Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Tartaruga xigante das Galápagos
O complexo da tartaruga xigante das Galápagos ou complexo da tartaruga das Galápagos (Chelonoidis nigra ou Chelonoidis niger) é un complexo de especies de tartarugas xigantes terrestres, as máis grandes actualmente existentes, endémicas das illas Galápagos, arquipélago volcánico situado no Pacífico a 1 000 km ao oeste da República do Ecuador. As tartarugas das Galápagos modernas poden pesar ata 417 kg. Xunto coas tartarugas do atol de Aldabra das Seychelles no Índico (Aldabrachelys gigantea), son as únicas tartarugas xigantes existentes hoxe.
Pedro I do Brasil, nado en Queluz, Lisboa, o 12 de outubro de 1798 e finado nesa mesma vila o 24 de setembro de 1834, foi o fundador e primeiro gobernante do Imperio do Brasil. Tivo tamén un breve reinado no Reino de Portugal coma Pedro IV de Portugal, onde foi alcumado como "o Liberador" e "o rei Soldado". Nado no pazo de Queluz, Pedro I foi o cuarto fillo do rei Xoán VI de Portugal e da raíña Carlota Xoaquina de Borbón, pertencendo á casa de Braganza.
A evolución é o cambio nas características herdadas das poboacións biolóxicas co paso das xeracións. Os procesos evolutivos dan lugar a diversidade en todos os niveis biolóxicos de organización, como as especies, os organismos individuais e as moléculas como o ADN e proteínas. Todos os seres vivos da Terra descenden dun antepasado común (LUCA) que viviu hai entre 3 500 e 3 800 millóns de anos.
The Beatles foi unha banda de rock formada en Liverpool (Inglaterra) en 1960, activa durante a década dos 60, e recoñecida como unha das máis comercialmente exitosas e criticamente aclamadas na historia da música popular. Formada en Liverpool, estivo constituída desde 1962 por John Lennon (guitarra rítmica, vocalista), Paul McCartney (baixo, vocalista), George Harrison (guitarra solista, vocalista) e Ringo Starr (batería, vocalista). Enraizada no skiffle e no rock and roll dos anos cincuenta, a banda traballou máis tarde con distintos xéneros musicais, que ían desde a balada pop ata o rock psicodélico, incorporando a miúdo elementos clásicos, entre outros, de forma innovadora nas súas cancións.
A COVID-19 (do inglés coronavirus disease 2019 ou enfermidade por coronavirus 2019) é unha enfermidade infecciosa respiratoria causada polo virus SARS-CoV-2. Tamén se pode escribir Covid-19 ou, completamente lexicalizada, covid-19. Esta doenza foi identificada primeiramente en 2019 en Wuhan, capital da provincia chinesa de Hubei, e desde entón espallouse por todo o mundo, orixinando a pandemia por coronavirus de 2019–2021.
María Tudor é o nome tanto de María I de Inglaterra como da irmá do pai desta, María Tudor, raíña consorte de Francia.María I, nada o 18 de febreiro de 1516 e finada o 17 de novembro de 1558, foi raíña de Inglaterra e Irlanda desde o 6 o 19 de xullo de 1553 ata a súa morte. É coñecida polo seu intento de abrogar a Reforma anglicana, que comezara durante o reinado do seu pai, Henrique VIII. As execucións que marcaron a restauración do catolicismo en Inglaterra e Irlanda suscitaron que os seus opositores protestantes a alcumaran «María a Sanguinaria» (Bloody Mary en inglés).Foi a única filla de Henrique VIII coa súa primeira esposa -Catarina de Aragón- en sobrevivir ata a idade adulta. O seu medio irmán Eduardo VI -fillo de Henrique VIII e Xoana Seymour- sucedeu ao seu pai en 1547 á idade de nove anos.
Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. Na costa norte e noroeste está o mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, o Brasil ó sueste, o Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; a República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte.
A lingua inglesa ou inglés é unha lingua indoeuropea da subfamilia das linguas xermánicas occidentais que xurdiu na Inglaterra anglosaxoa e que arestora é unha lingua franca a nivel global. Recibe o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas que migraron cara a Inglaterra, e cuxo nome deriva da península de Angeln, no mar Báltico. Está estreitamente relacionado coas linguas frisoas, malia que o seu vocabulario foi incluído significativamente por outras linguas xermánicas a comezos da Idade Media, e posteriormente polas linguas románicas, particularmente o francés.
A rápida e dramática desaparición do estado iugoslavo a finais do século XX -e da que aínda perduran flocos no XXI- causou unha fonda conmoción en todo o mundo, pero especialmente en Europa onde, para moitas persoas, era complicado entender como se puideron dar tales sucesos no culto e civilizado continente de finais de século. Comprender estes feitos non é doado, porque na maioría do material dispoñíbel fálase de Iugoslavia unicamente como o estado europeo que existiu desde os tratados que puxeron fin á Primeira guerra mundial até a súa desaparición, o ano 2003, en que pasou a denominarse Serbia e Montenegro. Para poder interpretar o sucedido hai que rastrexar na historia de Europa, xa que o termo Iugoslavia non se refire só ao estado citado, senón que é unha denominación de carácter cultural e xeográfica (a parte occidental da península Balcánica onde viviron, e viven, os eslavos do sur, que iso é o que significa o termo (Iugoslavia, en croata, serbio latino e esloveno Jugoslavija, en macedonio e serbio cirílico Југославија, tradúcese literalmente como Eslavia do sur ou país dos eslavos do sur).
