Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Un xenio (jinni | جن) é na mitoloxía árabe e islámica un membro dunha raza de espíritos Para os pobos semitas, os jinni, eran espíritos de pobos desaparecidos que aparecían na noite e desaparecían co mencer; podíanse facer invisibles ou converterse en animais. Os árabes crían que os jinni eran seres de lume, pero ás veces aparecíasenlles como demos coa forma de fermosas mulleres que visitaban aos homes pola noite para copularen con eles ata caer rendidos para lles roubar enerxía como se foran súcubos. Os xenios poden ser dominados a través dun obxecto (como a lámpada de Aladino) e converterse en escravo de quen posúa ese obxecto.
O Sahel (do árabe ساحل /sahil/ "beira, fronteira") é a zona extrema de África entre o deserto do Sáhara ó norte e a chamada rexión do Sudán ó sur (máis fértil e que non debe ser confundida co país do mesmo nome (Sudán). O Sahel é principalmente unha sabana e esténdese dende o océano Atlántico ata Somalia (o chamado corno de África). Durante toda a historia de África, a zona foi o asentamento dos reinos máis avanzados, beneficiarios do comercio a través do deserto.
O Bologna Football Club 1909 é un club de fútbol italiano da cidade de Boloña (Emilia-Romagna), formado en 1909 e refundado en 1993. Recibe o alcume de rossoblu debido ás camisas con raias azuis e vermellas que empregan, que son tamén as cores oficiais da cidade. Bologna foi un dos clubs fundadores da Serie A en 1929.
A calandriña das marismas ou calandriña apincharada (Alaudala rufescens, antes Calandrella rufescens) é unha pequena ave paseriforme que vive no sur de Eurasia e norte de África (incluídas as Canarias) ; en Galicia é unha ave accidental, a pesar que algunha das subespecies vive no sur e leste da península Ibérica. É unha ave común cunha ampla área de distribución e a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) considera que o seu status de conservación é "pouco preocupante".
O fútbol é un deporte de equipo que se xoga entre dous equipos de 11 xogadores que utilizan principalmente os seus pés para impulsar un balón ao longo dun campo rectangular chamado terreo de xogo. O fútbol é o deporte por equipos máis popular do mundo, tanto respecto ó número de espectadores como ó número de participantes activos. O organismo reitor do fútbol é a Fédération Internationale de Football Association (FIFA).
O 28 de xuño, o arquiduque Francisco Fernando, herdeiro do Imperio austrohúngaro e súa dona Sofía Chotek foron asasinados na cidade de Saraxevo, capital da actual Bosnia e Hercegovina por Gavrilo Princip, membro da Bosnia Moza, grupo terrorista que loitaba pola unificación da Terra dos Eslavos do Sur (Iugoslavia). Tal evento serviu como pretexto para o comezo da primeira guerra mundial.
Aquisgrán (en alemán: Aachen, [ˈʔaːxən] (AFI), escoitar, en fráncico ripuario: Oche, en francés: Aix-la-Chapelle, [ɛkslaʃapɛl] (AFI)) é unha cidade alemá do Land de Renania do Norte-Westfalia localizada xunto á fronteira con Bélxica e os Países Baixos, a 65 km de Colonia, constitúe a cidade máis ao oeste de Alemaña, e levántase a 191 metros sobre o nivel do mar, aínda que o seu punto máis alto é de 410.
En xeografía, un deserto é unha área estéril da paisaxe onde se producen poucas precipitacións pluviométricas e, en consecuencia, as condicións de vida son hostís para a vida vexetal e animal. A falta de vexetación expón a superficie desprotexida do chan a procesos de denudación. Isto pode ser verdade, porén, examinándoo máis detalladamente, os desertos frecuentemente abrigan unha riqueza de vida que normalmente permanece agochada (especialmente durante o día) para conservar a humidade.
Este artigo trata sobre a Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo, para a arte de pesca véxase nasa.A National Aeronautics and Space Administration (NASA, "Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo") é a axencia do goberno norteamericano responsable do programa espacial dos Estados Unidos de América e a súa investigación aeroespacial xeral a longo termo. Establecida no 1958, é unha organización civil que dirixe e supervisa a investigación civil e militar nos sistemas aeroespaciais.
