Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Organización sen ánimo de lucro
Unha organización sen ánimo de lucro (OSAL), tamén denominada unha organización non lucrativa (ONL) ou unha organización sen fins de lucro (OSFL) é unha entidade cuxo fin non é a consecución dun beneficio económico. Adoitan ter a figura xurídica de asociación, fundación, mutualidade ou cooperativa (as cooperativas poden ter ou carecer de ánimo de lucro) e polo xeral reinvisten o excedente da súa actividade en obra social.
Exipto (en árabe: مصر, Miṣr; en árabe exipcio: مَصر Maṣr; en copto: Ⲭⲏⲙⲓ Khēmi), oficialmente República Árabe de Exipto (en árabe: جمهورية مصر العربية, Ǧumhūriyyat Miṣr al-ʿArabiyyah), é un estado situado no nordeste de África e na península do Sinaí no continente de Asia. Limita ó norte co Mar Mediterráneo e Israel, ó leste co Mar Vermello (incluído o seu saínte norte do Golfo de Acaba), ó sur co Sudán e ó oeste con Libia. A súa xeografía é desértica na case totalidade, que corresponde co deserto do Sáhara, onde só está habitado en oasis.
Christopher John Reuel Tolkien, nado en Leeds, Inglaterra, o 21 de novembro de 1924 e finado en Draguignan o 15 ou 16 de xaneiro de 2020, foi mellor coñecido como o fillo do escritor John Ronald Reuel Tolkien, do que era o segundo fillo máis vello, e mais como o editor da maior parte do traballo do seu pai, publicado de maneira póstuma.
O voto é un método de toma de decisións no que un grupo, tal como unha xunta ou un electorado, trata de medir a súa opinión, usualmente como o paso final que segue as discusións ou debates. Como métodos alternativos ao voto inclúense a adopción de decisións por consenso (que funciona evitando a polarización e marxinalización da disensión) e a aposta (como nunha democracia anticipativa). En democracia, o voto implica comunmente a elección, por exemplo unha forma para que un electorado elixa entre os seus candidatos a un cargo.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Alvin Gentry, nado o 5 de novembro de 1954 en Shelby, Carolina do Norte, é un adestrador americano de baloncesto profesional. Actualmente é o adestrador principal dos New Orleans Pelicans. Anteriormente foi adestrador dos Miami Heat, a finais da tempada 1994-95, e máis tarde dos Detroit Pistons, Los Angeles Clippers e Phoenix Suns.
ASL Airlines (Ireland) Limited, anteriormente Air Contractors, é unha aeroliña irlandesa de carga e pasaxeiros. Opera servizos regulares de carga por toda Europa en nome de empresas como FedEx Feeder e DHL Express. Opera tamén voos chárter de pasaxeiros e realiza algúns servizos para aeroliñas regulares.
Duque de Zhou ou Gong de Zhou (chinés tradicional: 周公旦, chinés simplificado: 周公旦, pinyin: Zhōu Gōngdàn; Wade-Giles: Chou Kungdan) xogou un papel moi importante na consolidación da recentemente fundada dinastía Zhou. Era irmán do rei Wu de Zhou, o primeiro rei da dinastía Zhou da antiga China. Debido a que o seu feudo estaba arredor da capital de Zhou Chengzhou (máis tarde Luoyang).
O Oculus Rift é un dispositivo de realidade virtual desenvolvido por Oculus VR. Durante o seu período como compañía independente, Oculus VR recadou 91 millóns de dólares para o desenvolvemento do Rift. A versión para a venda a usuarios está proxectada para finais de 2014 ou comezos de 2015. O 25 de marzo de 2014, a empresa foi comprada por Facebook por 2.000 millóns de dólares.
Para o artigo sobre o lugar, véxase Fábrica, Lobios, Lobios Unha fábrica é un lugar físico ou virtual onde se produce algún obxecto, material ou servizo. Normalmente o vocábulo «fábrica» asóciase cun lugar físico onde se procesan materias primas, pero na economía moderna tamén se estende o concepto aos lugares virtuais onde se xeran servizos, por extensión do proceso de transformación de ideas en servizos útiles, como software ou capacitación. Hai de distintos tipos e tamaños.
