Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas.
Python é unha linguaxe de programación creada por Guido van Rossum no ano 1990.É comparado habitualmente con TCL, Perl, Scheme, Java e Ruby. Na actualidade Python desenvólvese como un proxecto de código aberto, administrado pola Python Software Foundation. A última versión estable da linguaxe é a 3.6.5.
A Capela Sistina é unha capela localizada no Palacio Apostólico, ao norte da Basílica de San Pedro, no Vaticano. Foi construída a partir de 1475 e inaugurada o 9 de agosto de 1483 polo Papa Sisto IV. O interior foi redecorado a partir de 1508, baixo encomenda do Papa Xulio II, con frescos de Michelangelo Buonarroti, entre os que se atopa a célebre Creación de Adán. Michelangelo terminou o seu traballo en 1541, xa baixo o pontificado de Paulo III, coa conclusión da representación do Xuízo Final, sobre o altar.
Terminator (en inglés: The Terminator) é un filme estadounidense de acción dirixido por James Cameron que foi estreado no 1984. Escrito conxuntamente entre Cameron e William Wisher Jr., está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Michael Biehn, e Linda Hamilton. Estreouse en galego na TVG o 20 de xaneiro de 1992.
Maccabi Tel Aviv (en hebreo: מכבי תל אביב), a miúdo coñecido sinxelamente como Maccabi, é a asociación deportiva máis importante de Israel. Con sede na cidade de Tel Aviv, dispón de seccións en diferentes deportes, entre as que destacan as de baloncesto, fútbol, balonmán e voleibol. O club tamén conta con equipos de judo, natación e outras disciplinas.
O acibeche é unha variedade de lignito, negra e brillante. É un material moi fráxil polo que a súa extracción sempre foi artesanal e a súa talla difícil ó tentar esculpir figuras moi detalladas, pero pola súa gran beleza, emprégase en xoiería na realización de aneis, colares xunto con madeiras nobres e pedras preciosas e está considerado como o talismán do peregrino durante o Camiño de Santiago, ademais empregábase contra o mal de ollo. Tamén se utiliza para o bordado de pezas de gala no traxe tradicional galego.
Chipre ( pronunciación ) (en grego: Κύπρος/Kýpros, en turco: Kıbrıs), oficialmente República de Chipre ( pronunciación ) (en grego: Κυπριακή Δημοκρατία, en turco: Kıbrıs Cumhuriyeti) é unha república que abrangue o territorio da illa homónima, situada ó leste do mar Mediterráneo, 113 km ao sur de Turquía, 120 km ao oeste de Siria e 150 km ao leste da illa grega de Kastellorizo. Chipre ingresou como membro das Nacións Unidas o 20 de setembro de 1960 e foi un dos fundadores do Movemento de Países Non Aliñados até o seu ingreso na Unión Europea o 1 de maio de 2004. Segundo a lei internacional, a illa no seu todo é un estado independente, mais de facto atópase dividida dende o 15 de xullo de 1974 en dúas partes.
Akira Kurosawa (黒澤 明, Kurosawa Akira), nado en Toquio o 23 de marzo de 1910 e finado na mesma cidade o 6 de setembro de 1998, foi un director, produtor e guionista de cine xaponés. As súas películas influenciaron grandemente unha xeración enteira de realizadores como George Lucas ou Sergio Leone. A súa primeira película acreditada (Sugata Sanshiro) presentouse en 1943 e a última (Madadayo) en 1993.
Marco Aurelio Antonino Augusto (alcumado o Sabio ou Filósofo) (en latín: Marcus Aurelius Antoninus Augustus), nado en Roma o 26 de abril de 121 e finado o 17 de marzo de 180, foi co-emperador do Imperio Romano dende o ano 161 até o ano da súa morte en 180. Foi o derradeiro dos chamados Cinco bos emperadores, terceiro dos emperadores de orixe hispano e está considerado como unha das figuras máis representativas da filosofía estoica. Marco Aurelio e Lucio Vero foron fillos adoptivos de Antonino Pío por mandato de Hadriano e os dous primeiros que imperaron conxuntamente na historia de Roma.