Un monicreque, fantoche ou monifate é un obxecto, a miúdo con aparencia humana, animal ou mítica, que é animada e manipulada por unha persoa. A persoa emprega movementos da súa man, brazo ou dispositivos de control como varas ou cordas para mover o corpo, a cabeza, as extremidades e, nalgúns casos, a boca e os ollos do monicreque. A miúdo, a persoa fai a voz da personaxe do monicreque, sincronizando os movementos da boca do monicreque con esta parte falada.
O outono é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co equinoccio de outono (entre o 22 e o 23 de setembro no hemisferio norte e entre o 20 e o 21 de marzo no hemisferio sur), e remata co solsticio de inverno (arredor do 21 de decembro no hemisferio norte e o 21 de xuño no hemisferio sur). Aínda que ás veces é considerado como os meses enteiros de setembro, outubro e novembro no hemisferio norte e marzo, abril e maio no hemisferio sur.
A Hundred Million Suns é o quinto álbum de estudio da banda de rock alternativo Snow Patrol, publicado o 24 de outubro de 2008 en Irlanda, o 25 en Australia, o 27 no resto de Europa e o 28 nos Estados Unidos a través dos selos Fiction Records e Geffen Records. O disco foi producido por Jacknife Lee, que anteriormente traballara en álbums for Bloc Party, R.E.M. e U2. As cancións graváronse durante o verán de 2008 nos Hansa Studios de Berlín e nos Grouse Lodge Studios en Irlanda.
A mioglobina é unha proteína que contén un grupo hemo con ferro, que se une ao oxíxeno, e que se encontra no tecido muscular de vertebrados e en case todos os mamíferos. Está moi relacionada coa hemoglobina dos glóbulos vermellos, aínda que esta é tetramérica (ten catro cadeas) e a mioglobina só ten unha cadea. A mioglobina está normalmente encerrada nos músculos e só aparece na circulación sanguínea se houbo algunha lesión muscular, polo que isto pode servir como un signo diagnóstico.
Victor Marie Hugo /viktɔʁ maʁi yɡo/ —inscrición completa na súa acta de nacemento: Victor, Marie Hugo— , nado en Besançon o 26 de febreiro de 1802 e finado en París o 22 de maio de 1885, foi un dos máis importantes escritores do romanticismo en francés e a miúdo é identificado como un dos mellores poetas franceses. Tamén foi un político e intelectual comprometido e influente na historia do seu país e da literatura do século XIX. Era irmán dos tamén escritores Eugène Hugo e Abel Hugo. Ocupa un posto notable na historia das letras francesas do século XIX nunha gran variedade de xéneros e ámbitos.
International Music Score Library Project
A International Music Score Library Project (en galego Proxecto de Biblioteca Internacional de Partituras Musicais) ou IMSLP, tamén coñecido coma Petrucci Music Library (Biblioteca Musical Petrucci) en honor ao editor italiano Ottaviano Petrucci, é un proxecto para a creación dunha biblioteca virtual de partituras de dominio público empregando a tecnoloxía wiki, así como incluír traballos de novos compositores que desexen compartir as súas creacións musicais de xeito libre e gratuíto, é dicir, a partir de licenzas de Creative Commons ou cedendo os seus dereitos de autoría. Dende a súa creación, o 16 de febreiro de 2006, foron subidos en torno a 220.000 partituras e 21.000 gravacións de arredor de 61.000 composicións de arredor de 7.800 compositores. O proxecto emprega software MediaWiki para prover aos usuarios dunha interface familiar.
Theodore Sturgeon, de nome verdadeiro Edward Waldo, nado o 26 de febreiro de 1918 e morto o 8 de maio de 1985, foi un escritor norteamericano do xénero fantástico e de ciencia ficción. Máis que o seu estilo, é o ambiente e os temas abordados nos seus escritos o que fan deste autor un caso particular no universo da ciencia ficción e do fantástico, pódese falar dun universo sturgeoniano.
O presebe, tamén chamado cambeleira, comedeira ou manxadoira, é o recipiente ou lugar onde comen os animais. Pode fabricarse de madeira (como un caixón ou unha artesa), de barro ou ben ser obra de albanelaría ou labrarse directamente en pedra. Por extensión, tamén se chama presebe ao edificio ou lugar dedicado a alimentar os animais.