A Historia Augusta é unha colección romana de biografías, escrita en latín, sobre emperadores romanos, os seus compañeiros, os herdeiros designados e os usurpadores dende o 117 ao 284. Presuntamente inspirada na obra de Suetonio, De vita Caesarum, presentouse como unha recompilación de traballos realizados por seis autores diferentes (coñecidos colectivamente como Scriptores Historiae Augustae), escritos durante os reinados de Diocleciano e Constantino I e dirixido aos emperadores ou outros persoeiros importantes da Roma Antiga. A colección, comprende trinta biografías, a maioría das cales contén a vida dun emperador só, mais algunhas inclúen un grupo de dúas ou máis agrupadas porque eses emperadores eran semellantes ou contemporáneos.A verdadeira autoría da obra, a súa data real, a súa fiabilidade e o seu propósito foron asuntos de controversia por historiadores e eruditos desde que Hermann Dessau, no 1889, rexeitou tanto a data como a autoría como se indica no manuscrito.
A orixe das aves é como tradicionalmente se denominou a cuestión de a partir de que gran grupo de animais evolucionaron as aves. O actual consenso científico é que as aves son un grupo de dinosauros terópodos manirraptores que se orixinaron durante o Mesozoico. A existencia dunha relación estreita entre as aves e os dinosauros propúxose por primeira vez no século XIX despois do descubrimento da ave primitiva Archaeopteryx en Alemaña.
Max Emilian Verstappen (Holandés: [ˈmɑks vɛrˈstɑ.pə(n)], nado en Hasselt (Bélxica) o 30 de setembro de 1997, é un piloto de carreiras holandés, o campión mundial Fórmula 1 de 2021, 2022 e 2023. Compite baixo a bandeira holandesa na Fórmula 1 con Red Bull Racing. Naceu nunha familia de pilotos de carreiras.
McLaren Racing Limited é un equipo británico de carreiras de motor con sede no McLaren Technology Centre en Woking, Surrey, Inglaterra. McLaren é máis coñecido como construtor de Fórmula Un, e o segundo equipo máis antigo en activo e o segundo equipo de Fórmula Un máis exitoso despois da Ferrari, gañou 183 carreiras, 12 Campionatos de Pilotos e 8 Campionatos de Construtores. McLaren tamén competiu nas 500 millas de Indianápolis, e as 24 Horas de Le Mans, tanto como participante como como construtor de chasis, e gañou a Canadian-American Challenge Cup (Can-Am) campionato de carreiras de coches deportivos.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Joseph Robinette "Joe" Biden, Jr, nado en Scranton, Pensilvania o 20 de novembro de 1942, é un avogado e político estadounidense, 46º presidente dos Estados Unidos de América. Membro do Partido Demócrata, Biden foi senador por Delaware durante seis mandatos dende 1973 a 2009 e foi o 47º vicepresidente dos Estados Unidos de América, no goberno de Barack Obama, dende 2009 a 2017. Criado en Scranton, Pensilvania e no condado de New Castle, Delaware, Biden estudou na Universidade de Delaware antes de obter a carreira de Dereito na Universidade de Siracusa en 1968.
A ácido graxo sintase (en inglés Fatty acid synthase ou FAS) é un encima que nos humanos está codificado no xene FASN situado no cromosoma 17 e que intervén na síntese de ácidos graxos.A ácido graxo sintase é un complexo multiencimático composto por dous polipéptidos idénticos de 272 kDa multifuncionais que cataliza a síntese de ácidos graxos, no cal os substratos van pasando dun dominio funcional ao seguinte.A súa principal función é catalizar a síntese de palmitato a partir de acetil-CoA e malonil-CoA, que achegan grupos de dous carbonos, en presenza de NADPH, orixinando ácidos graxos de cadea longa saturados.
O ácido butírico (do grego βούτῡρον, 'manteiga'), tamén coñecido polo seu nome sistemático ácido butanoico, é un ácido carboxílico coa fórmula estrutural CH3CH2CH2COOH, ás veces considerado como ácido graxo de cadea curta. É un líquido aceitoso incloro soluble en auga, etanol e éter. O ácido isobutírico (ácido 2-metilpropanoico) é un isómero seu.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza.
O Grupo Renault participou na Fórmula Un como construtor, baixo o nome de Renault Sport Fórmula 1 Team. Involucráronse coa Fórmula 1 tanto como construtores como fornecedores de motores durante varios períodos desde 1977. En 1977, a empresa entrou na Fórmula Un como construtor, presentando o motor Turbo no seu primeiro coche de Fórmula Un, o Renault RS01.
Angkor Wat (en lingua khmer អង្គរវត្ត ou Ângkôr Vôtt, traducido como Cidade templo ou Cidade de templos) é un templo khmer, situado no sitio arqueolóxico de Angkor, en Camboxa, preto da cidade de Siem Reap. Trátase do templo máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída, e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo.
