Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Substitución da moeda de cobre británica na década de 1860
A substitución da moeda de cobre británica na década de 1960 por outra equivalente de bronce afectou, a partir de 1860, principalmente ás moedas dun penique, de medio penique e dun cuarto de penique (farthing) en circulación, que se viñan cuñando en diferentes tamaños e con diversos pesos desde 1797. Entre os motivos deste proceso de substitución están o feito de que estas se consideraban demasiado grandes, que amosaban desgastes e oxidacións notables e que moitas delas tiñan publicidade e proclamas diversas troqueladas, e tamén se perseguía loitar contra as falsificacións e eliminar as moedas estranxeiras en circulación. O mal estado das moedas de cobre en circulación foi confirmado mediante unha investigación levada a cabo realizada entre 1856 e 1857 pola Real Comisión sobre a Moeda Decimal.
Filipinas —oficialmente, República de Filipinas (tagalo: Republika ng Pilipinas; inglés: Republic of the Philippines)— é un país insular (véxase arquipélago) situado no sueste asiático, sobre o océano Pacífico. A súa capital é Manila. Ao norte atópase separado da illa de Taiwán polo estreito de Luzón; ao oeste áchase o mar da China Meridional, tamén coñecido como o mar de Filipinas Occidental e Vietnam; ao suroeste, a illa de Borneo; ao sur, o mar de Célebes sepárao das illas de Indonesia, e o leste limita co mar de Filipinas.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirât. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean. O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Os neuroesteroides, tamén coñecidos como esteroides neuroactivos, son esteroides endóxenos ou exóxenos que alteran rapidamente a excitabilidade neuronal ao interaccionaren con canles iónicas reguladas por ligando e outros receptores da superficie celular. O termo neuroesteroide foi acuñado polo fisiólogo francés Étienne-Émile Baulieu e refírese a esteroides sintetizados no cerebro. O termo, esteroide neuroactivo foi acuñado en 1992 por Steven Paul e Robert Purdy e refírese a esteroides que poden ser sintetizados no cerebro, pero tamén en glándulas endócrinas e chegan ao cerebro a través da circulación sanguínea e teñen efectos sobre a función cerebral.
Domingo Batet Mestres, nado en Tarragona o 30 de agosto de 1872 e finado en Burgos o 18 de febreiro de 1937, foi un militar español, xeneral de división do Exército de Terra. Desempeñou un papel moi destacado no fracaso da insurrección da Generalitat o 6 de outubro de 1934. Tras negarse a secundar o Golpe de estado de xullo de 1936 en Burgos, foi condenado por un tribunal militar e fusilado polo Bando sublevado.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un arquivo de texto que se envía dende os servidores dun sitio web e que se garda nos dispositivos dos usuarios (móbiles, ordenadores, etc). Almacenan información sobre a actividade dos usuarios cada vez que visitan un sitio web e permiten recuperar a información almacenada ata o momento cada vez que estes acceden aos sitios (os rastros envíanse aos servidores para a súa consulta). Deste xeito, o sitio web ou os seus propietarios poden consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación.
O mar Mediterráneo é un mar continental que esta conectado co océano Atlántico polo estreito de Xibraltar; rodeado pola conca mediterránea esta case completamente pechado por terra: ao norte baña as terras do sur de Europa e Anatolia, ao sur as do norte de África, o leste as do Levante mediterráneo e ao oeste baña as terras da Península Ibérica. O mar Mediterráneo ocupa unha superficie duns 2.500.000 km2, que representan o 0,7% da superficie oceánica mundial, pero a súa conexión co Atlántico a través do Estreito de Xibraltar-o estreito que conecta o océano Atlántico co mar Mediterráneo e separa a Península Ibérica en Europa de Marrocos en África- só ten 14 km de ancho. A súa lonxitude oeste-leste, desde o estreito de Xibraltar ata o golfo de Alexandreta, na costa sueste de Turquía, é dun 4000 km.
José Luis Ábalos Meco, nado en Torrent (provincia de Valencia) o 9 de decembro de 1959, é un político español, membro do PSOE, deputado por Valencia deste partido nas IX, X, XI, XII, XIII e XIV lexislaturas. Tamén foi ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (2020-2021) e ministro de Fomento (2018-2020) do Goberno de España.
En defensa do mestrado de Matemáticas da USC
En defensa do mestrado de Matemáticas da USC é unha plataforma que se creou en 2025 para defender o mantemento do máster de matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Manuel Sans Segarra, nado o 25 de abril de 1943, é un doutor catalán especialista en cirurxía dixestiva e pioneiro na introdución da cirurxía laparoscópica en España. Doutor cum laude pola Universidade de Barcelona, desenvolveu unha destacada carreira como xefe de Cirurxía Dixestiva no Hospital Universitario de Bellvitge, onde tamén fundou a Asociación de Médicos Sénior.
