Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Tor (The Onion Router) é un software libre que permite a comunicación anónima a través de internet. Orixinalmente desenvolvido pola US Naval Research Laboratory, Tor converteuse nun proxecto da Electronic Frontier Foundation (EFF) a fins de 2004 e ata novembro de 2005. Actualmente desevólveo The Tor Project, unha asociación sen fins de lucro.
O bob, bobsleigh ou bobsled (verba inglesa) é un deporte olímpico de inverno que xunto ao luge e o skeleton representan distintas modalidades de descenso en zorra. Ao igual que o luge e o skeleton, a súa orixe atópase nos Alpes suízos a finais do século XIX. Concretamente o primeiro club de bobsleigh do mundo fundouse en 1897 en St. Moritz, Suíza, e desde aí difundiuse a outras partes de Europa.
Irlanda ( pronunciación ) (en irlandés: Éire, [ˈeː.ɾʲə] (AFI), escoitar; en inglés: Ireland, [ˈaɪərlənd] ou [ˈɑrlənd] (AFI), escoitar), oficialmente República de Irlanda ( pronunciación ) (en irlandés: Poblacht na hÉireann; en inglés: Republic of Ireland) é un país do noroeste de Europa que forma parte da Unión Europea (UE). A súa capital é Dublín (en irlandés: Baile Átha Cliath e en inglés: Dublin). No ano 1949 declarouse o estado irlandés como a República de Irlanda (en inglés Republic of Ireland, en irlandés: Poblacht na hÉireann).
Un melanocito é unha célula da epiderme que se encarga de producir melanina, un pigmento da pel, ollos (iris, coroide ) e pelo, que ten a misión de bloquear os raios ultravioleta do sol, evitando que danen o ADN das células destas partes tan expostas á luz. Tamén hai melanocitos no oído interno, meninxes, ósos, e corazón.É unha célula dendrítica (con prolongacións) que na súa orixe deriva da crista neural e que migra cara á epiderme e o folículo piloso durante a embrioxénese. Caracterízanse polo seu núcleo ovoide.
Michael Jeffrey Jordan, nado o 17 de febreiro de 1963 en Brooklyn, Nova York, é un ex xogador de baloncesto estadounidense, home de negocios, e propietario maioritario dos Charlotte Hornets. A súa biografía na páxina web oficial da National Basketball Association (NBA) di: "Por aclamación, Michael Jordan é o mellor xogador de baloncesto de tódolos tempos."Despois dunha sobresaliente carreira na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill, onde dirixiu aos Tar Heels a un Campionato Nacional en 1982, Jordan uniuse aos Chicago Bulls da NBA en 1984. Rapidamente destacou como unha das estrelas da liga, debido ás súas grandes actuacións e espectacular xogo, destacando sobre todo a súa capacidade de salto, que lle permitía poder facer mates dende a liña de tiros libres.
O nacionalismo paquistaní (en urdú: پاکستانی قومیت) refírese á expresión política, cultural, lingüística, histórica e relixiosa que profesan os habitantes de Paquistán cara a súa nación, baseado nun sentido de orgullo pola súa historia, herdanza e identidade cultural e polas súas visións de futuro. A diferenza do nacionalismo secular da maioría dos outros países, o nacionalismo paquistaní é de natureza relixiosa, baseado no nacionalismo islámico. A relixión foi a base da narrativa nacionalista paquistaní.Dende o punto de vista político e nos anos previos á independencia de Paquistán, as bases políticas e ideolóxicas particulares das accións da Liga Musulmá pódense denominar ideoloxía nacionalista paquistaní.
Navassa (en castelán: Navaza) é unha pequena illa deshabitada do Mar Caribe. É unha Área insular dos Estados Unidos, e constitúe un territorio non incorporado dos Estados Unidos, administrado polo Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos Estados Unidos. Con todo, a illa é reclamada por institucións privadas e por Haití.
