Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O automóbil é un vehículo que se despraza sobre rodas autopropulsado por un motor propio e destinado ao transporte de persoas ou mercancías sen necesidade de carriles. Diferentes tipos de automóbiles inclúen o coche, o autobús, a furgoneta e o camión. Desprázase grazas a un motor de explosión a base dunha mestura de gasolina, ou gasóleo, e aire.
Els Setze Jutges foi un colectivo de cantantes en lingua catalá fundado en 1961 por Miquel Porter i Moix, Remei Margarit e Josep Maria Espinàs. O nome provén dun xogo de palabras presente nos tres territorios de fala catalá do Estado español (Cataluña, Valencia e Illas Baleares): setze jutges d'un jutjat mengen fetge d'un penjat (dezaseis xuíces dun xulgado comen o fígado dun aforcado).
O glaciar (do latín glacies) é unha grosa masa de xeo que se orixina na superficie terrestre por compactación e recristalización da neve, mostrando evidencias de fluxo no pasado ou na actualidade. A súa existencia é posíbel cando a precipitación anual de neve supera a evaporada en verán, polo cal a maioría se atopa en zonas próximas aos polos, aínda que existen noutras zonas montañosas, como por exemplo no territorio suízo. O proceso do crecemento e estabelecemento do glaciar chámase tamén glaciación.
Kyle Elliot Korver, nado o 17 de marzo de 1981 en Paramount (California), é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Korver foi seleccionado para o NBA All-Star por vez primeira en 2015. Posúe o récord da NBA de máis partidos consecutivos anotando unha canatra tripla (con 127), e a maior porcentaxe de acerto en triplas nunha soa campaña da historia (co 53,6%).
Game of Thrones é unha serie de televisión estadounidense de fantasía medieval creada para a canle HBO por David Benioff e D. B. Weiss. Está baseada na obra do autor George R. R. Martin A Song of Ice and Fire, unha serie de novelas de fantasía, a primeira das cales se chama A Game of Thrones. A serie ródase en Paint Hall Studios de Belfast, e en diversas localizacións en Irlanda do Norte, Malta, Croacia, Islandia, España, os Estados Unidos e Marrocos.
A poboación humana mundial é o número total de persoas que viven en todo o mundo nun momento específico. Está determinada polos nacementos e os falecementos dos individuos, así como pola súa esperanza de vida.A poboación mundial pasou dos case 1000 millóns no ano 1800 a máis de 6000 millóns no ano 2000, e o 30 de outubro de 2011 acadáronse os 7000 millóns.As estimacións da ONU (baseadas en estatísticas) calcularon aproximadamente que o 30 de outubro de 2011, o planeta alcanzaría a cifra de 7000 millóns de habitantes. Segundo estimacións da ONU no ano 2008, cada minuto nacen entre 323 e 358 bebés en todo o mundo.É usual que en artigos científicos, ensaios, e outro tipo de escritos, sexa tomada a expresión en toda a humanidade como equivalente a en toda a poboación mundial.
Alberto Ascari, nado en Milán o 13 de xullo de 1918 e finado en Monza o 26 de maio de 1955, foi un piloto de Fórmula 1 italiano, cuxo nome cóntase entre as primeiras figuras da categoría e ao mesmo tempo da Scuderia Ferrari. Fillo dun dos grandes pilotos italianos da preguerra, Alberto Ascari converteuse nun dos campións máis dominantes e máis amados da Fórmula Un. Destacou pola pilotaxe precisa, coidadosa e exacta que o converteu nun dos condutores máis seguros na era máis perigosa, tamén era notoriamente supersticioso e esforzouse por evitar tentar o destino.
Déixame saír (en inglés: Get Out) é un filme estadounidense de terror escrito, coproducido e dirixido por Jordan Peele, no seu debut como director. Está protagonizado por Daniel Kaluuya, Allison Williams, Lil Rel Howery, Bradley Whitford, Caleb Landry Jones, Stephen Root e Catherine Keener, e conta a historia dunha parella interracial que visita a misteriosa casa dos pais dela. Déixame saír estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 24 de xaneiro de 2017, e nos cines dos Estados Unidos de América o 24 de febreiro, con Universal Pictures.
