Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
O dubstep é un xénero musical dentro da música dance e electrónica que xurdiu en South London, Inglaterra. Xurdiu a finais da década de 1990 como unha evolución doutros estilos como o 2-step garage, broken beat, drum and bass, jungle, dub e reggae. No Reino Unido, as súas orixes atópanse no crecemento do son xamaicano na escena musical a comezos de 1980.
María Laura Corradini Falomir, máis coñecida como Chenoa, nada en Mar del Plata (Arxentina) o 25 de xuño de 1975, é unha cantante solista con nacionalidade española. Alcanzou a fama en 2001, formando parte do reality show musical Operación Triunfo. No 2002 foi gañadora do Eurobest co tema "It's raining men".
María Luz Casal Paz, coñecida como Luz Casal, nada en Andavao (Boimorto) o 11 de novembro de 1958, aínda que viviu en Asturias xa dende a súa infancia, é unha cantante galega de pop-rock. Durante a súa carreira discográfica vendeu xa máis de 5 millóns de discos. Recibiu a Medalla Castelao en 2010 e a Medalla de Galicia en 2023.
Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de. A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia.
Nayarit, oficialmente Estado Libre e Soberano de Nayarit, é un dos 31 estados, que xunto coa Cidade de México, conforman as entidades federais de México. Divídese en 20 concellos e a súa capital é a cidade de Tepic. Limita cos estados de Sinaloa polo noroeste, Durango polo norte, Zacatecas polo nordeste e Xalisco polo sur.
Xosé Ramón Gayoso Bonigno, nado na Coruña o 25 de abril de 1956, é un presentador da Televisión de Galicia e un dos personaxes públicos máis coñecidos en Galicia. Presentou varios programas da canle pública galega dende a súa mesma creación, en 1985, facéndose enormemente popular polo seu traballo en Luar, programa que presenta dende 1992.
Maribor (en alemán Marburg an der Drau, en italiano Maribor ou Marburgo) é unha cidade de 110.000 habitantes de Eslovenia, segundo centro máis poboada do país despois da capital Liubliana. Está situada á beira do río Drava, no punto no que se encontran os montes Pohorje, o val do Drava e a chaira do Drava e os outeiros do Kozjansko e do Slovenske gorice.
Zahir-ud-din Mohammad Babur (en persa: بابر, transliterado Bābur, en turco: Babür Han), coñecido como Babur, Babar, Baber ou Bābor, nado en Andijon o 16 de febreiro de 1483 e finado en Agra o 26 de decembro de 1530, foi un emperador e fundador do Imperio Mogol da India. Era descendente do conquistador turco-mongol Tamerlán. Foi autor das súas memorías e de varias poesías.
Amaral é un conxunto musical zaragozano formado por Eva Amaral (vocalista e compositora) e Juan Aguirre (guitarra). O seu estilo musical poderíase denominar Folk Rock, pero fusionado con ritmos latinos, sintetizadores e con letras de alto contido poético e reivindicador. Ata 2010, Amaral vendeu máis de 3 millóns de copias dos seus discos.
As aves son animais vertebrados, de sangue quente, que camiñan, saltan ou se manteñen só sobre as extremidades posteriores, mentres que as extremidades anteriores evolucionaron até converterse en ás que, do mesmo xeito que moitas outras características anatómicas únicas, permítenlles, na maioría dos casos, voar, aínda que non todas voan. Teñen o corpo cuberto de plumas e, as aves stricto sensu, un bico córneo sen dentes. Para reproducírense poñen ovos que incuban até a súa eclosión.
A agricultura (do latín agri ‘campo’, e cultūra ‘cultivo’, ‘crianza’) é o conxunto de técnicas, coñecementos e saberes para o cultivo da terra co fin de plantas útiles ao home, particularmente para a súa alimentación. Comprende todo un conxunto de accións humanas que transforman o medio natural e hábitats. A agricultura foi o desenvolvemento clave no xurdimento da civilización humana sedentaria, mediante a cal o cultivo de especies domesticadas creou excedentes de alimentos que permitiron ás persoas vivir agrupadas nun mesmo poboado.