Un artigo científico (coñecido polo anglicismo paper polos investigadores) é un traballo de investigación relativamente breve destinado á súa publicación en revistas especializadas. Debe estar coidadosamente redactado para evitar cambios de tema innecesarios, para lograr expresar dun modo claro e sintético o que se pretende comunicar, e para que inclúa as citas e referencias indispensábeis. En moitas ocasións os artigos científicos son sínteses de informes ou teses de maior envergadura, que orientan a quen poida estar interesado en consultar a obra orixinal.
A Horta Oest (en galego, Horta Oeste) é o nome dunha das comarcas do País Valenciano, con capital en Torrent (aínda que nunca esta nunca foi capital administrativa nin histórica), recollido dentro da proposta de demarcacións territoriais homologadas de 1989 pero que até o momento non foi aprobada polo goberno valenciano. Torrent, a vila máis grande desta comarca, pertence á Mancomunidade Intermunicipal da Horta Sur, ostentando a sede principal de dito organismo, polo que tradicionalmente se considerouse a Torrent (ao igual que a tódolos municipios de Horta Oeste) coma pertencentes á veciña comarca da Horta Sud (xa que a Mancomunidade engloba ás actuais comarcas da Horta Sud e Horta Oest).
Un ministro pode ser: Ministro, o membro dun goberno que usualmente está á cabeza dun ministerio, aínda que tamén hai ministros sen carteira; Primeiro ministro, nome que recibe o xefe de goberno nalgúns países; Ministro, nalgunhas igrexas cristiás é o responsable das funcións litúrxicas e pastorais da congregación; Ministro, un rango diplomático.
Un saxofón alto, tamén coñecido como saxo alto ou simplemente alto, é un instrumento de vento-madeira membro da familia dos saxofóns e inventado na década de 1840 polo fabricante de instrumentos musicais belga Adolphe Sax, quen o patentou en 1846. Está afinado en Mi♭ e é máis pequeno que o saxofón tenor, pero meirande que o soprano. O saxo alto é o saxofón máis común e amplamente usado na música popular, bandas de música, música de cámara, repertorio para solista, bandas de música militares, bandas de marcha e no jazz (como en big bands, bandas de jazz e música swing).
Ari-Pekka Nikkola, nado o 16 de maio de 1969 en Kuopio, é un antigo saltador de esquí finés. Comezou a competir profesionalmente en 1986, gañou dúas medallas de ouro en trampolín grande por equipos nas Olimpiadas de Inverno de 1988 e na de 1992. O seu mellor posto individual foi a praza 15º nas Olimpiadas de Inverno de 1998.
A Lonxa da Seda (en valenciano Llotja de la Seda, Llotja de València ou Llotja de Mercaders) é un edificio civil de estilo gótico tardío da cidade de Valencia, construído entre o 1482 e o 1548. Se hai un edificio que simbolice a puxanza e a riqueza do século de ouro valenciano (século XV), este é sen dúbida a Lonxa. É unha mostra do alcance da revolución comercial durante a Baixa Idade Media, do desenvolvemento social e do prestixio conseguido pola burguesía valenciana.
Manau é un grupo de hip hop formado en 1998, coñecido polas súas fusións de melodías celtas co moderno hip hop. Inicialmente estaba composto por Martial Tricoche, Cédric Soubiron e R.V. (Hervé) Lardic, e aínda que a banda é de París, todos os seus membros teñen raíces na Bretaña. O nome do grupo é unha antiga verba gaélica para a Illa de Man.
O DTM 2014 foi a 15ª tempada do Deutsche Tourenwagen Masters. A tempada comezou o 4 de maio no circuíto de Hockenheim e rematou o 19 de outubro no mesmo lugar, tras 10 carreiras. O campión da clasificación de marcas foi Audi, mentres que o campión dos pilotos foi o condutor alemán de BMW, Marco Wittmann.
Thomas Gemmell, nado en Glasgow o 16 de outubro do 1943, foi un futbolista escocés. Alcumado coma Big Tam por se-lo xogador máis grande do Celtic da súa época cunha estatura de arredor do 1.90 metros, destacou por ser un daqueles lendarios Lisbon Lions que acadaron a única Copa de Europa aló polo 1967 para o conxunto católico. Cos verdibrancos xogou 418 partidos metendo 63 goles dos que 31 foron de penalti (era a súa especialidade).
O ollo ( pronunciación ), (do latín ocŭlus), ou globo ocular é o órgano que detecta a luz, sendo a base do sentido da vista. Componse dun sistema sensible aos cambios de luz, capaz de transformar estes en impulsos eléctricos. Os ollos máis sinxelos non fan máis que detectar se os arredores están iluminados ou escuros.
