Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite. Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
Etiopía (en amhárico: ኢትዮጵያ, ʾĪtyōṗṗyā, oficialmente República Democrática Federal de Etiopía) é un país situado na parte centroriental de África, no chamado Corno de África. Limita ao norte con Eritrea, ao leste con Djibuti e Somalia, ao sur con Kenya e ao oeste co Sudán e co Sudán do Sur. En 2017 tiña unha poboación estimada de máis de 94 millóns de habitantes, que o converten no segundo país máis poboado de África despois de Nixeria.
Na noite de san Xoán ou do Lume Novo, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de Europa (principalmente a Europa atlántica), especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar (véxase: Litha). A data do 24 de xuño corresponde, segundo a tradición cristiá, á data do nacemento de Xoán o Bautista.
A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron no Porto do Trigo, Trece. Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.
A xiromitrina é unha toxina e un carcinóxeno presente en varios fungos do xénero Gyromitra, como G. esculenta. A súa fómula é C4H8N2O. É un composto inestable e doado de hidrolizar ao composto tóxico monometilhidrazina CH3NHNH2. A monometilhidrazina actúa sobre o sistema nervioso central e interfire co uso normal e función da vitamina B6.
Filipinas —oficialmente, República de Filipinas (tagalo: Republika ng Pilipinas; inglés: Republic of the Philippines)— é un país insular (véxase arquipélago) situado no sueste asiático, sobre o océano Pacífico. A súa capital é Manila. Ao norte atópase separado da illa de Taiwán polo estreito de Luzón; ao oeste áchase o mar da China Meridional, tamén coñecido como o mar de Filipinas Occidental e Vietnam; ao suroeste, a illa de Borneo; ao sur, o mar de Célebes sepárao das illas de Indonesia, e o leste limita co mar de Filipinas.
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debeu o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, até os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeneralizado estaban a ameazar a súa forma de vida.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Morte das matemáticas en Galicia
A "morte das matemáticas en Galicia" é como En defensa do mestrado de Matemáticas da USC e o Consello do Estudantado da Universidade da USC se referiron á desaparición do máster en matemáticas da prematrícula para os másteres na Universidade de Santiago de Compostela para o curso 2025/26.
A poesía é unha forma de literatura que emprega as calidades estética e rítmica da linguaxe, como a eufonía, o simbolismo fonético e a prosodia, para evocar significados engadidos ou o significado prosaico. A poesía ten unha longa historia que se remonta á Epopea de Gilgamesh sumeria. Os poemas máis antigos evolucionaron dende cancións populares, como o Shijing chinés, ou dende a necesidade de recoller a tradición das lendas orais, como os Vedas sánscritos, os Gathas zoroastras ou os poemas homéricos, a Ilíada e a Odisea.
A AC-400 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Sigrás (Cambre) e Muros; atravesa os concellos de Cambre, Culleredo, A Laracha, Cerceda, Tordoia, Carballo, Coristanco, Santa Comba, Mazaricos, Outes, Carnota e Muros. Ten unha lonxitude de 89,74 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-550 en Sigrás (Cambre) e finaliza nun cruzamento coa AC-550 en Muros.
A abeluria ou herba das feridas (Hypericum perforatum), é unha herbácea europea, a especie máis abundante da familia das gutíferas (Guttiferae) ou hipericáceas (Hypericaceae). Cómpre non confundila coa dedaleira, que tamén recibe o nome de abeluria. Abunda en Galiza, sendo unha das herbas empregadas na noite de san Xoán.
Johannes Kepler, nado o 27 de decembro de 1571 en Weil der Stadt (Baden-Württemberg) e finado o 15 de novembro de 1630 en Ratisbona, foi un astrónomo e matemático alemán e unha figura clave na revolución científica do século XVII, coñecido sobre todo polas súas leis do movemento planetario, e os seus libros Astronomia nova, Harmonice Mundi e Epitome Astronomiae Copernicanae, influíndo entre outros en Isaac Newton, proporcionandolle unha das bases para a súa teoría da gravitación universal. A variedade e repercusión dos seus traballos converteron a Kepler nun dos fundadores e pais da astronomía moderna, do método científico e das ciencias naturais. Kepler foi profesor de matemáticas nun seminario de Graz, onde se converteu en socio do príncipe Hans Ulrich von Eggenberg.
Puertollano é un municipio da provincia de Cidade Real, comunidade autónoma de Castela-A Mancha, en España, con 50.838 habitantes (INE 2007). Conta cunha mina de carbón e unha refinaría de petróleo. A súa produción eléctrica vai dende as dúas centrais térmicas de carbón (Viesgo-Enel e Elcogas), ata as últimas instalacións de paneis solares.