Volvo é unha marca de automóbiles de orixe sueca, coñecida pola súa alta seguridade ante accidentes. Ademais de automóbiles de turismo, fabrica vehículos industriais, incluíndo camións, autobuses, tractores e equipamento de construción. Foi fundada en Gotemburgo en 1927 polo enxeñeiro Gustav Larson e o economista Assar Gabrielsson.
Zwolle é unha cidade neerlandesa de 105.801 habitantes, capital da provincia de Overijssel, sita na orilla dereita do río Ijssel, no punto de cruzamento de numerosas canles, por medio das cales está unida ao Zuiderzee e á rexión industrial de Twente. É un importante mercado de gando, de manteiga e de ovos, ademais dun centro industrial.
Chámaselles alcaloides (de álcali, co sufixo -oide, masculino) a aqueles metabolitos secundarios de plantas sintetizados a partir da vía do ácido shikímico, ou da vía do acetato. Os alcaloides verdadeiros derivan dun aminoácido, e son polo tanto nitroxenados. Son básicos (excepto colchicina), e posúen acción fisiolóxica intensa nos animais aínda a baixas doses, polo que son moi empregados en medicina.
As mouras son espíritos, seres fantásticos con poderes sobrenaturais dos folclores portugués e galego. Son "seres obrigados por oculta forza sobrenatural a vivir en certo estado de sitio como limitados ou adormecidos, en canto determinada circunstancia non lles rompa o encantamento". Segundo antigos relatos populares, son as almas de doncelas que foron deixadas gardando os tesouros que os mouros esconderan antes de partir para a súa terra.
Imbolc é unha das catro principais festas do calendario celta, asociado co ritual da fertilidade, que foi modificado, ocupado e convertido[Cómpre referencia] polo cristianismo no día de Santa Bríxida de Irlanda. Historicamente a festa é tamén se coñecida en Escocia coma Latha Fhèill Brìghde, en Irlanda coma Lá Fhéile Bríde e en Gales coma Gwyl Ffraed. O Imbolc asóciase co 1 de febreiro aínda que o festival celta comeza o 31 de xaneiro.
Futurama é unha serie de debuxos animados estadounidense creada por Matt Groening (creador de The Simpsons) e David X. Cohen (guionista tamén de The Simpsons). Está ambientada no ano 3000, na cidade de "Nova" Nova York, construída sobre as ruínas da antiga Nova York. Trátase dun programa animado de pouco máis de 20 minutos de duración producido por FOX que empezou a emitirse por televisión o 28 de marzo de 1999 en Estados Unidos, e permaneceu no ar até o 10 de agosto de 2003.
O Ruhr, tamén coñecida como Área do Ruhr, ás veces Distrito do Ruhr, Rexión do Ruhr ou Val do Ruhr, é unha área urbana policéntrica de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña. Cunha densidade de poboación de 1.160/km2 e unha poboación de máis de 5 millóns (2017), é a área urbana máis grande de Alemaña e a terceira da Unión Europea. Consta de varias grandes cidades bordeadas polos ríos Ruhr ao sur, Rin ao oeste e Lippe ao norte.
Zaragoza é un concello e cidade española, capital da comunidade autónoma de Aragón, ademais da provincia de Zaragoza e da comarca homónima. Está situada a beiras dos ríos Ebro, Huerva e Gállego e da Canle Imperial de Aragón, no centro dun amplo val. A súa privilexiada situación xeográfica convértea nun importante nó loxístico e de comunicacións; atópase a uns 300 km de Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao e Tolosa.
York é unha cidade do norte da Inglaterra, situada na confluencia dos ríos Ouse e Foss, no condado de North Yorkshire. Trátase dunha das máis antigas cidades inglesas, sendo fundada no 71 d.C. como Eboracum polos romanos. Entre o 190 e o 192 d.C. tornouse a capital principal do Imperio Romano ao gobernar desde ela o emperador Septimus Severus.
