Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Nokia é un fabricante de teléfonos móbiles finlandés, ademais dunha das principais empresas do sector das telecomunicacións. Con sede en Espoo (Finlandia), Nokia é unha das marcas máis coñecidas dentro e fóra da Unión Europea. Nokia tamén produce infraestrutura para redes de telefonía móbil e outros equipamentos de telecomunicacións para aplicacións como a telefonía tradicional por voz, RDSI, acceso a internet por banda larga, radio profesional móbil, Voz IP, e unha liña de receptores de satélite.
Nicolás Redondo Terreros, nado en Portugalete (Biscaia) o 16 de xuño de 1958, é un político español, que foi secretario xeral do Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra (PSE-EE) entre outubro de 1997 e decembro de 2002. Foi membro do Parlamento Vasco pola provincia de Biscaia dende marzo de 1984 até abril de 2002.
Aos pés do monte Parnaso en Focea, Delfos é o lugar dun santuario panhelénico onde falaba o oráculo de Apolo a través da súa profetisa, a Pitia ; tamén albergaba o ónfalos ou «embigo do mundo». Investido cun significado sagrado, Delfos foi do século -VI ao -IV o verdadeiro centro e o símbolo da unidade do mundo grego. Os santuarios panhelénicos eran complexos arquitectónicos externos ás cidades: constituían os únicos lugares onde todos os antigos gregos, e algúns bárbaros (lidios e etruscos) tomaban parte en celebracións relixiosas comúns.
O petróleo (do latín petra, pedra + oleum, aceite), tamén chamado cru de petróleo, é un líquido natural que se atopa en formacións na Terra consistindo nunha complexa mestura de compostos orgánicos, maiormente hidrocarburos. Os outros constituíntes son compostos orgánicos contendo elementos químicos como nitróxeno, xofre, osíxeno (chamados xenericamente de compostos NSO) e metais, principalmente níquel e vanadio. O petróleo en estado líquido é unha substancia oleosa, inflamábel, xeralmente menos densa que a auga, cun cheiro característico e coloración que pode variar desde o incoloro ou castaño claro ata o negro, pasando por verde e marrón.
Os identificadores son aqueles determinantes que fan referencia a unha realidade indicando de cal se trata (identificadores simples: a, cada, un, calquera...) e establecen unha relación de igualdade ou diferenza de identidade ou grupo (identificadores reforzados: propio, outros,...). Polas súas características, están opostos ó pronome persoal, demostrativo, posesivo, relativo, interrogativo, exclamativo e cuantificadores.
Un asteroide é un corpo rochoso, carbonáceo ou metálico máis pequeno que un planeta e que orbita ao redor do Sol. Os asteroides tamén son chamados planetas menores, denominación que se considera máis axeitada. A maioría dos asteroides que se atopan no noso sistema solar, posúen órbitas semiestables entre Marte e Xúpiter, pero algúns son desviados a órbitas que cruzan as dos planetas maiores.
A Billboard 200 é unha lista publicada semanalmente pola revista Billboard que amosa os 200 álbums máis vendidos nos Estados Unidos durante a semana en curso. Frecuentemente é usada para ver a popularidade dun artista ou grupo musical segundo a venda dos seus discos. Desde os anos 50 ata 1983 era chamada Top Pop Albums e ese ano cambiou o seu nome a Billboard, cambiando novamente en 1992 ao actual Billboard 200.
Lista de atentados terroristas en 2019
Isto é unha lista sobre os atentados terroristas que aconteceron no 2019
O Canadá (en inglés e francés: Canada) é un país que ocupa a metade norte da América do Norte. Limita cos Estados Unidos de América, localizado ao sur do país (Estados Unidos continentais) e ao noroeste (estado norteamericano de Alasca). Ao norte localízase o océano Ártico, ao oeste, o océano Pacífico, e ao leste, o océano Atlántico.
