Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O cabalo de vapor, de símbolo CV, é unha unidade de potencia, que equivale a 75 quilográmetros/s. Un quilográmetro corresponde ó traballo necesario para erguer un quilo a un metro de altura. É pouco utilizada no medio científico debido á existencia dunha unidade específica para iso no Sistema Internacional de Unidades, o Watt, pero a súa utilización persiste na industria automobilística para clasificar a potencia dos motores de combustión interna.
Boloña (Bulåggna en emiliano-romañolo, Bologna en italiano) é unha cidade de Italia de 374.561 habitantes (2008), capital da provincia homónima, así como da rexión de Emilia-Romaña. Situada entre o río Reno e o río Sávena, cerca dos Apeninos, é unha das cidades históricas mellor conservadas e que posúe a segunda zona vella medieval máis grande de Europa, despois da de Venecia. Antiquísima cidade universitaria (oficialmente dende 1088), acolle numerosos estudantes que enriquecen e animan a súa vida cultural e social.
O antropónimo masculino grego Antíoco (Ἀντίοχος Antíokhos) pode referirse a: Antíoco de Ascalón, filósofo do século -II; Antíoco de Mesenia, rei de Mesenia do século -VIII; Antíoco de Siracusa, historiador grego do século -V; Antíoco de Atenas, militar ateniense do século -V; Antíoco de Macedonia, xeneral de Filipo II; Antíoco Hierax, gobernante seléucida do século -III, fillo de Antíoco II Theos; Antíoco I Sóter, rei seléucida, (-281 a -261); Antíoco I Theos, rei de Comaxene, (-70 a -38); Antíoco II Theos, rei seléucida, (-261 a -246); Antíoco III o Grande, rei seléucida, (-223 a -187); Antíoco IV Epífanes, rei seléucida, (c. 175 - 164 a.C.); Antíoco V Eupátor, rei seléucida, (-164 - -162); Antíoco VI Dioniso, rei seléucida, (-145 - -140?); Antíoco VII Everxetes, rei seléucida, (-138 - -129); Antíoco VIII Gripo, rei seléucida, (-125 - -96); Antíoco IX Eusebio, rei seléucida, (-114 - -96); Antíoco X Eusebio, rei seléucida, (-95 - -83); Antíoco XI Epífanes, rei seléucida, (-95 - -92); Antíoco XII Dioniso, rei seléucida, (-87 - -84); Antíoco XIII Asiático, rei seléucida, (-69 - -64); Antíoco, posibelmente un escultor do século -I. Antíoco, arconte epónimo de Atenas do -15 ao -14.
Tom Stoppard, nado en Zlín (República Checa, daquela Checoslovaquia) o 3 de xullo de 1937, é un autor teatral británico. Escribiu pezas como The Coast of Utopia, Arcadia, Rosencrantz & Guildenstern Are Dead e Rock 'n' Roll. Cooperou así mesmo na elaboracións dos guións para os filmes Brazil e Shakespeare in Love.
O anime (アニメ, en xaponés) é o nome co que se coñece a animación xaponesa. Sería algo como a extrapolación dos mangas (bandas deseñadas xaponesas) para as pantallas de televisión. Entre a manga e anime adoita haber moita interacción, posto que os mangas que teñen éxito son posteriormente adaptados ó anime.
Kongzi ou Kong Fuzi, latinizado como Confucio (en pinyin Kǒng Zǐ, 孔子 o Kǒng Fūzǐ, 孔夫子; en Wade-Giles K'ung-fu-tzu, literalmente "Mestre Kong", ) nado o 551 a.C en Qufu durante a Dinastía Chou e finado no mesmo lugar o 479 a.C., foi un pensador e filósofo chinés. As súas ensinanzas influíron fondamente na Asia oriental ata hoxe en día, e sobre elas formouse o confucianismo.Confucio considerábase un transmisor dos valores das épocas anteriores que, segundo el, foran abandonadas na súa época. As súas ensinanzas filosóficas, chamadas confucianismo, enfatizaban a moral persoal e gobernamental, a corrección das relacións sociais, a xustiza, a bondade e a sinceridade.
