facer unha pegada ribosómica, mais proporciona información específica de tipo celular.
Turner Classic Movies (TCM) é unha rede de canles de televisión de pagamento especializada na emisión de filmes de cinema, especialmente de cinema clásico e cinema de Hollywood gravado dende os inicios do cinema ata a actualidade. Pertence a Turner Broadcasting System, que á súa vez forma parte da multinacional Time Warner.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Miguel Gustavo Werneck de Sousa Martins, coñecido só polo nome de Miguel Gustavo, nado en Río de Xaneiro o 24 de marzo de 1922 e finado na mesma cidade o 22 de xaneiro de 1972, foi un xornalista, locutor de radio e compositor brasileiro, autor, en 1962, da famosa canción "Brigitte Bardot", levada ao éxito por Jorge Veiga.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O pexego é o froito do pexegueiro (Prunus persica), da familia Rosaceae. Contén unha única e gran semente cuberta por unha casca dura, dentro dunha froita, de pel de veludo, que posúe unha carne que pode tirar a branco, amarelo, laranxa e incluso algo colorado; presenta un sabor doce e despide un delicado aroma. Os pexegos, xunto coas cereixas, ameixas e albaricoques, son froitas de carabuña.
O sexo anal é unha práctica sexual que consiste na introdución do pene erecto no ano e o recto da parella, co fin de obter pracer. Outras formas de sexo anal inclúen o fingering, o uso de xoguetes sexuais, o sexo oral realizado no ano (anilingus), e o pegging. O termo sexo anal refírese máis comunmente á penetración do pene no ano, mais algunhas fontes refírense a coito anal para a penetración anal, e sexo anal para calquera forma actividade sexual, especialmente en parellas, e oposta á masturbación anal.Aínda que o sexo anal está moi asociado coa homosexualidade masculina, non tódolos homes gay practican sexo anal e é bastante frecuente nas relacións heterosexuais.
The Times of India (TOI) é un xornal diario de gran formato en inglés moi popular na India. Ten a maior circulación entre todos os diarios en inglés no mundo, en todos os formatos (gran formato, compacto, berliner e en liña). É propiedade de The Times Group, que á súa vez é propiedade da familia Sahu Jain.
Campionato de Galicia de fútbol 1927/28
O Campionato de Galicia da Serie A 1927/28 foi a décimo cuarta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en outubro de 1927 e rematou en decembro do mesmo ano. Os dous primeiros postos do torneo outorgaban a clasificación para a Copa de España.Participaron o Celta de Vigo, o Eiriña Club de Fútbol, o Deportivo da Coruña, o Racing Club de Ferrol, o Emden FC Foot-ball Club e o Unión Sporting Club.
Boyhood é un filme estadounidense dirixido e escrito por Richard Linklater que foi estreado no 2014. Está protagonizado por Patricia Arquette, Ellar Coltrane, Lorelei Linklater e Ethan Hawke. Foi rodada de xeito intermitente durante un período de 12 anos, entre 2002 e 2014, e conta a vida de Mason Evans, Jr.