Streaming (fluxo de información multimedia, en galego) é unha forma de distribución de datos, polo xeral datos multimedia, nunha rede a través de ordenadores. O termo streaming provén do inglés e refírese a unha corrente continua, que flúe sen interrupción. A tecnoloxía in streaming funciona mediante un búfer de datos que van sendo almacenados a medida que se van descargando na estación do usuario para despois amosarlle o material descargado.
Serbia, oficialmente República de Serbia, é un país sen litoral situado na Península dos Balcáns, ao centro e sueste de Europa. Linda ao norte con Hungría, ao nordés con Romanía, ao sueste con Bulgaria, ao sur con Macedonia do Norte, ao suroeste con Montenegro e ao oeste con Bosnia e Hercegovina e Croacia. Serbia reclama, amais, unha fronteira con Albania a través do territorio disputado de Kosovo.
Barcelona (en catalán pronúnciase [bərsəˈɫonə]) é unha cidade situada no nordés da Península Ibérica, capital de Cataluña, da provincia homónima e da comarca do Barcelonès, así como a segunda cidade maior de España. Situada á beira do mar Mediterráneo, atópase a uns 120 km ao sur da cadea montañosa dos Pireneos e da fronteira con Francia, nunha chaira limitada polo mar ao leste, a serra de Collserola ao oeste, o río Llobregat ao sur e o río Besòs ao norte. É coñecida co alcume da "Cidade Condal" (Ciutat Comtal), por ser a capital do antigo Condado de Barcelona.
En Vigo celébrase con nome de Reconquista de Vigo unha sublevación popular que se encadra na Guerra da Independencia española. A Reconquista é o nome co que se coñece tradicionalmente ao proceso histórico por medio do cal os reinos cristiáns do norte da Península Ibérica van conquistar progresivamente o Al-Andalus. Considérase que comeza no 722 coa resistencia das sociedades montañesas ó avance dos musulmáns coa Batalla de Covadonga e vai finalizar no 1492 coa conquista do Reino de Granada.
Internet é o sistema global de redes informáticas interconectadas que usa o conxunto de protocolos de Internet (TCP/IP) para comunicarse entre redes e dispositivos. É unha rede de redes que consiste en redes privadas, públicas, académicas, empresariais e gobernamentais de ámbito local e global, unidas por unha ampla gama de tecnoloxías de redes electrónicas, sen fíos e ópticas. Internet ofrece unha ampla gama de recursos e servizos de información, como os documentos de hipertexto interconectados e as aplicacións da World Wide Web (WWW), correo electrónico, telefonía e intercambio de ficheiros.
Guinea, oficialmente República de Guinea (en francés: République de Guinée), é un país da África Occidental, limitado ao norte por Guinea-Bissau e polo Senegal, ao norte e leste por Malí, ao leste pola Costa do Marfil, ao sur por Liberia e Serra Leoa e ao oeste polo océano Atlántico. A súa capital é Conakry.
A illa de Palawan é a illa máis grande da provincia de Palawan, Filipinas e a quinta illa máis grande do país. A costa noroeste da illa está ao longo do Mar da China meridional, mentres que a costa do sueste forma parte do límite norte do Mar de Sulu. Gran parte da illa segue sendo tradicional e é considerada por algúns como subdesenvolvida.
Albacete é unha cidade española situada ao sueste da Meseta Central, concretamente na rexión histórica da Mancha, aínda que actualmente situada dentro da comarca dos Llanos de Albacete, da que é o seu único municipio. É a capital da provincia de Albacete, pertencente á comunidade autónoma de Castela-A Mancha, e sede do Tribunal Superior de Xustiza da devandita comunidade autónoma. Albacete, cos seus 166.909 habitantes (212.599 na área de atracción metropolitana), segundo datos do INE de 2008, é a maior cidade en número de habitantes de toda Castela-A Mancha.
