Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
The Jimmy Chamberlin Complex é unha banda alternativa que fusiona rock alternativo e jazz, fundada por Jimmy Chamberlin e Billy Mohler. O seu álbum de estrea, editado en 2005, foi titulado Life Begins Again. No álbum colaboran poñendo voces Rob Dickinson, da banda alternativa británica Catherine Wheel, Billy Corgan de The Smashing Pumpkins, banda na que tocaba Jimmy Chamberlin, Bill Medley de The Righteous Brothers, e a vocalista Linda Strawberry.
Lei, no sentido xurídico, é unha regra da conduta humana que é imposta e administrada ós cidadáns polo Estado. En sentido estrito, é unha norma escrita que obriga a todos indistintamente, e a súa aplicación é tarefa do Estado, que a realiza mediante os seus diversos representantes, a comezar polo goberno, cos seus varios axentes. Nun Estado democrático de dereito, as leis son a base do Dereito.
Vladimir Vladimirovich Putin (en ruso: Владимир Владимирович Путин), nado en Leningrado o 7 de outubro de 1952, é un político ruso e antigo oficial de intelixencia que é o actual presidente de Rusia, un cargo que ostenta dende o ano 2012, e que xa ocupou entre os anos 1999 e 2008. Tamén foi primeiro ministro dende 1999 até 2000, e de novo entre 2008 e 2012. Putin é o segundo presidente europeo máis lonxevo despois de Aliaksandr Lukašenka da veciña Belarús.
CD Projekt é unha empresa polaca de distribución e desenvolvemento de videoxogos. A empresa foi fundada en maio de 1994 por Marcin Iwinski e Michał Kiciński. A compañía converteuse na primeira editora de Polonia en publicar software en CD e durante moito tempo foi a única empresa polaca especializada na publicación de videoxogos, editando nese país títulos de gran éxito internacional como Baldur's Gate, Icewind Dale y Planescape: Torment , traducíndoos ao polaco.
Microsoft Corporation é unha compañía de software fundada por Bill Gates e Paul Allen en 1975 en Albuquerque, Novo México. Ten a súa sede actual en Redmond, Washington. É a maior compañía de software do mundo (conta con máis de 50.000 empregados en total en varíos países) e é coñecida principalmente polas diferentes versións dos seus sistemas operativos Windows e MS-DOS, así como polo paquete de aplicacións ofimáticas Microsoft Office, da que fan parte programas como MS-Word, MS-Excel, MS-Access ou MS-FrontPage.
Área é a extensión ou superficie comprendida dentro dunha figura (de dúas dimensións), expresada en unidades de medida denominadas superficiais. Para superficies planas o concepto é intuitivo. Calquera superficie plana de lados rectos pode triangularse e pódese calcular a súa área como suma de triángulos.
Os citocromos b5 son hemoproteínas transportadoras de electróns moi ubicuas, que se encontran en animais, plantas, fungos e bacterias fotosintéticas púrpuras. As variantes microsómicas e mitocondriais están unidas a membrana, mentres que as de bacterias, eritrocitos e outros tecidos son hidrosolubles. A familia das proteínas similares ao citocromo b5 comprende (ademais dos propios citocromos b5) dominios de hemoproteínas asociados covalentemente con outros dominios redox no flavocitocromo citocromo b2 (L-lactato deshidroxenase (EC 1.1.2.3), sulfito oxidase (EC 1.8.3.1 1.8.3.1), nitrato redutases de plantas e fungos (EC 1.7.1.1, EC 1.7.1.2, EC 1.7.1.3), e as proteínas de fusión de plantas e fungos citocromo b5/acil lípido desaturase.
En xeometría e nalgunhas antigas teorías físicas, un sólido platónico é un poliedro convexo con: Todas as caras son polígonos congruentes O mesmo número de caras en todos os vérticesReciben este nome na honra do filósofo grego Platón. Os cinco sólidos platónicos son coñecidos desde a antigüidade clásica e a proba de que son os únicos poliedros regulares pode ser encontrada nos Elementos de Euclides.
