Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O dubstep é un xénero musical dentro da música dance e electrónica que xurdiu en South London, Inglaterra. Xurdiu a finais da década de 1990 como unha evolución doutros estilos como o 2-step garage, broken beat, drum and bass, jungle, dub e reggae. No Reino Unido, as súas orixes atópanse no crecemento do son xamaicano na escena musical a comezos de 1980.
Chongqing (en chinés tradicional: 重慶; en chinés simplificado: 重庆; pinyin: Chóngqìng; Wade-Giles: Chʻung2-chʻing4) ou Chunquin é unha das catro municipalidades controladas directamente polo goberno central da República Popular da China, con estatuto de provincia. En 2020 tiña 32.054.159 habitantes. Gran parte do concello, que ocupa unha superficie de arredor de 80.000 km² (máis de 2,6 veces a área de Galicia), é rural.
Bloemfontein (do afrikaans e neerlandés: a fonte de Bloem (flor) ou fonte de flores) é unha das tres capitais de Suráfrica, xunto con Pretoria e Cidade do Cabo. Bloemfontein é a capital xudicial de Suráfrica, así como tamén a capital da Provincia do Estado Libre. O nome sesotho da cidade é Mangaung, que significa "o lugar onde moran os guepardos".
Este artigo trata sobre a froita, para a planta véxase bananeira. A banana ou plátano é o froito en forma de baga oblonga e arqueada da bananeira ou plataneiro, de polpa fareluda e pel grosa, sen sementes e comestíbel. O froito é variable en tamaño, cor e firmeza, pero adoita ser alongado e curvado, cunha carne suave rica en amidón cuberta cunha casca , que pode ser verde, amarela, vermella, roxa ou marrón cando está madura.
A illa de Palawan é a illa máis grande da provincia de Palawan, Filipinas e a quinta illa máis grande do país. A costa noroeste da illa está ao longo do Mar da China meridional, mentres que a costa do sueste forma parte do límite norte do Mar de Sulu. Gran parte da illa segue sendo tradicional e é considerada por algúns como subdesenvolvida.
En bioloxía, un taxon (do grego τάξις, transliterado como táxis, "ordenamento") é un grupo de organismos emparentados, que nunha clasificación dada foron agrupados, asignándolle ao grupo un nome en latín, unha descrición, e un "tipo" que, se o taxon é unha especie, é un espécime ou exemplar concreto. Cada descrición formal dun taxon está asociada ao nome do autor ou autores que a realizan, os cales fanse figurar detrás do nome. En latín o plural de taxon é taxa, sendo así como adoita usarse en inglés, pero en galego o plural adecuado é taxons.
Bluetooth é un protocolo de comunicación sen fíos de curto alcance. Permite conectar gran cantidade de pequenos dispositivos electrónicos sen necesidade de cables. Comezou a ser desenvolvida por Ericsson en 1994, e dende 1998 por Bluetooth Special Interest Group (SIG), consorcio inicialmente establecido por Sony, Ericsson, IBM, Intel, Toshiba e Nokia, pero que hoxe inclúe a máis de 2000 empresas, xa que a tecnoloxía Bluetooth comprende hardware, software e requirimento de interoperatibilidade polo que é preciso para o seu desenvolvemento a participación dos principais fabricantes dos sectores das telecomunicacións e a informática.
A República de Ruanda, ou simplemente Ruanda, é un país de África Central. Limita con Uganda, Burundi, a República Democrática do Congo e Tanzania. É un pequeno país situado na rexión dos Grandes Lagos de África; coñecido como as "néboas de África", tamén pola súa fauna salvaxe, principalmente polos seus gorilas de montañas, polas súas cidades típicas e polos parques nacionais e paraxes naturais que ofrece a súa paisaxe montañosa.
A Lusitania (en portugués: Lusitânia) ou Hispania Lusitana foi unha antiga provincia romana na Península Ibérica onde se atopa o moderno Portugal (ao sur do río Douro) e parte do oeste de España (a actual comunidade autónoma de Estremadura) e unha parte da provincia de Salamanca. Foi nomeado así polos Lusitani ou lusitanos (un pobo protoindoeuropeo). A súa capital foi Emerita Augusta (actualmente Mérida, España), e foi inicialmente parte da provincia romana de Hispania Ulterior, antes de converterse en provincia independente.
Navalacruz é unha localidade e un concello da provincia de Ávila, na comunidade autónoma de Castela e León. Atópase situado na vertente norte da serra da Paramera e na vertente sur da serra de Gredos. O termo municipal, que pertence ao partido xudicial de Ávila e ás comarcas de Valle del Alberche e de Tierra de Pinares, ten unha poboación de 204 habitantes, segundo o INE de 2024.
