Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O automóbil é un vehículo que se despraza sobre rodas autopropulsado por un motor propio e destinado ao transporte de persoas ou mercancías sen necesidade de carriles. Diferentes tipos de automóbiles inclúen o coche, o autobús, a furgoneta e o camión. Desprázase grazas a un motor de explosión a base dunha mestura de gasolina, ou gasóleo, e aire.
Grecia ( pronunciación ) (en grego: Ελλάδα/Elláda, [eˈlaða] (AFI), escoitar ou Ελλάς/Ellás), oficialmente República Helénica ( pronunciación ) (en grego: Ελληνική Δημοκρατία/Elinikí Dimokratía, [eliniˈci ðimokraˈti.a] (AFI)) é un país do sueste meridional europeo, situado ao sur da Península Balcánica. Fai fronteira con Albania, Macedonia do Norte e Bulgaria polo norte e con Turquía polo leste. O mar Exeo atópase no leste e sur da Grecia continental, mentres o mar Xónico se atopa no leste, a través do cal ten ligazóns con Italia, e con Albania.
A escultura helenística representa unha das máis importantes expresións da cultura helenística, e a etapa final da evolución da tradición grega de escultura na Antigüidade. A definición da súa vixencia cronolóxica, ben como das súas características e significado, teñen sido obxecto de moita discusión entre os historiadores da arte, e parece que o consenso está lonxe de se alcanzar. Usualmente, considérase o período helenístico comprendendo o intervalo entre a morte de Alexandre o Grande, en 323 a.
Os polihidroxialcanoatos ou PHAs son poliésteres producidos na natureza por numerosos microorganismos, incluso por medio de fermentación bacteriana de azucres ou lípidos. Cando se producen por bacterias serven como unha fonte de enerxía e como almacén de carbono. Dentro desta familia de compostos poden combinarse máis de 150 monómeros diferentes dando lugar a materiais con propiedades extremadamente diferentes.
A Aldea Oculta de Konoha (木ノ葉隠れの里, Konohagakure no Sato, Aldea Oculta da Folla) (tamén coñecida simplemente como Konoha) é unha das cinco grandes aldeas ninjas do manga e anime Naruto. Atópase no País do Lume, no universo ficticio que sustenta á serie. Esta aldea é sen dúbida a máis importante na historia, en tanto que o protagonista e a maior parte dos personaxes secundarios pertencen a ela.
Unha canle de televisión é un tipo de estación emisora que transmite son e vídeo a receptores de televisión nunha área concreta. Tradicionalmente, as canles de televisión facían as súas transmisións enviando sinais de radio especialmente codificados polo ar, chamada televisión terrestre. Normalmente concédense licenzas por parte dunha axencia gobernamental a cada canle de televisión para usar unha parte determinada do espectro de radio (unha canle) a través do cal eles envían os seus sinais.
Steven Allan Spielberg, nado en Cincinnati (Ohio) o 18 de decembro de 1946, é un director de cine estadounidense. Foi sete veces candidato ao Óscar ó mellor director, obténdoo en dúas ocasións, cos filmes A lista de Schindler (1993) e Saving Private Ryan (1998). Tres das súas películas lograron converterse no filme de maior recadación no seu momento: Tiburón (1975), E.T. the Extra-Terrestrial (1982) e Parque Xurásico (1993).
Aria Marie Montgomery-Fitz é un personaxe ficticio da serie de novelas Pretty Little Liars creada por Sara Shepard. É interpretada por Lucy Hale na adaptación para televisión, que se estreou en ABC Family en xuño de 2010. Polo seu papel na serie, a actriz foi nomeada a Choice Summer TV Star: Female nos Teen Choice Awards 2010 e 2011, e tamén foi nomeada actriz de televisión por cable favorita nos People's Choice Awards de 2014.
O Ankh (en inglés: Ankh, en alemán: Anch, en francés: Ânkh; pronunciado en todos estes idiomas con consoante aspirada final) é un xeroglífico exipcio que significa "vida", un símbolo moi utilizado na iconografía relixiosa desta cultura. Tamén se denomina cruz ansada: cruz coa parte superior en forma de óvalo, lazo, á, crux ansata en latín, a "chave da vida" ou a "cruz exipcia".
Bloemfontein (do afrikaans e neerlandés: a fonte de Bloem (flor) ou fonte de flores) é unha das tres capitais de Suráfrica, xunto con Pretoria e Cidade do Cabo. Bloemfontein é a capital xudicial de Suráfrica, así como tamén a capital da Provincia do Estado Libre. O nome sesotho da cidade é Mangaung, que significa "o lugar onde moran os guepardos".
