Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Carles Puigdemont i Casamajó, nado en Amer o 29 de decembro de 1962, é un xornalista e político catalán vinculado a Convergència Democràtica de Catalunya. O 10 de xaneiro de 2016 converteuse no 130º presidente da Generalitat de Cataluña. Militante de Convergència i Unió (CiU) dende 1983, comezou a súa carreira política no ano 2006, cando foi elixido deputado no Parlamento de Cataluña por CiU. En 2011 foi elixido alcalde de Xirona, cidade onde había anos que vivía, despois de gañar as eleccións municipais celebradas o mesmo ano.
AWStats é unha ferramenta de código aberto que realiza informes analíticos das páxinas web, fornecendo datos de servizos de Internet como un servidor web, streaming, correo e FTP. AWstats analiza os ficheiro de log do servidor, e en base a eles produce informes en linguaxe de programación HTML. Os datos son presentados visualmente en informes de táboas e gráficas.
O lysenkoísmo (ruso: Лысенковщина, Lysenkovshchina, AFI [lɨˈsɛnkəfɕːʲɪnə]; ucraíno: лисенківщина, lysenkivščyna, AFI [lɪˈsɛnkiu̯ʃtʃɪnɐ]) foi unha campaña política liderada polo biólogo soviético Trofim Lysenko contra a agricultura baseada na xenética e na ciencia na metade do século XX, rexeitando a selección natural en favor dunha forma de lamarckismo, e promovendo o uso de técnicas de vernalización e enxerto. Máis de 3000 biólogos da corrente de pensamento principal en xenética foron despedidos ou encarcerados e numerosos foron executados na campaña soviética de supresión de opoñentes científicos. O presidente da Academia de Agricultura Soviética, Nikolai Vavilov, que fora mentor do propio Lysenko, pero que posteriormente foi denunciado por el, foi enviado a prisión e morreu alí, mentres que a investigación xenética soviética quedou destruída.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Mark Cavendish, nado o 21 de maio de 1985 en Douglas (Illa de Man), é un ciclista manx do Reino Unido. Fíxose profesional en 2006 co equipo T-Mobile, pasando en 2008 ó equipo HTC-Columbia, e en 2012 ó equipo Sky. Cavendish está considerado o mellor sprinter da súa xeración, e un dos mellores da historia.
Como topónimo Vilar pode referirse a: En Galiza Vilar de Barrio, concello da comarca da Limia; San Pedro Fiz de Vilar de Barrio, parroquia de dito concello; Vilar de Barrio, lugar de dita parroquia; Vilar de Santos, concello da comarca da Limia; San Xoán de Vilar de Santos, parroquia de dito concello; Vilar de Santos, lugar de dita parroquia; Vilardevós, concello da comarca de Verín; Vilarmaior, concello da comarca de Betanzos; San Pedro de Vilarmaior, parroquia de dito concello; San Pedro Fiz de Vilar, parroquia do concello de Bande; Vilar, lugar de dita parroquia; Santa María de Vilar de Condes, parroquia do concello de Carballeda de Avia; Vilar de Condes, lugar de dita parroquia; Santa María de Vilar de Vacas, parroquia do concello de Cartelle; Vilar de Vacas, lugar de dita parroquia; San Miguel de Vilar de Rei, parroquia do concello de Cenlle; Vilar de Rei, lugar de dita parroquia; San Cosme de Vilar, parroquia do concello de Chandrexa de Queixa; Vilar, lugar de dita parroquia; Santa María de Vilar, parroquia do concello de Cospeito; San Xurxo de Vilar, parroquia do concello de Crecente; Santa María de Vilar de Ordelles, parroquia do concello de Esgos; Vilar de Ordelles, lugar de dita parroquia; Santa María de Vilar, parroquia do concello de Guitiriz; San Mamede de Vilar, parroquia do concello de Mondariz; Santa Baia de Vilar de Cerreda, parroquia do concello de Nogueira de Ramuín; Vilar, lugar de dita parroquia; Purísima Concepción de Vilar de Astrés, parroquia do concello de Ourense; Vilar de Astrés, lugar de dita parroquia; San Salvador de Vilar de Donas, parroquia do concello de Palas de Rei; Vilar de Donas, lugar de dita parroquia; Castro Vilar, lugar de dita parroquia; Santiago de Vilar de Ortelle, parroquia do concello de Pantón; Vilar, lugar de dita parroquia; San Pedro de Vilar, parroquia do concello de Pontedeume; Chao de Vilar, lugar de dita parroquia; San Xosé de Vilar de Lor, parroquia do concello de Quiroga; Vilar de Lor, lugar de dita parroquia; San Martiño de Vilar de Infesta, parroquia do concello de Redondela; Santa María de Vilar, parroquia do concello de Sarria; Vilar de Abaixo, lugar de dita parroquia; Vilar de Arriba, lugar de dita parroquia; San Salvador de Vilar de Sarria, parroquia do concello de Sarria; Vilar de Sarria, lugar de dita parroquia; San Martiño de Vilar, parroquia do concello de Silleda; Santa Eulalia de Vilar de Cabalos, parroquia do concello de Taboada; Vilar de Cabalos, lugar de dita parroquia; San Miguel de Vilar, parroquia do concello de Touro; Vilar, lugar de dita parroquia; San Salvador de Vilar de Lebres, parroquia do concello de Trasmiras; Vilar de Lebres, lugar de dita parroquia; San Vicente de Vilar de Cervos, parroquia do concello de Vilardevós; Vilar de Cervos, lugar de dita parroquia; San Pedro de Vilar, parroquia do concello de Zas; Vilar, lugar de dita parroquia; Vilaragunte, parroquia do concello de Paradela; Vilaragunte, lugar de dita parroquia; Vilarbasín, parroquia do concello de Portomarín; Vilarbasín, lugar de dita parroquia; Vilarbuxán, parroquia do concello de Bóveda; Vilarbuxán, lugar de dita parroquia;. Vilardá, parroquia do concello de San Xoán de Río; Vilardá, lugar de dita parroquia; Vilardemilo, parroquia do concello de Viana do Bolo; Vilardemilo, lugar de dita parroquia; Vilareda, parroquia do concello de Palas de Rei; Vilareda, lugar de dita