Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Cardiff (en galés: Caerdydd) é a capital e cidade máis importante de Gales. Situada na canle de Bristol, ó suroeste de Gales e preto da fronteira con Inglaterra, expandiuse enormemente durante o século XIX debido á industria mineira e ó tráfico dos seus portos. Segundo o censo de 2011, a poboación de Cardiff é de 341.054 habitantes, sendo a décima cidade máis grande do Reino Unido.
Christian Johann Heinrich Heine, nado en Düsseldorf o 13 de decembro de 1797 e finado en París o 17 de febreiro de 1856, foi un poeta e xornalista alemán. Considerado o "derradeiro poeta do romanticismo" alemán e, a un tempo, o poeta que axudou a superalo. Contribuíu a dar categoría poética á lingua coloquial, elevou o artigo de xornal e o libro de viaxes á categoría artística e dotou a lingua alemá escrita dunha lixeireza e unha elegancia descoñecidas.
Un exiptólogo é un especialista na historia e a arqueoloxía do Antigo Exipto, desde as orixes máis remotas ata o fin da época tolemaica, no século I a.C. Nas principais universidades do mundo hai cátedras desta disciplina onde os investigadores fórmanse e gradúan para logo dedicarse á arqueoloxía exipcia in situ, achegando nova información sobre o terreo, ou procesando no seu gabinete o que outros escavaron e con iso enriquecer o noso coñecemento; tamén dedicándose á docencia para formar exiptólogos ou como directores ou conservadores de institucións ou museos onde se custodian obxectos desta antiga civilización. O coñecemento fidedigno da historia do antigo Exipto é moi recente. Fai tan só dous séculos o que se coñecía das orixes da civilización exipcia proviña de relatos dos historiadores e viaxeiros gregos e romanos que, sen moito espírito crítico, recolleron aquilo que os exipcios da súa época narrábanlles.
Elmet foi un reino celta independente que ocupaba unha ampla área do que máis tarde se converteu na West Riding of Yorkshire durante a alta Idade Media, entre aproximadamente o século V e principios do século VII . Malia seren pouco claras as súas fronteiras, parece que acadaban o río Sheaf polo sur e o río Wharfe polo leste. Lindaba con Deira polo norte e Mercia polo sur, e semella que a súa fronteira occidental estaba preto de Craven, que era probabelmente un reino britano menor.
Os actinopterixios (Actinopterygii) son unha clase de peixes óseos (Osteichthyes). Constitúen o grupo dominante entre os vertebrados, con máis de 27 000 especies actuais que desenvolveron estratexias adaptativas que lles permitiron colonizar toda clase de ambientes acuáticos, tanto mariños como dulciacuícolas. Os peixes máis coñecidos pertencen a este grupo: troitas, salmóns, sardiñas, percas, arenques, atúns, linguados, carpas, anguías etc.
Roberto Devereux ou Roberto Devereux, ossia Il conte di Essex (en galego Roberto Devereux, ou o conde de Essex) é unha traxedia lírica, ou ópera tráxica, de Gaetano Donizetti con libreto en italiano de Salvatore Cammarano baseado na traxedia Elisabeth d'Angleterre, de François Ancelot, aínda que Devereux foi o tema de alo menos outras dúas obras francesas: Le Comte d'Essex de Thomas Corneille e Le Comte d'Essex de La Calprenede. Esta ópera foi estreada o 29 de outubro de 1837 no Teatro di San Carlo de Nápoles protagonizada por Giuseppina Ronzi De Begnis, seguido por Venecia, con Caroline Ungher, Lisboa (1838), París con Giulia Grisi. A ópera está inspirada libremente na vida de Robert Devereux, segundo conde de Essex, un influente membro da corte de Isabel I de Inglaterra.
Eurico (cara a 420-484) foi rei dos visigodos (logo de asasinar ao seu irmán Teodorico II) desde 466 ao 484. Era fillo de Teodorico I e sucedeuno o seu fillo Alarico II. Casou con Ragnaxilda, unha suposta filla de Meroveo, rei dos francos. O reinado de Eurico coincidiu coa disolución do Imperio Romano de Occidente, ao ser destronado o último emperador Rómulo Augústulo en 476.
O Hamburg Freezers é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Hamburgo (Alemaña). O equipo compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo alemán, a Deutsche Eishockey Liga (DEL), e xoga os seus partidos como local no Barclaycard Arena, un pavillón con capacidade para 13.000 espectadores.
