Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Celestino Iglesias Cores, máis coñecido como Tino Iglesias, nado en Ribadumia o 14 de marzo de 1962, é un piloto galego de automobilismo. Compite habitualmente en varias modalidades e competicións de xeito simultáneo e incluso no mesmo día. É o piloto máis laureado do Campionato de Galicia de Autocross con seis títulos (en 2010, 2011, 2013, 2014, 2015 e 2016) e foi campión de Galicia de slálom en 2010.
Carolina do Norte (North Carolina en inglés) é un dos estados que conforman os Estados Unidos de América. Carolina do Sur foi unha das Trece Colonias que se rebelou contra o goberno británico na Guerra de Independencia dos Estados Unidos, e o fogar da primeira colonia británica en América. Está situado na rexión Sur e limita ao oeste con Tennessee, ao sur con Carolina do Sur, ao suroeste con Xeorxia, ao norte con Virxinia e ao leste co océano Atlántico.
As células cromafíns son células neuroendócrinas que se encontran na medula da glándula adrenal ou suprarrenal e noutros ganglios do sistema nervioso simpático. Trátase de neuronas postsinápticas simpáticas modificadas que reciben impulsos simpáticos. En lugar de liberaren os seus neurotransmisores a un órgano ou tecido adxacente para producir un determinado efecto, o que fan é liberalos á circulación sanguínea para que exerzan efectos sistémicos en diversos órganos, funcionando ao modo de hormonas.
Un músico de sesión é un músico dispoñible para ser contratado, a diferenza dos que son membros permanentes dun grupo ou que se fixeron famosos. Aínda que o termo xeralmente refírese a músicos con experiencia en estilos de música contemporáneos como o rock, jazz, country ou pop, tamén se pode usar para describir a músicos de estilos máis tradicionais. Aínda que os termos "músico de sesión" e "músico de estudio" úsanse indistintamente, o último xeralmente reservase para aqueles que traballan exclusivamente en estudios de gravación, ás veces para un único estudio ou selo discográfico.
O Presidente de Alemaña (alemán: Bundespräsident) é o xefe de estado de Alemaña. A Lei Fundamental confire á presidencia uns poderes dun carácter fundamentalmente representativo porque para prever os problemas que se deron durante a República de Weimar non ten capacidade de manobra alguna no proceso de elección do Chanceler de Alemaña nin pode ditar decretos de urxencia.
Bentor ou Ventor, mencey de Taoro e fillo de Bencomo (Tenerife, Illas Canarias), un dos últimos reis tribais que se enfrontaron polas armas á conquista de Tenerife por parte de Alonso Fernández de Lugo, o adiantado dos Reis Católicos nas illas. Naceu arredor do ano 1463 e morreu trala segunda batalla de Acentejo, en decembro de 1494. Suicidouse seguindo o ritual guanche, botándose pola ladeira de Tigaiga.
O sueco (svenska escoitar ) é unha lingua xermánica falada no norte de Europa, en concreto en Suecia e na costa de Finlandia (falada por un 5% dos fineses), é moi similar ó danés e o noruegués, máis diferénciase delas na pronunciación e ortografía. É falada por nove millóns de persoas, sobre todo en Suecia e en partes da Finlandia, especialmente na costa e nas illas Åland.
A Universidade Columbia é unha universidade privada situada na cidade de Nova York, Estados Unidos de América. Columbia é unha das oito universidades da Ivy League, sendo as outras Harvard, Princeton, Yale, Pensilvania, Cornell, Dartmouth, e Brown. A escola foi fundada no ano 1754 como King's College (Colexio do Rei).
Moeda dun centavo de dólar Indian Head
O centavo de dólar Indian Head (en galego: "cabeza india") é unha moeda dese valor facial emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1859 e 1909. Foi deseñada por James Barton Longacre, gravador xefe da Ceca de Filadelfia. De 1793 a 1857, o centavo fora unha moeda de cobre do tamaño aproximado do medio dólar.
Os neutrófilos son o tipo de glóbulo branco máis abundante no sangue dos mamíferos e forman unha parte esencial do sistema inmunitario innato, no que funcionan como fagocitos. Forman parte do grupo dos glóbulos brancos polimorfonucleares (PMN) ou granulocitos (xunto cos basófilos e eosinófilos). Outros nomes con que se designan son: granulocitos neutrófilos ou neutrófilos polimorfonucleares, e subdivídense en neutrófilos segmentados e neutrófilos bandeados.O nome neutrófilo deriva das súas características tintoriais nas preparacións histolóxicas tinguidas con hematoxilina e eosina.