Moon Jae-in (en coreano: 문재인), nado en Geoje o 24 de xaneiro de 1953, é un político surcoreano que exerce como presidente de Corea do Sur dende 2017.Foi elixido logo da destitución de Park Geun-hye, como candidato do Partido Demócrata de Corea.Activista estudiantil durante a súa mocidade, avogado de dereitos humanos e xefe de gabinete do presidente Roh Moo-hyun, Moon exerceu como líder do Partido Democrático de Corea (2015-2016) e foi membro da 19ª Asemblea Nacional (2012-2016). Tamén foi candidato ás eleccións presidenciais de 2012 co Partido Demócrata Unido nas eleccións presidenciais de 2012 co Partido Democrático Unido en que perdeu estreitamente contra Park Geun-hye. Como presidente de Corea do Sur, Moon Jae-in reuniuse co líder de Corea do Norte Kim Jong-un nos cumes inter-coreanos en abril, maio e setembro de 2018 converténdoo no terceiro presidente surcoreano en reunirse co seu homólogo norcoreano.
Reino Unido nos Xogos Olímpicos
Os atletas do Reino Unido, e mais todos os seus territorios ultramarinos agás tres, e as tres dependencias da Coroa británica, compiten nos Xogos Olímpicos como parte do equipo de Gran Bretaña. Xunto con Francia e Suíza é un dos tres países que enviou deportistas para cada unha das edicións dos Xogos de Verán e Inverno dende o comezo da era moderna das Olimpíadas en 1896, incluíndo os Xogos de 1980 que foron boicoteados por un bo número de nacións occidentais. Dende 1896 até 2018, o equipo de Gran Bretaña gañou 916 medallas nos Xogos de Verán, e outras 32 nos Xogos de Inverno.
O microgramo é unha unidade de masa do Sistema Internacional de Unidades que equivale á milmillonésima parte dun quilogramo (10-9 kg) ou á millonésima parte dun gramo (10-6 g); o seu símbolo é µg. Algunhas organizacións, como Joint Commission, propoñen a utilización da abreviatura mcg polo risco de confusión da letra grega µ cunha m do que resultaría unha dose mil veces maior. Esta unidade de medida tamén era chamada gamma (símbolo: γ), nome e símbolo actualmente obsoletos, como sinónimos de microgramo.
Moscova (en ruso: Москва) é a capital de Rusia e o principal centro político, económico, financeiro, educativo e de transporte, situado no río Moscova no Distrito Central Federal, na parte europea de Rusia. A poboación da cidade é de 12,5 millóns de habitantes xunto cos arrabaldes. Constitúe por si mesma o 7% da poboación de toda Rusia.
O helio é un elemento químico de número atómico 2 e símbolo He. A pesar de que a súa configuración electrónica é 1s², non figura no grupo 2 da táboa periódica, xunto o hidróxeno no bloque s, senón que se coloca no grupo 18 do bloque p, xa que o ter o nivel de enerxía completo, presenta as propiedades dun gas nobre. Isto é, é inerte (non reacciona) e ao igual que estes, é un gas monoatómico incoloro e inodoro.
Air Pacific Limited, comercializada como Fiji Airways (e anteriormente como Air Pacific), é a aeroliña nacional de Fidxi. Está baseada en Nadi ], e opera servizos internacionais e domésticos a 17 cidades de 10 países ao redor do océano Pacífico. Fiji Airways transporta anualmente a case dous terzos dos visitantes do país.O primeiro voo comercial realizado como Fiji Airways foi no ano 1951, aínda que a orixe da aeroliña remóntase a Katafaga Estates Ltd., formada en 1947.
Un exiptólogo é un especialista na historia e a arqueoloxía do Antigo Exipto, desde as orixes máis remotas ata o fin da época tolemaica, no século I a.C. Nas principais universidades do mundo hai cátedras desta disciplina onde os investigadores fórmanse e gradúan para logo dedicarse á arqueoloxía exipcia in situ, achegando nova información sobre o terreo, ou procesando no seu gabinete o que outros escavaron e con iso enriquecer o noso coñecemento; tamén dedicándose á docencia para formar exiptólogos ou como directores ou conservadores de institucións ou museos onde se custodian obxectos desta antiga civilización. O coñecemento fidedigno da historia do antigo Exipto é moi recente. Fai tan só dous séculos o que se coñecía das orixes da civilización exipcia proviña de relatos dos historiadores e viaxeiros gregos e romanos que, sen moito espírito crítico, recolleron aquilo que os exipcios da súa época narrábanlles.