Unha lingua materna, tamén chamada lingua nativa ou primeira lingua, é a primeira lingua que aprende unha persoa dende o seu nacemento e que xeralmente corresponde ó grupo étnico-lingüístico co que o individuo se identifica culturalmente. En certos casos, cando a persoa é educada por pais (ou outras persoas) que falan linguas diferentes, é posíbel adquirir o dominio de dúas linguas ó mesmo tempo, cada unha delas podendo ser considerada lingua materna, creándose entón unha situación de bilingüismo.A expresión lingua materna provén do costume pola que as nais eran as únicas que educaban os nenos na primeira infancia, facendo que a lingua da nai sexa a primeira en ser asimilada polo neno, condicionando o seu aparello fonador ó sistema lingüístico. A adquisición da lingua materna ocorre en varias fases.
Ingmar Bergman (pronunciado en sueco: 'ɪŋmar 'bærjman ), nado en Uppsala o 14 de xullo de 1918 e finado en Fårö o 30 de xullo de 2007, foi un recoñecido director de cine e dramaturgo sueco. É considerado unha das personalidades máis eminentes e influentes da cinematografía mundial.Dirixiu máis de sesenta películas e documentais para a televisión e o cine, os guións dos cales tamén escribía, e dirixiu unhas cento setenta obras de teatro. Na súa compañía de actores atópanse Harriet Andersson, Liv Ullmann, Gunnar Björnstrand, Bibi Andersson, Erland Josephson, Ingrid Thulin e Max von Sydow.
Unha canle de televisión é un tipo de estación emisora que transmite son e vídeo a receptores de televisión nunha área concreta. Tradicionalmente, as canles de televisión facían as súas transmisións enviando sinais de radio especialmente codificados polo ar, chamada televisión terrestre. Normalmente concédense licenzas por parte dunha axencia gobernamental a cada canle de televisión para usar unha parte determinada do espectro de radio (unha canle) a través do cal eles envían os seus sinais.
A palabra edificio quere dicir facer fogo (do indoeuropeo æde, fogo e do latín facere, facer), o que non debe estrañar cando un dos termos que se utiliza para a vivenda é fogar. Un edificio é normalmente unha construción realizada con materiais resistentes (madeira, pedra, metal, formigón etc.) para poder protexerse das inclemencias meteorolóxicas cando se realizan tarefas que precisan de certa privacidade. Da orixe do nome explícase as finalidades dos edificios primitivos, que se crearon para albergar o fogo, evitando que se apagase por mor da choiva, o vento e demais inclemencias do tempo, debido a que acendelo non era doado.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
O padriño é unha figura común en varias denominacións cristiás. Asiste a outra persoa en certos sacramentos, con orixe no século II, de orixe relixiosa cristiá, e, posteriormente, pasou a obter diferentes significados dependendo da relixión e o código civil. Segundo Corpus Iuris Civilis, o sentido orixinal de patrocinio, e que segue sendo o máis amplo sentido, é un servizo que debe realizar un individuo que ten unha débeda que pagar ao pai ou nai co patrocinio dun ou máis fillos da parella, unha especie de tributo voluntario dado á familia da parella ao longo de toda a vida.
O minuto (min) é unha unidade de tempo que equivale á sesaxésima parte dunha hora. Tamén equivale a 60 segundos, que é a unidade de tempo do Sistema Internacional de Unidades. Isto é: 1/60 h = 1 min = 60 sO vocábulo minuto provén do latín pars minuta prima, que significa ‘parte diminuta primeira’, coa mesma etimoloxía que «menor».
En matemáticas, a análise p-ádica é unha rama da teoría de números que se ocupa da análise matemática das funcións dos números p-ádicos (unha extensión dos números racionais que fornecen un sistema diferente de medición de distancias entre números). Este campo ten importantes aplicacións principalmente na teoría dos números, xogando un papel destacado na xeometría diofantina e na aproximación diofantina. Ademais, certas aplicacións específicas promoveron o desenvolvemento de áreas como a análise funcional p-ádica e a teoría espectral.
