Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A República Arxentina (en castelán: Argentina) é un país situado no extremo sur de América organizado como unha república representativa e federal. Pola súa extensión, é o segundo estado de América do Sur, cuarto no continente americano e o oitavo no mundo con 2 780 400 km². Con todo a Arxentina reclama as Malvinas, as Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e a Illa Aurora baixo soberanía británica e unha área antártica ao sur do paralelo 60° S, denominada pola Arxentina Antártida Arxentina.
James Clark Jr., Jim ou Jimmy Clark OBE , nado en Kilmany, Escocia, o 4 de marzo de 1936 finou en Hockenheim, Alemaña o 7 de abril de 1968, foi un piloto de automobilismo. Gañou dous campionatos do Mundo de Fórmula 1 en 1963 e 1965. Morreu nun accidente nunha carreira de Fórmula dúas en Hockenheimring (Hockenheim), Alemaña en 1968.
Charles Babbage, nado en Teignmouth, Devon, Gran Bretaña, o 26 de decembro de 1791 e finado o 18 de outubro de 1871, foi un matemático inglés e científico protoinformático. Foi a primeira persoa en concibir a idea do que hoxe chamariamos un ordenador. No Museo de Ciencias de Londres exhíbense partes dos seus mecanismos inconclusos.
O violoncello ou violonchelo é un instrumento musical de corda fretada pertencente á familia do violín e de tamaño e rexistro entre a viola e o contrabaixo. É un dos instrumentos básicos e fundamentais da orquestra dentro do grupo das cordas, realizando normalmente as partes graves, aínda que a súa versatilidade tamén permite aos instrumentistas que o tocan interpretar partes melódicas. Tócase, xeralmente, refregando un arco coas cordas e co instrumento suxeito entre as pernas do violoncellista.
Sulfolobus é un xénero de microorganismos procarióticos termófilos pertencente ao dominio das arqueas.As especies do xénero Sulfolobus crecen en fontes termais volcánicas cun óptimo a pH 2-3 e a temperaturas de 75-80 °C, polo que son organismos acidófilos e termófilos. As células de Sulfolobus teñen forma irregular e son flaxeladas. As especies do xénero noméanse xeralmente pola localidade onde foron illadas por primeira vez, por exemplo, Sulfolobus solfataricus foi illada por primeira vez no volcán italiano Solfatara.
Isto é un artigo sobre a música académica europea da época neoclásica (1750-1800) para ir á sección da música culta europea (mal chamada "música clásica") siga a ligazón: música académica.O clasicismo musical comeza aproximadamente en 1750 (morte de Johann Sebastian Bach) e remata en 1827 aproximadamente (morte de Beethoven). A música clásica propiamente dita coincide coa época chamada neoclasicismo (que noutras artes consiste no redescubrimento e copia dos clásicos da arte grecorromana, que era considerada tradicional ou ideal: clásica). Na música non existiu un clasicismo orixinal (xa que non quedara escrita ningunha da música da época grega ou romana).
Europa ( pronunciación ) é un dos continentes que conforman o supercontinente euroasiático, situado entre os paralelos 35º 30’ e 70º 30’ de latitude norte. Europa é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. De forma convencional e por motivos histórico-culturais é considerada un continente, tras a delimitación realizada polo xeógrafo ruso Vasili Tatíshchev quen desexaba sinalar a pertenza de Rusia a Europa e a Asia.As fronteiras de Europa e a súa poboación son obxecto de controversia, xa que o termo continente pode referirse a un ben cultural e político ou a distincións fisiográficas.
O Google Arts & Culture é un sitio web que presenta unha recompilación de imaxes en alta resolución de obras de arte expostas en varios museos do mundo, así como un percorrido virtual polas galerías nas que se atopan. O proxecto foi posto en servizo por Google o 1 de febreiro de 2011 con 1061 obras de dezasete museos, entre os que se atopan o Tate Britain de Londres, o Museo Metropolitano de Arte de Nova York, e a Galería Uffizi de Florencia.
Alfred Joseph Hitchcock, nado en Leytonstone (Londres) o 13 de agosto de 1899 e finado no barrio de Bel Air (Os Ánxeles) o 29 de abril de 1980, foi un director de cinema británico nacionalizado estadounidense. Está considerado como unha das figuras máis influentes da historia do cinema. Nunha carreira de seis décadas, dirixiu máis de 50 longametraxes, moitas das cales aínda hoxe son moi vistas e estudadas.
