Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
San Miguel de Presqueiras, Forcarei
San Miguel de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2014 tiña 210 habitantes (95 homes e 115 mulleres), 70 menos ca en 2004 (153 mulleres e 127 homes nese ano segundo o padrón municipal) e 73 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.
Qatar (/ˈkætɑːr/,) (en árabe: قطر), oficialmente o Estado de Qatar (en árabe: دولة قطر, Dawlat Qatar) é un país soberano localizado no oeste de Asia, ocupando a pequena Península de Qatar na costa noroeste da Península Arábiga. Ten fronteira terrestre con Arabia Saudita no sur, co resto do seu territorio rodeado polo Golfo Pérsico. Un estreito no Golfo Pérsico separa Qatar do seu veciño Bahrain, tamén compartindo fronteiras marítimas cos Emiratos Árabes Unidos e Irán.
CODA é un filme franco-estadounidense de 2021 escrito e dirixido por Sian Heder. É unha adaptación en lingua inglesa do filme franco-belga de 2014 La Famille Bélier. Está protagonizado por Emilia Jones como Ruby Rossi, o único membro oínte da súa familia, unha adolescente que intenta axudar ao negocio pesqueiro da súa familia en dificultades mentres persegue as súas propias aspiracións de ser cantante.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Amazon.com, Inc., cuxo nome comercial é Amazon, é unha compañía estadounidense de comercio electrónico e servizos de computación na nube, establecida en Seattle, Washington. Foi unha das primeiras grandes compañías en vender bens a través de Internet. É tamén propietaria de Alexa Internet, a9.com, Shopbop, Internet Movie Database (IMDb), Zappos.com, DPreview.com e Twitch.
O Sistema de Coordenadas Xeográficas expresa todas as posicións sobre a Terra usando dúas das tres coordenadas dun sistema de coordenadas esféricas que está aliñado co eixo de rotación da Terra. Este define dous ángulos medidos desde o centro da Terra: A latitude mide o ángulo entre calquera punto e o ecuador. As liñas de latitude chámanse paralelos e son círculos paralelos ao ecuador na superficie da Terra.
Unha parafilia é un patrón de comportamento sexual que se caracteriza por prácticas ou fantasías pouco frecuentes, extravagantes, intensas e recorrentes, as cales son necesarias para a excitación sexual. Ao longo da historia moitos autores clasificaron as prácticas sexuais segundo o seu grao de normalidade. Naceron así termos como perversión sexual, desviación sexual, anomalía ou alteración sexual, conduta excepcional, preferencia sexual ou variante sexual.
Anne Carson, nada en Toronto o 21 de xuño de 1950, é unha poeta canadense en lingua inglesa, ensaísta, tradutora e profesora de literatura clásica e comparada na Universidade de Míchigan. Está considerada pola crítica literaria como a poeta viva máis importante das letras anglosaxoas.[Cómpre referencia] En 2020 foi galardoada co Premio Princesa de Asturias das Letras. Está estabelecida en Nova York.En lingua galega está publicado o seu poemario Antropoloxía da auga (Chan da Pólvora Editora, 2023), traducido por Jesús Castro Yáñez.
Coldplay é unha banda inglesa de rock alternativo formada en Londres en 1996 polo cantante Chris Martin e o guitarrista Jonny Buckland. Tras formar Pectoralz, Guy Berryman uniuse coma baixista, e cambiaron o seu nome a Starfish. Will Champion uniuse coma batería e para facer as voces secundarias, completando así a banda.
Viva la Vida or Death and All His Friends
Viva la Vida or Death and All His Friends é o cuarto álbum da banda inglesa de rock alternativo Coldplay, editado o 11 de xuño do ano 2008 a través do selo Parlophone. A cuberta do álbum é a pintura A Liberdade guiando o pobo de Eugène Delacroix.
Unterhaltungssoftware Selbstkontrolle
Unterhaltungssoftware Selbstkontrolle, traducido como Autocontrol no Software de Entretemento e abreviado comunmente como USK, é unha organización de clasificación de videoxogos en Alemaña.
