Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A cidade é actualmente considerada como unha entidade urbana con alta densidade de poboación na que predominan fundamentalmente a industria e os servizos. Diferénciase doutras entidades urbanas por diversos criterios, entre os que se inclúen poboación, densidade de poboación ou estatuto legal, aínda que a súa distinción varía entre países. Historicamente os habitantes das cidades foron unha proporción pequena da humanidade en xeral, mais hoxe, despois de varios séculos de urbanización sen precedentes e acelerada, a metade da poboación mundial vive nas cidades.
O NSSDC ID, tamén chamado International Designator (designador internacional) e designación COSPAR, é unha convención internacional para nomear satélites. Consiste no ano de lanzamento, un número incremental de lanzamento de tres cifras para ese ano e un código de tres letras que representa o identificador secuencial dunha peza no lanzamento. Por exemplo, 1957-001A é o vehículo de lanzamento do Sputnik 1 e 1957-001B representa ó propio satélite.
Terremoto e tsunami de Sendai de 2011
O terremoto e tsunami de Sendai en 2011(東北地方太平洋沖地震, Terremoto da rexión de Tōhoku e da zona costeira do Océano Pacífico) foi un sismo ocorrido ás 14:46:23 (05:46:23 UTC) do venres 11 de marzo de 2011, que alcanzou unha magnitude provisional de 8,9 na escala sismolóxica de magnitude de momento (MW). O domingo 13 de marzo recalificouse pola axencia sismolóxica xaponesa nun 9 na escala sismolóxica de magnitude de momento (MW), o que o fai o cuarto maior terremoto do que se ten constancia na historia. O epicentro do terremoto situouse no mar, fronte á costa de Honshu, 130 km ao leste de Sendai, na prefectura de Miyagi, Xapón.
O cután é un polímero que forma parte da cutícula de moitas plantas, xunto coa cutina. O cután crese que é un polímero hidrocarbonado, mentres que a cutina é un poliéster, pero a estrutura e a síntese do cután non se comprenden aínda ben.O cután foi detectado primeiramente como un compoñente insaponificable, resistente á desesterificación por hidrólise alcalina, que aumenta en cantidade nas cutículas dalgunhas especies como Clivia miniata cando chegan á madurez, aparentemente substituíndo á cutina segregada nas fases iniciais do desenvolvemento.
O transbordador espacial ou lanzadeira espacial da NASA, oficialmente chamado «Space Transportation System» (STS ou Sistema de Transporte Espacial en galego), foi a astronave empregada durante 30 anos polo goberno dos Estados Unidos de América para as súas misións tripuladas no espazo, que foi retirado de servizo no 2011. A plataforma de lanzamento componse dun gran tanque externo (ET), de cor vermella, dous foguetes aceleradores sólidos (SRB), de cor branca, e un avión espacial, o cal é o transbordador espacial propiamente dito. O transbordador mesmo conta cos seus propios motores principais (SSME).
Mundial de Fútbol de 2014 - Grupo A
O Grupo A da Copa do Mundo de Fútbol de 2014, realizada no Brasil, estivo composto por catro equipos que se enfrontaron entre si nun total de seis encontros: a anfitrioa Brasil, xunto con Croacia, México e o Camerún. Ao termo dos mesmos os dous con maior cantidade de puntos, Brasil e México, con 7, clasificaronse á seguinte fase. Quedarían eliminadas Croacia, con 3 puntos, e Australia, que non conseguiu puntuar.
Un seareiro é unha persoa afeccionada a un determinado deporte, á que lle gusta ir animar aos partidos ou competicións deportivas a algún equipo ou deportista. Normalmente, o seareiro é afeccionado a un só club deportivo ou deportista en concreto e acode con frecuencia ás competicións oficiais ou amigábeis nas que participa, a miúdo vestido cunhas cores representativas e realizando danzas e cánticos. A súa paixón na defensa do seu equipo ou deportista pode ir desde a simple afección até o radicalismo propio dun fan.
Leonid Ilich Brezhnev (en ruso: Леонид Ильич Брежнев ; en ucraíno: Леонід Ілліч Брежнєв), nado o 19 de decembro de 1906 (calendario gregoriano) e finado o 10 de novembro de 1982, foi o Secretario Xeral do Comité Central (CC) do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS), presidindo o país dende 1964 ata a súa morte no ano 1982. Foi o segundo Secretario Xeral que estivo máis tempo no poder, 18 anos, sendo só superado por Stalin. Durante o mandato de Brezhnev, a influencia mundial da Unión Soviética aumentou espectactacularmente, en parte grazas á expansión do exército soviético durante esta época, pero o seu mandato recibiu moitas crítica por marcar o comezo dun período de estancamento económico no cal se pasaron por alto unha serie de problemas económicos, problemas que co tempo provocaron a disolución da Unión Soviética en 1991.