Zatch Bell! (金色のガッシュ!!, Konjiki no Gash!!) é unha serie manga creada por Makoto Raiku, máis tarde levada ó anime (co nome de Konjiki no Gash Bell!! (金色のガッシュベル!!, Konjiki no Gasshu Beru!!, literalmente traducido «¡¡Gash Bell dourado!!»)), que trata sobre as aventuras dunha criatura doutro mundo con aparencia de neno chamado Zatch Bell.
Ayiti mon amour é un filme haitiano de 2016 dirixido por Guetty Felin. Estreouse na sección "Contemporary World Cinema" do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2016. Foi escollido como candidato de Haití para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Núria Marín Martínez, nada en L'Hospitalet de Llobregat o 26 de decembro de 1963, é unha política española do Partit dels Socialistes de Catalunya e a alcaldesa de L'Hospitalet desde o 19 de abril de 2008. Chegou ao cargo cando Celestino Corbacho Chaves foi designado ministro de Traballo e Inmigración, sendo a primeira muller que ostenta o cargo de alcaldesa na cidade. Presentouse como cabeza de lista do Partido dos Socialistas de Cataluña (PSC) nas eleccións municipais do 22 de maio de 2011, obtendo así ela mesma a alcaldía.
A charouvía ou pastinaca (Pastinaca sativa), é unha raíz que se emprega como hortaliza, moi relacionada coa cenoria, aínda que máis pálida e con máis sabor que esta. O seu cultivo remóntase á tempos antigos en Eurasia: antes da importación da pataca tralo descubrimento de América, a charouvía ocupaba o seu lugar [Cómpre referencia].
The Legend of Zelda: A Link to the Past
The Legend of Zelda: A Link to the Past, coñecido como Zelda no Densetsu Kamigami no Triforce (ゼルダの伝説 神々のトライフォース, Zeruda no Densetsu Kamigami no Toraifōsu, lit. "A lenda de Zelda: Triforza dos deuses") no Xapón, é un videoxogo de estilo aventura desenvolvido e publicado por Nintendo para a videoconsola Super Nintendo Entertainment System, terceira entrega da serie The Legend of Zelda. Lanzouse nun primeiro momento no Xapón o 21 de novembro de 1991, e máis tarde en Norteamérica, o 13 de abril de 1992, e o 24 de marzo en Europa.
Coñécese como período orientalizante á etapa que viviron as distintas rexións de Grecia dende finais do século VIII a. C. e durante o século VII a. C. O nome do devandito período provén da influencia que pobos máis orientais -como Fenicia e o Imperio Asirio na súa derradeira etapa-, que amosan os novos materiais (tecidos, marfís), manufacturas e técnicas artísticas gregas durante este período.
Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.
Miles Dewey Davis III, nado en Alton (Illinois) o 26 de maio de 1926 e finado en Nova York o 28 de setembro de 1991, foi un dos músicos de jazz máis importantes da última metade do século XX. Trompetista, director e compositor, Davis encabezou case tódalas principais evolucións do jazz dende a segunda guerra mundial ata os 90. Tocou nalgunhas das primeiras gravacións de bebop e gravou o primeiro cool jazz. Foi en parte responsable do desenvolvemento do jazz modal e o jazz fusion xurdiu do seu traballo con outros músicos entre finais dos 60 e principios dos 70.
Machu Picchu (do quechua sureño Machu Pikchu, "montaña vella") é o nome contemporáneo que se lle dá a unha llaqta (antigo poboado andino inca) de pedra construída principalmente a mediados do século XV no promontorio rochoso que une as montañas Machu Picchu e Huayna Picchu na vertente oriental dos Andes Centrais, no sur do Perú e a 2430 msnm, altitude da súa praza principal. O seu nome orixinal sería Picchu ou Picho.Segundo documentos de mediados do século XVI Machu Picchu sería unha das residencias de descanso de Pachacuti (primeiro emperador inca, 1438-1470). Así a todo, algunhas das súas mellores construcións e o evidente carácter cerimonial da principal vía de acceso á llaqta demostrarían que esta foi usada como santuario relixioso.
