Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O ácido desoxirribonucleico (ADN, ou DNA, nas súas siglas en inglés) é un ácido nucleico que contén as instrucións xenéticas usadas no desenvolvemento e funcionamento de todos os organismos vivos coñecidos e algúns virus, e é responsable da súa transmisión hereditaria. O papel principal da molécula de ADN é o almacenamento a longo prazo de información. O ADN é comparado a miúdo cun plano ou unha receita, ou un código, xa que contén as instrucións necesarias para construír outros compoñentes das células, como as proteínas e as moléculas de ARN. Os segmentos de ADN que levan esta información xenética son chamados xenes, pero as outras secuencias de ADN teñen propósitos estruturais ou toman parte na regulación do uso desta información xenética.
Un virus (do latín virus 'toxina' ou 'veleno') é un axente infeccioso microscópico non celular que só pode replicarse penetrando no interior dunha célula. Os virus afectan todo tipo de organismos, desde animais e plantas a bacterias e arqueas. Unha partícula de virus completa e infectiva fóra (xeralmente) da célula denomínase virión.
A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín.
O metabolismo (do grego μεταβολή, metabolē, "cambio" ou de μεταβολισμός, metabolismos, "derrocamento") é o conxunto integrado das reaccións químicas que teñen lugar nunha célula ou organismo. Está constítuido por series de reaccións que forman unha rede complexa, ordenada e interconectada de vías ou rutas metabólicas catalizadas por encimas. A función destas reaccións é obter e transformar materia e enerxía.
Rosa Luxemburg (en polaco: Róża Luksemburg e tamén Rozalia Luxenburg), nada en Zamość (Imperio Ruso) o 5 de marzo de 1871 ou 1870 e finada en Berlín o 15 de xaneiro de 1919, foi unha militante socialista e teórica marxista polaca de orixe xudía, nacionalizada alemá. Foi membro do partido da Socialdemocracia do Reino de Polonia e Lituania (SDKPiL), do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD), do Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña (USPD) e do Partido Comunista de Alemaña (KPD). En 1915, debido ao apoio prestado polo SPD á participación alemá na primeira guerra mundial, ela, xunto con Karl Liebknecht fundaron a Liga Espartaquista (Spartakusbund) que posteriormente se convertería no Partido Comunista Alemán.
Os Dallas Mavericks, ás veces coñecidos sinxelamente como Mavs, son un equipo profesional estadounidense de baloncesto con sede en Dallas, Texas, que xoga na División Suroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). Os Mavericks foron fundados en 1980, e actualmente son propiedade do empresario de internet e multimillonario Mark Cuban, sendo o seu adestrador o ex xogador Rick Carlisle. Actualmente xogan os seus encontros coma local no American Airlines Center, tras abandonar en 2001 o Reunion Arena.
Angkor Wat (en lingua khmer អង្គរវត្ត ou Ângkôr Vôtt, traducido como Cidade templo ou Cidade de templos) é un templo khmer, situado no sitio arqueolóxico de Angkor, en Camboxa, preto da cidade de Siem Reap. Trátase do templo máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída, e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O comunismo é un sistema social, así como tamén un modo de organización socioeconómica, caracterizado pola propiedade en común dos medios de produción, a ausencia de propiedade privada nos medios de produción e a inexistencia de clases sociais e dun Estado.O comunismo como proxecto de socialización dos medios de produción xurdiu no século XVI baixo a forma de diversas utopías baseadas no colectivismo agrario. As máis coñecidas foron a obra Utopía de Tomás Moro e a ideoloxía revolucionaria babuvina que derivou do movemento xacobino da Revolución francesa. O ideario comunista converteuse a comezos do século XIX nun complexo proxecto económico industrial grazas ás diferentes correntes do chamado socialismo utópico, do anarcocomunismo e as ramas obreiras do comunismo cristián.
O islam (en árabe: الإسلام, al-Islām ) ou islamismo é unha relixión monoteísta abrahámica cuxo dogma baséase no libro do Corán, o cal establece como premisa fundamental para os seus crentes que «Non hai máis deus que Alá e que Mahoma é o último mensaxeiro de Alá». A palabra árabe Allah, galeguizada como Alá, significa Deus e a súa etimoloxía é a mesma da palabra semítica El (אל), coa que se nomea a Deus na Biblia. Os eruditos islámicos definen ao islam como: «A submisión a Deus o Altísimo a través do monoteísmo, a obediencia e o abandono da idolatría».
