Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982, é un director, guionista e actor de cinema galego. Dirixiu catro filmes ata a data, resultando galardoados os catro no Festival Internacional de Cine de Cannes: en 2010 gañou o Premio Fipresci polo seu filme Todos vós sodes capitáns, en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica polo seu traballo en Mimosas, en 2019 foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde e en 2025 recibiu o Premio do Xurado por Sirât. Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas catro primeiras películas en Cannes.
O resorcinol (ou resorcina) é un composto orgánico fenólico coa fórmula C6H4(OH)2. É un dos tres bencenodiois isómeros, concretamente o isómero 1,3 (ou isómero meta). O resorcinol cristaliza a partir do benceno como agullas incoloras que se disolven rapidamente en auga, alcohol, e éter, mais son insolubles en cloroformo e disulfuro de carbono.
O que arde é un filme dramático galego de 2019 dirixido por Óliver Laxe e coescrito por Laxe e Santiago Fillol. Está ambientado na Galicia rural e aborda a problemática da desaparición do rural e dos lumes forestais. O elenco está composto por actores non profesionais da zona da serra dos Ancares, e está protagonizado por Amador Arias no papel de Amador Coro, un pirómano que sae do cárcere logo de ser condenado como o responsable dun incendio, e Benedicta Sánchez no papel de Benedicta, a súa nai.
Desaparición de tres mozos galegos en Saint-Jean-de-Luz
A desaparición de tres mozos galegos en Saint-Jean-de-Luz (departamento dos Pireneos Atlánticos, Francia) foi un feito que tivo lugar o 24 de marzo de 1973. José Humberto Fouz Escobero, de 29 anos; Jorge Juan García Carneiro, de 23 e Fernando Quiroga Veiga, de 25 residían en Irún (Guipúscoa) e decidiron desprazarse a Saint-Jean-de-Luz para ver o filme Last Tango in Paris.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Venus é o segundo planeta do sistema solar en orde de proximidade ao Sol e o terceiro en canto a tamaño en orde ascendente despois de Mercurio e Marte e ten algunhas características peculiares. Do mesmo xeito que Mercurio, carece de satélites naturais. A súa órbita é unha elipse cunha excentricidade de menos do 1 %, formando a órbita máis circular de todos os planetas; apenas supera a de Neptuno.
Un cinceiro ou cinseiro é un recipiente destinado a recoller a cinza dos cigarros así como a extinguir e recoller as cabichas. O cinceiro foi durante décadas un utensilio habitual nos fogares, centros de traballo e lugares de ocio. Porén, as restricións ó tabaco que se impuxeron nalgúns países estanos desprazando cara a lugares abertos provocando unha modificación no seu deseño e características.
Harvey Weinstein, nado en Nova York o 19 de marzo de 1952, é un produtor de cine estadounidense e antigo exectivo de estudio de cine. El e o seu irmán Bob Weinstein cofundaron Miramax, que produciu numerosos filmes independentes populares como Pulp Fiction, Clerks, The Crying Game e Sex, Lies, and Videotape. Harvey gañou un Premio Oscar por producir Shakespeare in Love, e gañou sete Premios Tony por producir varias obras e musicais, incluíndo The Producers, Billy Elliot the Musical e August: Osage County.
Un rastro (tamén chamado frecuentemente polo seu termo en inglés, cookie) é un arquivo de texto que se envía dende os servidores dun sitio web e que se garda nos dispositivos dos usuarios (móbiles, ordenadores, etc). Almacenan información sobre a actividade dos usuarios cada vez que visitan un sitio web e permiten recuperar a información almacenada ata o momento cada vez que estes acceden aos sitios (os rastros envíanse aos servidores para a súa consulta). Deste xeito, o sitio web ou os seus propietarios poden consultar a devandita información e servir determinados contidos, segundo as preferencias do usuario, ou ben conseguir información sobre os hábitos de navegación.
Lista de xentilicios de concellos galegos
Esta é unha lista dos xentilicios dos concellos de Galicia:
Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, ten a sede nel o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2022 o concello tiña 98.179 habitantes. O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».
Lamine Yamal Nasraoui Ebana, nado en Esplugues de Llobregat o 13 de xullo de 2007 é un futbolista español que xoga como dianteiro no FC Barcelona da Primeira División de España. É o xogador máis novo da historia (16 anos e 57 días) en debutar e marcar un gol coa selección de España, na Primeira División de España (16 anos e 87 días), e na Eurocopa en debutar e asistir (16 anos e 338 días) e anotar un gol (16 anos e 361 días).