Die Zauberflöte, en galego A frauta máxica, é a última ópera (concretamente un singspiel, nome que recibe a ópera cómica en alemán e onde se intercalan partes faladas) composta por Wolfgang Amadeus Mozart con libreto de Emanuel Schikaneder, baseado en parte en Lulu, oder die Zauberflöte, de A.J. Liebeskind e en parte na obra Sethos de Jean Terrasson. Foi representada por primeira vez en vida do compositor austríaco, estreándose no Theater an der Wien de Viena o 30 de setembro de 1791 baixo a dirección do propio Mozart, apenas dous meses antes da súa morte.
Virtual International Authority File
O Ficheiro de Autoridades Virtual Internacional, en inglés Virtual International Authority File (VIAF) é un proxecto de bibliotecas nacionais e operado polo Online Computer Library Center (OCLC) para unir os ficheiros de autoridade virtual de diversas bibliotecas.
O termo acontecemento nomea a alteración azarosa, singular e continua cuxos efectos modifican o sentido do histórico, o social ou o político. Pódese dicir que acontecemento é un feito que sucede nun momento dado. Caracterízase por unha ruptura ou transición no curso dos sucesos, e polo seu carácter relativamente efémero, aínda que teña repercusións no futuro.
Nadezhda Viktorovna Petrova, nada o 8 de xuño de 1982 en Moscova, é unha tenista profesional rusa. Petrova gañou 35 títulos da WTA, 13 en individuais e 22 en dobres. En individuais, Petrova alcanzou a terceira posición da clasificación mundial en maio de 2006, e chegou ás semifinais do Roland Garros en 2003 e en 2005.
DOS (Disk Operating System) é unha familia de sistemas operativos para PC: PC-DOS, MS-DOS, FreeDOS, DR-DOS, Novell-DOS, OpenDOS, PTS-DOS, ROM-DOS e moitos outros. O MS-DOS de Microsoft foi o máis extensamente usado, estes sistemas operativos corrían en hardware do tipo IBM PC usando CPU Intel x86 de 16 bits ou compatibles. Tiña unha interface de liña de comandos.
A filosofía (do grego - φιλοσοφία philos / sophia, "amor á sabedoría") é o estudo das cuestións xerais e fundamentais relacionadas coa natureza da existencia humana; do coñecemento; da verdade; valores morais e estéticos; da mente; tanto da lingua como do universo no seu conxunto en suma pódese dicir que é a procura do coñecemento puro sen deixarse corromper por sistemas preestabelecidos. A filosofía responde ó desexo de saber, busca coñecer as causas das cousas, indagando a verdade e os seus problemas. Neste senso é máis crítica que dogmática.
Na escala de tempo xeolóxico, o Proterozoico (do grego πρότερος, próteros, 'o que vai diante', 'o máis vello', e ζῶον zôon, 'animal', 'ser vivo'; é dicir: 'o da primeira vida') é o terceiro e últimno dos eóns en que se dividen os tempos precámbricos. Comprende desde hai uns 2 500 millóns de anos até hai uns 542 millóns de anos, durando, por tanto, 1 958 ± 1,0 millóns de anos. e 542± 1,0 millóns de anos, aproximadamente.
Unha "raza fantástica" é un grupo de seres máis ou menos fantásticos mencionados normalmente nos universos imaxinarios da fantasía heroica, a ciencia ficción e os xogos de rol. O termo pode referirse a grupos étnicos, especies, nacionalidades ou grupos sociais. Nos xogos de rol a "raza" refírese a calquera especie que poida usarse como personaxe xogador ou non.
Marco Aurelio Antonino Augusto (alcumado o Sabio ou Filósofo) (en latín: Marcus Aurelius Antoninus Augustus), nado en Roma o 26 de abril de 121 e finado o 17 de marzo de 180, foi co-emperador do Imperio Romano dende o ano 161 até o ano da súa morte en 180. Foi o derradeiro dos chamados Cinco bos emperadores, terceiro dos emperadores de orixe hispano e está considerado como unha das figuras máis representativas da filosofía estoica. Marco Aurelio e Lucio Vero foron fillos adoptivos de Antonino Pío por mandato de Hadriano e os dous primeiros que imperaron conxuntamente na historia de Roma.