TVT Records é un selo discográfico independente fundado por Steve Gottlieb. Entre os grupos que promocionaron estivo Nine Inch Nails, Ja Rule, Lil Jon, Underworld, The KLF, Sevendust, Brian Jonestown Massacre e Pitbull. Os seus maiores éxitos comerciais foron o triplo platino de Nine Inch Nails Pretty Hate Machine, dúas edicións de platino de Lil Jon, e os tamén lanzamentos de platino de Snoop Dogg and the Eastside Boyz, Dashboard Confessional, Default e Ying Yang Twins.
O Aichi B7A Ryusei (estrela fugaz) foi un bombardeiro en picado e torpedeiro xaponés usado durante a segunda guerra mundial. Foi deseñado segundo un requirimento de 1941 para substituír o torpedeiro B6N e o bombardeiro en picado D4Y. O seu prototipo voaría por primeira vez en maio de 1942. A súa produción rematou en maio de 1945 ao ser destruída a súa fábrica durante un terremoto.
O Bayer 04 Leverkusen é un equipo de fútbol alemán que xoga en Leverkusen. O nome do club débese á afamada empresa farmacéutica Bayer, que fabrica a pílula máis coñecida mundialmente: a Aspirina. A nivel local, é o club máis importante, pese a non gañar aínda unha Liga, estando preto de obtela, pero quedando detrás de clubs como o Bayern Múnic, Borussia Dortmund ou Werder Bremen.
O Institute for Advanced Study ou IAS é unha institución privada estadounidense de Princeton (Nova Jersey). Foi deseñada para acoller investigacións avanzadas básicas levadas a cabo por científicos de varios campos, sen a molestia de ter que dar clase, conseguir fondos, ou buscar patrocinadores. Aínda que está preto, non é parte da Universidade de Princeton.
Este artigo trata sobre a escritora e poetisa galega. Para a estrela situada na constelación de Ofiúco, ver Rosalíadecastro. Para o nome de Rosalía, véxase Rosalía (nome)Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez.O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos.
A felicidade é unha situación ou un estado emocional no que unha persoa sente que todo vai conforme o que quere. Este estado de benestar caracterízase pola relativa permanencia dunha emoción agradable que varía dende o mero contentamento á alegría fonda e intensa de vivir e polo natural desexo de que continúe.
Proton K é o nome dun modelo de foguete espacial pertencente á familia de foguetes Proton, tamén coñecidos como UR-500. Por extensión, os Proton K tamén poden ser denominados UR-500K ou como 8K82K segundo o seu índice GRAU. Foi usado para poñer en órbita cargas medias e pesadas e deixou de estar en servizo no ano 2000.
O Gran Premio Seumas McNally é o principal premio outorgado no Independent Games Festival, evento anual que ten lugar durante a Game Developers Conference. O premio leva o nome do programador Seumas McNally (1979–2000), fundador da compañía de videoxogos independente Longbow Digital Arts que faleceu por mor dun linfoma de Hodgkin pouco tempo despois de recibir o premio no ano 2000 polo xogo Tread Marks. O premio inclúe unha cantidade en metálico de 30 000 dólares.Ata a edición de 2016 houbo 19 videoxogos que recibiron o premio, con máis de 50 seleccionados como finalistas.
Paul Erdős (húngaro: Erdős Pál [ɛrdøːʃ ˈpaːl], nado en Budapest o 26 de marzo de 1913 e finado en Varsovia o 20 de setembro de 1996 foi un matemático húngaro, considerado un dos máis prolíficos do século XX. Foi coñecido tanto pola súa práctica social das matemáticas (tivo máis de 500 colaboradores) e como pola súa excéntrica vida (a revista Time describiuno como o excéntrico dos excéntricos).
Cisitalia é un marca de automóbiles deportivos e de carreiras Italiana. O nome "Cisitalia" deriva de "Compagnia Industriale Sportiva Italia", un conglomerado de negocios fundado en Turín en 1946 e controlado polo rico industrial e deportista Piero Dusio. O Cisitalia 202 GT de 1946 é ben coñecido no mundo como unha "escultura rodante".
O estorniño pinto (Sturnus vulgaris) é unha ave paseriforme de mediano tamaño da familia Sturnidae. En Galicia é unha ave invernante moi numerosa e unha das dúas especies de estorniños do país; a outra é o estorniño negro. Mide uns 20 cm de longo e ten unha plumaxe negra brillante con reflexos metálicos, e ten pintas brancas en determinada época do ano.
