Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O voo 2120 de Nigeria Airways foi un voo chárter de pasaxeiros dende Jeddah, Arabia Saudita ata Sokoto, Nixeria o día 11 de xullo de 1991 que se estrelou pouco despois de engalar do aeroporto internacional Rei Abdulaziz. Morreron as 247 pasaxeiros e 14 tripulantes a bordo do aparello. O avión era un Douglas DC-8 operado por Nationair para Nigeria Airways.
Para outras moedas coa denominación de "real", véxase a páxina de homónimos Real.O real (plural: reais, que máis tarde se popularizou en portugués como réis) foi a unidade de moeda de Portugal desde preto de 1430 ata 1911. Substituíu o diñeiro coa taxa de 1 real = 840 diñeiros e foi substituído despois polo escudo, como resultado da implantación da República en 1910, cunha taxa de 1000 reais (réis) = 1 escudo.
Celestino Iglesias Cores, máis coñecido como Tino Iglesias, nado en Ribadumia o 14 de marzo de 1962, é un piloto galego de automobilismo. Compite habitualmente en varias modalidades e competicións de xeito simultáneo e incluso no mesmo día. É o piloto máis laureado do Campionato de Galicia de Autocross con seis títulos (en 2010, 2011, 2013, 2014, 2015 e 2016) e foi campión de Galicia de slálom en 2010.
O termo expresión, do latín expressĭo, -ōnis (etimoloxicamente, movemento do interior cara ao exterior, é dicir, unha presión cara a fóra), é a demostración de ideas ou sentimentos. A expresión pode quedar como un acto íntimo do que se expresa, ou transformarse nunha mensaxe que un emisor transmite a un receptor, co que se converte en comunicación. Segundo a forma de linguaxe utilizada para a expresión, diferéncianse varios tipos ou formas de expresión: a expresión artística, en arte, mediante a linguaxe artística,expresión literaria, en literatura, mediante a linguaxe literaria,expresión poética, en poesía, mediante a linguaxe poética, expresión teatral, en teatro, mediante os anteriores e, ademais, a linguaxe escénica,a expresión corporal é o comportamento exterior espontáneo ou intencional, que traduce emocións ou sentimentos mediante a linguaxe corporal (que tamén forma parte de disciplinas artísticas como o mimo, a danza e o propio teatro),a expresión facial é a manifestación dos sentimentos a través do rostro, a expresión sonora, a que se manifesta a través de sinais acústicas intelixíbeis, e a expresión oral, a que se manifesta mediante a fala; o seu oposto é a expresión escrita.O termo expresión adquire significados moi precisos en distintas disciplinas: En bioloxía, a expresión xénica é a transformación da información do ADN en proteínas a través do ARN mensaxeiro.
Estados dos Estados Unidos de América
Os Estados Unidos de América son unha federación de 50 estados máis algunhas outras entidades cunha extensión total duns dez millóns de km2. Estes estados distribúense case na súa totalidade en América do Norte, agás Hawai, que se atopa no medio do Océano Pacífico, podendo considerarse xeograficamente en Oceanía. A cidade de Washington, no chamado Distrito de Columbia, é a sede do goberno federal.
A masa en repouso é a masa propia dun corpo material. Considérase nun sistema no que está en repouso debido a que a masa varía coa velocidade, segundo a teoría da Relatividade. Esisten entidades que non teñen masa en repouso (m0 = 0); son as que se ven compelidas a viaxar á velocidade da luz (c) como os fotóns.
Os mamíferos (en latín: Mammalia) son unha clase de amniotas que se caracterizan pola súa homeotermia. Distínguénse doutros amniotas, como o son os réptiles e as aves, pola mandíbula inferior formada por un único óso, o maxilar inferior (tamén chamado dentario), por presentaren tres ósos medios na cadea de ósos do oído, por teren os dentes moi especializados, pola presenza dun padal secundario, pola de pelaxe, un olfacto moi desenvolvido, polo seu neocórtex e pola produción de leite das femias para alimentar as súas crías. O cerebro dos mamíferos regula a temperatura corporal e o sistema circulatorio, incluído o corazón.