parroquia; Vilarello, parroquia do concello de Cervantes; Vilarello, parroquia do concello de Dozón; Vilarello, lugar de dita parroquia; Vilarello, parroquia do concello de Láncara; Vilarello da Cota, parroquia do concello de Vilardevós; Vilarello, lugar de dita parroquia; Vilarmao, parroquia do concello de Guntín; Vilarmao, lugar de dita parroquia; Vilarmeao, parroquia do concello de Viana do Bolo; Vilarmeao, lugar de dita parroquia; Vilarmel, parroquia do concello de Quiroga; Vilarmel, lugar de dita parroquia; Vilarmide, parroquia do concello da Pontenova; Vilarmide, lugar de dita parroquia; Vilarmosteiro, parroquia do concello do Páramo; Vilarmosteiro, lugar de dita parroquia; Vilarpandín, parroquia do concello de Navia de Suarna; Vilarpandín, lugar de dita parroquia; Vilarpunteiro, parroquia do concello de Baralla; Vilarpunteiro, lugar de dita parroquia; Vilarraso, parroquia do concello de Aranga; Vilarraso, lugar de dita parroquia; Vilarrubín, parroquia do concello da Peroxa; Vilarrubín, lugar de dita parroquia; Vilartelín, parroquia do concello de Baralla; Vilartelín, lugar de dita parroquia; Vilarxoán, parroquia do concello do Incio; Vilarxoán, lugar de dita parroquia; Vilar, lugar da parroquia de Crendes, no concello de Abegondo; Vilar, lugar da parroquia de Folgoso, no concello de Abegondo; Vilar, lugar da parroquia de Artoño, no concello de Agolada; Vilar, lugar da parroquia de Ventosa, no concello de Agolada; Vilar, lugar da parroquia de Ames, no concello de Ames; Vilar, lugar da parroquia de Cabeiras, no concello de Arbo; Vilar, lugar da parroquia de Figueiroa, no concello de Arzúa; Vilar, lugar da parroquia de Pantiñobre, no concello de Arzúa; Vilar, lugar da parroquia de Avión, no concello de Avión; Vilar, lugar da parroquia de Pousada, no concello de Baleira; Vilar, lugar da parroquia de Ponte Ambía, no concello de Baños de Molgas; Vilar, lugar da parroquia de San Cosme de Barreiros, no concello de Barreiros; Vilar, lugar da parroquia de Santalla de Pena, no concello de Begonte; Vilar, lugar da parroquia de Trobo, no concello de Begonte; Vilar, lugar da parroquia de Guntín, no concello de Bóveda; Vilar, lugar da parroquia de Randín, no concello de Calvos de Randín; Vilar, lugar da parroquia de Ponte Veiga, no concello do Carballiño; Vilar, lugar da parroquia de Servoi, no concello de Castrelo do Val; Vilar, lugar da parroquia de Cellán de Calvos, no concello de Castroverde; Vilar, lugar da parroquia de Montecubeiro, no concello de Castroverde; Vilar, lugar da parroquia de Cervo, no concello de Cedeira; Vilar, lugar da parroquia de Donís, no concello de Cervantes; Vilar, lugar da parroquia de Adá, no concello de Chantada; Vilar, lugar da parroquia de Cuntis, no concello de Cuntis; Vilar, lugar da parroquia de Foxado, no concello de Curtis; Vilar, lugar da parroquia de Berdeogas, no concello de Dumbría; Vilar, lugar da parroquia de Buxantes, no concello de Dumbría; Vilar, lugar da parroquia de Olveira, no concello de Dumbría; Vilar, lugar da parroquia de Venceáns, no concello de Entrimo; Vilar, lugar da parroquia de Doniños, no concello de Ferrol; Vilar, lugar da parroquia de Vilamor, no concello de Folgoso do Courel; Vilar, lugar da parroquia de Millarada, no concello de Forcarei; Vilar, lugar da parroquia de Mosteiro, no concello de Guntín; Vilar, lugar da parroquia de Botos, no concello de Lalín; Vilar, lugar da parroquia de Filgueira, no concello de Lalín; Vilar, lugar da parroquia de Santo Adrao de Lourenzá, no concello de Lourenzá; Vilar, lugar da parroquia de Tállara, no concello de Lousame; Vilar, lugar da parroquia de Vilardecás, no concello de Maceda; Vilar, lugar da parroquia de Leiloio, no concello de Malpica de Bergantiños; Vilar, lugar da parroquia da Armenteira, no concello de Meis; Vilar, lugar da parroquia de Anca, no concello de Neda; Vilar, lugar da parroquia de Aro, no concello de Negreira; Vilar, lugar da parroquia de San Pedro de Ernes, no concello de Negueira de Muñiz; Vilar, lugar da parroquia de Mera de Arriba, no concello de Ortigueira; Vilar, lugar da parroquia de Cangas, no concello de Pantón; Vilar, lugar da parroquia de San Martiño de Ferreiros, no concello de Pol; Vilar, lugar da parroquia do Freixo, no concello das Pontes de García Rodríguez; Vilar, lugar da parroquia de Baroña, no concello de Porto do Son; Vilar, lugar da parroquia de Río, no concello de Rodeiro; Vilar, lugar da parroquia de Meirás, no concello de Sada; Vilar, lugar da parroquia de Lamas, no concello de San Sadurniño; Vilar, lugar da parroquia de Grixoa, no concello de Santiago de Compostela; Vilar, lugar da parroquia de Marantes, no concello de Santiago de Compostela; Vilar, lugar da parroquia de Vilalonga, no concello de Sanxenxo; Vilar, lugar da parroquia de Cira, no concello de Silleda; Vilar, lugar da parroquia de Graba, no concello de Silleda; Vilar, lugar da parroquia das Enchousas, no concello das Somozas; Vilar, lugar da parroquia de Cacheiras, no concello de Teo; Vilar, lugar da parroquia de Teo, no concello de Teo; Vilar, lugar da parroquia de Bama, no concello de Touro; Vilar, lugar da parroquia de Calvos de Socamiño, no concello de Touro; Vilar, lugar da parroquia de Campo, no concello de Trazo; Vilar, lugar da parroquia de Buxán, no concello de Val do Dubra; Vilar, lugar da parroquia de Coucieiro, no concello de Val do Dubra; Vilar, lugar da parroquia de San Román, no concello de Val do Dubra; Vilar, lugar da parroquia de Cordeiro, no concello de Valga; Vilar, lugar da parroquia de San Pedro de Vilanova, no concello de Vedra; Vilar, lugar