SoundCloud é un servizo de streaming de música alemán que permite aos seus usuarios cargar, promocionar e compartir cancións. Fundado en 2007 por Alexander Ljung e Eric Wahlforss, SoundCloud é un dos maiores servizos de retransmisión de música do mundo e está dispoñible en 190 países e territorios. O servizo ten máis de 76 millóns de usuarios activos mensuais e tiña máis de 200 millóns de cancións a partir de novembro de 2021.
Copa do Mundo de Ciclismo de Montaña
A Copa do Mundo de Ciclismo de Montaña (oficialmente: UCI Mountain Bike World Cup) é unha competición de ciclismo de montaña organizada pola Unión Ciclista Internacional con varias probas diferentes disputadas por todo o mundo. Nos seus inicios, ano 1989, só existía o XCO. No ano 1991 engadiuse o Descenso, mentres que no 1998 engadiuse o Dual Slálom. No 2002 meteuse o Four Cross substituíndo o Dual Cross, pero en 2011 foi eliminado do programa da competición.
O Tour du Limousin é unha carreira ciclista profesional por etapas que se celebra na rexión de Lemosín, no centro de Francia, no mes de agosto. Dispútase desde 1968, pero só dende 1974 é para ciclistas profesionais. Dende a creación dos Circuítos Continentais UCI, en 2005, forma parte do UCI Europe Tour, dentro da categoría 2.1 (anteriormente foi 2.3).
O software privativo ou software propietario é todo o software que non ten o seu código fonte accesible dunha forma libre, sen restricións, porque o desenvolvedor, ou unha persoa física ou xurídica, retén a propiedade intelectual deste ou incluso os dereitos de patentes. O software privativo pódese distribuír tanto dun xeito gratuíto como comercial. Porén, o usuario final só ten a posibilidade de executar un binario baixo certas condicións que establece o desenvolvedor ou distribuidor.
Os Premios da Academia, informalmente coñecidos como Premios Óscar, son os galardóns anuais á excelencia das producións cinematográficas. Organizado e supervisado pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. O AMPAS foi orixinalmente concibido pola Metro-Goldwyn-Mayer como unha organización profesional honorífica para axudar a mellorar a imaxe da industria cinematográfica e mediar nas disputas laborais.
O Handle System é o rexistro propietario de Corporation for National Research Initiatives que atribúe identificadores persistentes ou manexa os recursos de información para resolver "eses controladores na información necesaria para localizar, acceder e utilizar os recursos".Do mesmo xeito que as "handle" usados noutras partes da computación, os procedementos do "Handle System" son opacas e non codifican información sobre o recurso subxacente, estando unidas só a metadatos sobre o recurso. En consecuencia, non son válidas as modificacións nos metadatos.
Convallaria majalis é unha planta anxiosperma de agradable aroma pero velenosa da familia das asparagáceas, nativa de zonas de climas temperados fríos do hemisferio norte de Asia e Europa. Probablemente é a única especie do xénero Convallaria (isto depende de se C. keiskei e C. transcaucasica se recoñecen como especies separadas). No sistema APG III, o xénero está situado na familia Asparagaceae, subfamilia Nolinoideae (antes situábase na familia Ruscaceae).
Haldan Keffer Hartline, nado o 22 de decembro de 1903 en Bloomsburg (Pensilvania) e finado o 17 de marzo de 1983 en Fallston (Maryland), foi un fisiólogo estadounidense, cogañador canda George Wald e Ragnar Granit, en 1967 do Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina polo seu traballo de análise dos mecanismos neurofisiolóxicos da visión.
