Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Nova Zelandia ou Nova Celandia (en inglés: New Zealand /njuːˈziːlənd/, e en maorí: Aotearoa) é un país insular de Oceanía que se localiza no suroeste do océano Pacífico, formado por dúas grandes illas, a Illa Norte e a Illa Sur, xunto a outras moitas illas menores, destacando entre elas a Illa Stewart e as Illas Chatham. O Reino de Nova Zelandia tamén inclúe as Illas Cook e Niue (estados autónomos en libre asociación), e Tokelau. Nova Zelandia, notable polo seu illamento xeográfico, está situada preto de 2000 quilómetros ao sueste de Australia no mar de Tasmania, e os seus veciños máis próximos ao norte son Nova Caledonia, Fidxi e Tonga.
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
A Santa Sé é a expresión con que se alude á posición do papa en canto cabeza suprema da Igrexa católica, en oposición á referencia á Cidade do Vaticano en tanto que Estado soberano, aínda que ambas as realidades están intimamente relacionadas e é un feito que o Vaticano existe como Estado ao servizo da Igrexa.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 212.111.
A Lusitania (en portugués: Lusitânia) ou Hispania Lusitana foi unha antiga provincia romana na Península Ibérica onde se atopa o moderno Portugal (ao sur do río Douro) e parte do oeste de España (a actual comunidade autónoma de Estremadura) e unha parte da provincia de Salamanca. Foi nomeado así polos Lusitani ou lusitanos (un pobo protoindoeuropeo). A súa capital foi Emerita Augusta (actualmente Mérida, España), e foi inicialmente parte da provincia romana de Hispania Ulterior, antes de converterse en provincia independente.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2019
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2019 foi a 70ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Disputouse entre marzo e decembro, o campionato disputouse durante 21 Grandes Premios de Fórmula 1. Equipos e pilotos competiron polo Campionato do Mundo de Pilotos e polo Campionato do Mundo de Construtores.
O Gran Premio de España de 2024 (oficialmente o Aramco Gran Premio de España 2024) é unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 23 de xuño de 2024 no Circuíto de Cataluña, Montmeló, España. Foi a décima carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2024 marca a cincuenta e catro proba do Gran Premio de España como un evento do Campionato Mundial desde a tempada inaugural en 1950 e a trinta e catro vez que se celebrou unha rolda do Campionato do Mundo no circuíto de Barcelona-Cataluña.
Juan Luis Guerra Seijas, nado en Santo Domingo (República Dominicana) o 7 de xuño de 1957, é un compositor, cantautor e produtor musical caribeño. As súas 14 producións (10 delas en estudo) acadaron unhas vendas superiores a 20 millóns de discos en todo o mundo. O seu estilo propio mestura o merengue, bolero e salsa con fusións afroantillanas, xunto coas bases da bachata popular dominicana.
A primeira guerra mundial (en adiante IGM), tamén coñecida como a "gran guerra", foi un conflito bélico do século XX. Desenvolveuse entre o verán do 1914 e o outono de 1918 e involucrou uns trinta países, polo que se considera o primeiro conflito global da historia. A teor do número de mobilizados (sesenta e cinco millóns de soldados) e falecidos, calculado en vinte millóns de persoas entre soldados e civís, é o segundo maior enfrontamento armado da historia, só por detrás da segunda guerra mundial. A guerra enfrontou ao bando aliado contra as potencias centrais.
A historia de Galiza abrangue a historia de Galiza e dos seus estados predecesores. Comeza arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos —kallaikoi segundo o autor grego Estrabón— unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa.
Zoonomia; or the Laws of Organic Life (1794–96) é unha obra en dous volumes de Erasmus Darwin que trata sobre patoloxía, anatomía, psicoloxía e o funcionamento do corpo. Está enmarcado principalmente na psicofisioloxía asociacionista. O libro recórdase actualmente principalmente por expresar algunhas das primeiras ideas sobre a teoría da evolución, especificamente formas de desenvolventismo similares ás do lamarckismo.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Circuíto de Barcelona-Cataluña
O Circuíto de Barcelona-Cataluña (en catalán: Circuit de Barcelona-Catalunya), coñecido tamén como Circuíto de Cataluña ou Circuíto de Montmeló, é un autódromo situado na poboación de Montmeló, na provincia de Barcelona, España. Inaugurado no ano 1991, ten capacidade para 131.000 espectadores, e acolle diversas competicións entre as que destacan o Gran Premio de España de Fórmula 1 e o Gran Premio de Cataluña do MotoGP. Debido a que é un dos circuítos máis utilizados para os ensaios dos diferentes equipos de Fórmula 1, a gran maioría dos pilotos está moi familiarizados co mesmo. O Circuíto de Barcelona-Cataluña é unha instalación pública, cuxa titularidade pertence á Generalitat de Cataluña.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014
O campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014 é o campionato anual número 65 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Os equipos e pilotos disputaron dezanove Grandes Premios para o Mundial de pilotos e o Campionato do Mundo de Construtores. A tempada comezou en Australia o 16 de marzo e concluíu en Abu Dabi o 23 de novembro.