Dumbo é un clásico filme de animación en Technicolor, baseado no libro homónimo de infantil por Helena Aberson e ilustrado por Harold Pearl, estreado o 23 de outubro de 1941, e distribuído por RKO Radio Pictures nas salas de cinema dos Estados Unidos. É o cuarto filme de animación producido por Walt Disney.
Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012.
Grecia ( pronunciación ) (en grego: Ελλάδα/Elláda, [eˈlaða] (AFI), escoitar ou Ελλάς/Ellás), oficialmente República Helénica ( pronunciación ) (en grego: Ελληνική Δημοκρατία/Elinikí Dimokratía, [eliniˈci ðimokraˈti.a] (AFI)) é un país do sueste meridional europeo, situado ao sur da Península Balcánica. Fai fronteira con Albania, Macedonia do Norte e Bulgaria polo norte e con Turquía polo leste. O mar Exeo atópase no leste e sur da Grecia continental, mentres o mar Xónico se atopa no leste, a través do cal ten ligazóns con Italia, e con Albania.
Barcelona (en catalán pronúnciase [bərsəˈɫonə]) é unha cidade situada no nordés da Península Ibérica, capital de Cataluña, da provincia homónima e da comarca do Barcelonès, así como a segunda cidade maior de España. Situada á beira do mar Mediterráneo, atópase a uns 120 km ao sur da cadea montañosa dos Pireneos e da fronteira con Francia, nunha chaira limitada polo mar ao leste, a serra de Collserola ao oeste, o río Llobregat ao sur e o río Besòs ao norte. É coñecida co alcume da "Cidade Condal" (Ciutat Comtal), por ser a capital do antigo Condado de Barcelona.
O Senegal, oficialmente República do Senegal, é un país de África Occidental. Limita ao norte con Mauritania, ao leste con Malí, ao sur con Guinea e Guinea-Bissau, e ao oeste co océano Atlántico e Gambia. É o máis próximo veciño de Cabo Verde, arquipélago que se espalla polo Atlántico a occidente da península de Cabo Verde.
Vi ,editor de texto, orixinalmente escrito por Bill Joy no 1976, tomando recursos de ed e ex, dous editores de texto deficientes para UNIX, que trataban de crear e editar ficheiros, de alí, a creación de "vi". Hai unha versión mellorada chamada Vim, pero Vi é un editor de texto que se atopa en (case) todos os sistema de tipo Unix, de forma que coñecer a forma de usalo é unha axuda ante operacións de emerxencia en diversos sistemas operativos.
O sonar (do inglés SONAR, acrónimo de Sound Navigation And Ranging, ‘navegación por son‘) é unha técnica que usa a propagación do son baixo a auga (principalmente) para navegar, comunicarse ou detectar outros buques. Dous tipos de tecnoloxía comparten o nome "sonar": o sonar pasivo esencialmente escoita o son feito por outros navíos e o sonar "activo" que emite os pulsos de sons para a escoita dos ecos. O sonar pode usarse como medio de localización acústica, funcionando de forma similar ao Radar, coa diferenza de que en lugar de emitir sinais de radio empréganse impulsos sonoros e magnéticos.
Na mitoloxía grega Zeus (en lingua grega Ζεύς), Zeús Kroniōn («descendente de Crono») ou Dias (Δίας, «rei divino») foi o soberano dos deuses e o deus do ceo e mais do trono. Na mitoloxía romana correspóndese con Xúpiter, protector da cidade de Roma desde o seu templo no Capitolio. Zeus deu orixe a boa parte dos deuses olímpicos e tamén á maioría dos heroes gregos, froito das relacións sexuais que tivo con diferentes mulleres mortais.
Bangladesh ou Bangladés (en bengalí: বাংলাদেশ), formalmente República Popular de Bangladesh (en bengalí: গণপ্রজাতন্ত্রী বাংলাদেশ Gônôprôjatôntri Bangladesh) é un estado da Asia Meridional, localizado no fértil delta do Ganxes. Fai fronteira coa República da India polo norte, oeste e leste, con Myanmar polo sueste e co Golfo de Bengala polo sur. Está separado do Nepal e de Bután polo territorio indio coñecido como Corredor de Siliguri.
York é unha cidade do norte da Inglaterra, situada na confluencia dos ríos Ouse e Foss, no condado de North Yorkshire. Trátase dunha das máis antigas cidades inglesas, sendo fundada no 71 d.C. como Eboracum polos romanos. Entre o 190 e o 192 d.C. tornouse a capital principal do Imperio Romano ao gobernar desde ela o emperador Septimus Severus.
Adidas é unha compañía multinacional alemá de artigos deportivos, cuxa sede central se atopa en Herzogenaurach, Baviera. As tres liñas paralelas son o selo distintivo da compañía de vestiario e calzado. Os produtos de perfumaría e de coidado persoal de adidas, son manufacturados por Coty, Inc., baixo licenza mundial.
Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa[Cómpre clarificar].
Treviso (en véneto: Trevixo) é unha cidade da rexión do Véneto, Italia, capital da provincia homónima. É unha comuna con 82.208 habitantes (2009) e unha área de 55 km². Ten lindes cos concellos de Carbonera, Casier, Paese, Ponzano Veneto, Preganziol, Quinto di Treviso, Silea, Villorba e Zero Branco.
Francia ( pronunciación ) (en francés: France, [fʁɑ̃s] (AFI), escoitar), oficialmente República Francesa ( pronunciación ) (en francés: République française, [ʁepyblik fʁɑ̃sɛz] (AFI)) é un estado membro da Unión Europea, con capital en París, que se estende sobre unha superficie total de 675 417 km², incluíndo Francia metropolitana e os territorios de ultramar espallados nos cinco continentes. Conta cunha poboación de 64,9 millóns de habitantes. Constituído en estado democrático de dereito, a súa forma de goberno esta organizada como república semipresidencialista, co nome oficial de República Francesa (République française) e o lema Liberté, Égalité, Fraternité (Liberdade, Igualdade, Fraternidade).
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
A Sega Dreamcast (en xaponés: ドリームキャスト) foi a última consola de videoxogos creada por Sega. Despois de que a Dreamcast fose descontinuada, Sega abandonou o negocio da venda de videoconsolas, dedicándose ao mundo das máquinas de arcade e ao desenvolvemento de software para plataformas doutras empresas.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Stirling (en escocés: Sruighlea, e en scots: Stirlin) é unha pequena cidade no centro de Escocia, e que se atopa entre a Terra Alta e a Terra Baixa de Escocia. É unha vila antiga, formada ao redor dun importante castelo histórico, e que ten memoria dende a Idade Media. É ademais un centro administrativo, universitario, comercial e da industria lixeira.
Quito, oficialmente San Francisco de Quito, é a capital e a segunda cidade máis grande da República de Ecuador e da provincia ecuatoriana de Pichincha, e a cabeceira do cantón homónimo, cunha poboación de 1,763,275 e 2,889,703 na súa área metropolitana (datos do 2022), Quito é a segunda cidade máis poboada do país, despois de Guayaquil. A alta taxa de inmigración rural aumentou notabelmente a súa poboación nos últimos anos. Quito está nun val nas ladeiras orientais do Pichincha, un estratovolcán nos Andes.
Maribor (en alemán Marburg an der Drau, en italiano Maribor ou Marburgo) é unha cidade de 110.000 habitantes de Eslovenia, segundo centro máis poboada do país despois da capital Liubliana. Está situada á beira do río Drava, no punto no que se encontran os montes Pohorje, o val do Drava e a chaira do Drava e os outeiros do Kozjansko e do Slovenske gorice.
Muhi-ud-Din Muhammad, nado o 3 de novembro de 1618 e finado o 3 de marzo de 1707, coñecido polo alcume de Aurangzeb (en persa, "ornamento do trono") ou polo seu título real Alamgir (en persa, "Conquistador do Mundo"), foi o sexto emperador mogol, que gobernou por completo o subcontinente indio durante un período de 49 anos. Considerado o último gobernante efectivo do Imperio Mogol, Aurangzeb recompilou o Fatawa-e-Alamgiri, e está acreditado como un dos poucos líderes que estableceron totalmente a Xaria e a economía islámica en Asia Meridional. Como líder militar, Aurangzeb foi un destacado expansionista; durante o seu reinado, o Imperio Mogol acadou a súa máxima extensión, dominando case todo o subcontinente indio.
O Ruhr, tamén coñecida como Área do Ruhr, ás veces Distrito do Ruhr, Rexión do Ruhr ou Val do Ruhr, é unha área urbana policéntrica de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña. Cunha densidade de poboación de 1.160/km2 e unha poboación de máis de 5 millóns (2017), é a área urbana máis grande de Alemaña e a terceira da Unión Europea. Consta de varias grandes cidades bordeadas polos ríos Ruhr ao sur, Rin ao oeste e Lippe ao norte.
O Kalevala é un poema épico finlandés recollido por Elias Lönnrot no século XIX, é a cerna da épica nacional finlandesa e unha das grandes obras da literatura finlandesa. A maior parte do Kalevala foi recollido por Lönnrot no leste de Finlandia, agora en boa parte pertencente a Rusia, directamente dos cantores tradicionais como Arhippa Perttunen. Unha primeira versión publicouna en dous volumes en 1835-1836, Kalewala, taikka Wanhoja Karjalan Runoja Suomen kansan muinoisista ajoista, consiste en 12.079 versos en 32 cantos.