A carpa común (Cyprinus carpio) é unha especie de peixes de auga doce de augas eutróficas que vive en lagos e grandes ríos de Europa e Asia. As poboacións silvestres nativas considéranse vulnerables á extinción pola IUCN, pero a especie foi tamén domesticada e introducida no medio ambiente por todo o mundo, e a miúdo é considerada unha especie invasora destrutiva, e está incluída na lista de 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo. Cyprinus carpio dálle o nome á familia Cyprinidae.
Nova Zelandia ou Nova Celandia (en inglés: New Zealand /njuːˈziːlənd/, e en maorí: Aotearoa) é un país insular de Oceanía que se localiza no suroeste do océano Pacífico, formado por dúas grandes illas, a Illa Norte e a Illa Sur, xunto a outras moitas illas menores, destacando entre elas a Illa Stewart e as Illas Chatham. O Reino de Nova Zelandia tamén inclúe as Illas Cook e Niue (estados autónomos en libre asociación), e Tokelau. Nova Zelandia, notable polo seu illamento xeográfico, está situada preto de 2000 quilómetros ao sueste de Australia no mar de Tasmania, e os seus veciños máis próximos ao norte son Nova Caledonia, Fidxi e Tonga.
A teoría de números é a rama da matemática pura que se ocupaba inicialmente do estudo dos números enteiros e dos problemas aritméticos relacionados coa multiplicación e a división de enteiros. É chamada ás veces "A Raíña das Matemáticas" debido ó seu papel fundacional da disciplina. Os teóricos dos números estudan os números primos así como as propiedades de obxectos construídos a partir dos enteiros (e.g.
Matrimonio entre persoas do mesmo sexo
O matrimonio entre persoas do mesmo sexo, tamén chamado matrimonio igualitario, matrimonio homosexual ou matrimonio gai, é o recoñecemento social, cultural e xurídico que regula a relación e convivencia de dúas persoas do mesmo sexo, con iguais requisitos e efectos que os existentes para os matrimonios entre persoas heterosexuais.
A gripe ou influenza, é unha enfermidade infecciosa de aves e mamíferos causada por un tipo de virus de ARN da familia dos Orthomyxoviridae. Nos seres humanos afecta ás vías respiratorias, inicialmente pode ser similar a un arrefriado e con frecuencia acompáñase de síntomas xerais como dor de garganta, debilidade, dores musculares (mialxias), dor estomacal, articulares (artralxias) e de cabeza (cefalea), con tose (que xeralmente é seca e sen mucosidade), malestar xeral e algúns signos como poida ser a febre. Nalgúns casos máis graves pode complicarse con pulmonía (pneumonía), que pode resultar mortal, especialmente en nenos pequenos e sobre todo en anciáns.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña.Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano. Catro anos despois converteuse en presidente da Asociación de Concellos pola Independencia.
O fabricante xaponés de automóbiles Honda participou na Fórmula Un, como equipo, construtor e fornecedor de motores entre 1964 e 2008. A participación de Honda na F1 comezou na tempada de 1964, a súa retirada en 1968 foi causada pola morte do piloto de Honda Jo Schlesser durante o Gran Premio de Francia de 1968. Retornaron na tempada de Fórmula Un de 1983 como fornecedor de motores, un papel que terminou en 1992.
Lista de países por superficie
Esta é unha lista dos países do mundo e dos seus territorios dependentes por superficie, clasificados por superficie total. As unidades son quilómetros cadrados. As entradas desta lista inclúen, entre outras, as que están no estándar ISO 3166-1, que inclúe estados soberanos e territorios dependentes.
O metabolismo (do grego μεταβολή, metabolē, "cambio" ou de μεταβολισμός, metabolismos, "derrocamento") é o conxunto integrado das reaccións químicas que teñen lugar nunha célula ou organismo. Está constítuido por series de reaccións que forman unha rede complexa, ordenada e interconectada de vías ou rutas metabólicas catalizadas por encimas. A función destas reaccións é obter e transformar materia e enerxía.
Machu Picchu (do quechua sureño Machu Pikchu, "montaña vella") é o nome contemporáneo que se lle dá a unha llaqta (antigo poboado andino inca) de pedra construída principalmente a mediados do século XV no promontorio rochoso que une as montañas Machu Picchu e Huayna Picchu na vertente oriental dos Andes Centrais, no sur do Perú e a 2430 msnm, altitude da súa praza principal. O seu nome orixinal sería Picchu ou Picho.Segundo documentos de mediados do século XVI Machu Picchu sería unha das residencias de descanso de Pachacuti (primeiro emperador inca, 1438-1470). Así a todo, algunhas das súas mellores construcións e o evidente carácter cerimonial da principal vía de acceso á llaqta demostrarían que esta foi usada como santuario relixioso.
América do Norte ( pronunciación ) ou Norteamérica ( pronunciación ) é un subcontinente de América situado totalmente no hemisferio norte, e case por completo no hemisferio occidental, que se estende, xeopoliticamente, desde Alasca e Groenlandia ao norte, ata a fronteira de México con Guatemala e Belize ao sur. Limita ao norte co océano Glacial Ártico, ao leste co océano Atlántico, ao sueste co mar Caribe e ao sur e ao oeste co océano Pacífico. Está conectado con América do Sur pola estreita ponte territorial que representa América Central.