Corrosion of Conformity (tamén coñecida como C.O.C.) é unha banda estadounidense de heavy metal procedente de Raleigh, Carolina do Norte e formada en 1982. Durante case toda a súa existencia a banda estivo composta polo guitarrista Woody Weatherman, o baixista Mike Dean, o batería Reed Mullin e o vocalista e guitarrista Pepper Keenan (que se uniu ao grupo en 1989). Despois dun hiato en 2006, Corrosion of Conformity regresou no 2010 sen Keenan, que actualmente está en Down.
Os San Diego Padres son un equipo profesional de béisbol estadounidense con sede na cidade de San Diego, California. Actualmente compiten na División Oeste da Liga Nacional da Major League Baseball (MLB). Fundados en 1969, os Padres posúen dous títulos da Liga Nacional (1984 e 1998), aínda que en ambos os anos non conseguiron vencer nas Series Mundiais.
Condado de Xiao ou Xiaoxian (en chinés simplificado 萧县, en chinés tradicional 蕭縣 e en pinyin Xiāo Xiàn) é un condado do norte da provincia de Anhui, China, que limita coas provincias de Jiangsu ao norte e nordés e Henan ao oeste. Está baixo a administración da cidade de Suzhou, a nivel de prefectura. Antigamente formaba parte da provincia de Jiangsu, baixo a administración de Xuzhou.
A DD-transpeptidase (EC 3.4.16.4, chamada DD-peptidase, DD-transpeptidase, DD-carboxipeptidase, D-alanil-D-alanina carboxipeptidase, peptidase que corta a D-alanil-D-alanina, D-alanina carboxipeptidase, D-alanil carboxipeptidase e serina-tipo D-Ala-D-Ala carboxipeptidase.) é un encima bacteriano que intervén na biosíntese da parede celular bacteriana, concretamente, a transpeptidación que establece enlaces cruzados entre as cadeas laterais peptídicas das febras de peptidoglicano. Cataliza a transferencia do resto R-L-αα-D-alanil procedente de doantes de R-L-αα-D-alanil-D-alanina carbonilo ao γ-OH da serina do seu sitio activo e desde esta a un aceptor final.O antibiótico penicilina únese irreversiblemente inhibe a actividade deste encima transpeptidase formando un intermediario moi estable peniciloil-encima, polo que a bacteria non pode formar correctamente a parede. Debido á interacción entre a penicilina e a transpeptidase, este encima tamén é unha proteína que se une á penicilina (PBP).
Finlandia ( pronunciación ) (en finés: Suomi, en sueco: Finland ( pronunciación )), oficialmente República de Finlandia ( pronunciación ) (en finés: Suomen tasavalta, en sueco: Republiken Finland) é un país nórdico situado no norte de Europa. O país fai fronteira polo oeste con Suecia, polo leste con Rusia e polo norte con Noruega. Polo oeste e polo sur está rodeada polo mar Báltico, que separa de Suecia e Estonia, atravesando o golfo de Finlandia.
O anarquismo insurreccionalista (insurreccionalismo) é unha tradición filosófica anarquista que enfatiza a revolución. Dende as revoltas de finais dos sesenta e os setenta en países coma Francia e especialmente Italia, sectores neo- ilegalistas propuxeron un pensamento posteriormente categorizado coma anarquismo insurreccionalista. Destacan aquí escritores coma Alfredo Bonanno, a revista Killing King Abacus , e Wolfi Landstreicher.
Unha linguaxe de programación é unha linguaxe informática consistente nun conxunto de instrucións nun código concreto que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o programador e o sistema informático, permitindo que os primeiros poidan comunicarse cos segundos que empregan o código máquina (unha combinación de 0 e 1) mediante un sistema semellante á linguaxe humana. Deste xeito, posibilítase que os humanos poidan expresar dunha forma precisa algoritmos para estes seren executados polos ordenadores, sen ter que compor manualmente as instrucións de baixo nivel nunha linguaxe de máquina. Estas linguaxes artificiais non permiten unha liberdade de expresión tan ampla como as naturais.
