Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
En defensa do mestrado de Matemáticas da USC
En defensa do mestrado de Matemáticas da USC é unha plataforma que se creou en 2025 para defender o mantemento do máster de matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirât. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Brian Douglas Wilson, nado en Inglewood (California) o 20 de xuño de 1942 e finado o 11 de xuño de 2025, foi un músico, cantante, compositor e produtor discográfico estadounidense cofundador de The Beach Boys. A miúdo considerado un xenio polos seus enfoques novidosos da composición pop, a súa extraordinaria aptitude musical e o seu dominio das técnicas de gravación, é amplamente recoñecido como un dos compositores máis innovadores e significativos do século XX. A súa obra máis coñecida distínguese polos seus altos valores de produción, harmonías e orquestracións complexas, voces superpostas e temas introspectivos ou enxeñosos. Wilson tamén foi coñecido pola súa antiga voz de alto rango e por loitar durante toda a súa vida contra enfermidades mentais.
Filipinas —oficialmente, República de Filipinas (tagalo: Republika ng Pilipinas; inglés: Republic of the Philippines)— é un país insular (véxase arquipélago) situado no sueste asiático, sobre o océano Pacífico. A súa capital é Manila. Ao norte atópase separado da illa de Taiwán polo estreito de Luzón; ao oeste áchase o mar da China Meridional, tamén coñecido como o mar de Filipinas Occidental e Vietnam; ao suroeste, a illa de Borneo; ao sur, o mar de Célebes sepárao das illas de Indonesia, e o leste limita co mar de Filipinas.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 222.180.
Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao trap ou á electrónica. Nas súas pezas saliéntanse temas como o entendemento entre pobos, a defensa da lingua e da cultura galegas e o apoderamento da muller.
Cromosoma marcador supernumerario pequeno
Un cromosoma marcador supernumerario pequeno (sSMC polas súas siglas en inglés) é un cromosoma extra anormal que se encontra no cariotipo. Contén copias de partes dun ou máis cromosomas normais e está localizado no núcleo celular xunto cos cromosomas normais, é replicado e distribuído ás células fillas durante a división celular, e ten xenes que poden expresarse. Pode ser inactivo ou activo, nese caso causando defectos conxénitos e neoplasmas (por exemplo, tumores e cancros).
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
O mar Mediterráneo é un mar continental que esta conectado co océano Atlántico polo estreito de Xibraltar; rodeado pola conca mediterránea esta case completamente pechado por terra: ao norte baña as terras do sur de Europa e Anatolia, ao sur as do norte de África, o leste as do Levante mediterráneo e ao oeste baña as terras da Península Ibérica. O mar Mediterráneo ocupa unha superficie duns 2.500.000 km2, que representan o 0,7% da superficie oceánica mundial, pero a súa conexión co Atlántico a través do Estreito de Xibraltar-o estreito que conecta o océano Atlántico co mar Mediterráneo e separa a Península Ibérica en Europa de Marrocos en África- só ten 14 km de ancho. A súa lonxitude oeste-leste, desde o estreito de Xibraltar ata o golfo de Alexandreta, na costa sueste de Turquía, é dun 4000 km.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
A muralla de Lugo é unha fortificación que data do Imperio Romano situada na cidade de Lugo, en Galicia, sendo a única muralla destas características que se conserva no mundo. Comezou a súa construción probablemente contra o ano 260, ao medrar a importancia de Lucus Augusti como centro de comunicacións e comercial do norte peninsular. A devandita construción delongouse ata a época de Constantino, rematando sobre o ano 325.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia
O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) é un centro interuniversitario creado en 2021 mediante convenio das tres universidades públicas galegas Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e Universidade da Coruña. O seu obxectivo é integrar as capacidades científicas no ámbito das Matemáticas, compartindo visión e estratexia, e cunha clara aposta pola transferencia de coñecemento.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Eduardo García Río, nado en Santiago de Compostela o 1965, é un matemático galego, catedrático de Xeometría e Topoloxía na Universidade de Santiago de Compostela e académico numerario da Real Academia Galega de Ciencias. Especializado en xeometría riemanniana e de Lorentz, a súa traxectoria investigadora céntrase na análise xeométrica, destacando as súas achegas á curvatura e á simetría en espazos diferenciables.
O escáncer común, ou liscanzo, Anguis fragilis, é un réptil da orde dos escamosos, familia dos ánguidos e subfamilia dos anguinos, unha das cinco integradas no xénero Anguis. Ten as súas patas atrofiadas, polo que semella unha pequena cobra. É habitual en toda Galicia e, en contra das crenzas populares, é completamente inofensivo.
Encontro Nacional de Estudantes de Matemáticas
O Encontro Nacional de Estudantes de Matemáticas é o congreso da Asociación Nacional de Estudantes de Matemáticas. É un evento matemático que se celebra anualmente en xullo para estudantes de matemáticas. É o evento estudantil máis antigo e con maior asistencia en España.