da parroquia de Brandariz, no concello de Vila de Cruces; Vilar, lugar da parroquia de Fontao, no concello de Vila de Cruces; Vilar, lugar da parroquia de San Tomé de Insua, no concello de Vila de Cruces; Vilar, lugar da parroquia de Bamio, no concello de Vilagarcía de Arousa; Vilar, lugar da parroquia de Grandal, no concello de Vilarmaior; Vilar, lugar da parroquia de Cereixo, no concello de Vimianzo; Vilar, lugar da parroquia de Vimianzo, no concello de Vimianzo; Vilar Corvelle, lugar da parroquia de Muimenta, no concello de Cospeito; Vilar da Barra, lugar da parroquia de Ucelle, no concello de Coles; Vilar da Fraga, lugar da parroquia de Soandres no concello da Laracha; Vilar da Fraga, lugar da parroquia de Seixas no concello das Somozas; Vilar da Ponte, lugar da parroquia de Anfeoz, no concello de Cartelle; Vilar da Torre, lugar da parroquia de Lañas no concello da Baña; Vilar da Torre, lugar da parroquia de Loureiro no concello de Sarria; Vilar da Vara, lugar da parroquia de Covela, no concello do Incio; Vilar da Vella, lugar da parroquia de Visantoña, no concello de Santiso; Vilar de Abade, lugar da parroquia de Sorribas, no concello de Rois; Vilar de Abaixo, lugar da parroquia de Camporramiro no concello de Chantada; Vilar de Abaixo, lugar da parroquia de Campolongo no concello de Negreira; Vilar de Abaixo, lugar da parroquia de Deixebre no concello de Oroso; Vilar de Abaixo, lugar da parroquia da Pereira no concello de Santa Comba; Vilar de Aldixe, lugar da parroquia de Vilaragunte, no concello de Paradela; Vilar de Arriba, lugar da parroquia de Camporramiro no concello de Chantada; Vilar de Arriba, lugar da parroquia de Campolongo no concello de Negreira; Vilar de Arriba, lugar da parroquia de Deixebre no concello de Oroso; Vilar de Arriba, lugar da parroquia da Pereira no concello de Santa Comba; Vilar de Baixo, lugar da parroquia de Outeiro, no concello de Castro de Rei; Vilar de Calvos, lugar da parroquia de Carballido, no concello da Fonsagrada; Vilar de Cancelada, lugar da parroquia de Vilachá, no concello de Becerreá; Vilar de Carracedo, lugar da parroquia de Carracedo, no concello da Peroxa; Vilar de Cas, lugar da parroquia de Moreira no concello de Castroverde; Vilar de Cas, lugar da parroquia de Souto de Limia no concello de Muíños; Vilar de Castro, lugar da parroquia das Maroñas no concello de Mazaricos; Vilar de Castro, lugar da parroquia de Leroño no concello de Rois; Vilar de Céltigos, lugar da parroquia de Grixoa, no concello de Santa Comba; Vilar de Cenlle, lugar da parroquia de Begonte, no concello de Begonte; Vilar de Cerdeiras, lugar da parroquia de Corneira, no concello da Baña; Vilar de Cidre, lugar da parroquia de Razo, no concello de Carballo; Vilar de Cima, lugar da parroquia de Corneira, no concello da Baña; Vilar de Cima, lugar da parroquia de Rus, no concello de Carballo; Vilar de Coiro, lugar da parroquia de Coiro, no concello de Mazaricos; Vilar de Colúns, lugar da parroquia de Colúns, no concello de Mazaricos; Vilar de Corna, lugar da parroquia de Carres, no concello de Oza-Cesuras; Vilar de Corvelle, lugar da parroquia de Gueral, no concello da Peroxa; Vilar de Costa, lugar da parroquia de Coiro, no concello de Mazaricos; Vilar de Costoia, lugar da parroquia de Porzomillos, no concello de Oza-Cesuras; Vilar de Covelas, lugar da parroquia de Covelas, no concello dos Blancos; Vilar de Cucos, lugar da parroquia de Vilasante, no concello de Cervantes; Vilar de Cucos, lugar da parroquia de Recimil, no concello de Lugo; Vilar de Duio, lugar da parroquia de Duio, no concello de Fisterra; Vilar de Eiriz, lugar da parroquia do Mato, no concello de Chantada; Vilar de Ferreiros, na parroquia de Visantoña, no concello de Santiso; Vilar de Flores, lugar da parroquia dos Espiñeiros, no concello de Allariz; Vilar de Frades, lugar da parroquia de Ouselle, no concello de Becerreá; Vilar de Francos, lugar da parroquia de Francos no concello de Baralla; Vilar de Francos, lugar da parroquia de Artes no concello de Carballo; Vilar de Goia, lugar da parroquia de Quintela de Umoso no concello de Viana do Bolo; Vilar de Gomareite, lugar da parroquia de Bóveda no concello de Vilar de Barrio; Vilar de Igrexa, lugar da parroquia de Sancovade, no concello de Vilalba; Vilar de Lamas, lugar da parroquia de Nespereira no concello de Sarria; Vilar de Lamas, lugar da parroquia de San Martiño de Meanos no concello de Zas; Vilar de Locrendes, lugar da parroquia de Cis, no concello de Oza-Cesuras; Vilar de María, lugar da parroquia da Chanca, no concello de Sarria; Vilar de Mato, lugar da parroquia de Cequeril, no concello de Cuntis; Vilar de Matos, lugar da parroquia de Forcadela, no concello de Tomiño; Vilar de Matos, lugar da parroquia de Tomiño, no concello de Tomiño; Vilar de Moia, lugar da parroquia de Moia, no concello de Navia de Suarna; Vilar de Mondelo, lugar da parroquia de Bendilló, no concello de Quiroga; Vilar de Montes, lugar da parroquia de Vilanova, no concello de Lalín; Vilar de Mouros, lugar da parroquia de Cabalar no concello da Capela; Vilar de Mouros, lugar da parroquia de San Pedro de Cervantes no concello de Cervantes; Vilar de Mouros, lugar da parroquia de Meira no concello de Meira; Vilar de Mouros, lugar da parroquia de Doade no concello de Sober; Vilar de Mulleres, lugar da parroquia de Lobelle, no concello de Carballedo; Vilar de Nuño, lugar da parroquia da Graña de Vilarente, no concello de Abadín; Vilar de Oleiros, lugar da parroquia de Vilamaior de Caldelas, no concello de Castro Caldelas; Vilar de Ordoeste, lugar