Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O automóbil é un vehículo que se despraza sobre rodas autopropulsado por un motor propio e destinado ao transporte de persoas ou mercancías sen necesidade de carriles. Diferentes tipos de automóbiles inclúen o coche, o autobús, a furgoneta e o camión. Desprázase grazas a un motor de explosión a base dunha mestura de gasolina, ou gasóleo, e aire.
O sistema, aparello ou aparato respiratorio dun organismo aerobio, é un sistema biolóxico constituído por un conxunto específico de órganos e estruturas que interveñen na respiración, é dicir, no intercambio de gases respiratorios (osíxeno e dióxido de carbono) entre o organismo e a súa contorna. A anatomía e fisioloxía do sistema respiratorio é moi variable, dependendo do tamaño do organismo, do hábitat no que vive, e da súa historia evolutiva. Nos animais terrestres, a superficie respiratoria interiorízase como revestimentos dos pulmóns.
O Reino de Iugoslavia, chamado Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos entre o 1 de decembro de 1918 e o 3 de outubro 1929, refírese a un estado balcánico que existiu dende o 1 de decembro de 1918 ao 2 de decembro de 1945. Comprendía a área das provincias de Eslovenia, Bosnia e Hercegovina, Serbia, Montenegro, Kosovo, Macedonia do Norte, así como a maior parte dos territorios de Croacia e Eslavonia.
O zen (en chinés: 禪, pinyin: Chán, en chinés medio: dʑjen) é unha escola do budismo mahāyāna que xurdiu na China durante a dinastía Tang como Chán. Foi fortemente influenciado polo taoísmo, e desenvolveuse como un estilo chinés do budismo. Dende China, o Chán espallouse polo sur cara a Vietnam, ó nordeste a Corea e ó leste ó Xapón, onde pasou a coñecerse como zen xaponés.O zen céntrase na práctica rigorosa da meditación, o coñecemento da natureza de Buda, e a expresión deste coñecemento na vida diaria, especialmente para o beneficio doutros.
O acmonital (acrónimo do italiano: acciaio monetario italiano; "aceiro monetario italiano") é unha aliaxe monetaria, variante do aceiro inoxidable tradicional, utilizada para a cuñaxe de moedas con valores faciais expresados en liras italianas. Tamén se atopa en moedas circulantes do Vaticano e San Marino, e da Albania baixo a dominación Italiana.
Castiglione Messer Raimondo é un concello italiano da provincia de Teramo, na rexión dos Abruzos. Ten 2.398 habitantes (en 2007) e esténdese por unha área de 30 km², tendo unha densidade de poboación de 79 hab/km². Fai fronteira cos concellos de: Bisenti, Castilenti, Cellino Attanasio, Montefino e Penne (PE).
Máis do 99,2% dos colombianos falan a lingua castelá; tamén se falan no país 65 linguas indíxenas, dúas linguas crioulas e o romaní. O inglés ten status oficial no Arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina.Incluíndo o castelán, a base de datos Ethnologue nomea 101 linguas en Colombia. O número específico de linguas faladas varía lixeiramente xa que algúns autores consideran linguas diferentes o que outros consideran variedades ou dialectos da mesma lingua.
O UCAM Murcia Club Baloncesto, S.A.D., onde UCAM fai referencia á Universidad Católica de Murcia, é un equipo de baloncesto profesional español con sede na cidade de Murcia. Fundado en 1985, actualmente compite na liga ACB, máxima categoría do baloncesto español. O UCAM Murcia xoga os seus partidos como local no Palacio de Deportes de Murcia, pavillón con capacidade para 7 454 espectadores.
Os puntos cardinais son as catro direccións derivadas do movemento de rotación terrestre que conforman un sistema de referencia cartesiano para representar a orientación nun mapa ou na propia superficie terrestre. Estes puntos cardinais son o leste, que vén sinalado polo lugar aproximado onde sae o Sol cada día; o oeste, o punto indicado polo ocaso do sol no seu movemento aparente, e considerando a liña leste-oeste como o eixo das abscisas nun sistema de coordenadas xeográficas, o eixo das coordenadas estaría descrito por liña norte-sur. Esta composición xera catro ángulos de noventa graos que á súa vez se dividen polas bisectrices, xerando noroeste, suroeste, nordés e sueste.