O citocromo c (cyt c) é unha pequena hemoproteína que se encontra feblemente asociada coa membrana mitocondrial interna. Pertence á familia do citocormo c de proteínas. O citocromo c é unha proteína moi soluble, o que a diferenza doutros citocromos, xa que ten unha solubilidade duns 100 g/L. É un compoñente esencial da cadea de transporte de electróns, na cal transporta un electrón.
Navassa (en castelán: Navaza) é unha pequena illa deshabitada do Mar Caribe. É unha Área insular dos Estados Unidos, e constitúe un territorio non incorporado dos Estados Unidos, administrado polo Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos Estados Unidos. Con todo, a illa é reclamada por institucións privadas e por Haití.
Un vilán é unha persoa malvada, especialmente na ficción. Os viláns son personaxes de ficción, ou quizais personaxes novelados, en dramas e melodramas que exercen a maldade deliberadamente e se enfrontan ó heroe. Como tales, os viláns son un recurso argumental case inevitable, e máis que os heroes, elementos cruciais sobre os que xira a trama.
Jaime Rafael Ramos María de Marichalar y Sáenz de Tejada, nado en Pamplona o 7 de abril de 1963, é o ex-esposo da Infanta Elena de Borbón, con quen contraeu matrimonio o 18 de marzo de 1995. A parella obtivo o seu divorcio no mes de decembro de 2009. Desde que este produciuse, Jaime de Marichalar deixou de ostentar o título de duque consorte de Lugo, o tratamento de "Excelencia", a condición de membro da Familia Real e a dignidade de Grande de España que posuía desde que contraeu matrimonio.
Fanny Bullock Workman (/ˈwɒrkˌmæn/), nada en Worcester, Massachusetts, o 8 de xaneiro de 1859 e finada en Cannes, Francia, o 22 de xaneiro de 1925, foi unha xeógrafa, cartógrafa, exploradora, escritora de viaxes e montañeira estadounidense, de forma notable no Himalaia. Foi unha das primeiras alpinistas profesionais femininas, e ademais de realizar exploracións escribiu varios libros sobre as súas viaxes. Marcou varios récords femininos de altitude, publicou oito libros de viaxe xunto ó seu esposo e promoveu os dereitos das mulleres e o sufraxio feminino.
TV3 é a principal canle de televisión pública de Cataluña, pertencente a Televisió de Catalunya. Comezou a emitir o 10 de setembro de 1983, emitindo con regularidade desde o 16 de xaneiro de 1984. Foi a segunda canle de televisión autonómica que se instaurou en España logo de ETB 1 de Euskal Telebista, ademais da primeira en emitir toda a súa programación exclusivamente en catalán.
O enigma do valor C ou paradoxo do valor C é o complexo problema que supón explicar a ampla variación no tamaño do xenoma nuclear que hai entre as especies de eucariotas. O enigma básico que hai que explicar do valor C é a observación de que o tamaño do xenoma non se correlaciona coa complexidade dun organismo; por exemplo, algúns protistas unicelulares teñen xenomas máis grandes que o xenoma doutras especies máis complexas, como, por exemplo, os humanos.
En bioloxía, o sexo é un proceso de combinación e mestura de trazos xenéticos a miúdo dando por resultado a especialización de organismos en variedades feminina e masculina (coñecidas como sexos). A reprodución sexual implica a combinación de células especializadas chamadas gametos para formar fillos que herdan o material xenético, e polo tanto os trazos e natureza de ambos pais. Os gametos poden ser idénticos en forma e función (isogametos), pero nalgúns casos evolucionaron cara a unha asimetría de tal xeito que hai dous tipos de gametos específicos por sexo (heterogametos): os gametos masculinos son pequenos, móbiles, e optimizados para o transporte da súa información xenética a certa distancia; mentres que os gametos femininos son grandes, non móbiles e conteñen os nutrientes precisos para o desenvolvemento do novo organismo.
A Capela Sistina é unha capela localizada no Palacio Apostólico, ao norte da Basílica de San Pedro, no Vaticano. Foi construída a partir de 1475 e inaugurada o 9 de agosto de 1483 polo Papa Sisto IV. O interior foi redecorado a partir de 1508, baixo encomenda do Papa Xulio II, con frescos de Michelangelo Buonarroti, entre os que se atopa a célebre Creación de Adán. Michelangelo terminou o seu traballo en 1541, xa baixo o pontificado de Paulo III, coa conclusión da representación do Xuízo Final, sobre o altar.
