Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
As ciencias sociais son aquelas ciencias ou disciplinas científicas que se ocupan de aspectos do comportamento e actividades dos seres humanos, non estudados nas ciencias naturais. En ciencias sociais examínanse tanto as manifestacións materiais e inmateriais das sociedades. As ciencias sociais foron recoñecidas como tal no século XVIII. O seu principal obxecto de estudo é o ser humano.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
A riḥla (en árabe, رحلة) é un xénero literario clásico da literatura en lingua árabe que consiste no relato dunha viaxe. A palabra rihla, que propiamente significa «viaxe por etapas», designa tanto a viaxe como a posterior crónica da mesma. O xénero aparece no século XII no occidente do mundo islámico: o Magreb e Al-Ándalus.
Valence pode referirse a: Valence, Charente, unha comuna francesa no departamento de Drôme na rexión de Ródano-Alpes. Valence, Drôme, unha comuna francesa no departamento de Drôme na rexión Ródano-Alpes. Valence, Tarn-et-Garonne, unha comuna francesa no departamento de Tarn-et-Garonne na rexión Mediodía-Pireneos.
O humor negro é un tipo de humor que se exerce a propósito de cousas que suscitarían, contempladas dende outra perspectiva, piedade, terror, mágoa ou emocións similares. Cuestiona situacións sociais que xeralmente son serias mediante a sátira. O asunto máis recorrente no humor negro é a morte e todo o que está relacionado con ela.
A lousa é unha rocha metamórfica formada pola compactación de arxilas, aparece en cor escuro dividida en xistos, moi empregada nos tellados da provincia de Lugo. Está considerado como un dos materiais mais sostibles ambientalmente para as cubertas de edificios debido á súa mínima emisión de CO2 e consome menos auga que unha de cerámica. España é o primeiro exportador do mundo desta pedra, obtidas nos xacementos do Bierzo, Valdeorras, Zamora e Badaxoz.
O chinés (chinés simplificado: 汉语 / chinés tradicional: 漢語 / Pinyin: Hànyǔ; 华语/華語 / Huáyǔ; ou 中文 / Zhōngwén) é a lingua (ou familia de linguas) falada na China, pertencente ao grupo sino-tibetano. Aínda que se tende a considerar o chinés como unha única lingua, principalmente debido ao feito de que todos os seus falantes escriben igual (é dicir, que son mutuamente intelixibles a nivel escrito), o certo é que é un conxunto de linguas distintas, cuxos falantes non se entenden oralmente entre si. A principal e oficial na República da China é o mandarín estándar (Putonghua), baseado no dialecto de Pequín, aínda que a máis falada fóra da China é o cantonés (Yue).
Xbox One é unha consola de videoxogos desenvolvida por Microsoft e anunciada en maio de 2013. É a sucesora da Xbox 360 e a terceira consola da familia Xbox, lanzada á venda en Norteamérica, algúns países de Europa, Australia e no Brasil en novembro de 2013, e no Xapón, China e outros países europeos en setembro de 2014. Compite coa consola de Sony PlayStation 4 e a Wii U de Nintendo como parte oitava xeración de videoconsolas.
As citoquininas (CK) ou citocininas son un tipo de hormona vexetal ou fitohormona que promove a división celular nas raíces e taliños. O seu nome procede de "citocinese". Están implicadas principalmente no crecemento e diferenciación celular, pero tamén afectan á dominancia apical, crecemento das xemas axilares, e senescencia das follas.
Gary Player, nado en Xohanesburgo o 1 de novembro de 1935 é un golfista profesional surafricano retirado, considerado un dos mellores da historia. Durante a súa carreira, Player gañou nove campionatos do tour regular e outros nove do Champions Tour. Aos vinte e nove anos, Player gañou o U.S. Open de 1965, converténdose no único non estadounidense que gañou os catro grandes torneos, coñecidos como o Grand Slam.
A fórmula química ou fórmula molecular é un conxunto de símbolos e números que indicar o número real de átomos de cada elemento químico que hai na molécula nunha substancia química. Nos compostos orgánicos úsanse fórmulas químicas de varios tipos: condensada (empírica), semicondensada (semiempírica) ou semidesenvolvida e desenvolvida, segundo que se especifiquen ou non as unións interatómicas con menor ou maior detalle, se ben acostuma usarse algún tipo de fórmula semidesenvolvida.
Mission: Impossible é unha serie de televisión estadounidense creada e producida por Bruce Geller. Relata as historias dun equipo secreto do goberno coñecido como Impossible Missions Force (IMF). Na primeira tempada, o equipo é liderado por Dan Briggs, interpretado por Steven Hill; Jim Phelps, interpretado por Peter Graves, toma o relevo para o resto das tempadas.