Onomichi (尾道市, おのみちし, Onomichi-shi) é un concello da prefectura de Hiroshima no Xapón. Está situado na parte sur-leste da prefecura e centro da rexión de Chūgoku, parte oeste da illa de Honshū. Ten 284,85 km² de superficie e unha poboación de 146.838 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 515 h/km².
O rock alternativo (tamén chamado música alternativa ou sinxelamente alternativo) é un xénero do rock que apareceu nos anos 80 e fíxose moi popular na década dos 90. O nome "alternativo" foi usado nos 80 para describir a bandas de punk rock de selos discográficos independentes que non encaixaban dentro dos xéneros do mainstream da época. Como un xénero específico de música, o rock alternativo está formado por varios subxéneros que emerxeron dende a escena musical indie dende os anos 80, así como grunge, indie rock, britpop, rock gótico e indie pop tamén son considerados rock alternativo.
Knight Lore é un videoxogo desenvolvido por Ultimate para o ZX Spectrum en 1984 dentro da serie Sabreman tras Sabre Wulf e Underwurlde, a diferenza deles empregou unha perspectiva isométrica, o que constituíu unha grande innovación na época e que nos permite ter unha visión tridimensional de todas as pantallas polas que pasamos. Tim Stamper e Chris Stamper foron os que escribiron o código do xogo. O éxito do xogo en Europa levou a que se realizaran versións para BBC Micro, Amstrad CPC, MSX e Famicom Disk System que xa non tiñan a limitación orixinal de limitarse a dúas cores polas especifidades do Sepctrum.
Claude Monet tamén coñecido como Oscar-Claude Monet ou Claude Oscar Monet, nado en París o 14 de novembro de 1840 e finado en Giverny, Francia, o 5 de decembro de 1926, foi un pintor impresionista francés e un dos creadores deste movemento. As súas primeiras obras son de estilo realista, e na metade da década de 1860 comeza a pintar obras impresionistas. Este cambio provocoulle problemas económicos, xa que se desviaba do gusto marcado polas academias de arte da época.
Paul Anthony Pierce, nado o 13 de outubro de 1977 en Oakland (California), é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou principalmente para os Boston Celtics da National Basketball Association (NBA), equipo co cal conseguiu o anel de campión en 2008. Alén de en Boston, xogou para os Brooklyn Nets, Washington Wizards e Los Angeles Clippers. Foi elixido no número dez do Draft da NBA de 1998 por Boston Celtics.
OpenSCAD é unha aplicación multiplataforma de código aberto e libre para a creación e edición de obxectos sólidos tridimensionais, ou 3D. Permite crear deseños 3D de obxectos xeométricos e texto e modificar o seu tamaño en calquera momento da edición xa que o renderizado dos obxectos se fai despois dunha compilación dos scripts.Proporciona unha técnica de modelaxe creando sólidos xeométricos CSG e outra baseada en extruír liñas 2D. Os deseños poden ser exportados en formato 2D como AutoCAD DXF. As curvas 2D poden ser extruídas dende formatos DXF. Os ficheiros DXF de OpenSCAD poden ser lidos e crear modelos 3D en formatos STL e OFF. A aplicación pode integrarse con FreeCAD como espazo de traballo.
O dalton (símbolo Da) ou unidade de masa atómica (símbolo u) é unha unidade de masa empregada en física e química, especialmente na medida de masas atómicas e moleculares. Equivale á doceava (1/12) parte da masa dun átomo de carbono-12. No Sistema Internacional de Magnitudes (ISO 80000-1), dáse como único nome o de dalton e desaconséllase o de unidade de masa atómica unificada.