En demonoloxía, Amdusias (tamén Amduscias, Amdukias ou Ambduscias) é un demo que posúe trinta lexións baixo o seu mando (29 segundo outros autores) e ten o título de Gran Duque. É representado coma un humano con garras en lugar de mans e pés, a cabeza dun unicornio e unha trompeta para simbolizar a súa poderosa voz. De acordo con outras fontes, este demo é representado coma un unicornio que cambia a un home baixo a petición do conxurador.
Fuchi Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. Ten aproximadamente 64 kms de diámetro e está situado a 28,34° N 327,57° O. O nome de Fuchi provén da mitoloxía ainu, onde Fuchi era a deusa do lume, este nome foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional no 1979. Manua Patera está situado na dirección norte-nordeste, e Amaterasu Patera está cara o nordeste.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Badmotorfinger é o terceiro álbum da banda estadounidense de grunge Soundgarden. Foi editado o 8 de outubro de 1991 a través do selo A&M Records. O grupo comezou a traballar neste disco despois de rematar a xira de promoción do seu anterior álbum, Louder Than Love, contando co seu novo baixista Ben Shepherd.
Clark Terry, nado o 14 de decembro de 1920 en Saint Louis e finado o 21 de febreiro de 2015, foi un trompetista de jazz estadounidense. Durante a súa época de militar, estivo nas orquestras de Charlie Barnet, de Quincy Jones, e doutros grandes mestres. Despois foi protagonista de pequenas orquestras de jazz, destacando no seu instrumento, para logo, ao final, na década dos anos 40, ter a súa propia orquestra de jazz.
Ratisbona (en alemán: Regensburg, en bávaro Rengschburg) é unha cidade alemá, situada no Land de Baviera. A cidade está na confluencia entre os ríos Danubio e Regen e é a capital tanto do distrito do Alto Palatinado (Oberpfalz en alemán) como do Landkreis de Regensburg. A cidade, con 143.400 habitantes (dec.
Mastodon é unha banda estadounidense de metal procedente de Atlanta (Xeorxia, formada en 1999. O grupo está composto polo baixista e vocalista Troy Sanders, o guitarrista e vocalista Brent Hinds, o guitarrista Bill Kelliher e o batería Brann Dailor. Leva editados catro álbums de estudio ata a data, expandindo as súas fronteiras musicais dende un inicial sludge metal cru ata os últimos temas máis psicodélicos, aínda que mantendo o seu estilo progresivo con tempos infrecuentes.
Nicolás Redondo Terreros, nado en Portugalete (Biscaia) o 16 de xuño de 1958, é un político español, que foi secretario xeral do Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra (PSE-EE) entre outubro de 1997 e decembro de 2002. Foi membro do Parlamento Vasco pola provincia de Biscaia dende marzo de 1984 até abril de 2002.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
Ana Victoria García Obregón, máis coñecida como Ana Obregón, nada en Madrid o 18 de marzo de 1955, é unha actriz, presentadora, bailarina e cantante española moi coñecida no ámbito da televisión, tanto en series de ficción como en programas e concursos televisivos. Desde hai moitos anos é un dos rostros máis populares da prensa rosa española.
Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Fiorentina, da Serie A de Italia. Considerada como unha das melloesr futbolista españolas da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a única en marcar nunha final.
Antonín Leopold Dvořák (checo: /antoɲiːn ˈlɛopolt ˈdvor̝aːk/), nado en Nelahozeves o 8 de setembro de 1841 e finado en Praga o 1 de maio de 1904, foi un compositor de posromántico natural de Bohemia -territorio entón pertencente ao Imperio Austríaco-, un dos primeiros compositores checos que acadou recoñecemento mundial e un dos grandes compositores da segunda metade do século XIX. Está considerado como un dos grandes compositores da segunda metade do século XIX. Empregou frecuentemente ritmos e outros aspectos da música folclórica de Moravia e a súa Bohemia natal, seguindo o exemplo do seu predecesor, o nacionalista da era romántica Bedřich Smetana. Tense descrito o estilo de Dvořák como "a recreación máis completa dun idioma nacional co da tradición sinfónica, absorbendo influencias populares e encontrando formas efectivas de empregalas».Sen perder unha ampla proxección internacional, soubo extraer as esencias da música da súa terra natal. Dvořák amosou as súas dotes musicais a unha idade temperá, sendo un bo estudante de violín dende os seis anos.
