Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Sitiveni Rabuka, nado na provincia de Cakaudrove, Fidxi, o 13 de setembro de 1948, é un político fidxiano que exerce como primeiro ministro de Fixi desde 2022, cargo que ocupou anteriormente desde 1992 até 1999. Foi dirixente do Partido Político Fidxiano até a súa disolución, e uniuse ao Partido Liberal Socialdemócrata (SODELPA) logo da chegada ao poder de Frank Bainimarama. Foi líder do partido nas eleccións xerais de 2018, manténdoo como a segunda formación máis grande do Parlamento, e sendo o líder da Oposición, cargo no que se mantivo dous anos máis tarde.
Non confundir co Premio Sanford Saltus de Medalla da American Numismatic Society.A Medalla Sanford Saltus é a máxima distinción da Sociedade Británica de Numismática (British Numismatic Society). Concédese cunha periodicidade trianual para recoñecer contribucións académicas destacadas á numismática británica.
Syd Matters é un grupo musical francés formado polo músico Jonathan Morali, Jean-Yves Lozac'h, Olivier Marguerit, Remi Alexandre e Clement Carle. O nome Syd Matters provén da deturpación dos nomes dos membros de Pink Floyd, Syd Barrett e Roger Waters. As súas cancións "To All of You" e "Hello Sunshine", unha versión de Super Furry Animals, foron empregadas na serie de televisión The O.C. nas temporadas 3 e 4 respectivamente.
Un espello é unha superficie puída na que ao incidir a luz, esta reflíctese seguindo as leis da reflexión. O exemplo máis simple é o espello plano. Nel, un fai de raios de luz paralelos pode cambiar de dirección completamente como conxunto e continuar sendo un fai de raios paralelos, podendo producir así unha imaxe virtual dun obxecto co mesmo tamaño e forma que o real.
Erik Mongrain, nado en Montreal, Canadá o 12 de abril de 1980, é un compositor e guitarrista canadense, autodidacta, recoñecido polo seu estilo empregando a técnica do tapping a dúas mans na súa guitarra acústica. En decembro de 2006, Erik publicou o seu primeiro álbum Fates na súa páxina web como unha serie de cancións a descargar, publicado en CD despois no 2007.
A liñaza é a semente do liño (Linum usitatissimum). Úsase para consumo humano, por exemplo en infusións ou para elaborar o gofio (fariña tradicional da cociña canaria, elaborada a partir de grans de cereais torrados, especialmente de millo ou trigo). Da semente tírase o aceite de liñaza, que é rico en ácidos graxos das series Omega-3, Omega-6, e Omega-9.
A mitoloxía é o conxunto de lendas e mitos que pertencen á tradición dun pobo, dunha civilización ou dunha relixión, e que explican a súa natureza, a súa historia e os seus costumes.Como unha colección de historias, a mitoloxía é unha parte vital de calquera cultura. Existen varias orixes dos mitos, como a personificación da natureza, a personificación e explicación de fenómenos ou a esaxeración de feitos históricos. Malia que o termo é complexo polo seu significado implícito, o proceso de creación dunha mitoloxía non se adscribe só a prácticas primitivas, senón que abrangue tamén historias contemporáneas, lendas urbanas e os mitos ficticios creados por novelas e banda deseñada de fantasía.
Parque provincial Monte Robson
O Parque Provincial Monte Robson é un gran parque provincial nas Montañas Rochosas do Canadá cunha área de 2249 km². O parque está localizado completamente dentro da Columbia Británica, lindeira co Parque Nacional Jasper na provincia de Alberta. Foi creado de forma legal en 1913, o mesmo ano que foi ascendido por primeira vez o monte Robson por un grupo liderado por Conrad Kain.
Un contido de descarga ou contido descargable, tamén coñecido polas siglas DLC (inglés: DownLoadable Content, «contido descargable») o DDC (Descarga De Contido), é un arquivo de datos liberado en forma dixital, xeralmente creado para un videoxogo, e distribuído a través de Internet. A frase se utiliza para referirse especificamente a todo material novo, exclusivo o adicional creado polos desenvolvedores para os videoxogos e que se publica por separado, non incluído no produto base. A frase, non obstante, tamén se ha utilizado para referirse a calquera tipo de medios de entretemento dixital distribuído en liña, por exemplo os mods.