Racine carrée (do francés: raíz cadrada, estilizado como √) é o segundo álbum de estudio do músico belga Stromae. Lanzouse dixitalmente o 16 de agosto de 2013 e tres días máis tarde en formato físico en Francia e Bélxica. Stromae expresou o seu desexo de incorporar influencias musicais caribeñas e africanas xunto cos seus ritmos inspirados nos anos 90.
Ottaviano Targioni Tozzetti, nado en Florencia o 10 de febreiro de 1755 e finado en Pisa o 6 de maio de 1826, foi un médico e botánico italiano. Hoxe, a abreviatura O.Targ.Tozz. emprégase para indicar a Ottaviano Targioni Tozzetti como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
Megan Anna Rapinoe, nada en Redding, California, o 5 de xullo de 1985, tamén coñecida como Pinoe, é unha futbolista profesional estadounidense que xoga como centrocampista ou extremo no Reign FC da National Women's Soccer League. Como membro da selección feminina de fútbol dos Estados Unidos, axudou a gañar a Copa Mundial Feminina de Fútbol de 2015, os Xogos Olímpicos de 2012 e a medalla de prata na Copa Mundial Feminina de Fútbol de 2011. No Mundial de 2019 gañou o ouro co equipo e ademais foi Balón de Ouro, Bota de Ouro e MVP en tres partidos da competición, incluída a final.
Grand Theft Auto, abreviado como GTA, é un serie de videoxogos creada por David Jones e máis tarde por Sam Houser e Dan Houser. Orixinalmente foi desenvolvida por DMA Design, que posteriormente pasou a chamarse Rockstar North, da empresa Rockstar Games. Grand Theft Auto conta a historia de distintos criminais e aínda que sexan varios, por unha razón vanse relacionando e envolvendo en problemas a máis personaxes conforme vai pasando o tempo.
A Interestatal 70 (abreviada I-70) é unha autoestrada interestatal de trazado este-oeste situada nos Estados Unidos cruza os estados de Utah, Colorado, Kansas, Missouri, Illinois, Indiana, Ohio, Virxinia Occidental, Pensilvania e Maryland. A autoestrada inicia no Oeste desde a Interestatal 15 preto de Cove Fort, Utah e finaliza na MD 122 en Baltimore, Maryland. A construción do I-70 en Colorado e Utah considérase unha marabilla da enxeñaría, a ruta pasa polo túnel Eisenhower , Glenwood Canyon , e o San Rafael Swell.
O suxi (鮨, 鮓, 寿司 ou 壽司) é unha preparación culinaria de orixe xaponesa elaborada a base de arroz cocido adubado con vinagre de arroz, azucre e sal, con peixe cru ou verduras, xeralmente envoltos nunha folla de nori. Este prato é un dos máis recoñecidos da gastronomía xaponesa e un dos máis populares internacionalmente. Aínda que normalmente se asocia o suxi co peixe e o marisco, tamén pode levar verduras ou ovo.
O mecenado é o patrocinio financeiro a artistas ou científicos, a fin de permitirlles desenvolver a súa obra sen esixir en contrapartida créditos monetarios inmediatos, aínda que esixindo esa remuneración nunha forma máis pracenteira para o mecenado. Outra acepción podería ser que se trata dun apoio, ben sexa monetario ou en especie, que unha organización presta para o desenvolvemento social, cultural e científico da sociedade, así como para a preservación ambiental da contorna no que se sitúa. As accións de mecenado axudan a mellorar a reputación das organizacións que as realizan, chegando a converterse nunha acción de relacións públicas.
A norma xurídica é unha regra ou ordenación do comportamento humano ditado por autoridade competente de acordo a un criterio de valor e cuxo incumprimento trae aparellado unha sanción. Xeralmente, impón deber e confire dereitos. Diferénciase doutras normas de conduta no seu carácter heterónomo (imposto por outro), bilateral (fronte ao suxeito obrigado a cumprir a norma, existe outro facultado para esixir o seu cumprimento), coercible (exixible por medio de sancións tanxibles) e externo (importa o cumprimento da norma; non o estar convencido da mesma).