A hormona do crecemento (GH, do inglés: growth hormone) é unha hormona peptídica formada por unha cadea única de 191 aminoácidos, que estimula o crecemento, a división celular, e a rexeneración nos humanos e outros animais. É sintetizada, almacenada, e secretada polas células somatotropas situadas nas ás laterais da adenohipófise (glándula pituitaria anterior). A hormona do crecemento humana abréviase como hGH ou HGH. O termo somatotropina (STH) utilízase para referirse á hormona do crecemento 1 producida naturalmente polos animais, mentres que o termo somatropina fai referencia á hormona do crecemento producida pola tecnoloxía do ADN recombinante .
Entalpía estándar de formación
Desígnase como entalpía estándar de formación ou "calor estándar de formación" dun composto á variación de entalpía que acompaña á formación de 1 mol dunha substancia no seu estado estándar a partir dos seus elementos constituíntes no seu estado estándar (a forma máis estable dun elemento a 1 atmosfera de presión e unha determinada temperatura, que adoita ser 298 K ou 25 °C). Denotase por ΔHfO. A variación de entalpía estándar de formación ten como unidade enerxía, Joule, partido por cantidade de substancia, mol, (J/mol). Habitualmente dáse en (kJ mol−1), perono cahco nada de estto!
Dominio de primeiro nivel xeográfico
Un dominio de primeiro nivel xeográfico (ccTLD) é un dominio de Internet usado e reservado para un país ou territorio dependente. Existen uns 243 ccTLD, cunha lonxitude de dous ou tres caracteres, a maioría ó estándar de código de países ISO 3166-1. Cada país designa xestores para seus ccTLT, por exemplo Cataluña (.cat), Italia (.it) ou Alemaña (.de).
Adobe Photoshop é un Programa informático editor de imaxes bidimensionais do tipo bitmap (posuíndo aínda algunhas capacidades de edición típicas dos editores vectoriais) desenvolvido pola empresa Adobe. É considerado o líder no mercado dos editores de imaxe profesionais, así como o programa de facto para edición profesional de imaxes dixitais e traballos de preimpresión. A súa máis recente versión é identifidada como Adobe Photoshop CS6 (sigla cuxo significado é Creative Suite 6, correspondente á décimo terceira edición desde o seu lanzamento), dispoñible para os sistemas operativos Microsoft Windows e Mac OS X. As versións anteriores ata a 7.0 poden ser usadas noutros sistemas operativos, como o Linux, por medio de programas como o Crossover Office.
O carro solar de Trundholm (en danés Solvognen) é un célebre obxecto de bronce descuberto en 1902 por un campesiño no pantano de Trundholm en Odsherred, preto de Nykøbing, provincia de Sjælland (Zelandia) en Dinamarca. Represéntase un cabalo e un grande disco, ambos os dous colocados sobre unha estrutura en forma de carro con rodas de raios. Está datado na primeira Idade de bronce arredor de 1400 a.C..
Este artigo fala sobre a primeira consola da serie de videoconsolas de Sony; para o artigo sobre a serie enteira, vexa o artigo PlayStation (serie).A PlayStation é a primeira dunha serie de consolas de videoxogos. Esta primeira versión foi concibida e lanzada no mercado por Sony o 3 de decembro de 1994 no Xapón e no 9 de setembro de 1995 nos Estados Unidos.
Mayotte é unha posesión de Francia entre o océano Índico e o canle de Mozambique no arquipélago das Comores, do cal é a illa máis oriental. Está formado pola illa Mayotte, tamén coñecida como Grand Terre e dúas illas máis pequenas: a illa de Pamanzi, o Petit Terre e a illa Chisimoi M'Zamboro. Os países veciños máis próximos son as Comores ao noroeste, Madagascar ao sueste, as illas Seychelles e as Illas Gloriosas (dependentes de Reunión) ao nordeste, e Mozambique ao oeste.