Diego de Torres Villarroel, nado en Salamanca en 1693 e finado na mesma cidade o 19 de xuño de 1770, foi un escritor, poeta, dramaturgo, médico, matemático e sacerdote español, profesor na Universidade de Salamanca. A súa obra máis coñecida é a súa autobiografía, Vida, ascendencia, nacimiento, crianza y aventuras del Doctor Don Diego de Torres Villarroel, publicada por primeira vez en 1743.
O banyumasan, coloquialmente coñecido como Basa Ngapak, é un dialecto da lingua xavanesa falada en tres áreas da illa de Xava, na parte máis occidental da provincia de Xava Central e arredor do monte Slamet e do río Serayu; na área veciña da provincia de Xava Occidental, e na rexión norte de Banten. Esta área inclúe as rexecia de Majenang, Cilacap, Gombong, Kebumen, Banjarnegara, Purbalingga, Purwokerto, Bumiayu, Slawi, Pemalang, Tegal e Brebes.
O World Wide Web Consortium (W3C, "Consorcio da Rede Mundial") é unha organización creada por Tim Berners-Lee que agrupa a organizacións, actualmente unhas 500, interesadas en dar soporte e definición aos estándares en Internet. O consorcio adminístrano conxuntamente o Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) o European Research Consortium for Informatics and Mathematics, con sede en Francia, e a Universidade de Keio no Xapón. O consorcio é a principal organización en relación cos padróns para a World Wide Web.
Gran Premio de Malaisia de 2015
O Gran Premio de Malaisia 2015 (oficialmente chamado 2015 Formula 1 Petronas Malaysia Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 29 de marzo de 2015 no Circuíto Internacional de Sepang en Selangor, Malaisia. Foi a décimo sétima edición do Gran Premio de Malaisia como unha proba do Campionato do Mundo, e a trixésimo quinta en total.Hamilton acadou a pole nunha sesión de clasificación baixo unha forte choiva, a 40º pole position da súa carreira. Vettel gañou a carreira, logo de saír desde a segunda posición da grella.
O voo 201 de Copa Airlines era un voo regular de pasaxeiros entre o aeroporto Tocumen na Cidade de Panamá e o aeroporto Alfonso Bonilla Aragón en Cali, Colombia. O día 6 de xuño de 1992 o Boeing 737-204 Advanced que operaba a ruta deuse a volta, desintegrouse no aire e esnafrouse na xungla na Rexión do Darién 29 minutos despois de engalar, matando ás 47 persoas a bordo. A ruptura durante o voo foi causada por lecturas de instrumentos defectuosos e outros factores que constribuíron ao accidente, como un adestramento incompleto.
O Cantar de mio Cid é un cantar de xesta anónimo que relata fazañas heroicas inspiradas nos últimos anos da vida do cabaleiro castelán Rodrigo Díaz de Vivar (1043-1099). É a primeira obra narrativa extensa da literatura española nunha lingua romance e presenta un alto valor literario. Está escrito en castelán medieval e composto ao redor do ano 1200 (datas post quem e ante quem: 1195–1207).
Jean Rosemary Shrimpton, nada en High Wycombe (Buckinghamshire) o 6 de novembro de 1942, é unha modelo e actriz inglesa. Foi unha icona do Swinging London e é considerada como unha das primeiras supermodelos do mundo.Apareceu nas portadas de numerosas revistas como Vogue, Harper Bazar, Vanity Fair, Glamour, Elle, Ladie's Home Journal, Newsweek ou Time. En 2012, Shrimpton foi nomeada por Time como unha das 100 iconas máis influentes de toda a historia.