Italia competiu en tódalas edicións dos Xogos Olímpicos modernos. Italia tamén competiu en tódolos Xogos Olímpicos de Inverno, gañando 124 medallas, e 617 medallas máis nos Xogos Olímpicos de Verán. Italia gañou un total de 256 medallas de ouro, o cal o converte no sexto país máis exitoso da historia olímpica, despois dos Estados Unidos de América, a Unión Soviética, Alemaña, o Reino Unido e Francia.
Un consello de ministros ou gabinete de ministros é, nun sentido institucional, parte do poder executivo dun goberno, e designa o conxunto dos ministros e mailo seu presidente ou primeiro ministro, quen compoñen o poder executivo dun Estado, exercendo como órgano colexiado. Con todo, a composición e funcións do gabinete é distinta en cada país. A palabra gabinete, a parte do consello de ministros, tamén pode designar a outras entidades políticas ou administrativas.
A Provincia de Calatayud foi unha provincia española creada o 27 de xaneiro de 1822, durante o Trienio liberal. Comprendía as comarcas zaragozanas de Comunidade de Calatayud, Campo de Daroca, Aranda, e sur de Valdejalón, o norte da turolense Comarca do Jiloca, así como municipios limítrofes das actuais provincias de Soria e Guadalaxara. Nun principio debateuse en Cortes si a maior parte destas poboacións debían radicar na futura provincia de Teruel ou constituír unha propia.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A edición do xenoma (genome editing), edición de xenes ou enxeñaría xenómica é un tipo de enxeñaría xenética na cal o ADN se insire, elimina, modifica ou substitúe no xenoma dun organismo vivo. A diferenza das primeiras técnicas de enxeñaría xenética nas que se insería aleatoriamente material xenético no xenoma do hóspede, a edición do xenoma dirixe as insercións a localizacións específicas de sitio. O mecanismo básico implicado nas manipulacións xenéticas realizadas por medio de nucleases programables é o recoñecemento de loci xenéticos diana e a unión de endonucleases de restrición (FokI e Cas) a roturas de dobre febra (DSBs) do ADN diana, e a reparción de roturas de dobre febra por recombinación dirixida por homoloxía (HDR) ou unión de extremos non homólogos (NHEJ).
C++ (pronunciado "ce máis máis" ou "ce plus plus") é unha linguaxe de programación deseñada a mediados dos 80 por Bjarne Stroustrup como extensión da linguaxe de programación C. É unha linguaxe híbrida que se pode compilar. Resulta máis sinxela de aprender para os programadores que xa coñecen C. Actualmente existe un estándar para a linguaxe denominado ISO C++, ao que se adheriron a maioría dos fabricantes de compiladores máis modernos. Existen tamén algúns intérpretes como ROOT. As principais características de C++ son o soporte para programación orientada a obxectos (herdanza, polimorfismo, abstracción, encapsulación) e o soporte para modelos de programación xenérica ("templates").
Rede privada virtual, do inglés virtual private network (VPN), é unha rede de comunicacións privada construída sobre unha rede de comunicacións pública (como por exemplo, a Internet). O tráfico de datos é levado pola rede pública utilizando protocolos padróns, non necesariamente seguros. En resumo, crea unha conexión segura e criptografada, que pode ser considerada como un túnel, entre o seu computador e un servidor operado polo servizo VPN. Unha VPN é unha conexión estabelecida sobre unha infraestrutura pública ou compartida, usando tecnoloxías de tunelamento e criptografia para manter seguros os datos trasfegados.
Java (linguaxe de programación)
Java é unha linguaxe de programación orientada a obxectos desenvolvida por Sun Microsystems a principios dos anos noventa. A linguaxe Java toma moita da súa sintaxe da C e C++, pero ten un modelo de obxectos máis simple e elimina ferramentas de baixo nivel como punteiros. As aplicacións Java están tipicamente compiladas nun bytecode, aínda que a compilación en código máquina nativo tamén é posible.
Peer-to-peer (par con par), refírese en xeral á interrelación directa de dous elementos que posúen a mesma xerarquía. Aplícase en informática á comunicación peer-to-peer (entre 2 iguais), coa característica engadida de que a comunicación/información viaxa directamente desde unha computadora á outra sen ser interinamente almacenada nun servidor. En xeral, unha rede informática entre iguais (en inglés peer-to-peer e máis coñecida como P2P) refírese a unha rede que non ten clientes e servidores fixos, senón unha serie de nodos que se comportan á vez como clientes e como servidores dos demais nodos da rede.
