Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Amar en tiempos revueltos foi unha telenovela ambientada na época da guerra civil española e nos primeiros anos do franquismo. Está inspirada pola serie de TV3 Temps de Silenci, producida tamén por Diagonal TV. Empezou a emitirse en La 1 diariamente desde o 27 de setembro de 2005 e durante sete anos permaneceu en emisión ata o 16 de novembro de 2012. A primeira tempada ambientábase nos sucesos que ocorreron entre os anos 1936 e 1945.
A lectura é o proceso que permite que, tras visualizar detidamente un texto, poidamos entender, interpretar ou maxinar o seu contido. A lectura é un acto comunicativo que precisa dun emisor, dunha mensaxe, dun código e dun receptor que o dea interpretado. A lectura non é unha actividade neutra: pon en xogo o lector e unha serie de relacións complexas co texto, o que le, o que desenvolve a lectura, é o receptor.
Global Research Identifier Database
Global Research Identifier Database (GRID) é un conxunto de datos de acceso público sobre institucións de todo o mundo que están implicados na investigación. Na base de datos, cada institución está acompañada dun enderezo único, moitas veces complementado con información, como as coordenadas xeográficas, a páxina web e a páxina da Wikipedia. Hai todo tipo de organización e de institutos.
O circuíto de Silverstone é un autódromo localizado en Silverstone, Inglaterra, no que se disputa o Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1. O primeiro Gran Premio da historia correuse alí, nun aeródromo inactivo desde a segunda guerra mundial. As tres pistas de engalaxe, trazadas no clásico formato triangular da época, aínda poden apreciarse dentro do circuíto.
Gus Green Van Sant, Jr., nado en Louisville (Kentucky) o 24 de xullo de 1952 é un director de cine, guionista, pintor, fotógrafo, músico e autor estadounidense. Foi nomeado dúas veces ó Óscar ó mellor director, a primeira por Good Will Hunting (1997) e a segunda por Milk (2008), os cales foron nomeados tamén ó Óscar ó mellor filme. Gañou unha Palma de Ouro no Festival Internacional de Cine de Cannes polo filme Elephant (2003).
Unha abadía (do latín tardío abbatia, derivado do arameo abba, "pai") é un mosteiro ou convento cristián, baixo o goberno dun abade ou abadesa, independente da xurisdición ordinaria dos bispos, que serve de pai ou nai espiritual da comunidade. Un priorado só se diferenza dunha abadía en que o superior leva o título de prior ou prioresa: os priorados foron en orixe dependencias das grandes abadías, pero hoxe a distinción entre abadías e priorados perdeuse.
Cars Martini é unha empresa francesa construtora de coches de Fórmula, fundada por Renato "Tico" Martini en 1965, cando Martini e o seu socio Bill Knight fundaron o Winfield Racing School no Circuíto de Nevers Magny-Cours. O primeiro coche de Martini foi o MW3, un coche de Fórmula 3 construído en 1968. Aínda que máis coñecido polos seus exitosos esforzos en Fórmula 3, Fórmula Renault e outras fórmulas máis baixas durante os anos 1970 e 1980, tamén se lles coñece por participar nas oito carreiras da tempada de Fórmula Un de 1978 co chasis MK23, o que proporciona René Arnoux (máis tarde, piloto de Renault e Ferrari), o seu debut na Fórmula 1.
O Cantar de mio Cid é un cantar de xesta anónimo que relata fazañas heroicas inspiradas nos últimos anos da vida do cabaleiro castelán Rodrigo Díaz de Vivar (1043-1099). É a primeira obra narrativa extensa da literatura española nunha lingua romance e presenta un alto valor literario. Está escrito en castelán medieval e composto ao redor do ano 1200 (datas post quem e ante quem: 1195–1207).
Twitch é un servizo de streaming estadounidense que permite realizar retransmisións en directo, especialmente de videoxogos, incluíndo os directos dos deportes electrónicos, ademais de música, contido creativo, debates e directos da vida dos influencers. Twitch é operado por Twith Interactive propiedade de Amazon sendo rival directo de YouTube. A súa orixe vén do ano 2007 cando Justin Kan e Emmet Shear fundaron Justin.tv.