A Europa do Norte é a rexión setentrional do continente europeo. Ó longo do tempo foi definida de diversos xeitos, aínda que hoxe en día adoita definirse como o conxunto dos seguintes países e rexións: os países nórdicos, que inclúen Dinamarca, Finlandia, Noruega e Suecia, xunto coas illas Åland, as Feroe e a illa de Islandia, e ocasionalmente Karelia, a península de Kola, Groenlandia e o arquipélago das Svalbard; xeralmente adoitan incluír á República de Irlanda, ó Reino Unido, á illa de Man e as illas da Canle (estes países e rexións tamén son considerados parte da Europa occidental); xeralmente tamén se adoita incluír ós países bálticos, formandos por Estonia, Letonia e Lituania (tamén considerados parte da Europa occidental); ocasionalmente, outras áreas en contacto co mar Báltico e o mar do Norte, por exemplo, o noroeste de Rusia, o norte de Polonia, os Países Baixos,Bélxica, Luxemburgo e o norte de Alemaña.Antes do século XIX, o termo “nórdico” adoitaba empregarse para definires ó relativo ó norte de Europa, o cal incluía ós países nórdicos, á parte europea de Rusia, ós países bálticos (que naquela época estaban formados por Livonia e Curlandia) xunto con Groenlandia. En tempos máis antigos, cando o continente estaba dominado polas culturas do Mediterráneo (como o Imperio Romano), as áreas de Europa afastadas daquel mar xeralizábanse dentro do grupo do Norte de Europa, incluíndo o que posteriormente se convertería en Alemaña, nos Países Baixos e Austria.
Un periódico é unha publicación cuxa principal función consiste en presentar noticias. Ten unha aparición periódica, que pode ser diaria -denominado xornal ou diario, e que é o periódico por antonomasia-, ou semanal —denominado semanario— e mesmo quincenal ou mensual. Amais de proporcionar información, as publicacións periódicas adoitan defender diferentes posturas públicas, xa sexa con editoriais, artigos de opinión ou mesmo a través dun perfil ideolóxico determinado.
Karl Friedrich Hieronymus von Münchhausen, Barón de Münchhausen, nado o 11 de maio de 1720 en Bodenwerder (Baixa Saxonia) e finado o 22 de febreiro de 1797, foi un militar e señor rural alemán. Os relatos das súas aventuras serviron de base para a célebre serie As Aventuras do Barón de Münchhausen, compiladas por Rudolph Erich Raspe e publicadas en Londres en 1785. Son historias fantásticas e moi esaxeradas, propagadas sobre todo no xénero de literatura xuvenil.
Gustaf Kossinna, nado en Tilsit, Sovetsk (Oblast' de Kaliningrad), o 28 de setembro de 1858 e morto en Berlín o 20 de decembro de 1931, foi un filólogo e arqueólogo alemán, profesor na Universidade de Berlín Xunto con Carl Schuchhardt foi o máis influente estudoso alemán de prehistoria no seu tempo e foi o creador das técnicas de Siedlungsarchaologie ou "arqueoloxía dos asentamentos". AS súas teorías nacionalistas sobre as orixes dos pobos xermánicos influenciaron algúns aspectos da ideoloxía nazi aínda que as súas visións sobre a prehistoria foron rexeitados pola historiografía oficial nacionalsocialista.
O Himno da Federación Rusa (en ruso: Государственный гимн Российской Федерации, "Gosudarstvenny Gimn Rossiyskoy Federatsii") é o himno nacional de Rusia. É unha adaptación do Himno da Unión Soviética de 1944, cuxa música compuxo orixinalmente Aleksandr Aleksándrov. A letra foi revisada para o himno da Federación Rusa por Serguéi Mijalkov, quen refixo as letras das versións do himno soviético en 1943 e 1977.
Cneo Pompeio Magno, coñecido como Pompeio o Magno, nado o 29 de setembro de 106 a.C. e finado en Exipto o 28 de setembro de 48 a.C.) foi un político e xeneral do Imperio romano. Desde moi novo tivo vocación política e militar e grande ambición por conseguir unha boa carreira e chegar ao mandato supremo de Roma. Os seus comezos nesta carreira foron xunto ao cónsul de Roma, Sila, como oficial do seu exército.
