Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Celestino Iglesias Cores, máis coñecido como Tino Iglesias, nado en Ribadumia o 14 de marzo de 1962, é un piloto galego de automobilismo. Compite habitualmente en varias modalidades e competicións de xeito simultáneo e incluso no mesmo día. É o piloto máis laureado do Campionato de Galicia de Autocross con seis títulos (en 2010, 2011, 2013, 2014, 2015 e 2016) e foi campión de Galicia de slálom en 2010.
Lista de xogos de PlayStation 3
Esta é unha lista de todos os xogos lanzados en Blu-Ray ou anunciados para PlayStation 3, a videoconsola de sobremesa de Sony.
Nymphomaniac (estilizado como NYMPH()MANIAC) é un filme europeo de cine arte escrito e dirixido por Lars von Trier que foi estreado en 2013. Está protagonizado por Charlotte Gainsbourg, Stellan Skarsgård, Stacy Martin, Shia LaBeouf, Christian Slater, Jamie Bell, Uma Thurman, Willem Dafoe e Connie Nielsen. Orixinalmente, só sería un único filme, pero por mor da súa longa duración, von Trier tomou a decisión de dividilo en dúas partes separadas.
A honra é un concepto con diversas valencias, segundo se tome nunha acepción subxectiva (o que un sente como a súa propia honra) ou na súa acepción social, como elemento que entra en xogo nas relacións sociais en moitas civilizacións. Implica a aceptación persoal e a construción no imaxinario social, e mesmo na superestructura xurídica, dunha calidade moral vinculada ao deber, á virtude, ao mérito, ao heroísmo; que transcende ao ámbito familiar, da descendencia (o sangue e a caste) e da conduta sexual (especialmente á das mulleres dependentes); que se reflicte na opinión, a fama ou a gloria e en diferentes cerimonias de recoñecemento público; e que produce recompensas materiais ou dignidades, como cargos, empregos, rendas, patrimonios, herdanzas etc. Especificamente cumpriu esa función durante un gran período da historia da civilización occidental, con conceptos precedentes na Antigüidade clásica grecorromana e nos pobos xermánicos, chegando a unha alta codificación desde a conformación do feudalismo de Europa Occidental na Idade Media.
Heroes pode referirse a: Heroes (homes) a serie de televisión estadounidense Heroes; a serie de televisión chilena Heroes; O videoxogo Heroes of Might and Magic; O álbum Heroes do cantante Johnny Cash e Waylon Jennings; O grupo zaragozano de rock Héroes del Silencio; o equipo de béisbol de Seúl Heroes.
Denomínase transporte activo a un tipo de transporte de membrana consistente no movemento dunha substancia atravesando unha membrana en contra do seu gradiente de concentración (dunha zona con concentración baixa a outra con concentración alta) utilizando un transportador que para funcionar ten que gastar enerxía. As partículas móvense por difusión desde as áreas en que están en maior concentración ás que están en menor concentración , e cando se quere transportalas en sentido contrario necesítase un gasto de enerxía que venza o gradiente contrario, como ocorre no transporte activo. En todas as células, o transporte activo utilízase xeralmente para acumular altas concentracións de determinadas substancias que a célula necesita, como glicosa, aminoácidos e ións.
O cinema mudo é o que non utiliza son, soamente a imaxe e, habitualmente, a inclusión de carteis con textos (intertítulos). Orixinalmente o cinema foi mudo, pois a tecnoloxía para sincronizar o son gravado coas imaxes non se desenvolveu ata finais dos anos vinte do século XX. A este período inicial da historia do cinema chámaselle a Era Muda. Porén, malia que os filmes non tiñan son incorporado, as proxeccións non eran silenciosas, xa que habitualmente os cines tiñan un pianista que interpretaba música en directo para acompañar o filme.