O Ciclo da Pos-Vulgata é un importante conxunto de textos literarios medievais sobre as lendas artúricas, escrito orixinalmente en francés entre os anos de 1230 e 1240. Consiste nunha remodelación do Ciclo do Lancelot-Graal (tamén chamado Vulgata, escrita nos anos 1210-1220), con moitos elementos retirados e moitos outros adicionados.
Un CD (das siglas inglesas de Compact Disc) ou disco compacto é un soporte dixital óptico para todo tipo de datos (son, vídeo, documentos etc). Foi creado en 1980 por Sony e Philips e comercializado a partir de 1982 deica hoxe. Nos días de hoxe, tecnoloxías sucesoras como o DVD poden desprazar ou minimizar esta forma de almacenamento; o DVD tamén é un almacenamento óptico.
Nicolao Aleksandrovich de Rusia
Nicolao Aleksandrovich de Rusia (en ruso: Николай Александрович Романов) nado en Tsarskoe Selo o 20 de setembro de 1843 e finado en Niza o 24 de abril de 1865, foi tsarévich do Imperio ruso desde o 2 de marzo de 1855 até a súa morte. Era chamado polo hipocorístico Nixa.
Kuopio é unha cidade da rexión de Savonia do Norte (Finlandia). Ten 97.552 habitantes (2012), sendo a cidade máis poboada da provincia de Finlandia Oriental. Kuopio é coñecida por ser o berce dos pasteis de peixe finlandeses Kalakukko, polo dialecto Savo, polo outeiro de Puijo e pola torre de Puijo, que ofrece ao visitante unha vista magnífica da rexión.
Nymphomaniac (estilizado como NYMPH()MANIAC) é un filme europeo de cine arte escrito e dirixido por Lars von Trier que foi estreado en 2013. Está protagonizado por Charlotte Gainsbourg, Stellan Skarsgård, Stacy Martin, Shia LaBeouf, Christian Slater, Jamie Bell, Uma Thurman, Willem Dafoe e Connie Nielsen. Orixinalmente, só sería un único filme, pero por mor da súa longa duración, von Trier tomou a decisión de dividilo en dúas partes separadas.
Luke Skywalker é un personaxe ficticio e o protagonista da triloxía orixinal da saga de ciencia ficción A guerra das galaxias creada por George Lucas. Interpretado por Mark Hamill, Skywalker fai a súa primeira aparición en A guerra das galaxias (1977) e nos filmes seguintes O imperio contraataca (1980) e O retorno do Jedi (1983). Tres décadas despois Hamill volve a interpretar o personaxe na triloxía de Star Wars, secuela da anterior, que empeza con Star Wars: The Force Awakens (2015) e Star Wars: The Last Jedi (2017).
Mount Vernon é unha herdade privada na que viviu durante un tempo George Washington ata a súa morte en 1799, e alí é onde se atopa a súa tumba. Hoxe en día o lugar pertence ao Rexistro Nacional de Lugares Históricos dos Estados Unidos. Está situada preto de Alexandria, no condado de Fairfax (Virxinia).
O muralismo é un movemento artístico orixinariamente mexicano de principios do século XX que se distingue por ter un fin educativo. Este fin educativo considerouse esencial para poder lograr unificar a México despois da revolución. Gran parte destes artistas, debido ao contexto que se vivía na post-revolución, tivo unha grande influencia das ideas marxistas por iso a través dos murais proxectouse a situación social e política do México post-revolucionario.
A comida rápida (calco lingüístico do inglés fast food) é o nome xenérico dado ao consumo de alimentos que poden ser preparados e servidos nun intervalo pequeno de tempo. Aplícase comunmente á comida vendida en estabelecementos asociados ás grandes redes de alimentación. O mesmo alimento, que por veces é vendido como comida rápida, pode ser consumido en restaurantes.
O estreito de Euripo (grego: Ευβοϊκός κόλπος) é un angosto estreito mariño do mar Exeo que separa a illa grega de Eubea da Beocia, na Grecia continental. O estreito conecta o golfo Sur de Eubea, no sueste, co golfo Norte de Eubea, no noroeste, configurando unha pasaxe de navegación na costa suroccidental da illa de Eubea. Administrativamente, as ribeiras do estreito pertencen á unidade periférica de Eubea, parte da periferia de Grecia Central.
Cabrera é a illa principal do arquipélago de Cabrera, que se atopa fronte á costa sur de Mallorca, nas illas Baleares. Administrativamente este arquipélago pertence ao termo municipal de Palma. A presenza militar desde 1916 evitou que na zona producísese unha invasión turística, o que permitiu a conservación deste privilexiado ecosistema ata os nosos días, pertencendo desde o 29 de abril de 1991 ao Parque Nacional do Arquipélago de Cabrera, mediante a Lei 14/1991.