Roma (AFI: /ˈroma/, pronuncia ) é unha cidade de 2.856.133 habitantes (2018), capital da República italiana e da rexión do Lacio, provincia de Roma. Cunha área de 1.285 km² é municipio máis grande de Italia e a quinta cidade máis grande de Europa despois de Moscova, Istambul, Londres e San Petersburgo. Así mesmo é o municipio máis poboado de Italia e a cuarta cidade máis poboada da Unión Europea despois de Londres, Berlín e Madrid.
Edgar de Wahl, nado en Olviopol (hoxe chamado Pervomaysk, en Ucraína, daquela pertencente ao Imperio Ruso) o 11 de agosto de 1867 e finado en Talín o 9 de marzo de 1948, foi un lingüista ruso, creador da lingua auxiliar internacional chamada Occidental ou Interlingue. De Wahl formouse en San Petersburgo e completou voluntariamente o servizo militar na Mariña Imperial Rusa. En 1894 trasladouse a Talín, onde viviu case o resto da súa vida.
A lingua rusa ou ruso (antigamente coñecido como gran ruso, para diferenciala do ucraíno ou "pequeno ruso") (ruso: русский язык , romanizado: russkij jazyk ) ruso: [ˈruskʲɪj jɪˈzɨk] é unha lingua eslava oriental que se fala principalmente en Rusia. É a lingua nativa dos rusos, e pertence á familia das linguas indoeuropeas. É unha das catro linguas eslavas orientais vivas, e tamén forma parte das linguas baltoeslavas.
A Copa Mundial da FIFA Qatar 2022 (en árabe: 2022 بطولة كأس العالم لكرة القدم) é a edición número vinte e dous da Copa do Mundo de Fútbol, a competición masculina máis importante deste deporte a nivel mundial, disputada polas seleccións nacionais dos países membros da FIFA. O torneo estase a celebrar en Qatar entre o 20 de novembro e o 18 de decembro de 2022. Esta edición foi a primeira que se xogou nun país árabe e a segunda que se disputou enteiramente en Asia, despois da edición de 2002.
A guerra é un conflito armado entre estados, gobernos, sociedades ou grupos paramilitares como mercenarios, insurxentes e milicias. Caracterízase xeralmente por unha violencia extrema, destrución e mortalidade, utilizando forzas armadas regulares ou irregulares. Aínda que algúns estudosos de belicoloxía consideran que a guerra é un aspecto universal e ancestral da natureza humana, outros argumentan que é o resultado de circunstancias socioculturais, económicas ou ecolóxicas específicas.
Sergio Michel Pérez Mendoza, máis coñecido como Sergio "Checo" Pérez, nado en Guadalaxara (Xalisco) o 26 de xaneiro de 1990, é un piloto de automobilismo mexicano. É piloto de Red Bull Racing, pilotou previamente para Sauber, McLaren, Force India e Racing Point. Pérez, quen actualmente reside en Schindellegi, Suíza, foi membro da Academia de pilotos de Ferrari ata o ano 2012.
Os Enantiornithes son un grupo de Avialae ("aves" no sentido extenso), que é o grupo máis abundante e diverso de aves, coñecido desde o Mesozoico. Case todas estas aves conservaban os dentes e garras nos dedos das ás, pero tiñan un aspecto externo bastante similar ao das aves modernas. Nomeáronse unhas 80 especies de enantiornites, pero algúns dos nomes representan só un óso solto, polo que é probable que non todos sexan especies válidas.
Os xudeus (en hebreo: יְהוּדִי, Yehuda ; e en yiddish: ייִד, YID ), tamén coñecidos como pobo xudeu son unha nación e un grupo etnorelixioso que descenden dos hebreos e antigos israelitas do próximo oriente. A relixión constitúe un posible aspecto de pertenza ao pobo xudeu así como tamén as tradicións, prácticas culturais, sociais e lingüísticas. E, aínda que poden presentar características comúns, tales como o idioma ou a crenza, os xudeus non constitúen un grupo étnico homoxéneo, por iso a definición precisa de xudeu é controvertida e pode variar dependendo da énfase que se faga na observancia relixiosa ou na identidade secular.Os xudeus sufriron unha longa historia de persecución en diferentes lugares e a súa poboación foi variando ao longo dos séculos.
Sauber Motorsport AG é unha empresa de enxeñería suíza de deporte de motor. Fundado en 1970 (como PP Sauber AG) por Peter Sauber, evolucionou das subidas de montaña á World Sports Car Championship ata chegar á Fórmula 1 en 1993. Sauber operou co seu propio nome desde 1993 ata 2005 e desde 2011 ata 2018.
Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology
The Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (obra de 1849 aínda que publicado orixinalmente en 1844 cun título lixeiramente diferente) é unha enciclopedia/dicionario biográfico. Editado por William Smith, o dicionario abrangue tres volumes e 3.700 páxinas. É unha obra clásica da lexicografía do século XIX. A obra é unha compañeira do Dictionary of Greek and Roman Antiquities e do Dictionary of Greek and Roman Geography de Smith.