O estorniño pinto (Sturnus vulgaris) é unha ave paseriforme de mediano tamaño da familia Sturnidae. En Galicia é unha ave invernante moi numerosa e unha das dúas especies de estorniños do país; a outra é o estorniño negro. Mide uns 20 cm de longo e ten unha plumaxe negra brillante con reflexos metálicos, e ten pintas brancas en determinada época do ano.
Dennis Wayne Johnson, nado no barrio de San Pedro, nos Ánxeles (California) o 18 de setembro de 1954, coñecido como DJ, foi un xogador de baloncesto estadounidense que xogou durante 14 tempadas na NBA. Posteriormente foi adestrador de Los Angeles Clippers e dos Austin Toros, da NBDL. Faleceu en Austin (Texas) o 22 de febreiro de 2007, por mor dun infarto.
Un videoxogo é un xogo electrónico no que unha ou máis persoas interactúan, por medio dun controlador, cun dispositivo que mostra imaxes de vídeo. Este dispositivo electrónico, coñecido xenericamente como «plataforma», pode ser unha computadora, unha máquina arcade, unha videoconsola ou un dispositivo portátil, por exemplo un teléfono móbil. Os videoxogos poden ser de moitos tipos e son, ano tras ano, unha das principais industrias da arte e o entretemento.
Roma(AFI: /ˈroma/, pronuncia ) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018), capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Cunha área de 1.285 km² é municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, Istambul, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid.
Fernando Botero Angulo, nado en Medellín o 19 de abril de 1932 e finado o 15 de setembro de 2023 en Mónaco, foi un acuarelista e escultor colombiano, recoñecido polas súas personaxes de formas redondas e voluptuosas. Sendo el mesmo alcumado ironicamente «o máis colombiano dos artistas colombianos» , é un dos raros pintores a coñecer o éxito e a gloria en vida. A súa carreira comeza realmente en 1958, cando gaña o primeiro premio do `Salón de Artistas Colombianos ' Ao grao das súas numerosas viaxes en Estados Unidos e en Europa, Fernando Botero desenvolveu un estilo propio e do cal a súa natureza morta Naturaleza muerta con Mandolina, de 1957, constitúe a primeira manifestación .
A quinina ou chinchona, C20H24N2O2, é un alcaloide natural, cristalino e de cor branca, e sabor moi amargo, que presenta propiedades antipiréticas, antipalúdicas e analxésicas, producido por distintas especies do xénero Cinchona. A quinina era o principal composto empregado no tratamiento da malaria até que foi substituída por outros medicamentos sintéticos máis eficaces, como a quinacrina, cloroquina e primaquina. E aínda se utiliza hoxe no tratamento da malaria resistente.
The Legend of Zelda: Breath of the Wild
The Legend of Zelda: Breath of the Wild (en xaponés: ゼルダの伝説 ブレス オブ ザ ワイルド, Zeruda no Densetsu: Buresu obu za Wairudo) é un videoxogo de acción e aventuras desenvolvido e publicado por Nintendo para as consolas Nintendo Switch e Wii U. O xogo forma parte da franquía The Legend of Zelda e conta a historia do protagonista Link con amnesia, que esperta dun soño de cen anos unha misteriosa voz que o guía cara a derrota de Calamity Ganon antes de que poida destruír o reino de Hyrule. O xogo tivo un longo período de desenvolvemento que abrangueu cinco anos. Ó concibir Breath of the Wild, o produtor Eiji Aonuma quixo reformar as convencións do modo de xogo da serie Zelda.
O Sinclair ZX Spectrum ou ZX Spectrum foi un microordenador de 8 bits baseado no microprocesador Z80 de Zilog, fabricado pola compañía británica Sinclair Research e lanzado ao mercado o 23 de abril de 1982. En Europa, o Sinclair ZX Spectrum foi o microordenador doméstico máis popular da década dos 80. O seu deseño optimizado e compacto fixo as delicias de miles de afeccionados á informática e os videoxogos.