da parroquia de Liñaio, no concello de Negreira; Vilar de Ousón, lugar da parroquia de Cruzul, no concello de Becerreá; Vilar de Ousoño, lugar da parroquia de Barro, no concello de Noia; Vilar de Outeiro, lugar da parroquia de Santiago de Arriba, no concello de Chantada; Vilar de Outeiro, lugar da parroquia de Coucieiro, no concello de Muxía; Vilar de Outeiro, lugar da parroquia de Verdía, no concello de Santiago de Compostela; Vilar de Paio Muñiz, lugar da parroquia da Merca, no concello da Merca; Vilar de Parada, lugar da parroquia de Carnota, no concello de Carnota; Vilar de Paraíso, lugar da parroquia de Buxantes, no concello de Dumbría; Vilar de Penas, lugar da parroquia da Torre, no concello do Páramo; Vilar de Peras, lugar da parroquia de Lamaigrexa, no concello da Pobra do Brollón; Vilar de Peres, lugar da parroquia de Rebordelos, no concello de Carballo; Vilar de Reconco na prroquia de Vilacova, no concello de Lousame; Vilar de Riba, lugar da parroquia de Outeiro, no concello de Castro de Rei; Vilar de Salgueiros, lugar da parroquia do Pacio, no concello de Friol; Vilar de Sobremonte, lugar da parroquia de San Martiño de Ozón, no concello de Muxía; Vilar de Sucarral, lugar da parroquia de Vieiro, no concello da Fonsagrada; Vilar de Suso, lugar da parroquia de Fiopáns no concello da Baña; Vilar de Suso, lugar da parroquia de Rodieiros no concello de Boimorto; Vilar de Suso, lugar da parroquia de Sísamo no concello de Carballo; Vilar de Ulloa, lugar da parroquia de Meixide, no concello de Palas de Rei; Vilar de Uz, lugar da parroquia de Oza, no concello de Carballo; Vilar de Vela, lugar da parroquia do Trobo, no concello da Fonsagrada; Vilar de Xeos, lugar da parroquia de Quereño, no concello de Rubiá; Vilar do Bispo, lugar da parroquia de Lampai, no concello de Teo; Vilar do Carballo, lugar da parroquia de Oza, no concello de Carballo; Vilar do Infante, lugar da parroquia de Luaces, no concello de Pol; Vilar do Mato, lugar da parroquia de Santiago de Arriba, no concello de Chantada; Vilar do Mato, lugar da parroquia de Vilaúxe, no concello de Chantada; Vilar do Mato, lugar da parroquia de Ribas de Sil, no concello de Ribas de Sil; Vilar do Mato, lugar da parroquia de Vilar, no Concello de Zas; Vilar do Monte, lugar da parroquia de Aguada, no concello de Carballedo; Vilar do Monte, lugar da parroquia de Santa Baia de Búbal, no concello de Carballedo; Vilar do Monte, lugar da parroquia de Meixide, no concello de Palas de Rei; Vilar do Monte, lugar da parroquia de Quindimil, no concello de Palas de Rei; Vilar do Monte, lugar da parroquia de San Román, no concello de Santiso; Vilar do Monte, lugar da parroquia de San Fiz de Reimóndez, no concello de Sarria; Vilar do Real, lugar da parroquia de San Martiño do Real, no concello de Samos; Vilar do Rei, lugar da parroquia de Fecha, no concello de Santiago de Compostela; Vilar do Río, lugar da parroquia de Bendoiro, no concello de Lalín; Vilar do Robledo, lugar da parroquia de Santalla, no concello de Samos; Vilar do Xestal, lugar da parroquia de Noceda, no concello de Lalín; Vilar dos Cregos, lugar da parroquia de San Cibrao de Monte de Meda, no concello de Guntín; Vilar dos Infanzós, lugar da parroquia de Pradeda, no concello de Guntín; Vilar dos Naraos, lugar da parroquia de Barredo, no concello de Castroverde; Vilar Queimado, lugar da parroquia de Carballido, no concello de Lugo; Vilar Ramilo, lugar da parroquia de Gándara, no concello de Zas; Casanova de Vilar, lugar da parroquia de San Xoán de Moeche, no concello de Moeche; Chan de Vilar, lugar da parroquia de Nullán, no concello das Nogais; Carravilar, lugar da parroquia de Bazar, no concello de Castro de Rei; Coucevilar, lugar da parroquia de Recemel, no concello das Somozas; O Fondovilar, lugar da parroquia de San Pantaleón de Cabanas, no concello de Ourol; A Fontevilar, lugar da parroquia de Mourence, no concello de Vilalba; Portovilar, lugar da parroquia de Vilamaior, no concello de Santa Comba; Vilaragonte, lugar da parroquia de San Simón da Costa, no concello de Vilalba; Vilarantón, lugar da parroquia de Muñís, no concello de Navia de Suarna; Vilaravide, lugar da parroquia de San Cristovo do Az, no concello de Rodeiro; Vilaravides, lugar da parroquia de Rosende, no concello do Saviñao; Vilarbacú, lugar da parroquia da Seara, no concello de Quiroga; Vilarbetote, lugar da parroquia de Sante, no concello de Trabada; Vilarbó, lugar da parroquia de Naraío no concello de San Sadurniño; Vilarbó, lugar da parroquia de Gorgullos no concello de Tordoia; Vilarboi, lugar da parroquia de San Fiz de Monfero no concello de Monfero; Vilarcabreiro, lugar da parroquia de Vilamaior de Negral, no concello de Guntín; Vilarcai, lugar da parroquia de Esteiro, no concello de Cedeira; Vilarce, lugar da parroquia de Toldaos, no concello de Triacastela; Vilarchá, lugar da parroquia de Grixalba, no concello de Sobrado; Vilarchán, lugar da parroquia de Quireza, no concello de Cerdedo-Cotobade; Vilarchán, lugar da parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz; Vilarchán, lugar da parroquia de Tourón, no concello de Ponte Caldelas; Vilarchán, lugar da parroquia de Cabaleiros, no concello de Tordoia; Vilarchao, lugar da parroquia de Santo Eusebio da Peroxa, no concello de Coles; Vilarchao, lugar da parroquia de Lamas de Campos, no concello da Fonsagrada; Vilarchao, lugar da parroquia de Calvelle, no concello do Pereiro de Aguiar; Vilarchao, lugar da parroquia da Porta, no concello de Sobrado; Vilarchao, lugar da parroquia de Vilar de Lebres, no concello de