As pioverdinas son sideróforos fluorescentes producidos por certas especies de bacterias pseudomónadas.En Pseudomonas aeruginosa PAO1 hai 14 xenes pvd implicados na biosíntese de pioverdina.A diferenza da enterobactina, as pioverdinas/pseudobactinas son péptidos non ribosómicos que se unen ao ferro, que conteñen un derivado dihidroxiquinolina. A estrutura do péptido difire entre as distintas pseudomónadas e foron descritas unhas 40 estruturas diferentes, aínda que o cromóforo ácido (1S)-5-amino-2,3-dihidro- 8,9-dihidroxi-1H-pirimido[1,2-a]quinolina-1-carboxílico é o mesmo sempre coa excepción da azobactina de Azotobacter vinelandii, a cal posúe un anel de urea extra.
Fred Hampton, nado en Summit o 30 de agosto de 1948 e finado en Chicago o 4 de decembro de 1969, foi un revolucionario e activista socialista estadounidense. Presidente do Black Panther Party (BPP) en Illinois e vicepresidente do BPP a nivel nacional, foi asasinado polo FBI e a policía de Chicago no seu sono.
Douala é a maior cidade do Camerún e capital da Rexión do Litoral e do departamento de Wouri. Cunha poboación de 2 768 400 habitantes (2014), cidade atópase no oeste do país, a beiras do golfo da Guinea, no océano Atlántico, xusto na desembocadura do río Wouri. A cidade esténdese a ambas as beiras do río, unidas pola ponte Bonaberi.
The History of The Hobbit é un estudo de dous volumes de J. R. R. Tolkien sobre a novela de 1937 O hobbit. Foi publicado por HarperCollins en maio e xuño de 2007 no Reino Unido, e por Houghton Mifflin o 21 de setembro de 2007 nos Estados Unidos. O 26 de outubro de 2007 lanzouse unha caixa que combina O hobbit con The History of The Hobbit.
O Ilyushin Il-62 (alcumado Classic) foi o primeiro reactor de pasaxeiros de longo alcance producido na Unión Soviética. Fixo o seu primeiro voo en xaneiro de 1963 e entrou en servizo con Aeroflot o 15 de setembro de 1967. Foi concibido como sucesor do turbohélice Il-18, e coa súa capacidade de case 200 pasaxeiros era o reactor de liña máis grande cando realizou o seu voo de estrea.
Internet Broadway Database (IBDB) (en galego: A base de datos de Broadway en Internet) é unha base de datos en liña de producións de Broadway e do seu persoal. Opera a través do Departamento de investigación de The Broadway League, unha asociación comercial norteamericana de teatro comercial.A IBDB achega rexistros de producións dende o inicio do teatro en Nova York no século XVIII até o presente. Nel, detállanse as persoas implicadas, feitos interesantes e estatísticas.Foi concibida por Karen Hauser, xefa do Departamento de Investigación da Liga de Teatros americanos e Produtores (agora chamado "The Broadway League").
Un foguete espacial é unha máquina que, utilizando un motor de combustión, produce a enerxía cinética necesaria para a expansión dos gases, que son lanzados a través dun tubo propulsor (chamada propulsión por reacción). Por extensión, o vehículo, xeralmente espacial, que presenta motor de propulsión deste tipo é denominado foguete ou mísil. Normalmente, o seu obxectivo é enviar artefactos (especialmente satélites artificiais e sondas espaciais) ou espazonaves e seres humanos ao espazo.
Sark (francés: Sercq; Sercquiais: Sèr ou Cerq), é unha pequena illa das Illas da Canle no suroeste do Canle da Manga, na costa de Normandía, Francia. É un feudo real, que forma parte da Bailía de Guernsey, co seu propio conxunto de leis baseadas na lei normanda e o seu propio parlamento. Ten unha poboación de preto de 600 habitantes.
O topónimo Calle pode referirse a: A Calle lugar da parroquia de Sarandós no concello de Abegondo; A Calle lugar da parroquia de Rubián no concello de Bóveda; A Calle lugar da parroquia de Beira no concello de Carral; A Calle lugar da parroquia de Sergude no concello de Carral; As Calles lugar da parroquia de Olas no concello de Mesía; A Calle lugar da parroquia de Poulo no concello de Ordes; A Calle lugar da parroquia de Tella no concello de Ponteceso; A Calle lugar da parroquia de Arcade no concello de Soutomaior; A Calle lugar da parroquia de Goián no concello de Tomiño; A Calle de Ferreiros, lugar da parroquia de Ferreiros, no concello do Pino; Calle das Rocas lugar da parroquia de Castro no concello de Narón; Calle do Sol lugar da parroquia de Gaibor no concello de Begonte.