O Museo Stedelijk (en galego Museo municipal) de Ámsterdam, Países Baixos. É un museo de arte moderna e está situado na Praza dos Museos ("Museumplein") preto do Rijksmuseum e do Museo van Gogh. A súa colección inclúe unha habitación pintada por Karel Appel e unha gran colección de pinturas de Kasimir Malevich.
Jonathan Sexton, nado o 11 de xullo de 1985 en Dublín, é un xogador irlandés de rugby que xoga na posición de apertura para a selección irlandesa e o equipo de Leinster Rugby, malia que na súa licenza consta como xogador do equipo afeccionado St Mary's College RFC, no cal comezou a súa carreira deportiva antes de chegar a ser profesional. A súa chegada ó profesionalismo en 2006 da man do equipo provincial de Leinster Rugby supuxo un impacto no rugby europeo a nivel de clubs, xa que dende entón o equipo de Dublín gañou en 3 ocasión a máxima competición continental, a Heineken Cup, nas tempadas 2008-09, 2010-11 e 2011-12. Na competición de liga axudou a que Leinster Rugby rematase entre os 2 primeiros en 5 das 7 últimas edicións, acadando o campionato na tempada 2007-08.
Matriz xenericamente refírese a un molde que lle dá forma a algo, mais ten usos moi variados: Matriz, táboa na que se dispoñen números ou símbolos alxébricos en filas e columnas. Matriz, prancha de materia ríxida que, unha vez traballada, se usa para facer estampacións de gravados. A matriz ou útero dos mamíferos.
Un autódromo é un circuíto de carreiras de superficie ríxida, como asfalto ou formigón, deseñado especificamente para competicións automobilísticas e motociclísticas. Distínguense dos circuítos semipermanentes, que se utilizan para competencias durante un período de tempo limitado, como é o caso de circuítos situados en rúas ou estradas públicas e en aeroportos. Ao estar feitos "a medida", as zonas de escape son máis amplas e a pista adoita ser menos angosta e rugosa que en circuítos semipermanentes, o cal implica unha maior seguridade en caso de accidentes.
Ghosts I–IV é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, editado o 2 de marzo do 2008 coma descarga dixital e posteriormente en CD. O álbum foi o primeiro despois de que a banda anunciase que cortaría os seus vínculos co selo Interscope Records e procuraría editar o seu futuro material independentemente. Inicialmente pensouse como un EP de cinco pistas, pero finalmente lanzouse como 4 EPs de nove pistas cada un. O álbum lanzouse baixo unha licenza Creative Commons e en varios formatos e prezos, indo da descarga dixital gratuíta dos 9 primeiros temas a unha "edición limitada de luxo" de 300 dólares.
Bonaire (/bɒnˈɛər/; neerlandés: Bonaire, pronunciado [boːˈnɛːr(ə)] ( ); papiamento: Boneiru) é un municipio especial dos Países Baixos que abrangue a illa homónima e a deshabitada illa de Klein, constitúe un territorio de ultramar da Unión Europea. Está situada no sur do mar Caribe, fronte á costa occidental de Venezuela, e forma parte do grupo de illas de Sotavento das Antillas Menores, xunto coas illas de Aruba e Curaçao. Con 288 km² de superficie, é a segunda illa en tamaño das Antillas Neerlandesas, logo de Curaçao.
O metro é a unidade fundamental de lonxitude, pertencente ó Sistema Internacional de Unidades. O seu símbolo é m. Definiuse inicialmente como a 10 000 000 parte do cuadrante do meridiano terrestre, mais actualmente, o metro defínese como a lonxitude do traxecto percorrido pola luz no baleiro durante un intervalo de tempo de 1/299 792 458 de segundo (Unidade de Base ratificada pola 17ª CGPM - 1983).
Monumento á riqueza dos Descubrimentos, o Mosteiro dos Xerónimos sitúase en Belém, Lisboa, á entrada do Río Texo. Constitúe o punto máis alto da arquitectura manuelina e o máis notábel conxunto monástico do século XVI en Portugal e unha das principais igrexas-salón da Europa. Destaca o seu claustro, completo en 1544, e a porta sur, de complexo deseño xeométrico, de fronte para o río Texo.