Avezzano é un concello italiano da provincia de L'Aquila, na rexión dos Abruzos. Ten 40.651 habitantes (en 2007) e esténdese por unha área de 104,05 km², cunha densidade de poboación de 390,7 hab/km². Fai fronteira cos concellos de Capistrello, Celano, Luco dei Marsi, Massa d'Albe, Ovindoli, Scurcola Marsicana e Trasacco.
Lufthansa (o seu nome oficial é Deutsche Lufthansa AG), con sede en Colonia, é a aeroliña nacional alemá e a maior compañía aérea europea en termos de pasaxeiros transportados e frota. O seu aeroporto base é o de Frankfurt e pouco a pouco o aeroporto de Múnic estase convertendo nun segundo eixo neurálxico da compañía. Os seus hangares de reparación están en Hamburgo.
Unha enciclopedia é unha obra de referencia que é compendio de información que abrangue tódalas pólas do coñecemento humano. As enciclopedias están divididas en artigos ou entradas, que están ordenados por orde alfabética segundo o nome do artigo. As entradas de enciclopedia son máis longas e achegan información máis polo miúdo que os dicionarios.
O Universo é máis comunmente definido como todo o que existe fisicamente: a totalidade do espazo e do tempo, de todas as formas da materia, a enerxía e o impulso, e as leis e constantes físicas que as gobernan. A grande escala, é o obxecto de estudo da cosmoloxía, que se basea na física e na astronomía, aínda que algúns dos temas de estudo bordean a metafísica. O Universo comprende todo o que ten existencia dentro dunha determinada clase de obxectos ou entidades.
Rembrandt Harmenszoon van Rijn, nado en Leiden o 15 de xullo de 1606 e finado en Ámsterdam o 4 de outubro de 1669, foi un pintor e gravador neerlandés, considerado un dos grandes pintores europeos da historia da arte e o máis importante do seu país. As súas contribucións á arte producíronse nun período que os historiadores denominaron século de ouro holandés no cal a influencia política, a ciencia, o comercio e a cultura holandesas chegaron ó seu cumio. Habendo alcanzado o éxito na mocidade, os seus últimos anos estiveron marcados pola traxedia persoal e a ruína económica.
Honshū (本州, ほんしゅう) é a illa principal do arquipélago xaponés, noutro tempo chamada Hondo. Limita ao norte coa illa de Hokkaido polo estreito de Tsugaru, ao sur con Shikoku polo mar Interior e ao suroeste con Kyūshū polo Estreito de Kanmon. A poboación de Honshū é de 98 352 000 habitantes (1990) (89 101 702 en 1975), e está concentrada nas chairas existentes, especialmente na chaira de Kanto, onde reside o 25% da poboación en e ao redor de Tokyo e Yokohama.
Surat é unha importante cidade do estado de Guxarat, na costa occidental da India. Situada á beira do río Tapi preto da súa desembocadura no Mar Arábigo, sitúase na ruta entre a capital do estado, Ahmedabad, ao norte e a megalópole de Mumbai, a uns 200 quilómetros ó sur. Porto de renome dende época antiga, acadou o seu cénit co Imperio Mogol nos séculos XVI e XVII. Despois deveu un centro da industria téxtil e o comercio de diamantes.
O golf é un deporte de precisión, que ten como obxectivo introducir unha bóla nos buracos que están distribuídos no campo co menor número de golpes, empregando para cada tipo de golpe un pau dun conxunto de paus lixeiramente diferentes entre eles, xa que a cabeza do pau ten graos distintos, igual que as varas teñen lonxitudes distintas. A menor número de graos maior lonxitude da vara e polo tanto máis distancia. Como máximo poden levarse 14 paus.
O pinyin (en chinés simplificado: 拼音; en pinyin: pīnyīn) ou hanyu pinyin (en chinés simplificado: 汉语拼音; en pinyin: hànyǔ pīnyīn) significa literalmente notación fonética da lingua chinesa é un sistema de transcrición mediante o alfabeto latino (romanización) dos caracteres chineses segundo a pronuncia estándar do putonghua ou chinés unificado estándar, oficial na República Popular Chinesa. Posiblemente resulte máis difícil para os occidentais que a máis común Wade-Giles, pero dada a súa oficialidade na China, é cada vez máis utilizada. O Hanyu Pinyin aprobouse en 1958 e adoptouse en 1979 polo goberno da República Popular da China.
Albania (en albanés, Shqipëri ou Shqipëria), oficialmente República de Albania (en albanés, Republika e Shqipërisë), é un país balcánico, situado nas costas do mar Adriático e do mar Xónico, no Mediterráneo. Comparte fronteiras con Montenegro ao noroeste, con Kosovo ao nordeste, coa Macedonia do Norte ao leste e con Grecia ao sur. Tirana é a súa capital e cidade máis poboada, seguida de Durrës, Vlorë e Shkodër.