Os pulmóns, chamados popularmente liviáns, son os órganos principais da respiración en humanos e en moitos outros animais incluíndo uns poucos peixes e algúns coscos. Nos mamíferos e na meirande parte dos vertebrados, os dous pulmóns atópanse preto da columna vertebral en ambos lados do corazón. As súas funcións no aparello respiratorio son a de extraer osíxeno da atmosfera e transferilo ao aparello circulatorio, e de expulsar dióxido de carbono do aparello circulatorio á atmosfera, nun proceso de hematose.
O Ferrari 166 é un automóbil de carreiras e de estrada, do fabricante de automóbiles italiano Ferrari, producíronse un centenar de unidades entre 1948 e 1953. Dispoñible en numerosas variantes de carrozaría e accionado por un motor V12 de 2 litros, o nome, 166, coincide co volume de cada volta cilindro (1995 cm³/12 é dicir 166´25 por cilindro).
A Subida al Naranco é unha clásica ciclista, que naceu no ano 1941. Dispútase na provincia de Asturias, sendo a saída habitual a súa capital Oviedo, finalizando no cumio do porto Naranco, actualmente denominada cumio "El Tarangu". Só a partir do ano 1981 se disputa anualmente sen interrupción e desde a creación dos Circuítos Continentais UCI en 2005 é unha proba da categoría 1.1 dentro do UCI Europe Tour.
Un piscívoro ou ictiófago é un animal carnívoro que come principalmente peixes. Os peixes eran a dieta dos primeiros tetrápodos (anfibios); a dieta insectívora apareceu despois, e co tempo, os réptiles engadiron a dieta herbívora.Algúns animais, como os leóns mariños e os aligátores, non son completamente piscívoros, e adoitan depredar invertebrados acuáticos ou animais terrestres ademais dos peixes, mentres que outras, como os morcegos pescadores Noctilionidae e o gavial, son máis estritamente dependentes do peixe para a súa alimentación. Os humanos poden vivir con dietas baseadas no peixe, como tamén os seus animais mascotas domesticados, como cans e gatos.
Gopher é un protocolo de redes de computadoras deseñado para indexar repertorios de documentos para internet. Os documentos preséntanse estruturados xerarquicamente, a información clasifícase por tipos e accédese a eles por menús. Presentouse en 1991, elaborado por Paul Lindner e Mark McCahill da Universidade de Minnesota.
o CD1 (cluster de diferenciación 1) é unha familia de glicoproteínas expresada na superficie de varias células presentadoras de antíxenos humanas. Están relacionadas coas moléculas do MHC de clase I, e están implicadas na presentación de antíxenos lipídicos ás células T. Porén, a súa función exacta non se coñece. Nos humanos, as moléculas CD1 están codificadas no cromosoma 1.
Die Zauberflöte, en galego A frauta máxica, é a última ópera (concretamente un singspiel, nome que recibe a ópera cómica en alemán e onde se intercalan partes faladas) composta por Wolfgang Amadeus Mozart con libreto de Emanuel Schikaneder, baseado en parte en Lulu, oder die Zauberflöte, de A.J. Liebeskind e en parte na obra Sethos de Jean Terrasson. Foi representada por primeira vez en vida do compositor austríaco, estreándose no Theater an der Wien de Viena o 30 de setembro de 1791 baixo a dirección do propio Mozart, apenas dous meses antes da súa morte.
Sir Timothy John Berners-Lee, coñecido como Tim Berners-Lee e tamén por TimBL, nado o 8 de xuño de 1955, é un enxeñeiro e científico da computación británico, coñecido por ser o inventor da World Wide Web (www). É profesor numerario investigador do departamento de Ciencias da computación da Universidade de Oxford e profesor no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). O 12 de marzo de 1989, Berners-Lee propuxo un sistema de xestión da información, e en novembro dese mesmo ano estableceu a primeira comunicación exitosa entre un cliente e un servidor a través de Internet usando o protocolo HTTP.Berners-Lee é o director do World Wide Web Consortium (W3C) que el mesmo fundou en outubro de 1994 para supervisar e estandarizar o desenvolvemento das tecnoloxías sobre as que se fundamenta a Web e que permiten o funcionamento de Internet.
Erysipelothrix rhusiopathiae é unha especie bacteriana formada por bacilos grampositivos, catalase negativos, non formadores de esporas, non ácido-alcohol resistentes, e inmóbiles. O organismo foi establecido como patóxeno humano a finais do século XIX e afecta tamén a animais. Pode illarse do solo, restos de comida e auga contaminada por animais infectados.