Parlophone é un selo discográfico fundado en Alemaña en 1896 pola Carl Lindström Company como Parlophon, a filial británica xurdiu en 1923 como "Parlophone" e durante os anos '20 converteuse nun selo líder no jazz. En 1927, foi adquirida por Columbia Gramophone Company, que máis tarde se convertería en EMI. A mediados de 1962 converteuse nun dos selos discográficos máis importantes do mundo cando un directivo, George Martin, contratou a The Beatles, chegando a producir os seus primeiros nove álbums e os sinxelos correspondentes.
MusicBrainz é un proxecto cuxo obxectivo é a creación dunha base de datos musical de contido aberto. MusicBrainz recolle información sobre música gravada, nomes de artistas, títulos, listaxes de cancións, datas de publicación, etc. O 30 de xaneiro de 2016, MusicBrainz contiña información de arredor dun millón de artistas, un millón e medio de álbums e máis de quince millóns e medio de gravacións.Os rexistros fanse grazas ao traballo de editores voluntarios que seguen unhas normas de edición precisas.
VVVVVV é un videoxogo de plataformas creado por Terry Cavanagh, desenvolvido orixinalmente en Adobe Flash e publicado o 11 de xaneiro de 2010 para Microsoft Windows e OS X. Simon roth adaptou o xogo a C++ no 2011, que foi publicado como parte do Humble Indie Bundle #3. Esta adaptación permitiu trasladar o xogo posteriormente a outras plataformas coma Linux, Pandora e Nintendo 3DS. A diferenza de moitos videoxogos de plataformas, en VVVVVV o xogador non pode saltar. No seu lugar pode reverter a dirección da gravidade, provocando que o protagonista caia cara a abaixo ou cara a arriba.
William Faulkner, nado en New Albany (Mississippi) o 25 de setembro de 1897 e finado en Oxford o 6 de xullo de 1962, foi un escritor estadounidense. O seu verdadeiro apelido era Falkner, que cambiou por motivos comerciais. Esta considerado o único modernista americano da década de 1930, seguindo a tradición experimental de escritores europeos como James Joyce, Virginia Woolf e Marcel Proust, e coñecido polo seu uso de técnicas literarias innovadoras, como o monólogo interior, a inclusión de múltiples narradores ou puntos de vista e saltos no tempo dentro da narración.
Betty Marion White Ludden, nada en Oak Park (Illinois) o 17 de xaneiro de 1922 e finada o 31 de decembro de 2021, foi unha actriz e cómica estadounidense, coa carreira televisiva máis longa do mundo do espectáculo. Considerada unha pioneira da televisión, foi unha das primeiras mulleres en ter control diante e detrás das cámaras e está recoñecida como a primeira muller que produciu unha telecomedia (Life with Elizabeth), o que contribuíu a que recibise o título honorífico de Alcaldesa de Hollywood en 1955.Durante a súa carreira de case 80 anos, recibiu oito premios Emmy en diferentes categorías, tres American Comedy Awards, tres Screen Actors Guild Awards e un Grammy. Ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood, foi incluída no Television Hall of Fame en 1995 e recibiu o título de Disney Legend en 2009.
A fotografía dixital consiste na gravación de imaxes mediante unha cámara, de forma análoga á fotografía clásica. Así a todo, nesta última as imaxes quedan gravabas sobre unha película e revélanse posteriormente mediante un proceso químico, na fotografía dixital as imaxes quedan rexistradas por unha placa que dispón de millóns de sensores e dende alí se arquivan nun elemento electrónico que constitúe a memoria. As vantaxes deste sistema respecto á fotografía clásica son considerables, xa que permite dispor das imaxes gravabas ó instante, sen necesidade de levar a película ó laboratorio e esperar un certo tempo ata que este entrega as fotos terminadas.
Camela é unha banda de música española de pop electrónico formada en Madrid. Os seus compoñentes son Dionisio Martín Lobato (vocalista-compositor) e María de los Ángeles Muñoz Dueñas (vocalista-compositora). O terceiro integrante, Miguel Ángel Cabrera Jiménez (teclados-compositor), abandonou o grupo en febreiro de 2013 debido á falta de acordo cos seus compañeiros.