A xeografía (provén do latín geographĭa e este dende o grego «γεωγραφία» xeografía 'descrición da terra', composto de "η γη" (hê gê) a Terra e "γραφειν" [graphein] describir, debuxar) é a ciencia que ten por obxectivo o estudo e a representación gráfica da superficie terrestre así como a distribución espacial de fenómenos significativos na paisaxe. Tamén estuda a relación recíproca entre a superficie terrestre e a Lúa e o Sol (xeografía matemática), e entre os humanos e o ambiente (xeografía humana). Un dos temas centrais da xeografía é a relación home-natureza.
Unha curtametraxe é unha produción audiovisual ou cinematográfica que dura substancialmente menos que o tempo medio dun filme de produción normal. Aínda que non existe unha norma estrita, unha posible clasificación por tempo podería facerse deste xeito: a duración das curtametraxes vai dende menos dun minuto ata os 30 minutos. Os filmes de entre 30 e 60 minutos son mediametraxes.
Les Schtroumpfs (nome orixinal en francés, traducido a neerlandés como De Smurfen, ao castelán como Los Pitufos, en inglés como The Smurfs e en portugués como Os Smurfs e Os Estrumpfos), son uns personaxes de banda deseñada infantil creados no 1958 polo guionista e debuxante belga Pierre Culliford, popularmente coñecido como Peyo (1928-1992). Os primeiros debuxos e libros de banda deseñada cos personaxes en chegar a Galiza foron en castelán, e o nome que se popularizou en galego é "pitufo". O tradutor afirmou que o nome provén do personaxe tradicional catalán Patufet (diminutivo de Patufo), un neno que leva unha barretina xigante.
Unha erupción volcánica é unha emisión máis ou menos violenta na superficie terrestre ou doutro planeta, de materias procedentes do interior do globo. Exceptuando os géyseres, que emanan auga quente, e os volcáns de lodo, cuxa materia, en gran parte orgánica, provén de xacementos de hidrocarburos relativamente preto da superficie, as erupcións terrestres débense ós volcáns, rexistrándose desde o 8000 a.C ata o inicio do século XXI unhas 7.900 erupcións.
Naruto the Movie: Ninja Clash in the Land of Snow
Naruto The Movie: Ninja Clash in the Land of Snow (劇場版 NARUTO 大活劇! 雪姫忍法帖だってばよ!! Gekijōban Naruto Daikatsugeki!
Un contido de descarga ou contido descargable, tamén coñecido polas siglas DLC (inglés: DownLoadable Content, «contido descargable») o DDC (Descarga De Contido), é un arquivo de datos liberado en forma dixital, xeralmente creado para un videoxogo, e distribuído a través de Internet. A frase se utiliza para referirse especificamente a todo material novo, exclusivo o adicional creado polos desenvolvedores para os videoxogos e que se publica por separado, non incluído no produto base. A frase, non obstante, tamén se ha utilizado para referirse a calquera tipo de medios de entretemento dixital distribuído en liña, por exemplo os mods.
A transliteración é o cambio de sistema de escrita e mesmo só ortográfico nun texto, aplicado tanto ó léxico común coma para nomes propios (principalmente topónimos e antropónimos). Para ter en conta a complexidade deste cambio débese comprender a fondo as regras que utilizan os sistemas de escrita orixinario e final. Tendo en conta que os sistemas de escrita poden ser alfabetos, abxades, sistemas rasgais ou pictográficos, os cambios poden ser dende moi lenes a moi importantes segundo a combinación.
O branco ou albo é unha cor cuxo espectro luminoso é mestura aditiva de distintos espectros puros, dando unha sensación de claridade. Pódese definir a partir da composición de cores, coas porcentaxes de cada unha precisas, se ben non hai unha única definición de branco. O branco é a cor do fondo desta páxina.