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 222.315.
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
A segunda guerra mundial foi un conflito armado a escala mundial que durou do 1 de setembro de 1939 ó 2 de setembro de 1945. Involucrou a maioría de países do mundo, incluídas todas as grandes potencias que eventualmente formaron dúas alianzas militares opostas: os Aliados e o Eixe. Foi a guerra de máis alcance da historia, involucrando directamente máis de 100 millóns de persoas de máis de 30 países.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Irán (en persa ایران) , tamén coñecido como Persia, e oficialmente República Islámica de Irán dende 1980, é un país de Asia Occidental. Limita ó norte con Armenia, Azerbaidján e Turkmenistán, con Kazakhstán e Rusia a través do Mar Caspio, polo leste con Afganistán e Paquistán, polo sur co Golfo Pérsico e co Golfo de Omán, polo oeste con Iraq e polo noroeste con Turquía. Comprende unha área de 1 648 195 km², sendo a segunda nación maior de Oriente Medio e a 18 en todo o mundo.
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
Billie Jean Moffitt King, nada en Long Beach (California) o 22 de novembro de 1943 é unha ex xogadora de tenis dos Estados Unidos. Está considerada unha das xogadoras máis grandes do tenis e unha das mellores deportistas de toda a historia. Unha das súas mellores vitorias foi cando gañou a Bobby Riggs, campión masculino número 1 do mundo nos anos 1941, 1946 e 1947, quen a retou para demostrar “a superioridade do home sobre a muller”; a vitoria de King supuxo un golpe sobre a mesa na reclamación da igualdade deportiva entre homes e mulleres (cando levou a cabo este duelo, en 1973, ela tiña 30 anos e el 55).
Colocación do pronome átono en galego
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da Península Ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val de Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana.
Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego, membro de número da Real Academia Galega dende 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés. Entre outros moitos premios é Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (2022) e Premio Nacional das Letras Españolas (2024) do Goberno de España.
Un fertilizante ou adobo sintético é calquera substancia orgánica ou inorgánica de orixe natural ou sintética (diferente dos materias calcarios) que é incorporada a un vexetal, xeralmente agregada a través dos solos (raíces) ou das follas (fertilización foliar) para fornecer un ou máis nutrientes esenciais para o crecemento do mesmo.. A Real Academia Galega defíneo coma o produto químico, ou ben de orixe vexetal ou animal, que se lle bota á terra para que as plantas cultivadas nela se desenvolvan mellor e dean máis e mellores froitos , se ben hoxe xa non se poden considerar soamente os fertilizantes de solo, senón tamén os foliares (nutrición foliar). Unha avaliación recente atopou que hoxe en día entre o 30 e o 50% dos rendementos dos cultivos son atribuíbeis ao uso de fertilizantes comerciais .
Julio José Iglesias de la Cueva, máis coñecido como Julio Iglesias, nado en Madrid o 23 de setembro de 1943, é un exfutbolista de orixe galega, empresario e cantante de sona internacional. É o intérprete latino que máis discos vendeu[Cómpre referencia] e segundo Sony Music un dos 10 maiores vendedores de discos en toda a historia da música[Cómpre referencia].
Sir Lewis Carl Davidson Hamilton, nado o 7 de xaneiro de 1985 en Tewin, Hertfordshire, Inglaterra, Reino Unido, é un piloto británico de automobilismo, fillo de nai británica e pai das Illas das Antillas, que compite na Fórmula 1 para Mercedes. Hamilton gañou un récord conxunto de sete Títulos do Campionato do Mundo de Pilotos de Fórmula 1—empatado con Michael Schumacher—e posúe o récord de máis vitorias 105, pole positions (104), e podios (202), entre outros. Nado e criado en Stevenage, Hamilton comezou a súa carreira no karting aos seis anos, gañando varios títulos nacionais e atraendo a atención de Ron Dennis, que o fichou para o McLaren-Mercedes Young Driver Programme en 1998.
O Samaín (do irlandés antigo Samain, pronunciado /ˈsˠaunʲ/) é unha festividade celta que marca o remate da tempada de colleita e o comezo do inverno ou "metade escura" do ano.[Cómpre referencia] Tradicionalmente, é celebrada do 31 de outubro ó 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. Atópase a medio camiño entre o equinoccio de outono e o solsticio de inverno. É unha das catro festividades estacionais celtas, xunto co Imbolc, Beltane e Lughnasadh.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Chile é un país de América do Sur, limitado ó norte polo Perú, ó leste por Bolivia e a Arxentina, cun total de 6.339 km de fronteiras terrestres, ó sur polo Estreito de Drake e ó oeste polo océano Pacífico. O seu nome oficial é República de Chile e a súa capital é a cidade de Santiago de Chile. Chile descríbese normalmente como constituído de tres distintas zonas.