A cidade de Kairouan (القيروان, a "cidade fortificada" en árabe), a 160 km ao sur de Tunes, tamén coñecida como "a cidade das 50 mesquitas", fundada en 670, floreceu durante a dinastía Aghlábida no século IX. O seu rico patrimonio arquitectónico inclúe a Gran Mesquita, con belas portas talladas en madeira e arabescos de estuco e as 400 columnas de mármore e pórfiro da sala de oracións, con inscricións fenicias, romanas e árabes e a Mesquita das Tres Portas, entre outras. A pesar da transferencia da capital política para Tunes no século XII, Kairouan permaneceu como capital espiritual do Magreb e en certa forma continúa a selo despois de 13 séculos de cultura islámica, sendo a terceira cidade de pelegrinaxe do islam tras Meca e Medina. A cidade foi inscrita pola UNESCO en 1988 na lista dos lugares Patrimonio da Humanidade.
Partitura é un documento manuscrito ou impreso que indica como debe interpretarse unha composición musical, mediante unha linguaxe propia formado por signos musicais e chamado sistema de notación. Como os seus análogos os libros, os folletos, etc., o medio da partitura xeralmente é o papel ou, en épocas anteriores, o pergamiño. Aínda que o acceso á notación musical nos últimos anos inclúe tamén a presentación en pantallas de ordenador.
Warcraft II: Tides of Darkness
Warcraft II: Tides of Darkness é un videoxogo de estratexia creado por Blizzard Entertainment, secuela de Warcraft: Orcs & Humans Warcraft II mantén a mesma esencia de Warcraft: Orcs & Humans, nesta entrega os xogadores escollen entre algúndos dous bandos enemistados: os humanos ou os orcos. Esta vez, con todo, o número de criaturas involucradas é maior, os humanos posúen a axuda de elfos, ananos e gnomos; mentres que os orcos reúnen aos trols, ogros e goblins. O xogo mellora notablemente o control e as gráficas do xogo, así como a intelixencia artificial.
John Winston Ono Lennon, nado John Winston Lennon en Liverpool o 9 de outubro de 1940 e finado en Nova York o 8 de decembro de 1980, máis coñecido por John Lennon, foi un músico e compositor británico que saltou á fama como un dos membros fundadores de The Beatles, unha banda de rock británico activa durante a década de 1960, e recoñecida como a de máis éxito comercial e aclamada pola crítica na historia da música popular. Xunto con Paul McCartney formou unha das parellas de compositores máis exitosas do século XX. Naceu e creceu en Liverpool, onde sendo adolescente se familiarizou co xénero musical skiffle, formando a banda The Quarrymen, que posteriormente, en 1960, se convertería en The Beatles. Cando o grupo comezou a desintegrarse ata a súa disolución a finais desa década, Lennon iniciou unha carreira coma solista, marcada por varios álbums aclamados pola crítica, incluíndo John Lennon/Plastic Ono Band e Imagine, e cancións icónicas coma «Give Peace a Chance» e «Imagine».
Hogmanay é unha palabra escocesa usada para referirse ao derradeiro día do ano e, polo tanto, á maneira na que se celebra a Fin de Ano segundo o calendario gregoriano en Escocia. Normalmente vén sucedida de máis festexos na mañá do 1 de xaneiro (día de Aninovo) e, nalgúns casos, do 2 (festivo nacional). A orixe da celebración non está clara, mais é probable que derive de prácticas relixiosas escandinavas e gaélicas.
Casa de Saxonia-Coburgo e Gotha
A Casa de Saxonia Coburgo Gota foi unha das diferentes casas reais europeas, sendo unha rama da saxona Dinastía Wettin. Reinou en Bélxica por medio dos descendentes de Leopoldo I de Bélxica e no Reino Unido por medio dos descendentes de Alberte de Saxe-Coburgo-Gota; Xurxo V do Reino Unido cambiou o nome de Saxe-Coburgo-Gota para Windsor en 1917, temendo a onda de germanofobia causada pola Grande Guerra. Outros membros desta Casa tornáronse rexentes noutros países europeos.
Un piano é un instrumento musical composto dunha serie de cordas metálicas de diferente lonxitude e diámetro, ordenadas de maior a menor no interior dunha caixa sonora. Estas cordas son percutidas por pequenos mazos impulsados por un teclado, producindo sons claros e vibrantes. Atendendo á súa forma e dimensión denomínanse verticais, de cola e media cola, ou de mesa.