O alsaciano (en francés: alsacien, en inglés: alsatian, en castelán: alsaciano, en alemán: Elsässerdeutsch e en alsaciano: Elsässisch) é un conxunto de variantes de baixo alemánico e alto alemánico que se falan dende o leste da cordilleira dos Vosgos e o río Rin, principalmente na rexión de Alsacia.
Experimental Geodetic Satellite
Experimental Geodetic Satellite, coñecido tamén polo seu acrónimo EGS e denominado ás veces EGP (Experimental Geodetic Payload), rebautizado como Ajisai ao chegar a órbita, é un satélite artificial da axencia espacial xaponesa NASDA lanzado o 12 de agosto de 1986 mediante un foguete H-I desde o Centro Espacial de Tanegashima. Foi o primeiro satélite en ser lanzado mediante este foguete.
Dewa (出羽国, でわのくに, Dewa-no-kuni ou 出羽, でわ) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha zona que hoxe forma a prefectura de Yamagata e a maior parte da prefectura de Akita, historicamente na parte Tōsandō (東山道), actualmente na parte oeste da rexión de Tōhoku, na illa de Honshū. Dewa limitaba coas provincias de Echigo (越後) e Mutsu (陸奥). Na época Meiji Dewa dividiuse en 2 partes, Uzen (羽前) e Ugo (羽後).
A roupa, vestimenta ou indumentaria é o conxunto de pezas xeralmente téxtiles fabricadas con diversos materiais e usadas para vestir as persoas, mobles e fogares. Xurdiu para protexer o corpo do clima e os obxectos da sucidade, pero os seus usos fóronse multiplicando. Os materiais son variados, desde peles ata algodón ou fibras sintéticas.
O couselo é unha planta rupícola, Umbilicus rupestris. Como topónimo, Couselo (couso pequeno) pode referirse a: Couselo, parroquia do concello de Cuntis; Couselo, lugar de dita parroquia; Couselo, lugar da parroquia de Armental, no concello da Peroxa; Couselo, lugar da parroquia do Rosal, no concello do Rosal.Amais, como apelido pode referirse a: José Couselo Bouzas, sacerdote e investigador galego (1869-1962); Xesús Ferro Couselo, historiador e investigador galego (1906-1975); Manuel Ferro Couselo, relixioso e profesor galego (1910-1998); Armando Couselo Soto, político galego; Guillermo Meijón Couselo, mestre e político galego (n.
Un museo (do latín musēum e este á súa vez do grego μουσεον = museión 'museo', lugar das musas) é unha institución pública ou privada, permanente, sen fins de lucro, ao servizo da sociedade e o seu desenvolvemento, e aberta ao público, que adquire, conserva, investiga, comunica e exhibe, con propósitos de estudo, educación ou deleite coleccións de arte, científicas etc., sempre cun valor cultural, segundo o International Council of Museums (ICOM). Este tipo de coleccións, case sempre valiosas, existiu desde a Antigüidade. Nos templos gardábanse obxectos de culto ou ofrendas que de cando en vez se exhibían ao público para que puidese contemplalos e admiralos.
