Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
María do Socorro Ortega Romero
María do Socorro Ortega Romero, nada en Arteixo e finada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011, foi unha historiadora da arte galega.
Copyleft é a práctica de ofrecer o dereito a distribuír libremente copias e versións modificadas de obras coa única restrición de que as novas obras teñen que ter os mesmos dereitos de distribución. Así é que o copyleft defínese como a estratexia de emprego do copyright, ou leis de dereitos de autor, para fomentar a copia, difusión, modificación e mellora de traballo informático, literario ou artístico. Conta cun conxunto de licenzas copyleft que establecen os termos legais que se aplican ás obras derivadas das obras.As condicións do autor son, que no canto de prohibir a copia como se fai coas leis de dereito de autor, que cun copyleft establece baixo que termos se poden usar, facer a copias e modificar a súa obra, co requisito de que se manteñan sempre as mesmas condicións de emprego e difusión desas novas obras.As licenzas copyleft de software establecen que toda a información necesaria para reproducir e modificar a obra estea dispoñible para calquera usuario.
O kanarés (ಕನ್ನಡ) é unha das linguas dravídicas de maior difusión, documentada desde época temperá. Xeograficamente presenta diferentes variedades xeográficas, que en conxunto falan aproximadamente 44 millóns de persoas. É a lingua oficial no estado de Karnataka, un dos catro estados meridionais da India.
Un smiley, que vén do inglés to smile (en galego 'sorrir'), é unha representación esquemática dunha face riseira, as máis das veces de cor amarela, con dous puntos negros como ollos e medio círculo mostrando unha expresión de completa felicidade. Ás veces úsase «smiley» como sinónimo de emoticona, aínda que non o é, pois non todas as emoticonas son smileys.
A bibliografía (do grego βιβλιογραφία bibliographia, literalmente "a escrita de libros") pode referirse a unha disciplina ou unha lista ordenada de xeito alfabético ou lóxica dos libros sobre un tema ou dentro dunha marca; ou, incluso, na técnica de redacción dos repertorios bibliográficos.A disciplina baséase no estudo académico de libros como obxectos físicos, culturais; neste sentido, é tamén coñecido como biblioloxía (do grego -λογία, -logia) ou como bibliografía material. Carter e Barker (2010) describen a bibliografía como unha disciplina erudita dobre: a lista organizado de libros (bibliografía enumerativa) e a descrición sistemática de libros como obxectos físicos (bibliografía descritiva).
A vixésimo oitava edición da Copa CERS iniciouse o 20 de outubro do 2007 e finalizou o 20 de abril do 2008 coa disputa da final four na Salle Omnisports da localidade de Dinan (Bretaña). Esta foi a primeira edición da segunda competición de hóckey a patíns a nivel europeo na que se introduciu o sistema da final four. O campión desta edición foi o Club Patín Tenerife, que derrotou por dous goles a un na quenda de penaltis (logo de empatar a 4 ao final do tempo regulamentario) ao AS Valdagno.
Unha montaña é un accidente xeográfico, unha elevación sobre o terreo lindeiro formada normalmente a partir de sinclinais e erosión. A unha secuencia de montañas chámase cordilleira. Unha montaña ten unha altitude bastante superior a un outeiro, aínda que non exista unha altitude específica para esa diferenciación.
Unha técnica (do grego, τέχνη (téchne), arte) é un procedemento ou conxunto destes, (regras, normas ou protocolos), que teñen como obxectivo obter un resultado determinado, xa sexa no campo da ciencia, da tecnoloxía, da arte, da educación ou en calquera outra actividade. Supón o razoamento indutivo e analóxico de que en situacións semellantes unha mesma conduta ou procedemento produce o mesmo efecto, cando este é satisfactorio. É xa que logo o ordenamento da conduta ou determinadas formas de actuar e usar ferramentas como medio para acadar un fin determinado.
Un libro é unha obra manuscrita, impresa ou virtual, que consta dunha serie de follas que conteñen texto ou imaxes composto por, polo menos, 48 páxinas (sen contar as capas - segundo a Unesco). Un libro pode ser, por exemplo, unha novela, un ensaio ou un libro fotográfico. A palabra libro procede do latín liber, que significa cortiza.