Trasmiras; Vilarciá, lugar da parroquia de Ambroa, no concello de Irixoa; Vilarcovo, lugar da parroquia de Colúns no concello de Mazaricos; Vilarcovo, lugar da parroquia de Irixoa no concello de Muras; Vilardamos, lugar da parroquia de Santa Cruz de Viana, no concello de Chantada; Vilardante, lugar da parroquia de Roo no concello de Noia. Vilardante, lugar da parroquia de San Salvador de Padreiro no concello de Santa Comba; Vilardebín, lugar da parroquia de San Simón da Costa, no concello de Vilalba; Vilardel, lugar da parroquia de Leiro, no concello de Abegondo; Vilardesilva, lugar da parroquia de Pardollán, no concello de Rubiá; Vilardevesa, lugar da parroquia de Cabrui, no concello de Mesía; Vilardíaz, lugar da parroquia da Veiga de Logares, no concello da Fonsagrada; Vilardigo, lugar da parroquia de Cando, no concello de Outes; Vilardoa, lugar da parroquia de Portomeiro, no concello de Val do Dubra; Vilardoi, lugar da parroquia de Córneas, no concello de Baleira; Vilardois, lugar da parroquia de Curtis, no concello de Curtis; Vilardón, lugar da parroquia de Bocamaos, no concello de Lugo; Vilardonas, lugar da parroquia de Ribas de Sil, no concello de Ribas de Sil; Vilardongo, lugar da parroquia do Padrón, no concello da Fonsagrada; Vilarede, lugar da parroquia de Outeiro, no concello de Castro de Rei; Vilarelle, lugar da parroquia de Cerdido, no concello de Cerdido; Vilarelle, lugar da parroquia de Vilarromarís, no concello de Oroso; Vilarelle, lugar da parroquia de Vicinte, no concello de Outeiro de Rei; Vilarello, lugar da parroquia de Lebruxo no concello de Baralla; Vilarello, lugar da parroquia de Sixirei no concello de Baralla; Vilarello, lugar da parroquia de Donís no concello de Cervantes; Vilarello, lugar da parroquia de Coristanco no concello de Coristanco; Vilarello, lugar da parroquia da Allonca no concello da Fonsagrada; Vilarello, lugar da parroquia de San Pedro de Neiro no concello da Fonsagrada; Vilarello, lugar da parroquia de Moar no concello de Frades; Vilarello, lugar da parroquia de Toubes no concello da Peroxa; Vilarello, lugar da parroquia de Oseira no concello de San Cristovo de Cea; Vilarello, lugar da parroquia de Santo Estevo do Mato no concello de Sarria; Vilarello, lugar da parroquia da Broza no concello do Saviñao; Vilarello, lugar da parroquia de Cordeiro no concello de Valga; Vilarello da Irexa, lugar da parroquia de Vilarello no concello de Cervantes; Vilarello do Río, lugar da parroquia de Vilarello no concello de Cervantes; Vilarellos, lugar da parroquia de Tronceda no concello de Castro Caldelas; Vilarellos, lugar da parroquia de Zorelle no concello de Maceda; Vilarensal, lugar da parroquia de Cabrui no concello de Mesía; Vilarensal, lugar da parroquia de Borrifáns no concello de Oza-Cesuras; Vilaresmo, lugar da parroquia de Cicillón, no concello de Taboada; Vilarfonxe, lugar da parroquia de Pedraza, no concello de Monterroso; Vilarfruxilde, lugar da parroquia da Veiga de Logares, no concello da Fonsagrada; Vilargabín, lugar da parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz; Vilargabín, lugar da parroquia de Insua, no concello de Vilalba; Vilargoíde, lugar da parroquia de Galegos, no concello de Navia de Suarna; Vilargondurfe, lugar da parroquia de Vilaboa, no concello da Pontenova; Vilargueimonde, lugar da parroquia de Corzón, no concello de Mazaricos; Vilarguende, lugar da parroquia de Queizán, no concello de Navia de Suarna; Vilarguite, lugar da parroquia de Vilapún, no concello de Cervantes; Vilarigo, lugar da parroquia de Fraialde, no concello de Pol; Vilariz, lugar da parroquia de Oleiros, no concello de Vilalba; Vilarmaior, lugar da parroquia de Erboedo, no concello da Laracha; Vilarmaior, lugar da parroquia do Freixo, no concello das Pontes de García Rodríguez; Vilarmaior, lugar da parroquia de San Cristovo do Az, no concello de Rodeiro; Vilarmao, lugar da parroquia de Castroncelos no concello da Pobra do Brollón; Vilarmea, lugar da parroquia de Fazouro, no concello de Foz; Vilarmeán, lugar da parroquia de Lamas de Campos, no concello da Fonsagrada; Vilarmeao, lugar da parroquia de Cerceda, no concello do Pino; Vilarmende, lugar da parroquia de Trasmonte, no concello de Friol; Vilarmeor, lugar da parroquia de Ouviaño, no concello de Negueira de Muñiz; Vilarmide, lugar da parroquia de Coucieiro no concello de Muxía; Vilarmirón, lugar da parroquia de Vilarmide, no concello da Pontenova; Vilarmor, lugar da parroquia de San Claudio, no concello de Ortigueira; Vilarnaz, lugar da parroquia de Gustei, no concello de Coles; Vilarnovo, lugar da parroquia de Lañas, no concello de Arteixo; Vilarnovo, lugar da parroquia da Baña, no concello da Baña; Vilarnovo, lugar da parroquia de Berdillo, no concello de Carballo; Vilarnovo, lugar da parroquia de Montoxo, no concello de Cedeira; Vilarnovo, lugar da parroquia de Vilaquinte, no concello de Cervantes; Vilarnovo, lugar da parroquia de Malpica de Bergantiños, no concello de Malpica de Bergantiños; Vilarnovo, lugar da parroquia do Ermo, no concello de Ortigueira; Vilarnovo, lugar da parroquia das Pontes de García Rodríguez, no concello das Pontes de García Rodríguez; Vilarnovo, lugar da parroquia de Arantón, no concello de Santa Comba; Vilarnovo, lugar da parroquia de Freixeiro, no concello de Santa Comba; Vilarón, lugar da parroquia da Capela no concello da Capela; Vilarpescozo, lugar da parroquia de Santalla, no concello de Ribeira de Piquín; Vilarpiñeiro, lugar da parroquia de Trobe, no concello de Vedra; Vilarqueimado, lugar da parroquia de Santa Sabiña, no concello