Pescara (/peˈskaːra/, Pescàrë en dialecto abruzo, Piscàrë en pescarese) é unha cidade italiana de 120 286 habitantes, capital da provincia de Pescara, na rexión dos Abruzos, no centro de Italia. Esténdese por unha área de 34 km², é a cidade máis poboada dos Abruzos, con 125 717 habitantes (2017) (e aproximadamente 450 000 incluíndo a área metropolitana circundante). Situada na costa do Adriático na desembocadura do río Aterno-Pescara, o municipio actual formouse en 1927, uníndose ao municipio de Pescara, a parte da cidade ao sur do río (pertencente á provincia de Chieti), e Castellamare Adriatico (da provincia de Teramo), a parte da cidade ao norte do río.
PayPal é unha empresa estadounidense pertencente o sector do comercio electrónico por Internet que permite a transferencia de diñeiro entre usuarios que teñan correo electrónico, unha alternativa ao tradicional método en papel como os cheques ou xiros postais. PayPal tamén procesa peticións de pago en comercio electrónico e outros servizos web, polos que cobra unha porcentaxe. A maior parte da súa clientela provén da web eBay.
O papiamento (/ˌpɑːpiəˈmɛntoʊ/) é unha lingua crioula de base portuguesa e castelá falada no Caribe Neerlandés. É a lingua máis falada nas illas caribeñas de Aruba, Curaçao e Bonaire, tendo status oficial en Aruba e Curaçao. O papiamento tamén é unha lingua recoñecida nos organismos públicos neerlandeses de Bonaire, Santo Eustaquio e Saba.
Lucasfilm (nome completo en inglés: Lucasfilm Limited ou Lucasfilm Ltd.) é unha produtora de películas fundada por George Lucas en 1971, localizada no condado de Marin (California). É internacionalmente coñecida por producir sagas como Star Wars ou Indiana Jones entre outros proxectos recoñecidos. A compañía é líder en desenvolver nova tecnoloxía en canto a efectos especiais, son e animación computarizada.
Os grupos de mariachi ou mariachis son conxuntos musicais típicos de México. O A figura do mariachi é unha das iconas máis estendidas da cultura mexicana, gozando na actualidade de sona internacional. A música interpretada por mariachis é propia en México das festas públicas tales como o Día das Nais (o 10 de maio) ou o da Virxe da Guadalupe (o 12 de decembro), xuntanzas familiares, serenatas, aniversarios etcétera.
Bangsamoro, oficialmente Rexión Autónoma de Bangsamoro no Mindanao Musulmán (en filipino: Rehiyong Awtonomo ng Bangsamoro sa Muslim Mindanao; en árabe: منطقة بانجسامورو ذاتية الحكم; Minṭaqah Banjisāmūrū dhātiyyah al-ḥukm), é unha rexión autónoma localizada no sur de Filipinas. Substitúe a antiga Rexión Autónoma do Mindanao Musulmán e creouse como resultado dun plebiscito de dúas partes realizado en Mindanao Occidental os días 21 de xaneiro e 6 de febreiro de 2019. A ratificación da rexión foi confirmada pola Comisión Electoral de Filipinas.
Anatolia, tamén coñecida como Asia Menor, é unha península que se proxecta no sentido leste-oeste ao sur do mar Negro, en dirección ao mar Exeo. É unha rexión tradicionalmente limitada polo alto Éufrates ao leste e polos Montes Tauros ao sur, estando constituída gran parte da súa área por mesetas e montañas.
Os eucariontes son os organismos con células que conteñen un núcleo e outros orgánulos rodeados de membranas. Os eucariontes pertencen ao dominio Eukarya ou Eukaryota. A característica que os distingue dos procariotas (as bacterias e as arqueas) é a posibilidade de que teñan orgánulos rodeados de membrana, especialmente un núcleo celular e que contén o material xenético rodeado dunha membrana nuclear.