U2 [juː tuː] é unha banda musical irlandesa liderada polo dublinés Bono (cantante) e The Edge (guitarra). Vén sendo unha das bandas de rock máis populares dende mediados dos anos 80, e son coñecidos tamén polas súas campañas humanitarias. Entre os seus discos máis destacados están The Joshua Tree (1987) e Achtung Baby (1991).
En ecoloxía chámase bentos (do grego βένθος bénthos, "o fondo mariño") á comunidade formada polos organismos que habitan o fondo dos ecosistemas acuáticos como, por exemplo, ríos, lagos ou no leito mariño. Adxectivos referidos ao bentos son bentónico (organismos bentónicos) e béntico (usado case exclusivamente no termo zona béntica). O termo bentos, foi creado por Ernst Haeckel en 1891.
Indíxena é un termo que, en sentido amplo, aplícase a todo aquilo que é relativo a unha poboación orixinaria do territorio que habita, cuxo establecemento no mesmo precede ao doutros pobos ou cuxa presenza é o suficientemente prolongada e estable como para tela por oriúnda (é dicir, orixinario dun lugar).. Co mesmo sentido utilízase, con maior frecuencia, o termo equivalente nativo, presente en expresións como "idioma nativo". Tamén é habitual utilizar termos como pobos orixinarios, nacións nativas ou aborixes.En sentido estrito e máis habitualmente, aplícase a denominación indíxenas ás etnias que preservan as culturas tradicionais non europeas.
Partícula teorizada como posible constituínte da materia escura. Como os fotóns, serían partículas de intercambio de forzas. A diferenza deles, terían masa, aínda que moi pequena.No 2021 estase a usar aparellos optomecánicos para procurar a súa detección, axustando a frecuencia de vibración do aparello (chamado tambor optomecánico,'optomechanical drum') coa masa esperada do fotón escuro.
María Isabel Pantoja Martín, nada en Sevilla o 2 de agosto de 1956, é unha cantante española, destacada no xénero musical da copla. Traballou esporadicamente como actriz, nun par de películas. En 2007, a discográfica Sony Music entregou á cantante 40 discos de platino por máis de 4 millóns de álbums.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Lista de xogos de PlayStation 3
Esta é unha lista de todos os xogos lanzados en Blu-Ray ou anunciados para PlayStation 3, a videoconsola de sobremesa de Sony.
A extinción do Devoniano tardío ou extinción masiva do Devoniano é o nome que se lle dá a unha serie de importantes extincións de especies ocorridas ao final do Devoniano, hai entre 408 e 360 millóns de anos (Ma). Recoñecéronse polo menos dous eventos de extinción: o evento Kellwasser no límite Frasniano-Fameniano e o evento Hangenberg entre o Fameniano e o Misisipiano. Esta crise de extinción masiva tivo maiores efectos nos mares que nos continentes e afectou máis as especies nas latitudes tropicais que nas medias.
Isaac Newton, nado en Woolsthorpe, Lincolnshire, o 25 de decembro de 1643 (día de Nadal de 1642 segundo o calendario xuliano) e finado en Londres o 31 de marzo de 1727, foi un físico, matemático, astrónomo, alquimista, teólogo e autor inglés (descrito na súa época como un "filósofo natural") amplamente recoñecido como un dos os máis grandes matemáticos e físicos de todos os tempos e entre os científicos máis influentes. Foi unha figura clave na revolución filosófica coñecida como Ilustración. O seu libro Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica (Principios matemáticos da filosofía natural), publicado por primeira vez en 1687, estableceu a mecánica clásica.
Concepción Velasco Varona, coñecida como Concha ou Conchita Velasco, nada en Valladolid o 29 de novembro de 1939, é unha actriz, cantante, bailarina e presentadora de televisión española. Estudou Danza Clásica e Española en Madrid e no Conservatorio Nacional dos 10 a 20 anos. Estréase como bailarina no Corpo de Baile da Ópera da Coruña e na compañía de Manolo Caracol como bailaora flamenca.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Sergio Ramos García, nado o 30 de marzo de 1986 en Camas (Sevilla), é un futbolista español que xoga na posición de defensa para o Paris Saint-Germain FC da Ligue 1. Tamén xoga na selección de fútbol de España, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e as Eurocopas de 2008 e 2012, un triplete inédito na historia do fútbol.