de Santa Comba; Vilarquide, lugar da parroquia de Galegos, no concello de Riotorto; Vilarquinte, lugar da parroquia do Val, no concello de Narón; Vilarrairo, lugar da parroquia de Vilar de Sarria, no concello de Sarria; Vilarramil, lugar da parroquia de Quindimil, no concello de Palas de Rei; Vilarreal, lugar da parroquia de Tabeirós do concello da Estrada; Vilarreal, lugar da parroquia de San Romao da Retorta do concello de Guntín; Vilarreal, lugar da parroquia de Ribas de Sil do concello de Ribas de Sil; Vilarreis, lugar da parroquia de Dena, no concello de Meaño; Vilarrel, lugar da parroquia de Castrofeito, no concello do Pino; Vilarreme, lugar da parroquia de Piñeiró, no concello do Saviñao; Vilarrodís, lugar da parroquia de Oseiro, no concello de Arteixo; Vilartatín, lugar da parroquia da Ribeira, no concello de Cervantes; Vilarterreo, lugar da parroquia de Gorgullos, no concello de Tordoia; Vilartide, lugar da parroquia de San Salvador de Padreiro, no concello de Santa Comba; Vilartó, lugar da parroquia de Vigo, no concello de Cambre; Vilartote, lugar da parroquia de San Tomé de Cancelada, no concello de Cervantes; Vilartrigueiro, lugar da parroquia de Coristanco, no concello de Coristanco; Vilarullo, lugar da parroquia de Curtis, no concello de Curtis; Vilarvello, lugar da parroquia de Artes no concello de Carballo; Vilarvello, lugar da parroquia de Bardullas no concello de Muxía; Vilarvello, lugar da parroquia de Barro no concello de Noia; Vilarvello, lugar da parroquia de Igrexafeita no concello de San Sadurniño; Vilarvente, lugar da parroquia de Labio, no concello de Lugo; Vilarxá, lugar da parroquia de Naraío, no concello de San Sadurniño; Vilarxestoso, lugar da parroquia de San Fiz de Monfero, no concello de Monfero; Vilarxoán, lugar da parroquia de Vitre no concello de Frades; Vilarxuane, lugar da parroquia de Bogo no concello da Pontenova; Vilarxubín, lugar da parroquia do Trobo no concello da Fonsagrada; Vilarxuvín, lugar da parroquia de Bogo no concello da Pontenova.
Alabama, ou Estado de Alabama, é un estado da rexión sueste dos Estados Unidos de América. Linda ao norte co estado de Tennessee, ao leste co estado de Xeorxia, ao sur co estado de Florida e co Golfo de México e, ao oeste, co estado de Mississippi. Alabama ocupa o posto 30o en canto a superficie se refire, así coma o 24o en termos de poboación do país, posuíndo ao redor de 5,1 millóns de habitantes, segundo datos de 2023.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Jeremy Bernard Corbyn, nado o 26 de maio de 1949 en Chippenham, Wiltshire, é un político británico socialista democrático, líder do Partido Laborista e líder da oposición de 2015 a 2020. Representou Islington North no Parlamento do Reino Unido (MP) desde 1983, e elixido líder do Partido Laborista en 2015. Foi membro do Consello de Haringey en 1974 e, antes de ser político, representante de sindicatos.
A copia por contacto é un procedemento fotográfico que permite obter copias a partir dunha película fotográfica do mesmo tamaño sobre papel, chamándose á resultado folla de contactos. Normalmente obtense a partir de negativos pero tamén poderían obterse a partir de diapositivas co que o resultado sería un negativo.
Os Ánxeles, Los Angeles ou Los Ángeles (en inglés: Los Angeles, [lɔːs ˈændʒələs] (AFI), escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelán: Los Ángeles, [los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade máis grande do estado estadounidense de California e é a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos despois de Nova York , así como unha das megacidades máis poboadas do mundo. Está situada nunha conca do sur de California adxacente ao océano Pacífico que se estende polas montañas de Santa Mónica e ata o val de San Fernando e abarca unha superficie de 1215 km². Ten, segundo o Censo dos Estados Unidos de 2020, unha poboación estimada de 3 898 747 habitantes, experimentando un crecemento dun 4,9 % en 10 anos.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Louis Pasteur, nado en Dole (departamento do Jura) o 27 de decembro de 1822 e finado o 28 de setembro de 1895, foi un químico francés cuxos descubrimentos tiveron enorme importancia en diversos campos das ciencias naturais, sobre todo na química e microbioloxía. A el débese a técnica coñecida como pasteurización. A través de experimentos refutou definitivamente a teoría da xeración espontánea e desenvolveu a teoría xerminal das enfermidades infecciosas.
Dicionario da Real Academia Galega
O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence.
Ibn ou ibne (en árabe, اِبْن), ben ou bin (en árabe, بْن; en hebreo, בן) é un prefixo patronímico común no árabe e o hebreo que significa 'fillo de', ou nun sentido amplo, 'descendente de'. A forma feminina defínese como bint بِنْت ou ibna اِبْنَة ('filla de') en árabe e bat בת en hebreo. Trátase dunha partícula típica da onomástica árabe e xudía, xa que forma parte de moitos nomes de persoa.
A contaminación xenética ou polución xenética é un temo usado para referirse ao fluxo xénico incontrolado cara a poboacións silvestres. Defínese como "o espallamento de xenes alterados contaminados procedentes de organismos modificados xeneticamente por enxeñaría a organismos naturais, especialmente por polinización cruzada", pero acabou por ser usado en sentido máis amplo. Está relacionado co concepto de fluxo xénico da xenética de poboacións, e o rescate xenético, o cal é o material xenético introducido intencionalmente para incrementar a fitness ou aptitude dunha poboación.