Un traumatismo é unha situación con dano físico ó corpo causado por unha forza externa. O traumatismo pode deberse a accidentes, caídas, golpes, armas e outras causas. En medicina, porén, identifícase polo xeral como paciente traumatizado a alguén que sufriu feridas serias que pon en risco a súa vida e que poden resultar en complicacións secundarias tales como shock, paro respiratorio e morte.En 2013, 4,8 millóns de persoas en todo o mundo morreron por mor dun traumatismos, en comparanza dos 4,3 millóns do ano 1990.
AllMusic (anteriormente coñecido como All Music Guide ou AMG) é un sitio web propiedade da empresa RhythmOne dende abril de 2015, que está concibido como un servizo de guía musical para usuarios, fans e membros da industria musical. O seu creador foi Michael Erlewine e comezou a funcionar en 1991, aínda que a base de datos non estivo dispoñible en Internet ata 1994. Só está dispoñíbel en lingua inglesa.
Cidadán Kane (EUA, 1941, Citizen Kane no seu orixinal inglés) é o primeiro filme realizado directamente para cinema, de Orson Welles, quen o dirixe e o interpreta, e é considerado por gran parte dos espectadores e da crítica especializada como unha das obras mestras da historia do cinema e posibelmente o máis influente na historia do cinema. Welles dirixiu dúas curtametraxes antes de Cidadán Kane, pero para seren utilizadas en montaxes teatrais. Pénsase que Cidadán Kane está baseada nas vidas do magnate xornalístico William Randolph Hearst, do aeronauta e magnate do cinema Howard Hughes, e do magnate das finanzas Samuel Insull.
Andrea Bocelli, nado en Toscana, o 22 de setembro de 1958, é un tenor italiano e un dos cantantes de ópera máis famosos do mundo. Desde 1994 vendeu máis de 70 millóns de álbums no mundo, máis que calquera outro artista da música clásica.Durante a súa carreira, gravou duetos con cantantes de ópera como Luciano Pavarotti, Plácido Domingo, e José Carreras, pero tamén cantantes de música pop como Christina Aguilera, Stevie Wonder, Laura Pausini e Céline Dion.
Karl Gunnar Myrdal, nado en Skattungbyn o 6 de decembro de 1898 e finado en Danderyd o 17 de maio de 1987 foi un economista e sociólogo sueco. En 1974, recibiu o Premio Nobel de Economía xunto con Friedrich Hayek por "o seu traballo pioneiro na tería do diñeiro e das flutuacións económicas e pola súa análise penetrante da interdependencia dos fenómenos económicos, sociais e institucionais". É coñecido especialmente nos Estados Unidos polo seu estudo das relacións das razas, que culminaron no seu libro An American Dilemma: The Negro Problem and Modern Democracy.
Eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016
As eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016 foron as 58ª eleccións presidencias dos Estados Unidos de América, celebradas o martes 8 de novembro de 2016. Os votantes elixen ós compromisarios que á súa vez deberán escoller ó novo presidente e vicepresidente a través do Colexio Electoral. O límite estabelecido pola Vixésimo segunda Emenda constitucional impediu ó presidente en exercicio, Barack Obama, ser reelixido para un terceiro período de goberno.
Unha captura de pantalla, ou screenshot en inglés, é a creación dunha imaxe multimedia que reproduce exactamente a pantalla dun dispositivo multimedia, ben ordenador, ben teléfono móbil. Coloquialmente o proceso de realización dunha captura de pantalla denomínase pantallazo.O xeito máis habitual de realizarmos unha captura de pantalla en computadoras é premendo a tecla Imprimir Pantalla (á veces tamén chamada Print Screen, Impr Pant, Imp Pant, ImpPnt ou SysRq PrtSc) sita na parte superior derecita do teclado. Dependendo do sistema operativo ou contorno de escritorio, o proceso da captura pode variar.
Denomínase comunidade virtual ou comunidade dixital a aquela comunidade cuxos vínculos, interaccións e relacións teñen lugar, non nun espazo físico senón nun espazo virtual como Internet. As comunidades virtuais fórmanse a partir de intereses similares entre un grupo de persoas. Organízanse e levan a cabo a partir de obxectivos en específico.