Branca pódese referir a: Cor branca; raza branca, un tipo de raza humana; branca, en música duración do duplo de tempo que unha negra e a metade dunha redonda. Branca, antropónimo feminino.Como topónimo, Branca pode referirse a: A Pena Branca, lugar da parroquia das Negradas, no concello de Guitiriz; A Casa Branca, lugar da parroquia de Santo Adrao de Lourenzá, no concello de Lourenzá; A Pena Branca, lugar da parroquia das Ribeiras do Sor, no concello de Mañón; Uceira Branca, lugar da parroquia de Castro de Rei de Lemos, no concello de Paradela; Folla Branca, lugar da parroquia de Ribadeume, no concello das Pontes de García Rodríguez; Fonte Branca, lugar da parroquia de Penosiños, no concello de Ramirás; A Virxe Branca, lugar da parroquia de Rinlo, no concello de Ribadeo; Carreira Branca, lugar da parroquia de Vilaframil, no concello de Ribadeo; Branca, lugar da parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira; A Torre Branca, lugar da parroquia de Aríns, no concello de Santiago de Compostela; A Xunca Branca, lugar da parroquia de Gondar, no concello de Sanxenxo; A Torre Branca, lugar da parroquia de Niveiro, no concello de Val do Dubra; Pedra Branca, lugar da parroquia de Santo André de Comesaña, no concello de Vigo; Branca, freguesía do concello portugués de Albergaria-a-Velha; Branca, freguesía do concello portugués de Coruche;Amais, como antropónimo pode referirse a: Branca Garcés de Navarra, filla de García Ramírez de Navarra; casou con Sancho III de Castela "O Desexado"; Branca de Navarra, filla de Sancho VI de Navarra e de Sancha de Castela; Branca de Castela, filla de Afonso VIII de Castela e Leonor de Inglaterra; casou con Luís VIII de Francia; Branca de Navarra, esposa de Filipe VI de Francia; Branca I de Navarra, raíña de Navarra entre 1425 e 1441; Branca II de Navarra, filla de Xoán II de Aragón e Branca I de Navarra, esposa de Henrique IV de Castela;Como apelido, pode referirse a: Giovanni Branca, enxeñeiro e arquitecto italiano (1571 - 1645); Wilhelm von Branca, xeólogo alemán (1844 - 1928); Glen Branca, compositor e guitarrista estadounidense (n. 1948); Marco Branca, futbolista italiano (n.
O quilómetro por hora (km/h) é unha unidade derivada do SI de velocidade, tanto escalar como vectorial. Un obxecto que viaxa a unha velocidade media de 1 km/h desprázase 1 quilómetro nunha hora se a velocidade se mantén constante durante ese período. O símbolo utilizado para esta unidade é km/h, aínda que tamén se utiliza km·h−1.
Der Hase und der Igel, en galego O ourizo e a lebre, é un conto ou Schwank (farsa humorística, na clasificación ATU 275C). Está nos Contos infantís e domésticos (Kinder- und Hausmärchen) dos irmáns Grimm na 5ª Edición de 1843 no lugar 187 (KHM 187) en baixo alemán e procede do Hannoversche Volksblatt de Wilhelm Schröder de 1840 (Ein plattdeutsches Volksmärchen. Dat Wettlopen twischen den Hasen un den Swinegel up de lütje Heide bi Buxtehude.
A koruna checa ou coroa checa (signo monetario : Kč; código: CZK ) é a moeda da República Checa dende 8 de febreiro de 1993 cando, xunto coa súa homóloga eslovaca, substituíu á coroa checoslovaca cunha taxa de cambio equivalente (1:1). O nome oficial en checo é koruna česká (plural koruny české, aínda que a forma do xenitivo plural do ablaut indoeuropeo -korun českých- é usada en billetes e moedas cun valor facial de 5 Kč ou superior). O código ISO 4217 é CZK e o abreviatura da moeda é Kč, que é colocada despois do valor numérico (por exemplo, "50 Kč").
Another Music in a Different Kitchen
Another Music in a Different Kitchen é o primeiro álbum da banda inglesa de punk rock Buzzcocks, editado o 10 de marzo de 1978 a través de United Artists. O disco inclúe o sinxelo "I Don't Mind", que acadou o número 55 na lista de sinxelos británica en maio de 1978. O seu correspondente CD foi publicado en marzo de 1994 polo mesmo selo.
As glicosidases, tamén coñecidas como glicósido hidrolases ou glicosil-hidrolases son enzimas que catalizan a hidrólise de enlaces glicosídicos para xerar glícidos menores. Son enzimas moi comúns que desempeñan importantes papeis na natureza como, por exemplo, na degradación de biomasa, como celulosa e hemicelulosa, na defensa contra as bacterias, en mecanismos de patoxénese e no normal funcionamento celular. Canda ás glicotransferases, as glicosidadas forman a maior maquinaria catalítica para a síntese e a rotura de enlaces glicosídicos.