Os ruxios eran unha tribo xermánica cuxa orixe se remonta á rexión de Rogaland no sur de Noruega, que significa literalmente "terra engurrada", debido ao relevo accidentado dos fiordes nórdicos. Do século -III ata fins do século -I, a poboación desta área migra para o sur en procura de áreas máis quentes, debido á baixada das temperaturas de Europa neste período. Establécense na illa de Rügen, no mar Báltico, dando o seu nome a esta illa.
A Euroliga 2004-05 foi a quinta edición da máxima competición de clubs de baloncesto de Europa dende a súa organización pola Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB). Incluíndo as edición desta competición organizadas por FIBA Europa é a edición número corenta e oito. Nesta edición compitiron vinte e catro equipos de trece estados distintos.
Turandot é unha ópera en tres actos con música de Giacomo Puccini e libreto en italiano de Giuseppe Adami e Renato Simoni. A ópera, inconclusa pola morte de Puccini, foi completada por Franco Alfano. Foi estreada o 25 de abril de 1926 no Teatro alla Scala de Milán baixo a batuta de Arturo Toscanini e sen as adicións de Alfano.
O ornitorrinco (Ornithorhynchus anatinus), do grego: ornitho, ave + rhynchus, bico; e do latín: anati, pato + inus, semellante a: "con bico de ave, semellante a pato") é un mamífero semi-acuático endémico da parte leste de Australia e a illa de Tasmania. É o único representante vivo da familia dos ornitorrínquidos e a única especie do xénero Ornithorhynchus. É un dos catro representantes, xunto coas equidnas, da arcaica orde dos monotremas, os únicos mamíferos que poñen ovos no canto de dar á luz crías vivas, a especie é monotípica.
7-Zip é un programa libre para a compresión de datos para sistemas Microsoft Windows ou Linux (empregando a ferramenta Wine se se quere contar coa mesma interface gráfica). Pode usarse unha interface gráfica de usuario ou desde liña de comandos. Por defecto o programa emprega o novo formato de arquivo 7z, tamén libre, (con extensión .7z).
O microgramo é unha unidade de masa do Sistema Internacional de Unidades que equivale á milmillonésima parte dun quilogramo (10-9 kg) ou á millonésima parte dun gramo (10-6 g); o seu símbolo é µg. Algunhas organizacións, como Joint Commission, propoñen a utilización da abreviatura mcg polo risco de confusión da letra grega µ cunha m do que resultaría unha dose mil veces maior. Esta unidade de medida tamén era chamada gamma (símbolo: γ), nome e símbolo actualmente obsoletos, como sinónimos de microgramo.
A cítola ou cítara (do grego khitára) é a denominación xenérica que recibe unha serie de instrumentos cordófonos que se caracterizan por ter unha caixa harmónica sobre a que se fixa o diapasón, con varias cordas paralelas á táboa harmónica. Algúns deles son de corda pulsada, outros de corda pinzada e outros de corda percutida.
A dos Anseriformes é unha orde de aves acuáticas que comprende unhas 180 especies vivas repartidas en tres familias: anímidos (tres especies) anseranátidos (unha especie) e anátidos, a familia máis numerosa, que inclúe máis de 170 especies, entre elas os patos, os gansos e os cisnes.A maioría das especies modernas da orde están moi ben adaptadas para unha existencia acuática na superficie da auga. Coa excepción dos anímidos, os machos teñen pene, unha característica que se perdeu nas neoaves. Debido á súa natureza acuática, a maioría das especies teñen os pés palmados (é dicir, cos tres dedos dianteiros unidos por unha membrana interdixital).
Fernando Alonso Díaz ( pronunciación ), nado en Oviedo o 29 de xullo de 1981, é un piloto asturiano de automobilismo que actualmente compite para Aston Martin na Fórmula 1. Foi Campión do Mundo de Fórmula 1 nas tempadas 2005 e 2006 con Renault, interrompendo a serie de cinco títulos consecutivos acadada polo alemán Michael Schumacher e converténdose no gañador máis novo do título mundial, batendo a histórica marca do brasileiro Emerson Fittipaldi. É frecuentemente considerado como un dos mellores pilotos de Fórmula 1 na historia do deporte.