O anime (アニメ, en xaponés) é o nome co que se coñece a animación xaponesa. Sería algo como a extrapolación dos mangas (bandas deseñadas xaponesas) para as pantallas de televisión. Entre a manga e anime adoita haber moita interacción, posto que os mangas que teñen éxito son posteriormente adaptados ó anime.
Unha torre de auga é un edificio elevado que soporta un tanque de auga construído a unha altura suficiente para presurizar un sistema de distribución de auga para a distribución de auga potable e proporcionar almacenamento de emerxencia para a protección contra incendios. As torres de auga adoitan funcionar xunto con encoros de servizo subterráneos ou superficiais, que almacenan a auga tratada preto de onde se usará. Outros tipos de torres de auga só poden almacenar auga bruta (non potable) para protección contra incendios ou para fins industriais e non necesariamente poden estar conectadas a un abastecemento público de auga.
Lucy Wills, nada o 10 de maio de 1888 e finada o 16 de abril de 1964, foi unha hematóloga británica, que a fins dos anos 20 e principios dos 30 do século XX conduciu unha investigación na India sobre a anemia macrocítica no embarazo. O seu traballo levouna a descubrir un factor nutricional que serviu para previr e curar esas desordes.
Give a Glimpse of What Yer Not
Give a Glimpse of What Yer Not é o décimo primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Dinosaur Jr., publicado o 5 de agosto de 2016 a través do selo Jagjaguwar. O disco foi anunciado o 24 de maio e o videoclip do seu primeiro sinxelo, "Tiny", lanzouse o día 20 de xuño. O segundo sinxelo, "Goin Down", editouse o 27 de xullo.
A esfera é o lugar xeométrico dos puntos do espazo que teñen unha distancia constante respecto a outro chamado centro. Non debe confundirse o valor areal da súa superficie co volumétrico do espazo que pecha. Os dous están en función desa distancia constante chamada raio (R), pero a medida deste último ten o valor de: V = 4 3 π R 3 {\displaystyle V={\frac {4}{3}}\pi R^{3}} mentres que o valor da súa superficie é: S = 4 π R 2 {\displaystyle S=4\pi R^{2}} Podería definirse tamén a esfera coma un poliedro de infinitas caras.
Histoire naturelle des poissons
A Histoire naturelle des poissons (Historia natural dos peixes) é unha monumental obra en 22 volumes publicada entre 1828 e 1849 por Georges Cuvier (1769-1832) e o seu alumno e futuro sucesor Achille Valenciennes (1794-1865). Georges Cuvier estaba interesaado na consolidación do saber ictiolóxico. Fixo entón unha síntese de todas as informacións da disciplina da súa época.
Joel Thomas Zimmerman, nado en Niagara Falls, Ontario o 5 de xaneiro de 1981, é un produtor musical e DJ canadense máis coñecido polo seu nome artístico deadmau5. Zimmerman produce en gran variedade de estilos dentro do xénero house e da música eletrónica. Os seus temas foron incluídos en varios álbums recompilatorios como In Search of Sunrise 6: Ibiza de 2007 ou en A State of Trance de Armin van Buuren.
Václav Smil, nado en Plzeň o 9 de decembro de 1943, é un científico e analista político checo-canadense. É profesor emérito na Facultade de Medio Ambiente da Universidade de Manitoba en Winnipeg, Manitoba, Canadá. Os seus intereses de investigación acostuman adoptar un enfoque multidisciplinar e abranguen eidos como a enerxía, o medio ambiente, a alimentación, a demografía, a economía, a historia e as políticas públicas.
Lista de países de África por poboación
Esta é unha lista dos países da África e as súas dependencias segundo a poboación (2007).
WordNet é un léxico semántico para a lingua inglesa. Agrupa palabras inglesas en grupos de sinónimos chamados synsets, prové de definicións curtas e almacena as distintas relacións semánticas entre estes grupos de sinónimos. O propósito é dobre: producir unha combinación de dicionario e tesauro que se puidese empregar dunha forma máis intuitiva, e co obxectivo de soporta-la análise automática de textos e as apliacións da intelixencia artificial.
Joseph Isadore Lieberman, coñecido como Joe Lieberman, nado o 24 de febreiro de 1942, é un destacado político estadounidense afiliado ao Partido Demócrata dese país. Nas eleccións do ano 2006, presentouse como candidato "independente" para poder conservar a súa banca. É por iso que está catalogado como Independente demócrata, sen deixar a súa afiliación ao partido.