Tarde de domingo na illa da Grande Jatte
Tarde de domingo na illa da Grande Jatte (Un dimanche après-midi à l'Ile de la Grande Jatte) é a obra máis famosa de Georges Seurat, exemplo do puntillismo, considerada como unha das máis destacadas pinturas do XIX, dentro de período post-impresionista. A illa da Grande Jatte está no río Sena en París entre La Defense e o suburbio de Neuilly, cortado polo Pont-de-Levallois. Aínda que durante varios anos foi un sitio industrial, hoxe é un xardín público e de desenvolvemento edificábel.
The Legend of Zelda é a epígrafe baixo a que se agocha unha das sagas máis rendibles e famosas da historia dos videoxogos. Creada nos anos 80 por Shigeru Miyamoto e Taqueshi Tezuka para a compañía Nintendo, pronto alcanzaría unha gran fama entre os xogos de acción e aventura. A historia conta como un rapaz da fraga de Kokiri (chamado Link) ten a misión de salva-lo mundo (Hyrule) ou ben rescatar á princesa Zelda.
Giant Bomb é un sitio web de videoxogos e unha wiki estadounidense que inclúe noticias sobre a industria, recensións, comentarios e vídeos. Foi creado polos ex-editores de GameSpot Jeff Gerstmann e Ryan Davis, en colaboración con Whiskey Media. O sitio web foi votado pola revista Time como uno dos 50 mellores sitios web do ano 2011.
Crash Bandicoot: Warped (coñecido en Europa como Crash Bandicoot 3: Warped) é un videoxogo de plataformas desenvolvido por Naughty Dog e publicado por Sony Computer Entertainment para PlayStation. É o terceiro xogo da franquía Crash Bandicoot, secuela de Crash Bandicoot 2: Cortex Strikes Back. Unha versión remasterizada será incluída na colección Crash Bandicoot N. Sane Trilogy, que será estreada para PlayStation 4 no 2017.
Os melanosomas son orgánulos celulares que conteñen o pigmento melanina, o pigmento que absorbe luz máis común no reino animal. A melanina sintetízase nunhas células chamadas melanocitos e nas células do epitelio pigmentario da retina. Se a célula simplemente fagocita e incorpora a melanina (pero non a sintetiza) non é propiamente un melanocito e recibe o nome de melanófago.
A liñaza é a semente do liño (Linum usitatissimum). Úsase para consumo humano, por exemplo en infusións ou para elaborar o gofio (fariña tradicional da cociña canaria, elaborada a partir de grans de cereais torrados, especialmente de millo ou trigo). Da semente tírase o aceite de liñaza, que é rico en ácidos graxos das series Omega-3, Omega-6, e Omega-9.
Carol Creighton Burnett, nada en San Antonio (Texas) o 26 de abril de 1933, é unha actriz, comediante e cantante estadounidense, recoñecida principalmente por protagonizar o programa cómico de variedades The Carol Burnett Show, que se transmitiou pola CBS entre 1967 e 1978. Foi o primeiro programa deste tipo presentado por unha muller.O seu talento para a parodia fixo que recibise o título de American Queen of Comedy (“Raíña da comedia estadounidense”). En 1977 foi votada unha das vinte mulleres máis admiradas dos Estados Unidos, gañou cinco Globos de Oro, seis Emmy, doce People's Choice Awards, foi nomeada "Muller do ano" polo Círculo de Críticos de TV e pertence ao Salón da Fama da Televisión dende 1985.
Erik Per Sullivan, nado o 12 de xullo de 1991 en Worcester, Massachusetts, é un actor estadounidense coñecido polo seu papel de Dewey na serie de televisión da FOX Malcolm in the Middle. Apareceu en numerosos filmes, entre eles os máis destacábeis: un papel protagonista no filme de terror de 2001 Wendigo, aparece no filme de 2002 Unfaithful e o neno orfo Fuzzy Stone, no filme As normas da casa da sidra.
My Stepmother Is An Alien é un filme estadounidense, unha comedia de ficción científica de 1988. O filme produciuno Weintraub Entertainment Group e distribuiuno Columbia Pictures, a dirección é de Richard Benjamin e os protagonistas principais Kim Basinger, Dan Aykroyd, Jon Lovitz e Alyson Hannigan.
