Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
Qatar (/ˈkætɑːr/,) (en árabe: قطر), oficialmente o Estado de Qatar (en árabe: دولة قطر, Dawlat Qatar) é un país soberano localizado no oeste de Asia, ocupando a pequena Península de Qatar na costa noroeste da Península Arábiga. Ten fronteira terrestre con Arabia Saudita no sur, co resto do seu territorio rodeado polo Golfo Pérsico. Un estreito no Golfo Pérsico separa Qatar do seu veciño Bahrain, tamén compartindo fronteiras marítimas cos Emiratos Árabes Unidos e Irán.
O modelo OSI (Open Systems Interconnection), ou Interconexión de Sistemas Abertos, é un conxunto de estándares ISO (segundo a ISO/IEC 7498-1) relativo á interconexión dos sistemas de comunicacións publicado en 1980. Un sistema aberto é un sistema que non depende dunha arquitectura específica propietaria.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Taylor Alison Swift, nada o 13 de decembro de 1989 en West Reading, Pensilvania, é unha cantante e compositora country e pop estadounidense. Entre os seus antepasados hai algúns coñecidos, como Richard Warren (c. 1580-1628), un peregrino do Mayflower, fundador da Colonia de Plymouth, Massachusetts, signatario do Pacto do Mayflower.
Os Países Baixos (en neerlandés: Nederland) é un dos países constituíntes do Reino dos Países Baixos que abrangue a súa parte europea e os municipios especiais de Bonaire, Saba e San Eustaquio. Localizado no noroeste de Europa, limita ó norte e ó oeste co mar do Norte, ó leste con Alemaña e ó sur con Bélxica. Aínda que Holanda é en orixe o nome de dúas das súas provincias, Holanda Setentrional e Holanda Meridional, nalgunhas linguas como é o caso do galego pasou a ser a forma popular de se referir a todo o país, en neerlandés pola contra Holland só se usa para se referir a esas dúas provincias.
Vox é un partido político español conservador. Foi fundado en decembro de 2013 coa intención de presentar candidatura nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014, o seu presidente é Santiago Abascal e o seu secretario xeral é Javier Ortega Smith. É considerado por moitos como unha formación de ultradereita, aínda que tamén foi situado por algúns medios na dereita do espectro político.
Juliette Binoche, nada o 9 de marzo de 1964 en París, é unha actriz, artista e bailarina francesa. Ó longo da súa carreira como actriz, actuou en máis de 40 filmes, recibindo numerosos premios internacionais. Procendente dunha familia de artistas, comezou a recibir clases de interpretación durante a adolescencia.
Pannonia ou Panonia foi unha provincia do Imperio romano, que limitaba ao norte e ao leste co Danubio, ao oeste co Nórico e a Italia romana superior e ao sur con Dalmacia e Mesia superior. Pannonia estaba situada en Europa central, no territorio actual de Hungría, leste de Austria, norte de Croacia, noroeste de Serbia, norte de Eslovenia, oeste de Eslovaquia e norte de Bosnia e Hercegovina.
Louis Adolphe Thiers, nado en Marsella o 15 de abril de 1797 e finado en Saint-Germain-en-Laye o 3 de setembro de 1877, foi un historiador e político francés. Foi repetidas veces primeiro ministro baixo o reinado de Lois Filipe de Francia. Despois da caída do Segundo Imperio, converteuse en presidente provisional da Terceira República Francesa, ordenando a supresión da Comuna de París en 1871.
O capitalismo é unha orde ou sistema social e económico que se atopa en constante movemento, derivado do usufruto da propiedade privada sobre o capital como ferramenta de produción, que se atopa maiormente constituído por relacións empresariais vinculadas ás actividades de investimento e obtención de beneficios, así como de relacións laborais tanto autónomas como asalariadas subordinadas a fins mercantis. Máis especificamente o capitalismo é un sistema económico dominado polo capital e non polo traballo. No capitalismo, os individuos e as empresas usualmente representadas polos mesmos, levan a cabo a produción de bens e servizos de forma privada e interdependiente, dependendo así dun mercado de consumo para a obtención de recursos.
Andy Warhol, nado o 6 de agosto de 1928 en Pittsburgh (Pensilvania) e finado o 22 de febreiro de 1987 en Nova York, foi un pintor, director cinematográfico e publicista americano, ademais de ser unha das principais figuras do movemento coñecido como arte pop. Logo dunha exitosa carreira como ilustrador comercial, Warhol fíxose famoso en todo o mundo polos seus traballos como pintor, cineasta, produtor musical, escritor e escultor. Foi unha importante figura pública coñecida pola súa pertenza a círculos sociais moi diversos que incluían desde persoas bohemias que vivían na rúa ata distinguidos intelectuais, celebridades de Hollywood, xente adiñeirada e aristócratas.