A Casa de Pavlov (en ruso: дом Павлова) é un edificio de apartamentos da cidade de Volgogrado. Durante a Segunda Guerra Mundial, foi defendido na Batalla de Stalingrado entre 1942 e 1943. Recibiu o seu nome do sarxento Yakov Pavlov, que mandaba o pelotón que tomou o edificio e o defendeu durante a batalla.
Josep Palau i Fabre, nado en Barcelona o 21 de abril de 1917 e finado na mesma cidade o 23 de febreiro de 2008, foi un escritor catalán.Foi esencialmente poeta pero cultivou diferentes disciplinas artísticas como poesía, teatro, ensaio e narrativa e , ademais, foi un dos maiores especialistas na obra do pintor Pablo Picasso con quen mantivo unha boa relación durante os últimos anos da vida do artista malagueño. Palau foi o primeiro estudoso que profundizou na investigación do período coruñés de Picasso, dedicándolle un capítulo do seu libro Picasso vivent.En 2017, con motivo do centenario do nacemento do poeta, conmemorouse o Ano Palau i Fabre. O aniversario celebrouse do 21 de abril de 2017 ao 21 de abril de 2018.
Just Cause 3 é un videoxogo de acción e aventuras en mundo aberto desenvolvido por Avalanche Studios e publicado por Square Enix no 2015. Foi anunciado o 11 de novembro de 2014 e é o terceiro xogo da serie Just Cause, sendo a secuela directa de Just Cause 2. Foi lanzado internacionalmente o 1 de decembro de 2015 para Microsoft Windows, PlayStation 4 e Xbox One.
Cando foi poboada orixinalmente, Nova Zelandia foi dividida en provincias. Estas foron abolidas en 1876 para que o goberno puidese ser centralizado, por motivos financeiros. En resultado, a Nova Zelandia non posúe ningunha entidade subnacional como provincia, estado ou territorio, máis aló do goberno local.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
Queremos Galego! é unha plataforma cidadá, conformada por entidades de diferentes ámbitos e por persoas a título individual, que naceu en 2009 para artellar unha ampla resposta colectiva a prol da lingua galega, mediante a defensa e afirmación dos usos públicos e dereitos lingüísticos xa garantidos pola actual lexislación, e con intención de conseguir a progresiva normalización naqueles espazos onde o idioma de noso non goza aínda da presenza desexada.
Concepción Velasco Varona, coñecida como Concha ou Conchita Velasco, nada en Valladolid o 29 de novembro de 1939, é unha actriz, cantante, bailarina e presentadora de televisión española. Estudou Danza Clásica e Española en Madrid e no Conservatorio Nacional dos 10 a 20 anos. Estréase como bailarina no Corpo de Baile da Ópera da Coruña e na compañía de Manolo Caracol como bailaora flamenca.
A arte mudéxar é a arte que practicaban os mudéxares e mouriscos. Tivo lugar do século XII ao XVI, e foi un fenómeno autóctono e exclusivamente hispánico; con todo non tivo pegada en Galicia, Asturias e Cantabria, pola pouca influencia mourisca nestas zonas. Aínda que tamén chegou ás Américas, ás colonias españolas.
A extinción do Devoniano tardío ou extinción masiva do Devoniano é o nome que se lle dá a unha serie de importantes extincións de especies ocorridas ao final do Devoniano, hai entre 408 e 360 millóns de anos (Ma). Recoñecéronse polo menos dous eventos de extinción: o evento Kellwasser, no límite Frasniano-Famenniano, e o evento Hangenberg, entre o Famenniano e o Misisipiano. Esta crise de extinción masiva tivo maiores efectos nos mares que nos continentes e afectou máis as especies de latitudes tropicais que de latitudes medias.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Celestino Fernández de la Vega
Celestino Fernández de la Vega Pardo, nado en Friol o 23 de setembro de 1914 e finado no Río Miño, en Lugo, en marzo de 1986, foi un escritor galego, filósofo e ensaísta. É coñecido sobre todo polo seu tratado sobre o humor titulado O segredo do humor, de 1963.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Saudade de ti é unha serie de televisión estreada en 2022 pola Televisión de Galicia, consta de 60 capítulos na primeira tempada, que foron emitidos entre xullo e setembro de 2022. A primeira tempada foi líder de audiencia na TVG. Foi seguida por máis de 150.000 espectadores cada noite, a primeira elección en horario de máxima audiencia en Galicia.En marzo de 2023 gravábase a segunda tempada en Ares. Foi estreada na TVG o domingo 18 de xuño de 2023, emitíndose os domingos, luns e martes.
Margarita Ledo Andión, nada en Castro de Rei no 5 de febreiro de 1951, é unha xornalista, escritora e cineasta galega. Docente e catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela, numeraria da Real Academia Galega; recibiu, entre outros, o Premio Nacional da Cultura Galega (2008) e o Premio Otero Pedrayo (2017).