Nunavut (en inuktitut: ᓄᓇᕗᑦ, A nosa terra), é o maior e máis recente dos Territorios Autónomos do Canadá, situado ao Nordeste do país, entre Groenlandia ao Leste, Manitoba ao Sur, e os Territorios do Noroeste ao Oeste, territorio do que se saíron o 1 de abril de 1999, de acordo cos lindeiros fixados previamente en 1993. As devanditas fronteiras recoñecían a soberanía de Nunavut sobre case todas as illas árticas do Canadá (Ellesmere, Baffin, Devon, Southampton e a metade oriental de illa Victoria e a de Melville), así como sobre a zona costeira central do Canadá sobre o Océano Ártico e todas as illas da Baía de Hudson. Desde 1996, ano en que se produciron disturbios entre o exército canadense e varios pobos inuit (tamén chamados esquimós), como os oka, ipperwash e nativos de Gusafsen Lake, empezábase a advertir a arela destes pobos inuit por lograr unha maior autonomía para o territorio.
Lencería é unha categoría de roupa principalmente feminina que inclúe roupa interior (principalmente sosténs), roupa de durmir e batas lixeiras. A elección da palabra adoita estar motivada pola intención de dar a entender que as pezas son atractivas, de moda ou ambas as dúas cousas.[Cómpre referencia] Nunha enquisa de 2015 en EE. UU., o 75 % das mulleres e o 26 % dos homes informou de ter usado lencería sexy ao longo da súa vida.A lencería está feita de tecidos lixeiros, elásticos, lisos, transparentes ou decorativos como seda, satén, licra, charmeuse, gasa , ou (especialmente e tradicionalmente) encaixe. Estes tecidos poden estar feitos de fibras naturais como a seda ou o algodón ou de fibras sintéticas como o poliéster ou o nailon.
A Universidade de Cambridge é a segunda universidade de fala inglesa máis antiga, despois de Oxford. Segundo a lenda, a Universidade de Cambridge, en Inglaterra, foi fundada en 1209 por académicos que fuxiron de Oxford, tras unha liorta con axentes de dita cidade. O rei Henrique III de Inglaterra concedeulles o monopolio da ensinanza naquel lugar en 1231.
O quilogramo (comunmente quilo cando se usa para quilogramo-forza) é a unidade básica de masa do SI e o seu padrón, que se conserva na Oficina Internacional de Pesos e Medidas. O seu símbolo é kg. Un quilogramo equivale a 1000 gramos pero, dado que no SI é a unidade fundamental de masa, non debe ser considerado como derivado do gramo.
O voo 855 de Air India era un voo regular de pasaxeiros entre Bombai e Dubai que se estrelou na tarde do día de ano novo de 1978 a uns 3 km da costa de Bandra, en Bombai. Ese día a ruta estaba operada por un Boeing 747-237B con rexistro VT-EBD. Os 213 pasaxeiros e tripulantes a bordo do avión morreron. Crese que o accidente foi causado porque o capitán desorientouse espacialmente tras o fallo dun dos instrumentos de voo na cabina.
Mellow Gold é o terceiro álbum do músico estadounidense de rock alternativo Beck, así como a súa estrea cun gran selo, a DGC. Mellow Gold foi editado o 1 de marzo de 1994, cando o seu tema "Loser" estaba no punto máis alto da súa popularidade. A decidida actitude comercial de Mellow Gold converteuse por sorpresa nun éxito comercial, e o álbum conseguiu ser disco de platino. Debido á novidade do estilo de "Loser", O éxito de Beck foi percibido inicialmente coma puntual, pero a súa seguinte edición, o aclamado Odelay, confirmaron o seu talento.
Música noise é un termo usado para describir distintas variedades da música de vangarda que adoitan a usar elementos coma cacofonía, disonancia, atonalidade, ruído, indeterminación e repetición na súa realización. A música noise pode contar con distorsión, varios tipos de ruídos xerados acustica ou electronicamente, sinais electrónicas producidas ao chou e instrumentos non tradicionais. A música noise tamén incorpora gravacións manipuladas, estática, asubíos e zunidos, retroalimentación, sons de máquinas, software con sons personalizados, instrumentos con circuitería creada a propósito, e elementos vocais non musicais que impulsan o ruído ata o éxtase.