No uso común, o termo película fotográfica refírese a unha emulsión que contén unha substancia sensible á luz como nitrato de prata sobre unha capa plástica. As máis modernas capas fotosensibles son de sales de prata cun tamaño variable do cristal que afecta á sensibilidade da película. Cando esta emulsión é sometida a unha exposición controlada de luz ou raios X unha fotografía pode imprimirse nela.
O funk é un estilo musical afroamericano. Naceu nos 60 con intérpretes coma James Brown, Sly and the Family Stone e The Meters, e emerxeu coma xénero a finais desa década. O funk caracterízase por ter ritmos bailables moi sincopados que enfatizan o primeiro tempo de cada compás, liñas de baixo prominentes, unha guitarra rítmica moi distintiva cun son afiado, voces ó estilo da música soul, seccións de vento poderosas e orientadas ó ritmo, unha grande énfase na percusión, incluíndo adoito diversos tambores ademais da batería, e influencias africanas e do jazz.
San Miguel de Presqueiras, Forcarei
San Miguel de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2014 tiña 210 habitantes (95 homes e 115 mulleres), 70 menos ca en 2004 (153 mulleres e 127 homes nese ano segundo o padrón municipal) e 73 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.
A música pop (apócope de popular) é un xénero de música popular que tivo a súa orixe a finais dos anos 1950 coma un derivado do rock and roll, en combinación con outros xéneros musicais que estaban de moda nese momento. A música pop, á marxe da instrumentación e tecnoloxía aplicada para a súa creación, conserva a estrutura formal "verso - retrouso - verso", executada dun modo sinxelo, melódico, apegadizo, e normalmente asimilable para o gran público. As súas grandes diferenzas con outros estilos están nas voces melódicas e claras en primeiro plano e percusións lineais e repetidas.
Un globo terrestre ou unha esfera terrestre é un modelo a escala tridimensional da Terra, sendo a única representación xeográfica que non sofre distorsión. Se ben a Terra é o planeta máis frecuentemente representado, existen modelos do Sol, a Lúa e varios outros planetas, incluíndo algúns ficticios.
O Biarritz Olympique Pays Basque, Biarritz Olympique ou "BO" é un equipo de rugby vascofrancés da cidade de Biarritz (no departamento de Pireneos Atlánticos) que xoga na 2ª División da liga francesa (Pro D2). Xoga no estadio Parc des Sports Aguiléra (simplificado como Aguilera) aínda que xoga os seus partidos europeos no Estadio Municipal de Anoeta de Donostia (País Vasco).
O Reino de Dahomey foi un reino africano (localizado dentro da área do actual Benín) que existiu dende 1600 até 1894, cando o último rei, Béhanzin, foi derrotado polos franceses, e o país foi anexionado ó imperio colonial francés. Dahomey desenvolveuse na chaira de Abomey a partir do pobo fon a comezos do século XVII e converteuse nun poder rexional no século XVIII mediante a conquista de cidades importantes na costa Atlántica. Durante os século XVIII e XIX, o Reino de Dahomey foi un importante estado na súa rexión, deixando de ser estado tributario do Imperio de Oyo.
Botelleira, botella, pataca, corbela ou marmulo, Fucus vesiculosus, é unha olga mariña parda (Phaeophyta) que se espalla polo mar do Norte, o mar Báltico (costa oeste), o océano Atlántico e polo Pacífico. Frecuente no litoral galego, distínguese ben polas súas bogas ou vesículas cheas de gas nitróxeno.
Lu Xun (chinés tradicional: 魯迅; chinés simplificado: 鲁迅; pinyin: Lǔ Xùn; Wade-Giles: Lu3 Hsün4), pseudónimo de Zhou Shuren (chinés tradicional: 周樹人; chinés simplificado: 周树人; pinyin: Zhōu Shùrén; Wade-Giles: Chou1 Shu4-jen2), nado en Shaoxing (provincia de Zhejiang) o 25 de setembro de 1881 e finado en Shanghai o 19 de outubro de 1936, foi un escritor chinés. Está considerado o fundador da literatura chinesa moderna debido á súa innovación temática –narrativa de contido realista e social– e ao uso do chinés vernáculo (白话, báihuà, lit. "lingua transparente") en substitución da lingua clásica literaria (文言, wényán, "lingua da cultura").