Os disacáridos son hidratos de carbono formados pola combinación de dous monosacáridos unidos por enlace O-glicosídico. Interésannos especialmente os presentes nos alimentos: Maltosa: formada por dúas moléculas de glicosa. Non existe como tal na natureza pero obtense na fermentación da malte (como tal, na elaboración da cervexa), por hidrólise do amidón presente nos grans de cereais xerminados.
ONA siglas que aluden á frase en inglés "original network animation" coñecido no Xapón como Web Anime (ウェブアニメ, Webu Anime), é un termo acuñado en Xapón para referirse á animación creada para ser lanzada directamente en Internet. É unha forma relativamente nova de distribución de anime, aínda non completamente adoptada, pero que se está facendo frecuente grazas á crecente cantidade de sitios dedicados á distribución de contido multimedia a través de Internet no Xapón. O seu nome deriva do termo original video animation (OVA), un termo que é empregado na industria do anime para a animación lanzada directamente en vídeo, dende principios da década de 1980.
A lentionina' é un composto organosulfurado cíclico, que se encontra nos cogomelos shiitake (Lentinula edodes) e é en parte responsable do seu olor fragante. O seu modo de formación non está claro, pero probablemente intervén o encima C-S liase. Ademais de lle dar olor aos cogomelos shiitake, a lentionina inhibe a agregación das plaquetas, polo que é un prometedor tratamento para a trombose.
Dzongsar Jamyang Khyentse Rinpoche
Dzongsar Jamyang Khyentse Rinpoche (en dzongkha: རྫོང་གསར་ འཇམ་དབྱངས་ མཁྱེན་བརྩེ་ རིན་པོ་ཆེ), nado en 1961 e tamén coñecido como Khyentse Norbu, é un lama, director de cine e escritor butanés. Os seus tres filmes máis salientables son Phörpa (1999), Travellers and Magicians (2003) e Vara: A Blessing (2013). É o autor dos libros What Makes You Not a Buddhist (Shambhala, 2007); Not for Happiness: A Guide to the So-Called Preliminary Practices (Shambhala, 2012); The Guru Drinks Bourbon (Shambhala, 2016).
007 Casino Royale (en inglés: Casino Royale) é un filme de 2006, o vixésimo primeiro da serie de espionaxe de Eon Productions James Bond e o primeiro interpretado por Daniel Craig como o axente de ficción do MI6 James Bond. Dirixido por Martin Campbell e escrito por Neal Purvis e Robert Wade e mais Paul Haggis, a película marca a terceira adaptación para a pantalla da novela de Ian Fleming Casino Royale (1953) ambientada ao inicio da carreira de Bond como o Axente 007 e a súa licenza para matar. Despois de evitar un ataque terrorista no Aeroporto Internacional de Miami, Bond namórase de Vesper Lynd, a funcionaria do tesouro designada para fornecerlle dos cartos que precisa para a creba do terrorista financeiro, Le Chiffre, por medio dunha partida de póker.
O alfabeto tibetano é un alfasilabario empregado para escribir as linguas tibéticas como a lingua tibetana, así como o dzongkha, o sikkimese, o ladakhi, e ás veces, o balti. A forma impresa do alfabeto é chamada escrita uchen mentres que a forma escrita a man e cursiva é chamada escrita umê. O alfabeto está moi vencellado á identidade étnica tibetana, e emprégase no Tíbet, en Bután, na India e no Nepal.
O Col du Tourmalet, Monte Tourmalet ou simplemente Tourmalet é un paso montañoso atopado no centro dos Pireneos franceses 42°55′ N 0°09′ E. Ten unha altitude de 2.114 metros sobre o nivel do mar. O Tourmalet é un dos portos de montaña mais famosos na proba ciclista do Tour de Francia, tanto é así, que o Tourmalet é o porto de montaña que máis veces foi ascendido na historia da carreira. A primeira vez que se subiu nesta carreira foi no 1910, ano no que os Pireneos foron incluídos nesta carreira.