Calahorra é un concello e cidade da comunidade autónoma da Rioxa, España, pertencente á súa comarca do mesmo nome, dentro da Rioxa Baixa. Ten 24.579 habitantes, segundo datos do INE a principios de 2021, unha extensión de 91,41 km² e unha densidade de poboación de 262,68 hab/km². Ostenta os títulos de Cidade Moi Nobre, Moi Leal e Fiel.
Os isótopos, (do grego: ἴσος, isos = mesmo; τόπος, tópos = lugar) son tódolos tipos de átomos dun mesmo elemento, que se atopan no mesmo sitio da táboa periódica pero teñen distinto número másico. Os átomos que son isótopos entre si son os que teñen igual número atómico (número de protóns no núcleo) pero diferente número másico (suma do número de neutróns e de protóns no núcleo), polo que son distintos no seu número de neutróns. A maioría dos elementos químicos posúen máis dun isótopo.
O termo balsa pode referirse a: Balsa, unha embarcación; Balsa, árbore que se utiliza para producir madeira de balsa;Como topónimo pode referirse a: En GaliciaA Balsa, parroquia do concello de Muras; A Balsa, parroquia do concello de Triacastela; Balsa, lugar da parroquia de San Fiz de Paz do concello de Outeiro de Rei; Balsa, lugar da parroquia de Freixo do concello de Samos; Balsa, lugar da parroquia de Matamá do concello de Vigo; Balsa, lugar da parroquia de Goiriz do concello de Vilalba. A Balsa, lugar da parroquia de Pastoriza do concello de Arteixo; A Balsa, lugar da parroquia de Agüeira do concello de Arteixo. A Balsa, lugar da parroquia de Cesullas do concello de Cabana de Bergantiños; A Balsa, lugar da parroquia de Cuns do concello de Coristanco; A Balsa, lugar da parroquia de Labrada do concello de Guitiriz; A Balsa, lugar da parroquia da Ribeira do concello de Navia de Suarna; A Balsa, lugar da parroquia de San Clodio de Aguiar do concello de Outeiro de Rei; A Balsa, lugar da parroquia das Pontes de García Rodríguez do concello das Pontes de García Rodríguez; A Balsa, lugar da parroquia de Cabaleiros do concello de Tordoia; A Balsa, lugar da parroquia da Balsa do concello de Triacastela; A Balsa, lugar da parroquia do Cadramón do concello do Valadouro; A Balsa Pequena, lugar da parroquia de Vilapedre do concello de Vilalba.En EspañaBalsa de Ves, concello de Castela-A Mancha; Balsa de Larralde, paraxe na provincia de Zaragoza.En PortugalBalsa, antiga cidade romana na provincia de Lusitania.
O CASA C-101 Aviojet é un adestrador avanzado e avión de ataque lixeiro a reacción deseñado e fabricado pola compañía española Construcciones Aeronáuticas SA (CASA). O C-101 desenvolveuse en resposta a un requisito do Exército do Aire de España, que precisaba substituír os anticuados Hispano Saeta. En 1975 CASA comezou a traballar no que se convertería no C-101.
O carbono-14 (14C, masa atómica = 14,003241 uma) é un radioisótopo do carbono e foi descuberto o 27 de febreiro de 1940 por Martin Kamen e Sam Ruben. O seu núcleo contén 6 protóns e 8 neutróns. Willard Libby determinou un valor para o período de semidesintegración ou semivida deste isótopo: 5568 anos.
Abbey Road é o undécimo primeiro álbum de The Beatles, saíu o 26 de setembro de 1969 no Reino Unido (o 1 de outubro nos Estados Unidos) e foi o último álbum gravado polo grupo, aínda que Let It Be se publicou despois. Produciuno George Martin. Rolling Stone considérao o 14º mellor álbum de todos os tempos.
Mary Golda Ross, nada en Park Hill (Oklahoma) o 9 de agosto de 1908 e finada o 29 de abril de 2008, foi a primeira muller enxeñeira nativa americana. Foi unha das 40 persoas enxeñeiras fundadoras de Skunk Works, e coñecida polo seu traballo en Lockheed Corporation en "Deseño preliminar de conceptos para a viaxe espacial interplanetario, voos tripulados e non tripulados ao redor da Terra, estudos temperáns de satélites de órbita, tanto para defensa como para motivos civís." En 2018, foi elixida para ser representada na moeda de 1 dólar estadounidense de 2019 pola Casa da Moeda dos EEUU, que celebra aos indios americanos no programa espacial.