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
Rita é un filme guatemalteco de 2024 escrito, coproducido, coeditado e dirixido por Jayro Bustamante. Está protagonizado por Giuliana Santa Cruz, no papel dunha moza de 13 anos que logo de fuxir do seu abusivo pai, queda atrapada nunha institución estatal. Baséase nos feitos reais da traxedia de Hogar Seguro Virgen de la Asunción de 2017.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Rafael Sanzio (en italiano Raffaello Sanzio), Rafael de Urbino ou simplemente Rafael, nado en Urbino o 6 de abril de 1483 e finado o día do seu aniversario de 1520 en Roma, foi un pintor e arquitecto italiano da época do renacemento italiano. Ademais da súa labor pictórica, que sería admirada e imitada durante séculos, realizou importantes achegas na arquitectura e, como inspector de antigüidades, interesouse no estudo e conservación dos vestixios grecorromanos. Morreu o día en que facía os trinta e sete anos, dándose a coincidencia de que naceu e morreu en Venres Santo.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'Espanya, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O Entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos. O Entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
Sarela de Abaixo, San Paio, Santiago de Compostela
Sarela de Abaixo é un lugar da parroquia de San Paio no concello coruñés de Santiago de Compostela, na comarca de Santiago. Tiña 81 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 38 eran homes e 43 mulleres. Estes datos reflicten un mantemento da poboación respecto dos últimos anos, cando tiña 96 habitantes en 2010 pero 85 en 2005.
Ernesto Guevara, coñecido como Che Guevara ou el Che, nado en Rosario (provincia de Santa Fe, Arxentina) o 14 de xuño de 1928 e finado en La Higuera (Bolivia) o 9 de outubro de 1967, foi un médico, político e revolucionario ademais dun dos líderes da guerrilla na Revolución Cubana, e logo participou nos primeiros anos do novo réxime, en particular sendo ministro de industria. En 1965, logo de denunciar a explotación do terceiro mundo polos dous bloques da guerra fría, desaparece da vida política de Cuba coa intención de espallar a revolución. En primeiro lugar na República do Congo, sen éxito, logo en Bolivia onde foi capturado e executado de forma clandestina polo Exército Boliviano coa colaboración da CIA estadounidense.
Irán (en persa ایران) , tamén coñecido como Persia, e oficialmente República Islámica de Irán dende 1980, é un país de Asia Occidental. Limita ó norte con Armenia, Azerbaidján e Turkmenistán, con Kazakhstán e Rusia a través do Mar Caspio, polo leste con Afganistán e Paquistán, polo sur co Golfo Pérsico e co Golfo de Omán, polo oeste con Iraq e polo noroeste con Turquía. Comprende unha área de 1 648 195 km², sendo a segunda nación maior de Oriente Medio e a 18 en todo o mundo.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O río Amazonas (tamén chamado Paraná-Uassú ou Paranaguasú polas tribos tupí-guaranís) é un río suramericano que nace na Cordilleira dos Andes, no lago Lauri ou Lauricocha, no Perú, pasa por Colombia, atravesa o Brasil e desauga no océano Atlántico, xunto á Illa do Maraxó, no Brasil, onde entra polo estado homónimo. Ao longo do seu curso recibe os nomes de Tunguragua, Marañón, Ucayali, Solimóns e finalmente Amazonas. É o río máis longo e caudaloso do mundo, e contén máis auga ca o Nilo, o Yangtzé e o Mississippi xuntos, supoñendo preto dunha quinta parte da auga doce en estado líquido do planeta.
En matemáticas, un logaritmo complexo é unha xeneralización do logaritmo natural aos números complexos non nulos. O termo pode referirse a un dos seguintes conceptos, que están estreitamente relacionados: Un logaritmo complexo dun número complexo non nulo z {\displaystyle z} , definido como calquera número complexo w {\displaystyle w} tal que e w = z {\displaystyle e^{w}=z} . Tal número w {\displaystyle w} denótase por log z {\displaystyle \log z} .
O contactor é un dos equipos máis empregados en sistemas de automatización industrial e doméstica, e un dos máis importantes de todo sistema automático. Definirémolo como un interruptor que pode ser accionado a distancia mediante un dispositivo electromagnético (un electroimán) que ten incorporado interiormente. O contactor forma parte tanto do circuíto de mando como do circuíto de forza dun sistema de control automático.
A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.
Non confundir con Antonio Tovar Llorente (Valladolid 1911-1985), filólogo, lingüista e historiador. Antonio Domingo José Tovar Bobillo, chamado Antón Tovar, nado na Pereira (Rairiz de Veiga) o 23 de outubro de 1921 e finado en Ourense o 16 de xuño de 2004, foi un poeta galego que escribiu en lingua castelá e lingua galega, encadrado na chamada promoción de enlace. A súa obra está marcada polo pesimismo, o sentimento poético sincero e auténtico, o existencialismo, o intimismo e a preocupación social, ademais da baldía procura de deus.
Mercedes-Benz, unha marca do Grupo Mercedes-Benz, leva implicada na Fórmula 1 como propietario do equipo e fabricante de motores durante varios períodos desde 1954. O equio Mercedes-AMG Petronas F1 Team ten a súa sede en Brackley, Inglaterra, e posúe unha licenza alemá, En 2022 a propiedade maioritaria era do Grupo Mercedes-Benz con Toto Wolff que ten unha participación significativa. Os equipos da marca Mercedes adoitan chamarse co alcume "Frechas de prata".