La clemenza di Tito (en galego A clemencia de Tito) é unha ópera en 2 actos con música de Wolfgang Amadeus Mozart sobre un libreto en italiano de Caterino Mazzolà baseado nun libreto homónimo de Metastasio do ano 1743. A súa estrea tivo lugar no Národní divadlo (Teatro Estatal) de Praga o 6 de setembro de 1791 baixo a batuta do propio compositor.
O MeV/c2 (mega electrón volt partido por c cadrado) é unha unidade de masa derivada do eV, usada en física atómica e de partículas. A súa posibilidade é debida á equivalencia masa-enerxía. O seu valor ven dado por: 1 MeV / c 2 = ( 1.602 176 634 × 10 − 19 C ) ⋅ 1 × 10 6 V ( 2.99 792 458 × 10 8 m / s ) 2 = 1.782 661 92 × 10 − 30 kg .
Isabelle Huppert, nada en París o 16 de marzo de 1953 é unha actriz francesa. Ademais de ser unha das intérpretes máis prolíficas de Francia, Isabelle Huppert presenta unha filmografía de proxección internacional: dende Estados Unidos (da man de directores como Michael Cimino, Hal Hartley, Curtis Hanson ou Otto Preminger), Italia (baixo a dirección dos irmáns Taviani, Mauro Bolognini, Marco Ferreri e Marco Bellocchio), Rusia (con Igor Minaiev), Europa central (co alemán Werner Schroeter, a suíza Ursula Meier, o austríaco Michael Haneke, a húngara Márta Mészáros ou o serbio Aleksandar Petrović), ata países do continente asiático (co coreano Hong Sang-soo, o filipino Brillante Mendoza ou o franco-camboxano Rithy Panh). Como actriz de teatro traballou con directores como Bob Wilson, Yasmina Reza, Claude Régy, Krzysztof Warlikowski ou Jacques Lassalle.
O termo traballo pode referirse: En FísicaTraballo, unha magnitude.En Antropoloxía e SocioloxíaTraballo, actividade humana e social.En EconomíaTraballo, un dos factores da produción.En DereitoTraballo, obxecto de estudo do dereito laboral.Non debe confundirse co dereito ao traballo.En EducaciónTraballo, tarefa de aprendizaxe ou monografía que forma parte do proceso formativo.
Isaac Newton, nado en Woolsthorpe, Lincolnshire, o 25 de decembro de 1643 (día de Nadal de 1642 segundo o calendario xuliano) e finado en Londres o 31 de marzo de 1727, foi un físico, matemático, astrónomo, alquimista, teólogo e autor inglés (descrito na súa época como un "filósofo natural") amplamente recoñecido como un dos os máis grandes matemáticos e físicos de todos os tempos e entre os científicos máis influentes. Foi unha figura clave na revolución filosófica coñecida como Ilustración. O seu libro Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica (Principios matemáticos da filosofía natural), publicado por primeira vez en 1687, estableceu a mecánica clásica.
Your Friend the Rat é unha curtametraxe de 2007 de Pixar, orixinalmente estreada na versión caseira do filme Ratatouille. A curtamentraxe ten a forma dun filme educativo e está protagonizado polas ratas Remy e Emile, dous dos protagonistas de Ratatouille, que falan sobre a reconciliación entre humanos e ratas. Para conseguilo empregan feitos históricos a través de diversos estilos de animación.
Un dirixible ou dirixíbel é un aeróstato autopropulsado con capacidade de manobra para ser gobernado coma unha aeronave. A sustentación aerostática acádase mediante depósitos cheos dun gas de menor densidade cá da atmosfera circundante. Difire da sustentación aerodinámica obtida mediante o movemento rápido dun perfil alado, coma nas ás dun aeroplano ou a hélice dun helicóptero.