Lista de nomes masculinos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes masculinos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 211.854.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
James David Rodríguez Rubio, nado en Cúcuta, Norte de Santander, Colombia, o 12 de xullo de 1991, coñecido futbolisticamente como James Rodríguez ou simplemente James (pronunciado de acordo coa fonoloxía do español; ˈxames), é un futbolista colombiano que xoga como centrocampista no Everton FC da Premier League. É internacional coa Selección de Colombia, da cal é capitán. Recibiu en 2009, 2012 e 2014 o premio de xogador revelación na Primeira División da Arxentina e na Primeira Liga de Portugal.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Australia (en inglés: Australia, [əˈstɹæɪljə] (AFI), escoitar) é o país máis grande da Oceanía. Ocupa toda a illa da Australia e varias illas adxacentes (a máis importante é Tasmania). O continente-illa, como se lle chama a Australia por veces, está bañado polo océano Índico, ao sur e ao oeste, polo mar de Timor, mar de Arafura e estreito de Torres, ao norte, e mar do Coral e mar de Tasmania, ao leste.
O Estado Islámico de Iraq e Levante (árabe: الدولة الإسلامية في العراق والشام), tamén coñecido como Estado Islámico de Iraq e Siria (ISIS en inglés), Estado Islámico de Iraq e ash-Sham, Estado Islámico (EI) ou Daesh (داعش), é un grupo militar extremista wahhabí/xihadista salafí e autoproclamado califato, e antigo protoestado non recoñecido que seguía unha doutrina fundamentalista, salafí do sunnismo. Estado Islámico conseguiu a atención global a comezos de 2014 cando desprazou ás forzas do goberno iraquí fóra de cidades estratéxicas na ofensiva iraquí occidental, seguida da captura de Mosul e o masacre de Sinjar. O grupo foi descrito como unha organización terrorista polas Nacións Unidas e por moitos países de xeito individual.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
A estatística é unha colección de métodos que axudan a describir, resumir, interpretar e analizar datos. As conclusións tiradas dos datos son vitais en ámbitos tan diversos coma a investigación, a administración ou os negocios. Independentemente do campo onde se estea aplicando, é importante que a recollida de datos se faga dun xeito que permita a súa análise.
El Dorado é un filme estadounidense de 1966 producido e dirixido por Howard Hawks e protagonizado por John Wayne e Robert Mitchum. Escrito por Leigh Brackett e vagamente baseado no libro The Stars in Their Courses de Harry Brown, o filme conta a historia dun pistoleiro que chega en auxilio dun vello amigo: un alguacil bébedo que loita por defender un gandeiro e a súa familia contra outro gandeiro que tenta roubarlles a auga. O pistoleiro e o alguacil son axudados por un guerreiro indio envellecido e un xogador novo.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
Afonso de Borbón e Dampierre, duque de Cádiz, nado en Roma (Reino de Italia) o 20 de abril de 1936 e finado en Beaver Creek (condado de Eagle, Colorado) o 30 de xaneiro de 1989, foi un nobre español, curmán de Xoán Carlos de Borbón e Borbón e pretendente lexitimista ao trono de Francia entre o 20 de marzo de 1975 (data da morte do seu pai) e a súa propia morte. Era fillo do infante de España Xaime de Borbón e Battenberg, duque de Segovia, e da súa primeira esposa, Emanuela de Dampierre e, polo tanto, neto do rei Afonso XIII de España.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Tradicionalmente os historiadores remontan a fundación de Francia ao ano 486, data da conquista da parte máis grande da Galia por Clodoveo I, rei dos Francos. O estado franco logo francés existiu sen interrupción dende esta época, o que o fai o estado máis vello de Europa. Se o nome de Francia foi empregado de xeito oficial só a partir de aproximadamente 1190, cando a chancelería do rei Philippe Auguste comezou a empregar o termo de rex Francie no sitio de rex Francorum para designar ao soberano, a palabra foi empregada xa correntemente para designar o conxunto do reino, como se ve na lectura do Cantar de Roldán, escrito un século antes.
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
O reino suevo, reino suevo de Galiza ou reino de Galiza configurouse como a estrutura política máis antiga das actuais rexións de Galiza e o norte e centro de Portugal, despois da caída do Imperio Romano de Occidente. Foi o primeiro estado medieval da Europa occidental continental: nas Illas Británicas foi anterior en Gales o Reino de Dyfed, logo da fin do dominio romano en Britania. Os suevos eran un pobo xermánico que entraron no noroeste da Península Ibérica en 409 ou 410 nunha vaga migratoria ou guerreira, mais con pouca poboación (entre vinte mil e trinta e cinco mil persoas).
Partido Laborista (Reino Unido)
A denominación Partido Laborista (do inglés Labour Party, partido do traballo ou dos traballadores) aplícase a partidos políticos de varios países, especialmente a aqueles que pertenceron ao Imperio Británico, xeralmente socialdemócratas. O Partido Laborista británico deriva do Comité de Representación dos Traballadores, creado en 1900 nunha reunión de sindicatos. Tony Blair dotou a este partido dun programa político (o Novo Laborismo) caracterizado por unha postura liberal no económico e por un achegamento á Unión Europea (UE) en cuestións internacionais.
Ouija é un filme estadounidense de terror dirixido por Stiles White, producido por Jason Blum, Michael Bay, Andrew Form, Bradley Fuller e Bennett Schneir e escrito por Juliet Snowden e White, quen xa escribira The Possession. Está protagonizado por Olivia Cooke, Ana Coto, Daren Kagasoff, Douglas Smith e Bianca A. Santos, que interpretan a uns adolescentes que xogan á ouija.
Un TECOR societario é un tipo de TECOR (Terreo Cinexeticamente Ordenado) promovido polas sociedades ou asociacións de cazadores legalmente constituídas. A súa sinalización está indicada por carteis de forma rectangular cunha diagonal do lado superior esquerdo ao inferior dereito; a metade inferior en negro e a superior en branco.