Charles Leclerc, nado en Montecarlo (Mónaco) o 16 de outubro de 1997, é un piloto de carreiras Monegasco de Fórmula 1 que pilota para Ferrari. Gañou o campionato GP3 Series en 2016 e o Campionato FIA de Fórmula 2 en 2017.Leclerc debutou na Fórmula Un en 2018 con Sauber, un equipo afiliado a Ferrari, que formou parte da Ferrari Driver Academy. Sauber rematara último o ano anterio, Leclerc liderou a tarefa de mellorar a posición final no campionato de construtores ata oitavo posto, sendo o mellor dos dous pilotos de Sauber.
O cabalo, ou egua se é femia, (Equus ferus caballus) é un animal mamífero perisodáctilo da familia dos équidos (Equidae), herbívoro, cuadrúpede e de pescozo longo e arqueado. É unha das dúas subespecies existentes de Equus ferus ou cabalo salvaxe. O cabalo evolucionou ó longo dos pasados 45-55 millóns de anos dende o pequeno Hyracotherium ata o animal de hoxe en día.
Eumetopias jubatus é unha especie de león mariño que vive no norte do Pacífico. É unha especie "case ameazada", único membro do xénero Eumetopias, que é o otárido de maior tamaño, e a cuarta especie de pinnípede en tamaño despois das morsas e os elefantes mariños dos hemisferios norte e sur. Foi descrita en 1714 polo naturalista Georg Wilhelm Steller, polo que na literatura en moitos idiomas se lle chama león mariño de Steller.
Cristovo Colón, nado na República de Xénova c. 1450 ou 1451 e finado en Valladolid o 20 de maio de 1506, foi un navegante, cartógrafo, almirante, vicerrei, explorador e gobernador xeral das Indias durante os séculos XV e XVI ao servizo dos Reis Católicos, famoso polo denominado descubrimento de América para a civilización occidental en 1492, tras emprender unha viaxe a través do océano Atlántico co obxectivo de chegar á India, malia que en troques chegou ás illas do Caribe na América Central conseguindo establecer as rutas marítimas e abrindo o camiño á colonización americana. As terras exploradas por Colón foron inicialmente chamadas Indias Occidentais ou Novo Mundo, até a aparición, en 1507, do mapa de Martin Waldseemüller e Matthias Ringmann do obradoiro cartográfico de Saint-Dié-des-Vosges, cando se pasaron a chamar América, co gallo de que Waldseemüller leu unhas relacións sobre exploracións feitas naquel continente polo navegante italiano Amerigo Vespucci.
Bacillus thuringiensis é unha especie bacteriana grampositiva, que vive no solo, usada comunmente como pesticida biolóxico (como bacteria completa ou só a toxina Cry extraída dela). Ademais de no solo, B. thuringiensis aparece tamén naturalmente no intestino de eirugas de varios tipos de avelaíñas e bolboretas, ou en superficies de follas, ambientes acuáticos, feces animais, ambientes ricos en insectos, muíños de fariña e depósitos de grans de cereais.Durante a súa esporulación, moitas cepas de B. thuringensis producen proteínas cristalinas (inclusións proteináceas), chamadas δ-endotoxinas, que teñen unha acción insecticida. Isto levou ao seu uso como insecticidas, e máis recentemente á obtención de plantas de cultivo modificadas xeneticamente utilizando os xenes Bt (Bt é a abreviatura de B. thuringensis).
Para o deus mitolóxico Océano véxase Océano.O océano (do grego: Ωκεανός, Okeanós, 'océano') (tamén coñecido como mar ou océano mundial) é unha masa de auga salgada que cobre aproximadamente o 70,8% do planeta Terra e contén o 97% da auga terrestre. O termo océano tamén se refire a calquera das grandes masas de auga nas que se divide convencionalmente o océano mundial. Utilízanse nomes distintos para identificar cinco zonas diferentes do océano: Océano Pacífico (a máis grande), Océano Atlántico, Océano Índico, Océano Antártico e Océano Ártico (o máis pequeno).
A natureza morta, tamén coñecida como bodegón, é unha obra de arte que representa obxectos inanimados, xeralmente obxectos cotiáns que poden ser naturais (animais de caza, froitas, flores, comida, plantas, rochas ou cunchas) ou feitos polo ser humano (utensilios de cociña, de mesa ou de casa, antigüidades, libros, xoias, moedas, pipas etc.) nun espazo artifical determinado. Esta póla da pintura sérvese dun exquisito arranxo, encanto colorístico e dunha iluminación fina para producir un efecto de serenidade, benestar e harmonía. Con orixes na antigüidade e moi popular na arte occidental dende o século XVII, a natureza morta da ao artista máis liberdade de acción na colocación de elementos de deseño dentro dunha composición que outros xéneros pictóricos como a paisaxe ou os retratos.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Kevin Jan Magnussen, nado en Roskilde o 5 de outubro de 1992 é un piloto de carreiras danés, actualmente pilota para o equipo Haas F1 Team. É fillo do catro veces gañador de Le Mans da clase GT, piloto de fábrica GM e expiloto de Fórmula 1 Jan Magnussen, Kevin Magnussen chegou a través do programa de novos pilotos de Fórmula Un de McLaren e pilotou para McLaren no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014 e pilota para o equipo Haas desde 2017 e deixou ao equipo ao final da tempada 2020. Competirá no WeatherTech SportsCar Championship en 2021 pilotando para Chip Ganassi Racing.