O cerebro (do latín cerebrum, coa súa raíz indoeuropea «ker» 'cabeza, no alto da cabeza' e «brum» 'levar'; tendo o significado arcaico de 'o que se leva na cabeza') é o centro de supervisión, de centralización e de cefalización do sistema nervioso, o de maior complexidade do reino animal.O cerebro encóntrase situado na cabeza, protexido polo cranio. Polo xeral, preto dos principais órganos dos sentidos como a visión, a audición, o equilibrio, o gusto e o olfacto. Corresponde, por tanto, á parte antesuperior do encéfalo dos humanos e outros vertebrados e se subdivide en cerebro anterior, cerebro medio e cerebro posterior.
O Volvo S40, V40 ou V50 é un automóbil do segmento D (S40/V40 de primeira xeración e S40/V50 de segunda xeración) ou C (V40 de terceira xeración) producido polo fabricante sueco Volvo desde o ano 1996. O modelo é un cinco prazas con motor dianteiro transversal e tracción dianteira ou ás catro rodas. S40 corresponde á versión con carrozaría sedán de catro portas.
Siebenrockiella crassicollis é unha especie de tartaruga de auga doce endémica do sueste de Asia. É unha das dúas especies clasificada baixo o xénero Siebenrockiella da familia dos xeoemídidos. Está clasificada como vulnerable pola IUCN, sendo unha das moitas especies de tartarugas do sueste asiática que son fortemente explotadas para o comercio de vida salvaxe internacional, particularmente para medicina alimentaria e tradicional nos mercados chineses.
Tiroteo e secuestro no centro comercial Westgate
O tiroteo e secuestro no centro comercial Westgate foi un ataque terrorista producido en Kenya o 21 de setembro de 2013 e prolongado durante varios días.
A Terra (AFI: [ˈtɛ.rɐ] ( )) (do latín Terra, deidade romana equivalente a Gaia, deusa grega da feminidade e da fecundidade), tamén acostuma a chamarse Mundo ou Planeta Azul, é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mesmo e ao redor da súa estrela —o Sol— na terceira órbita máis interna. Así mesmo é o fogar de millóns de especies de seres vivos, incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico onde se coñece a existencia de vida. É o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do Sistema Solar.
O Greystones Rugby Football Club é un club de rugby irlandés da localidade de Greystones, no Condado de Wicklow na provincia de Leinster. Actualmente compite na AIB League División Two. Ao estar afiliado á federación de Leinster, os seus xogadores poden ser seleccionados polo equipo representativo da provincia, o Leinster Rugby.
Planum Boreum é unha planicie que esta situada sobre o polo norte marciano, cobre case todo o polo norte ata a latitude 80º N é está centrada sobre as coordenadas 87,32° N 54,96° E. Esta planicie está no medio da gran rexión de planicies a baixa altitude chamada Vastitas Borealis (a cal pertence Planum Boreum) é que cobre boa parte do hemisferio norte de Marte. A chaira ten un diámetro medio de 354,63 km, aínda que se se lle engadisen as áreas con escarpas, facturas e dunas que rodean a esta planum, o tamaño sería moito maior. No ano 1999, o Telescopio Espacial Hubble detectou un ciclón preto da rexión polar, o diámetro deste ciclón era aproximadamente duns 1750 km e tiña un ollo central duns 320 km.
En química, unha solución tampón, sistema amortecedor ou tampón químico (máis precisamente, tampón de pH ou do ión hidróxeno e na literatura inglesa buffer) é unha solución acuosa consistente nunha mestura dun ácido débil e a súa base conxugada ou dunha base débil e o seu ácido conxugado. O pH destas solucións cambia moi pouco cando se lle engaden pequenas cantidades dun ácdo forte ou dunha base forte. As solucións tampón utilízanse para manter o pH a un valor case constante nunha ampla variedade de aplicacións químicas e industriais.
O domingo é o sétimo día da semana. O nome "domingo" vén do latín Dominicus (dies) ou día do Señor, por causa da celebración cristiá da Resurrección de Xesús. Cando o Instituto da Lingua Galega elaborou o Atlas Lingüístico Galego, tamén foi rexistrada localmente a forma arcaica primeira feira, soamente observada polo estudo nos lugares de Sistallo (en Cospeito) e Vilachán (en Tomiño) .
Henry Spencer Moore, nado en Castleford (Yorkshire) o 30 de xullo de 1898 e finado en Perry Green (Hertfordshire) o 31 de agosto de 1986, foi un escultor e deseñador británico, que desenvolveu unha obra tridimensional fundamentalmente figurativa, con breves incursións na abstracción. Fillo dun enxeñeiro de minas, Moore volveuse coñecido coas súas esculturas abstractas a grande escala, de bronce fundido e de mármore. Co apoio substancial da institución de arte británica, Moore axudou a introducir unha forma especial de modernismo no Reino Unido.