O Bdellovibrio é un xénero de bacterias aerobias obrigadas gramnegativas, que parasitan a outras bacterias. O nome procede de bdellum, que en latín significa samesuga, xa que a bacteria se fixa como unha samesuga a outras bacterias , e de vibrio, pola súa forma de coma, aínda que algo torsionada. Unha das principais características deste xénero é que os seus membros son parasitos doutras bacterias gramnegativas (as grampositivas son inmunes), xa que entran no seu espazo periplásmico (ou periplasma) e se alimentan dos biopolímeros do citoplasma do seu hóspede, como proteínas ou ácidos nucleicos.
Para a linguaxe de programación, véxase LogoUn logotipo, ou abreviada e popularmente logo, é un debuxo que lle serve a unha entidade ou a un grupo de persoas para representarse. Historicamente, os artesáns do barro, do vidro, os fabricantes de espadas e artefactos de ferro fino, e os impresores utilizaban marcas para sinalar a súa autoría. Os reis que sabían asinar ademais cruzaban os documentos legais cun logotipo da súa creación, á man ou cun selo.
A música do Xapón inclúe unha gran variedade de artistas en estilos distintos, tanto tradicionais como modernos. A música tradicional xaponesa coñécese co nome de hōgaku (邦楽), mentres que a palabra ongaku (音楽) designa á música en xeral. A denominación moderna J-Music refírese a certas ramas da música xaponesa con toques occidentais.
A Lúa é o único satélite natural da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol. Esferoide achatado coa zona máis plana preto da Terra, cun diámetro de 3476 km é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar, mentres que en canto ao tamaño proporcional respecto do seu planeta é o satélite máis grande: un cuarto do diámetro da Terra e 1/81 da súa masa. Logo de Ío, é ademais o segundo satélite máis denso.
Roger Casement, coñecido en gaélico como Ruairí Mac Easmainn, nado o 1 de setembro de 1864 en Sandycove (preto da cidade de Dublín) e finado o 3 de agosto de 1916 na cadea londiniense de Pentonville Prison, foi un diplomático irlandés, un valedor dos dereitos humanos dos pobos indíxenas e un independentista. Foi moi coñecido polas súas actividades contra os abusos dos sistema colonial no Congo e na Amazonia e tamén polas negociacións con Alemaña pouco antes do Levantamento de Pascua en Irlanda. Foi descuberto e detido polas autoridades británicas en 1916 e, de seguido, acusado de traizón e condenado á pena capital.
Unha canle ou canal en enxeñaría é unha vía artificial feita polo ser humano para o paso de auga ou outros líquidos. Utilízanse para o transporte de mercadorías, coñecidas co nome de canles de navegación, entre lagos, ríos ou océanos, mediante barcos, pero tamén para a condución de auga, tanto para a subministración como para o desecamento. Os canais interiores precederon ao desenvolvemento do ferrocarril durante a Revolución Industrial e algúns deles foron posteriormente secados e empregados como pasos libres para construír vías férreas.
O Castro de Caldelas, Castro Caldelas, Castro Caldelas
O Castro de Caldelas é unha vila da parroquia de Castro Caldelas no concello ourensán de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 673 habitantes (315 homes e 358 mulleres), 4 menos ca en 2010 (320 homes e 357 mulleres). É a capital do concello.
Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Fiorentina, da Serie A de Italia. Considerada como unha das melloesr futbolista españolas da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a única en marcar nunha final.
Ábsida de Sant Climent de Taüll
A ábsida central de Sant Climent de Taüll (en catalán: absis central de Sant Climent de Taüll) é unha pintura mural que pertence ó conxunto da igrexa de Sant Climent de Taüll de La Vall de Boí, lugar onde se atopa a meirande concentración de arte románica de toda Europa, cunha igrexa por cada 25 km². O conxunto de igrexas románicas de la Vall de Boí foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2000. Os trazos característicos e diferenciais desta obra, realizada polo autor coñecido como mestre de Taüll, fan que sexa considerado «un dos exemplos máis puros da arte románica europea» e «unha das iconas máis representativas do románico catalán, especialmente pola forza que se reflicte na súa faciana».
Antón Luís Santamarina Fernández, nado en San Martín de Suarna (A Fonsagrada) o 18 de febreiro de 1942, é un lingüista galego, catedrático de filoloxía románica na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega. É un experto en lexicografía recoñecido internacionalmente.