Universidade de Australia Occidental
A Universidade de Australia Occidental (UWA) é unha das principais universidades estatais de Australia.
Para o filme vexa Hora punta (filme)A hora punta é unha parte do día das cidades grandes cando o tráfico se volve máis insostíbel, con conxestionamentos nas rúas e estradas, alén do transporte público. A hora punta ocorre xeralmente nos períodos nos que as persoas se dirixen da casa ao traballo e viceversa, ou durante os grandes movementos en tempos de vacacións.
Un frasco de Dewar (tamén coñecido como vaso de Dewar, ou aínda botella de Dewar) é un obxecto deseñado para proporcionar un illamento térmico case perfecto. Por exemplo, cando enchido cun líquido quente ou frío, este bote non permitirá que o calor escape facilmente, e o líquido permanecerá quente ou frío respectivamente, por un longo tempo, moito máis que nun recipiente común. O frasco de Dewar foi nomeado en homenaxe ao seu inventor, o físico escocés James Dewar (1842-1923).
Un numeral é unha categoría gramatical que designa cantidades exactas e contábeis. Pode ser cardinal, ordinal, múltiplo ou partitivo: Un número cardinal indica o número de elementos dun conxunto: un/unha, dous/dúas, tres etc. Un ordinal indica a posición de cada elemento na serie: primeiro, segundo, terceiro, cuarto etc.
Academy of Interactive Arts & Sciences
A Academy of Interactive Arts & Sciences (AIAS) é unha organización estadounidense non lucrativa de profesionais da industria do videoxogo. Organiza o encontro anual Design Innovate Communicate Entertain, máis coñecido como D.I.C.E., durante o cal se presentan os premios D.I.C.E. Dende 1998, a Academy of Interactive Arts & Sciences (AIAS) anuncia anualmente o seu "Hall da Fama" dos desenvolvedores de xogos interativos que conseguiron logros revolucionarios e innovadores na industria dos computadores e dos videoxogos.
A vicepresidencia é un cargo que se outorga a un funcionario (de carreira ou de facto) do Goberno, ou un empresario que está baixo o presidente na xerarquía organizacional. O nome deriva do latín «vice» (en lugar de).A vicepresidencia do país ocúpase de substituír o cargo da presidencia en caso de ausencia, temporal ou definitiva. É a persoa que, ben o pobo, ou ben a presidencia do Goberno de xeito directo, nomea para que o substitúa no cargo sen requirir novas eleccións ou discusións parlamentarias.
Unha constelación é unha agrupación de estrelas cuxa posición no ceo nocturno é aparentemente tan próxima que as civilizacións antigas decidiron conectalas mediante liñas imaxinarias, trazando así figuras sobre a bóveda celeste. No espazo tridimensional, en cambio, as estrelas dunha constelación non están, necesariamente, fisicamente asociadas; ata poden atoparse distanciadas por centos de anos luz unhas doutras. Doutra banda, devanditos grupos son completamente arbitrarios, xa que distintas culturas recoñeceron constelacións diferentes.
O controlador de xogo é un dispositivo de entrada usado para controlar un videoxogo. Un controlador é normalmente conectado a un arcade, consola ou computador e pode ser un teclado, rato, gamepad, joystick, paddle ou calquera dispositivo proxectado para xogos que poida recibir comandos. Algúns dispositivos especiais como volantes ou pistolas poden ser usados en xogos de carreiras ou de tiro.
O Northrop F-89 Scorpion foi un interceptor estadounidense todotempo fabricado durante os anos 50, sendo o primeiro reactor deseñado para ese rol dende o principio para entrar en servizo. Aínda que as súas ás rectas limitaban o seu rendemento, estivo entre os primeirs cazas a reacción da USAF equipado con mísiles guiados e destacou por ser o primeiro avión de combate armado con armas nucleares aire-aire (o foguete Genie).
A prominencia dunha montaña, tamén denominada prominencia topográfica, altura de culminación, altura relativa, altura autónoma ou factor primario, é unha noción usada en orografía para a clasificación das montañas. Defínese como o desnivel mínimo que hai que descender desde o cume dunha montaña para ascender a outra, calquera que sexa, máis alta. Canto máis prominente sexa unha montaña máis destacará entre as que a rodean, con independencia da súa altitude.