Existen dúas versións do escudo do Principado de Liechtenstein, o escudo grande e o pequeno. O escudo grande é o brasón do príncipe que tamén é usado por outros membros da súa familia. Nas armas grandes aparecen, xunto ós emblemas propios do país, símbolos de diversos territorios europeos que mantiveron lazos dinásticos no pasado coa familia reinante: O primeiro cuartel recolle o brasón de Silesia; o segundo corresponde a Kuenringe; o terceiro cuartel, simboliza o Ducado de Opava e o cuarto a Frisia oriental.
O río Elba (Elbe alemán, Labe checo, Łobjo, polaco) é un dos principais ríos da Europa central, o segundo máis longo dos que desembocan no mar do Norte, tras o río Rin. Ten unha lonxitude de 1165 km —o 17.º río máis longo de Europa— e drena unha gran conca de 148268 km² —a 12.ª conca europea e 2.ª do mar do Norte—, que corresponde a Alemaña (65,5%), República Checa (33,7%), Austria (0,6%) e Polonia (0,2%). O sistema fluvial máis longo da conca corresponde ao Elba–Moldava, con 1231 km.
Hungría ( pronunciación ) (en húngaro: Magyarország [ˈmɒɟɒrorsaːɡ] ) é un país de Europa central. Fai fronteira con Austria ó oeste, Eslovaquia e Ucraína ó norte, Romanía ó leste e Serbia, Croacia e Eslovenia ó sur. Ten unha poboación de ó redor de dez millóns de habitantes distribuídos en 93.030 quilómetros cadrados.
Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociais
O Premio Princesa de Asturias de Ciencias Sociais (até 2014, denominouse Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociales) é concedido, desde 1981, á persoa, grupo de persoas ou institución cuxo labor creador ou de investigación nos campos da Antropoloxía, Dereito, Economía, Xeografía, Historia, Psicoloxía, Socioloxía e demais Ciencias Sociais represente unha contribución relevante ó desenvolvemento das mesmas en beneficio da Humanidade.
"Bohemian Rhapsody" é unha canción composta en 1975 por Freddie Mercury, integrante da banda británica Queen, e incluída no seu álbum A Night at the Opera. Esta canción non posúe refrán, e consta de tres partes principais: un segmento de balada que acaba cun solo de guitarra, unha pasaxe operística e unha sección de hard rock. Nela, Freddie Mercury, Roger Taylor e Brian May cantan respectivamente nas tesituras media, aguda e grave.
A kufiya ou keffiyeh (en árabe: كوفية, que significa "da cidade de Kufa" (en árabe: الكوفة); plural كوفيات), tamén coñecida como ghutrah (غُترَة), shemagh (شماغ, chafiye (en persa: چَفیِه) ou cemedanî (en kurdo: جه مه داني), é unha peza de vestir tradicional do Oriente Medio con forma de bufanda a cadros, polo xeral feitos de algodón. É levada polos árabes, así como polos xudeus mizrahi e os kurdos.É empregado en rexións áridas xa que proporciona protección contra as queimaduras do Sol, o po e a area. O seu recoñecible patrón de cadros pode ter a súa orixe nas antigas representacións mesopotámicas de redes de pesca ou espigas de gran, mais a verdadeira orixe deses patróns aínda é descoñecida.
Internet Broadway Database (IBDB) (en galego: A base de datos de Broadway en Internet) é unha base de datos en liña de producións de Broadway e do seu persoal. Opera a través do Departamento de investigación de The Broadway League, unha asociación comercial norteamericana de teatro comercial.A IBDB achega rexistros de producións dende o inicio do teatro en Nova York no século XVIII até o presente. Nel, detállanse as persoas implicadas, feitos interesantes e estatísticas.Foi concibida por Karen Hauser, xefa do Departamento de Investigación da Liga de Teatros americanos e Produtores (agora chamado "The Broadway League").
O termo terceira idade fai referencia á poboación de persoas maiores e xubiladas, normalmente de 65 ou máis anos. Este grupo de idade está crecendo na pirámide de poboación ou distribución por idades na estrutura da poboación; a baixa taxa de natalidade e a mellora da calidade de vida e a esperanza de vida son as causas principais que producen este feito. Os nados no ano 1960 e seguintes, están agora entrando no grupo dos maiores.