Tempadas dos Columbus Blue Jackets
Os Columbus Blue Jackets son un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Columbus, Ohio (Estados Unidos). Forman parte da Metropolitan Division da Conferencia Leste, na National Hockey League (NHL). A franquía foi fundade en 1997, aínda que a súa primeira tempada na liga foi a 2000-01.
O Rin (Rhein en alemán, Rhin en francés, Rijn en neerlandés, Rain en retorrománico) é un dos ríos máis longos e importantes de Europa, con 1238 km e un caudal de 2300 m³/s. Atravesa Europa de sur a norte, desembocando no mar do Norte. O nome Rin é de orixe celta e significa fluír (como en grego antigo 'rheīn'=fluír).
"Give In to Me" é a décima cación do álbum de Michael Jackson Dangerous. O sinxelo acadou o número un en Nova Zelandia e matívose por catro semanas consecutivas, e chegou ó número dous nas listas musicais británicas. Estilisticamente, "Give In to Me" é unha balada de hard rock na que colabora o guitarrista de Guns N' Roses Slash.
James Eugene "Jim" Carrey, nado o 17 de xaneiro de 1962, é un actor, comediante, cantante e escritor canadense-estadounidense. Recibiu dous Globos de Ouro e tamén foi candidato en catro ocasións. É coñecido polas súas enerxéticas e carismáticas interpretacións, e foi descrito como unha das maiores estrelas de cine de Hollywood.Carrey gañou recoñecemento en 1990, nun papel recorrente na comedia In Living Color.
Sucesor do Kamiokande, é un detector de partículas situado no Xapón.Está situado nunha antiga mina baixo o Monte Ikeno, Xapón central, a 1000 m de profundidade. O detector está encastrado nun tanque cilíndrico de 41,4 m de altura de aceiro inoxidable. No seu interior hai 50 000 toneladas de auga ultra pura, cuns 13 000 fotosensores, burbullas douradas que detectan o resplandor das explosións de luz producida polos neutrinos que pasan ó seu través.
Manuel Hernández y Álvarez Reyero
Manuel Hernández y Álvarez Reyero, nado en León o 17 de marzo de 1864 e finado en Soria o 18 de xullo de 1933, foi un arquitecto español vinculado á arquitectura civil da cidade de Santiago de Compostela.
Terremoto e tsunami de Sendai de 2011
O terremoto e tsunami de Sendai en 2011(東北地方太平洋沖地震, Terremoto da rexión de Tōhoku e da zona costeira do Océano Pacífico) foi un sismo ocorrido ás 14:46:23 (05:46:23 UTC) do venres 11 de marzo de 2011, que alcanzou unha magnitude provisional de 8,9 na escala sismolóxica de magnitude de momento (MW). O domingo 13 de marzo recalificouse pola axencia sismolóxica xaponesa nun 9 na escala sismolóxica de magnitude de momento (MW), o que o fai o cuarto maior terremoto do que se ten constancia na historia. O epicentro do terremoto situouse no mar, fronte á costa de Honshu, 130 km ao leste de Sendai, na prefectura de Miyagi, Xapón.
O Manifesto das 343, en francés Le manifeste des 343, foi unha declaración asinada por 343 mulleres que admitían que abortaran, expoñéndose deste xeito a ser procesadas criminalmente. O manifesto apareceu na revista francesa Le Nouvel Observateur o 5 de abril de 1971. Tamén sería coñecido como o "Manifesto das 343 putas" (en francés, Le manifeste des 343 salopes) ou o "Manifesto das 343 prostitutas".
Francia competiu en cada unha das edición dos Xogos Olímpicos modernos, dende os Xogos de 1896 en Atenas. Os deportistas franceses gañaron un total de 749 medallas nos Xogos Olímpicos de Verán, con esgrima e ciclismo como os deportes que máis medallas lle reportaron. Francia tamén gañou outras 124 medallas nos Xogos Olímpicos de Inverno, a maioría delas en esquí alpino.