Orientalismo é un termo polisémico, que se emprega tanto para designar os estudos orientais (o estudo das civilizacións orientais, actuais e históricas -especialmente as do Próximo e Medio Oriente, e en menor medida as do Extremo Oriente-), como para designar á representación (imitación ou mitificación) de determinados aspectos das culturas orientais en Occidente por parte de escritores, deseñadores e artistas occidentais, que remataron por converterse en tópicos estereotipados.
Un podcast é un xeito de publicar ficheiros multimedia, habitualmente de son (en formato MP3 ou ogg), utilizando RSS para facilitar a subscrición. Os ficheiros quedan almacenados nun servidor de Internet, e os subscritores baixan os ficheiros automaticamente mediante un software de subscrición. Esta tecnoloxía asóciase á idea de radio baixo demanda, xa que permite aos ouvintes escoitar os programas de radio cando o desexen.
Na cultura occidental recente, a sobremesa é o derradeiro prato que se serve no curso dunha comida (xantar ou cea). Componse dun prato cociñado máis ou menos azucrado ou ben de froitas, pasteis, cremas, tortas, flans, xeados, pudins e doces. Nunha acepción máis antiga, a sobremesa comprendía tamén o queixo e algúns froitos secos (noces, castañas asadas).
O dólar estadounidense (en inglés United States dollar, U.S. dollar ou, simplemente, dollar) é a moeda oficial dos Estados Unidos dende o 6 de xullo de 1785. A Reserva Federal é o órgano encargado da súa emisión. O seu símbolo é $, aínda que o código ISO 4217 para o dólar norteamericano é USD e o Fondo Monetario Internacional utiliza US$ .
Carlos Iglesias Serrano, nado en Madrid o 15 de xullo de 1955, é un actor, director de cine e guionista español. É especialmente coñecido polo seu papel de Benito Lopera Perrote na serie Manos a la obra, emitida en Antena 3 entre 1998 e 2001, e na súa secuela Manolo y Benito Corporeision (2006-2007), e por ser director e protagonista da película Un franco, 14 pesetas.
A tubulina é unha familia de proteínas globulares de 55 kDa. A familia das tubulinas está formada polas tubulinas alfa (α), beta (β) e gamma (γ), que comparten unha identidade na súa secuencia de aminoácidos do 35-40%, aínda que a súa semellanza con calquera outra proteína coñecida é mínima. As tubulinas α e β son as subunidades esenciais dos microtúbulos, e a tubulina-γ é un compoñente fundamental do centrosoma.
A Dinastía Qing (chinés: 清朝, pinyin: Qīng Cháo, Wade-Giles: Ch'ing ch'ao; IPA t͡ɕʰíŋ t͡ʂʰɑ̌ʊ̯; manchú: , Von Möllendorff: Daicing Gurun), tamén coñecida coma a Dinastía Manchú, foi a derradeira dinastía gobernante da China, que estivo no poder entre 1644 e 1912 (cunha breve restauración en 1917). Foi precedida pola Dinastía Ming, a derradeira dinastía Han chinesa, e seguida pola República da China e a República Popular da China. A dinastía foi fundada polo clan manchú Aisin Gioro no que hoxe é o noroeste da China (tamén coñecida coma Manchuria).
Para o artigo da illa, vexa Día, Grecia.Un día (do latín: dies) é o lapso de tempo que transcorre na Terra desde que o Sol está no punto máis alto sobre o horizonte ata que volve estalo. A duración aproximada do día son 24 horas, divididas, tradicionalmente, en tempo de luz (tamén chamado "día") e período escuridade (chamado "noite"). Non é unha unidade do SI, pero acéptase o seu uso con el.
Un meme é, nas teorías sobre a difusión cultural, a unidade mínima teórica de información cultural transmisíbel dun individuo a outro, ou dunha mente a outra, ou dunha xeración á seguinte. O termo e o seu significado é na socioloxía análogo ao de xene para a bioloxía. É un neoloxismo cuñado por Richard Dawkins na súa obra The Selfish Gene (1976) para sinalar a similitude con memoria e mímese.Aínda que na súa exposición Dawkins non impón restricións, presenta incluso unha posibilidade de conformación neuronal, o que viría a ser unha posta en funcionamento física do propio meme.