Expulsión dos mercadores do Templo
A expulsión dos mercadores do Templo de Xerusalén, ou a purificación do Templo, é unha perícope dos catro evanxeos canónicos (o de Mateu, o de Marcos, o de Lucas e o de Xoán). Nela, Xesús de Nazaret botou aos tendeiros que vendían no interior do Templo de Xerusalén, tamén chamado o Templo de Herodes. Batendo cunha xostra, estragou os postos de venda de animais para seren ofrendados e derrubou as mesas dos cambiadores de cartos.
A península de Crimea é unha importante masa de terra situada no norte do mar Negro, que está case completamente rodeada pola auga. Os seus nomes oficiais son: півострів Кримський, en ucraíno полуостров Крымский, en ruso Qırım Yarimadasi, en tártaroA península pertence a Ucraína, desde que en 1954 foi trasferida polo presidente da URSS Nikita Khrushchev, desde a República Socialista Soviética de Rusia, cando ambas as repúblicas formaban parte da Unión Soviética aínda que de feito, e sen recoñecemento internacional, está controlada por Rusia desde marzo de 2014. Encóntrase xusto ao sur do resto da costa de Ucraína e ao oeste da rexión rusa de Kuban.
O gas natural é unha mestura de gases encontrado frecuentemente en combustíbeis fósiles, illado ou acompañando ao petróleo. Aínda que a súa composición sexa diferente dependendo da fonte da cal é extraído, é composto principalmente por metano en cantidades que poden superar 90 ou 95%, e outros gases como nitróxeno, etano, CO2 ou restos de butano ou propano.
O London Eye (ollo de Londres), tamén coñecido como Millennium Wheel (nora do milenio), rematado en 1999 e aberto ao público en marzo do ano 2000, foi a maior nora-miradoiro do mundo ata a apertura da Estrela de Nanchang en maio de 2006, e a posterior Singapore Flyer no 2008. O London Eye alcanza os 135 metros de altura sobre o extremo occidental dos Jubilee Gardens, no South Park do Támese entre as pontes de Westminster e Hungerford. A nora está ó lado de County Hall e fronte ás oficinas do Ministerio de Defensa.
Para o artigo da illa, vexa Día, Grecia.Un día (do latín: dies) é o lapso de tempo que transcorre na Terra desde que o Sol está no punto máis alto sobre o horizonte ata que volve estalo. A duración aproximada do día son 24 horas, divididas, tradicionalmente, en tempo de luz (tamén chamado "día") e período escuridade (chamado "noite"). Non é unha unidade do SI, pero acéptase o seu uso con el.
O bolero é un ritmo que mestura as raíces españolas coas influencias locais de varios países hispanoamericanos. Xurdiu no Caribe, mais sufriu modificacións, especialmente desenvolvendo temas máis románticos e un ritmo mais devagar. Ten tradición en Cuba, Porto Rico, a República Dominicana, Colombia, Ecuador, México, o Perú, Venezuela, o Uruguai, a Arxentina e o Brasil.
Paris Whitney Hilton, nada en Nova York o 17 de febreiro de 1981, é unha personalidade dos medios estadounidense, muller de negocios, membro da alta sociedade, modelo, cantante, actriz, deseñadora de moda e DJ. Hilton é bisneta de Conrad Hilton, fundador dos Hoteis Hilton, e criouse entre Nova York e Beverly Hills. Comezou unha carreira como modelo na adolescencia, cando asinou coa axencia de modelos neoiorquina Trump Model Management. A súa imaxe pública nocturna convertérona nunha habitual do xornalismo sensacionalista, e Hilton foi declarada a "It Girl líder de Nova York" en 2001.
O Museo de Arte de Filadelfia (en inglés, Philadelphia Museum of Art), situado ao oeste do Benjamin Franklin Parkway no Fairmount Park de Filadelfia, creouse en 1876 ligado á Exposición do Centenario dese mesmo ano e hoxe en día atópase entre os máis grandes e importantes museos de arte dos Estados Unidos. Orixinalmente chamouse Pennsylvania Museum and School of Industrial Art (Museo de Pensilvania e Escola de Artes Industriais). A súa fundación foi inspirada polo Museo de South Kensington (hoxe o Museo Vitoria e Alberto) en Londres, que naceu da Grande Exposición de 1851.