Frank William Abagnale, Jr., nado en Bronxville, Condado de Westchester, o 27 de abril de 1948, é o director de Abagnale and Associates, compañía financeira de consultas de fraudes. Durante cinco anos na década de 1960, na súa adolescencia, foi un falsificador de cheques e impostor. A historia da súa vida foi a inspiración para a creación da película Catch Me If You Can, dirixida por Steven Spielberg e baseada na súa biografía, escrita co mesmo nome.
A illa de Anegada é a máis setentrional das illas Virxes Británicas (IVB), sendo unha das maiores illas deste territorio. Atópase aproximadamente a 24 km ao norte de Virgin Gorda. Anegada é a única illa Virxe Británica habitada formada a partir de coral e rocha calcaria, o que lle dá un carácter patelo, fronte ás outras próximas que son de orixe volcánico.
O Badalona Dracs é un equipo de fútbol americano da cidade catalá de Badalona, que compite na Liga Nacional de Fútbol Americano (LNFA). Fundado a finais de 1987, foi un dos equipos que inaugurou en 1988 a primeira competición oficial deste deporte en España, a Liga Catalá de Fútbol Americano, cos L'Hospitalet Pioners, Barcelona Búfals e Barcelona Boxers. Os Dracs foron os gañadores daquel torneo na súa primeira tempada.
Racine carrée (do francés: raíz cadrada, estilizado como √) é o segundo álbum de estudio do músico belga Stromae. Lanzouse dixitalmente o 16 de agosto de 2013 e tres días máis tarde en formato físico en Francia e Bélxica. Stromae expresou o seu desexo de incorporar influencias musicais caribeñas e africanas xunto cos seus ritmos inspirados nos anos 90.
O CSKA Ice Palace (en ruso Ледовый Дворец Спорта ЦСКА) é un pavillón deportivo da cidade de Moscova (Rusia). Foi reconstruído en 1991 sobre o seu antecesor da era soviética construído en 1964, pasando a ter capacidade para 5.600 espectadores. Neste pavillón xogaba os seus partidos como local a sección de hóckey sobre xeo do CSKA Moscova, equipo que forma parte da Kontinental Hockey League (KHL).
Julie Ann Smith, coñecida como Julianne Moore, nada en Fayetteville o 3 de decembro de 1960, é unha actriz e escritora estadounidense. Prolífica no cinema dende principios da década de 1990, é coñecida especialmente polos seus retratos de mulleres con problemas emocionais, tanto en filmes independentes como en blockbusters, e recibiu múltiples premios, incluído un Óscar á mellor actriz, un premio da BAFTA e dous Globos de Ouro. A revista Time nomeou a Moore unha das 100 persoas máis influentes do mundo en 2015.
Louis Hector Berlioz, nado o 11 de decembro de 1803 en La Côte-Saint-André e finado o 8 de marzo de 1869 en París, foi un compositor e director de orquestra francés. Foi unha figura destacada no desenvolvemento do romanticismo. É especialmente coñecido pola súa Sinfonía fantástica, estreada en 1830, e o Réquiem, estreado en 1837, así como pola súa extraordinaria utilización da orquestra sinfónica, que incluía catro grupos de metais "antifonais".
O Club Balonmano Altea foi un equipo de balonmán da localidade de Altea, Alacant (España). Logo de 34 anos de historia desapareceu en agosto do 2008 debido á imposibilidade de atopar unha xunta directiva que afrontara a débeda económica acumulada polo club.Nas nove tempadas que o equipo alacantino competiu na Liga ASOBAL (a máxima categoría do balonmán español), o seu mellor resultado foi o cuarto posto da tempada 2002-03. Tamén conseguiu chegar en dúas ocasións ás semifinais da Copa do Rei nas tempadas 2001-02 e 2002-03.
Serena Jameka Williams, nada o 26 de setembro de 1981 en Saginaw, Míchigan, é unha tenista estadounidense. A Women's Tennis Association situouna no número 1 da clasificación en dez ocasións diferentes. Converteuse en número un por primeira vez o 8 de xullo de 2002, e conseguiu este posto por décima vez o 24 de abril de 2017, sumando ata o de agora 319 semanas como número un da WTA. É a única xogadora feminina en gañar máis de 40 millóns de dólares en premios.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
O Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa de 1990, abreviado AO 1990 e tamén denominado Ortografia Unificada da Língua Portuguesa, é un tratado internacional de 1990 acordado co obxectivo de crear unha ortografía unificada para o portugués, para ser utilizada por todos os países lusófonos. Foi asinado por representantes oficiais de Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Mozambique, Portugal e San Tomé e Príncipe en Lisboa o 16 de decembro de 1990. Tras recuperar a independencia, Timor-Leste adheriuse ao Acordo en 2004.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Un político ou unha política, é unha persoa activa na política de partidos, ou unha persoa que ostenta ou busca un cargo nun goberno. Os políticos propoñen, apoian e crean leis ou políticas que rexen un territorio e, por extensión, o seu pobo. En termos xerais, un "político" pode ser calquera que busque o poder político en calquera institución burocrática.