O capitalismo é unha orde ou sistema social e económico que se atopa en constante movemento, derivado do usufruto da propiedade privada sobre o capital como ferramenta de produción, que se atopa maiormente constituído por relacións empresariais vinculadas ás actividades de investimento e obtención de beneficios, así como de relacións laborais tanto autónomas como asalariadas subordinadas a fins mercantis. Máis especificamente o capitalismo é un sistema económico dominado polo capital e non polo traballo. No capitalismo, os individuos e as empresas usualmente representadas polos mesmos, levan a cabo a produción de bens e servizos de forma privada e interdependiente, dependendo así dun mercado de consumo para a obtención de recursos.
O antigo Exipto foi unha civilización do nordeste de África que se desenvolveu ao redor do curso medio e baixo do río Nilo, nos territorios que hoxe en día ocupan o actual estado de Exipto e o norte do Sudán. A civilización constituíuse cara ao 3150 a.C. coa unificación do Alto e Baixo Exipto baixo o primeiro faraón e persistiu durante os seguintes tres milenios ata a época romana. Entre todas as antigas civilizacións do Oriente Próximo a exipcia destaca pola súa singularidade; constituída por poboacións de orixe norteafricano, engadíronse pobos semitas procedentes da rexión de Siria e Palestina, libios vindos do oeste e individuos de Nubia, que descenderon Nilo abaixo.
América do Norte ( pronunciación ) ou Norteamérica ( pronunciación ) é un subcontinente de América situado totalmente no hemisferio norte, e case por completo no hemisferio occidental, que se estende, xeopoliticamente, desde Alasca e Groenlandia ao norte, ata a fronteira de México con Guatemala e Belize ao sur. Limita ao norte co océano Glacial Ártico, ao leste co océano Atlántico, ao sueste co mar Caribe e ao sur e ao oeste co océano Pacífico. Está conectado con América do Sur pola estreita ponte territorial que representa América Central.
O liberalismo é unha corrente de pensamento filosófica e unha ideoloxía que ten a liberdade e igualdade fronte á lei como o principais valores políticos e baséase nunha fe optimista na natureza e na súa crenza da razón, ten a súa orixe na Ilustración europea e enfatiza os dereitos individuais, preconiza unha sociedade baseada na liberdade de pensamento, na limitación do poder, no goberno da lei, no libre mercado que soporte a empresa privada e nun sistema transparente de goberno no cal se protexan os dereitos de todos os cidadáns. O radicalismo é unha ideoloxía liberal progresista nalgúns países difícil de distinguir dos liberalismo clásico. Así mesmo o liberalismo é unha filosofía política e moral baseada nos dereitos do individuo, a liberdade, o consentimento dos gobernados, a igualdade política e a igualdade ante a lei.
A democracia (do grego demos, "pobo", e kratos, "goberno", é dicir, "goberno do pobo") é un réxime político no que a soberanía reside no pobo e é exercida por este de maneira directa ou indirecta. Máis concretamente, a democracia é unha forma de goberno na que, en teoría, o poder para cambiar as leis e as estruturas de goberno, así como o poder de tomar todas as decisións de goberno reside na cidadanía. Nun sistema así, as decisións tanto lexislativas coma executivas son tomadas polos propios cidadáns (democracia directa) ou por representantes escollidos mediante eleccións libres, que actúan representando os intereses dos cidadáns (democracia representativa).
Macedonia do Norte (en macedonio: Северна Македонија; en albanés: Maqedonia e Veriut), oficialmente República de Macedonia do Norte (en macedonio: Република Северна Македонија), é un país europeo situado na península dos Balcáns, resultante do despezamento da República Federal Socialista de Iugoslavia. Limita ao norte con Serbia, ao leste con Bulgaria, ao sur con Grecia e ao oeste con Albania. A súa capital é Skopje.
A física (do latín physica, e este do grego antigo φυσικός physikós «natural, relativo a natureza»)), é unha ciencia que estuda as propiedades da materia, os seus constituíntes fundamentais, o seu movemento e comportamento a través do espazo e tempo, e as entidades relacionadas de enerxía e forza, considerando unicamente os atributos susceptíbeis de seren medidos. A física é unha das disciplinas científica máis fundamentais, sendo o seu principal obxectivo comprender como se comporta o universo. Un científico que se especializa no campo da física chámase físico.