A filla do ladrón de bicicletas
A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1965
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1965 foi a 16ª tempada de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 8ª Copa Internacional de construtores de F1. Os dous títulos disputáronse simultaneamente con dez Grandes Premios que se iniciaron o 1 de xaneiro e finalizaron o 24 de outubro.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1982
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1982 foi a 33ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 25ª Copa Internacional de construtores de F1. O campionato contou con dezaseis Grandes Premios que se iniciaron o 23 de xaneiro e finalizaron o 25 de setembro.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Scuderia Ferrari S.p.A. (Modelo:IPA-it) é a división deportiva do fabricante de automóbiles italiano de luxo Ferrari e o equipo de carreiras na actualidade só participa na Fórmula 1, pero participou en numerosas clases de deportes de motor desde a súa creación en 1929, incluídas as carreiras de resistencia. O equipo tamén é coñecido polo alcume de "O cabalo rampante", en referencia ao seu logotipo. É o equipo de Fórmula Un máis exitoso que sobrevive e o equipo de Fórmula 1 máis exitoso, que competiu en todos os campionatos mundiais desde a tempada de Fórmula Un de 1950.
Pedro Rodríguez de la Vega nado en Cidade de México o 18 de xaneiro de 1940 e finado en Núremberg (Alemaña) o 11 de xullo de 1971, foi un piloto de automobilismo mexicano. Xunto co seu irmán máis novo Ricardo, dous anos menor, correu con bicicletas e motocicletas na súa adolescencia e chegou a ser campión mexicano de motos aos 13 anos en 1953 repetindo en 1954 e de aí saltou ao automobilismo de velocidade.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Xosé Ramón Gayoso Bonigno, nado na Coruña o 25 de abril de 1956, é un presentador da Televisión de Galicia e un dos personaxes públicos máis coñecidos en Galicia. Presentou varios programas da canle pública galega dende a súa mesma creación, en 1985, facéndose enormemente popular polo seu traballo en Luar, programa que presenta dende 1992.
O Sycamore Gap Tree ou, máis recentemente, árbore de Robin Hood era un sicómoro ou pradairo que se atopaba xunto á muralla de Hadrián preto de Crag Lough en Northumberland, Inglaterra. Este treito da muralla segue o bordo dun penedo, un afloramento do Whin Sill, e varias caídas bruscas nel provocadas polo derretemento das augas glaciares. A árbore, un exemplar de Acer pseudoplatanus duns centos de anos estaba dentro dun destes mergullos (gap) co penedo e o muro elevándose drasticamente a cada lado.
Lucía Pérez Vizcaíno, nada en Goó (O Incio) o 5 de xullo de 1985, coñecida artisticamente como Lucía Pérez, é unha cantante galega. Representou a España no Festival de Eurovisión 2011, en Düsseldorf (Alemaña), co tema «Que me quiten lo bailao». Foi a primeira galega en facelo por España e obtivo o 23º posto, con 50 puntos.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
O A é a primeira letra do alfabeto galego, e representa a vogal máis aberta da lingua galega. Pode ter a función de artigo determinado feminino singular (a bolboreta), ou de preposición con distintos valores (axudar a alguén, ir a Santiago). Tamén pode ser un prefixo de orixe latina con valor de aproximación ou dirección (achegar, asentar), ou un prefixo de orixe grega con valor de negación (apolítico, anormalidade).
Sir Michael John Gambon, OBE, nado en Dublín, Irlanda, o 19 de outubro de 1940 e finado en Witham o 27 de setembro de 2023, foi un actor británico de orixe irlandesa que traballou no teatro, televisión e no cine. É un actor moi respectado e prolífico no teatro, pero é recoñecido internacionalmente polo seu papel como Philip Marlow da serie de televisión da BBC, The Singing Detective e por encarnar a Albus Dumbledore nos filmes de Harry Potter, en substitución do xa falecido actor Richard Harris. Gañador de catro premios BAFTA e tres premios Laurence Olivier e nomeado tamén ós Globos de Ouro, ós Emmy e ós Premios Tony.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 199.116.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».