David Hockney, nado o 9 de xullo de 1937, é un pintor, debuxante, gravador, escenógrafo e fotógrafo inglés. É un dos maiores representantes da Arte pop da década dos 60, e un dos artistas británicos máis influentes do século XX. O seu estilo pictórico atópase estreitamente relacionado co sur de California, onde viviu e desenvolveu a súa obra entre 1963 e 2005. Dende esta última data, Hockney posúe unha vivenda e estudo en Bridlington, Londres.
Francis Charles Fraser, nado o 16 de xuño de 1903 e finado o 21 de outubro de 1978, foi un zoólogo briánico condiserado como unha das maiores autoridades mundiais no estudo dos cetáceos. Traballou no British Museum desde 1933 até 1969.Foi elixido como membro da Royal Society en 1966.A especie Lagenodelphis hosei descrita por el, é denominada, na bibliografía internacional e na súa honra, como golfiño de Fraser (Fraser's dolphin).
Salvador Guillermo Allende Gossens, nado en Santiago o 26 de xuño de 1908 e finado na mesma cidade o 11 de setembro de 1973, foi un político chileno, presidente do seu país entre 1970 e 1973, cando foi derrocado por un golpe de estado, apoiado pola CIA e os Estados Unidos de América, que acabou coa súa vida. Non alcanzou a completar o seu goberno, que proseguía até 1976, debido ó Golpe de Estado de 1973 que o derrocou e implantou o Réxime Militar en Chile. A súa morte ocorreu durante o asalto ó Palacio de la Moneda, no que faleceu.
Candidatus Pelagibacter ubique' é a única especie do xénero bacteriano Pelagibacter, a cal foi illada e nomeada en 2002, e que actualmente está en proceso de ser publicada validamente de acordo co Código Internacional de Nomenclatura Bacteriana, polo que ten polo momento o status de especie candidata (candidatus). É un membro moi abondoso do clado SAR11 do filo Alphaproteobacteria. Os membros do SAR11 son organismos moi dominantes que se encontran en augas doces e salgadas de todo o mundo.
O islam (en árabe: الإسلام, al-Islām ) ou islamismo é unha relixión monoteísta abrahámica cuxo dogma baséase no libro do Corán, o cal establece como premisa fundamental para os seus crentes que «Non hai máis deus que Alá e que Mahoma é o último mensaxeiro de Alá». A palabra árabe Allah, galeguizada como Alá, significa Deus e a súa etimoloxía é a mesma da palabra semítica El (אל), coa que se nomea a Deus na Biblia. Os eruditos islámicos definen ao islam como: «A submisión a Deus o Altísimo a través do monoteísmo, a obediencia e o abandono da idolatría».
Sun Yat-sen (chinés simplificado: 孙逸仙pinyin: Sūn Yìxiān / chinés simplificado: 孙中山pinyin: Sūn Zhōngshān / chinés simplificado: 孙德明pinyin: Sūn Démíng), nado o 12 de novembro de 1866 en Cuiheng, actual Zongshan e finado o 12 de marzo de 1925, foi un líder nacionalista e republicano chinés. Está considerado, tanto pola República Popular da China como pola actual República da China (Taiwán) como o pai da China moderna.
A Terra (AFI: [ˈtɛ.rɐ] ( )) (do latín Terra, deidade romana equivalente a Gaia, deusa grega da feminidade e da fecundidade), tamén acostuma a chamarse Mundo ou Planeta Azul, é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mesmo e ao redor da súa estrela —o Sol— na terceira órbita máis interna. Así mesmo é o fogar de millóns de especies de seres vivos, incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico onde se coñece a existencia de vida. É o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do Sistema Solar.
