Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O dubstep é un xénero musical dentro da música dance e electrónica que xurdiu en South London, Inglaterra. Xurdiu a finais da década de 1990 como unha evolución doutros estilos como o 2-step garage, broken beat, drum and bass, jungle, dub e reggae. No Reino Unido, as súas orixes atópanse no crecemento do son xamaicano na escena musical a comezos de 1980.
Brigitte Anne-Marie Bardot, coñecida como Brigitte Bardot ou BB, nada en París o 28 de setembro de 1934 e finada en Saint-Tropez o 28 de decembro de 2025, foi unha actriz francesa de sona mundial, ademais de cantante e modelo. Foi considerada unha icona sexual dos anos 1950 e 1960. Nos seus últimos anos destacou na defensa dos dereitos dos animais.
Un dolmen, pala ou anta é un monumento megalítico tumulario colectivo, datado desde o fin do V milenio a.C. ata o fin do III milenio a.C. en Europa, e ata o I milenio no Extremo Oriente. Está constituído por unha cámara formada por unha gran laxe pousada horizontalmente sobre pedras verticais que a sustentan (ortóstatos).
Valladolid é unha cidade española situada no cuadrante noroeste da Península Ibérica, no centro de Castela e León, na confluencia dos ríos Pisuerga e Esgueva. É a capital da provincia de Valladolid e sede das Cortes e da Xunta de Castela e León. Así mesmo foi sede da corte castelá e posteriormente, entre 1601 e 1606, capital do Imperio Español.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei". A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible.
Montana (en inglés: Montana; en cheyenne: Ho'honáéšé'e) é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na Rexión dos Estados das Montañas Rochosas, no Pacífico Noroeste. É o cuarto maior Estado americano en área, e o terceiro maior dos 48 Estados contiguos. Só Alasca, Texas e California son maiores.
McLaren Racing Limited (/məˈklærən/) é un equipo británico de carreiras de motor con sede no McLaren Technology Centre en Woking, Surrey, Inglaterra. McLaren é máis coñecido como construtor de Fórmula Un, e o segundo equipo máis antigo en activo e o segundo equipo de Fórmula Un máis exitoso despois da Ferrari, gañou 188 carreiras, 12 Campionatos de Pilotos e 8 Campionatos de Construtores. McLaren tamén competiu nas 500 millas de Indianápolis, e as 24 Horas de Le Mans, tanto como participante como como construtor de chasis, e gañou a Canadian-American Challenge Cup (Can-Am) campionato de carreiras de coches deportivos.
O judo (en xaponés: 柔道) é unha arte marcial, un deporte e unha filosofía con orixe no Xapón. O judo foi creado a partir dalgunhas escolas clásicas de jujutsu por Jigoro Kano (嘉納治五郎) en 1882. O termo xaponés pode ser traducido como "Camiño da flexibilidade", influíndo no desenvolvemento físico, mental e emocional a través da práctica.
Katowice [katɔˈvʲit͡sɛ]: (checo: Katovice, alemán: Kattowitz) é unha cidade da rexión de Silesia, no sur de Polonia, sobre os ríos Kłodnica e Rawa (os afluentes do Oder e do Vístula). Katowice está situado nas terras da alta Silesia, aproximadamente a 50 quilómetros do Silesian Beskids (a parte dos Cárpatos) e aproximadamente a 100 quilómetros do sistema montañoso dos Sudetes (Chequia). Katowice foi a capital do Voivodato de Silesia dende a súa formación en 1999.
Os Accipitriformes (do latín accipiter/accipitri- "gabián", e o neolatín -formes "que teñen a forma de") son unha orde de aves que inclúe a maioría das aves de presa diúrnas, entre elas os gabiáns, aguias, voitres e miñatos, pero non os falcóns (que se clasifican como falconiformes). Durante longo tempo a opinión maioritaria dos ornitólogos era incluílos xunto cos falcóns na orde Falconiformes, pero moitas autoridades agora recoñecen como orde separada a Accipitriformes. Un estudo de ADN publicado en 2008 indicou que os falcóns non están estreitamente relacionados cos Accipitriformes, senón que están máis próximos aos papagaios e paseriformes.
Pepsi Cola, coñecida normalmente como Pepsi, é unha bebida carbonatada de cola orixinaria de Estados Unidos e producida pola compañía PepsiCo. A súa maior competidora é a tamén estadounidense Coca-Cola. Pepsi-Cola foi inventada a finais do século XIX en Carolina do Norte por Caleb Bradham, un farmacéutico de New Bern que a ofrecía aos seus clientes como medicamento contra a dispepsia.
YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.
Tupolev (ruso: Ту́полев) é unha compañía rusa de defensa e aeronáutica coa súa sede no distrito de Basmanny en Moscova. Coñecida oficialmente como Joint Stock Company Tupolev, é a sucesora de Tupolev OKB (Opytno Konstruktórskoye Biuró, oficina de construción e deseño), fundada e liderada polo enxeñeiro aeroespacial soviético Andréi Túpolev en 1922. A compañía celebrou o seu 90 aniversario o 22 de outubro do ano 2012.
Iraq (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio. Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten unha franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico.
Xinjiang (en uigur: شىنجاڭ, Shinjang; en chinés: 新疆, Xīnjiāng), oficialmente rexión autónoma uigur de Xinjiang (en uigur: شىنجاڭ ئۇيغۇر ئاپتونوم رايونى, en chinés: 新疆维吾尔自治区) é unha rexión autónoma da República Popular da China. A súa superficie abrangue 1 660 000 km2, na que vivían 21 813 334 habitantes en 2010. A súa capital é a cidade de Ürümqi.
Kuwait (/kʊˈweɪt/; árabe: الكويت al-Kuwayt, oficialmente Estado de Kuwait (árabe: دولة الكويت Dawlat al-Kuwayt), é un país de Asia Occidental. Está situado no extremo norte de Arabia Oriental na punta do Golfo Pérsico, limitando con Iraq ao norte e Arabia Saudita ao sur. Kuwait tamén comparte fronteira marítima con Irán.
Un hotel é un edificio planificado e acondicionado para albergar as persoas temporalmente, e que permite aos viaxeiros aloxarse durante os seus desprazamentos. Os hoteis tamén poden proporcionar aos hóspedes servizos adicionais como restaurante, piscina ou gardería. Algúns hoteis teñen servizos de conferencias e posibilitan organizar convencións e reunións no seu establecemento.
Vladimir Ilich Lenin (en ruso: Владимир Ильич Ленин; ( [vlɐˈdʲimʲɪr ɪlʲˈjitɕ ˈlʲenʲɪn] ) nado Vladimir Ilich Ulianov, en ruso: Владимир Ильич Ульянов), nado o 22 de abril (xul. 10 de abril) de 1870 en Simbirsk e finado o 21 de xaneiro de 1924 en Moscova, foi un revolucionario comunista, político e teórico político ruso que serviu como líder da RSSF de Rusia dende 1917 e de presidente do Consello de Ministros da Unión Soviética dende 1922 até 1924. Nado no seo dunha adiñeirada familia de clase media en Simbirsk, Lenin adquiriu interese pola política revolucionaria de esquerda logo da execución do seu irmán en 1887.
Bangladesh ou Bangladés (en bengalí: বাংলাদেশ), formalmente República Popular de Bangladesh (en bengalí: গণপ্রজাতন্ত্রী বাংলাদেশ Gônôprôjatôntri Bangladesh) é un estado da Asia Meridional, localizado no fértil delta do Ganxes. Fai fronteira coa República da India polo norte, oeste e leste, con Myanmar polo sueste e co Golfo de Bengala polo sur. Está separado do Nepal e de Bután polo territorio indio coñecido como Corredor de Siliguri.
Seattle ( [siˈætəɫ] ) é a cidade máis grande do noroeste dos Estados Unidos. Fundada en 1853, a cidade está localizada no estado de Washington, na rexión de Puget Sound, a 182 quilómetros da fronteira con Canadá. En 2007 tiña unha poboación de 594 210 habitantes e na súa area metropolitana vivían 3 263 497 persoas.
Para o sistema operativo libre composto principalmente polo kernel Linux e GNU, véxase GNU/Linux. Linux é un kernel, ou núcleo, monolítico libre, inspirado en Unix, e que empregan os sistemas operativos GNU/Linux. Linux é un exemplo paradigmático de software libre no que contribúen centos de desenvolvedores e que ten soporte a longo prazo, de ata seis anos.
Chengdu (en chinés: 成都; pinyin: Chéngdū) é unha cidade da China, capital da provincia de Sichuan, na bacía do mesmo nome pertencente ao curso medio do río Yangtzé, no centro do país. A beira dun dos seus afluentes, o río Min, que irriga a fértil chaira de Chengdu. A municipalidade, de 12.346 km², ten unha poboación de arredor de 16 millóns de persoas (2019), dos que 4 520 000 (1-1-2005) habitan a cidade propiamente.
Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: България/Balgariya), oficialmente República de Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: Република България/Republika Balgariya) é un país situado ao sueste de Europa, na península dos Balcáns. Limita ao norte con Romanía, estando a maior parte da fronteira entre estes dous países conformada polo río Danubio, ao sur con Turquía e Grecia, o oeste con Macedonia do Norte e Serbia e está bañada ao leste polo Mar Negro. Foi aceptada na OTAN no ano 2004 e é membro da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007.
Vancouver é unha cidade do Canadá, na provincia da Columbia Británica. Localízase na costa do Pacífico, no suroeste da provincia. Con cerca de 550 mil habitantes distribuídos en 113 quilómetros cadrados (na cidade propiamente dita) e 2,14 millóns de habitantes na súa zona metropolitana, a densidade demográfica de Vancouver é a segunda máis alta da América do Norte, só por detrás de Nova York.
Brighton é unha localidade costeira que xunto con Hove constitúe unha das cidades costeiras máis grandes do Reino Unido. Brighton é un sitio moi visitado, recibe 8 millóns de turistas cada ano. Ten multitude de hoteis, restaurantes, comercios e lugares de lecer ademais dun amplo sector turístico de congresos.
Denomínanse pasta os alimentos preparados a partir dunha masa (a palabra pasta vén do italiano "pasta", que significa masa) cuxo ingrediente básico é a fariña de trigo mesturada con auga formando un produto que xeralmente é cocido en auga. Comunmente adóitase empregar a especie Triticum durum (trigo duro) na súa elaboración. Tamén se lle poden engadir outros ingredientes de maneira opcional: Ovo: outorgalle consistencia e fai da pasta un alimento máis nutritivo.
Courmayeur (en arpitano, Croméyeui) é un concello italiano da rexión autónoma do Val de Aosta. Está localizado aos pés do Mont Blanc, a montaña máis alta de Europa Occidental, na sección dos Alpes Graios, e cruzado polo río Dora Baltea. Courmayeur comparte o cume do Mont Blanc cos seus veciños da comuna de Chamonix en Francia e posúe o título de concello máis alto de Italia.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Marshall Bruce Mathers III, nado en St. Joseph, Missouri o 17 de outubro de 1972, coñecido profesionalmente coma Eminem (estilizado EMINƎM), é un cantante de hip hop estadounidense, ademais de produtor musical e actor. Durante a súa carreira musical 10 dos seus álbums acadaron o número un na lista Billboard 200 e cinco dos seus sinxelos estiveron no primeiro posto da lista Billboard Hot 100.
Nintendo (en xaponés: 任天堂, にんてんどう) é unha compañía de videoxogos, fundada no século XIX en Kyoto no Xapón. Comezou facendo xogos de cartas, de entre elas as chamadas Hanafuda (carta de flor) que tiveron grande éxito. Máis tarde entraría no mercado dos xoguetes electrónicos, para ser unha das pioneiras do videoxogo a finais dos anos setenta.
Europa ( pronunciación ) é un dos continentes que conforman o supercontinente eurasiático, situado entre os paralelos 35º 30’ e 70º 30’ de latitude norte. Europa é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. De forma convencional e por motivos histórico-culturais é considerada un continente, tras a delimitación realizada polo xeógrafo ruso Vasili Tatíshchev quen desexaba sinalar a pertenza de Rusia a Europa e a Asia.
DeepSeek (en chinés simplificado: 深度求索; pinyin: Shēndù qiúsuǒ) é unha empresa chinesa de intelixencia artificial que desenvolve modelos de linguaxe estendido de código aberto. A empresa está financiada exclusivamente polo fondo de investimento chinés High-Flyer. Tanto DeepSeek como High-Flyer teñen a súa sede en Hangzhou.
Pordenone (Pordenon en friulano e véneto pordenonés) é un comuna de Italia de 51.512 habitantes (2009), capital da provincia homónima de Pordenone, na rexión do Friúl-Venecia Xulia. Ten unha área de 38,23 km² e ten lindes cos concellos de Azzano Decimo, Cordenons, Fiume Veneto, Pasiano di Pordenone, Porcia, Prata di Pordenone, Roveredo in Piano, San Quirino e Zoppola.