A Meca (nome completo: Makkah al-Mukarramah; árabe: مكة المكرمة) é a capital da Provincia da Meca e a principal cidade da rexión do Hiyaz, na actual Arabia Saudita, e unha das máis importantes da península de Arabia. Atópase ao oeste da península e localízase nun estreito val, a 277 m sobre o nivel do mar; a uns a 80 km do mar Vermello e está considerada a cidade máis santa do islam e centro relixioso que os que profesan a fe musulmá, e son capaces, teñen a obriga de visitar polo menos unha vez na vida. A súa última poboación rexistrada foi de 1.578.722 habitantes en 2015.
O latín (autoglotónimo: Lingua Latina ou Latina; en grego clásico: Λατινικὴ ɣλῶττα; en neogrego: Λατινική γλώσσα ou Λατινικά) é unha lingua itálica pertencente ao subgrupo das linguas latino-faliscas, e á súa vez á familia das linguas indoeuropeas que foi falada na Roma antiga e posteriormente durante a Idade Media e a Idade Moderna, chegando ata a Idade Contemporánea, pois se mantivo como lingua científica ata o século XIX. O seu nome deriva dunha zona xeográfica da Península Itálica onde se desenvolveu Roma, o Lacio (en latín, Latium). Adquiriu grande importancia coa expansión de Roma, e foi lingua oficial do Imperio romano en gran parte de Europa, África setentrional e Oriente Próximo, xunto co grego. Como as demais linguas indoeuropeas en xeral, o latín era unha lingua flexiva de tipo fusional cun maior grao de síntese nominal que as actuais linguas romances, na cal dominaba a flexión mediante sufixos, combinada en determinadas veces co uso das preposicións, mentres que nas linguas modernas derivadas dominan as construcións analíticas con preposicións, mentres que se reduciu a flexión nominal a marcar só o xénero e o número, conservando os casos de declinación só nos pronomes persoais (estes teñen, ademais, unha orde fixa nos sintagmas verbais).O latín orixinou un gran número de linguas europeas, denominadas linguas romances, como o español, francés, franco-provenzal, friulano, galego, istriano, istrorromano, italiano, ladino, ligur, lombardo, meglenorrumano, napolitano, occitano, piemontés, portugués, romanche, romanés, sardo, siciliano, valón, véneto, aragonés, arrumano, asturleonés, catalán, corso, emiliano-romañol, e outros xa extintos, como o dalmático, panonio e o mozárabe.
O termo Revolución Rusa (ruso: Русская революция, Russkaya revolyutsiya) agrupa todos os sucesos que conduciron ao derrocamento do réxime tsarista e á instauración preparada doutro, leninista, a continuación, entre febreiro e outubro de 1917, que levou á creación da República Socialista Federativa Soviética de Rusia. O tsar viuse obrigado a abdicar e o antigo réxime foi substituído por un Goberno provisional durante a primeira revolución de febreiro de 1917 (marzo no calendario gregoriano, pois o calendario xuliano estaba en uso en Rusia entón). Na segunda revolución, en outubro, o Goberno provisional foi eliminado e substituído cun goberno bolxevique (comunista).
Escocia (en inglés: Scotland; en scots: Scotland; en escocés: Alba) é un país que forma parte do Reino Unido. É o máis setentrional dos catro países constituíntes que forman o Reino Unido. Xunto con Inglaterra e Gales, forma parte da illa de Gran Bretaña, e abrangue un terzo da súa superficie total.
Pierre Gasly (Pronunciación francesa: [pjɛʁ ɡasli], nado o 7 de febreiro de 1996) en Rouen é un piloto de carreiras francés que actualmente compite na Fórmula Un baixo bandeira francesa, competindo para Alpine F1 Team. En 2014 foi subcampión das Fórmula Renault 3.5 Series e en 2016 campión das GP2 Series. Pilotou un Team Mugen con motor Honda no Campionato Super Fórmula de 2017.
A proteína ATM (do inglés ataxia telangiectasia mutated, ataxia telanxiectasia mutada) é un encima serina/treonina proteína quinase que é recrutada e activada polas roturas de dobre febra no ADN. Esta quinase fosforila varias proteínas clave que inician a activación do punto de control do ciclo celular dos danos no ADN, facendo que o ciclo celular se deteña, e haxa unha reparación do ADN ou se produza a apoptose. Varias das súas dianas son: p53, CHK2, BRCA1, NBS1 e H2AX, que son supresores de tumores. A proteína é denominada así polo trastorno homónimo ataxia telanxiectasia causado por mutacións que afectan á proteína ATM. A proteína está codificada en humanos no xene ATM, situado no cromosoma 11.
Unha enciclopedia é unha obra de referencia que é compendio de información que abrangue tódalas pólas do coñecemento humano. As enciclopedias están divididas en artigos ou entradas, que están ordenados por orde alfabética segundo o nome do artigo. As entradas de enciclopedia son máis longas e achegan información máis polo miúdo que os dicionarios.