A política é o conxunto de actividades que se asocian coa toma de decisións en grupo, ou outras formas de relacións de poder entre individuos, como a distribución de recursos ou o status. Tamén é a arte, doutrina ou práctica referente ao goberno dos Estados, promovendo a participación cidadá ao posuír a capacidade de distribuír e executar o poder segundo sexa necesario para garantir o ben común na sociedade. Pode usarse positivamente no contexto dunha "solución política" que sexa comprometedora e non violenta, ou descriptivamente como "a arte ou a ciencia do goberno", pero a miúdo tamén ten unha connotación negativa.
Filipe II de España, tamén coñecido como Filipe II de Habsburgo, nado en Valladolid o 21 de maio de 1527 e finado en El Escorial, Madrid, o 13 de setembro de 1598, foi rei de España entre 1556 e 1598 e de Portugal e os Algarves, (Filipe I de Portugal) entre 1580 e 1598.Fillo e herdeiro de Carlos I de España e Isabel de Portugal, e neto por vía paterna de Xoana I de Castela e de Filipe de Habsburgo (Filipe o Fermoso), e de Manuel I de Portugal e María de Aragón por vía materna. Chamado o rei prudente, realizou a ansiada unión dinástica con Portugal, que durou sesenta anos. Foi así mesmo rei de Inglaterra, entre 1554 e 1558, polo seu matrimonio con María I de Inglaterra.
As illas Bermudas (en inglés: Bermuda, /bərˈmjuːdə/, historicamente coñecidas como as Bermudas ou Illas Somers) é un Territorio Británico de Ultramar no océano Atlántico Norte. O arquipélago das Bermudas está formado por 181 illas cunha superficie total de 53,2 km². A terra máis próxima fóra do territorio atópase no estado estadounidense de Carolina do Norte, aproximadamente 1035 km.
A ditadura é unha forma de goberno no que unha persoa, ou un grupo de persoas máis ou menos extenso, exerce o poder en virtude dunha afirmación persoal, sen limitacións legais ou constitucionais efectivas. O concepto de ditadura úsase contemporaneamente dunha forma moito máis laxa para designar todo tipo de réximes non democráticos modernos. Este "estiramento conceptual" do termo restoulle precisión e capacidade de diferenciación ao colocar baixo unha mesma etiqueta a réximes políticos que teñen pouco en común.
Asunta Yong Fang Basterra Porto, nada como Fang Yong o 30 de setembro de 2000 e finada o 21 de setembro de 2013, era unha nena galega de orixe chinesa cuxo cadáver apareceu nunha pista forestal do concello de Teo o 22 de setembro de 2013, pouco antes de que cumprise trece anos. O forense determinou que morrera por asfixia e que lle deran 27 pílulas de Lorazepam o día da morte, máis de nove veces a dose máis alta para un adulto. A investigación sobre o seu asasinato foi coñecido como Caso Asunta Basterra, ou simplemente Caso Asunta.
O nacionalismo é unha idea e movemento que sostén que a nación debe ser congruente co estado. Como movemento, tende a promover os intereses dunha nación en particular, especialmente co obxectivo de gañar e manter a soberanía (autogoberno) da nación sobre a súa patria e así crear un estado nación. O nacionalismo mantén que cada nación debe gobernarse a si mesma, libre de interferencias externas (autodeterminación), que unha nación é a base natural e ideal para unha entidade política, e que a nación é a única fonte lexítima de poder político.
Marianne (pronunciado [maʁjan]) é unha figura alegórica, personificación nacional da República Francesa desde a Revolución Francesa, que representa a liberdade e a razón.Marianne amósase en moitos contextos en Francia e ocupa os lugares de honra en institucións como os concellos ou os tribunais de xustiza. Forma parte dos motivos representados no Triunfo da República, unha escultura de bronce que se ve desde a Place de la Nation, en París, e tamén aparece representada, xunto con outra estatua, na Place de la République, da capital francesa. Do mesmo xeito, o seu perfil utilízase no logotipo oficial do Goberno francés, é reprodúcese tamén nas moedas de francesas con valores en euro (e nas do anterior sistema do Franco), e nos selos de correos de Francia.Marianne é un dos símbolos máis salientables da República Francesa e úsase adoito con carácter oficial na maioría de documentos administrativos.