Tema artístico é o tema dunha obra de arte. Normalmente a expresión restrínxese ás artes visuais, polo que coincide cos temas iconográficos (os que poden expresarse cunha iconografía identificativa). Os temas literarios e os temas musicais (mesmo na música descritiva ou música programática) non adoitan incluírse nesta expresión.
Valencia (en valenciano e oficialmente: València, pronunciado [vaˈlensia]) é unha cidade española situada na costa do mar Mediterráneo, capital da Comunidade Valenciana, da provincia de Valencia e da comarca homónima. Ten 807.200 habitantes, sendo a terceira cidade máis poboada de España por detrás de Barcelona e Madrid, que aumentan até 1.738.690 coa área metropolitana, chamada L'Horta de València. A cidade tamén é coñecida como Cap i Casal ou Capital do Turia.
O gato ferruxento (Prionailurus rubiginosus) é un dos membros máis pequenos da familia dos gatos, que habita na India e Sri Lanka. En 2012, tamén foi rexistrado no oeste de Terai, no Nepal. Dende 2016, a súa poboación en estado salvaxe está categorizada como case ameazada segundo a Lista Vermella da IUCN, xa que está fragmentada e vese afectada pola perda e destrución do seu hábitat, a fraga caducifolia.
A Wikimedia Foundation, Inc. (en galego: Fundación Wikimedia) é a organización matriz da Galipedia (Wikipedia), Galizionario (Wiktionary), Galicitas (Wikiquote), Galilibros (Wikibooks), Galifontes (Wikisource), In Memoriam 9/11, Wikimedia Commons, Wikidata, Wikispecies, Wikinews, Wikiversity, Wikivoyage e a abandonada Nupedia. É unha fundación sen fins lucrativos que obedece ás leis do estado da Florida nos Estados Unidos.
A heurística é unha forma de traballar para resolver os problemas, aprender, ou facer descubrimentos que usa métodos prácticos, que non garante unha solución ideal ou perfecta, aínda que suficiente para os obxectivos inmediatos. Deste xeito é posible obter resultados aceptables nun tempo máis curto, e neste sentido pode ser considerado como atallo simplificador. Son exemplos deste método as estimacións fundamentadas, aproximacións, opinións intuitivas, o sentido común e a categorización.
Rusia (en ruso: Россия, transliteración: Rossiia), oficialmente Federación Rusa (en ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangel. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sakhalin, as illas Kuriles e as illas do Comandante.
Philip Anthony Hopkins, nado en Port Talbot (Glamorgan) o 31 de decembro de 1937, é un actor, produtor, compositor e director de cinema británico. É coñecido polo gran público pola súa interpretación do asasino en serie Hannibal Lecter nos filmes O silencio dos cordeiros, a súa secuela Hannibal e a súa precuela Red Dragon. Gañou premios como o Óscar, o Emmy, o Globo de Ouro ou o BAFTA, entre outros.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
As tiorredoxina redutases (TR, TrxR, ThxR, TXNRD) (EC 1.8.1.9) son encimas que reducen a tiorredoxina (Trx). Identificáronse dúas clases de tiorredoxina redutases: unha clase en bacterias e algúns eucariotas e unha en animais. En bacterias as TrxR tamén catalizan a redución das proteínas similares á glutarredoxina chamadas NrdH. Ambas as clases son flavoproteínas que funcionan como homodímeros.
Lista de linguas por número de falantes
Este artigo recolle as principais linguas humanas segundo o número de falantes nativos. Todas estas clasificacións deben terse en conta con precaución, xa que non é posible elaborar un conxunto coherente de criterios lingüísticos para distinguir as linguas nun continuo dialectal. Por exemplo, unha lingua a miúdo defínese como un conxunto de variedades mutuamente intelixibles, pero as linguas estándar nacionais independentes poden considerarse linguas separadas aínda que sexan en gran parte mutuamente intelixibles, como no caso do dinamarqués e o noruegués.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Concepción Velasco Varona, coñecida como Concha ou Conchita Velasco, nada en Valladolid o 29 de novembro de 1939, é unha actriz, cantante, bailarina e presentadora de televisión española. Estudou Danza Clásica e Española en Madrid e no Conservatorio Nacional dos 10 a 20 anos. Estréase como bailarina no Corpo de Baile da Ópera da Coruña e na compañía de Manolo Caracol como bailaora flamenca.
Lista das bolboretas de Galicia
A seguinte é unha lista das bolboretas que se atopan en Galicia, un total de 144. Está baseada principalmente nos datos recollidos pola Sociedade Galega de Historia Natural.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.