A masturbacion coas mamas ou coito mamario é un acto sexual, que se realiza como preludio ou como sexo sen penetración, que implica a estimulación do pene cos peitos dunha muller e viceversa. Implica colocar o pene entre os peitos dunha muller e mover o pene cara a arriba e abaixo para simular a penetración sexual e para crear pracer sexual. Pódese usar como alternativa a unha masturbación manual.
Rafael Sanzio (en italiano Raffaello Sanzio), Rafael de Urbino ou simplemente Rafael, nado en Urbino o 6 de abril de 1483 e finado o día do seu aniversario de 1520 en Roma, foi un pintor e arquitecto italiano da época do renacemento italiano. Ademais da súa labor pictórica, que sería admirada e imitada durante séculos, realizou importantes achegas na arquitectura e, como inspector de antigüidades, interesouse no estudo e conservación dos vestixios grecorromanos. Morreu o día en que facía os trinta e sete anos, dándose a coincidencia de que naceu e morreu en Venres Santo.
Isidro Parga Pondal, nado en Laxe o 17 de decembro de 1900 e finado na Coruña o 4 de maio de 1986, foi un químico galego especializado en xeoloxía. Destacou polos seus estudos en diversos eidos, que foron desde os da xeoquímica de rochas e minerais raros galegos, os areais galegos, o neovolcanismo da península Ibérica e o cartografado xeolóxico.
Alejandro Fidalgo Conde, nado en Corcubión o 20 de abril de 1985, é un xornalista, locutor de radio e presentador de televisión galego, máis coñecido como Álex Fidalgo. É membro dos equipos de La Rosa de los Vientos e No son horas de Onda Cero. Tamén formou parte do equipo do programa nocturno La parroquia, na mesma cadea, até o seu peche en 2016.
Na noite de san Xoán ou do Lume Novo, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de Europa (principalmente a Europa atlántica), especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar (véxase: Litha). A data do 24 de xuño corresponde, segundo a tradición cristiá, á data do nacemento de Xoán o Bautista.
A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
O domingo é o sétimo día da semana. O nome "domingo" vén do latín Dominicus (dies) ou día do Señor, por causa da celebración cristiá da Resurrección de Xesús. Cando o Instituto da Lingua Galega elaborou o Atlas Lingüístico Galego, tamén foi rexistrada localmente a forma arcaica primeira feira, soamente observada polo estudo nos lugares de Sistallo (en Cospeito) e Vilachán (en Tomiño) .
Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega. Un fragmento do seu poema "Os Pinos" constitúe a letra do Himno de Galicia. Foi unha das tres grandes voces líricas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
Islandia (en islandés: Ísland) é un país insular situado na Dorsal Medio Atlántica, e xeralmente englobada en Europa. A illa está bañada polo océano Atlántico ao sur e ao oeste e polo mar de Noruega ao norte e ao leste. Os territorios máis próximos son Groenlandia ao noroeste, da cal está separada polo estreito de Dinamarca, as Illas Feroe ao sueste e, bastante máis lonxe, a illa norueguesa de Jan Mayen ao nordeste.
As Illas Baleares (en catalán e oficialmente: Illes Balears) son un arquipélago e unha comunidade autónoma española situada no mar Mediterráneo, xunto á costa oriental da Península Ibérica. A súa capital é Palma, e a lingua propia autóctona é o catalán. O seu principal recurso é o turismo, sobre todo procedente de Alemaña e do Reino Unido, quen o consideran coma destino de viaxes por excelencia.
A olaría de Gundivós é artesanía elaborada na zona de Sober, coñecida como "terra de cacharreiros", e delimitada visual e xeograficamente polos remates ornamentais desta cerámica ancestral que colocaban nos tellados das súas vivendas. Caracterízase por unha identificadora cor negra, procedente do afumado con lume de carqueixa cun acabado feito con pez de resinas de piñeiro, após da cocción en forno de pedra e da elaboración en torno baixo movido coas mans. As pezas que conforman este patrimonio cultural vivo situado na Ribeira Sacra son destinadas, de xeito prioritario, á almacenaxe e transporte de produtos como viño e aceite, á cociña e á matanza.