O ARNr 23S (ou 23S rRNA) é un ARNr de 2904 nucleótidos de longo que é un compoñente da subunidade maior (50S) do ribosoma de bacterias e arqueas como Escherichia coli. A acividade de peptidil transferase do ribosoma reside no dominio V deste ARNr, e este dominio é o stio de unión máis común dos antibióticos que inhiben a tradución de proteínas. Un exemplo destes antibióticos é o cloranfenicol, que actúa inhibindo a formación do enlace peptídico, que segundo recentres estudos estruturais tridimensionais ten dous sitios de unión diferentes dependendo da especie da que sexa o ribosoma.
Lifou ou Drehu no idioma local é a illa máis grande, máis populosa e máis importante das Illas da Lealdade (îles Loyauté) en Nova Caledonia un territorio de ultramar de Francia no Océano Pacífico. Ten unha superficie de 1207´1 Km², e unha altura máxima de 104 m., a súa poboación era de 9.275 habitantes, censo do 2014.
En economía e en mercadotecnia un servizo é un conxunto de actividades que buscan responder a unha ou máis necesidades de quen, polo seu uso no mercado, se converte en cliente. Defínese un marco onde as actividades se desenvolverán coa idea de fixar unha expectativa no resultado destas. É o equivalente no material dun ben.
Fanny Mendelssohn, nada en Hamburgo o 14 de novembro de 1805 e finada en Berlín o 14 de maio de 1847, posteriormente Fanny [Cäcilie] Mendelssohn Bartholdy e, tralo seu matrimonio, Fanny Hensel, foi unha compositora e pianista alemá. En Hamburgo, o Museo Fanny e Felix Mendelssohn está dedicado ás vidas e ás obras de Fanny e do seu irmán Felix.
Nota: a Dinastia Zhou ou Chou pode tamén referirse á Dinastía Zhou de 690 a 705 ou á Dinastía Zhou Posterior de 951 a 960 A dinastía Zhōu ou Chou (chinés clásico: 周, Wade-Giles: Chou1, pinyin: Zhōu) foi unha das primeiras dinastías chinesas. Estímase que o inicio desta dinastía tivo lugar coa caída da dinastía Shang, a finais do século X ou IX a.C., e o seu fin co ascenso da dinastía Chin ou Qin (non confundir coa dinastía Qing), no 256 a. C. (ou 221 a.
007: Nunca digas endexamais (en inglés: Never Say Never Again) é un filme da saga de James Bond estreado en 1983. Foi dirixido por Irvin Kershner e está protagonizado por Sean Connery. O guión foi escrito por Lorenzo Semple Jr., coa colaboración non acreditada de Dick Clement e Ian La Frenais, a partir dunha historia de Kevin McClory, Jack Whittingham e Ian Fleming.
Os paleópteros (Palaeoptera) son un grupo de insectos que comprende tres superordes, e inclúe as efémeras e libélulas. O nome Palaeoptera foi tradicionalmente aplicado aos grupos ancestrais de insectos alados (a maioría deles extinguidos) que carecían da capacidade de pregar as ás sobre o abdome, o que é característico de Neoptera. Nos Diaphanopterodea, que son insectos paleópteros, evolucionou de forma independente e singular un mecanismo diferente de pregamento das ás.
Conde, ou Condesa en feminino, do latín comes ou comitis (compañeiro), é un título nobiliario existente na maioría das monarquías europeas. Na Idade Media, era o señor feudal, propietario dun ou varios castelos e terras denominados condados, pero posteriormente, a partir do século XIV, o título nobiliario só se utilizaba como grao de nobreza.
Gizeh ou Xizá (en copto: ⲅⲓⲍⲁ, e en árabe exipcio: الجيزة) é unha cidade próxima ao Cairo, no suroeste da cidade, a poucos quilómetros na ribeira do Nilo. É capital da provincia (muhafazah) de Al Jizah e a terceira maior cidade do Exipto, con 2 443 490 habitantes (2005). Trátase dun importante centro comercial, industrial, cultural e administrativo.