Donato di Niccolò di Betto Bardi, nado en Florencia en 1386 e finado na mesma cidade o 13 de decembro de 1466, foi un famoso artista e escultor renacentista, coñecido co nome de Donatello, un dos pais do período xunta Leon Battista Alberti, Brunelleschi e Masaccio. Donatello converteuse nunha forza innovadora no campo da escultura monumental e no tratamento dos relevos, onde logrou representar unha gran profundidade dentro dun mínimo plano, o que recibe o nome de stiacciato, é dicir, relevo aplanado ou esmagado. O David de mármore para a catedral de Santa María del Fiore en Florencia foi a súa primeira obra documentada entre 1444 e 1446.
Eurostar é un operador de trens de alta velocidade que une Dover con París (Gare du Nord), Lille e Bruxelas (Gare du Midi). O tren cruza a Canle da Mancha pasando polo Eurotúnel. En Inglaterra existe unha liña cos mesmos estándares, que foi concibida a través dun proxecto en dúas fases coñecido como Channel Tunnel Rail Link (CTRL), a súa explotación comezou na estación londiniense de St.
Barcelona (en catalán pronúnciase [bərsəˈɫonə]) é unha cidade situada no nordés da Península Ibérica, capital de Cataluña, da provincia homónima e da comarca do Barcelonès, así como a segunda cidade maior de España. Situada á beira do mar Mediterráneo, atópase a uns 120 km ao sur da cadea montañosa dos Pireneos e da fronteira con Francia, nunha chaira limitada polo mar ao leste, a serra de Collserola ao oeste, o río Llobregat ao sur e o río Besòs ao norte. É coñecida co alcume da "Cidade Condal" (Ciutat Comtal), por ser a capital do antigo Condado de Barcelona.
O islam (en árabe: الإسلام, al-Islām ) ou islamismo é unha relixión monoteísta abrahámica cuxo dogma baséase no libro do Corán, o cal establece como premisa fundamental para os seus crentes que «Non hai máis deus que Alá e que Mahoma é o último mensaxeiro de Alá». A palabra árabe Allah, galeguizada como Alá, significa Deus e a súa etimoloxía é a mesma da palabra semítica El (אל), coa que se nomea a Deus na Biblia. Os eruditos islámicos definen ao islam como: «A submisión a Deus o Altísimo a través do monoteísmo, a obediencia e o abandono da idolatría».
Stepanakert (armenio: Ստեփանակերտ Step'anakert) ou Khankendi (azerí: Xankəndi), é unha cidade da rexión de Nagorno-Karabakh, en Azerbaidján. A cidade foi a capital da República de Artsakh até a ofensiva azerí de 2023 na rexión. A cidade atópase nun val das ladeiras orientais da cordilleira de Karabakh, na marxe esquerda do río Qarqarçay (Karkar).
Ecuador (en quechua: Ikwayur; en shuar: Ekuatur), oficialmente República del Ecuador, é un país de América do Sur, limitado ó norte por Colombia, ó leste e sur polo Perú e ó oeste polo océano Pacífico. Alén do territorio continental, Ecuador posúe tamén as illas Galápagos, sendo o territorio continental máis próximo daquelas illas. Ecuador é un país multiétnico, con gran riqueza cultural, natural e arqueolóxica; situado en plena liña ecuatorial, a latitude cero.
Verona é unha moi antiga cidade italiana, sita na rexión de Venecia (chaira do Po), na beiras do río Adige, e a uns 30 km do lago de Garda. Fundada no século I a.C., a histórica cidade de Verona coñeceu un período de expansión nos séculos XIII e XIV e so a República de Venecia. Conserva un gran número de notábeis monumentos da Antigüidade, da época medieval e do Renacemento.
Chicago é a cidade máis poboada do estado estadounidense de Illinois, así como dos estados da rexión xeográfica do Medio Oeste. Cunha poboación de 2 746 388 habitantes, segundo datos de 2020, é a terceira cidade máis poboada dos Estados Unidos de América, despois de Nova York e Os Ánxeles. A súa área metropolitana posúe máis de 9 millóns de habitantes.
Bratislava (ata 1919: Prešporok en eslovaco, Pressburg en alemán, Pozsony en húngaro, Požun en croata) é a capital e maior cidade de Eslovaquia. Ten 432.864 habitantes (2018) e queda á beira do Danubio, preto das fronteiras con Austria e Hungría. Áchase a uns 60 km de Viena, o que converte a estas cidades nas capitais de país máis próximas do mundo.
Akihito (明仁), nado o 23 de decembro de 1933, foi o emperador do Xapón dende o 7 de xaneiro de 1989, entronizado o 12 de novembro de 1990, ata a súa abdicación o 30 de abril de 2019. Akihito é o fillo máis vello de Hirohito e Nagako, separado dos seus pais e educado por preceptores ata que en 1940 ingresou na escola Gakushuin.