Halobacterium é un xénero de arqueas da familia Halobacteriaceae. Como o nome do xénero se estableceu antes da división de bacterias e arqueas en dominios distintos, o nome do xénero acaba en -bacterium, aínda que se trata dun xénero de arqueas. As especies deste xénero teñen metabolismo aerobio e requiren unha alta concentración de sal no seu ambiente; moitas das súas proteínas non poden funcionar en ambientes con baixas concentracións salinas.
Gorillaz é unha banda de rock virtual inglesa, composta por catro personaxes de animación ficticios: 2D, Murdoc, Noodle e Russel. A banda foi creada por Damon Albarn, líder da banda de britpop Blur, e Jamie Hewlett, un dos creadores do cómic Tank Girl. O seu primeiro álbum, Gorillaz (2001), vendeu máis de 6 millóns de copias en todo o mundo e valeulles unha entrada no libro Guinnes dos récords como a banda virtual máis exitosa.
A chuvia de meteoros, popularmente coñecida como "chuvia de estrelas", é un fenómeno astronómico que se produce cando a Terra atravesa os restos da cola dun cometa (estes restos, mentres se atopan no espazo exterior, chámanse meteoroides), o que permite que durante uns días se poidan ver entrando na atmosfera un gran número de meteoros, que parecen irradiar todos dun punto chamado radiante.
A entropía (do grego en [en] + trope [transformación]) é unha magnitude termodinámica que dá conta da enerxía que non pode realizar traballo útil nun proceso termodinámico. É unha función de estado de carácter extensivo e o seu valor medra nun sistema illado, de acordo coa Segunda Lei da Termodinámica. Pode ser interpretada como o estado de desorde dun sistema.
A man é a parte final de cada extremidade superior (ou brazo), principalmente nos mamíferos bípedes. Por extensión tamén se usa ese termo e os nomes de moitos dos seus constituíntes para designar os órganos equivalentes dos membros anteriores de moitos vertebrados. Divídese xeralmente en tres rexións: carpo, metacarpo e dedos.
A Igrexa siríaca maronita de Antioquía (en lingua siríaca: ܥܕܬܐ ܣܘܪܝܝܬܐ ܡܪܘܢܝܬܐ ܕܐܢܛܝܘܟܝܐ, ʿīṯo suryoiṯo morunoiṯo d'anṭiokia; árabe: الكنيسة الأنطاكية السريانية المارونية, al-Kanīsa al-Anṭākiyya al-Suryāniyya al-Māruniyya; latín: Ecclesia Maronitarum), máis coñecida simplemente como Igrexa católica maronita, é unha Igrexa particular católica, en comuñón coa Santa Sé de Roma. Ten a súa orixe na comunidade fundada por Marón, un monxe siríaco do século IV venerado como santo. O primeiro patriarca maronita, san Xoán Marón, foi elixido a finais do século VII. Malia ser reducidos en número, os maronitas continúan a ser un dos principais grupos etnorrelixiosos do Líbano.
Renfe AV City é un servizo diúrno de transporte de pasaxeiros por alta velocidade prestados polo operador ferroviario español Renfe desde 2014. O seu obxectivo é a comercialización de servizos similares aos que ofrece o AVE cun custo reducido.Caracterízase por utilizar trens das series S-104, S-114 e S-121 (usados habitualmente para Avant) e carecer de clase Preferente, así como doutros servizos complementarios que si se ofrecen nos percorridos de AVE convencionais. A súa velocidade punta é de 250 km/h.
Un hidroavión ou avión anfibio é un aeroplano de ás (planos) fixas con casco, o que lle permite "aterrar" na auga (amarar). Diferénciase dos avións con flotadores en que usan unha fuselaxe deseñada para manterse sobre a auga, que garante a súa flotabilidade. Os hidroavións poden estabilizarse con flotadores baixo as súas ás, ou con proteccións flotantes que saen da fuselaxe chamadas sponsons.
Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa[Cómpre clarificar].
Neon Genesis Evangelion (en xaponés: 新世紀エヴァンゲリオン; Shin Seiki Evangerion; que quere dicir literalmente "O Evanxeo do Novo Século") tamén coñecida sinxelamente como Evangelion ou Eva, é unha serie de animación xaponesa, ou anime, producida por Gainax e Tatsunoko Production, dirixida por Hideaki Anno e emitida orixinalmente pola canle TV Tokyo dende outubro de 1995 até marzo de 1996. O anime conta con 26 episodios e o elenco de voces xaponesas orixinais inclúe a Megumi Ogata como Shinji Ikari, Megumi Hayashibara como Rei Ayanami e Yūko Miyamura como Asuka Langley Soryu. A música da serie foi composta por Shirō Sagisu.
Sylvia é un xénero de aves da orde dos paseriformes, subordo dos páseros, infraorde dos paséridos, e superfamilia dos silvioideos, que é o tipo da familia dos sílvidos ou silvíidos (Sylviidae). O xénero comprende 29 especies de pequenos paxaros coñecidos popularmente como papuxas ou papudas, propias de Europa, o sur e o sueste de Asia, África e Arabia.
O cuscús ou marmaón, chamado antigamente alcuzcuz (do árabe kuskūs, con adición do artigo al- no segundo caso), é un prato tradicional de Marrocos e Alxeria e outros países do norte de África (Tunisia, Mauritania, Libia e incluso de Sicilia), feito a base de sémola de trigo (na antigüidade estaba feito de pequenas faragullas de pan). O nome árabe كسكس kuskus, كوسكوس kūskūs, كسكوس kuskūs ou كسكوسو kuskūsū, tamén chamado nalgunhas zonas: al-ta'am الطعام, procede do tamazight seksū, denominación tamén usada en árabe. Significa "a comida", xa que se podería considerar como o prato principal en moitos dos pobos do norte de África, e nalgunhas familias cocíñano diariamente.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
Turner Classic Movies (TCM) é unha rede de canles de televisión de pagamento especializada na emisión de filmes de cinema, especialmente de cinema clásico e cinema de Hollywood gravado dende os inicios do cinema ata a actualidade. Pertence a Turner Broadcasting System, que á súa vez forma parte da multinacional Time Warner.
Non confundir co condado de Orange, Nova York.O Condado de Orange (en inglés Orange County) é un dos 58 condados de California. Foi fundado en 1889 e conta cunha poboación de 3 046 876 habitantes (2008), o que fai del o 2º condado máis poboado de California e o 5º dos Estados Unidos. Está situado ó sur dos Ánxeles e ó norte de San Diego.
Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto
O Obradoiro Clube de Amigos do Baloncesto, S.A.D., denominado Monbus Obradoiro por razóns de patrocinio, é unha entidade deportiva profesional adicada ó baloncesto, con sede na cidade galega de Compostela.
Unha especie ameazada é unha especie cuxas poboacións están decrecendo até colocala en risco de extinción. Moitos países teñen lexislación que protexe estas especies, prohibindo a caza e protexendo os seus hábitats, mais esa lexislación é insuficiente para evitar que un número crecente de especies deixe de existir. Non hai consenso sobre os criterios de inclusión dunha especie na lista das ameazadas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Lisboa é a capital e maior cidade de Portugal, situada na foz do río Texo. Alén diso é tamén capital do distrito de Lisboa, da rexión de Lisboa, da área metropolitana de Lisboa, e é tamén o principal centro da subrexión estatística da Grande Lisboa. A cidade ten unha poboación de 545.245 habitantes (2011), mais a súa área metropolitana ten preto de 2,9 millóns, un 27% da poboación do país.