«Liberty Enlightening the World» (A liberdade iluminando o mundo), coñecida como a Estatua da Liberdade (en inglés: The Statue of Liberty; en francés: Statue de la Liberté), é un dos monumentos máis celebres dos Estados Unidos de América localizado na entrada do porto de Nova York desde o 28 de outubro de 1886 (atópase na illa da Liberdade ao sur da illa de Manhattan, xunto á desembocadura do río Hudson e preto da illa Ellis). Conmemora o centenario da sinatura da Declaración de Independencia dos Estados Unidos e é un regalo en xesto de amizade de Francia para cos Estados Unidos de América. Foi proxectada e construída polo escultor alsaciano Frédéric Auguste Bartholdi (1834-1904), que supostamente usou a súa nai como modelo.
Unha confederación é unha forma de asociación. Como forma máis específica de asociación, a confederación é tamén unha forma de organización política. Pode aplicarse ó Dereito internacional público como asociación entre estados soberanos, pero tamén se utiliza en Dereito privado para referirse a unha forma de asociación de varias asociacións cunha fin común.
Handbook of the Mammals of the World
Handbook of the Mammals of the World (HMW) é unha serie de libros da editorial Lynx Edicions. Iniciada súa publicación en 2009 está previsto que conste de nove volumes. Cada familia de mamíferos é avaliada nunha introdución ampla, e inclúe fotografías e o mapa da área de distribución de cada unha das súas especies.
O termo latino curriculum vitae, que pasou ao galego como currículum vítae e tamén, na forma abreviada, como currículo, significa literalmente "carreira da vida", por analoxía e contraposición ao cursus honorum, a carreira profesional dos maxistrados romanos. Emprégase para referirse ao conxunto de méritos, estudos, cursos e experiencia laboral precisos para solicitar un emprego, que normalmente se recollen por escrito nun documento. Utilízase a miúdo na súa forma abreviada curriculum, aínda que en ocasións se pode atopar tamén a forma máis completa curriculum vitae et studiorum ("carreira da vida e dos estudos").
Apollo 9 foi a terceira misión tripulada do programa Apollo dos Estados Unidos, e o primeiro voo do módulo de mando/servizo (Command/Service Module, CSM) xunto ó módulo lunar (LM). A súa tripulación estivo formada polo comandante James McDivitt, o piloto do módulo de mando David Scott e o piloto do módulo lunar Rusty Schweickart. Pasaron dez días nunha órbita terrestre baixa probando varios aspectos críticos para unha aterraxe na Lúa, incluíndo os motores do módulo lunar, os sistemas de soporte vital, sistemas de navegación e manobras de acoplamento.
Un nó é un método de asegurar que se fai cun ou varios obxectos lineares flexíbeis (fío, corda...) e que se aperta tirando dos dous cabos, de maneira que sexa difícil de soltar por si só. Pode consistir nun anaco dun ou máis segmentos de corda, fibra, nailon, fitas e até mesmo correntes entrelazadas de xeito que permiten que a liña se prenda a si mesma ou a algún outro obxecto, a carga. Os nós téñense estudado dende a antigüidade, incluso na matemática: teoría dos nós.
O Wiener Werkstätte (en alemán, Wiener = vienés, Werkstätte = laboratorios, obradoiros) foi unha innovadora comunidade vienesa de produción, vinculada ao mundo do deseño, fundada en 1903 polo arquitecto Josef Hoffmann (1870-1956), o banqueiro Fritz Wärndorfer e o pintor Koloman Moser (1868-1918). Recolle os resultados da Secesión vienesa, o movemento "Arts and Crafts", a Liberty inglesa, Art Nouveau e Jugendstil.
Mad Max: Furia na estrada (en inglés: Mad Max: Fury Road) é un filme de acción dirixido e producido por George Miller, e escrito por Miller, Brendan McCarthy e Nico Lathouris que foi estreado no 2015. É o cuarto título da serie Mad Max, e foi producido por Kennedy Miller Mitchell, RatPac-Dune Entertainment e Village Roadshow Pictures. Está ambientado nun deserto do futuro onde a auga e a gasolina son bens moi cobizados.