A Unión do Povo Galego (UPG) é un partido autodefinido como "comunista patriótico, porque asume a loita de liberación nacional". Ao seu redor fóronse aglutinando durante os anos setenta os sectores que logo confluirían no BNG. Ten 1300 militantes[cando?] e o seu voceiro dende 1965 é Terra e Tempo. O seu secretario xeral é Néstor Rego e dende o XII Congreso Nacional, o posto da presidencia da UPG quedou vacante trala decisión de Bautista Álvarez -un dos cofundadores do partido- de non volver presentarse á presidencia, tras ostentar este cargo dende 1977 ata 2008.
A Idade de Ferro é a época final do sistema de tres idades, precedida polas Idades de Pedra (Neolítico) e de Bronce. É unha era arqueolóxica na Prehistoria e na Protohistoria de Europa e do Oriente Próximo, e por analoxía tamén é usado para noutras partes do Vello Mundo. O sistema de tres idades foi introducido na primeira metade do século XIX para arqueoloxía europea en particular, pero na segunda metade dese século estendeuse tamén á arqueoloxía de Oriente Próximo.
A posición do can é unha postura sexual na que a muller se agacha, se pon a catro patas (xeralmente nas mans e os xeonllos) ou se deita sobre o seu abdome, para manter relacións sexuais, xa sexa penetración sexual ou outra actividade sexual. O estilo can é unha forma de posición de penetración desde atrás, outros están co compañeiro que o recibe deitado de lado na posición sexual da culler ou a posición do misioneiro invertida. O sexo sen penetración nesta posición tamén pode ser considerado como estilo can.
Exchangeable image file format
Exchangeable image file format (Exif) é unha especificación para formatos de ficheiros de imaxes empregado por cámaras dixitais. Creouno a Japan Electronic Industry Development Association (JEIDA). Esta especificación emprega formatos de ficheiros existentes coma JPEG, TIFF e RIFF, aos que engade etiquetas específicas de metadatos.
O termo carallo na lingua galega, ao igual que nalgunhas outras linguas romances (o portugués caralho, o italiano cazzo ou o castelán carajo), é o termo popular para designar o pene, mais tamén é empregado a modo de interxección, denotando abraio, sorpresa ou anoxo. Na lingua galega cobra especial relevancia, de maneira que decote o carallo é desposuído do seu significado orixinal chegando a desvirtuarse até o punto de crear novas acepcións.
O diagrama de barras ou gráfica de barras é un dos métodos de representación gráfica máis empregados e consiste en representar no eixo horizontal os diferentes valores da variable, aos que se asocian barras de igual ancho e altura proporcional ao número de ocorrencias ou á frecuencia relativa de cada un dos valores. O diagrama máis habitual é o correspondente a barras verticais que se constrúe situando no eixo horizontal os valores da variable en orden crecente e sobre elas, paralelamente ao eixo vertical levántanse barras ou columnas de igual base e de lonxitude igual ás frecuencias que se queren representar. Se son relativas ou porcentaxes, a suma das lonxitudes de todas as barras é igual á unidade ou 100, o que permite facer comparacións entre dúas ou máis variables comparando os seus diagramas de barras.
Os piñeiros son árbores coníferas (raramente arbustos) perennes pertencentes ao xénero Pinus, da familia Pinaceae, a única da subfamilia Pinoideae, e xa que logo abrangue diversas especies, a maior parte delas nativas do hemisferio norte. O piñeiro presenta unha ramificación frecuentemente verticilada e máis ou menos regular. Son hoxe en día comúns na paisaxe galega, por mor das reforestacións efectuadas nos séculos XIX e maiormente xa no XX durante o franquismo, sobre uceiras, fragas e carballeiras para o aproveitamento principalmente madeireiro.
A guerra de Vietnam, chamada tamén segunda guerra de Indochina, foi un conflito bélico que enfrontou entre 1958 e 1975 aos Estados de Vietnam do Sur e Vietnam do Norte, apoiados polos seus respectivos aliados e especialmente os Estados Unidos que axudaron directamente aos survietnamitas até a súa retirada en 1973, no contexto xeral da guerra fría. As faccións en conflito foron, por unha banda, a República Democrática de Vietnam co apoio de movementos guerrilleiros survietnamitas como o Vietcong ou a Fronte de Liberación Nacional (NLF, polas súas siglas en inglés) e de subministracións soviéticas e chinesas. Polo outro lado, a República de Vietnam co apoio militar e loxístico dos Estados Unidos.
O encoro de Belesar é unha presa artificial creada en 1963 no río Miño (a máis grande deste río), situado entre os concellos de Taboada, Chantada, O Saviñao, Paradela, O Páramo, Guntín e Portomarín. A súa capacidade é de 654,5 hm³ e ocupa unha superficie de 2.000 hectáreas e unha cola de 50 quilómetros. Na zona de maior profundidade acada os 135 metros.
Sofía Guadalupe Pérez Eguía y Casanova de Lutoslawski, máis coñecida como Sofía Casanova, nada na Coruña o 30 de setembro de 1861 e finada en Poznan (Polonia) o 16 de xaneiro de 1958, foi unha actriz de teatro, poeta, novelista e xornalista galega moi prolífica. Durante a súa mocidade dedicouse á interpretación. Formou parte do Teatro Español e do Teatro da Zarzuela como actriz profesional.
O Panteón de Galegos Ilustres atópase na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Toda a igrexa é Panteón, aínda que só se estean usando a Capela da Visitación (ou de San Domingos en Suriano) e a Capela do Santo Cristo. Nel repousan os restos de galegos sobranceiros como a poeta Rosalía de Castro, o político rexionalista Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o xeógrafo Domingo Fontán e o artista e político nacionalista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
O suxi (鮨, 鮓, 寿司 ou 壽司) é unha preparación culinaria de orixe xaponesa elaborada a base de arroz cocido adubado con vinagre de arroz, azucre e sal, con peixe cru ou verduras, xeralmente envoltos nunha folla de nori. Este prato é un dos máis recoñecidos da gastronomía xaponesa e un dos máis populares internacionalmente. Aínda que normalmente se asocia o suxi co peixe e o marisco, tamén pode levar verduras ou ovo.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Couples Retreat é un filme estadounidense de 2009 dirixido por Peter Billingsley, e escrito por Jon Favreau, Vince Vaughn e Dana Fox. Está protagonizado por Vaughn e Favreau xunto con Jason Bateman, Faizon Love, Kristin Davis, Malin Åkerman, Kristen Bell e Jean Reno. Estreouse o 9 de outubro de 2009 nos cinemas dos Estados Unidos de América.