O prácrito é unha familia de idiomas e dialectos índicos que se falaban na antiga India. Mentres que o sánscrito era un idioma culto utilizado polos bráhmanas (sacerdotes) nos rituais relixiosos, como vehículo do hinduísmo brahmánico, o prácrito foi o medio polo que se difundiron crenzas heterodoxas como o xainismo (en idioma prácrito majarastri) ou o budismo (en idioma palí).
A palabra edificio quere dicir facer fogo (do indoeuropeo æde, fogo e do latín facere, facer), o que non debe estrañar cando un dos termos que se utiliza para a vivenda é fogar. Un edificio é normalmente unha construción realizada con materiais resistentes (madeira, pedra, metal, formigón etc.) para poder protexerse das inclemencias meteorolóxicas cando se realizan tarefas que precisan de certa privacidade. Da orixe do nome explícase as finalidades dos edificios primitivos, que se crearon para albergar o fogo, evitando que se apagase por mor da choiva, o vento e demais inclemencias do tempo, debido a que acendelo non era doado.
White Airways é unha aeroliña chárter portuguesa con sede en Porto Salvo, Oeiras. Opera principalmente voos chárter dende o aeroporto de Lisboa no nome de turoperadores ademais de alugar avións a outras aeroliñas. Dende o 27 de marzo de 2016 White Airways opera 8 avións ATR 72 a nome de TAP Express, operando entre outros os voos entre a capital portuguesa e os aeroportos de Vigo e A Coruña.
Unha canle de televisión é un tipo de estación emisora que transmite son e vídeo a receptores de televisión nunha área concreta. Tradicionalmente, as canles de televisión facían as súas transmisións enviando sinais de radio especialmente codificados polo ar, chamada televisión terrestre. Normalmente concédense licenzas por parte dunha axencia gobernamental a cada canle de televisión para usar unha parte determinada do espectro de radio (unha canle) a través do cal eles envían os seus sinais.
Os arromaneses (en arromanés: Armãnji, Rrãmãnji) son un grupo étnico orixinario do sur dos Balcáns que fala unha lingua romance oriental, a lingua arromanesa. Tradicionalmente viven no centro e sur de Albania, suroeste de Bulgaria, norte e centro de Grecia e Macedonia do Norte. Tamén existe unha diáspora arromanesa que vive fóra destes lugares.
A unidade astronómica (UA) é unha unidade de distancia aproximadamente igual á distancia media (xa que as órbitas son elípticas) entre a Terra e mailo Sol. É bastante utilizada en astronomía para expresar a órbita dos planetas e outros corpos celestes no ámbito da astronomía planetaria, e equivale aproximadamente a 149 597 870 700 metros.
Aeolus, ADM-Aeolus ou Misión Dinámica Atmosférica Aeolus, e unha misión da ESA que ten como obxectivo o estudo dos ventos na Terra a escala global. É a quinta da familia de misións de exploración terrestre. A súa observación inclúe os trinta km inferiores da atmosfera, dos que mide a velocidade do vento usando un só instrumento, un lidar pulsante de 5Mw chamado Aladin cunha frecuencia de 50 Hz que usa o efecto Doppler para as súas medicións.O seu nome procede do deus grego do vento, Eolo.
Matemáticas ou matemática (do grego μαθηματικός, mathematikós, 'o que aprende', que á súa vez deriva de μάθημα, máthēma, 'coñecemento', 'estudo', 'aprendizaxe') é o estudo abstracto de cuestións que abranguen os conceptos de cantidade, estrutura, espazo, cambio, e outras propiedades; se ben non hai unha definición xeralmente aceptada. Os matemáticos buscan patróns e formulan novas conxecturas das que tratan de establecer a súa verdade ou falsidade mediante unha demostración matemática. Cando as estruturas matemáticas son bos modelos de fenómenos reais, o razoamento matemático pode axudar a comprender e facer predicións sobre a natureza.
Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico
O Instituto Andaluz do Patrimonio Histórico (IAPH) é a entidade científica da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Andalucía dedicada ó patrimonio cultural desde 1989. Unha axencia pública que se configura como un centro que integra todas as disciplinas do patrimonio cultural: investigación do patrimonio histórico, documentación, conservación de bens culturais, restauración do patrimonio histórico, difusión e formación en patrimonio, entre outras. O seu rexistro oficial como axente do Sistema Andaluz do Coñecemento, na clasificación concreta de Instituto de Investigación, recoñece o papel fundamental do IAPH na produción científica e o seu labor de transferencia cara ó tecido produtivo andaluz e a sociedade no seu conxunto.
Madama Butterfly é unha ópera en tres actos de Giacomo Puccini con libreto de Giuseppe Giacosa e Luigi Illica. Puccini encontrou o tema da súa ópera en Londres en xullo de 1900 na representación da obra do dramaturgo David Belasco (teatralización do conto "Madame Butterfly" (1898) de John Luther Long. Puccini tamén se baseou na novela Madame Chrysanthème (1887) de Pierre Loti.
Arte fractal é a creada utilizándo funcións matemáticas chamadas fractais e transformando os resultados dos cálculos en imaxes, animacións, música ou outro tipo de medios. As imaxes fractais son os gráficos resultante dos cálculos, e as animacións son secuencias deses gráficos. A música fractal transforma os resultados do cálculo en sons.
O Phonk (/fɒŋk/) é un subxénero da música hip hop e trap inspirado directamente no Memphis rap dos anos 90. Principalmente presente na plataforma SoundCloud, a música caracterízase polas voces das cintas antigas do rap de Memphis e mostras do hip hop de principios dos anos 90, moitas veces combinándoas con elementos de jazz, funk e de música electrónica. O xénero desprega técnicas estilísticas semellantes ao chopped and screwed para crear un son máis escuro.
A sintaxe (do latín syntaxis, e este do grego σύνταξις, de συντάσσειν 'coordinar') é unha subdisciplina da lingüística. É a parte da gramática que se encarga de estudar as regras que gobernan a forma en que as palabras se organizan en sintagmas e, á súa vez, estes sintagmas en oracións, así como de estudar a función que cumpren os elementos dentro de cada unidade. A escola sistémico funcional inclúe nas súas análises sintácticas o modo en que as oracións se organizan en estruturas de texto.
A dimetilhidracina asimétrica, tamén coñecida como UDMH e 1,1-dimetilhidracina, é un composto químico líquido incoloro a temperatura e presión ambiente, irritante, corrosivo, inflamable e con olor a amoníaco. Ten como fórmula H2NN(CH3)2 e úsase como propelente para foguetes espaciais. As mostras de UDMH vólvense amarelas ao ser expostas ao aire, absorbendo osíxeno e dióxido de carbono.
O Gran Premio Seumas McNally é o principal premio outorgado no Independent Games Festival, evento anual que ten lugar durante a Game Developers Conference. O premio leva o nome do programador Seumas McNally (1979–2000), fundador da compañía de videoxogos independente Longbow Digital Arts que faleceu por mor dun linfoma de Hodgkin pouco tempo despois de recibir o premio no ano 2000 polo xogo Tread Marks. O premio inclúe unha cantidade en metálico de 30 000 dólares.Ata a edición de 2016 houbo 19 videoxogos que recibiron o premio, con máis de 50 seleccionados como finalistas.
Friends é unha serie de televisión estadounidense, creada por Marta Kauffman e David Crane, producida en asociación coa Warner Bros. Television, filmada nos Warner Bros Studios en Burbank e emitida por vez primeira o 22 de setembro de 1994 na cadea NBC. Inmediatamente despois do éxito no seu país, comezou a súa difusión por todo o mundo con similares resultados, sendo considerado ata hoxe en día coma un dos mellores na historia da televisión. A serie está composta de dez tempadas duns 24 capítulos cada unha, agás a terceira e a sexta que tiveron 25 e a última que só tivo 18.
International Standard Musical Work Code
O ISWC (acrónimo inglés de International Standard Musical Work Code) é o número de referencia internacional para a identificación e comercialización de obras musicais, equivalente ao ISBN para os libros. Está descrito pola norma internacional ISO 15707.
Android é un sistema operativo para móbiles baseado en Linux, que xunto con aplicacións middleware está destinado para ser empregado en dispositivos móbiles como teléfonos intelixentes, tabletas, Google TV e outros dispositivos. É desenvolvido pola Open Handset Alliance, a cal é liderada por Google. Este sistema polo xeral manexa aplicacións como Market (Marketing) ou a súa actualización, PlayStore.