Os pinópodos ou uterodomas son protrusións da membrana celular apical das células do epitelio interno do útero, o endometrio.Os pinópodos teñen unha función pinocítica (e de aí vén o nome pinópodo, en grego 'pé bebedor') e tamén secretora. Os seus vacúolos secretores diríxense ao lume uterino e o seu contido pode proporcionar nutrientes necesarios para o embrión. Tamén axudan ao embrión a adherirse ao endometrio uterino.
Interacción é un tipo de acción que ocorre cando dous ou máis obxectos sofren efectos mutuos. A idea de acción de dobre sentido é esencial no concepto de interacción, como diferenciador de efecto de sentido único. As combinacións de moitas interaccións sinxelas pode desembocar en fenómenos sorprendentes.
A microfluídica estuda o comportamento de líquidos e gases nas escalas máis pequenas. Este comportamento diferénciase de maneira fundamental do observado en fluídos macroscópicos porque a esta escala algúns efectos normalmente considerados insignificantes en mecánica de fluídos clásica poden ser dominantes. Se por exemplo as forzas de fricción son predominantes con respecto ás forzas inercias, o que se corresponde cun fluxo a baixo número de Reynolds, o fluxo resultante é laminar sen turbulencias apreciables.
Miguel Mario Díaz-Canel Bermúdez, nado en Placetas, Cuba, o 20 de abril de 1960, é un político, enxeñeiro e profesor universitario cubano. É o presidente do Consello de Estado de Cuba e presidente do Consello de Ministros desde o 19 de abril de 2018. É o primeiro dirixente cubano nado despois da Revolución cubana que alcanzou devanditos postos.
Daft Punk foi un dúo musical, composto polos parisienses Guy-Manuel de Homem-Christo (1974) e Thomas Bangalter (1975). O dúo fixo unha das contribucións máis significativas de sempre [Cómpre referencia] no ámbito da música electrónica, tanto polo volume de vendas como polo apoio da crítica. O seu sinxelo de debut foi "The New Wave", relanzado en edición limitada en 1994 por Soma Records.
Mosteiro de Santa Catarina do Monte Sinaí
O Mosteiro de Santa Catarina (en árabe: دير القدّيسة كاترين; en grego antigo: Μονὴ τῆς Ἁγίας Αἰκατερίνης), oficialmente o Sacro Real Mosteiro Autónomo de Santa Catarina do Santo e Pisado por Deus Monte Sinaí, é un mosteiro cristián ortodoxo que se atopa na península do Sinaí. Atópase na desembocadura dunha garganta ao pé do Monte Sinaí, preto da cidade de Saint Catherine, en Exipto. O mosteiro recibe o nome de Catarina de Alexandría.Controlado pola autónoma Igrexa do Sinaí, que forma parte da Igrexa ortodoxa grega, o mosteiro converteuse en Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 2002 pola súa importancia única nas tradicións do cristianismo, o islam e o xudaísmo.
A astronomía, do grego ἀστρονομία, que significa etimoloxicamente "as regras das estrelas" ou astro-nomos, é a ciencia natural que estuda a orixe, evolución e eventos dos obxectos celestes; para o cal fai uso das matemáticas, a física e a química. O obxectos celestes de interese inclúen planetas, satélites, estrelas, nebulosas, galaxias e cometas. Eventos relevantes abarcan explosións de supernovas, gromos de raios gamma, quasars, blazars, púlsares e a radiación de fondo cósmico de microondas.
O pobo san son un pobo do grupo khoisa que habitan en África austral, especialmente en territorios de Botswana, Namibia, Angola, Zambia, Cimbabue, Lesotho e Suráfrica. Caracterízanse por unha significativa variedade lingüística entre os diferentes san e as áreas onde habitan esténdense entre o río Okavango en Botswana e o Parque Nacional Etosha no noroeste de Namibia e os suroeste de Angola, e dende o Kalahari cara ó río Molopo, onde viven os derradeiros san de Suráfrica, outrora o pobo indíxena de toda a rexión.Os devanceiros dos san considéranse os primeiros habitantes de Botswana e Suráfrica.
A Paixón segundo San Mateu, BWV 244 (título orixinal en latín: Passio Domini Nostri J. C. Secundum Evangelistam Matthaeum; en alemán: Matthäus-Passion) é unha paixón oratórica escrita para voces solistas, dobre coro e dobre orquestra por Johann Sebastian Bach.Presenta o sufrimento e a morte de Cristo segundo o evanxeo de San Mateu. Cunha duración de máis de dúas horas e media (nalgunhas interpretacións mesmo máis de tres horas), é a obra máis extensa do compositor. É unha obra central da música artística (Hubert Parry considerouna como o máis rico e nobre exemplo da historia da música sacra).