As conferencias de Ialta (4 de febreiro - 11 de febreiro de 1945) e de Potsdam (17 de xullo - 2 de agosto de 1945), dividiron Europa en dúas grandes áreas políticas. Nos países da Europa Oriental impuxéronse no goberno os partidos comunistas coa axuda, ás veces, do Exército Vermello. Estes países, afíns ideoloxicamente, organizáronse no: COMECON (Consello de Axuda Mutua Económica), creado en 1949 como resposta ó Plan Marshall (programa de créditos brandos dos EUA ós países de Europa Occidental).
Scottish Football League First Division
A Scottish Football League First Division é a máxima división da Liga escocesa de fútbol e o segundo nivel do sistema de ligas de fútbol en Escocia. Entre 1890 e 1975 foi o nivel máis alto. A división foi introducida na tempada 1975–76 do fútbol escocés para substituír a vella Scottish Football League Division Two.
Judith Marjorie Collins, nada en Seattle, Washington o 1 de maio de 1939, é unha cantante estadounidense coñecida polos seus gustos eclécticos no material que grava (folk, cancións de espectáculos, gospel, rock and roll e standards). O seu álbum de debut A maid of Constant Sorrow foi publicado en 1961, mais foi a súa versión da canción de Joni Mitchell "Both Sides, Now", o sinxelo do seu disco Wildflowers, de 1967, a que deu a Collins prominencia internacional e fixo que gañase o seu primeiro Grammy como mellor interpretación folk. Gozou doutros éxitos nesa época coas súas versións de "Someday Soon", "Chelsea Morning", "Amazing Grace" e "Cook with Honey".
An Essay on the Principle of Population
An Essay on the Principle of Population (Ensaio sobre o principio da poboación) foi un libro sobre demografía e economía publicado en Inglaterra primeiramente de forma anónima en 1798, pero do que axiña se soubo que o autor era Thomas Robert Malthus. O libro advertía sobre futuras dificultades que tería que afrontar a humanidade, baseándose nunha interpretación de que o incremento observado daquela da poboación en progresión xeométrica (que se duplicaba cada 25 anos) combinado cun incremento da produción de alimentos en progresión aritmética, causaría unha escaseza de alimentos e fame, a non ser que a taxa de natalidade descendese.Aínda que non foi o primeiro libro publicado sobre a poboación, o libro de Malthus alimentou o debate sobre o tamaño da poboación de Gran Bretaña e contribuíu á aprobación da Lei do Censo de 1800 (Census Act 1800). Esta lei permitía elaborar un censo nacional en Inglaterra, Gales e Escocia, que empezaría en 1801 e continuaría actualizándose cada dez anos ata hoxe.
O chocolate (náhuatl xocolatl) é o alimento que se obtén mesturando azucre con dous produtos derivados da manipulación das sementes do cacao: unha materia sólida (a pasta de cacao) e unha materia graxa (a manteiga de cacao). A partir desta combinación básica, elabóranse os distintos tipos de chocolate, que dependen da proporción entre estes elementos e da súa mestura ou non con outros produtos tales como leite e froitos secos. O chocolate atópase en moitas sobremesas así como na repostaría, galletas, bolos, sorbetes, tortas, bebidas.
Dead Cross é un supergrupo estadounidense de hardcore punk formado no sur de California. A banda está composta polo guitarrista Michael Crain (Retox), o baixista Justin Pearson (The Locust, Head Wound City e Retox), o batería Dave Lombardo (Slayer e Fantômas) e o vocalista Mike Patton (Faith No More e Fantômas).
O Greystones Rugby Football Club é un club de rugby irlandés da localidade de Greystones, no Condado de Wicklow na provincia de Leinster. Actualmente compite na AIB League División Two. Ao estar afiliado á federación de Leinster, os seus xogadores poden ser seleccionados polo equipo representativo da provincia, o Leinster Rugby.