Fidelio oder die eheliche Liebe (en galego Fidelio ou o amor conxugal) é unha ópera en 2 actos con música de Ludwig van Beethoven e libreto en alemán de Joseph Ferdinand Sonnleithner baseado no libreto anterior en francés de Jean-Nicolas Bouilly que fora empregado en 1798 para a ópera Léonore, ou L’amour conjugal de Pierre Gaveaux e en 1804 para a ópera Leonora de Ferdinando Paer (Beethoven tiña a partitura desta). A súa estrea tivo lugar no Theater an der Wien de Viena o 20 de novembro de 1805.
Bujumbura ou Buiumbura, cidade cunha poboación estimada 330.504 habitantes (2005), é a cidade máis grande do Estado africano de Burundi e da provincia de Bujumbura Mairie, en África centro-oriental. Foi a capital do país ata 2019, cando esta se trasladou a Gitega. A cidade está situada ás beiras do lago Tanganica e é o seu centro, económico e de comunicacións.
Bonn, ás veces escrito en galego Bon, é unha cidade do oeste de Alemaña, situada no Land do Renania do Norte-Westfalia. Ten unha poboación de 331.885 habitantes (estimación de 2021). Foi capital da Alemaña do Oeste desde 1949 a 1990, logo foi sede do goberno alemán ata o 1998, cando se iniciou a transferencia de parte das oficinas administrativas para Berlín.
Idaho é un estado localizado no noroeste dos Estados Unidos, con capital en Boise. Ten unha superficie de 216.632 km² e, de acordo co United States Census Bureau, no 2020 tiña unha poboación de 1 839 106 habitantes. É o 43º estados dos Estados Unidos, admitido o 3 de xullo de 1890, aínda que en 1863 xa fora creado o Territorio de Idaho.
O acrónimo S/PDIF ou S/P-DIF (Formato de Interface Dixital Sony/Philips, Sony/Philips Digital Interface Format), coñecido tamén tecnicamente polo seu código segundo a Comisión Electrotécnica Internacional, IEC 958 type II, parte da IEC-60958, consiste nun protocolo a nivel de hardware para a transmisión de sinais dixitais modulados en PCM entre dispositivos e compoñentes estereofónicos. S/PDIF é unha versión do protocolo estándar AES/EBU adaptada para aplicacións comerciais, presentando pequenas diferenzas que o fan máis económico de o construír.
Dortmund (en baixo alemán: Düörpm) é unha cidade do estado (Bundesland) de Renania do Norte-Westfalia, na área do Ruhr. A súa poboación a 31 de decembro de 2010 era de 580.444 habitantes, facéndoa a sétima cidade máis poboada de Alemaña e a trixésimo cuarta da Unión Europea. O río Ruhr flúe cara ao sur da cidade, e o regato Emscher a través da área municipal.
Lisboa é a capital e maior cidade de Portugal, situada na foz do río Texo. Alén diso é tamén capital do distrito de Lisboa, da rexión de Lisboa, da área metropolitana de Lisboa, e é tamén o principal centro da subrexión estatística da Grande Lisboa. A cidade ten unha poboación de 545.245 habitantes (2011), mais a súa área metropolitana ten preto de 2,9 millóns, un 27% da poboación do país.
François-Marie Arouet, nado en París o 21 de novembro de 1694 e finado na mesma cidade o 30 de maio de 1778, foi un poeta, ensaísta, dramaturgo, filósofo e historiador ilustrado francés, máis coñecido co pseudónimo de Voltaire. Voltaire destacou no século XVIII e ocupou un lugar particular na memoria colectiva dos franceses. Con el, iníciase a figura do intelectual comprometido ao servizo da verdade, da xustiza e da liberdade de pensamento.
Niue (/ˈnjuːeɪ/, /niːˈjuːeɪ/) é un país insular no océano Pacífico Sur, 2400 km ao nordés de Nova Zelandia. A superficie terrestre de Niue é duns 261 km² e a súa poboación, predominantemente polinesios, era duns 1.600 habitantes en 2016 (1.937, poboación estimada en 2021). Niue está situada nun triángulo entre Tonga, Samoa e as Illas Cook e está composto pola illa homónima e polo Arrecife Antiope.