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Mesopotâmia (do grego antigo Μεσοποταμία; composto de μέσος, "meio", e ποταμός, "río", ou sexa "[terra] entre dous ríos") é a zona do sistema fluvial Tigris-Éufrates, que na actualidade abarca aproximadamente á maior parte dos actuais Iraq e Kuwait, así como partes orientais de Siria e rexións ao longo das fronteiras entre Turquía-Siria e entre Irán-Iraq.Considerada amplamente como un dos berces da civilización polo mundo occidental, a Mesopotâmia da Idade de Bronce abarcaba a Sumeria, alén dos imperios acadiano, o babilônico e o asírio, todos nativos ao territorio do actual Iraq. Na Idade de Ferro foi controlada polos imperios neoasirio e neobabilónico. Os pobos sumérios e acádios (incluíndo asírios e babilônios) dominaron a rexión desde o inicio da historia escrita (c.
A análise numérica ou cálculo numérico é a rama das matemáticas que concirne coa derivación, descrición e análise de ferramentas e métodos para obter solucións numéricas de problemas matemáticos. A análise numérica está interesada en métodos matemáticos construtivos, isto é, aqueles métodos que mostran como construír solucións de problemas matemáticos. Por exemplo, unha proba construtiva da existencia dunha solución dun problema non só mostra que a solución existe, senón que tamén describe como debe ser determinada esa solución.
O Airbus A350 é un bimotor de pasaxeiros de fuselaxe ancha e longo alcance desenvolvido polo fabricante europeo Airbus. Concibiuse orixinalmente en 2004 como unha versión revisada do A330-200, prevista para aumentar o alcance e para reducir os gastos de explotación. No ano 2006 Airbus redeseñou o avión en resposta ás críticas dalgúns dos seus posibles principais clientes e bautizouno como A350 XWB (extra wide body).
Herculano (Herculaneum en latín; Ercolano en italiano) era unha antiga cidade romana, situada na actual comuna de Ercolano, Campania, Italia. Con arredor de 4.000 habitantes en 12 ha de extensión. Hoxe é coñecida porque se conservou, xunto con Pompeia, tras seren enterradas nas cinzas da erupción do Vesuvio o 24 de agosto do ano 79.
Bélxica ( pronunciación ) (en alemán: Belgien [ˈbɛlɡiən] , en francés: Belgique [bɛlʒik] , en neerlandés: België [ˈbɛl.ɣi.jə] ), oficialmente Reino de Bélxica ( pronunciación ) (en alemán: Königreich Belgien, en francés: Royaume de Belgique, en neerlandés: Koninkrijk België), é unha monarquía parlamentaria situada en Europa Noroccidental, que fai fronteira cos Países Baixos, Alemaña, Luxemburgo e Francia. É un dos membros fundadores da Unión Europea cuxas institucións principais están hospedadas no país, así como moitas outras organizacións internacionais, como a OTAN. O territorio belga espállase ao longo de 30.528 km², onde viven un pouco máis de 11 millóns de habitantes, o que fai de Bélxica un dos países máis densamente poboados do mundo. O país atópase na encrucillada entre os límites da Europa xermánica coa latina.
A teobromina, anteriormente chamada xanteosa, é un alcaloide amargo presente na planta do cacao, coa fórmula química C7H8N4O2. Encóntrse no chocolate, así como noutros alimentos, como as follas de té e a noz de cola. Clasifícase como un alcaloide de xantina, grupo ao que tamén pertencen a teofilina e a cafeína.
Denomínase reloxo a un instrumento destinado a medir o tempo. Os reloxos utilízanse desde a antigüidade, aínda que a súa precisión aumentou espectacularmente no último século. O reloxo é unha das máis antigas invencións humanas, satisfacendo a necesidade de medir intervalos de tempo máis curtos que as unidades naturais como o día, o mes lunar e o ano.
Bilbao (en éuscaro: Bilbo) é unha cidade e concello situado ao norte de España, capital da provincia e territorio histórico de Biscaia, no País Vasco. Atópase situada na comarca do Gran Bilbao e é atravesada polo río Nervión, que a esas alturas do seu percorrido xa toma forma de ría. No ano 2017 tiña unha poboación de 345 110 habitantes e unha extensión de 41,26 km², cunha densidade da poboación de 8 300 hab./km².