Rías Baixas (serie de televisión)
Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz secundaria (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nomeamentos entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).
Antonio María Barriga Villalba
Antonio María Barriga Villalba, nado en Bogotá en 1890 e finado na mesma cidade o 4 de abril de 1986, foi un científico, profesor universitario e numismático colombiano. Barriga foi profesor da Universidade Nacional de Colombia e do Colexio Maior de Nosa Señora do Rosario, onde fundou a biblioteca de ciencias. Foi xefe da sección de Química do Instituto Nacional de Hixiene Samper Martínez e director do Museo de Numismática da Casa da Moeda de Colombia.
O Rusty trombone (trombón enferruxado ou trombón sucio) é un acto sexual no que un home queda de pé cos xeonllos e as costas lixeiramente torsionados cos pés separados polo menos ao ancho dos ombreiros para deixar ao descuberto o seu ano. Unha persoa normalmente axeonllase detrás do home e realiza un anilingus mentres pasa unha man por debaixo dos testículos ou arredor do corpo para realizar manualmente movementos rápidos cara a arriba e abaixo do pene, imitando os movementos dun músico de trombón. O acto defínese principalmente pola orientación física da parella, a combinación de anilingus con estimulación sexual manual e a semellanza do esfínter anal cunha boquilla de trombón, non obstante, son posibles outras posicións e variacións.
A danza é unha arte que consiste en expresarse mediante movementos do corpo ao ritmo da música. É unha das principais artes escénicas da antigüidade, ao lado do teatro e da música. É o movemento estático e en desprazamento que sucede no espazo e o tempo que se realiza cunha parte e todo o corpo do executante, con certo compás ou ritmo como expresión de sentimentos individuais ou de símbolos da cultura e a sociedade.
Biblioteca (do grego βιβλιοϑήκη, composto de βιβλίον, "libro", e ϑήκη "caixa, depósito"), na definición tradicional do termo, é un espazo físico en que se gardan libros. Por extensión, o termo biblioteca aplícase tamén a un conxunto de libros, ou ao moble onde se colocan libros. De maneira mais ampla, biblioteca é todo espazo (concreto, virtual ou híbrido) destinado a unha colección de informacións de calquera tipo, sexan escritas en papel (novelas, monografías, enciclopedias, dicionarios, manuais etc) ou dixitalizadas e almacenadas noutros tipos de soportes físicos, tales como CD, VHS, DVD ou bases de dados informatizadas.
A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria. É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).
Kasabian son unha banda inglesa de rock alternativo formada en Leicestershire en 1999. Orixinalmente formada polo vocalista Tom Meighan, o guitarrista Christopher Karloff, o guitarrista e corista Sergio Pizzorno e o baixista Chris Edwards, a banda editou cinco álbums de estudio: Kasabian (2004), Empire (2006), West Ryder Pauper Lunatic Asylum (2009), Velociraptor! (2011) e 48:13 (2014).
A discriminación (do latín discriminare, que alude a seleccionar algo ou a alguén excluíndo aos demais) consiste en dar trato de inferioridade a unha persoa por causas inxustificadas. Por outra banda, a discriminación positiva é un neoloxismo que se refire á protección de carácter extraordinario ou aos privilexios que se dan a un grupo discriminado historicamente (especialmente por razón de raza, sexo, lingua e relixión) para lograr a súa plena integración na sociedade.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
O río Columbia é un curso fluvial do oeste de Norteamérica, que verque as súas augas no océano Pacífico, logo dun percorrido de 1.953 km. É o río máis caudalosos de todos os cursos de América do Norte que desembocan nese océano. Contando conxuntamente o seu afluente da esquerda, o Snake acada unha lonxitude de 2.240 km.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
A radiación electromagnética é unha combinación de campos eléctricos e magnéticos oscilantes e perpendiculares entre si que se propagan a través do espazo transportando enerxía dun lugar a outro. A luz visíbel é unha das partes da radiación electromagnética. A diferenza doutros tipos de onda, como o son, que necesitan dun medio material para propagarse, a radiación electromagnética pódese propagar no baleiro.
As Canadiennes de Montréal, anteriormente chamadas Stars de Montréal, foron un equipo feminino de hóckey sobre xeo da cidade de Montreal, na provincia Québec, Canada. Fundado en 2007 como Stars de Montréal, o equipo xogaba os seus partidos como local no Centre Étienne-Desmarteau de Montreal e debutou na Canadian Women's Hockey League (CWHL) cando esta se creou en 2007. O equipo gañou catro veces os play-offs da CWHL, gañando así a Clarkson Cup en 2009, 2011, 2012 e 2017.
Antoine de Saint-Exupéry, nado en Lión o 29 de xuño de 1900 e finado no mar Mediterráneo o 31 de xullo de 1944, foi un escritor, ilustrador e aviador francés, autor d' O principiño. Nado no seo dunha familia nobre de Lión, estudou na Universidade de Friburgo. Como aviador participou en grandes conflitos bélicos como a guerra civil española (do bando republicano) ou a segunda guerra mundial (do bando aliado).