Asociación Nacional de Estudantes de Matemáticas
A Asociación Nacional de Estudantes de Matemáticas é unha asociación que representa os estudantes de matemáticas en España. Ademais, encárgase de organizar actividades de divulgación das matemáticas, de crear un vínculo entre o alumnado de matemáticas en España e de promover o papel dos matemáticos no mundo laboral. Durante a asemblea xeral anual elíxese unha xunta directiva, responsable de dirixir e representar aos estudantes da Asociación noutras asociacións relevantes, e de supervisar e apoiar as ideas dentro do ámbito da asociación.
Lista das bolboretas de Galicia
A seguinte é unha lista das bolboretas que se atopan en Galicia, un total de 144. Está baseada principalmente nos datos recollidos pola Sociedade Galega de Historia Natural.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Coñecemento situado é un concepto que fai referencia a unha postura epistemolóxica crítica desenvolvida por Donna Haraway en Simians, Cyborgs and Women: The Reinvention of Nature (1991). Esta nace dunha crítica á epistemoloxía feminista. O coñecemento situado propón falar dos obxectos de estudo poñendo en evidencia o lugar desde o cal se parte, xa que, independentemente do tipo de método empregado, ningún coñecemento está desligado do seu contexto nin da subxectividade de quen o emite.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
A selección de fútbol de México é o equipo representativo do país nas competicións oficiais. A súa organización está a cargo da Federación Mexicana de Fútbol, está afiliada á FIFA desde 1929 e pertence á Concacaf dende 1961. A selección mexicana disputou o seu primeiro encontro o 9 de decembro de 1923 e o seu primeiro torneo oficial en 1928, no marco dos Xogos Olímpicos de Ámsterdan.
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A Medalla de Galicia é unha distinción de honra que concede a Xunta de Galicia a persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo de Galiza en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica. Creadas en 1984 cun único distintivo de ouro, coñeceron un grande impulso cos sucesivos gobernos de Manuel Fraga. Se ben ata 1991 se outorgaran unicamente catro medallas, dúas delas a título póstumo, a partir desa data creáronse dous distintivos máis (prata e bronce) e chegaron a concederse ata 34 medallas por edición.
O Lavender Scare (en galego: Pánico lila) foi un episodio de pánico moral sobre as persoas homosexuais que traballaban no goberno dos Estados Unidos de América, que levou ao despido de numerosos traballadores públicos a mediados do século XX. Coincidiu coa campaña anticomunista coñecida como macartismo e co segundo Red Scare. As persoas gays e lesbianas foron acusadas de ser un risco para a seguridade nacional e simpatizantes do comunismo, polo que se solicitou a súa retirada dos postos públicos. Ademais, pensábase que o estigma da homosexualidade os facía vulnerables ante a extorsión.
A dedaleira ou estraloque (Digitalis purpurea) é unha planta herbácea bianual, nativa de Europa da familia das plantaxináceas. Recibe tamén os nomes de abeluria, abrula, baloco, borleta, croque, dixital, estalote, milicroque e sanxoán. Na fala de Estremadura recibe o nome de abiluria e dedais de bruja.
Os Estados Unidos de América (abreviado EUA e EEUU; en inglés: United States of America, abreviado USA ou US) constitúen un país soberano configurado como Estado federal constitucional composto por 50 estados e un distrito federal. 48 deles están situados entre o Canadá (ó norte), o océano Atlántico (ó leste), o golfo de México e México (ó sur) e o océano Pacífico (ó oeste). O estado de Alasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado de Hawai é un arquipélago no medio do Pacífico.
Boicot ao Congreso Internacional de Matemáticos de 2022
Despois de anunciar que San Petersburgo, Rusia, sería o organizador do Congreso Internacional de Matemáticos de 2022, varios matemáticos e non matemáticos publicaron un sitio web co obxectivo de boicoteir a organización do Congreso en Rusia. Máis tarde, a detención de Azat Miftakhov e a invasión rusa de Ucraína do 2022 foron os motivos principais do boicot. O sitio web emitiu un comunicado no que os matemáticos podían asinar a cancelación do evento.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
As Festas Minervais é un certame literario galego que apareceu por primeira vez en 1536 na honra da figura de Alonso de Fonseca III, arcebispo de Toledo e de Santiago de Compostela. Dito certame foi promovido pola Universidade de Santiago de Compostela, considerándose un modelo tanto no campo literario como no lingüístico da época. Os autores participantes empregaron a lingua castelá e o latín para as súas composicións.
O premio Javier Conde Garriga, concedido pola Asociación Numismática Española (ANE), outórgase desde 1959 ao autor do mellor libro ou do mellor conxunto de artigos publicados durante o ano anterior á súa concesión, sobre temas relativos á numismática española, iberoamericana ou hispano-filipina, e tamén acerca das series monetarias emitidas en países europeos en tempos de dominación española. O premio toma o nome do numismático Javier Conde Garriga, un dos promotores da creación da ANE en 1955 e o primeiro conservador da entidade.