Un ano, ano terrestre, ano sideral, sidéreo ou ano xuliano (símbolo: a) refírese ao tempo orbital do planeta Terra, é dicir, á vez que tarda devandito planeta en dar unha volta completa ao redor do Sol. Tómase como referencia a orientación Sol-Terra en relación con outros corpos celestes distantes. O termo ano tamén se usa para referirse ao período orbital de calquera planeta e, por extensión, aplícase a outros ciclos orbitais.Un ano natural é unha aproximación ao número de días do período orbital da Terra, tal e como se conta nun determinado calendario.
O arenque, Clupea harengus Linnaeus, 1758, é unha especie de peixe osteíctio mariño da orde dos clupeiformes e familia dos clupeidos, unha das tres que conforman o xénero Clupea. Esta especie é unha das comercialmente máis importantes no norte do océano Atlántico. Segundo Eladio Rodríguez, chámanse tamén arenques as sardiñas grandes salgadas ou afumadas.
As mitocondrias (etimoloxía: do grego μίτος, mítos: fío, e κόνδρος, kóndros: gránulo) son orgánulos citoplasmáticos provistos de dobre membrana que se encontran na maioría das células eucariotas. Só carecen delas algúns eucariotas anaerobios, que no seu lugar teñen hidroxenosomas ou mitosomas, orgánulos á súa vez derivados de mitocondrias. O conxunto de mitocondrias da célula denomínase condrioma.
22ª edición dos Premios Mestre Mateo
A 22ª edición dos Premios Mestre Mateo galardoou as producións audiovisuais de Galicia de 2023 e celebrouse o 23 de marzo de 2024. Durante a cerimonia, a Academia Galega do Audiovisual presentou os Premios Mestre Mateo en 25 categorías. A cerimonia celebrouse no Coliseum da Coruña e foi presentada por Lidia Veiga e Miguel Canalejo.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Xúpiter é o quinto planeta do Sistema Solar e o maior de todos eles. Forma parte dos denominados planetas exteriores ou gasosos. Era coñecido xa desde a antigüidade e parece ser que recibiu o nome por ser o maior de todos, xa que na mitoloxía romana Xúpiter era o pai dos deuses.Componse fundamentalmente de hidróxeno, cunha porción menor de helio e un núcleo rochoso de elementos pesados.
O Ilyushin Il-76 (ruso: Илью́шин Ил-76; designación OTAN: Candid) é un cargueiro estratéxico multipropósito deseñado pola oficina de deseño soviética Ilyushin. Foi planeado inicialmente como cargueiro comercial en 1967 para substituír o Antonov An-12. Deseñouse para transportar maquinaria pesada a áreas remotas e pobremente comunicadas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
O marxismo é o conxunto de doutrinas políticas e filosóficas derivadas da obra de Karl Marx, filósofo, economista, xornalista e revolucionario do século XIX e do seu amigo Friedrich Engels. Marx e Engels baseáronse na filosofía de Friedrich Hegel e de Feuerbach, ambos alemáns, a economía política de Adam Smith, a economía ricardiana e o socialismo francés do século XIX para desenvolver unha crítica da sociedade que é tanto científica como revolucionaria. Esta crítica alcanzou a súa expresión máis sistemática na súa obra máis importante, O capital: crítica da economía política.
Na teoría da comunicación, a canle é o medio ou soporte físico polo cal se transmiten as mensaxes no curso dun proceso de comunicación. Exemplos de canles son os cables eléctricos para a telefonía, a páxina para a comunicación escrita, as ondas de radio etc. No caso da comunicación verbal, a canle é o ar.
A Gran Depresión, tamén chamada Crise de 1929, foi unha gran recesión económica que tivo inicio en 1929, e que persistiu ao longo da década de 1930, terminando coa chegada da segunda guerra mundial. A Gran Depresión é considerada a peor e o máis longo período de recesión económica do século XX. Este período de recesión económica causou altas taxas de desemprego, caídas drásticas do produto interior bruto de diversos países, así como caídas drásticas na produción industrial, nos prezos de accións, e en practicamente todo medidor de actividade económica, en diversos países do mundo.O día 29 de outubro de 1929 é considerado popularmente o comezo da Gran Depresión. Porén, as taxas na caída da produción industrial americana xa comezaran a caer a partir de xullo do mesmo ano, causando un período de leve recesión económica que se estendeu até o 29 de outubro, cando valores de accións na bolsa de valores de Nova York, a New York Stock Exchange, caeron drasticamente no chamado crac da Bolsa de Nova York, desencadeando o Xoves Negro.