O termo nacións celtas fai referencia a uns territorios (nacións a maior parte das veces sen estado propio) do oeste da Europa Occidental que comparten o uso de linguas celtas e/ou trazos culturais atribuibles á devandita cultura. Neste contexto, o termo "nacións" cobra significado entendendo este como un colectivo étnico de persoas asociado historicamente a un territorio raíz e que comparten unha identidade común propia, manifestada ben na lingua, ben na cultura ou na mentalidade propia común.
A amora é o nome de diferentes froitos comestíbeis de distintas especies botánicas, e que acostuman clasificarse coma froitos do bosque. Malia procederen de diferentes plantas ou ser froitos botanicamente diferentes, posúen un aspecto semellante e características comúns. En xeral podemos dicir que proceden de dous xéneros distintos de vexetais con trazos fenotípicos moi dispares entre si: Morus, as moreiras, árbores da familia das moráceas.
Os Apalaches (en inglés Appalachians) é un sistema montañoso de América do Norte que vai de Terra Nova e Labrador (Canadá) ata o centro de Alabama (Estados Unidos), aínda que a parte máis setentrional dos mesmos morre na península de Gaspé, no Quebec. Constitúen o elemento morfolóxico máis destacable da parte oriental de América do Norte. Trátanse de montañas antigas formadas no Paleozoico con relevos suavizados pola prolongada acción dos axentes esóxenos.
Un wiki é unha aplicación web que permite aos internautas engadir, modificar ou borrar contido mediante software colaborativo que permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo sen que teña que ser revisado antes da súa publicación, toma o seu nome dunha palabra hawaiana que significa rápido. O meirande wiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.[Cómpre referencia] O obxectivo dunha wiki é democratizar un pouco a creación e mantemento das páxinas; ou eliminar a "síndrome dun só webmaster".[Cómpre referencia] O potencial do wiki radica na non necesidade de aprender a usar complicadas etiquetas en HTML para escribir de xeito sinxelo documentos e establecer enlaces no sitio web.
A Fórmula 1 ou Fórmula Un, referida ás veces na escrita como F1, é un deporte automobilístico en que compiten pilotos profesionais en monoprazas open-wheel, pertencentes a diferentes escuderías, en circuítos situados por todo o mundo. Desde 1950 e cunha periodicidade anual dispútase o Campionato Mundial de Fórmula 1, composto por un número variable de eventos por tempada, chamados Grand Prix ou Grandes Premios (abreviados GP). Ao remate dun Campionato Mundial outórganse dous títulos, o Campionato Mundial de Pilotos, e o Campionato Mundial de Construtores, estando as súas clasificacións determinadas pola suma dos puntos conseguidos segundo a posición acadada ó rematar cada Grand Prix.
Unión Internacional de Telecomunicacións
A Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) en inglés: International Telecommunication Union (ITU) é o organismo especializado das Nacións Unidas encargado de regular as telecomunicacións, a nivel internacional, entre as distintas administracións e empresas operadoras. Está organizada en tres sectores principais: UIT-T: Sector de Normalización das Telecomunicacións (antes CCITT). UIT-R: Sector de Normalización das Radiocomunicacións (antes CCIR).
Louis Henry (Henri) Sullivan, nado o 3 de setembro de 1856 en Boston e finado o 14 de abril de 1924, foi un arquitecto estadounidense, considerado un dos pais da Arquitectura Moderna. É considerado por moitos como o creador do moderno rañaceos. Foi un influente arquitecto e crítico pertencente á Escola de Chicago.
Un astrolabio é un instrumento antigo usado con fins astrolóxicos e astronómicos coma medir a altura dos astros por riba do horizonte. Foi inventado por Hipatia de Alexandría, e máis tarde foi simplificado e substituído polo sextante. Tamén era utilizado para resolver problemas xeométricos, como calcular a altura dun edificio ou a profundidade dun pozo.
Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas
O Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas (en grego: Εθνικό Αρχαιολογικό Μουσείο) aloxa moitos dos obxectos arqueolóxicos máis importantes atopados en Grecia dende a prehistoria ata a antigüidade tardía. Considérase un dos grandes museos do mundo, contén a mellor colección de obxectos da antiga Grecia que se pode atopar no mundo. Sitúase no centro de Atenas, no barrio de Eksarhia, a entrada está localizada na Avenida Patission, adxacente ao edificio, tamén histórico, que aloxa a Universidade Politécnica Nacional de Atenas.