A lingua coreana (chamada en Corea do Sur: 한국어, hangug-eo; en Corea do Norte: 조선말, joseommal) é a lingua nativa duns 80 millóns de persoas, na súa maioría de orixe coreana. É a lingua oficial e nacional tanto de Corea do Norte como de Corea do Sur (xeograficamente Corea), pero durante os últimos 74 anos de división política (e illamento de Corea do Norte), as dúas Coreas desenvolveron algunhas diferenzas de vocabulario notables. Ademais de nas dúas Corea, o coreano é unha lingua minoritaria recoñecida en partes da China, a saber, na provincia de Jilin, e concretamente na prefectura de Yanbian (연변/延邊) situada ao sur da provincia de Heilongjiang e no condado de Changbai.
Unha arma nuclear é un explosivo de alto poder que utiliza a enerxía nuclear (esta arma xera unha gran cantidade de enerxía a partir dunha reacción de fisión ou de fusión nuclear, ambas reaccións liberan grandes cantidades de enerxía a partir de cantidades relativamente pequenas da materia), isto inclúe o vector transportador, como os mísiles balísticos intercontinentais, os mísiles balísticos de lanzamento submarino (en inglés Submarine-launched ballistic missiles) e parte da infraestrutura involucrada no seu manexo e operación. Este tipo de armas teñen unha gran capacidade destrutiva, e son as máis potentes que se utilizaron nunca. Actualmente, só un grupo relativamente reducido de países recoñece que dispón de armas nucleares.
Este artigo trata sobre a froita, para a planta véxase bananeira.A banana ou plátano é o froito en forma de baga oblonga e arqueada da bananeira ou plataneiro, de polpa fareluda e pel grosa, sen sementes e comestíbel. O froito é variable en tamaño, cor e firmeza, pero adoita ser alongado e curvado, cunha carne suave rica en amidón cuberta cunha casca , que pode ser verde, amarela, vermella, roxa ou marrón cando está madura. Os froitos medran cara a arriba en acios preto da parte superior da planta.
O Boeing 767 é un avión de pasaxeiros de fuselaxe ancha fabricado por Boeing. Trátase dun modelo de fuselaxe ancha, que foi presentado case ao mesmo tempo que o 757, o seu semellante de fuselaxe estreita, co que comparte características de deseño e cuberta de voo, o que permite que os pilotos poidan obter unha mesma certificación para operar os dous avións. Ten un alcance de entre 9 400 e 12 200 km e pode transportar entre 181 e 375 pasaseiros, dependendo da configuración.
Non confundir con dihidroxiacetona, que tamén se abrevia DHA.A ácido docosahexaenoico (DHA) é un ácido graxo omega-3 que é un compoñente estrutural importante do cerebro humano, pel, espermatozoides, testículos e retina. Pode sintetizarse a partir do ácido alfa-linolénico ou obtido directamente do leite materno ou de aceite de peixe. A estrutura do DHA é a dun ácido carboxílico (terminación -oico do nome) de 22 carbonos (docosa- en grego significa 22) e seis ("hexa" en grego) dobres enlaces de tipo cis (polo que leva -en- no nome), polo que é un ácido graxo poliinsaturado.
O alemán (Deutsch, en alemán) é unha lingua indoeuropea pertencente ao grupo das linguas xermánicas occidentais. É tamén a lingua que máis falantes nativos ten na Unión Europea. É a lingua máis falada e a lingua (co-) oficial de Alemaña, Austria, Suíza, Tirol do Sur (Italia), a comunidade xermánica de Bélxica e Liechtenstein.
Huni (lectura orixinal descoñecida) foi un rei do antigo Exipto e o último faraón da Terceira dinastía de Exipto durante o período do Antigo Reino. seguindo a Lista de reis de Turín, comunmente atribúeselle un reinado de 24 anos, que rematou c. 2613 a.C. A posición cronolóxica de Huni como o último rei da terceira dinastía é bastante segura, pero aínda hai certa incerteza sobre a orde de sucesión dos gobernantes a finais da 3ª dinastía.
Crimea, que abrangue a República Autónoma de Crimea, (ucraíno: Автономна Республіка Крим - Avtonomna Respublika Krym, ruso: Автономная Республика Крым - Avtonomnaia Respublika Krym, tártaro de Crimea: Qırım Muhtar Cumhuriyeti) e a cidade de Sebastopol, é unha península e república autónoma situada na costa setentrional do Mar Negro que foi anexionada por Rusia no ano 2014. Crimea estivo baixo o control ruso dende 1783 até 1954, cando foi transferida dentro Unión Soviética, dende a República Soviética Federativa Socialista de Rusia á República Socialista Soviética de Ucraína. Posteriormente, despois do referendo do 20 de xaneiro de 1991, conseguiu o status de república autónoma dentro da República Socialista Soviética de Ucraína.