A arquitectura longobarda, tamén chamada arquitectura lombarda, constitúe un conxunto de obras arquitectónicas realizadas na península Itálica durante o reinado dos xermánicos longobardos –tamén chamados lombardos– (568-774), cunha permanencia residual na parte meridional da península, a parte chamada Langobardia Minor gobernada por reis e duques longobardos, até os séculos X-XI. A actividade arquitectónica desenvolvida na Langobardia Maior, a parte setentrional da actual Italia (citada en diante como Italia), chegou até os nosos días moi fragmentada, especialmente por mor das sucesivas reconstrucións dos edificios sacros e profanos feitas durante os séculos VII e VIII. Agás o Tempietto Longobardo de Cividale del Friuli, conservado intacto en gran parte, as edificacións lombardas civís e relixiosas de Pavia, Monza e outras localidades foron refeitas nos séculos vindeiros. Poucos edificios ficaron íntegros, ora por quedaren incluídos en ampliacións, como a igrexa de San Salvatore en Brescia, ora por seren periféricos e de modestas dimensións, como a igrexa de Santa Maria foris portas en Castelseprio. Porén, é posíbel atopar testemuños fieis ás formas orixinais en Langobardia Minor.
FreeCAD é unha aplicación de código aberto e libre para o deseño por ordenador en tres dimensións. É un programa semellante no xeito de traballar a CATIA, Creo, Autodesk Inventor, SolidWorks, TopSolid ou Solid Edge. Funciona cunha modelaxe paramétrica e ten unha arquitectura de software modular, no que se poden engadir de xeito doado máis aplicacións e elementos sen trocar o núcleo do sistema.
Bordeos (en occitano: Bordèu; en francés: Bordeaux) é unha cidade do suroeste de Francia, capital da rexión de Nova Aquitania e do departamento da Xironda. Está cruzada polo río Garona. O seu xentilicio en lingua galega é bordelés/-esa, e burdigalense/-a.É un porto accesible para os barcos de altura.
Marie Magdalene "Marlene" Dietrich, nada en Schöneberg, Berlín, o 27 de decembro de 1901 e finada en París o 6 de maio de 1992, foi unha actriz e cantante alemá. Dietrich mantívose na popularidade ó longo da súa carreira mediante a reinvención constante, tanto profesionalmente como persoalmente. No Berlín da década de 1920, actuou no teatro e en filmes mudos.
Without a Sound é o sexto álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Dinosaur Jr, editado o 23 de agosto de 1994. Foi o primeiro álbum da banda que non contou con Murph na batería, que foi substituído polo vocalista e guitarrista J Mascis. Trátase tamén do seu álbum máis exitoso, acadando o número 44 da lista Billboard 200.
Heinkel Flugzeugwerke foi unha compañía fabricante de avións alemá fundada por Ernst Heinkel no ano 1922. Destacou pola produción de bombardeiros para a Luftwaffe durante a segunda guerra mundial e pola súa importante contribución aos voos a altas velocidades, cos exemplos pioneiros na historia da aviación do exitoso foguete de combustible líquido e un avión impulsado por un turbojet, voando ámbolos dous apaerllos deseñados por Heinkel pouco antes do estoupido da segunda guerra mundial.
A Mind Forever Voyaging (AMFV) é un xogo de ordenador interactivo creado por Steve Meretzky e publicado por Infocom en 1985. O nome procede do libro O preludio de William Wordsworth. O xogo está entre os máis respectados de Infocom polo seu ton serio e pola preocupación pola deriva social e política da humanidade, aínda que non tivo éxito comercial.
Charmed é unha serie de televisión estadounidense creada por Constance M. Burge e producida por Aaron Spelling e a súa compañía Spelling Television, con Brad Kern como showrunner. A serie emitiuse orixinalmente a través da canle The WB durante oito tempadas dende o 7 de outubro de 1998 até o 21 de maio de 2006. Conta a historia de tres irmás, coñecidas como "The Charmed Ones", as máis poderosas bruxas de tódolos tempos, que usan o seu "poder de tres" combinado para protexer as vidas dos inocentes de forzas do mal como demos e bruxos.
O ácido neuramínico (Neu) é un monosacárido de 9 átomos de carbono, derivado dunha cetononosa do grupo dos azucres ácidos ulosónicos. Non ten OH no carbono 2, presenta un grupo carboxilo no carbono 1, un grupo amino no carbono 4 (polo que tamén é un aminoazucre) e unha cadea de 3 carbonos con 3 OH unida ao C 5, o que fan na molécula un total de 9 carbonos . En teoría, o ácido neuramínico podería considerarse como o produto da condensación aldólica do ácido pirúvico e a D-manosamina (2-amino-2-desoximanosa) por acción da ácido neuramínico sintase (E.C. 4.1.3.19).