A man vermella do Ulster ou man roxa do Ulster (en inglés: Red Hand of Ulster; en irlandés: Lámh Dhearg Uladh) é un símbolo usado na heráldica para designar a provincia irlandesa do Ulster, aínda que historicamente a man foi usada por moitos clans de toda a illa de Irlanda, incluíndo as familias gobernantes de Connacht, e os xefes das Midlands.É unha man aberta de cor vermella, cos dedos cara arriba, o polgar paralelo aos dedos e a palma cara adiante. Maiormente móstrase como man dereita, pero ás veces é unha esquerda, como nos escudos dos baronetes.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Saudade de ti é unha serie de televisión estreada en 2022 pola Televisión de Galicia, consta de 60 capítulos na primeira tempada, que foron emitidos entre xullo e setembro de 2022. A primeira tempada foi líder de audiencia na TVG. Foi seguida por máis de 150.000 espectadores cada noite, a primeira elección en horario de máxima audiencia en Galicia.En marzo de 2023 gravábase a segunda tempada en Ares. Foi estreada na TVG o domingo 18 de xuño de 2023, emitíndose os domingos, luns e martes.
En bioloxía estrutural, unha subunidade proteica ou subunidade de proteína é unha cadea polipeptídica ou molécula individual de proteína que se ensambla (ou "coensambla") con outras para formar unha proteína complexa. As grandes ensamblaxes de proteínas, como as dos virus, a miúdo usan uns poucos tipos de subunidades proteicas como bloques de construción de grandes estruturas.As proteínas que se encontran na natureza que teñen un número relativamente pequeno de subunidades denomínanse oligoméricas. Por exemplo, a hemoglobina que normalmente se encontra no noso sangue é un conxunto simétrico de dúas subunidades idénticas de α-globina e outras dúas tamén idénticas entre si de β-globina; en total catro subunidades.As subunidades adoitan designarse cunha letra grega ou romana, mentres que o número dese tipo de subunidades nunha proteína indícase cun subíndice.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A espada de Mouruás é unha espada da idade de bronce atopada na aldea de Mouruás (San Xoán de Río), e conservada actualmente no museo de Ourense. A espada foi achada en novembro de 1967, nunha escavación na canteira da Pena dos Castros, nos penedos da Pastora, preto das rochas da Raíña e A Moura, un conxunto granítico no medio dunha fraga no val do río Navea.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
O receptor de glicocorticoides (GCR ou GR) tamén chamado NR3C1 (receptor nuclear subfamilia 3, grupo C, membro 1) é o receptor ao cal se une o cortisol e outros glicocorticoides. O GCR exprésase en case todas as células do corpo e regula xenes que controlan o desenvolvemento, metabolismo e resposta inmune. Como o xene do receptor exprésase de varias formas, ten moitos efectos diferentes (pleiotrópicos) en diferentes partes do corpo.
Lista de estacións de tren de Galicia
Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif en Galicia.
Museo de Historia da Automoción de Salamanca
O Museo de Historia da Automoción de Salamanca é o primeiro museo público de España adicado ao motor. Inaugurado a finais de setembro de 2002 polos reis de España Xoán Carlos I e Sofía, conta nos seus fondos con máis de 200 automóbiles históricos, algúns únicos, así como milleiros de accesorios relacionados co automóbil. O museo localízase fronte á Casa Lis, nun edificio que foi a primeira planta de produción de electricidade que tivo Salamanca.
Eyes Wide Shut é un filme británico-estadounidense de 1999, dirixido, producido e coescrito por Stanley Kubrick. Está baseado na novela Traumnovelle, escrita en 1926 por Arthur Schnitzler. É un drama psicolóxico de misterio e erótico que conta as aventuras sexuais do doutor Bill Harford, quen queda moi impactado cando a súa muller Alice lle revela que pensara en ter unha aventura o ano anterior.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei".A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible. Ten sido galardoada con premios internacionais como o da ONU-Hábitat en 2014 en Dubai ou o da Comisión Europea en 2020 en Bruxelas, entre outros.