IRC son as siglas de Internet Chat Relay ("retransmisión de charla por internet"), unha forma de comunicación instantánea sobre a Internet deseñada para a grupos de persoas que utilizan foros chamados "canais". O IRC foi creado por Jarkko Oikarinen a finais de agosto de 1988 como substituta dun programa chamado MUT nun BBS chamado OuluBox en Finlandia. Oikarinen inspirouse no Bitney Relay Chat que funcionaba na rede Bitnet.
Ábsida central de San Clemente de Taüll
A ábsida central de San Clemente de Taüll (en catalán: absis central de Sant Climent de Taüll) é unha pintura mural que pertence ó conxunto da igrexa de San Clemente de Taüll de La Vall de Boí, lugar onde se atopa a meirande concentración de arte románica de toda Europa, cunha igrexa por cada 25 km². O conxunto de igrexas románicas de La Vall de Boí foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2000. Os trazos característicos e diferenciais desta obra, realizada polo autor coñecido como Mestre de Taüll, fan que sexa considerado «un dos exemplos máis puros da arte románica europea» e «unha das iconas máis representativas do románico catalán, especialmente pola forza que se reflicte na súa faciana».
Un científico, nun xeito amplo, refírese a calquera persoa que realiza unha actividade sistemática para adquirir coñecemento ou un individuo que encaixa en prácticas e tradicións relacionadas con escolas de pensamento ou filosóficas. De xeito máis restrinxido, científico refírese a individuos que usan o método científico. A persoa pode ser un experto nunha ou máis áreas da ciencia.
As vías de sinalización Wnt son u grupo de vías de transdución de sinais que empezan coas proteínas que pasan sinais á célula por medio de receptores da superficie celular. O nome Wnt é un termo composto creado a partir dos nomes Wingless e Int-1. As vías de sinalización Wnt usan tanto a sinalización entre céluls próximas (parácrina) coma a comunicación nunha mesma célula (autócrina).
Aránzazu Isabel María Sánchez Vicario, máis coñecida como Arantxa Sánchez Vicario, nada en Barcelona o 18 de decembro de 1971, é unha ex tenista española. Durante a súa carreira foi número 1 do mundo da WTA en 1995. Gañou catro títulos do Grand Slam en categoría individual, seis en categoría de dobres e catro en dobres mixtos, ademais de catro medallas olímpicas e cinco títulos de Copa Federación co Equipo español.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Saudade de ti é unha serie de televisión estreada en 2022 pola Televisión de Galicia, consta de 60 capítulos na primeira tempada, que foron emitidos entre xullo e setembro de 2022. A primeira tempada foi líder de audiencia na TVG. Foi seguida por máis de 150.000 espectadores cada noite, a primeira elección en horario de máxima audiencia en Galicia.En marzo de 2023 gravábase a segunda tempada en Ares. Foi estreada na TVG o domingo 18 de xuño de 2023, emitíndose os domingos, luns e martes.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Fiorentina, da Serie A de Italia. Considerada como unha das melloesr futbolista españolas da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a única en marcar nunha final.
María del Pilar Bermejo Barrera, nada en Santiago de Compostela en 1956, é unha química galega, catedrática de Química analítica da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela, da que é a súa decana. En 2018 converteuse na quinta muller en ingresar na Real Academia Galega de Ciencias.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 198.753.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Irmandamento (derivado do verbo irmandar) é o proceso político polo que dúas localidades distintas establecen un vencello común, que pode ser simplemente simbólico ou de intensidade moito máis forte. As razóns máis visibles do irmandamento son as de etimoloxías similares para os topónimos (v. Lalín, Santiago de Compostela, A Pobra de Trives, Palas de Rei, Monterrei, Beade ou Gondomar), inda que tamén se pode deber a unha gran proporción de emigrantes dunha das localidades na poboación da outra (v.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².