O Airbus A220, anteriormente coñecido como Bombardier CSeries, é unha familia de reactores de pasaxeiros de fuselaxe estreita e alcance medio comercializada por Airbus pero deseñada e orixinalmente fabricada polo construtor canadense Bombardier Aerospace. Tras a participación de Airbus o avión é fabricado por CSeries Aircraft Limited Partnership (CSALP). Os modelos da familia son o A220-100 (anteriormente CS100 e oficialmente BD-500-1A10) de entre 108 e 133 asentos, e o A220-200 (anteriormente CS300 e oficialmente BD-500-1A11) de 130 a 160 asentos.
O tango é un estilo musical e unha danza do Río da Prata, propia das cidades de Buenos Aires e Montevideo, de natureza netamente urbana e renome internacional. Musicalmente ten forma binaria e compás de dous por catro. É clasicamente interpretado mediante orquestra típica ou sexteto e ten o bandoneón como instrumento esencial.
Un ácido graxo é un ácido orgánico que leva un grupo carboxilo no extremo e unha cadea hidrocarbonada. Xeralmente a cadea é longa, lineal e non ramificada, pero en moitos organismos incluído o home hai tamén cadeas curtas ou ramificadas, normalmente con grupos metilo, ou mesmo, en bacterias, cadeas cíclicas. Os ácidos graxos son moléculas de natureza lipídica.
Levantamento Kerenskii-Krasnov
O Levantamento Kerenskii-Krasnov (en ruso: Выступление Керенского — Краснова) foi un intento frustrado do primeiro ministro do Goberno Provisional Ruso, Aleksandr Kerenskii de recuperar o poder e esmagar o levantamento bolxevique que acabou co seu Goberno en novembro de 1917. Tivo lugar entre o 26 de outubroxul./ 8 de novembrogreg. e 31 de outubroxul./ 13 de novembrogreg.
Un centrocampista é unha das posicións do fútbol, situado xeralmente entre os defensas e os dianteiros do seu equipo. Algúns centrocampistas xogan un papel defensivo estritamente definido, parando ataques, e son coñecidos como centrocampistas defensivos. Outros teñen límites máis difusos, sendo máis móbiles e eficientes no pase, como os chamados pivotes, os organizadores ou os todocampistas.
O logaritmo dun número positivo x nunha certa base b, é o expoñente y ao que hai que elevar a base para obter o número dado. A base de logaritmos b ten que ser un número positivo distinto de un. Abreviadamente o logartimo exprésase por log, indicando a continuación a base como un subíndice e lese "logaritmo en base b de x".
Santa Lucía (UK: /sənt luːˈsiːə, -ˈluːʃə/, US: /seɪnt ˈluːʃə/; francés: Sainte-Lucie) é un pequeno país insular das Indias Occidentais no leste do mar Caribe no límite co océano Atlántico. A illa chamábase anteriormente Iyonola, o nome dado á illa polos nativos arauacos, e máis tarde Hewanorra, o nome dado á illa polos nativos caribes, dous pobos amerindios separados. Parte das Illas de Barlovento das Antillas Menores, está situada ao norte/nordés da illa de San Vicente, ao noroeste de Barbados e ao sur da Martinica.
A Copa Mundial da FIFA Brasil 2014 (oficialmente: Copa do Mundo FIFA Brasil 2014) foi a edición número vinte do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo celebrouse no Brasil do 12 de xuño ao 13 de xullo, despois de que o presidente da FIFA, Joseph Blatter, estabelecera o criterio de rotación continental. Esta edición foi a primeira que se xogou en Suramérica desde o Mundial da Arxentina 1978.
Suecia (en sueco: Sverige, [ˈsværjɛ] (AFI), escoitar), oficialmente Reino de Suecia, é un país nórdico situado na península escandinava. Limitado ao norte e oeste con Noruega e ao leste con Finlandia, está conectado con Dinamarca pola ponte-túnel de Oresund, cruzando o estreito de Öresund. Bañada tamén polas costas do Mar Báltico, forma o Golfo de Botnia xunto con Finlandia.
O inositol é un polialcohol cíclico coa fórmula C6H12O6 ou (-CHOH-)6, que consiste nun ciclohexano con seis funcións alcohol (-OH). Existen 9 estereoisómeros do inositol, dos cales a forma máis importante e moi estendida na natureza é o cis-1,2,3,5-trans-4,6-ciclohexanohexol, ou mio-inositol (antes chamado meso-inositol). Case non ten sabor, pero é lixeiramente doce.
O millo ou maínzo (Zea mays) é unha planta gramínea anual e na mesma planta (monoica) atópanse as súas inflorescencias masculinas (nos extremos terminais) e femininas (nas vaíñas axilares). Ten un crecemento rápido, chegando aos 2,5 metros de altura nun ano, que é a súa quenda de colleita. As follas teñen forma alongada saíndo do talo cun lixeiro ángulo e coa punta caída cara a abaixo.
Lance Stroll, nado o 29 de outubro de 1998, é un piloto belga - canadense de carreiras que compite actualmente na Fórmula 1, baixo a bandeira canadense, para Aston Martin e que xa pilotou para Racing Point e Williams. Foi campión da F4 italiana en 2014, campión das Toyota Racing Series no 2015 e Campión Europeo de Fórmula 3 de 2016]. Formou parte da Ferrari Driver Academy de 2010 a 2015.