Osamu Tezuka (手塚 治虫, 手塚 治, Tezuka Osamu), nado en Toyonaka o 3 de novembro de 1928 e finado o 9 de febreiro de 1989, foi un debuxante de manga, animador, produtor, activista e doutor xaponés. É coñecido por ser o creador de Astro Boy, Kimba the White Lion e Black Jack. É a miúdo considerado o "Padriño do Anime" e o equivalente xaponés de Walt Disney, o cal foi a súa maior inspiración durante os seus anos de formación.
O número CAS é unha identificación numérica única para compostos químicos, polímeros, secuencias biolóxicas, preparados e aliaxes. Tamén se fai referencia a el como CAS RN (en inglés CAS registry number). O Chemical Abstracts Service (CAS) asigna estes identificadores a cada composto químico descrito.
A replicación do ADN é o proceso de producir dúas réplicas idénticas a partir dunha molécula orixinal de ADN. Este proceso biolóxico ocorre en todos os organismos vivos e é a base da herdanza biolóxica. Na replicación interveñen moitos encimas. O ADN está constituído por dúas febras e cada febra da molécula de ADN orixinal serve como molde para a produción da febra complementaria, un proceso denominado replicación semiconservadora (ou semiconservativa), polo cal cada molécula replicada conserva unha febra orixinal e leva unha febra sintetizada nova.
The Meg é un filme chinés-estadounidense de 2018 dirixido por Jon Turteltaub a partir dun guión de Dean Georgaris, Jon Hoeber e Erich Hoeber. Baséase vagamente na novela de 1997 Meg: A Novel of Deep Terror de Steve Alten. Está protagonizado por Jason Statham, Li Bingbing, Rainn Wilson, Ruby Rose, Winston Chao e Cliff Curtis.
Jackie Chan, nado como Chan Kong-sang (en chinés: 陳港生) o 7 de abril de 1954 en Victoria Peak, é un actor, artista marcial, director, produtor e guionista de Hong Kong. Nos seus filmes, é coñecido polo seu acrobático estilo de loita, o Zui Quan, escenas cómicas e empregar armas improvisadas. Jackie Chan actúa dende a década dos 60 e aparece en máis de 150 filmes.
Westworld é un filme estadounidense de ciencia ficción escrito e dirixido por Michael Crichton, o cal se estreou en 1973. O filme tivo unha secuela, Mundo futuro (estreada en galego o 21 de setembro de 1995 a través da TVG) e unha miniserie de televisión Beyond Westworld. En 2016, HBO estreou unha serie de televisión homónima baseada na trama do filme orixinal.
Netflix, Inc. é unha empresa comercial estadounidense de contidos multimedia que proporciona mediante unha tarifa plana mensual, series e filmes en streaming, baixo demanda por internet e DVD-por-correo, onde os DVD se envían mediante Permit Reply Mail. A compañía foi fundada en 1997 e ten a súa sede en Los Gatos, California.
Son Goku (孫 悟空, Son Gokū, tamén chamado Goku) é un personaxe de ficción e o principal protagonista da franquía Dragon Ball creada por Akira Toriyama. Baséase en Sun Wukong, o personaxe central de Viaxe é Oeste, mais Toriyama cambiou moitas das súas características para que fose máis orixinal. Goku é introducido como un estraño neno con rabo de mono que practica artes marciais e posúe unha forza sobre-humana.
007: Nunca digas endexamais (en inglés: Never Say Never Again) é un filme da saga de James Bond estreado en 1983. Foi dirixido por Irvin Kershner e está protagonizado por Sean Connery. O guión foi escrito por Lorenzo Semple Jr., coa colaboración non acreditada de Dick Clement e Ian La Frenais, a partir dunha historia de Kevin McClory, Jack Whittingham e Ian Fleming.
Teorema do índice de Atiyah-Singer
Na xeometría diferencial, o teorema do índice de Atiyah-Singer afirma que para un operador diferencial elíptico sobre unha variedade compacta, o índice analítico (relacionado coa dimensión do espazo de solucións) é igual ao índice topolóxico (definida en termos dalgúns datos topolóxicos). Inclúe moitos outros importantes teoremas (como o teorema de Riemann-Roch) como casos especiais, e ten aplicacións en física teórica. Foi probado por Michael Atiyah e Isadore Singer en 1963.