Tournai (en alemán Dornick; en latín Tornacum; en neerlandés Doornik) é unha cidade francófona de Bélxica situada na rexión valoa, cabeceira de distrito na provincia de Hainaut e sede de bispado. Tournai é unha das cidades máis antigas de Bélxica, xunto con Arlon e Tongres. Tivo un papel histórico, económico e cultural importante no Condado de Flandres durante a Idade Media e o Renacemento.
Prusia (en alemán: Preußen ou Preussen; en polaco: Prusy; en ruso: Пру́ссия; en latín: Borussia, Prutenia) foi un Estado do mar Báltico entre Pomerania, Polonia e Lituania que existiu dende finais da idade media. Despois de 1701, o seu nome estendeuse a un estado máis grande xurdido de Brandeburgo-Prusia, que finalmente abrangueu case toda a Alemaña do norte, e existiu ata o final da segunda guerra mundial. Como a segunda superpotencia alemá, Prusia tivo un papel importante no concerto europeo de potencias dende o século XVIII e foi un destacado centro da Ilustración.
Na mitoloxía grega Zeus (en lingua grega Ζεύς), Zeús Kroniōn («descendente de Crono») ou Dias (Δίας, «rei divino») foi o soberano dos deuses e o deus do ceo e mais do trono. Na mitoloxía romana correspóndese con Xúpiter, protector da cidade de Roma desde o seu templo no Capitolio. Zeus deu orixe a boa parte dos deuses olímpicos e tamén á maioría dos heroes gregos, froito das relacións sexuais que tivo con diferentes mulleres mortais.
Indonesia, oficialmente República de Indonesia (en indonesio: Republik Indonesia), é un extenso país insular localizado entre o sueste asiático e Oceanía e entre os océanos Índico e Pacífico, ocupando boa parte do territorio do maior arquipélago do mundo, de 17.508 illas, as illas da Sonda, e máis a metade occidental da illa de Nova Guinea, posuíndo un total dun 267 millóns de habitantes, convertendo a Indonesia no cuarto país máis poboado do mundo. Con 1 905 569 km², Indonesia é o décimo sexto país do mundo por superficie e a súa densidade de poboación de 134 hab/km² sitúao no 88 no mundo. Indonesia é unha república, cun poder lexislativo e un presidente escolleitos por sufraxio e o goberno ten a súa sede central na cidade de Iacarta, a capital.
Australia (en inglés: Australia, [əˈstɹæɪljə] (AFI), escoitar) é o país máis grande da Oceanía. Ocupa toda a illa da Australia e varias illas adxacentes (a máis importante é Tasmania). O continente-illa, como se lle chama a Australia por veces, está bañado polo océano Índico, ao sur e ao oeste, polo mar de Timor, mar de Arafura e estreito de Torres, ao norte, e mar do Coral e mar de Tasmania, ao leste.
O dodo, Raphus cucullatus, era unha ave non voadora extinta e endémica da illa de Mauricio, ó leste de Madagascar no océano Índico. O seu familiar xenético máis próximo era o tamén extinto Pezophaps solitaria, formando ámbalas dúas especies a subfamilia dos rafinos da familia dos colúmbidos (pombas). O seu familiar existente máis próximo é o Caloenas nicobarica.
Pantelleria (siciliano: Pantiddirìa), a antiga Cossyra (árabe:قوصرة Qawṣra, Maltés: Qawsra, agora Pantellerija, grego antigo Cossyra, Κοσσύρα, como era coñecida no período romano), é unha illa italiana no estreito de Sicilia no mar Mediterráneo, situada a 110 km ao suroeste de Sicilia e a a 70 km ao leste da costa tunisiana. Tunisia é visible en días despexados. Administrativamente, a illa pertence á provincia de Trapani e ten só un municipio, que leva o mesmo nome da illa (comune di Pantelleria) e cuxa poboación en 2015 era de 7715 habitantes.
Guayaquil, oficialmente Santiago de Guayaquil, é a cidade máis poboada de Ecuador, capital da provincia de Guayas. Situada no centro do país, o leste da cidade está na beira do río Guayas, a uns 20 quilómetros da súa desembocadura no océano Pacífico. É ademais un importante centro de comercio con influencia a nivel rexional no ámbito comercial, de finanzas, cultural, e de entretemento.
Montpellier (en occitano: Montpelhièr) é unha cidade francesa con máis de mil anos de historia e cunha arquitectura que mestura o antigo e o moderno. É a capital do departamento Hérault e da rexión francesa do Languedoc-Rosellón. O nome Montpellier provén de mont pelé, o monte pelado, en función da súa escasa vexetación.