Unha talasocracia, do grego "thálassa", mar, e "krátos", goberno, denota ao estado cuxos dominios son principalmente marítimos, como por exemplo a rede de colonias marítimas dos fenicios, non un xenuíno imperio, senón máis ben unido por rutas mariñas e que apenas penetra no interior, mesmo no caso da metrópole, como as cidades de Tiro, Sidón e Cartago. O termo foi empregado orixinariamente para se referir ao goberno da civilización minoica, cuxo poder dependía da súa armada. Na Idade Media e Moderna temos os exemplos de cidades-estado mariñeiras como a República de Venecia, a República de Ragusa ou Xénova, no Mediterráneo.
Romy Schneider, nada en Viena o 23 de setembro de 1938 e finada en París o 29 de maio de 1982, foi unha actriz austríaca que tamén posuía a cidadanía francesa. Os seus pais eran Wolf Albach-Retty e Magda Schneider, quen traballou con ela nalgunhas películas. Realizou unha interesante carreira artística e dúas veces recibiu o premio César á mellor actriz.
Felicity Rose Hadley Jones, nada en Bournville, Birmingham, o 17 de outubro de 1983, é unha actriz inglesa. Comezou a súa carreira profesional con 12 anos no filme The Treasure Seekers (1996) con Keira Knightley. Despois interpretaría o papel de Ethel Hallow durante tres tempadas (1998-2001) na serie de televisión The Worst Witch e na súa secuela Weirdsister College.
Os ISP (Internet Service Provider), ou "fornecedores de servizos de Internet", son as empresas dedicadas a conectar os usuarios a Internet, e dar outras prestacións relacionadas coa rede (venda de dominios web etc.) Existen numerosas empresas ISP, e conviven seguindo unha xerarquía. Evidentemente, o grao de implantación no terreo é quen marca o tipo de ISP (local, rexional ou nacional). Por exemplo, empresas como Jazztel ou Retevisión teñen unha cobertura (rede) propia no ámbito nacional (en España), mentres que existen outras como Nora cunha rede no ámbito local (neste caso en León).
Denomínase prezo ao valor monetario asignado a un ben ou servizo. Conceptualmente, defínese como a expresión do valor que se lle asigna a un produto ou servizo en termos monetarios e doutros parámetros como esforzo, atención ou tempo. O prezo non é só diñeiro e ata non é o valor propiamente dito dun produto tanxible ou servizo (intanxible), senón un conxunto de percepcións e vontades a cambios de certos beneficios reais ou percibidos como talles.
O Connacht Rugby (en irlandés: Rugbaí Connachta) é un dos catro equipo profesionais provinciais de rugby da Illa de Irlanda. O club compite no Pro14 e na Copa de Campións Europea de Rugby. O equipo representa á sección de Connacht da Irish Rugby Football Union (IRFU), sendo así o responsable do rugby na provincia.
Ladies and Gentlemen We Are Floating in Space
Ladies and Gentlemen We Are Floating in Space é o terceiro álbum de estudio da banda inglesa de space rock Spiritualized, publicado o 16 de xuño de 1997 a través do selo Dedicated Records. O álbum conta coas colaboracións do Balanescu Quartet, The London Community Gospel Choir e Dr. John.
As Finais da NBA de 2021 foron as series definitivas dos play-offs do 2021 e supuxeron a conclusión da tempada 2020-21 da NBA. O título disputouse entre Milwaukee, o campión da conferencia Leste,e Phoenix, o campión da conferencia Oeste, ao mellor de sete partidos, sendo o primeiro encontro o 6 de xullo, e finalizando o 20 de xullo. O equipo de Wisconsin levouse a vitoria (4-2) e Giannis Antetokounmpo foi nomeado MVP das Finais. Este supuxo o segundo título para os Bucks e o primeiro MVP para Giannis.