John Ernst Steinbeck, Jr., nado en Salinas (California) o 27 de febreiro de 1902 e finado en Nova York o 20 de decembro de 1968, foi un dos escritores americanos de maior sona no século XX. Gañador do Premio Pulitzer en 1940 e obsequiado co Premio Nobel de Literatura en 1962, adquiriu popularidade como novelista con De ratos e homes (1937) e The Grapes of Wrath (1939), nas que examina as vidas da clase traballadora durante a Gran Depresión, e sobre todo pola súa novela East of Eden (1952), protagonizada por James Dean na versión cinematográfica de Elia Kazan.
O coello (ou coello europeo, para distiguilo doutras especies da familia), cientificamente Oryctolagus cuniculus, é unha especie de mamífero lagomorfo da familia dos lepóridos, a única do xénero Oryctolagus.Orixinario do suroeste de Europa (España, Portugal e o suroeste de Francia) e do noroeste de África (norte de Marrocos e de Alxeria), onde aínda existe (cada vez menos) en estado salvaxe, existen tamén moitas subespecies domesticadas en case todo o planeta. Útil ás persoas pola súa carne, usada como alimento, e pola súa pel, usada para confeccionar vestiario. Crese popularmente que a pata de coello é un amuleto de boa sorte.
Android é un sistema operativo para móbiles baseado en Linux, que xunto con aplicacións middleware está destinado para ser empregado en dispositivos móbiles como teléfonos intelixentes, tabletas, Google TV e outros dispositivos. É desenvolvido pola Open Handset Alliance, a cal é liderada por Google. Este sistema polo xeral manexa aplicacións como Market (Marketing) ou a súa actualización, PlayStore.
As Illas Orcadas (escocés: Arcaibh, en inglés e escocés Orkney) son un arquipélago habitado do Mar do Norte, moi próximo á costa setentrional de Escocia, a tan só 16 quilómetros, e que na actualidade constitúen unha área municipal de seu. Atópase ao norte da costa de Caithness e comprende aproximadamente 70 illas, das cales 20 están habitadas. A illa máis grande Mainland refírese a miúdo como "o continente".
Tokusatsu (特撮) é a palabra xaponesa para denominar os efectos especiais e que fóra do Xapón identifica os filmes e series xaponesas que fan un considerable uso dos efectos especiais como filmes ou series de imaxe real tales como os de superheroes, como son as series de Metal Hero; kaijus como Godzilla; as de mecha, como Giant Robot ou aquelas producións que combinan dous ou máis destes xéneros, como Ultraman ou Super Sentai. En xeral abrangue temas que teñen que ver coa ficción científica, fantasía e terror. Constitúe unha das formas de entretemento máis populares do Xapón, pero fóra de Asia apenas teñen éxito uns poucos filmes e series, aínda que si conta cun importante número de afeccionados en todo o mundo.
O Franco suízo (Código ISO 4217: CHF) é a moeda de curso legal na Suíza e Liechtenstein. Aínda que o seu peso na economía mundial non pode ser comparado ao do euro ou ao do dólar, a estabilidade do país ao que pertence faina ser tida en conta como unha "moeda refuxio", sobre todo despois da apreciación respecto da moeda europea desde abril até setembro de 2000. O seu valor rolda os dous terzos de euro.
Un xornalista ou periodista é aquela persoa que se dedica ó xornalismo en calquera das súas formas, xa sexa na prensa escrita, radio, televisión ou medios dixitais. O xornalista dedícase basicamente á busca de información e á súa posterior difusión. Existen varios principios que guían o labor do periodista, o principal dos cales é o respecto pola verdade e o rigor na busca da información.
Andy Warhol, nado o 6 de agosto de 1928 en Pittsburgh (Pensilvania) e finado o 22 de febreiro de 1987 en Nova York, foi un pintor, director cinematográfico e publicista americano, ademais de ser unha das principais figuras do movemento coñecido como arte pop. Logo dunha exitosa carreira como ilustrador comercial, Warhol fíxose famoso en todo o mundo polos seus traballos como pintor, cineasta, produtor musical, escritor e escultor. Foi unha importante figura pública coñecida pola súa pertenza a círculos sociais moi diversos que incluían desde persoas bohemias que vivían na rúa ata distinguidos intelectuais, celebridades de Hollywood, xente adiñeirada e aristócratas.