Un tratado internacional é un acordo escrito entre certos suxeitos de Dereito internacional e que se atopa rexido por este, que pode constar dun ou varios instrumentos xurídicos conexos, e sendo indiferente a súa denominación. Como acordo implica sempre que sexan, como mínimo, dúas persoas xurídicas internacionais quen conclúan un tratado internacional. O máis común adoita ser que tales acordos realícense entre Estados, aínda que poden celebrarse entre Estados e organizacións internacionais ou entre organizacións internacionais.
Ignacio Javier Gómez Novo, máis coñecido por Nacho Novo, nado en Ferrol o 26 de marzo de 1979, é un exfutbolista galego, que xogaba de dianteiro. Fillo do futbolista Richard Gómez, formouse na canteira do Racing de Ferrol, club no que tamén xogara seu pai, e tras pasar polo Somozas e o Huesca, emigrou para probar sorte no fútbol escocés, xogando primeiro no Raith Rovers e no Dundee FC, e finalmente nun dos dous equipos máis importantes da liga escocesa, o Rangers. Os seus 255 partidos e 73 goles co equipo de Glasgow convertérono nunha lenda do club, co que gañou 8 títulos, entre eles tres ligas, e co que tivo varias participacións na Liga de Campións e na Copa da UEFA. Despois de seis tempadas en Ibrox fichou polo Sporting de Gijón, co que debutou na Primeira división española.
O metro é a unidade fundamental de lonxitude, pertencente ó Sistema Internacional de Unidades. O seu símbolo é m. Definiuse inicialmente como a 10 000 000 parte do cuadrante do meridiano terrestre, mais actualmente, o metro defínese como a lonxitude do traxecto percorrido pola luz no baleiro durante un intervalo de tempo de 1/299 792 458 de segundo (Unidade de Base ratificada pola 17ª CGPM - 1983).
Un distrito electoral é unha división electoral formada polo conxunto de persoas dun territorio que votan e constitúen unha unidade de voto. Nas eleccións municipais o distrito é o concello; nas eleccións ao Parlamento galego e ás Cortes españolas, cada provincia é un distrito; nas eleccións ao Parlamento europeo cada estado membro da Unión Europea constitúe un distrito electoral.
Museo Louisiana de arte moderna
O museo Louisiana de arte moderna é un museo localizado na costa norte da illa de Selandia, en Humlebæk, preto de Copenhaguen, en Dinamarca.
A Praza Central (en finés Keskustori) é unha praza situada no centro da cidade de Tampere, Finlandia. A praza é atravesada por Hämeenkatu e está bordeada polas rúas Aleksis Kiven katu e Satakunnankatu e no seu extremo oriental polo Tammerkoski. Nela encóntranse algúns dos edificios máis emblemáticos da cidade, como a Raatihuone, a Igrexa Vella, a Antiga Biblioteca, a antiga fábrica de papel Frenckell, o Teatro de Tampere, ou as casas do Comercio, Palander ou Sumelius.
Déixame saír (en inglés: Get Out) é un filme estadounidense de terror escrito, coproducido e dirixido por Jordan Peele, no seu debut como director. Está protagonizado por Daniel Kaluuya, Allison Williams, Lil Rel Howery, Bradley Whitford, Caleb Landry Jones, Stephen Root e Catherine Keener, e conta a historia dunha parella interracial que visita a misteriosa casa dos pais dela. Déixame saír estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 24 de xaneiro de 2017, e nos cines dos Estados Unidos de América o 24 de febreiro, con Universal Pictures.
Departamento de Estado dos Estados Unidos de América
O Departamento de Estado dos Estados Unidos de América (en inglés: United States Department of State; acrónimo : DOS ) é o departamento executivo federal responsable das relacións internacionais e da política exterior dos Estados Unidos, equivalente aos Ministerios de Asuntos Exteriores doutros países, e forma parte do poder executivo dese Estado-nación.
Titus Petronius Niger, máis coñecido como Petronio (Petronius Arbiter en latín), nado cara ao ano 27 en Marsella (Galia) e finado cara ao ano 66 en Cumae, foi un escritor romano. No ano 66 foi acusado de participar na conspiración de Piso, co obxectivo de asasinar a Nerón. De feito, pretendía el mesmo tornarse emperador de Roma.
Ashleigh Barty, nada en Ipswich, Queensland, o 24 de abril de 1996, é unha ex xogadora de tenis e antiga xogadora de crícket australiana. Chegou ao número un do mundo individual da Women's Tennis Association (WTA), sendo a segunda australiana que o logrou tras Evonne Goolagong Cawley. Tamén chegou a estar entre as cinco mellores do mundo en dobres.