Grant DeVolson Wood, nado en Anamosa (Iowa) o 13 de febreiro de 1891 e finado en Iowa City o 12 de febreiro de 1942, foi un pintor estadounidense. É coñecido sobre todo polas súas pinturas que representan o Medio Oeste rural estadounidense de entreguerras. Foi un dos pintores da Escola Ashcan, que a través de Arshile Gorky levou ao expresionismo abstracto posterior á segunda guerra mundial.
O Arco de Constantino (en italiano: Arco di Costantino) é un arco de triunfo que se atopa a entre o Coliseo e a cuíña do Palatino, en Roma. É un dos 3 arcos que permanece na Vía do Foro Imperial, xunto co Arco de Tito (81) e o Arco de Septimio Severo (202-203). O arco foi ergueito polo Senado para conmemorar a vitoria de Constantino I o Grande contra Maxencio na batalla de Ponte Milvio, o 28 de outubro de 312, e para conmemorar, tamén, a outros emperadores anteriores.
Duisburgo é unha cidade universitaria desde 1655. A Universidade de Duisburgo (en alemán Universität Duisburg), tamén coñecida como Alt Universität Duisburg (Anigua Universidad de Duisburgo) comezou a impatir docencia o 14 de outubro de 1655, despois dunha inauguración cerimonial en presenza do príncipe Johann Moritz von Nassau-Siegen, o gobernador do elector de Brandeburgo (Brandeburgo foi un dos sete electorados —Kurfürstentümer— do Sacro Imperio Romano Xermánico).
Global Precipitation Measurement
Global Precipitation Measurement, tamén coñecido polo seu acrónimo GPM e como GPM-Core, é un satélite artificial conxunto na NASA e a JAXA lanzado o 27 de febreiro de 2014 mediante un foguete H-IIA desde o Centro Espacial de Tanegashima.
O CSKA Ice Palace (en ruso Ледовый Дворец Спорта ЦСКА) é un pavillón deportivo da cidade de Moscova (Rusia). Foi reconstruído en 1991 sobre o seu antecesor da era soviética construído en 1964, pasando a ter capacidade para 5.600 espectadores. Neste pavillón xogaba os seus partidos como local a sección de hóckey sobre xeo do CSKA Moscova, equipo que forma parte da Kontinental Hockey League (KHL).
O osíxeno ou oxíxeno (pronunciado /oks/), é un elemento químico de número atómico 8 e símbolo O. Forma parte do grupo dos calcóxenos e é un non metal reactivo e forte axente oxidante que forma compostos facilmente coa maioría doutros elementos, principalmente en forma de óxidos. Ten a segunda electronegatividade máis alta de todos os elementos químicos, só superado polo flúor. Medido pola súa masa, o osíxeno é o terceiro elemento máis abundante do universo, tras o hidróxeno e o helio, e o máis abundante na codia terrestre como parte de compostos óxidos, formando practicamente a metade da súa masa.
O cabalo, ou egua se é femia, (Equus ferus caballus) é un animal mamífero perisodáctilo da familia dos équidos (Equidae), herbívoro, cuadrúpede e de pescozo longo e arqueado. É unha das dúas subespecies existentes de Equus ferus ou cabalo salvaxe. O cabalo evolucionou ó longo dos pasados 45-55 millóns de anos dende o pequeno Hyracotherium ata o animal de hoxe en día.
O «suplemento mineral milagroso» coñecido como MMS polas siglas en inglés de Miracle Mineral Supplement, tamén chamado solución mineral milagrosa, solución mineral mestra ou protocolo CD (siglas en inglés de chlorine dioxide, dióxido de cloro) e ás veces vendido como "solución purificadora de auga", é unha solución ao 28 % de clorito de sodio (NaClO2) en auga destilada que ao mesturarse cun ácido, xa sexa ácido cítrico ou o ácido clorhídrico do zume gástrico, reacciona formando dióxido de cloro, un produto químico usado na desinfección en ambientes domésticos e industriais e cuxa inxesta pode producir náuseas, vómito, diarrea e unha baixada da presión arterial potencialmente mortal debido á deshidratación. É moi similar á lixivia industrial, a cal contén hipoclorito de sodio, e, como esta última, é tóxica. O nome foi acuñado por Jim Humble no seu libro The Miracle Mineral Solution of the 21st Century autopublicado en 2006.O MMS promóvese falsamente como unha cura para o arrefriado común, o acne, a diabetes, o autismo, a malaria, os virus da hepatite, o virus da gripe H1N1, o VIH, o cancro, a COVID-19 e moitas máis doenzas.