Gregg Charles Popovich, nado o 28 de xaneiro de 1949 en East Chicago, Indiana, é un adestrador profesional estadounidense de baloncesto que actualmente dirixe aos San Antonio Spurs da National Basketball Association (NBA), cos que gañou cinco títulos de campión: 1999, 2003, 2005, 2007 e 2014. É, pois, un dos únicos cinco adestradores da historia da competición con cinco ou máis aneis de campión, honra que comparte con Phil Jackson, Red Auerbach, Pat Riley e John Kundla. Coñecido habitualmente como "Coach Pop" (do inglés: Adestrador Pop) ou simplemente "Pop", é posuidor do récord de máis temporadas consecutivas conseguindo máis vitorias que derrotas da histoira da NBA, e o terceiro en golbal, só por detrás de Pat Riley con 19 e Phil Jackson con 20.
A Transformada de Fourier, bautizada en homenaxe a Jean-Baptiste Joseph Fourier, é unha transformada integral que expresa unha función en termos de funcións de base sinusoidal, i.e., como suma ou integral de funcións sinusoidais multiplicadas por coeficientes ("amplitudes"). Existen diversas variacións directamente relacionadas desta transformada, dependendo do tipo de función a transformar.
Os gnatostomúlidos (Gnathostomulida, do grego γνάθος gnathos, "mandíbula" e stomŭa, diminutivo latino do grego στόμα stoma, "boca") son un filo de animais vermiformes, bilaterais, acelomados ou pseudocelomados segundo os autores, mariños, de pequeno tamaño (0,5 – 3 mm), que viven entre as partículas de area e os limos, en ambientes principalmente anaerobios, (lugares nos que se encontran as maiores densidades de poboación). Nútrense de fungos e microorganismos que se achan nos graos de area, atrapándoos coas características diminutas mandíbulas de que está dotada a súa boca, situada na zona anteroventral. Coñécense case 100 especies, e seguramente existen moitas máis sen descubrir.Non existe rexistro fósil e pasaron inadvertidos moito tempo polas súas mínimas dimensións e a súa transparencia e fraxilidade (non foron recoñecidos e descritos até 1956), polo que hoxe existe unha gran controversia no que respecta á ssúa historia evolutiva e á súa taxonomía.
Biblioteca Real dos Países Baixos
A Biblioteca Nacional dos Países Baixos (en neerlandés: Koninklijke Bibliotheek, tamén coñecida como KB), con sede na Haia, foi fundada en 1798. O rei Lodewijk Napoleón deulle o seu nome actual en 1806. A institución independizouse do Estado en 1996, aínda que está financiada polo Departamento de Educación, Cultura e Ciencia.
O funk é un estilo musical afroamericano. Naceu nos 60 con intérpretes coma James Brown, Sly and the Family Stone e The Meters, e emerxeu coma xénero a finais desa década. O funk caracterízase por ter ritmos bailables moi sincopados que enfatizan o primeiro tempo de cada compás, liñas de baixo prominentes, unha guitarra rítmica moi distintiva cun son afiado, voces ó estilo da música soul, seccións de vento poderosas e orientadas ó ritmo, unha grande énfase na percusión, incluíndo adoito diversos tambores ademais da batería, e influencias africanas e do jazz.
Unha obra derivada é, en termos lexislativos de dereitos de autor, unha obra intelectual creada a partir dunha ou outras xa existentes incluíndo aspectos que poden estar suxeitos a dereitos de autor. A obra derivada debe garantir os dereitos de autor da obra orixinal. Exemplos de obras derivadas poden ser unha tradución, unha adaptación musical, unha adaptación a outro medio de comunicación ou un resumo.
A ecuación da equivalencia masa-enerxía E = mc2, empregada na Teoría da relatividade, indica que a materia é simplemente outra forma de enerxía, concepto paradoxal en física clásica (e no sentido común). Porén, grazas a esta ecuación foi posible explicar fenómenos como a desintegración radioactiva. Tecnicamente a expresión resulta ser ±E = ±mc2, o que implica que a fórmula admite a existencia tanto de enerxía negativa e positiva, como de materia positiva e negativa, sendo a materia positiva e a enerxía positiva as formas comúns de materia e enerxía que coñecemos, e as súas formas negativas son, polo de agora, teóricas.
