Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Paio (baixo-latín Pelagius, en castelán Pelayo, en asturiano Pelayu) (718? — 737), foi un caudillo militar que a historiografía española romanticista do século XIX quixo ver como fundador mítico do denominado por ela, "Reino de Asturias" e polo tanto o seu primeiro rei. Os feitos referidos á vida de Paio que aparecen nas crónicas son idénticos a outros que aparecen na Biblia, en vidas de santos, ou en textos da historia grecolatina.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
En defensa do mestrado de Matemáticas da USC
En defensa do mestrado de Matemáticas da USC é unha plataforma que se creou en 2025 para defender o mantemento do máster de matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirât. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
José Luis Ábalos Meco, nado en Torrent (provincia de Valencia) o 9 de decembro de 1959, é un político español, membro do PSOE, deputado por Valencia deste partido nas IX, X, XI, XII, XIII e XIV lexislaturas. Tamén foi ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (2020-2021) e ministro de Fomento (2018-2020) do Goberno de España.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un arquivo de texto que se envía dende os servidores dun sitio web e que se garda nos dispositivos dos usuarios (móbiles, ordenadores, etc). Almacenan información sobre a actividade dos usuarios cada vez que visitan un sitio web e permiten recuperar a información almacenada ata o momento cada vez que estes acceden aos sitios. Deste xeito, o sitio web ou os seus propietarios poden consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación.
Non confundir con Antonio Tovar Llorente (Valladolid 1911-1985), filólogo, lingüista e historiador. Antonio Domingo José Tovar Bobillo, chamado Antón Tovar, nado na Pereira (Rairiz de Veiga) o 23 de outubro de 1921 e finado en Ourense o 16 de xuño de 2004, foi un poeta galego que escribiu en lingua castelá e lingua galega, encadrado na chamada promoción de enlace. A súa obra está marcada polo pesimismo, o sentimento poético sincero e auténtico, o existencialismo, o intimismo e a preocupación social, ademais da baldía procura de deus.
As Festas Minervais é un certame literario galego que apareceu por primeira vez en 1536 na honra da figura de Alonso de Fonseca III, arcebispo de Toledo e de Santiago de Compostela. Dito certame foi promovido pola Universidade de Santiago de Compostela, considerándose un modelo tanto no campo literario como no lingüístico da época. Os autores participantes empregaron a lingua castelá e o latín para as súas composicións.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Enrique Labarta Pose, nado en Baio (Zas) o 22 de xullo de 1863 e finado en Barcelona o 13 de maio de 1925, foi un escritor e xornalista galego en lingua castelá e lingua galega. Fundou e dirixiu xornais e revistas. A súa obra, fundamentalmente poesía e contos, caracterízase por unha sátira humorística moi marcada.
Brian Douglas Wilson, nado en Inglewood (California) o 20 de xuño de 1942 e finado o 11 de xuño de 2025, foi un músico, cantante, compositor e produtor discográfico estadounidense cofundador de The Beach Boys. A miúdo considerado un xenio polos seus enfoques novidosos da composición pop, a súa extraordinaria aptitude musical e o seu dominio das técnicas de gravación, é amplamente recoñecido como un dos compositores máis innovadores e significativos do século XX. A súa obra máis coñecida distínguese polos seus altos valores de produción, harmonías e orquestracións complexas, voces superpostas e temas introspectivos ou enxeñosos. Wilson tamén foi coñecido pola súa antiga voz de alto rango e por loitar durante toda a súa vida contra enfermidades mentais.
Congreso Internacional de Matemáticos
O Congreso Internacional de Matemáticos é o maior evento celebrado entre matemáticos de todo o mundo. Celébrase cada catro anos desde 1893 nunha cidade diferente cada vez.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
Julio Eulogio Villarino Fernández
Julio Eulogio Villarino Fernández, nado en Riós o 3 de febreiro de 1954 e finado en Baiona o 25 de setembro de 2023, foi un mestre galego.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 222.213.
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
O Boeing 787 Dreamliner é un avión de pasaxeiros bimotor, de tamaño medio, fuselaxe ancha e longo alcance desenvolvido por Boeing. Tras cancelar o seu proxecto Sonic Cruiser, Boeing anunciou o convencional 7E7 o 29 de xaneiro de 2003, centrado na eficiencia. O programa lanzouse o 26 de abril de 2004 cun pedido da aeroliña xaponesa All Nippon Airways (ANA), co obxectivo de ser introducido en 2008.
Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premios Ánxel Casal da Edición da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.
Rita é un filme guatemalteco de 2024 escrito, coproducido, coeditado e dirixido por Jayro Bustamante. Está protagonizado por Giuliana Santa Cruz, no papel dunha moza de 13 anos que logo de fuxir do seu abusivo pai, queda atrapada nunha institución estatal. Baséase nos feitos reais da traxedia de Hogar Seguro Virgen de la Asunción de 2017.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
O mar da China Meridional (en chinés 南海 ou 南洋, Nan Hai: "mar do Sur") é un mar marxinal, parte do océano Pacífico occidental. Limita ao norte coa China meridional, ao oeste coa península de Indochina, ao leste coas illas de Taiwán e o noroeste das Filipinas (principalmente con Luzón, Mindoro e Palawan), e ao sur por Borneo, o leste de Sumatra e as Illas Bangka Belitung, cunha superficie duns 3 500 000 km². Comunícase co mar da China Oriental a través do estreito de Taiwán, co mar de Filipinas a través do estreito de Luzón, co mar de Sulu a través dos estreitos que rodean Palawan, co mar de Xava a través dos estreitos de Karimata e Bangka, e directamente co golfo de Tailandia.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
The Clash foi un grupo de punk rock británico que durou de 1976 até 1985. Unha das bandas mais aclamadas pola crítica da época, The Clash foi famoso polo seu alcance musical (incorporaban reggae, Bebop, rockabilly, e eventualmente moitos outros estilos musicais no seu repertorio), por demostrar unha sofisticación lírica e política que os distinguía da maioría dos seus compañeiros no movemento punk, e polas súas explosivas actuacións ao vivo.
O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.
Na Galicia medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores. No século XIV entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de Pedro I "o Cruel" e Henrique II. Eran os Osorio en Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Soutomaior...
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
A Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, ou simplemente Gran Enciclopedia Gallega ou Gran Enciclopedia Galega, é unha enciclopedia de tema galego, editada primeiramente en castelán e despois en lingua galega.
A Provincia autónoma de Voivodina (en serbio: Аутономна Покрајина Војводина ou Autonomna Pokrajina Vojvodina, en húngaro: Vajdaság Autonóm Tartomány, en eslovaco: Autonómna Pokrajina Vojvodina, en romanés: Provincia Autonomă Voivodina, en croata: Autonomna Pokrajina Vojvodina) é unha das provincias coas que conta Serbia, ao norte do país. A capital e principal cidade é Novi Sad, e Subotica é a segunda cidade en importancia. Voivodina é diversa canto a etnias.
The Battle Hymn of the Republic
"The Battle Hymn of the Republic" é unha canción abolicionista estadounidense composta por Julia Ward Howe en 1861, especialmente famosa durante a guerra civil estadounidense. É a contraposición a Dixie, a canción cantada polos soldados da Confederación.
A AC-400 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Sigrás (Cambre) e Muros; atravesa os concellos de Cambre, Culleredo, A Laracha, Cerceda, Tordoia, Carballo, Coristanco, Santa Comba, Mazaricos, Outes, Carnota e Muros. Ten unha lonxitude de 89,74 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-550 en Sigrás (Cambre) e finaliza nun cruzamento coa AC-550 en Muros.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'Espanya, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
El Eternauta (serie de televisión)
El Eternauta é unha serie web arxentina orixinal de Netflix de ciencia ficción dramática. Trátase dunha adaptación da clásica banda deseñada El Eternauta, publicada por vez primeira en 1957 e creada por Héctor Germán Oesterheld e Francisco Solano López. Está protagonizada por Ricardo Darín, Carla Peterson, o uruguaio César Troncoso, Andrea Pietra, Ariel Staltari, Marcelo Subiotto e Claudio Martínez Bel.
Eduardo García Río, nado en Santiago de Compostela en 1965, é un matemático galego, catedrático de Xeometría e Topoloxía na Universidade de Santiago de Compostela e académico numerario da Real Academia Galega de Ciencias. Especializado en xeometría riemanniana e de Lorentz, a súa traxectoria investigadora céntrase na análise xeométrica, destacando as súas achegas á curvatura e á simetría en espazos diferenciables.