A candorca ou alcandorca, (Orcinus orca) é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos, e pode chegar a pesar 10 t. Poderoso e versátil depredador, pode cazar peixes, pinnípedes, cefalópodos, aves e tartarugas.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
A donicela (Mustela nivalis), tamén coñecida como doniña, denociña, garridiña ou saltaparedes, é un animal mamífero, membro da familia Mustelidae moi semellante ao armiño (Mustela erminea) o seu parente máis achegado. Difire deste no tamaño e sobre todo no pelame: no armiño o extremo da cola permanece negro tanto no verán como no inverno. A donicela é o mustélido máis pequeno.
Fidel Alejandro Castro Ruz ( son), nado en Birán o 13 de agosto de 1926 e finado na Habana o 25 de novembro de 2016, foi un avogado e revolucionario comunista cubano, con orixe galega, que gobernou Cuba como primeiro ministro de 1959 a 1976 e logo como presidente de 1976 a 2008. Nacionalista e marxista-leninista, exerceu como Primeiro Secretario do Partido Comunista de Cuba dende 1965 a 2011. Baixo o seu mandato, o país transformouse nun país socialista, con gran parte da industria e da economía nacionalizadas.
Frank William Abagnale, Jr., nado en Bronxville, Condado de Westchester, o 27 de abril de 1948, é o director de Abagnale and Associates, compañía financeira de consultas de fraudes. Durante cinco anos na década de 1960, na súa adolescencia, foi un falsificador de cheques e impostor. A historia da súa vida foi a inspiración para a creación da película Catch Me If You Can, dirixida por Steven Spielberg e baseada na súa biografía, escrita co mesmo nome.
Iuri Alexeievitch Gagarin (en ruso Юрий Алексеевич Гагарин; [ˈjʉrʲɪj ɐlʲɪˈksʲejɪvʲɪtɕ ɡɐˈɡarʲɪn]), nado en Klushino (óblast de Smolensk) o 9 de marzo de 1934 e finado preto de Novosiolovo (óblast de Vladimir) o 27 de marzo de 1968, heroe da Unión Soviética, foi un cosmonauta ruso que, o 12 de abril de 1961, marcou a historia da humanidade e da exploración espacial ao converterse no primeiro ser humano que viaxou ao espazo exterior, realizando un voo orbital completo arredor da Terra, a bordo da nave espacial Vostok 1.Gagarin converteuse nunha celebridade internacional, e foi galardoado con diferentes medallas e honores, como o de Heroe da Unión Soviética, o honor máis elevado da nación. A Vostok 1 foi a súa única misión espacial, aínda que ocupou un cargo na tripulación de recambio da misión Soiuz 1 (que terminou en accidente). Despois, Gagarin converteuse no director de formación adxunto do Centro de adestramento de cosmonautas, que logo se renomeou no seu honor.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Murder on the Orient Express (filme de 2017)
Murder on the Orient Express é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Kenneth Branagh cun guión de Michael Green. Está baseado na novela de 1934 Asasinato no Orient Express, de Agatha Christie. Está protagonizado polo propio Branagh no papel de Hercule Poirot, xunto con Penélope Cruz, Willem Dafoe, Judi Dench, Johnny Depp, Josh Gad, Derek Jacobi, Leslie Odom Jr., Michelle Pfeiffer, Olivia Colman, e Daisy Ridley nos papeis secundarios.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
IRC son as siglas de Internet Chat Relay ("retransmisión de charla por internet"), unha forma de comunicación instantánea sobre a Internet deseñada para a grupos de persoas que utilizan foros chamados "canais". O IRC foi creado por Jarkko Oikarinen a finais de agosto de 1988 como substituta dun programa chamado MUT nun BBS chamado OuluBox en Finlandia. Oikarinen inspirouse no Bitney Relay Chat que funcionaba na rede Bitnet.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Run é un filme estadounidense de 2020 dirixido por Aneesh Chaganty e escrito por Chaganty e Sev Ohanian. O filme está protagonizado por Kiera Allen como Chloe Sherman, unha adolescente con discapacidade educada na casa que comeza a sospeitar que a súa nai Diane (Sarah Paulson) garda un escuro segredo sobre a súa educación.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².