Institución politicamente independente que representa e defende os intereses da Unión Europea no seu conxunto, propón a lexislación, políticas e programas de acción e é responsable de aplicar as decisións do Parlamento Europeo e do Consello da Unión Europea. A Comisión actúa seguindo o método dun gabinete do goberno, con 28 comisarios. Hai un Comisario por cada Estado membro, con todo os comisarios están obrigados a representar os intereses da UE no seu conxunto en lugar do seu Estado de orixe.
Wallis e Futuna, oficialmente o Territorio das illas Wallis e Futuna (/ˈwɒlɪs ... fuːˈtuːnə/; francés: Wallis-et-Futuna [walis e futuna] ou Territoire des îles Wallis-et-Futuna, é unha colectividade francesa no Pacífico Sur, situado entre Tuvalu ao noroeste, Fidxi ao suroeste, Tonga ao sueste, Samoa ao leste, e Tokelau ao nordés. A capital é Matāʻutu, tamén capital da illa Wallis e cidade máis grande. A súa superficie é de 14 242 km2 (5 499 sq mi).
Curaçao (/ˈkjʊərəsoʊ, -saʊ, ˌkjʊərəˈsoʊ, -ˈsaʊ/, Holandés: [kyːraːˈsʌu, kuːr-] ( ); papiamento: Kòrsou), oficialmente o País de Curaçao (neerlandés: Land Curaçao; papiamento: Pais Kòrsou), é un país insular nas Antillas Menores no sur do mar Caribe e a rexión do Caribe Holandés, a uns 65 km. ao norte da costa de Venezuela. É un país constituínte do Reino dos Países Baixos.
O Brose Bamberg é un club profesional de baloncesto da cidade de Bamberg, Baviera, que xoga na Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto alemán. Fundado en 1955, o Bamberg é un dos equipos máis galardoados do baloncesto xermano, sendo ademais o primeiro equipo do país en chegar ao Top 16 da Euroleague Basketball. O equipo xoga os seus partidos como local no Brose Arena, recinto con capacidade para 6 150 espectadores.
O RMS Titanic (en inglés: Royal Mail Steamship Titanic) foi un transatlántico construído en Irlanda do Norte, que afundiu na súa viaxe inaugural a través do océano Atlántico Norte ao colidir cun iceberg a noite do 14 ao 15 de abril de 1912 na viaxe a Nova York. Finaron máis de 1500 persoas e recolléronse soamente uns 300 corpos do mar. Considérase popularmente a maior traxedia naval dun só buque da historia, aínda que outros afundimentos producisen máis vítimas, coma os do Steuben (4500) ou o KS Wilhelm Gustloff (7000).
Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas
A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (en inglés: Academy of Motion Picture Arts and Sciences, abreviada como AMPAS) é unha organización profesional norteamericana dedicada ó progreso das artes e das ciencias da cinematografía. Foi fundada o 11 de maio de 1927 en California. A Academia está composta por 6.000 profesionais do mundo do cinema.
O alfabeto latino é o alfabeto que se emprega maioritariamente para escribir as linguas de Europa occidental así como nos países que foron colonizados polos europeos. É, en competencia co alfabeto cirílico e, en menor medida, o alfabeto grego, a escrita occidental por defecto e agora - en razón da importancia económica e cultural dos países que a utilizan (como os Estados Unidos) - unha escrita internacional: pódense atopar palabras escritas en letras latinas nas rúas do Xapón ou nas de Exipto. Chámase así a este alfabeto porque era, en orixe, o empregado polos romanos para escribiren a súa lingua, o latín.
Para a especie de raposo presente en Galicia, véxase raposo común. Para outros conceptos referenciados como raposo ou raposa, véxase raposo (homónimos).O raposo, raposa ou golpe é un mamífero carnívoro de pequeno e medio tamaño que pertence a varios xéneros da familia dos cánidos. Os raposos son un pouco máis pequenos que un can doméstico medio, cun cranio achatado, orellas triangulares, un fociño punzante, lixeiramente virado cara arriba, e unha longa e espesa cola.