Marco Aurelio Antonino Augusto (alcumado o Sabio ou Filósofo) (en latín: Marcus Aurelius Antoninus Augustus), nado en Roma o 26 de abril de 121 e finado o 17 de marzo de 180, foi co-emperador do Imperio Romano dende o ano 161 até o ano da súa morte en 180. Foi o derradeiro dos chamados Cinco bos emperadores, terceiro dos emperadores de orixe hispano e está considerado como unha das figuras máis representativas da filosofía estoica. Marco Aurelio e Lucio Vero foron fillos adoptivos de Antonino Pío por mandato de Hadriano e os dous primeiros que imperaron conxuntamente na historia de Roma.
En Galicia, segundo o decreto 65/1997 da Xunta, existen oficialmente 53 comarcas, das cales 18 pertencen á provincia da Coruña, 13 á de Lugo, 12 á de Ourense e 10 están na provincia de Pontevedra. As comarcas constitúen o ámbito de actuación dos plans de desenvolvemento comarcal e carecen de funcións administrativas.
Muhamad Iasir Abdul Rahman Abdul Rauf Arafat (en árabe: محمد ياسر عبد الرحمن عبد الرؤوف عرفات), popularmente coñecido como Iasir Arafat (en árabe: ياسر عرفات), ou polo seu nome kunya Abu Amar (en árabe: أبو عمار), nado en Xerusalén ou no Cairo, o 4 ou 24 de agosto de 1929 e finado en París o 11 de novembro de 2004, foi un líder palestino, presidente da OLP (Organización para a Liberación de Palestina) e da ANP (Autoridade Nacional Palestina).
Ecce Homo é unha locución latina de uso contemporáneo en varias linguas que significa literalmente "Velaquí o home", simboliza o Cristo coa coroa de espiñas na Paixón de Cristo. No uso contemporáneo representa un home maltratado e con feridas. A expresión atópase, en tradución do hebreo, na Vulgata, sendo o equivalente da frase grega ιδου ο ανθρωπος (Idou ho Anthrōpos) do Evanxeo de Xoán.
A guerra hispano-estadounidense, que en España é coñecida popularmente como guerra de Cuba ou tamén como o desastre do 98, denominada por outra banda guerra hispano-americana e nos Estados Unidos Spanish-American War, foi a que se desatou entre España e Estados Unidos en 1898, durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena, viúva do rei Afonso XII, sendo presidente do goberno español Práxedes Mateo Sagasta e presidente dos Estados Unidos, William McKinley. Esta guerra desembocou na perda das colonias de ultramar e veu a significar a fin do que fora o poderoso Imperio español. Os seus principais resultados foron a independencia de Cuba e a perda, por parte de España, do resto das súas colonias en América e Asia, cedidas aos Estados Unidos, que logo se convertería en nova potencia colonial.
Mercedes-Benz, unha marca do Grupo Mercedes-Benz, leva implicada na Fórmula 1 como propietario do equipo e fabricante de motores durante varios períodos desde 1954. O equio Mercedes-AMG Petronas F1 Team ten a súa sede en Brackley, Inglaterra, e posúe unha licenza alemá, En 2022 a propiedade maioritaria era do Grupo Mercedes-Benz con Toto Wolff que ten unha participación significativa. Os equipos da marca Mercedes adoitan chamarse co alcume "Frechas de prata".
España ( pronunciación ), denominada tamén en tratados internacionais e de xeito protocolario Reino de España ( pronunciación ) (en castelán: Reino de España, en catalán/valenciano: Regne d'Espanya, en vasco: Espainiako Erresuma, en asturiano: Reinu d'Espanya, en occitano: Reialme d'Espanha e en aragonés: Reino d'España), é un país soberano membro da Unión Europea, constituído en Estado social e democrático de Dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. O seu territorio, con capital en Madrid, ocupa a maior parte da Península Ibérica, ao que se lle engaden os arquipélagos das Illas Baleares, no mar Mediterráneo occidental, e das Illas Canarias, no océano Atlántico nororiental, así como no norte do continente africano, as prazas de soberanía das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, ademais dos distritos e posesións menores das illas Chafarinas, o Peñón de Vélez da Gomera o peñón de Alhucemas e Perejil. O enclave de Llívia, nos Pireneos, completa o conxunto de territorios xunto coa illa de Alborán, as illas Columbretes e unha serie de illas e illotes fronte ás súas propias costas.
A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás, aturuxos etc), instrumentos (gaita galega, pandeireta e as cunchas, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.