O esquema Ponzi é un unha operación fraudulenta de investimento na que se prometen anormalmente altos réditos a custa do capital procedente de novos investidores máis que dos beneficios reais da operación. Constitúe unha forma sofisticada do venda piramidal que forma unha burbulla económica destinada ó colapso. O esquema débelle o nome a Charles Ponzi, un inmigrante italiano nos Estados Unidos, quen utilizou esta técnica na década de 1920, aínda que non foi el quen a inventou, pois xa Charles Dickens a describiu nunha das súas novelas.
A ciencia é, en sentido amplo, calquera coñecemento organizado. Pero, en sentido máis restritivo, é o conxunto dos sistemas de coñecemento organizado con obxectos e métodos de estudo determinados e baseados en leis obxectivas que se poden verificar (o que se chama o método científico), e tamén ao sistema empregado para adquirir ditos coñecementos.Este artigo está de acordo co sentido máis restritivo da palabra. A ciencia, tal como se considera neste artigo, denomínase moitas veces como ciencia experimental, a fin de diferenciala da ciencia aplicada, que é a aplicación da investigación científica a necesidades humanas específicas, aínda que as dúas estean certamente interconectadas.
A illa de Creta (Grego Κρήτη / Kriti) é unha illa mediterránea, a maior e máis poboada das illas gregas, sendo a súa situación xeográfica o punto máis meridional de Europa. Reincorporada á Grecia no 1913, é unha das trece periferias (rexión administrativa). Forma unha parte importante da economía e o patrimonio cultural de Grecia, mentres que mantén os seus propios trazos culturais locais (como o seu dialecto, poesía e música).
Frank William Abagnale, Jr., nado en Bronxville, Condado de Westchester, o 27 de abril de 1948, é o director de Abagnale and Associates, compañía financeira de consultas de fraudes. Durante cinco anos na década de 1960, na súa adolescencia, foi un falsificador de cheques e impostor. A historia da súa vida foi a inspiración para a creación da película Catch Me If You Can, dirixida por Steven Spielberg e baseada na súa biografía, escrita co mesmo nome.
O CSKA Ice Palace (en ruso Ледовый Дворец Спорта ЦСКА) é un pavillón deportivo da cidade de Moscova (Rusia). Foi reconstruído en 1991 sobre o seu antecesor da era soviética construído en 1964, pasando a ter capacidade para 5.600 espectadores. Neste pavillón xogaba os seus partidos como local a sección de hóckey sobre xeo do CSKA Moscova, equipo que forma parte da Kontinental Hockey League (KHL).
Terremoto e tsunami de Sendai de 2011
O terremoto e tsunami de Sendai en 2011(東北地方太平洋沖地震, Terremoto da rexión de Tōhoku e da zona costeira do Océano Pacífico) foi un sismo ocorrido ás 14:46:23 (05:46:23 UTC) do venres 11 de marzo de 2011, que alcanzou unha magnitude provisional de 8,9 na escala sismolóxica de magnitude de momento (MW). O domingo 13 de marzo recalificouse pola axencia sismolóxica xaponesa nun 9 na escala sismolóxica de magnitude de momento (MW), o que o fai o cuarto maior terremoto do que se ten constancia na historia. O epicentro do terremoto situouse no mar, fronte á costa de Honshu, 130 km ao leste de Sendai, na prefectura de Miyagi, Xapón.
O Aironi Rugby foi un equipo italiano de rugby creado no ano 2010 para competir a nivel profesional dende a tempada 2010/11. Despois de dúas tempadas competindo na liga celta e na Copa de Europa, o equipo foi desfeito por razóns económicas, sendo substituído por outro equipo de nova creación, Zebre Rugby.
Concepción Velasco Varona, coñecida como Concha ou Conchita Velasco, nada en Valladolid o 29 de novembro de 1939, é unha actriz, cantante, bailarina e presentadora de televisión española. Estudou Danza Clásica e Española en Madrid e no Conservatorio Nacional dos 10 a 20 anos. Estréase como bailarina no Corpo de Baile da Ópera da Coruña e na compañía de Manolo Caracol como bailaora flamenca.