Heaven Up Here é o segundo álbum da banda inglesa de post-punk Echo & the Bunnymen, publicado o 30 de maio de 1981 a través do selo Korova. No mes de xuño dese ano, Heaven Up Here converteuse na primeir edición do grupo en acadar o top 10 da lista británica de álbums. Tamén foi o primeiro que entrou nas listas estadounidenses, acadando o número 184 da Billboard 200.
Karel Zeman, nado o 3 de novembro de 1910 en Ostroměř (daquela no Imperio Austrohúngaro e actualmente na República Checa) e finado en Zlín (Checoslovaquia) o 5 de abril de 1989, foi un director de cine, artista, deseñador de produción e animador checo. É considerado un dos pais do cinema de animación checo, xunto con Jirí Trnka.
No More Loud Music é un recompilatorio de sinxelos da banda belga de rock alternativo dEUS, editado en novembro do 2001 polo selo Island Records. Conten, en orde cronolóxica, os sinxelos dos álbum Worst Case Scenario, In a Bar, Under the Sea e The Ideal Crash, e unha canción nova "Nothing Really Ends".
O basónimo é un termo usado na nomenclatura biolóxica e que consiste no nome científico baixo o cal foi orixinalmente nomeado ou catalogado un taxon. Para evitar ambigüidades ou dúbidas respecto dun nome científico, unha proposta de reclasificación debe mencionar sempre o basónimo, aínda que o nome taxonomicamente válido ou aceptado hoxe en día sexa distinto. Por exemplo, en 1758 Linneo describiu a Staphylinus politus.
O Arquipélago Campano, (italiano: Arcipelago Campano), tamén chamado Arquipélago Napolitano (Arcipelago Napoletano), é un arquipélago no mar Tirreno, no suroeste de Italia. Comprende 5 illas principais: Capri, Ischia, Nisida, Procida, e Vivara. A maior parte do arquipélago pertence á cidade metropolitana de Nápoles (e previamente formaba parte da provincia de Nápoles).
Iuri Alexeievitch Gagarin (en ruso Юрий Алексеевич Гагарин; [ˈjʉrʲɪj ɐlʲɪˈksʲejɪvʲɪtɕ ɡɐˈɡarʲɪn]), nado en Klushino (óblast de Smolensk) o 9 de marzo de 1934 e finado preto de Novosiolovo (óblast de Vladimir) o 27 de marzo de 1968, heroe da Unión Soviética, foi un cosmonauta ruso que, o 12 de abril de 1961, marcou a historia da humanidade e da exploración espacial ao converterse no primeiro ser humano que viaxou ao espazo exterior, realizando un voo orbital completo arredor da Terra, a bordo da nave espacial Vostok 1.Gagarin converteuse nunha celebridade internacional, e foi galardoado con diferentes medallas e honores, como o de Heroe da Unión Soviética, o honor máis elevado da nación. A Vostok 1 foi a súa única misión espacial, aínda que ocupou un cargo na tripulación de recambio da misión Soiuz 1 (que terminou en accidente). Despois, Gagarin converteuse no director de formación adxunto do Centro de adestramento de cosmonautas, que logo se renomeou no seu honor.
Chile é un país de América do Sur, limitado ó norte polo Perú, ó leste por Bolivia e a Arxentina, cun total de 6.339 km de fronteiras terrestres, ó sur polo Estreito de Drake e ó oeste polo Océano Pacífico. O seu nome oficial é República de Chile e a súa capital é a cidade de Santiago de Chile.Chile descríbese normalmente como constituído de tres distintas zonas. A primeira delas, situada na costa occidental do Cono Sur e coñecida como Chile continental, comprende unha longa e estreita franxa de terra que se estende, maiormente, entre a ribeira suroriental do océano Pacífico e a cordilleira dos Andes, desde os 17º29'57'S ata os 56º32'S de latitude, ao longo de 4.270 km.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2022/23 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
Dihidrolipoamida deshidroxenase
A diihidrolipoamida deshidroxenase (DLD), tamén chamada dihidrolipoíl deshidroxenase mitocondrial, é un encima que nos humanos está codificado polo xene DLD do cromosoma 7. É unha flavoproteína encimática que oxida a dihidrolipoamida a lipoamida. A dihidrolipoamida deshidroxenase (DLD) é un encima mitocondrial que exerce un papel vital no metabolismo enerxético en eucariotas.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".