Islandia (en islandés: Ísland) é un país insular situado na Dorsal Medio Atlántica, e xeralmente englobada en Europa. A illa está bañada polo océano Atlántico ao sur e ao oeste e polo mar de Noruega ao norte e ao leste. Os territorios máis próximos son Groenlandia ao noroeste, da cal está separada polo estreito de Dinamarca, as Illas Feroe ao sueste e, bastante máis lonxe, a illa norueguesa de Jan Mayen ao nordeste.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'Espanya, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
De Ninghures é unha banda galega de música folk conformada, á altura de 2019, por un total de 7 integrantes, naturais de distintas localidades do país, tales como Carballo, Santiago de Compostela ou A Fonsagrada. Como grupo, caracterízase pola mestura de ritmos e sons de raíz galega cos equivalentes doutros pobos ibéricos, latinoamericanos ou magrebís.
O galego antigo, galego medieval ou galego-portugués (tamén chamado galaico-portugués) é a lingua medieval que se falou no noroeste da Península Ibérica que deu lugar ó galego e portugués actuais. Procedía do latín falado na Gallaecia e foi introducido polos colonizadores romanos. É polo tanto unha lingua romance.
Goosebumps 2: Haunted Halloween
Goosebumps 2: Haunted Halloween (ou sinxelamente Goosebumps 2) é un filme estadounidense de 2018 dirixido por Ari Sandel e escrito por Rob Lieber a partir dunha historia orixinal de Lieber e Darren Lemke. É a secuela do filme de 2015 Goosebumps, que está baseado na serie de libros infantís de terror do mesmo nome escritos por R. L. Stine.
Xibraltar (en inglés e castelán: Gibraltar) é un Territorio Británico de Ultramar situado no extremo meridional da Península Ibérica, ao leste da baía de Alxeciras, que se estende sobre a formación xeolóxica da rocha de Xibraltar (en inglés: the Rock of Gibraltar ou tamén, The Rock), península que domina a beira norte do estreito de Xibraltar, comunicando o mar Mediterráneo e o océano Atlántico. Xibraltar limita ao norte con España e alberga unha poboación de preto de 29.000 habitantes nunha superficie de menos de 7 km², cunha economía baseada no sector de servizos, principalmente como centro financeiro e turístico. Aproveitando a súa privilexiada posición estratéxica, é tamén unha base aeronaval das Forzas Armadas Británicas.
Premio Excelente ao Mérito Numismático
O premio Excelente ao Mérito Numismático, concedido pola Asociación Numismática Española (ANE), outórgase desde 1995 para distinguir os particulares, as empresas e as institucións polas súas actuacións en favor da devandita asociación ou dos fins sociais que esta defende. A denominación do premio alude á excelencia do traballo realizado e, asemade, a unha das moedas medievales, cuñadas en tempos dos Reis Católicos, o "excelente" de ouro, caracterizado polo seu máis alto nivel artístico. Por este motivo, a medalla que se concede co premio reproduce nunha das súas faces unha parte dun excelente cuñado polos Reis Católicos en 1545, en tanto que na outra face se representa o logotipo da ANE, cunha lenda alusiva.
A mitoloxía grega comprende a colección de mitos e lendas sobre deuses gregos e heroes antigos, ós que se suman diferentes animais e seres monstruosos, orixinariamente creada e difundida dentro da tradición oral e poética desta antiga civilización do Mediterráneo oriental. Nestas narracións descríbese ós deuses e a súa xenealoxía, a natureza do mundo e os cultos e prácticas rituais. As fontes superviventes da mitoloxía grega (Homero, Hesíodo, Apolodoro, Pausanias, etc) son transcricións destas narracións faladas, ou ben revisións literarias posteriores.
Congreso Internacional de Matemáticos de 2022
O Congreso Internacional de Matemáticas de 2022 foi o vinte e noveno Congreso Internacional de Matemáticos, celebrado en liña do 7 de xullo ao 14 de xullo de 2022. Esta foi a segunda vez que o congreso tivo lugar en territorio ruso. A primeira foi no 1966 cando se celebrou en Moscova.
María Victoria Moreno Márquez, nada en Valencia de Alcántara (provincia de Cáceres) o 1 de maio de 1939 e finada en Pontevedra o 22 de novembro de 2005, foi unha editora, tradutora, conferenciante, escritora de literatura infantil e xuvenil galega e profesora de ensino secundario en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. O seu texto máis coñecido é Anagnórise (Galaxia, 1988), vinte veces reeditado e traducido a varias linguas. Algúns trazos fundamentais da súa obra son o lirismo, a conversión dos animais en protagonistas e a crítica a un ensino reseso.