As caprifoliáceas (Caprifoliaceae) son unha familia de plantas dicotiledóneas arbustivas, de follas opostas, flores hermafroditas e froito en drupa ou baga, pertencente á orde Dipsacales. A esta familia pertencen rubideiras como o cadrifollo e todas as demais madreselvas, por isto tamén se coñece como a familia das madreselvas. Este clado agrupa unhas 380 especies, en 10 xéneros, cunha extensa área de distribución; centros de diversidade atópanse no Leste de América do Norte e Leste de Asia, mentres que se atopan ausentes no África tropical e no Sur deste continente.
O termo kidult provén da contracción das dúas palabras inglesas kid e adult (en galego, neno e adulto, respectivamente) e utilízase para designar aos xoves de entre 20 e 40 anos, urbanos, cun nivel adquisitivo medio ou medio-alto que consomen produtos que lles evocan a súa infancia. Así, trátase dun grupo de poboación social e politicamente activo cuxo consumo está vencellado a referentes da cultura popular . Nos países de fala hispana acuñouse o termo adultescentes ou adulescentes .
A Zona Franca - Port é un sector que pertence ao distrito de Sants-Montjuïc da cidade de Barcelona, pero que non é considerado barrio porque non ten poboación. É un espazo de actividades industriais e loxísticas e que engloba dúas zonas: a Zona Franca e o Porto de Barcelona. O Polígono Industrial da Zona Franca foi un intento de dotar á cidade dun porto franco libre de aranceis para a importación e a exportación de mercancías.
A bossa nova é un xénero musical de orixe brasileira que xurdiu a mediados do século XX, impulsado por un grupo de estudantes e músicos de clase media procedentes de Copacabana e Ipanema, nos barrios do Río de Xaneiro situados a rentes do litoral. En portugués vén dicir "o ritmo novo" ou "o vieiro novo". Trátase dun xénero moi popular no Brasil grazas á gravación dos temas Saudade de Bahia e Rosa Morena interpretadas por Dorival Caymmi, de Chega de Saudade interpretada por João Gilberto e composta por Antonio Carlos Jobim e Vinícius de Moraes, tres dos principais expoñentes deste xénero no Brasil.
Sarah Joanne Storey, nada como Bailey en Manchester o 26 de outubro de 1977, é unha ciclista e nadadora paralímpica británica. É a gañadora de múltiples medallas de ouro nos Xogos Paralímpicos en ámbolos dous deportes, ademais de ser campioa nacional británica (2 × Pursuit, 1 × Puntos, 3 × Equipo). As súas catorce medallas de ouro convértena na máis exitosa deportista feminina paralímpica británica de tódolos tempos.
Un centro comercial, (tamén coñecidos como shopping centers do inglés), é unha construción que consta dun ou varios edificios, polo xeral de gran tamaño, que albergan servizos, locais e oficinas comerciais aglutinados nun espazo determinado concentrando maior cantidade de clientes potenciais dentro do recinto. Un centro comercial está pensado como un espazo colectivo con distintas tendas; ademais, inclúe lugares de lecer, esparexemento e diversión, como cines ou feiras de comidas dentro do recinto. Aínda que estea en mans privadas, polo xeral os locais comerciais alúganse e véndense de forma independente, polo que existen varios donos de devanditos locais, que deben pagar servizos de mantemento ao construtor ou á entidade administradora do centro comercial.
O agnome ou agnomen era na Antiga Roma un alcume honorífico que se engadía ao nome de determinada persoa para resaltar unha das súas virtudes ou lembrar o éxito dun dos seus feitos. Era un sobrenome individual que se podía agregar ao convencional sistema dos tria nomina (praenomen, nomen, cognomen).
Apiaceae é unha familia de plantas anxiospermas (plantas con flor - división Magnoliophyta), pertencente á orde Apiales. Anteriormente coñecida como Umbelliferae (ambos os nomes son autorizados polo ICBN) e vernaculizado para umbelífera, esta é unha familia composta por plantas normalmente aromáticas e de talo oco. Inclúe especies como a cenoria e outros parentes.
O termo gloria pode referirse a: Fama ou sona acadadas por feitos ou méritos; Pracer; Gloria, en relixión, a dita eterna a carón de Deus despois da morte; Gloria, pastel feito con xema de ovo e azucre. Gloria, antropónimo feminino;Como topónimo pode referirse a: A Gloria, lugar da parroquia de Fontenla, no concello de Ponteareas; A Gloria, lugar da parroquia de Xermade, no concello de Xermade.