Organización Mundial do Comercio
A Organización Mundial do Comercio, coñecida tamén polo acrónimo OMC, é unha organización internacional que supervisa un gran número de acordos sobre as "regras do comercio" entre os seus estados-membros. A OMC non forma parte do sistema das Nacións Unidas, e tampouco dos organismos de Bretton Woods como o Banco Mundial ou o FMI.A OMC comezou oficialmente o 1 de xaneiro de 1995 despois do acordo de Marrakesh, asinado por 123 nacións o 15 de abril de 1994, e que substituía o Acordo Xeral de Tarifas e Comercio (GATT), que comezara en 1948. É a maior organización económica do mundo.O corpo principal de decisións da OMC é a Conferencia Ministerial, que adoita reunirse cada dous anos.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes.Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade). O territorio de Francia esténdese por diversas rexións do mundo situándose a súa parte metropolitana (refírese ao territorio continental de Francia máis a illa de Córsega, a parte continental chámase popularmente l'Hexagone (o Hexágono) pola súa similitude con esta forma xeométrica), en Europa Occidental, onde limita ao sur co mar Mediterráneo, Mónaco (4,4 km), España (623 km) e Andorra (56,6 km); ao oeste co golfo de Biscaia e o océano Atlántico; ao norte coa canle da Mancha (que separa o continente das Illas británicas), o mar do Norte e Bélxica (620 km) e ao leste, con Luxemburgo (73 km), Alemaña (451 km), Suíza (573 km) e Italia (488 km).
VVVVVV é un videoxogo de plataformas creado por Terry Cavanagh, desenvolvido orixinalmente en Adobe Flash e publicado o 11 de xaneiro de 2010 para Microsoft Windows e OS X. Simon roth adaptou o xogo a C++ no 2011, que foi publicado como parte do Humble Indie Bundle #3. Esta adaptación permitiu trasladar o xogo posteriormente a outras plataformas coma Linux, Pandora e Nintendo 3DS. A diferenza de moitos videoxogos de plataformas, en VVVVVV o xogador non pode saltar. No seu lugar pode reverter a dirección da gravidade, provocando que o protagonista caia cara abaixo ou cara arriba.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
As vías de sinalización Wnt son un grupo de vías de transdución de sinais celulares que empezan con proteínas que pasan sinais á célula por medio de receptores da superficie celular. O nome Wnt é un termo/sigla composto creado a partir dos nomes Wingless e Int-1. As vías de sinalización Wnt usan tanto a sinalización entre células próximas (parácrina) coma a comunicación nunha mesma célula (autócrina).
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Julio José Iglesias de la Cueva, máis coñecido como Julio Iglesias, nado en Madrid o 23 de setembro de 1943, é un exfutbolista de orixe galega, empresario e cantante de sona internacional. É o intérprete latino que máis discos vendeu[Cómpre referencia] e segundo Sony Music un dos 10 maiores vendedores de discos en toda a historia da música[Cómpre referencia].
O Palacio Real de Queluz (en portugués: Palácio Real de Queluz), tamén coñecido como Palacio Nacional de Queluz é un palacio do século XVIII localizado na cidade de Queluz, no concello de Sintra, distrito de Lisboa. Un dos últimos grandes edificios en estilo rococó erguidos na Europa, o palacio foi construído como unha residencia de verán para Pedro de Bragança, que viría a ser máis tarde marido e rei consorte da súa sobriña, a raíña María I de Portugal. A súa construción iniciouse no ano 1747, tendo como arquitecto a Mateus Vicente de Oliveira.
IRC son as siglas de Internet Chat Relay ("retransmisión de charla por internet"), unha forma de comunicación instantánea sobre a Internet deseñada para a grupos de persoas que utilizan foros chamados "canais". O IRC foi creado por Jarkko Oikarinen a finais de agosto de 1988 como substituta dun programa chamado MUT nun BBS chamado OuluBox en Finlandia. Oikarinen inspirouse no Bitney Relay Chat que funcionaba na rede Bitnet.
Aránzazu Isabel María Sánchez Vicario, máis coñecida como Arantxa Sánchez Vicario, nada en Barcelona o 18 de decembro de 1971, é unha ex tenista española. Durante a súa carreira foi número 1 do mundo da WTA en 1995. Gañou catro títulos do Grand Slam en categoría individual, seis en categoría de dobres e catro en dobres mixtos, ademais de catro medallas olímpicas e cinco títulos de Copa Federación co Equipo español.
Ana Victoria García Obregón, máis coñecida como Ana Obregón, nada en Madrid o 18 de marzo de 1955, é unha actriz, presentadora, bailarina e cantante española moi coñecida no ámbito da televisión, tanto en series de ficción como en programas e concursos televisivos. Desde hai moitos anos é un dos rostros máis populares da prensa rosa española.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Ábsida central de San Clemente de Taüll
A ábsida central de San Clemente de Taüll (en catalán: absis central de Sant Climent de Taüll) é unha pintura mural que pertence ó conxunto da igrexa de San Clemente de Taüll de La Vall de Boí, lugar onde se atopa a meirande concentración de arte románica de toda Europa, cunha igrexa por cada 25 km². O conxunto de igrexas románicas de La Vall de Boí foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2000. Os trazos característicos e diferenciais desta obra, realizada polo autor coñecido como Mestre de Taüll, fan que sexa considerado «un dos exemplos máis puros da arte románica europea» e «unha das iconas máis representativas do románico catalán, especialmente pola forza que se reflicte na súa faciana».