Higashine (東根市, ひがしねし, Higashine-shi) é un concello da prefectura de Yamagata no Xapón. Está situado no centro da rexión de Tōhoku e no centro-leste da prefectura, e ó leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 207,17 km² e a poboación de 46.155 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 223 h/km².
55 Cancri b (abreviado 55 CNC b e, en ocasións, chamado 55 Cancri Ab, co fin de distinguilo da estrela 55 Cancri B) é un planeta extrasolar que orbita ó redor da estrela 55 Cancri A, a cal é semellante ó noso Sol, tarda en completar cada órbita 14,65 días. É o segundo planeta en orde de distancia respecto da súa estrela, e é un exemplo dun Xúpiter quente, ou case mellor sería dicir un Xúpiter morno. Foi descuberto en 1996 por Geoffrey Marcy e R. Paul Butler, 55 Cancri b foi o cuarto planeta extrasolar descuberto, se excluímos ós planetas pulsar.
Adele Laurie Blue Adkins, nada o 5 de maio de 1988, en Tottenham, Londres, Inglaterra, coñecida simplemente como Adele, é unha cantante e compositora británica de soul, blues, pop e jazz, gañadora de oito Premios Grammy e tres Brit Awards. Dende moi nova amosou un grande interese pola música e, en 2006, egresou da BRIT School de Artes Escénicas e Tecnoloxía. Ese mesmo ano, firmou un contrato con XL Recordings, tras ser descubierta por unhas demos que un amigo publicou en MySpace. Nos Premios Brit de 2007 recibiu o galardón de elección dos críticos e tamén gañou a enquisa Sound of 2008 realizada pola BBC. En 2008, Adele debutou co seu primeiro álbum de estudio, 19, que se situou no número 1 da lista de álbums británica e foi certificado, tamén, como disco dobre platino nos Estados Unidos No territorio norteamericano, a súa carreira, viuse moi lanzada trala actuación no programa Saturday Night Live, a mediados de outubro de 2008; ese programa contou coa maior cantidade de espectadores en catorce anos. Un ano despois, na 51ª entrega dos Premios Grammy, gañou os galardóns á mellor artista novo, e mellor interpretación vocal por feminina por "Chasing Pavements".
Angela Dorothea Merkel, nada en Hamburgo o 17 de xullo de 1954, é unha política alemá, que ocupou o cargo de chanceleresa de Alemaña entre 2005 e 2021. Dirixiu unha coalición formada polo seu partido, a CDU (Unión Democrática Cristiá), e a CSU (Unión Social Cristiá), xunto co SPD (Partido Socialdemócrata de Alemaña).
Emilio Estevez, nado o 12 de maio de 1962 en Staten Island, Estado de Nova York, é un actor, director, guionista, produtor e actor de dobraxe estadounidense. Emilio Estevez é o fillo do actor de orixe galega Martin Sheen (nado como Ramón Estévez) e a artista irlandesa Janet Templeton. Os seus irmáns son Ramon Estevez, Charlie Sheen (nado como Carlos Estevez), Natasha Prasaud Estevez e Renée Estevez.
Ámsterdam ou Ámsterdan (en neerlandés: Amsterdam, [ˌɑmstərˈdɑm] (AFI), escoitar) é a capital e cidade máis grande dos Países Baixos, situada na provincia de Holanda Setentrional no oeste do país. A cidade ten unha poboación de 760.000 habitantes, un millón e medio se se conta a súa área metropolitana. Ademais a cidade forma parte do Randstad (xunto coas cidades de Rotterdam e A Haia), a sexta das conurbanizacións máis grandes de Europa, cunha poboación de ao redor de 6,7 millóns de habitantes.
Obsidian Entertainment é unha empresa estadounidense desenvolvedora de videoxogos fundada en 2003 con sede en Irvine, California. Foi fundada por Chris Jones, Chris Avellone, Darren Monahan e Feargus Urquhart, ex-empregados de Black Isle Studios. Esta empresa é recoñecida polo desenvolvemento de xogos para PC, como Star Wars: Knights of the Old Republic II: The Sith Lords, Neverwinter Nights 2, Pillars of Eternity, Fallout New Veigas e The Outer Worlds.