O alfabeto galego, segundo a representación gráfica moderna e oficial, ten 23 letras e 6 dígrafos, ademais dalgunhas letras (ç, j, k, w, e y) usadas en estranxeirismos, abreviaturas e símbolos internacionais. No galego medieval (galego-portugués), como en calquera outro estándar non codificado, existían moitas vacilacións na representación de sons. Por exemplo, para o son (/ɲ/) aparecen nos textos galegos representacións con n, nn, ñ, ni, etc.
A Terra Media son as terras 'mortais' ficticias onde transcorren algunhas das historias de J. R. R. Tolkien, diferentes de Aman ou as Terras Imperecedoiras, onde viven os Valar xunto á maioría dos Altos Elfos. A orixe do termo é unha tradución do middel-erde en inglés medio, que evolucionou do middangeard do inglés antigo. Tolkien dixo que a súa Terra Media é a nosa Terra, pero nun período dun pasado ficticio, estimando a fin da Terceira Idade en aproximadamente 6.000 anos antes do século XX.A historia da Terra Media de Tolkien está dividida en varias idades.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Robert Hooke, nado en Freshwater (illa de Wight) o 18 de xullo de 1635 e finado en Londres o 3 de marzo de 1702, foi un científico experimental inglés dos máis importantes da historia da ciencia, polemista incansable cun xenio creativo de primeira orde. Os seus intereses abarcaron campos tan dispares como a bioloxía, a medicina, a cronometría, a física planetaria, a microscopía, a náutica e a arquitectura. Participou na creación da primeira sociedade científica da historia, a Royal Society de Londres.
A PEGilación é o proceso consistente na unión ou amalgamación covalente ou non covalente de cadeas de polímeros de polietilenglicol (PEG, en farmacia chamado macrogol) a moléculas e macroestruturas, como fármacos, proteínas terapéuticas ou vesículas, que entón se di que están PEGiladas. A PEGilación afecta as interaccións derivadas ou agregadas resultantes, que normalmente fan máis lenta a coalescencia e degradación destes produtos, así como a súa eliminación do organismo in vivo.A PEGilación conséguese rutineiramente por incubación dun derivado reactivo do PEG coa molécula diana. A unión covalente do PEG a un fármaco ou proteína terapéutica pode "enmascarar" o axente ante o sistema inmunitario do hóspede (reducindo a inmunoxenicidade e antixenicidade), e incrementa o seu tamaño hidrodinámico (tamaño en solución), que prolonga o seu tempo circulatorio reducindo a súa eliminación renal.
Kalasma foi un pequeno principado da zona raiana entre os hititas e Mitanni que se formou sobre o século –XVI e caeu baixo influencia de Mitanni, ata que a finais do século -XV foi sometida ao Imperio Hitita. Sobre o -1360 o rei Tushratta de Mitanni favoreceu unha revolta nela. Suppiluliumas I, que probabelmente aínda só era príncipe herdeiro hitita, foi á zona e derrotou aos rebeldes.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
María do Socorro Ortega Romero
María do Socorro Ortega Romero, nada en Arteixo e finada en Santiago de Compostela o 12 de decembro de 2011, foi unha historiadora da arte galega.
José Antonio Urruticoechea Bengoechea, nado en Ugao-Miraballes, Biscaia o 24 de decembro de 1950, tamén coñecido como Josu Ternera e como Josu Urrutikoetxea Bengoetxea, é un membro histórico da organización terrorista Euskadi Ta Askatasuna (ETA) e ex-deputado de Euskal Herritarrok no Parlamento Vasco.
Julio José Iglesias de la Cueva, máis coñecido como Julio Iglesias, nado en Madrid o 23 de setembro de 1943, é un exfutbolista de orixe galega, empresario e cantante de sona internacional. É o intérprete latino que máis discos vendeu[Cómpre referencia] e segundo Sony Music un dos 10 maiores vendedores de discos en toda a historia da música[Cómpre referencia].
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».