O imperialismo é a práctica, teoría ou actitude de manter ou estender o poder dun estado sobre nacións estranxeiras, particularmente a través do expansionismo, empregando non só o poder duro (poder económico e militar), senón tamén o poder brando (poder cultural e diplomático). O imperialismo céntrase en establecer ou manter a hexemonía e un imperio máis ou menos formal.Os imperios existiron ao longo de toda a historia, dende o comezo da Idade Antiga, mais o uso do vocábulo "imperialismo" adoita limitarse á cualificación da expansión europea que se inicia coa era dos descubrimentos (século XV) e se prolonga durante toda a Idade Moderna e Idade Contemporánea ata o proceso de descolonización trala segunda guerra mundial. Máis especificamente, a expresión Era do Imperialismo, empregada pola historiografía, denomina o período que vai de 1880 a 1914, en que se produciu unha verdadeira carreira para construír imperios coloniais, principalmente coa chamada repartición de África.
A malaria (do italiano medieval "mal aire") ou paludismo (de paludis, xenitivo do termo latino palus: pantano, e -ismo, neste caso acción ou proceso patolóxico) é unha doenza parasitaria aguda ou crónica causada por protozoos parasitos do xénero Plasmodium, transmitidos pola picada da femia do mosquito Anopheles. Algúns estudos científicos suxiren que puido terse transmitido ao ser humano a través do Gorilla gorilla. Entre 700 000 e 2 700 000 persoas morren cada ano por mor da malaria, dos cales máis do 75% son nenos que viven en zonas endémicas de África.
Cultura (do latín cultura, cultivar o solo, coidar) é un termo con varias acepcións, é dicir, é un termo polisémico, en diferentes niveis de profundidade e diferente especificidade. No uso cotián, a palabra cultura emprégase para dous conceptos diferentes: Excelencia no gusto polas belas artes e as humanidades, tamén coñecida como alta cultura. Os conxuntos de saberes, crenzas e pautas de conduta dun grupo social, incluídos os medios materiais que usan os seus membros para comunicarse entre si e resolver necesidades de todo tipoSegundo a filosofía é o conxunto de manifestacións humanas que contrastan coa natureza ou comportamento natural.
Karl Heinrich Marx (pronunciado: [kaːɐ̯l ˈhaɪnʀɪç ˈmaːɐ̯ks]), nado en Tréveris o 5 de maio de 1818 e finado en Londres o 14 de marzo de 1883, foi un filósofo, economista, politicólogo, sociólogo, xornalista e socialista revolucionario prusiano. Procedente dunha familia de clase media, estudou economía política e a filosofía hegeliana. Como adulto, Marx volveuse apátrida e pasou a maior parte da súa vida en Londres onde continuou a desenvolver o seu pensamento en colaboración co alemán Friedrich Engels e publicou varias obras, a máis coñecida sendo o panfleto de 1848 O manifesto comunista.
O aeroporto internacional de Newark Liberty (IATA: EWR, ICAO: KEWR, FAA LID: EWR), orixinalmente aeroporto metropolitano de Newark e posteriormente aeroporto internacional de Newark, é o principal aeroporto que serve ao estado de Nova Jersey. O aeroporto atópase no límite entre as cidades de Elizabeth e Newark, sendo esta última a cidade do estado con máis habitantes. É propiedade das dúas cidades e está operado pola Port Authority of New York and New Jersey.O aeroporto de Newark está a 97 km ao nordés de Filadelfia e a 24 km ao suroeste da cidade de Nova York, e é un dos grandes aeroportos que serven ámbalas dúas áreas metropolitanas.
O Gran Premio do Canadá de 2014 (oficialmente 2014 Formula 1 Grand Prix du Canada) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 8 de xuño de 2014 no Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal, Canadá. Foi gañada por Daniel Ricciardo, a carreira foi a sétima rolda da tempada 2014, e o 51º Gran Premio do Canadá. Foi a sexta carreira na historia dos Grandes Premios en terminar detrás do coche de seguridade, logo do choque na última volta entre Felipe Massa e Sergio Pérez.