Un ficheiro ou arquivo informático é un conxunto de información que se almacena nalgún medio de escritura que permita ser lido ou accedido por unha computadora. Un arquivo é identificado por un nome e a descrición do cartafol ou directorio que o contén. Os arquivos informáticos chámanse así porque son os equivalentes dixitais dos arquivos en cartóns, papel ou microfichas da contorna de oficina tradicional.
O quilómetro por hora (km/h) é unha unidade derivada do SI de velocidade, tanto escalar como vectorial. Un obxecto que viaxa a unha velocidade media de 1 km/h desprázase 1 quilómetro nunha hora se a velocidade se mantén constante durante ese período. O símbolo utilizado para esta unidade é km/h, aínda que tamén se utiliza km·h−1.
Un porto de montaña é unha ruta ou paso para cruzar unha montaña o calquera clase de sistema montañoso; o cume do porto é o lugar de maior altitude sobre o que pasa dito camiño e á vez adoita ser o punto máis baixo de dito sistema montañoso. Os portos de montaña caracterízanse por ter trazados moi sinuosos e pendentes moi pronunciadas ademais da frecuente presenza de neve. Nos porto de montaña o vento adoita encaixar e adoita ser particularmente forte, o que causa un descenso de altitude nas bandas de vexetación.
A información é un concepto abstracto que fai referencia a aquilo que ten o poder de informar. No nivel máis fundamental, a información pertence á interpretación do que se pode percibir. Pódese dicir que calquera proceso natural que non sexa completamente aleatorio e calquera patrón observable en calquera medio transmite certa cantidade de información.
O conto da criada (en inglés: The Handmaid's Tale) é unha novela distópica da autora canadense Margaret Atwood, publicada orixinalmente en 1985. Está ambientado nun futuro achegado, en Nova Inglaterra, nun estado relixioso totalitario que derrocou o goberno dos Estados Unidos. A novela céntrase na historia da criada Offred.
The Sims 3 é un videoxogo de simulación social e estratexia da franquía The Sims, orixinalmente creado por Maxis e desenvolvido por Electronic Arts, para PC e Mac. Trátase da terceira entrega da popular serie The Sims (posterior ao videoxogo The Sims 2). Foi anunciado nunha entrevista de Electronic Arts en novembro de 2006 e lanzado o 2 de xuño de 2009 nos Estados Unidos, e o 26 de outubro de 2010 para as videoconsolas de sobremesa Xbox 360, PlayStation 3, Wii e Nintendo DS. O videoxogo tivo un éxito inmediato.
Tratado de libre comercio de América do Norte
O Tratado de libre comercio de América do Norte TLCAN coñecido tamén por TLC, NAFTA (polas siglas en inglés North American Free Trade Agreement) ou ALÉNA (do francés Accord de libre-échange nord-américain), é un bloque comercial entre os Estados Unidos, Canadá e México que establece unha zona de libre comercio. Entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1994. A diferenza de tratados o convenios similares (como o da Unión Europea) non establece organismos centrais de coordinación política ou social.
Os Dolomitas (italiano: Dolomiti, Ladino: Dolomites; alemán: Dolomiten, véneto: Dołomiti, friulano: Dolomitis), tamén coñecidos como Montañas Dolomitas, os Alpes dolomíticos ou Alpes dolomíticos, son unha cordilleira situada no nordés de Italia. Forman parte dos Alpes surorientais e esténdense desde o Río Adige no oeste ata o Val de Piave (Pieve di Cadore) no leste. As fronteiras norte e sur están definidas polo Val Puster e o Val Sugana (en italiano: Valsugana).
Para a moeda de Acerbaixán, véxase Manat acerbaixano. O manat turcomán (código TMT; símbolo: m) é a unidade monetaria de Turkmenistán desde 1993, subdividida en 100 tenge (teňňe) como moeda fraccionaria.En 2009, o primeiro manat foi substituído polo novo manat turcomán, cunha taxa de cambio de 5.000 manats vellos por cada novo manat.
Arrombacoches é o apelativo dado a un individuo, xeralmente non regulamentado, que por norma[Cómpre referencia] utiliza a coacción para conseguir remuneración polos servizos prestados no estacionamento, na limpeza ou na protección dun vehículo automóbil. Ten habido diversas controversias pola extorsión encuberta á que someten ós condutores, con roubos ou destrozos a aqueles que non queren pagar a adealla.