Honduras é un país de América Central, limitado ó norte polo Golfo de Honduras, ó norte e ó leste polo mar Caribe (por onde posúe fronteira marítima co territorio colombiano de San Andrés e Providencia), ó sur por Nicaragua, polo Golfo de Fonseca e polo Salvador e ó oeste por Guatemala. A súa capital é Tegucigalpa. A República de Honduras é un país centroamericano cun goberno republicano presidencialista.
Radiohead é unha banda de rock alternativo, música electrónica, rock experimental e art rock procedente de Abingdon, Oxfordshire, Reino Unido formada en 1985. A banda está constituída por Thom Yorke (voces, guitarra rítmica, piano), Jonny Greenwood (guitarra principal, teclados e outros), Ed O'Brien (guitarra, coros), Colin Greenwood (baixo, sintetizador) e Phil Selway (batería, percusión). Con influencias de diversos xéneros, o enfoque experimental ao rock de Radiohead foi recoñecido por promover o son do rock alternativo.
O Brasil, oficialmente República Federativa do Brasil, é unha república federal formada pola unión de vinte seis estados federados e un Distrito Federal, situada en América do Sur. O país conta con 5.570 municipios e unha superficie de 8 515 767 km², o que o converte no país máis grande do territorio suramericano, ocupando a súa superficie a metade do mesmo. En comparación co resto de Estados do planeta, ocupa o quinto lugar en número de habitantes, con 213 317 639 (2021), así como en territorio.
Reims (/riːmz/, Francés: [ʁɛ̃s] ( )) é a cidade máis poboada da rexión de Gran Leste, aínda que non é capital do seu departamento, Marne. A cidade atópase 129 km (80 mi) ao nordés de París no río Vesle, un afluente do Aisne. Está situada nunha chaira na ribeira dereita do Vesla, afluente do Aisne, e sobre a canle que conduce o Aisne ao Marne.
Singapur, oficialmente República de Singapur (en chinés: 新加坡共和国, Xīnjīapō Gònghéguó; en inglés: Republic of Singapore; en malaio: Republik Singapura; en támil: சிங்கப்பூர் குடியரசு, Siṅkappūr Kuṭiyarasu), é unha cidade-estado insular situada na Península Malaia no Sueste asiático, a 137 km ao norte do ecuador terrestre. O país está composto por 63 illas, separadas de Malaisia polo estreito de Johor no norte e das illas indonesias de Riau polo estreito de Singapur no sur. A República está altamente urbanizada, con moi poucas zonas boscosas restantes, aínda que se está gañando terra ao mar.
Salamanca é unha cidade española, capital da provincia homónima, na Comunidade Autónoma de Castela e León. Está situada na comarca do Campo de Salamanca, xunto ao río Tormes, e forma parte da rexión histórica do Reino de León. Tiña unha poboación de 154.462 habitantes, e a súa área metropolitana acadaba os 213.399 (datos de 2010), sendo a segunda área máis poboada da comunidade, tras Valladolid.
Ecuador (en quechua: Ikwayur; en shuar: Ekuatur), oficialmente República del Ecuador, é un país de América do Sur, limitado ó norte por Colombia, ó leste e sur polo Perú e ó oeste polo océano Pacífico. Alén do territorio continental, Ecuador posúe tamén as illas Galápagos, sendo o territorio continental máis próximo daquelas illas. Ecuador é un país multiétnico, con gran riqueza cultural, natural e arqueolóxica; situado en plena liña ecuatorial, a latitude cero.
Dinamarca ( pronunciación ) (en dinamarqués: Danmark), cuxo significado literal é "a terra ou marca dos dinamarqueses", oficialmente Reino de Dinamarca ( pronunciación ) (en dinamarqués: Kongeriget Danmark), é o menor en extensión entre os países nórdicos, ademais do máis meridional, formando parte de Escandinavia. Ten os seus límites terrestres ao sur con Alemaña e dende 1999 atópase unida por estrada e ferrocarril con Suecia pola Ponte de Oresund, ao sueste do país. Rodeada polos mares Báltico e do Norte, limita ao norte con Noruega a través do estreito de Skagerrak.