Sacro Imperio Romano Xermánico
O Sacro Imperio Romano Xermánico ou sinxelamente Sacro Imperio (en alemán: Heiliges Römisches Reich Deutscher Nation "Sacro Imperio Romano da Nación Alemá", en latín: Sacrum Romanum Imperium Nationis Germaniae "Sacro Imperio Romano das Nacións Xermánicas") foi a unión política dun conglomerado de estados da Europa central, que se mantivo dende a Idade Media até inicios da Idade Contemporánea. Formado en 962 da parte oriental das tres en que se repartiu o reino franco de Carlomagno en 843 mediante o tratado de Verdún, o Sacro Imperio foi a entidade predominante de Europa central durante case un milenio, até a súa disolución en 1806 por Napoleón Bonaparte.Cando a elección como emperador de Carlos V (28 de xuño de 1519) ademais dos territorios alemáns e de Holstein e Prusia, que con Riga chegaba até o golfo de Finlandia, o Sacro Imperio comprendía Bohemia, Moravia e Silesia, alcanzando con Krajina as costas do mar Adriático; polo oeste, pertencían a el, o condado libre de Borgoña (ou Franco Condado) e Savoia, aos que se sumaban Xénova, Lombardía e Toscana en terras italianas. Tamén estaban integrados no Imperio a maior parte dos Países Baixos, coa excepción do Artois e Flandres, ao oeste do río Escalda.
O Imperio romano (en latín: imperium romanum) foi un imperio da antigüidade sucesor da República Romana e caracterizado por un sistema autocrático. Gobernou extensas terras ao longo de Europa e o Mediterráneo. Durante o mandato de Traxano abarcaba, de oeste a leste, dende o océano Atlántico até as beiras do mar Caspio, o mar Vermello e o golfo Pérsico e, de norte a sur, dende as fragas dos ríos Rin e Danubio e a fronteira con Caledonia até o deserto do Sáhara.
A ultradereita, extrema dereita ou dereita radical refírese, dentro do concepto da existencia dunha esquerda e dereita, ao mais elevado grao de dereitismo no espectro ideolóxico. A política de extrema dereita envolve frecuentemente un foco na tradición, real ou imaxinada, en oposición as políticas e costumes que son considerados como reflexo do modernismo. Moitas ideoloxías de extrema dereita teñen desprezo ou desdén polo igualitarismo, mesmo que non sempre expresan apoio explícito á xerarquía social, elementos de conservadorismo social e oposición á maioría das formas de liberalismo e socialismo.
O manuscrito Voynich é un misterioso libro ilustrado de contido hoxe incomprensíbel. Crese que foi escrito hai aproximadamente 600 anos por un autor descoñecido que se valeu dun sistema de escrita non-identificado e unha linguaxe inintelixíbel, así como de ilustracións a cor desconcertantes. A teoría hoxe máis aceptada é que o manuscrito se creou como peza de arte no correr do século XVI, a modo de fraude.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Bieito XVI (en latín, Benedictus PP. XVI), nado co nome de Joseph Ratzinger en Marktl am Inn (Baviera) o 16 de abril de 1927 e finado no Vaticano o 31 de decembro de 2022, foi o 265º Papa da Igrexa católica, bispo da diocese de Roma e soberano do Estado da Cidade do Vaticano dende o 19 de abril de 2005 ata o 28 de febreiro de 2013 permanecendo como papa emérito desde entón. En 1981 Xoán Paulo II nomeouno prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe, cardeal dende 1993, e en 2002 accedeu ao posto de deán do Colexio de Cardeais. Foi un dos homes con máis influencia durante os últimos anos do papado de Xoán Paulo II. O 11 de febreiro de 2013 anunciou a súa decisión de renunciar ao seu posto, que se fixo efectiva o día 28.
O cloroformo ou triclorometano (abreviado TCM) é un composto orgánico coa fórmula CHCl3 e un solvente común. É un líquido denso, moi volátil, incoloro e de forte cheiro producido a grande escala como precursor de refrixerantes e PTFE. O cloroformo é un trihalometano que funciona como un potente anestésico, euforiante, ansiolítico e sedante cando é inhalado ou inxerido. O cloroformo vén sendo utilizado como anestésico desde o século XIX e a primeira metade do século XX. É miscible en moitos solventes, mais só é lixeiramente soluble en auga (só 8 g/L a 20 °C).