Alex e Emma (en inglés: Alex & Emma) é un filme estadounidense de comedia romántica dirixido por Rob Reiner que foi estreado no ano 2003. Está protagonizado por Kate Hudson e Luke Wilson. O guión é de Jeremy Leven, e conta a historia dun escritor que debe producir unha novela en trinta días ou enfrontar a ira dos usureiros.
Fernando del Paso Morante, nado na Cidade de México o 1 de abril de 1935 e finado en Guadalaxara o 14 de novembro de 2018, foi un escritor, debuxante, pintor, diplomático e académico mexicano. Era especialmente recoñecido por tres extensas novelas, que son consideradas como algúns dos mellores expoñentes da narrativa mexicana do século XX: José Trigo (1966), Palinuro de México (1977) e Noticias do Imperio (1987). En 2015 foille concedido o Premio Cervantes.
A anagnórise ou recoñecemento (do grego antigo ἀναγνώρισις, recoñecemento) é un topos clásico da trama narrativa e, en particular, do teatro consistente en que un personaxe, após unha cadea máis ou menos complexa de vicisitudes, é recoñecido por outros (ou se dá conta el mesmo) na súa verdadeira identidade. A anagnórise aparece mencionada na Poética de Aristóteles e foi moi usada na comedia latina e no teatro barroco (Tirso de Molina, Calderón de la Barca, Shakespeare). Un caso sería o de dous irmáns, separados por un naufraxio, que se atopan anos máis tarde, a punto de casar con alguén do contorno do outro.
Mariasun Landa Etxebeste, nada en Errenteria, Guipúscoa o 5 de xuño de 1949, é unha escritora vasca. É máis coñecida polas súas historias escritas para nenas e nenos, sendo Galtzerdi suizida e Krokodiloa ohe azpian os máis populares, entre outras. Nesta área, publicou numerosos libros e gañou varios premios.
Premio Goya á mellor fotografía
Na lista seguinte amósase a relación dos gañadores do Premio Goya á mellor fotografía desde a orixe do premio ata a actualidade.
O braille é un sistema de escrita táctil pensado para as persoas cegas. Foi inventado polo francés Louis Braille (1809-1852), cego dende a súa infancia debido a un accidente, a mediados do século XIX. Creou o código cando tiña 15 anos baseándose nun sistema militar deseñado por Charles Barbier de la Serre para a lectura de ordes durante os períodos nocturnos sen necesidade de prender ningunha luz. O braille resulta tamén interesante por tratase dun sistema de numeración binario, que precedeu á invención dos ordenadores.
A primeira guerra carlista, desenvolveuse en España entre 1833 e 1840 entre os partidarios de Carlos María Isidro de Borbón, coñecidos como carlistas e partidarios dun réxime absolutista e Isabel II, partidarios dun réxime liberal. Con anterioridade, a historiografía española, tamén a tiña denominado como guerra dos Sete Anos ou primeira guerra civil.
Centre national de la recherche scientifique
O Centre national de la recherche scientifique (Centro Nacional de Investigación Científica), coñecido polo acrónimo da súa sigla CNRS, é o meirande organismo de investigación científica de carácter público de Francia.
Nouria Benghabrit (en árabe نورية بن غبريط), nada en Oujda (Marrocos) o 5 de marzo de 1952, é unha política, socióloga e investigadora alxeriana. Foi Ministra de Educación entre 2014 e 2019. O seu rigor e a súa man dereita á hora de tomar decisións, especialmente fronte aos sindicatos, valéronlle o alcume de «Dama de ferro».
Sean Lawlor, nado en Dublín o 25 de xaneiro de 1954 e finado na mesma cidade o 10 de outubro de 2009, foi un actor irlandés. É coñecido por interpretar a Malcolm Wallace no filme de Mel Gibson Braveheart. Ademais, apareceu no filme de James Cameron Titanic e no de Jim Sheridan In the Name of the Father.
O funk é un estilo musical afroamericano. Naceu nos 60 con intérpretes coma James Brown, Sly and the Family Stone e The Meters, e emerxeu coma xénero a finais desa década. O funk caracterízase por ter ritmos bailables moi sincopados que enfatizan o primeiro tempo de cada compás, liñas de baixo prominentes, unha guitarra rítmica moi distintiva cun son afiado, voces ó estilo da música soul, seccións de vento poderosas e orientadas ó ritmo, unha grande énfase na percusión, incluíndo adoito diversos tambores ademais da batería, e influencias africanas e do jazz.