Departamento de Estado dos Estados Unidos de América
O Departamento de Estado dos Estados Unidos de América (en inglés: United States Department of State; acrónimo : DOS ) é o departamento executivo federal responsable das relacións internacionais e da política exterior dos Estados Unidos, equivalente aos Ministerios de Asuntos Exteriores doutros países, e forma parte do poder executivo dese Estado-nación.
Macbeth é unha traxedia en cinco actos de William Shakespeare, escrita en prosa e en verso, que fala sobre a traizón e a ambición desmedida. Foi composta probablemente cara a 1606 e estreada pouco despois. Representouse no Teatro do Globo o 20 de abril de 1611, pero é posible que xa se representase con anterioridade, pois non se menciona que se tratase da primeira representación.
Resident Evil (coñecido no Xapón como Biohazard (バイオハザード, Baiohazādo) é unha serie de videoxogos de supervivencia de terror e unha serie de cómics, novelas, catro filmes e unha manchea de coleccionables como figuras de acción, guías de estratexia e publicacións. Desenvolvida pola compañía Capcom e creada por Shinji Mikami, a serie vendeu máis de 35 millóns de xogos ata marzo de 2009.
A 89.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 26 de febreiro de 2017 no Dolby Theatre dos Ánxeles (Estados Unidos). Durante a cerimonia, AMPAS presentou os Premios Óscar en 24 categorías. A cerimonia, televisada nos Estados Unidos pola ABC, foi producida por Michael De Luca e Jennifer Todd e dirixida por Glenn Weiss.
Enténdese por razoamento o acto de sacar conclusións e de aprender de maneira razoable uns feitos, establecendo conexións causais e lóxicas necesarias entre eles. Podemos diferenciar dous tipos de razoamento: • O razoamento argumentativo en tanto actividade mental correspóndese coa actividade lingüística de argumentar. Noutras palabras, un argumento é a expresión lingüística dun razoamento.
Douglas Noël Adams, tamén coñecido como Bop Ad ou Bob pola súa firma ilexíbel ou polas súas iniciais DNA, nado en Cambridge o 11 de marzo de 1952 e finado en Santa Barbara, California, o 11 de maio do 2001, foi escritor e guionista para radio. Traballou na Radio BBC, sendo o seu libro Guía do autostopista galáctico, un bestseller no Reino Unido en 1984. Faleceu inesperadamente dun ataque cardíaco .
O Reino de Inglaterra foi un estado soberano e país insular, situado o noroeste dá Europa continental, que existiu desde a caída do Imperio Romano (927) e os seus asentamentos na Britania Romana ata a súa fusión co Reino de Escocia (1707) creando así o Reino de Gran Bretaña. No seu cénit, o Reino de Inglaterra formábano as dúas terceiras partes do sur da illa de Gran Bretaña (incluíndo País de Gales) e varias illas pequenas periféricas, que é hoxe a unidade legal de Inglaterra e País de Gales. Inglaterra como un estado de nación comezou entre o século IX ou o século X, pero amplamente remonta as súas orixes á invasión anglosaxoa de Gran Bretaña e a Heptarquía anglosaxoa dos pequenos estados que a seguiron e en última instancia unificaron.
O centro histórico de Nápoles representa o primeiro núcleo histórico da cidade. Contén 27 séculos de historia. Na súa maioría declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1995 (unhas 1021 hectáreas), incluíuse na relación de bens a protexer, a súa particular singularidade reside na conservación e uso case total do trazado viario da antiga Grecia.
A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Esferoide achatado coa zona máis plana preto da Terra, cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.
Monk é unha serie de televisión estadounidense, creada por Andy Breckman e protagonizada por Tony Shalhoub no papel de Adrian Monk, un exaxente de homicidios de San Francisco que traballa agora coma detective privado. Así pois, é principalmente unha serie de misterio cun ambiente ás veces escuro, mais sempre con grandes toques cómicos. Con todo, é unha serie un pouco habitual dentro deste xénero, debido a que a súa personaxe principal, Monk, acompañado pola súa axudante, padece unha serie de graves desordes psiquiátricos, como un trastorno obsesivo-compulsivo e un gran número de fobias, agravados polo trauma da morte da súa esposa.