O reino medieval de Galicia na historiografía
A primeira referencia historiográfica explícita sobre a existencia do reino de Galicia data do século VI, cando o bispo Gregorio de Tours denomina Galliciensim regnum o estado creado polo pobo xermánico dos suevos na provincia romana da Gallaecia. Este reino galego altomedieval perdurou, con dimensións e significados cambiantes, desde a época sueva até o século XIX, momento no que, a través dunha reforma administrativa, a tradicional organización en reinos da monarquía hispana foi substituída por unha estrutura provincial centralizada.Malia este dilatado lapso temporal e a existencia de abondosas alusións documentais, os historiadores españois da idade contemporánea substituíron as referencias ao reino galego da alta e plena Idade media polas denominacións de reino de Asturias e reino de León, sendo o territorio da Galicia actual presentado como un espazo subsidiario de escasa importancia. A contradición entre esta visión historiográfica e a realidade presentada polos documentos históricos foi denunciada por unha parte dos estudosos galegos e non deixou de ser recoñecida, dun ou outro xeito, polos propios historiadores que a propagaron.
IRC son as siglas de Internet Chat Relay ("retransmisión de charla por internet"), unha forma de comunicación instantánea sobre a Internet deseñada para a grupos de persoas que utilizan foros chamados "canais". O IRC foi creado por Jarkko Oikarinen a finais de agosto de 1988 como substituta dun programa chamado MUT nun BBS chamado OuluBox en Finlandia. Oikarinen inspirouse no Bitney Relay Chat que funcionaba na rede Bitnet.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
José Antonio Urruticoechea Bengoechea, nado en Ugao-Miraballes, Biscaia o 24 de decembro de 1950, tamén coñecido como Josu Ternera e como Josu Urrutikoetxea Bengoetxea, é un membro histórico da organización terrorista Euskadi Ta Askatasuna (ETA) e ex-deputado de Euskal Herritarrok no Parlamento Vasco.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O bosque de sequoias de Poio ou Bosque de Colón é un bosque de sequoias situado no monte Castrove, en San Xoán de Poio. Este bosque alberga o maior conxunto de sequoias vermellas (californianas) de Europa.O bosque foi creado en 1992 para celebrar o 500 aniversario da chegada de Cristovo Colón a América. A súa orixe tivo lugar nunha iniciativa xurdida no Congreso dos Estados Unidos, e o proxecto levouse a cabo logo de que expertos norteamericanos tomaran mostras da terra para confirmar a ideoneidade do solo para a especie.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Pícaros roubados polo franquismo
Os nenos do franquismo ou pícaros roubados polo Franquismo é o nome polo que se coñece a mocidade vítima dunha pasaxe dramática da historia recente de España que abrangue de 1937 a 1950, na primeira etapa da ditadura franquista, tempo no que máis de 30.000 menores foron secuestrados e apartados das súas familias a fin de seren entregados a persoas afectas ao réxime así coma a centros do Auxilio Social, hospicios, conventos ou seminarios, onde eran reeducados conforme aos ideais do denominado Movemento Nacional, amais de nalgún casos seren empregados a modo de escravos para a labranza de terras.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Bernardo Fernández Piñeiro, nado en Pontedeume en 1981, é un político galego. Membro do PSdeG-PSOE, é alcalde de Pontedeume tras acadar a maioría absoluta nas eleccións municipais de 2015. Ademais é o portavoz do Grupo Provincial Socialista na Deputación da Coruña e Secretario Xeral do PSdeG-PSOE na mesma provincia.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Galería de escudos dos concellos de Galicia
Galería de imaxes dos escudos dos concellos de Galicia por orde alfabética.