KulturNav é un servizo dixital de almacenamento en nube orixinario de Noruega. O seu principal fin é que os seus usuarios poidan utilizar dita plataforma para crear e administrar un sistema de control de autoridades focalizado nas necesidades de museos e centros culturais. O proxecto foi creado e é dirixido polo Consello das Artes de Noruega.
Amazon Prime Video, ou sinxelamente Prime Video, é un servizo estadounidense de streaming e alugamento de vídeo de subscrición baixo demanda ofrecido por Amazon como servizo autónomo ou como parte da subscrición a Prime de Amazon. O servizo distribúe principalmente filmes e series de televisión producidas por Amazon Studios e MGM Holdings ou con licenza de Amazon, como Amazon Originals. Este servizo tamén conta con contido doutros provedores, complementos de contido, eventos deportivos en directo e servizos de compra e alugamento de vídeos.
Albert Einstein, ( [ˈalbɐt ˈaɪnʃtaɪn] ) nado en Ulm o 14 de marzo de 1879 e finado en Princeton (Estados Unidos) o 18 de abril de 1955, foi un físico e matemático alemán de nacemento recoñecido internacionalmente por propor a teoría da relatividade, un dos piares da física moderna xunto a mecánica cuántica. A obra de Einstein resultou tamén de grande influencia na filosofía da ciencia. Einstein é coñecido na cultura popular pola súa fórmula da equivalencia masa-enerxía E = mc2, alcumada "a fórmula máis famosa do mundo".Nos comezos da súa carreira científica, Einstein considerou que a mecánica de Newton non era suficiente para reconciliar as leis da mecánica clásica coas leis do campo electromagnético.
A filosofía (do grego - φιλοσοφία philos / sophia, "amor á sabedoría") é o estudo das cuestións xerais e fundamentais relacionadas coa natureza da existencia humana; do coñecemento; da verdade; valores morais e estéticos; da mente; tanto da lingua como do universo no seu conxunto en suma pódese dicir que é a procura do coñecemento puro sen deixarse corromper por sistemas preestabelecidos. A filosofía responde ó desexo de saber, busca coñecer as causas das cousas, indagando a verdade e os seus problemas. Neste senso é máis crítica que dogmática.
A GNU General Public License (abreviado como GNU GPL ou GPL; en galego "Licenza pública xeral de GNU" ) é unha licenza de software libre, que garante que os usuarios finais teñen a potestade de usar, estudar, modificar e compartir o software. A licenza escribiuna Richard Stallman, da Free Software Foundation (FSF), para o proxecto GNU e para outorgarlle aos usuarios das aplicacións os dereitos que establece a definición de software libre. Agora os dereitos de autoría da licenza son da Free Software Foundation.
Os contos de fadas ou contos marabillosos son unha forma de cultura popular de tradición oral. Malia estaren presentes en todas as culturas, non foron recollidos por escrito até comezos do século XVIII, na famosa colectánea dos irmáns Grimm. Na súa forma escrita, os contos de fadas son narrativas en prosa sobre as fortunas e desgrazas dun heroe ou heroína que, logo de ter pasado por varias aventuras de natureza máis ou menos sobrenatural, vive feliz por sempre xamais.
Iván Espinosa de los Monteros y de Simón, nado en Madrid o 3 de xaneiro de 1971, é un promotor inmobiliario e político español, vicesecretario de Relacións Internacionais do partido político Vox. É deputado da XIII e XIV lexislatura das Cortes Xerais, onde exerce de voceiro do Grupo Parlamentario de Vox no Congreso dos Deputados.
Galileo Galilei, nado en Pisa o 15 de febreiro de 1564 e finado en Arcetri o 8 de xaneiro de 1642, foi un astrónomo Italiano, filósofo, e físico, asociado coa revolución científica. Foi sinalado como o "pai da moderna astronomía" (título ó que pode que Kepler teña máis dereito), o "pai da física moderna", e o "pai da ciencia". Con Bacon, foi o pioneiro do método científico.