Unha máquina comecartos ou simplemente un comecartos é un aparello automático concibido para ofrecer xogos de aposta sen a intervención dun empregado. Estes dispositivos poden ser mecánicos, electrónicos ou dixitais. O xogo consiste en introducir unha moeda coa esperanza de que saia unha combinación gañadora e obter un premio en metálico que proporciona a propia máquina.
Camembert é o nome dun queixo orixinaria da rexión da Normandía, Francia. O nome vénlle precisamente da vila normanda chamada Camembert. A súa invención atribúeselle a Marie Harel, natural da rexión de Brie, quen a través dunha adaptación da técnica da fabricación do brie, creou unha nova variedade, feita dunha masa mol que non se coce nin se espreme.
O selección de fútbol de Qatar (en árabe: منتخب قطر لكرة القدم) é o equipo representativo de Qatar nas competicións internacionais oficiais de fútbol, e é controlado pola Asociación de Fútbol de Qatar e a Confederación Asiática de Fútbol. O equipo participou en dez ocasións na Copa Asiática e gañouno por vez primeira no ano 2019. Xogan na casa no Estadio Internacional Khalifa e no Estadio Jassim bin Hamad.
A cor é a impresión producida por un ton de luz nos órganos visuais, ou máis exactamente, é unha percepción visual que se xera no cerebro dos humanos e outros animais ao interpretar as sinais nerviosos que lle envían os fotorreceptores na retina do ollo, que á súa vez interpretan e distinguen as distintas lonxitudes de onda que captan da parte visible do espectro electromagnético. É estudado pola ciencia da cor.Para observar a cor debe de haber luz, cando a luz reflíctese as cores rebotan do obxecto. Todo corpo iluminado absorbe unha parte das ondas electromagnéticas e reflicte as restantes.
Luís Alfonso Blanco Vila, nado en Boiro o 9 de novembro de 1936 e finado na mesma vila o 31 de decembro de 2023, foi un catedrático, escritor, xornalista, crítico literario, tradutor e político galego, autor de máis de 30 obras, entre as que destacan Memorias de un gato tonto e Para leer a Camilo José Cela.
Unha isoglosa é unha liña imaxinaria que divide xeograficamente a existencia de dous fenómenos lingüísticos distintos. Os trazos poden ser fonéticos, fonolóxicos, morfolóxicos, sintácticos e mesmo pragmáticos. Partindo como exemplo do galego actual, as isoglosas dos principais fenómenos (plurais dos substantivos e adxectivos rematados en -n e -l, variantes no paradigma dos verbos, na estrutura fonolóxica, nas realizacións fonéticas, gheada, seseo, etc.) contribúen a delimitar o territorio dos tres bloques lingüísticos: occidental, central e oriental.
Rafael Nadal Parera, nado o 3 de xuño de 1986 en Manacor (Mallorca), é un tenista español, actual número 3 do mundo na clasificación ATP.É o tenista que, cun total de 22, ten máis títulos de individual masculino en torneos de Grand Slam. Foi campión de Roland Garros en 14 ocasións (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2017, 2018, 2019, 2020 e 2022), gañador do Torneo de Wimbledon en 2008 e 2010 e onde foi outras tres veces finalista (2006, 2007 e 2011), do Aberto dos Estados Unidos en 2010, 2013, 2017 e 2019 (finalista en 2011) e do Aberto de Australia en 2009 e 2022 (finalista en 2012, 2014, 2017 e 2019). Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 en individuais e nos Xogos Olímpicos de Río de 2016 en dobres formando parella con Marc López.
A enxeñaría de proteínas é a disciplina técnica utilizada para desenvolver proteínas útiles e valiosas por medio do deseño e a produción de polipéptidos non naturais, a miúdo alterando secuencias de aminoácidos atopadas na natureza. É unha disciplina nova, na que se están a facer moitas investigacións para comprender o pregamento de proteínas e o recoñecemento dos principios para o deseño de proteínas. Foi utilizada para mellorar a función de moitos encimas para a catálise industrial.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
O ano bisesto é aquel que posúe un día a máis cós anos comúns. O obxectivo é manter o calendario utilizado en sincronía cos eventos estacionais relacionados coas estacións do ano. No caso do calendario gregoriano, asígnaselle 1 día extra cada 4 anos no mes de febreiro, que pasa a ter 29 días (e o ano 366 días) en vez de 28 como nos anos comúns de 365 días, co fin de equilibrar a duración do ano solar co calendario.