A Mona Lisa (tamén coñecida como a Monna Lisa; Italiano La Gioconda; francés La Joconde), é unha pintura feita polo artista italiano Leonardo da Vinci mostrando unha muller cunha expresión introspectiva, lixeiramente sorrinte. É probabelmente o retrato máis famoso na historia da arte. Poucos outros traballos de arte son así conmemorados ou reproducidos.
A lista vermella da IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) é unha lista de especies, subespecies, variedades ou mesmo poboacións de seres vivos ameazados de extinción, en graos variados, e organizada no ano 1964. É o inventario máis completo das especies animais e vexetais a nivel mundial. Pola súa solidez científica, a lista vermella da UICN está considerada como a relación de maior autoridade sobre o estado da diversidade biolóxica.
Catalina Sandino Moreno, nada en Bogotá o 19 de abril de 1981, é unha actriz colombiana de cinema. No ano 2004 recibiu un nomeamento ó Premio Óscar converténdose na primeira persoa de devandita nacionalidade en alcanzar tal distinción grazas ó seu papel protagónico no filme María, llena eres de gracia. Por este mesmo rol foi galardoada co Oso de Prata como mellor actriz no Festival Internacional de Cinema de Berlín e co Independent Spirit Award.
Adrienne Cecile Rich, nada en Baltimore (Maryland) o 16 de maio de 1929 e finada en Santa Cruz (California) o 27 de marzo de 2012, foi unha poeta, ensaísta e feminista americana: "unha das máis lidas e influentes do século XX", recoñecida por "facer visible no discurso poético a opresión de mulleres e lesbianas."
Os percolozoos ou Percolozoa son un grupo de protozoos non pigmentados, que inclúen moitas especies que poden pasar sucesivamente por estadios ameboides, flaxelados, e enquistados. As distintas formas denomínanse esquizopirénidos, ameboflaxelados, ou vahlkámpfidos. O grupo tamén inclúe os acrásidos, un grupo de amebas sociais que se agregan e forman esporanxios.
Musulmán é quen profesa o islam, unha relixión abrahámica monoteísta baseada no Corán, que os musulmáns consideran a palabra literal de Deus revelada ao profeta Mahoma, e, con menor autoridade que o Corán, os ensinos e prácticas atribuídas tradicionalmente a Mahoma. «Musulmán» (en árabe, مسلم) é unha palabra árabe que significa «o que se somete a Deus». Os musulmáns cren que non hai máis ca un único e verdadeiro Deus que se coñece co nome de Alá.
Tropicos é unha base de datos de botánica que contén información taxonómica das plantas, principalmente da ecozona neotropical (América Central e América do Sur). É mantido polo Xardín Botánico de Missouri e foi estabelecido hai 25 anos. A base de datos contén imaxes e datos taxonómicos e bibliográficos de máis que 4,2 millóns de especies de plantas.
Os micoplasmas (antes PPLO) son as bacterias que pertencen ao xénero Mycoplasma, que carecen de parede celular e pertencen ao filo Firmicutes ou, noutras clasificacións, ao Tenericutes. Como non teñen parede celular, non son afectadas por moitos antibióticos comúns como a penicilina ou outros beta-lactámicos que actúan sobre a síntese dos compoñentes da parede celular. Poden ser parasitas ou saprófitas.
O Senado dos Estados Unidos (en inglés: United States Senate) é a cámara alta lexislativa no sistema bicameral estadounidense, que xunto coa Cámara de Representantes forma parte do Congreso. Reunido por vez primeira en 1789, a composición e poderes do Senado foron estabelecidos no 1º artigo da constitución estadounidense. Cada estado é representado por dous senadores, sen ter en conta a poboación, os cales son elixidos por un período de seis anos.
A lingua cingalesa (en cingalés: සිංහල; singhala [ˈsiŋɦələ]), é a lingua nativa do pobo cingalés, que representa o meirande grupo étnico de Sri Lanka, representando uns 16 millóns de persoas. O cingalés tamén é falado como segunda lingua por outros grupos étnicos de Sri Lanka, sendo un total de catro millóns de persoas. Pertence á póla indoaria das linguas indoeuropeas.