A Anunciación (do latín annuntiatio), tamén coñecida como a Anunciación para a benaventurada Virxe María, a Anunciación da Nosa Señora, ou a Anunciación do Señor, é a celebración cristiá do anuncio do anxo Gabriel á Virxe María, en Nazaret, segundo a cal ía concibir e ser a nai de Xesús, o Fillo de Deus, na súa Encarnación. Gabriel dixo a María que o nome do seu fillo sería Yeshua, que significa "YHWH é a salvación".Segundo o Evanxeo de Lucas a Anunciación ocorreu "no sexto mes" do embarazo de Isabel con Xoán Bautista. Moitos cristiáns observan este evento coa Festa da Anunciación, o 25 de marzo.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Irmandamento (derivado do verbo irmandar) é o proceso político polo que dúas localidades distintas establecen un vencello común, que pode ser simplemente simbólico ou de intensidade moito máis forte. As razóns máis visibles do irmandamento son as de etimoloxías similares para os topónimos (v. Lalín, Santiago de Compostela, A Pobra de Trives, Palas de Rei, Monterrei, Beade ou Gondomar), inda que tamén se pode deber a unha gran proporción de emigrantes dunha das localidades na poboación da outra (v.
Ubuntu (AFI: /uˈbuntu/ en inglés, /ùbúntú/ en zulú) é unha distribución ou distro de GNU/Linux para computadoras de escritorio, portátiles e servidores. Baséase (fork) en Debian GNU/Linux e patrocínaa Canonical Ltd., empresa privada fundada e financiada polo seu actual dono, o empresario surafricano Mark Shuttleworth. É unha das distribucións de GNU/Linux máis populares, con máis de 8 millóns de usuarios, Ubuntu pretende ser un sistema operativo actualizado, e concentra os seus esforzos na facilidade e liberdade de uso, os lanzamentos regulares (cada 6 meses) e a facilidade de instalación.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
As vías de sinalización Wnt son u grupo de vías de transdución de sinais que empezan coas proteínas que pasan sinais á célula por medio de receptores da superficie celular. O nome Wnt é un termo composto creado a partir dos nomes Wingless e Int-1. As vías de sinalización Wnt usan tanto a sinalización entre céluls próximas (parácrina) coma a comunicación nunha mesma célula (autócrina).
Augusto José Ramón Pinochet Ugarte, nado en Valparaíso o 25 de novembro de 1915 e finado en Santiago de Chile o 10 de decembro de 2006, foi un militar e ditador chileno. Foi gobernante de Chile entre 1973 e 1990, logo de dar un golpe de Estado que derrocou o goberno de Salvador Allende o 11 de setembro de 1973, primeiro baixo o cargo de Presidente da Xunta Militar de Goberno (1973-1981), ao que sumou o título de Xefe Supremo da Nación o 27 de xuño de 1974, que lle confería o poder executivo, e que logo substituíu o 16 de decembro dese mesmo ano polo de Presidente da República. Desde 1981 asumiu o cargo de Presidente baixo a Constitución de 1980.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Saudade de ti é unha serie de televisión estreada en 2022 pola Televisión de Galicia, consta de 60 capítulos na primeira tempada, que foron emitidos entre xullo e setembro de 2022. A primeira tempada foi líder de audiencia na TVG. Foi seguida por máis de 150.000 espectadores cada noite, a primeira elección en horario de máxima audiencia en Galicia.En marzo de 2023 gravábase a segunda tempada en Ares. Foi estreada na TVG o domingo 18 de xuño de 2023, emitíndose os domingos, luns e martes.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval, e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
A dinastía Qing (pronunciado 'ching' /tɕʰíŋ/; chinés: 清朝 W-G Ch'ing Ch'ao, PY Qīng Cháo), oficialmente Gran Qing (chinés: 大清; Dà Qīng), ou Estado do Gran Qing (manchú: ᡩᠠᡳᠴᡳᠩ ᡤᡠᡵᡠᠨ Daicing Gurun), tamén chamado Imperio Qing ou dinastía manchú, foi a derradeira dinastía imperial chinesa, gobernando o actual país entre os anos 1644 e 1912. Foi precedida pola dinastía Ming e sucedida pola República da China. O imperio multicultural Qing durou case tres séculos e formou a base territorial para o Estado chinés moderno.