O león (Panthera leo) é un mamífero carnívoro da familia dos félidos e unha das 5 especies do xénero Panthera. Algúns machos, excepcionalmente grandes, chegan a pesar ata 250 kg, o que os converte no segundo félido vivente máis grande despois do tigre. Os leóns salvaxes viven na África subsahariana e Asia, cunha poboación en perigo crítico ao noroeste da India, tendo desaparecido do norte de África, de Oriente Próximo e do oeste de Asia en tempos históricos.
Alavivo (en latín: Alavivus) morto polo 376/377, foi un líder tervingo durante a entrada do seu pobo no Imperio Romano. As súas orixes son incertas. Aparece por primeira vez no 376, cando dirixiu as negociacións co emperador Valente (reinado 364–378) para que o seu pobo fose asentado nos dominios imperiais.
Gokushufudō (極主夫道) é unha serie manga xaponesa escrita e ilustrada por Kousuke Oono. Publicada na revista manga en liña Kurage Bunch dende 2018, Gokushufudō é unha serie de acción e comedia segue a un exmembro da yakuza que se retira do crime para converterse en marido de casa. O manga foi adaptado a unha serie de televisión de acción en vivo por Nippon TV en 2020.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Un político ou unha política, é unha persoa activa na política de partidos, ou unha persoa que ostenta ou busca un cargo nun goberno. Os políticos propoñen, apoian e crean leis ou políticas que rexen un territorio e, por extensión, o seu pobo. En termos xerais, un "político" pode ser calquera que busque o poder político en calquera institución burocrática.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Siberia, tamén coñecida como Angara ou Angaralandia, é un antigo cratón que actualmente forma a meseta central de Siberia, pero que se formou noutras latitudes como unha masa continental fusionada con outras e despois independente, antes de que acabase fusionándose con outros continentes formando a Panxea ao final do Carbonífero e o Permiano. No leste do cratón siberiano había un mar que bañaba a marxe continental pasiva, no que agora son as terras baixas do leste de Siberia.Angaralandia foi bautizada así na década de 1880 polo xeólogo austríaco Eduard Suess, que cría erradamente que no Paleozoico había dous grandes continentes no hemisferio norte: "Atlantis", América do Norte conectada con Europa por unha península formada por Groenlandia e Islandia, e "Angaralandia", formada polo leste de Asia, nomeada así polo río Angara de Siberia.
Casaquistania, Kazhakhstania, terreos casacos, bloque de Casaquistán ou bloque de Kazakhstán é unha rexión xeolóxica de Asia central que comprende a área centrada no lago Balkhash, norte e leste do mar de Aral, sur do cratón siberiano e oeste dos Montes Altai. A cunca de Junggar en Xinjiang, China, tamén formaba parte de Casaquistania, aínda que ás veces se denomina bloque de Junggar. Como os terreos casacos se orixinaron durante o Ordovícico tardio como parte do cinto oroxénico de Asia central tamén se denominan oróxeno casaco.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Marrakech ou Marraquex (Murakush en tamazight; مراكش , Marrākuš ou Marrākiš, en lingua árabe), é unha cidade de Marrocos coñecida co alcume da Cidade Vermella e que foi capital de diversas dinastías islámicas, o que lle valeu o recoñecemento de Cidade Imperial de Marrocos, distinción que tamén posúen Meknes, Fez e Rabat. Segundo datos do ano 2004 ten 1 070 838 habitantes distribuídos nunha área de 6'2 quilómetros cadrados. A cidade vella, coñecida como Medina de Marrakech, foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 1985.
A Rainy Day in New York é un filme estadounidense de 2019 escrito e dirixido por Woody Allen. Está protagonizado por Timothée Chalamet, Elle Fanning, Selena Gomez, Jude Law, Diego Luna e Liev Schreiber. O filme segue a historia romántica de dous mozos estudantes universitarios, Gatsby e Ashleigh (Chalamet e Fanning), mentres realizan unha visita de fin de semana á cidade natal de Gatsby, Nova York.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2022/23 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 198.689.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Wikipedia é unha enciclopedia en liña baseada nun wiki multilingüe e de contido libre editado e mantido por unha comunidade de editores, a cal comezou o 15 de xaneiro de 2001 coa versión en lingua inglesa. Pouco despois, creáronse edicións en linguas diferentes do inglés: as edicións en alemán e o catalán foron creadas o 16 de marzo, a edición en francés o 23 de marzo, e a sueca creouse o 23 de maio.