A resina de éster de vinílico, ás veces comercializado como vinylester ou viniléster (do inglés vinyl ester) é unha resina producida pola esterificación dunha resina epoxi con ácidos acrílicos ou metacrílicos. Os grupos "vinilo" refírense a estes substituíntes de ésteres, que son propensos a polimerizar e, polo tanto, adoita engadirse un inhibidor. A continuación, o produto diéster disólvese nun disolvente reactivo, como estireno, ata un 35-45 por cento de contido en peso aproximadamente.
O guacamaio de Spix (Cyanopsitta spixii) é unha especie de guacamaio orixinario do Brasil. É o único membro do xénero Cyanopsitta, unha especie psitaciforme da familia dos papagaios (Psittacidae); crese que na súa rexión orixinaria, unha zona do estado de Baía, no Brasil, oficialmente, xa non quedan exemplares en liberdade. Foi declarada extinta en estado salvaxe en 2018.O seu nome é unha homenaxe ó médico, explorador e zoólogo alemán Johann Baptist von Spix.
O Stormers (ou DHL Stormers por razóns de patrocinio) é un equipo de rugby da Cidade do Cabo, en Suráfrica, que ten competido dende 1998 até 2020 na liga profesional de franquías do hemisferio sur, o Super Rugby, con outras franquías de Suráfrica, Australia, Nova Zelandia, Xapón e Arxentina. Trala pandemia do Covid os Stormers e o resto de franquías surafricanas deixaron o Super Rugby e despoís dun par de torneos de transición pasou a integrarse no novo United Rugby Championship para competir cos equipos profesionais mais potentes de Suráfrica, Irlanda, Gales, Escocia e Italia. En 2022 debutou na máxima competición continental, a European Rugby Champions Cup.
Marta Hazas Cuesta, nada en Santander o 31 de decembro de 1977, é unha actriz española coñecida polo seu papel de Amelia en El Internado, serie de Antena 3. Tamén participou de forma esporádica en series como Aída, Los hombres de Paco, Cuéntame cómo pasó, Paco y Veva, Hospital Central, El comisario ou Los Serrano entre outras. É licenciada en Xornalismo, e tamén participou nalgunhas películas, como 8 citas.
Rock ou música rock é un xénero musical popular que se desenvolveu durante e despois da década de 1950. As súas raíces atópanse no rock and roll e mais no rockabilly que emerxeu e se definiu nos Estados Unidos de América ao final dos anos corenta e inicio dos cincuenta. Evolucionou a partir do blues, da música country e do rhythm and blues, entre outras influencias musicais que mesmo inclúen o folk, o jazz e a música clásica.
Para a especie de raposo presente en Galicia, véxase raposo común. Para outros conceptos referenciados como raposo ou raposa, véxase raposo (homónimos).O raposo, raposa ou golpe é un mamífero carnívoro de pequeno e medio tamaño que pertence a varios xéneros da familia dos cánidos. Os raposos son un pouco máis pequenos que un can doméstico medio, cun cranio achatado, orellas triangulares, un fociño punzante, lixeiramente virado cara arriba, e unha longa e espesa cola.
Alfonso Guerra González, nado en Sevilla o 31 de maio de 1940, é un político do PSOE español, deputado polo Partido Socialista Obrero Español no Congreso dos Deputados desde 1977 e vicepresidente do Goberno de España entre 1982 e 1991. É Doutor Honoris Causa pola Universidade Nacional Federico Villarreal de Lima (Perú), que lle outorgou a mencionada distinción en 1988. A Universidade de Roma concedeulle a súa Medalla de Ouro en 1984.
Felipe González Márquez, nado en Sevilla o 5 de marzo de 1942, é un avogado, profesor universitario e político andaluz, secretario xeral do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) dende 1974 até 1997 e terceiro presidente do Goberno de España dende a reinstauración da democracia, entre 1982 e 1996.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Robert Hooke, nado en Freshwater (illa de Wight) o 18 de xullo de 1635 e finado en Londres o 3 de marzo de 1702, foi un científico experimental inglés dos máis importantes da historia da ciencia, polemista incansable cun xenio creativo de primeira orde. Os seus intereses abarcaron campos tan dispares como a bioloxía, a medicina, a cronometría, a física planetaria, a microscopía, a náutica e a arquitectura. Participou na creación da primeira sociedade científica da historia, a Royal Society de Londres.