Indonesia, oficialmente República de Indonesia (en indonesio: Republik Indonesia), é un extenso país insular localizado entre o sueste asiático e Oceanía e entre os océanos Índico e Pacífico, ocupando boa parte do territorio do maior arquipélago do mundo, de 17.508 illas, as illas da Sonda, e máis a metade occidental da illa de Nova Guinea, posuíndo un total dun 267 millóns de habitantes, convertendo a Indonesia no cuarto país máis poboado do mundo. Con 1 905 569 km², Indonesia é o décimo sexto país do mundo por superficie e a súa densidade de poboación de 134 hab/km² sitúao no 88 no mundo. Indonesia é unha república, cun poder lexislativo e un presidente escolleitos por sufraxio e o goberno ten a súa sede central na cidade de Iacarta, a capital.
A renda básica universal (RUB), renda básica incondicional (RUB) ou renda do cidadán é unha forma de sistema de seguridade social na que todos os cidadáns ou residentes dun país reciben regularmente unha cantidade de diñeiro sen condicións. Con este sistema preténdese cubrir a toda a poboación cunha renda garantida independentemente das súas condicións laborais, económicas ou sociais. Unha renda que permite a supervivencia básica mes a mes, garantida polo Estado.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña, na rúa Vila de Laxe, o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución. O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras do ano 2022, esta plataforma terá dito: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo".
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Radio Vaticana (en latín: Statio Radiophonica Vaticana) é a radio internacional da Santa Sé. Atópase na Cidade do Vaticano. A súa misión é difundir a mensaxe e actividades do Papa, da Santa Sé e da Igrexa Católica.Radio Vaticana é membro da Unión Europea de Radiodifusión (UER), Union Africaine de Radiodiffusion (UAR), World Catholic Association for Communication (SIGNIS), European Conference of Christan Radios (CERC) e da Comunidade de Radio e Televisión que transmiten en lingua italiana, Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT), Conferencia Europea de Administracións de Correos e Telecomunicacións (CEPT) e a Organización Internacional de Telecomunicacións por Satélite (ITSO).O lema que usa Radio Vaticano nas súas transmisións é a frase Laudetur Iesus Christus (¡Alabado sexa Xesucristo!).A Compañía de Xesús está a cargo da súa dirección.
Na política, o independentismo é a opción política que defende a liberación dun pobo ou nación mediante a creación dun estado propio que salvagarde a súa identidade, cultura, sociedade e intereses económicos. A ONU recoñece o dereito a independizarse a partir do principio de autodeterminación. Segundo algunhas interpretacións da Carta das Nacións Unidas, só os pobos internacionalmente considerados como colonizados poden acollerse a tal dereito, aínda que a propia carta recoñece o carácter universal dese dereito.
Adolf Hitler (en alemán: Adolf Hitler, [ˈadɔlf ˈhɪtlɐ] (AFI), escoitar), nado en Braunau am Inn (Austria) o 20 de abril de 1889 e finado en Berlín o 30 de abril de 1945, foi o líder do Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores (en alemán Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei, NSDAP), tamén coñecido por Nazi, unha abreviatura do nome en alemán (Nationalsozialistische), sendo aínda oposición aos socialdemócratas, os Sozi. Hitler converteuse en chanceler e, posteriormente, ditador alemán. Era fillo dun funcionario de alfándega dunha cidade fronteiriza de Austria con Alemaña.
A droga LSD é un composto cristalino, relacionado estreitamente cos alcaloides do cornizó do centeo, a partir dos cales pode prepararse semisinteticamente. É a substancia psicotrópica máis potente que se coñece, e induce estados alterados de consciencia, comparados en ocasións cos da experiencia mística. Esta substancia posúe unha alta afinidade por diversos receptores cerebrais.
Un xogo é unha actividade recreativa que envolve un ou máis xogadores. Caracterízase por ter un obxectivo que os xogadores tratan de acadar e por un conxunto de regras que din o que os xogadores poden ou non poden facer. A función principal dun xogo é a de entreter e divertir, pero pode tamén representar un papel educativo.