Reṣeba (en árabe: العاصفة السوداء) é un filme iraquí de 2016 dirixido e coescrito polo director kurdo Hussein Hassan. Estreouse internacionalmente no Festival Internacional de Cinema de Duhok en setembro de 2016 e no Festival Internacional de Cinema de Busan o 15 de outubro de 2016. Foi escollido como candidato de Iraq para o Óscar ó mellor filme internacional na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Tubinga (en alemán: Tübingen) é unha cidade universitaria rica en tradicións, situada a beiras do río Neckar, e case 40 km ao sur de Stuttgart, no Estado alemá de Baden-Württemberg. A vida da cidade está dominada polos seus 22.219 estudantes (semestre de verán 2007), dos cales aproximadamente 15.000 teñen a súa residencia alí. Por iso é polo que Tubinga sexa a cidade coa idade media máis baixa de Alemaña.
El fred que crema é un filme catalán-andorrano de 2022 dirixido por Santi Trullenque. Trátase dun thriller histórico ambientado en Andorra durante a segunda guerra mundial no contexto da fuga dos xudeus polo principado a través da figura dos pasadores. Está protagonizado por Greta Fernández, Roger Casamajor, Adrià Collado, Pedro Casablanc e Daniel Horvath.
José Luis Mato Sanmartín, coñecido como Joselu ou Joselu Mato, nado en Stuttgart (Alemaña) o 27 de marzo de 1990, é un futbolista galego, que xoga de dianteiro no Al Gharafa de Qatar. Formado na canteira do Celta de Vigo, debutou co primeiro equipo celeste na Segunda División en 2009, e máis tarde militou en catro equipos da Primeira División, entre eles o máximo rival histórico do Celta, o Deportivo da Coruña; así como o Real Madrid, co que gañou unha liga e unha Liga de Campións. Xogou tamén tres anos na Bundesliga alemá (nas filas do Hoffenheim, o Eintracht Frankfurt e o Hannover 96) e outros tres na Premier League inglesa (vestindo as camisetas do Stoke City e o Newcastle).
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017 foi a tempada 68º de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Equipos e pilotos competiron polo Campionato do Mundo de Pilotos e polo Campionato do Mundo de Construtores. Competiron en vinte Grandes Premios, comezando en Australia o 26 de marzo e terminando en Abu Zabi o 26 de novembro.
Scuderia Ferrari S.p.A. (Modelo:IPA-it) é a división deportiva do fabricante de automóbiles italiano de luxo Ferrari e o equipo de carreiras na actualidade só participa na Fórmula 1, pero participou en numerosas clases de deportes de motor desde a súa creación en 1929, incluídas as carreiras de resistencia. O equipo tamén é coñecido polo alcume de "O cabalo rampante", en referencia ao seu logotipo. É o equipo de Fórmula Un máis exitoso que sobrevive e o equipo de Fórmula 1 máis exitoso, que competiu en todos os campionatos mundiais desde a tempada de Fórmula Un de 1950.
Mazarelos: revista de historia e cultura
Mazarelos é unha publicación periódica de carácter cuadrimestral de contidos divulgativos sobre historia e cultura. O seu nome vén da proximidade da praza de Mazarelos coa Facultade de Xeografía e Historia, lugar de encontro entre a academia e o ocio. O primeiro número saíu do prelo en xaneiro de 2020 logo dunha campaña de micromecenado.
Águila Roja (en galego: "Aguia Vermella") foi unha serie de televisión española de aventuras, producida pola empresa Globomedia para Televisión Española. Foi emitida en La 1 entre o 19 de febreiro de 2009 e o 27 de outubro de 2016. Esta produción contaba no seu elenco con varios actores galegos entre os seus protagonistas, como é o caso de Miryam Gallego, Javier Gutiérrez e Francis Lorenzo.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
Yuki Tsunoda (xaponés: 角 田 裕 毅, Tsunoda Yūki, nado o 11 de maio de 2000) é un piloto de carreiras de Fórmula 1 xaponés que corre na Scuderia AlphaTauri desde 2021. Apoiado por Honda desde 2016 a través do Honda Formula Dream Project, foi o campión da F4 do Xapón de 2018 e é membro da Red Bull Junior Team. Rematou terceiro no Campionato de Fórmula 2 de 2020 e fixo o seu debut na Fórmula Un en 2021 con AlphaTauri, un equipo propiedade de Red Bull.