O Soiuz 2-1a é un foguete espacial ruso de nova xeración derivado do mísil R-7 creado para lanzar tripulacións e carga á órbita baixa terrestre. Está formado por dúas etapas centrais cunha terceira etapa adicional rodeadas de catro foguetes aceleradores, unha configuración común para os foguetes da familia Soiuz. Foi usado por primeira vez durante en 2004.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Os GRAPO (Grupos de Resistencia Antifascista Primero de Octubre) foi unha organización terrorista española de extrema esquerda, cunha forte inspiración maoísta creada en 1975. Tras múltiples anuncios do seu desartellamento por parte dos corpos de seguridade, a organización (ou pequenos grupos que así se reivindican) segue funcionando cunha mínima intensidade. É o brazo armado do PCE(r).
Nimona é un filme de animación estadounidense de 2023 dirixido por Nick Bruno e Troy Quane. Está baseado na novela gráfica homónima de 2015 de ND Stevenson. Ambientada nun mundo de ciencia ficción fantástico influenciado pola Idade Media, o filme conta coas voces de Chloë Grace Moretz como personaxe principal e Riz Ahmed como Ballister, con Eugene Lee Yang e Frances Conroy interpretando papeis secundarios.
A esfinxe colibrí (Macroglossum stellatarum) é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Sphingidae. Vive no sur de Europa, incluíndo a Península Ibérica, e no norte de África e centro de Asia, India e Indochina. Recibe o seu nome polo seu voo e forma de alimentación, que se asemellan ao do colibrí.
IRC son as siglas de Internet Chat Relay ("retransmisión de charla por internet"), unha forma de comunicación instantánea sobre a Internet deseñada para a grupos de persoas que utilizan foros chamados "canais". O IRC foi creado por Jarkko Oikarinen a finais de agosto de 1988 como substituta dun programa chamado MUT nun BBS chamado OuluBox en Finlandia. Oikarinen inspirouse no Bitney Relay Chat que funcionaba na rede Bitnet.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Bernardo Fernández Piñeiro, nado en Pontedeume en 1981, é un político galego. Membro do PSdeG-PSOE, é alcalde de Pontedeume tras acadar a maioría absoluta nas eleccións municipais de 2015. Ademais é o portavoz do Grupo Provincial Socialista na Deputación da Coruña e Secretario Xeral do PSdeG-PSOE na mesma provincia.
Moisés (hebreo: מֹשֶׁה, pron. estándar: Moshé, pron. tiberiana: Mōšeh; grego antigo: Mωϋσῆς, Mōüsēs; latín: Moyses; árabe: موسىٰ, Mūsa), chamado na tradición xudía Moshe Rabbenu (מֹשֶׁה רַבֵּנוּ, Moisés o noso mestre), é o profeta máis importante para o xudaísmo, liberador do pobo hebreo da escravitude de Exipto e encargado por Deus de entregar a lei escrita e, segundo os rabinos, a lei oral, codificada máis tarde na Mishná.O cristianismo herdou esta imaxe de Moisés, a quen venera como redentor e lexislador e, por iso, anticipo de Cristo.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
O J (iota) é unha letra, non propia do alfabeto galego moderno pero usada no galego medieval, e no galego moderno para préstamos léxicos doutras linguas. No alfabeto fonético internacional, [j] representa o aproximante palatal. Na maioría dos teclados alfanuméricos, as teclas j e f xeralmente aparecen cun pequeno relevo perceptible ao tacto, que permite aos usuarios a súa orientación táctil no teclado.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Aránzazu Isabel María Sánchez Vicario, máis coñecida como Arantxa Sánchez Vicario, nada en Barcelona o 18 de decembro de 1971, é unha ex tenista española. Durante a súa carreira foi número 1 do mundo da WTA en 1995. Gañou catro títulos do Grand Slam en categoría individual, seis en categoría de dobres e catro en dobres mixtos, ademais de catro medallas olímpicas e cinco títulos de Copa Federación co Equipo español.