ESPN, Inc. (siglas de Entertainment and Sports Programming Network, hoxe en desuso), é un grupo dos medios con sede nos Estados Unidos, que opera e produce canles de televisión por cable, satélite, radio, sitios web, revistas e libros relacionados co deporte. Tamén organiza eventos tales como os Premios ESPY desde 1993 e os X Games desde 1995.
Idanha (do latín Egitania) pode designar: Idanha-a-Nova - concello no distrito de Castelo Branco - Portugal. Idanha-a-Nova - freguesía no concello de Idanha-a-Nova - Portugal. Idanha-a-Velha - freguesía no concello de Idanha-a-Velha, antiga sede do concello de Idanha e da diocese que precedeu á da Guarda - Portugal.
A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín.
O receptor de glicocorticoides (GCR ou GR), tamén chamado NR3C1 (receptor nuclear subfamilia 3, grupo C, membro 1), é o receptor citosólico ao cal se unen o cortisol e outros glicocorticoides. O GCR exprésase en case todas as células do corpo e regula xenes que controlan o desenvolvemento, metabolismo e resposta inmune. Como o xene do receptor exprésase de varias formas, ten moitos efectos diferentes (pleiotrópicos) en diferentes partes do corpo.
Estatua de Che Guevara en Oleiros
A Estatua de Che Guevara en Oleiros é unha homenaxe ao Che Guevara na avenida que leva o seu nome en Oleiros, na rotonda á altura do parque de Nirvana, preto da praia de Bastiagueiro. A estatua está baseada na famosa fotografía Guerrillero Heroico de Alberto Korda. A Escola de Artes Plásticas San Alejandro, da Habana, fixo un concurso de deseño da estatua que gañou o escultor Juan Quintanilla Álvarez e o músico Karol William Pérez.
Un prefixo telefónico (tamén chamado indicativo telefónico) é unha sucesión numérica que se marca diante do número de usuario ao realizar unha chamada telefónica, co propósito de seleccionar a demarcación territorial lóxica á que pertence devandito usuario. Estas demarcacións lóxicas que os prefixos telefónicos designan, poden corresponderse con divisións xeográficas da rede telefónica, ou ben con certos servizos especiais, como os números intelixentes ou a rede de telefonía móbil.
The Waterboys é un grupo musical formado en 1983 por Mike Scott. Os membros da banda, pasados e presentes, compóñense principalmente de músicos de Escocia, Irlanda e Inglaterra. Ó longo da súa carreira exploraron multitude de estilos, mais a súa música é unha mestura de música folk celta e rock and roll.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Este artigo trata da gramática como disciplina lingüística. Para saber máis sobre a gramática da lingua galega, véxase Gramática da lingua galega A gramática é a disciplina lingüística que estuda a organización e o funcionamento dunha lingua dada. Tamén se lle chama gramática ao conxunto de regras que gobernan o uso dunha lingua determinada, polo que se di que cada lingua ten a súa propia gramática.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O billete de 200 euros é o billete da serie do euro co maior valor facial en produción, logo do cesamento da impresión do billete de 500 euros en 2019. Está en circulación desde a introdución do euro como moeda da Eurozona en 2002. Este billete utilízase nos 25 países que teñen o euro como moneda única, cunha poboación de arredor de 343 millóns de persoas.
O billete de 50 euros é o billete da serie do euro de valor facial intermedio, posto en circulación desde a introdución do euro como moeda da Eurozona en 2002. Este billete utilízase nos 25 países que teñen o euro como moneda única, cunha poboación de arredor de 343 millóns de persoas. En decembro de 2022, había uns 14.430.000.000 billetes de 50 euros en circulación na Eurozona.
O billete de 100 euros é o billete da serie do euro co terceiro valor facial máis alto, por baixo dos billetes de 500 euros e de 200 euros. Está en circulación desde a introdución do euro como moeda da Eurozona en 2002. Este billete utilízase nos 25 países que teñen o euro como moneda única, cunha poboación de arredor de 343 millóns de persoas.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.