O Col du Tourmalet, Monte Tourmalet ou simplemente Tourmalet é un paso montañoso atopado no centro dos Pireneos franceses 42°55′ N 0°09′ E. Ten unha altitude de 2.114 metros sobre o nivel do mar. O Tourmalet é un dos portos de montaña mais famosos na proba ciclista do Tour de Francia, tanto é así, que o Tourmalet é o porto de montaña que máis veces foi ascendido na historia da carreira. A primeira vez que se subiu nesta carreira foi no 1910, ano no que os Pireneos foron incluídos nesta carreira.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Santana é un filme angolano de 2020 dirixido e escrito por Maradona Dias Dos Santos e Chris Roland. Está protagonizado por Paulo Americano, Terence Bridgett e Amanda Brown. Está no catálogo de Netflix dende o 28 de agosto de 2020, sendo a primeira produción cinematográfica de Angola en constar na lista da plataforma.
O Campionato de Europa de fútbol da UEFA (en inglés: UEFA European Football Championship), máis coñecida como Eurocopa ou simplemente Euro, é a competición de seleccións nacionais de fútbol que organiza a UEFA. Dispútase cada catro anos dende 1960. Hai tamén unha Eurocopa de fútbol feminino que comezou en 1984 e que dende 1997 celébrase tamén cada catro anos.
A vacaloura (tamén existe a variante vacaloira), carouca, cornetán ou escornabois (Lucanus cervus) é un escaravello da familia Lucanidae de gran tamaño. Trátase dun insecto no que os sexos son facilmente distinguibles: os machos dispoñen dunhas mandíbulas de gran tamaño, moito maiores que as das femias, que lles serven como medio de loita con machos rivais. A larva deste insecto pasa dun a cinco anos alimentándose de madeira en descomposición, preferiblemente de frondosas, polo que adoita vivir en bosques onde hai abundantes carballos, e razón tamén de que non sexa común en terreos urbanos.
Julieta Venegas Percevault, nada en Long Beach (California) o 24 de novembro de 1970, é unha compositora e cantante mexicana, que se criou e creceu en Tijuana (México). Nos últimos anos da súa relativamente longa carreira musical, logrou posicionarse coma unha das cantautoras máis destacadas dentro do panorama do pop Latino.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
Internet Archive é un sitio web e unha organización sen ánimo de lucro destinada á preservación de historiais Web e recursos multimedia. Creada en 1996, atopábase desde esa data e até o 2009 no Presidio de San Francisco e actualmente áchase na rúa 300 de Funston, tamén en San Francisco. A colaboración que levou a cabo a amplitude desa páxina foi grazas a Alexa Internet e doutros colaboradores á parte da colaboración da Biblioteca do Congreso.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Águeda é unha cidade portuguesa pertencente ao Distrito de Aveiro, Rexión Centro e subrexión do Baixo Vouga, con cerca de 14.504 habitantes. Sitúase a 15 m de altitude. É a capital dun concello con 335,3 km² de área e 49.912 habitantes (2006) (cunha densidade de 148,9 h/km²), subdividido en 20 freguesías.
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950 foi o campionato de inauguración da Fórmula 1 da FIA, que comezou o 13 de maio de 1950, e finalizou o 3 de setembro logo de 7 carreiras. O campionato consistía en seis carreiras de Fórmula 1 en Europa, máis as 500 Millas de Indianápolis, que se executou baixo as Normas AAA. Giuseppe Farina gañou o campionato por diante de Juan Manuel Fangio e Luigi Fagioli. Tamén se celebraron durante o ano outras moitas carreiras de Fórmula 1, que non contaron para o campionato.
Jesús Navas González, nado en Los Palacios y Villafranca (Sevilla) o 21 de novembro de 1985, é un futbolista español. Actualmente xoga de extremo dereito e mediapunta no Sevilla FC. Foi internacional coa selección española, coa que gañou a Copa Mundial de Fútbol en 2010 e a Eurocopa de 2012, dous dos tres títulos do triplete conseguido pola selección entre 2008 e 2012, inédito na historia do fútbol.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Michelle Clemente Escotet, nada en Caracas o 7 de decembro de 1994, é un exfutbolista venezolana, que xogaba como centrocampista. Foi internacional coas categorías inferiores da selección venezolana. Dende 2023 é membro do Consello de Administración do Deportivo da Coruña, club do que é propietario o seu tío Juan Carlos Escotet por medio de Abanca.
O reino suevo, reino suevo de Galiza ou reino de Galiza configurouse como a estrutura política máis antiga das actuais rexións de Galiza e o norte e centro de Portugal, despois da caída do Imperio Romano de Occidente. Foi o primeiro estado medieval da Europa occidental continental: nas Illas Británicas foi anterior en Gales o Reino de Dyfed, logo da fin do dominio romano en Britania. Os suevos eran un pobo xermánico que entraron no noroeste da Península Ibérica en 409 ou 410 nunha vaga migratoria ou guerreira, mais con pouca poboación (entre vinte mil e trinta e cinco mil persoas).
Esta é unha cronoloxía de Galicia, que comprende importantes eventos, cambios legais e territoriais ademais de acontecementos políticos, sociais e económicos en Galicia e nos seus estados predecesores; tamén eventos acontecidos na península ibérica e eventos internacionais que tiveron relevancia para a Historia de Galicia.