O churrigueresco é un estilo extravagante de arquitectura e decoración, popular en España e en América Latina (especialmente en México e no Perú) no século XVIII, época do barroco, tamén usado algunhas veces para definir libremente, como un todo, o barroco e o rococó serodios na arquitectura española. É polo tanto un estilo barroco que presenta máis ornamentación. Foron construcións de retablos efémeros e tamén no arquitectónico.
A realidade virtual é unha tecnoloxía de interface entre un usuario e un sistema operacional a través de recursos gráficos 3D ou imaxes 360º cuxo obxectivo é crear a sensación de presenza nun ambiente virtual distinto do real. Para iso, esa interacción é realizada en tempo real, co uso de técnicas e de equipamentos computacionais que axuden na ampliación do sentimento de presenza do usuario no ambiente virtual. Esta sensación de presenza adoita referirse como inmersión.
Unha cámara fotográfica é un dispositivo utilizado para tomar fotografías, xa sexa individualmente ou en secuencia. O seu nome deriva do latín camera obscura, que significa "cámara escura" e refírese a un mecanismo antigo para proxectar imaxes no cal unha habitación (ou cámara) funcionaba de maneira similar a como funciona unha cámara fotográfica actualmente.
O Rogers Centre, anteriormente chamado SkyDome, é un parque de béisbol situado no centro de Toronto, Ontario (Canadá), xusto ao suroeste da Torre CN, cerca do Lago Ontario. Inaugurado en 1989, é o estadio local dos Toronto Blue Jays da Major League Baseball (MLB). Anteriormente tamén foi lar dos Toronto Argonauts da Canadian Football League (CFL) e dos Toronto Raptors da National Basketball Association (NBA).
Adstrinxente, adstritivo ou estíptico é calquera das substancias que coa súa aplicación externa local (tópica), retraen os tecidos e poden producir unha acción cicatrizante, antiinflamatoria e antihemorráxica. Entre os adstrinxentes usuais, con efectos de moi diverso grao, áchanse os alcois, o alume, os taninos, a quina, o nitrato de prata, o acetato de chumbo, o sulfato de zinc, sales de bismuto, o soro salino e o aceite esencial de alcipreste. Tamén se consideran adstrinxentes os fármacos que producen estrinximento, tamén chamados antidiarreicos ou restrinxentes.
A Batalla de Velbazhd (en búlgaro: битка при Велбъжд,bitka pri Velbazhd; serbio: Битка на Велбужду, bitka na Velbuždu) foi unha batalla que tivo lugar entre os exércitos búlgaro e serbio o 28 de xullo de 1330, preto do pobo de Velbazhd (actual Kyustendil). O crecente poder do Reino de Serbia desde finais do século XIII suscitaba gran inquietude nas potencias tradicionais nos Balcáns Bulgaria e Bizancio, que acordaron unha alianza contra Serbia en 1327. Tres anos máis tarde, o groso dos exércitos búlgaros e serbios enfrontáronse en Velbazhd e os búlgaros foron tomados por sorpresa.
O sistema locomotor ou aparato/aparello locomotor (tamén sistema musculoesquelético) é un sistema orgánico formado polos sistemas muscular e óseo, que permite realizar os movementos do corpo e dá forma, e proporciona soporte, estabilidade e protección ao corpo. Está constituído polos ósos do esqueleto, os músculos, cartilaxes, tendóns, ligamentos, articulacións e outros tecidos conectivos que sosteñen e unen os diversos tecidos e órganos. A principal función do sistema locomotor é permitir os movementos.
Geoffrey Eric Molson, nado en Montreal (Quebec, Canadá) o 23 de xullo de 1971, é un empresario canadense e actual presidente e director executivo e co-propietario da franquía da National Hockey League (NHL) dos Montreal Canadiens, Evenko, Bell Centre e L'Équipe Spectra xunto cos seus irmáns Andrew Molson e Justin Molson. É membro da familia Molson.