O Cancioneiro popular galego, é un traballo de investigación realizado por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina e promovido pola Fundación Barrié, que recolle unha amplísima recompilación das cancións populares do país. Esta obra supón a máxima achega realizada até o momento na área de coñecemento e conservación do folclore musical de Galicia. Cada un dos sete volumes divídese nun tomo de melodías e partituras e outro de letras.O traballo de recolleita levouse a cabo, entre 1978 e 1983 por Dorothé Schubarth, coa inestimábel axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas da nosa xeografía, incluídas áreas limítrofes.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O Paleo-Tetis, Paleotetis ou océano Paleo-Tetis foi un océano localizado na marxe norte do paleocontinente Gondwana que empezou a abrirse durante o Cámbrico medio, creceu durante o Paleozoico e pechouse finalmente durante o Triásico tardío; existindo durante uns 400 millóns de anos.O Paleo-Tetis foi o precursor do mar de Tetis (tamén chamado Neo-Tetis ou Neotetis) que estaba situado entre Gondwana e os terreos húnicos (fragmentos continentais que se desprenderon de Gondwana e movéronse cara ao norte). Abriuse conforme o océano Proto-Tetis subducía baio eses terreos e pechouse a medida que os terreos de Cimeria (que tamén se desprenderon de Gondwana en dirección norte) deixaron paso ao mar de Tetis. Un tanto confusamente, o Neo-Tetis defínese ás veces como o océano do sur dunha hipotética dorsal mesooceánica que separaba a Gran India de Asia, e nese caso o océano entre Cimeria e a dorsal hipotética chamouse Meso-Tetis.Os denominados terreos húnicos divídense en Húnico europeo (hoxe a codia baixo partes de Europa ―chamada Armórica― e Iberia) e Húnico asiático (hoxe a codia de partes do sur de Asia).
O escudo de armas de Venezuela é un dos símbolos nacionais do país, xunto coa bandeira e o himno, e foi aprobado por primeira vez polo Congreso o 18 de abril de 1836, con pequenas modificacións a través da historia ata a versión actual. O escudo de armas foi estabelecido polo presidente Marcos Pérez Jiménez de acordo coa lei do 17 de febreiro de 1954, que estabelecía tamén a bandeira e o escudo. O 12 de marzo de 2006 o goberno do presidente Hugo Chávez, por medio da Asemblea Nacional Venezolana, reformou parcialmente a Lei da Bandeira, o Escudo e o Himno Nacinoais, publicada no número 38.394 da Gaceta Oficial.
A tiorredoxina mitocondrial tamén chamada tiorredoxina 2 é unha proteína que nos humanos está codificada no xene TXN2 do cromosoma 22. Este xene nuclear codifica un membro mitocondrial da familia das tiorredoxinas, un grupo de pequenas proteínas multifuncionais con actividade redox. A proteína codificada neste xene pode exercer un importante papel na regulación do potencial de membrana mitocondrial e na protección contra a apoptose inducida por oxidantes.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Lista de programas de Televisión Española
Esta lista inclúe programas emitidos pola Televisión Española, desde a súa creación en 1956.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.700 habitantes (INE, 2022); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Rusia (en ruso: Россия, transliteración: Rossiia), oficialmente Federación Rusa (en ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangel. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sakhalin, as illas Kuriles e as illas do Comandante.
O UDP é un acrónimo do termo inglés User Datagram Protocol que significa protocolo de datagramas de usuario. O UDP fai a entrega de mensaxes independentes, designadas como datagramas, entre aplicacións ou procesos, en sistemas host. A entrega non é confiábel, porque os datagramas poden ser entregados fóra de orde ou ata perdidos.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Concepción Velasco Varona, coñecida como Concha ou Conchita Velasco, nada en Valladolid o 29 de novembro de 1939, é unha actriz, cantante, bailarina e presentadora de televisión española. Estudou Danza Clásica e Española en Madrid e no Conservatorio Nacional dos 10 a 20 anos. Estréase como bailarina no Corpo de Baile da Ópera da Coruña e na compañía de Manolo Caracol como bailaora flamenca.