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
Galería de imaxes de arañas de Galicia
Galería de imaxes de arañas de Galicia. As arañas pertencen á orde Araneae dos artrópodos.
O arco longo inglés (en inglés: English longbow) era un poderoso tipo de arco longo (de gran tamaño, para o tiro con arco) con preto de 2 metros de altura, usado polos ingleses e galeses durante a Idade Media, tanto para a caza como para a guerra. Os arcos longos foron particularmente eficaces contra os franceses na batalla de Agincourt durante a guerra dos Cen Anos. Non sobrevive ningún arco longo inglés do período no que o arco longo era dominante (c.
Isaac Newton, nado en Woolsthorpe, Lincolnshire, o 25 de decembro de 1643 (día de Nadal de 1642 segundo o calendario xuliano) e finado en Londres o 31 de marzo de 1727, foi un físico, matemático, astrónomo, alquimista, teólogo e autor inglés (descrito na súa época como un "filósofo natural") amplamente recoñecido como un dos os máis grandes matemáticos e físicos de todos os tempos e entre os científicos máis influentes. Foi unha figura clave na revolución filosófica coñecida como Ilustración. O seu libro Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica (Principios matemáticos da filosofía natural), publicado por primeira vez en 1687, estableceu a mecánica clásica.
Terminator (en inglés: The Terminator) é un filme estadounidense de acción dirixido por James Cameron que foi estreado no 1984. Escrito conxuntamente entre Cameron e William Wisher Jr., está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Michael Biehn, e Linda Hamilton. Estreouse en galego na TVG o 20 de xaneiro de 1992.
Celestino Iglesias Cores, máis coñecido como Tino Iglesias, nado en Ribadumia o 14 de marzo de 1962, é un piloto galego de automobilismo. Compite habitualmente en varias modalidades e competicións de xeito simultáneo e incluso no mesmo día. É o piloto máis laureado do Campionato de Galicia de Autocross con seis títulos (en 2010, 2011, 2013, 2014, 2015 e 2016) e foi campión de Galicia de slálom en 2010.
Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Fiorentina, da Serie A de Italia. Considerada como unha das melloesr futbolista españolas da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a única en marcar nunha final.
Fernando Ónega López, nado en Mosteiro (Pol) o 16 de xuño de 1947, é un xornalista galego.Ao longo da súa carreira traballou en gabinetes oficiais, prensa escrita, radio e televisión pública (TVE) e privada (Telecinco e Antena 3). Foi xefe de prensa da Guardia de Franco (1975) e subdirector do diario Arriba, órgano oficial da Falanxe. Foi director de prensa da Presidencia do Goberno con Adolfo Suárez, etapa na que escribiu a maioría dos discursos deste.
José Ignacio Gabilondo Pujol, nado en Donostia o 19 de outubro de 1942 e máis coñecido como Iñaki Gabilondo, é un xornalista vasco. Xornalista de gran prestixio, a súa carreira estivo estreitamente ligada á radio, concretamente á Cadena SER, onde conduciu con grande éxito durante case vinte anos (entre 1986 e 2005) o espazo matinal Hoy por hoy. Tamén ten traballado en televisión, un medio que retomou en 2005, tras anos afastado dela, para presentar os informativos de Cuatro ata comezos de 2010 cando pasou a CNN+.
José Roberto Gama de Oliveira, coñecido como Bebeto, nado en Salvador o 16 de febreiro de 1964, é un exfutbolista e político brasileiro. Considerado un dos mellores dianteiros da historia do seu país, foi un prolífico goleador, autor de preto de 400 goles en partidos oficiais. Xogou en tres dos catro grandes equipos do Río de Xaneiro (Flamengo, Vasco da Gama e Botafogo) e destacou tamén no Deportivo da Coruña, sendo o quinto máximo goleador histórico do club galego e un dos seus maiores ídolos.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Timothée Hal Chalamet, nado o 27 de decembro de 1995, é un actor franco-estadounidense. É coñecido polas súas actuacións como Finn Walden na serie de Showtime Homeland (2012), Danny Vance no filme dramático Men, Women & Children (2014), Tom Cooper no filme de ciencia ficción Interstellar (2014), Elio Perlman no filme de drama romántico Call Me by Your Name (2017) e Kyle Scheible no filme Lady Bird (2017).
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un fragmento de texto que se envía desde os servidores dun sitio web e que se garda no navegador web do usuario do sitio. Deste xeito, o sitio web pode consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación. Un rastro de "sesión" é o que xeralmente remata cando pechas o navegador ou a aplicación móbil.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».