Asunta Yong Fang Basterra Porto, nada como Fang Yong o 30 de setembro de 2000 e finada o 21 de setembro de 2013, era unha nena galega de orixe chinesa cuxo cadáver apareceu nunha pista forestal do concello de Teo o 22 de setembro de 2013, pouco antes de que cumprise trece anos. O forense determinou que morrera por asfixia e que lle deran 27 pílulas de Lorazepam o día da morte, máis de nove veces a dose máis alta para un adulto. A investigación sobre o seu asasinato foi coñecido como Caso Asunta Basterra, ou simplemente Caso Asunta.O caso atraeu un grande interese dos medios en España e no mundo, así como unha "declaración de preocupación" por parte do Ministerio de Asuntos Exteriores da República Popular da China.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Un presentador é unha persoa que presenta ou conduce un programa de radio ou televisión (informativos ou concursos), así como algúns eventos públicos ou privados (entregas de premios, entregas de diplomas, funcións de cine ou de teatro, etc.). Habitualmente, o presentador é un comunicador, un xornalista, un locutor ou alguén con algunha profesión afín, escollido por certas calidades (boa dicción, carisma, coñecementos, aparencia física).
IRC son as siglas de Internet Chat Relay ("retransmisión de charla por internet"), unha forma de comunicación instantánea sobre a Internet deseñada para a grupos de persoas que utilizan foros chamados "canais". O IRC foi creado por Jarkko Oikarinen a finais de agosto de 1988 como substituta dun programa chamado MUT nun BBS chamado OuluBox en Finlandia. Oikarinen inspirouse no Bitney Relay Chat que funcionaba na rede Bitnet.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Pepe Domingo Castaño Solar, nado en Lestrobe (Dodro) o 8 de outubro de 1942 e finado en Madrid o 17 de setembro de 2023, foi un cantante e xornalista galego. Durante moitos anos presentou distintos programas deportivos (especialmente de fútbol masculino) en diversas cadeas españolas, como SER (Carrusel deportivo) ou Cope (Tiempo de juego).
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Arde Bogotá é un grupo musical español de rock alternativo formado en Cartaxena, Murcia, en 2017. Está formado por Antonio García, Dani Sánchez, Pepe Esteban e José Ángel Mercader.A súa música foi definida como de produción coidada e intensidades sonoras potentes, con letras a miúdo incisivas e unha gran carga de forza e sentimento. Entre as súas influencias, adoitan salientar bandas como Arctic Monkeys, Foo Fighters ou Héroes del Silencio.
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 34.899 espectadores. Na tempada 2022/23 compite no Grupo 1 da Primeira División RFEF. Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor".
C++ (pronunciado "ce máis máis" ou "ce plus plus") é unha linguaxe de programación deseñada a mediados dos 80 por Bjarne Stroustrup como extensión da linguaxe de programación C. É unha linguaxe híbrida que se pode compilar. Resulta máis sinxela de aprender para os programadores que xa coñecen C. Actualmente existe un estándar para a linguaxe denominado ISO C++, ao que se adheriron a maioría dos fabricantes de compiladores máis modernos. Existen tamén algúns intérpretes como ROOT. As principais características de C++ son o soporte para programación orientada a obxectos (herdanza, polimorfismo, abstracción, encapsulación) e o soporte para modelos de programación xenérica ("templates").
San Miguel de Presqueiras, Forcarei
San Miguel de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2014 tiña 210 habitantes (95 homes e 115 mulleres), 70 menos ca en 2004 (153 mulleres e 127 homes nese ano segundo o padrón municipal) e 73 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 198.936.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro deste.
Java (linguaxe de programación)
Java é unha linguaxe de programación orientada a obxectos desenvolvida por Sun Microsystems a principios dos anos noventa. A linguaxe Java toma moita da súa sintaxe da C e C++, pero ten un modelo de obxectos máis simple e elimina ferramentas de baixo nivel como punteiros. As aplicacións Java están tipicamente compiladas nun bytecode, aínda que a compilación en código máquina nativo tamén é posible.