As plantas (tamén chamadas nalgunhas clasificacións Viridiplantae ou plantas verdes) son organismos multicelulares eucariotas do reino Plantae. Forman un clado que inclúe as plantas con flor (anxiospermas), as coníferas e outras ximnospermas, fentos, licopodios, antocerotas, hepáticas, musgos e, nas clasificacións recentes, as algas verdes. Están excluídos das plantas as algas vermellas e pardas, os fungos, os animais, as arqueas e as bacterias.
Idaho é un estado localizado no noroeste dos Estados Unidos, con capital en Boise. Ten unha superficie de 216.632 km² e, de acordo co United States Census Bureau, no 2020 tiña unha poboación de 1 839 106 habitantes. É o 43º estados dos Estados Unidos, admitido o 3 de xullo de 1890, aínda que en 1863 xa fora creado o Territorio de Idaho.
O clima é o conxunto de condicións meteorolóxicas medias a longo prazo, calculadas xeralmente nun período de 30 anos. Máis rigorosamente, o clima é a variabilidade media das variables meteorolóxica nun tempo que abarca desde meses ata millóns de anos. Algunhas das variables meteorolóxicas que se miden habitualmente son a temperatura do aire, a humidade relativa do aire, a presión atmosférica, o vento e as precipitacións.
Este artigo trata sobre a cidade alemá, para o artigo sobre o estado tamén alemán véxase Estado de Bremen. Bremen (en alemán pronunciado [ˈbʁeːmən]) é unha cidade situada no noroeste de Alemaña. Forma, canda o porto de Bremerhaven (60 km ao NO), a Cidade Libre Hanseática de Bremen ou Estado de Bremen, un dos 16 estados federados que conforman Alemaña, do cal é a capital.
Skopje (en macedonio: Скопје ou Skopje; en albanés: Shkup) é a capital e a maior cidade de Macedonia do Norte. No período romano era coñecida baixo o nome de Skupi. A cidade desenvolveuse rapidamente trala fin da segunda guerra mundial, aínda que esta tendencia rematou en 1963, ano no que foi esnaquizada por un gran tremor de terra.
O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a franxa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur.
Belfast (/ˈbɛlfɑːst/ en irlandés: Béal Feirste) é a capital e cidade máis grande de Irlanda do Norte e da provincia do Ulster, situada na foz do río Lagan entre montañas, na costa leste de Irlanda do Norte. É a décimo segunda cidade máis grande do Reino Unido e a segundo maior da illa de Irlanda. Tiña unha poboación de 333.871 habitantes en 2015 e de 671.559 (2011) na área metropolitana.
Eswatini, antes de 2018 Suacilandia, ou Swazilandia, oficialmente Reino de eSwatini (en suazi: Umbuso weSwatini; en inglés desde 2018: Kingdom of Eswatini), é un pequeno país sen saída ao mar no sur de África (un dos máis pequenos do continente), situado nas ladeiras orientais dos Montes Drakensberg, entre Suráfrica ao oeste e Mozambique ao leste. Recibe o seu nome da tribo suazi, unha etnia bantú. Debido en parte á alta taxa de infección de VIH/SIDA, o país ten a esperanza de vida máis baixa do mundo: 32,62 anos.
Aikido (en xaponés: 合気道, Aikidō) é unha arte marcial xaponesa desenvolvida por Morihei Ueshiba, coñecido entre os aikidokas como O-sensei (翁先生, "gran mestre"), e que é o resultado dos seus estudos sobre practicas marciais, filosofía e crenzas relixiosas. A súa denominación pode ser traducida como "o camiño para unificarse coa enerxía vital" ou como "o camiño da harmonía espiritual". O obxectivo do creador era formular unha forma de arte que os practicantes poderían utilizar para defenderse mentres protexen o eventual atacante del mesmo, da súa actitude agresiva.