O aceite de cociña é graxa de orixe animal ou vexetal que adoita permanecer en estado líquido a temperatura ambiente. Algúns dos moitos tipos de aceites vexetais son; de oliva, de palma, de soia, de colza, de semente de cabaza, de millo, de xirasol, de cártamo, de cacahuete, de semente de uva, de sésamo, de argán, de farelo de arroz e úsanse para cociñar xunto con outros elementos comestibles. En cociña, o termo xenérico «aceite vexetal» úsase para etiquetar un produto composto por un aceite concreto (por exemplo o de colza) ou por unha mestura de varios aceites, a miúdo baseada no de palma, millo, soia ou xirasol.
As Torres de Quart ou Porta de Quart é un portal que formaba parte da muralla medieval que envolvía a Ciutat Vella de Valencia, para defendela. Están situades na encrucillada da rúa de Guillem de Castro coa rúa de Quart. A Porta de Quart debe o seu nome ao feito de que se atopa no camiño que dende o centro da cidade, onde está a Catedral de Valencia, cara a Quart de Poblet.
Talvisota é un filme finlandés de 1989 dirixido por Pekka Parikka. Está baseado na novela Talvisota de Antti Tuuri. Está ambientado na guerra de Inverno e conta a historia dun rexemento de infantaría finés de Ostrobotnia do Sur que loita no istmo de Carelia, centrándose nun grupo de reservistas de Kauhava.
O No Wave Cinema ou New Cinema foi unha eclosión de cinema underground producida no barrio neoiorquino de Lower East Side entre os anos 1976 e 1985 e que foi protagonizado polo colectivo Colab (Collaborative Projects). O movemento inspirábase no Punk e na No Wave fixándose sobre todo nas texturas e nos ambientes cinematográficos. A pesar da súa brevidade, este movemento tivo unha significante influencia nos filmes underground posteriores, en concreto no Cinema of Transgression (Beth B, Richard Kern, Nick Zedd, Tessa Hughes Freeland entre outros) e na nova xeración de cineastas independentes de Nova York (Jim Jarmusch, Tom DiCillo, Steve Buscemi e Vincent Gallo), así como no movemento Remodernist film.
O Saracens Rugby Football Club, tamén coñecido como Saracens F.C. ou Saracens, é un equipo de rugby inglés do norte de Londres que disputa os seus encontros como local na cidade de St Albans. O equipo foi fundado en 1876, e compite regularmente na Aviva Premiership (primeira división inglesa). As súas cores son o negro e o vermello.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A amígadal cerebral, tamén chamada corpo amigdalino (corpus amygdaloideum) ou complexo amigdalino, é cada un dos dous conxuntos de núcleos de neuronas localizadas na parte profunda dos lóbulos temporais cerebrais dos vertebrados complexos, incluídos os humanos. A amígdala forma parte do sistema límbico e o seu papel principal é o procesamento e almacenamento de reaccións emocionais.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Un político ou unha política, é unha persoa activa na política de partidos, ou unha persoa que ostenta ou busca un cargo nun goberno. Os políticos propoñen, apoian e crean leis ou políticas que rexen un territorio e, por extensión, o seu pobo. En termos xerais, un "político" pode ser calquera que busque o poder político en calquera institución burocrática.
A cova do Rei Cintolo está situada na parroquia de Argomoso (Mondoñedo). É a cova calcaria máis grande de Galicia e no seu interior pódense observar estalactitas e estalagmitas. Está formada por tres andares de galerías, a inferior cunha vía de auga con circulación parcialmente sifonante, que forman un total de case 7.500 metros de lonxitude, o que fai que sexa a cova coñecida con maior percorrido horizontal de Galicia, polo que é bastante coñecida.
Iván Espinosa de los Monteros y de Simón, nado en Madrid o 3 de xaneiro de 1971, é un promotor inmobiliario e político español, vicesecretario de Relacións Internacionais do partido político Vox. É deputado da XIII e XIV lexislatura das Cortes Xerais, onde exerce de voceiro do Grupo Parlamentario de Vox no Congreso dos Deputados.
A amígdala cerebelosa (en latín tonsilla cerebelli) é un lobo redondeado da superficie inferior de cada hemisferio cerebeloso, que se continúa medialmente coa úvula do vermis cerebeloso e superiormente co lóbulo floculonodular. Por tanto, hai dúas destas amígdalas, unha en cada hemisferio. O lobo flocculonodular do cerebelo, que tamén pode confundirse coa amígdala cerebelosa, é un dos tres lobos que constitúen a composición total do cerebelo.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis.Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo. Recibe o cualificativo de común para diferencialo doutra especie similar, o escáncer cego (Blanus cinereus), moito máis pequeno e escaso e doutra familia.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.