O termo nacións celtas fai referencia a uns territorios (nacións a maior parte das veces sen estado propio) do oeste da Europa Occidental que comparten o uso de linguas celtas e/ou trazos culturais atribuibles á devandita cultura. Neste contexto, o termo "nacións" cobra significado entendendo este como un colectivo étnico de persoas asociado historicamente a un territorio raíz e que comparten unha identidade común propia, manifestada ben na lingua, ben na cultura ou na mentalidade propia común.
Marco Aurelio Antonino Augusto (alcumado o Sabio ou Filósofo) (en latín: Marcus Aurelius Antoninus Augustus), nado en Roma o 26 de abril de 121 e finado o 17 de marzo de 180, foi co-emperador do Imperio Romano dende o ano 161 até o ano da súa morte en 180. Foi o derradeiro dos chamados Cinco bos emperadores, terceiro dos emperadores de orixe hispano e está considerado como unha das figuras máis representativas da filosofía estoica. Marco Aurelio e Lucio Vero foron fillos adoptivos de Antonino Pío por mandato de Hadriano e os dous primeiros que imperaron conxuntamente na historia de Roma.
O termo aceiro serve comunmente para denominar, en enxeñaría metalúrxica, a unha mestura de ferro cunha cantidade de carbono variable entre o 0,008 % e o 2,11 % en masa da súa composición, dependendo do grao. Se a aliaxe posúe unha concentración de carbono maior do 1,8 %, prodúcense fundicións que, en oposición ao aceiro, son moito máis fráxiles e non é posible forxalas, senón que teñen que ser moldeadas. Non se debe confundir o aceiro co ferro, que é un metal duro e relativamente dúctil pero de baixa resistencia, con diámetro atómico (dA) de 2,48 Å, con temperatura de fusión de 1535 °C e punto de ebulición 2740 °C. Pola súa banda, o carbono é un non metal de diámetro menor (dA = 1,54 Å), brando e fráxil na maioría das súas formas alotrópicas (excepto na forma de diamante).
Rosalía Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro Abadía, nada en Conxo (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1837 e finada na Matanza (Padrón) o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna, unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego do século XIX, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.
O mar Mediterráneo é un mar continental que esta conectado co océano Atlántico polo estreito de Xibraltar; rodeado pola conca mediterránea esta case completamente pechado por terra: ao norte baña as terras do sur de Europa e Anatolia, ao sur as do norte de África, o leste as do Levante mediterráneo e ao oeste baña as terras da Península Ibérica. O mar Mediterráneo ocupa unha superficie duns 2.500.000 km2, que representan o 0,7% da superficie oceánica mundial, pero a súa conexión co Atlántico a través do Estreito de Xibraltar-o estreito que conecta o océano Atlántico co mar Mediterráneo e separa a Península Ibérica en Europa de Marrocos en África- só ten 14 km de ancho. A súa lonxitude oeste-leste, desde o estreito de Xibraltar ata o golfo de Alexandreta, na costa sueste de Turquía, é dun 4000 km.
O domingo é o sétimo día da semana. O nome "domingo" vén do latín Dominicus (dies) ou día do Señor, por causa da celebración cristiá da Resurrección de Xesús. Cando o Instituto da Lingua Galega elaborou o Atlas Lingüístico Galego, tamén foi rexistrada localmente a forma arcaica primeira feira, soamente observada polo estudo nos lugares de Sistallo (en Cospeito) e Vilachán (en Tomiño) .
A mitoloxía grega comprende a colección de mitos e lendas sobre deuses gregos e heroes antigos, ós que se suman diferentes animais e seres monstruosos, orixinariamente creada e difundida dentro da tradición oral e poética desta antiga civilización do Mediterráneo oriental. Nestas narracións descríbese ós deuses e a súa xenealoxía, a natureza do mundo e os cultos e prácticas rituais. As fontes superviventes da mitoloxía grega (Homero, Hesíodo, Apolodoro, Pausanias, etc) son transcricións destas narracións faladas, ou ben revisións literarias posteriores.
Camilo Buenaventura Díaz Baliño, nado en Ferrol o 14 de xullo de 1889 e asasinado en Saa (Meixide, Palas de Rei) o 14 de agosto de 1936, foi un escritor, pintor, debuxante, ilustrador de libros, muralista, cartelista, escenógrafo e versátil artista gráfico galego, membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, das Irmandades da Fala desde 1918, do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e do Partido Galeguista. Colaborou nas coleccións Lar e Céltiga e noutras obras da literatura galega.