Doraemon, o gato cósmico (ドラえもん, Doraemon) é un manga e anime creado entre os anos 1969 e 1970 polo debuxante xaponés Himiko Fujisaki, baixo o pseudónimo de Fujio Fujiko. Fujio Fujiko era pseudónimo común de dous debuxantes, Hiroshi Fujimoto e Motoo Abiko. Doraemon é a obra creada de Hiroshi Fujimoto, entón agora se utiliza Fujio F. Fujiko como o seu pseudónimo.
Pan European Game Information (en galego: Información Paneuropea sobre Videoxogos) ou PEGI é un sistema europeo para clasificar o contido dos videoxogos e outro tipo de software de entretemento. Foi desenvolvido pola ISFE e entrou en práctica en 9 de abril do 2003. O sistema PEGI aplícase en 25 países sen ter relación algunha coa Unión Europea.
Roma (AFI: /ˈroma/, pronuncia ) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018), capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Cunha área de 1.285 km² é municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, Istambul, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid.
A candorca ou alcandorca, (Orcinus orca) é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, a única do xénero Orcinus. É o membro de maior tamaño dos chamados golfiños oceánicos, e pode chegar a pesar 10 t. Poderoso e versátil depredador, pode cazar peixes, pinnípedes, cefalópodos, aves e tartarugas.
Corea do Sur, oficialmente República de Corea (coreano: Daehan Minguk listen (Hangul: 대한 민국; Hanja: 大韓民國), é un país asiático que ocupa a metade sur da Península de Corea. O nome Corea deriva do Reino de Goryeo, tamén pronunciado Koryŏ. Comparte fronteira terrestre con Corea do Norte, e a través de mar, co Xapón polo leste e coa China polo oeste.
Alanis Nadine Morissette, nada en Otava o 1 de xuño de 1974, é unha cantautora, actriz e produtora canadense, nacionalizada estadounidense. Ten voz de mezzosoprano. É unha das artistas de maiores vendas na historia, debido en gran parte a Jagged Little Pill, o álbum debut máis vendido da historia, o primeiro máis vendido por parte dunha artista femenina, e o sétimo máis vendido de todos os tempos.
Francis Albert Sinatra, máis coñecido como Frank Sinatra, nado en Hoboken o 12 de decembro de 1915 e finado nos Ánxeles o 14 de maio de 1998, foi un cantante e actor estadounidense. Alcumado "A Voz", foi unha das figuras máis importantes da música popular do século XX. A súa popularidade chegou a ser inmensa e practicamente constante ao longo da súa vida, aínda que foron especialmente exitosos os anos corenta e cincuenta. Foi esta última década, coa súa produción discográfica para a compañía Capitol, a considerada como a súa etapa de maior calidade artística como cantante.
O pianista (en inglés: The Pianist) é un filme do ano 2002 dirixido por Roman Polanski e protagonizado por Adrien Brody. O filme é unha adaptación das memorias do músico polaco de orixe xudía Władysław Szpilman. Recibiu en 2002 a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cannes, e foi galardoada con tres Premios Óscar: mellor director, mellor actor protagonista e mellor guión adaptado.
Os peixes (Pisces) son animais vertebrados, ovíparos, acuáticos e con respiración branquial. A especialidade da zooloxía que se ocupa especificamente dos peixes chámase ictioloxía. O grupo dos peixes é un taxon parafilético, é dicir, un caixón de xastre definido pola exclusión dun taxon (os tetrápodos) doutro maior (os vertebrados), e non pola posesión de características derivadas comúns.
O pavo (Meleagris gallopavo) é unha especie de ave galiforme da familia Phasianidae. É orixinario de América do Norte, mais introduciuse como ave doméstica en case todo o mundo. A súa poboación no momento da chegada dos europeos calcúlase en 40 millóns de exemplares, sendo fortemente cazada ou domesticada.
Walmart (oficialmente, Wal-Mart, Inc.) é unha corporación multinacional de tendas de orixe estadounidense, que opera cadeas de grandes almacéns de desconto e clubs de almacéns. Foi fundada por Sam Walton en 1962, incorporada en 1969, e cotizou na Bolsa de Nova York dende 1972. A súa sede principal está situada en Bentonville, Arkansas.