L'Angliru é un porto de montaña do Principado de Asturias, en España. É unha zona de pastos que recibe o nome do lago L'Angliru e que está situada no corazón da serra do Aramo, no concello de Riosa. Situado a 1.570 msnm de altitude, constitúe unha espazo natural de gran beleza situado entre algunhas das cimas máis importantes desta serra, como son o Gamonal, o Moncuevu e o Barriscal.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Frank William Abagnale, Jr., nado en Bronxville, Condado de Westchester, o 27 de abril de 1948, é o director de Abagnale and Associates, compañía financeira de consultas de fraudes. Durante cinco anos na década de 1960, na súa adolescencia, foi un falsificador de cheques e impostor. A historia da súa vida foi a inspiración para a creación da película Catch Me If You Can, dirixida por Steven Spielberg e baseada na súa biografía, escrita co mesmo nome.
O CSKA Ice Palace (en ruso Ледовый Дворец Спорта ЦСКА) é un pavillón deportivo da cidade de Moscova (Rusia). Foi reconstruído en 1991 sobre o seu antecesor da era soviética construído en 1964, pasando a ter capacidade para 5.600 espectadores. Neste pavillón xogaba os seus partidos como local a sección de hóckey sobre xeo do CSKA Moscova, equipo que forma parte da Kontinental Hockey League (KHL).
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 198.774.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Francie, (Francia en latín) designa, na época dos carolinxios o nome dunha extensa rexión aos contornos mal definidos, recortando a Neustria e a Austrasia, é dicir unha rexión que se estendía entre o reino da Armórica ao oeste, o reino da Aquitania ao sur, a Frisia ao norte e o Saxe ao leste. Esta rexión orixinaria dos merovinxios tomou o seu nome deste pobo dos francos. O termo de Francie aparece no termo oficial para designar unha entidade política no tratado de Verdún, en 843 entre os tres fillos sobreviventes de Luís I: A Francie occidental confióuselle a Carlos II, a Francie oriental a Luís II o Tatexo ou o Xermánico, entre estas dúas créase deste feito unha Lotarinxia (ou unha Francie mediana), baixo o reino de Lotario que era o outro irmán deles, coñecido como o Emperador.
Un ano, ano terrestre, ano sideral, sidéreo ou ano xuliano (símbolo: a) refírese ao tempo orbital do planeta Terra, é dicir, á vez que tarda devandito planeta en dar unha volta completa ao redor do Sol. Tómase como referencia a orientación Sol-Terra en relación con outros corpos celestes distantes. O termo ano tamén se usa para referirse ao período orbital de calquera planeta e, por extensión, aplícase a outros ciclos orbitais.Un ano natural é unha aproximación ao número de días do período orbital da Terra, tal e como se conta nun determinado calendario.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Antonio Couceiro Méndez, nado na Coruña o 18 de decembro de 1955, é un político e dirixente galego. Foi conselleiro de Industria e Comercio durante o goberno de Manuel Fraga, entre 1994 e 1999, e deputado no Parlamento de Galicia polo Partido Popular entre 1997 e 1999. Ten ocupado presidencias e cargos nos consellos de administración de numerosas institucións, tanto públicas como privadas Na actualidade ocupa entre outros os cargos de presidente da Cámara de Comercio da Coruña (dende 2016) e presidente do Deportivo da Coruña (dende 2021).
O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea, actualmente empregado de xeito oficial en case todo o mundo. Recibe o seu nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, quen promulgou o seu uso uso por medio da bula Inter Gravissimas. A partir de 1582 substituíu gradualmente en distintos países ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a.
Irmandamento (derivado do verbo irmandar) é o proceso político polo que dúas localidades distintas establecen un vencello común, que pode ser simplemente simbólico ou de intensidade moito máis forte. As razóns máis visibles do irmandamento son as de etimoloxías similares para os topónimos (v. Lalín, Santiago de Compostela, A Pobra de Trives, Palas de Rei, Monterrei, Beade ou Gondomar), inda que tamén se pode deber a unha gran proporción de emigrantes dunha das localidades na poboación da outra (v.