Aldea del Fresno é un concello da Comunidade de Madrid, en España. Limita ao norte con Chapinería e Navas del Rey; ao sur, con Méntrida e Santa Cruz del Retamar; ao leste con Villamanta e Villamantilla, e ao oeste con Villa del Prado e San Martín de Valdeiglesias. En 2013 tiña unha poboación de 2.574 habitantes.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Allan Stewart Koningsberg, coñecido como Woody Allen, nado o 1 de decembro do ano 1935 en Nova York, é un director de cine, guionista, actor, músico e cómico estadounidense. Ao longo da súa carreira gañou varios Óscars. O seu elevado número de traballos e o seu peculiar estilo convérteno nun dos directores de cine máis respectados e prolíficos dos últimos tempos.
Saudade de ti é unha serie de televisión estreada en 2022 pola Televisión de Galicia, consta de 60 capítulos na primeira tempada, que foron emitidos entre xullo e setembro de 2022. A primeira tempada foi líder de audiencia na TVG. Foi seguida por máis de 150.000 espectadores cada noite, a primeira elección en horario de máxima audiencia en Galicia.En marzo de 2023 gravábase a segunda tempada en Ares. Foi estreada na TVG o domingo 18 de xuño de 2023, emitíndose os domingos, luns e martes.
Berobreo é o epíteto que recibe un deus galaico, baixo imperial dunha Galicia oficialmente cristiá, relacionado co alén e a morte a quen se lle rendía culto no santuario do Monte Facho, en Donón (Cangas). Foi totalmente descoñecido na historiografía, tanto na Península Ibérica como fóra dela, até a última década do século XX. A epigrafía atopada no Facho, a 157 metros sobre o nivel do mar, ten imitacións de estelas funerarias, gravacións reais esquevomorfas, o cal suxire que a esa divindade se lle deixaban aras, seguramente, para recuperaren os oferentes a saúde. Durante a dominación romana foi encadrada entre os deuses Lares, deuses que reciben adoración por parte dunha familia; inda que, porén, Berobreo era un lar público.
O lago Peipus (en estoniano: Peipsi-Pihkva järv; en ruso: Псковско-Чудское озеро (Чудско-Псковское озеро)) é un gran lago situado na fronteira entre Estonia e Rusia. É o quinto lago máis grande de Europa. Cobre unha superficie de 3500 km² e ten unha profundidade media 7 m, situándose o punto máis fondo a 15 m.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
A Igrexa, Cornazo, Vilagarcía de Arousa
A Igrexa é un lugar da parroquia de Cornazo no concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa, na comarca do Salnés. Tiña 35 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 22 eran mulleres e 13 homes, o que representa un aumento respecto ó ano 2010, cando eran 33 veciños, pero un forte descenso respecto a 2005, cando eran 44.
O Aironi Rugby foi un equipo italiano de rugby creado no ano 2010 para competir a nivel profesional dende a tempada 2010/11. Despois de dúas tempadas competindo na liga celta e na Copa de Europa, o equipo foi desfeito por razóns económicas, sendo substituído por outro equipo de nova creación, Zebre Rugby.
Lista das bolboretas de Galicia
A seguinte é unha lista alfabética das bolboretas que se atopan en Galicia. Está baseada principalmente nos datos recollidos pola Sociedade Galega de Historia Natural.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Manuel Cordo Boullosa, nado en Lisboa o 5 de decembro de 1905 e finado na mesma cidade o 6 de abril de 1998, foi un magnate e filántropo portugués de orixe galega. Pasou boa parte da súa infancia na Galicia rural (aldea de Caritel (Ponte Caldelas), en Pontevedra), feito que marcou profundamente toda a súa traxectoria vital.
O arroaz, Tursiops truncatus (Montagu 1821), é, entre todos os golfiños, a especie máis común e máis coñecida, porque adoita achegarse á costa e entrar no interior das rías, debido a que o seu comportamento social a achega ás proximidades dos barcos e mesmo dos nadadores, e porque é a que mellor se adapta ás condicións de catividade dos delfinarios, o que o converteu no protagonista habitual destes espectáculos. Está presente en augas quentes e temperadas de todo o mundo, en todos os océanos excepto no Ártico e no Antártico.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.