A Copa Latina foi unha competición futbolística europea que enfrontou entre 1949 e 1957 aos campións das ligas de Francia, Italia, Portugal e España. A competición tivo un gran prestixio por ser a primeira competición internacional europea que enfrontaba aos campións dos países latinos, e foi considerada a segunda competición máis importante de Europa tras a Copa Mitropa, concibida con anterioridade, e que enfrontaba a conxuntos dos países do leste de Europa. A Copa Latina disputábase cada ano nunha sede diferente nun dos catro países participantes.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Xigante (en inglés: Giant) é un filme estadounidense de 1956 baseado na novela homónima de 1952 de Edna Ferber, dirixido por George Stevens e con Rock Hudson, Elizabeth Taylor e James Dean nos papeis principais. Xigante foi o último dos tres filmes protagonizados por Dean e valeulle a súa segunda candidatura póstuma ao Oscar. Faleceu nun accidente de coche antes da estrea do filme e o actor Nick Adams foi contratado para dobrar algúns diálogos da personaxe de Dean.En 2005 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.Foi emitido na TVG o 31 de decembro de 2006.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A extinción do Devoniano tardío ou extinción masiva do Devoniano é o nome que se lle dá a unha serie de importantes extincións de especies ocorridas ao final do Devoniano, hai entre 408 e 360 millóns de anos (Ma). Recoñecéronse polo menos dous eventos de extinción: o evento Kellwasser no límite Frasnense-Famenense e o evento Hangenberg entre o Famenense e o Misisipiense. Esta crise de extinción masiva tivo maiores efectos nos mares que nos continentes e afectou máis as especies nas latitudes tropicais que nas medias.
Saudade de ti é unha serie de televisión estreada en 2022 pola Televisión de Galicia, consta de 60 capítulos na primeira tempada, que foron emitidos entre xullo e setembro de 2022. A primeira tempada foi líder de audiencia na TVG. Foi seguida por máis de 150.000 espectadores cada noite, a primeira elección en horario de máxima audiencia en Galicia.En marzo de 2023 gravábase a segunda tempada en Ares. Foi estreada na TVG o domingo 18 de xuño de 2023, emitíndose os domingos, luns e martes.
Shinova é unha banda de rock alternativo vasca orixinaria de Berriz (Biscaia). Desde a súa fundación en 2008 publicaron seis discos: “Latidos” (2009), “La Ceremonia de la Confusión” (2011), “Ana y el Artista Temerario” (2014), “Volver” (2016), "Cartas de navegación" (2018) e "La Buena Suerte" (2021). O nome do grupo nace dun xogo de palabras entre o fonema “chi” (que deriva en shi) e a palabra “nova”, é dicir, “nova enerxía”.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Sergio Ramos García, nado o 30 de marzo de 1986 en Camas (Sevilla), é un futbolista español que xoga na posición de defensa para o Paris Saint-Germain FC da Ligue 1. Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.
Roy Harold Fitzgerald, Jr., coñecido como Rock Hudson, nado en Winnetka (Illinois) o 17 de novembro de 1925 e finado en Beverly Hills (California) o 2 de outubro de 1985, foi un actor de cinema estadounidense famoso polos seus papeis de galán do cinema clásico moderno estadounidense. Hudson tivo a sona na súa última etapa de ser un dos primeiros casos publicitados de SIDA nos Estados Unidos, nos inicios da pandemia, a principios da década dos 80.
Antía Cal Vázquez, nada na Habana o 18 de abril de 1923 e finada en Meira, Moaña, o 30 de marzo de 2022, foi unha pedagoga galega. Co seu home, Antón Beiras García, fundou na década dos 60, en Vigo, a Escola Rosalía de Castro, dirixida por ela, onde puxo en práctica as novas técnicas recomendadas pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO), os métodos do suízo Johann Heinrich Pestalozzi e outros recursos propios do movemento contemporáneo da Escola Nova europea. Na escola Rosalía de Castro dedícaselle unha atención especial á lingua e cultura galegas.