A cidade é actualmente considerada como unha entidade urbana con alta densidade de poboación na que predominan fundamentalmente a industria e os servizos. Diferénciase doutras entidades urbanas por diversos criterios, entre os que se inclúen poboación, densidade de poboación ou estatuto legal, aínda que a súa distinción varía entre países. Historicamente os habitantes das cidades foron unha proporción pequena da humanidade en xeral, mais hoxe, despois de varios séculos de urbanización sen precedentes e acelerada, a metade da poboación mundial vive nas cidades.
Moviment d'Esquerres (MES, en galego: Movemento de Esquerdas) é un partido político de ideoloxía socialdemócrata e independentista catalán. Presentouse en novembro de 2014, resultado da fusión de Nova Esquerra Catalana e Moviment Catalunya, as dúas escisións do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC). Para as eleccións municipais de 2015 presentou 45 listas conxuntas con Esquerra Republicana de Catalunya, tres con Iniciativa per Catalunya Verds e tres en solitario.Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2015 integrouse na coalición independentista Junts pel Sí.
Josep Maria Jujol i Gibert, nado en Tarragona o 16 de setembro del 1879, e finado en Barcelona o 1 de maio del 1949, foi un arquitecto, debuxante, deseñador e pintor modernista catalán. Dedicouse á docencia tanto na Escola d'Arquitectura como na Escola del Treball, tamén en Barcelona. Foi arquitecto municipal de Sant Joan Despí, onde se atopan moitos dos edificios que construíu.
John Jacob Astor, nado o 17 de xullo de 1763 e finado o 29 de marzo de 1848, foi un empresario americano de orixe alemá, comerciante, inmobiliario e investidor que principalmente fixo a súa fortuna no comercio de pel e por investir en inmobles preto ou nacidade de Nova York. Foi o primeiro membro destacado da familia Astor e o primeiro multimillonario nos Estados Unidos.
O factor tisular (TF), tamén chamado factor III de coagulación, factor tisular das plaquetas ou CD142, é unha proteína codificada polo xene F3 do cromosoma 1 humano, que está presente no tecido subendotelial e leucocitos. O seu papel no proceso de coagulación do sangue é a iniciación da formación de trombina a partir do cimóxeno protrombina. O factor tisular forma parte da tromboplastina, que intervén na fervenza de reaccións que leva á activación do factor X na vía do factor tisular (antes chamada vía extrínseca).
A arte (do latín ars, artis, a través do seu acusativo singular artem) é entendida xeralmente como calquera actividade ou produto realizado polo ser humano cunha finalidade estética ou comunicativa, a través do que se expresan ideas, emocións ou, en xeral, unha visión do mundo, mediante diversos recursos, como as plásticos, lingüísticos, sonoros ou mixtos. A arte é un compoñente da cultura, reflectindo na súa concepción os substratos económicos e sociais, e a transmisión de ideas e valores, inherentes a calquera cultura humana ó longo do espazo e do tempo. Adoita considerarse que coa aparición do Homo sapiens a arte tivo en principio unha función ritual, máxica ou relixiosa, pero esa función cambiou coa evolución do ser humano, adquirindo un compoñente estético e unha función social, pedagóxica, mercantil ou simplemente ornamental.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
A oftalmoloxía (do grego ofthalmos "ollo" e logos "estudo") é a especialidade médica que estuda as enfermidades do ollo e os seus tratamentos, así como ó coidado e mantemento da vista. Como disciplina, tamén é aplicada na veterinaria, xa que as diferenzas entre os ollos humanos e os do resto dos animais adoitan estar relacionadas coa anatomía, non cos procesos patolóxicos. Os especialistas en oftalmoloxía son os oftalmólogos, que diagnostican as posibles doenzas mediante diferentes probas para poder establecer o tratamento adecuado: Cirúrxico: en casos como glaucoma, catarata, hipermetropía, miopía...; Médico: en diferentes procesos infecciosos, alérxicos ou inflamatorios, nos que se utilizan tratamentos farmacolóxicos; Óptico: consistente na exploración do ollo para determinar a graduación necesaria en lentes.
Camille Borghèse (italiano : Camillo Borghese), nado en Roma o 17 de setembro de 1550, falecido en Roma o 28 de xaneiro de 1621), elixido papa o 16 de maio de 1605 baixo o nome de Paulo V (en latín Paulus V, en italiano Paolo V). "Gens pervesa" na profecía de San Malaquías. Sendo favorable ás investigacións astronómicas, deixou condenar os traballos de Copérnico.