Un aborto (do latín abortus) é a expulsión prematura do útero do embrión ou do feto, antes de que o feto sexa viable ou que a xestación haxa chegado entre as vinte e as vinte-e-oito semanas. A interrupción pode ser provocada con asistencia médica ou sen ela, e en calquera circunstancia social ou legal. A verba provén do verbo latino aborto, que significa rematar, apagarse, deixar de vivir.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Un acuario é un recipiente, xeralmente de vidro ou doutros materiais transparentes, como o metacrilato, e os máis sofisticados dotados de compoñentes mecánicos que fan posible a recreación dun ambiente subacuático de auga doce, mariña ou salobre e albergar vida correspondente a eses ambientes, como peixes, invertebrados, plantas etc. No acuario as condicións ambientais son estables e controladas, e están adecuadas para a vida dos organismos que van vivir nel. Os acuarios máis sofisticados poden acubillar un auténtico arrecife mariño, estando dotados de sistemas de iluminación especiais, bombas, xeradores de ondas, filtros físicos, biolóxicos e químicos, control de temperatura, bombas dosificadoras de elementos, reactores, medidores de parámetros etc.
Pirámide de necesidades de Maslow
A pirámide de necesidades de Maslow é unha representación gráfica en forma de pirámide das necesidades humanas deseñada polo psicólogo estadounidense Abraham Maslow no seu traballo A Theory of Human Motivation (1943). Segundo a súa teoría as necesidades humanas deben ser atendidas desde a base da pirámide, onde residen as necesidades fisiolóxicas, para poder chegar á cima da pirámide, onde está a autorrealización. Ademais, a xerarquía de necesidades emprégase para estudar de que maneira os seres humanos toman parte intrinsecamente na motivación comportamental.
Consello do Estudantado da Universidade de Santiago de Compostela
O Consello do Estudantado da Universidade de Santiago de Compostela é o órgano de participación e representación do estudantado na organización da vida universitaria da Universidade de Santiago de Compostela. En abril de 2024, Andrés Couso Viana asumiu a presidencia.
Papúa-Nova Guinea ou Papúa Nova Guinea (en tok pisin: Papua Niugini; en hiri motu: Papua Niu Gini) é un país de Oceanía que ocupa a metade oriental da Illa de Nova Guinea, e unha serie de illas e arquipélagos, ao leste e ao nordeste, aínda que sempre na Melanesia. A única fronteira terrestre que ten é con Indonesia, ao oeste, mais ten fronteiras marítimas con Palau e mailos Estados Federados de Micronesia, ao norte, coas Illas Salomón, ao sueste, e con Australia, a través do Mar de Coral, o Estreito de Torres e o Mar de Arafura, ao sur. A súa capital é Port Moresby.
En defensa do mestrado de Matemáticas da USC
En defensa do mestrado de Matemáticas da USC foi unha plataforma que se creou en 2025 para defender o mantemento do máster de matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Robert Francis Prevost, coñecido como León XIV (en latín, Leo XIV), nado en Chicago o 14 de setembro de 1955, é o 267º papa da Igrexa Católica, bispo de Roma, matemático e xefe de Estado do Vaticano. Foi elixido o 8 de maio de 2025, no segundo día do conclave. Aínda que estadounidense de nacemento, dende 2015 posúe tamén a nacionalidade peruana polos moitos anos vividos no país.
O ADN extracromosómico ou DNA extracromosómico (abreviado ADNec ou, en inglés, ecDNA) é o ADN que se encontra fóra dos cromosomas, xa sexa dentro ou fóra do núcleo dunha célula. A maior parte do ADN nun xenoma individual atópase formando parte dos cromosomas que nos eucariotas están contidos no núcleo. Exiten múltiples formas de ADN extracromosómico e aínda que adoitan ter importantes funcións biolóxicas, tamén poden exercer un papel en enfermidades como o cancro.
Afonso Froilaz foi rei de León e de Galiza durante un breve lapso de tempo, entre 925 e 926; tan desafortunado foi que a historia nin sequera o rexistra cun ordinal para acompañar o nome. A súa situación na cronoloxía dos "Reis de León" foi estabelecida só no século XX por Claudio Sánchez-Albornoz apoiándose en dous textos do século X, a nómina "rotense" e a "vigilana".
O río Missouri (inglés: Missouri River, nome que deriva da tribo dos missouria, e que significa 'xente con canoas de madeira' [people with wooden canoes]) é o río máis longo de Norteamérica, o afluente máis longo nos Estados Unidos e unha das principais vías navegables do centro dos Estados Unidos. Nace nas Montañas Rochosas, no oeste de Montana, da confluencia de tres ríos: Jefferson, Madison e Gallatin. Flúe cara ao leste e o sur, atravesando as Grandes Chairas do leste de Montana, Dacota do Norte e Dacota do Sur, marcando a fronteira entre Nebrasca e Iowa, e despois entre Kansas e Missouri, ata desaugar no río Mississippi ao norte da cidade de St.
Jean-François Millet (4 de outubro de 1814 - 20 de xaneiro de 1875) foi un pintor francés e un dos fundadores da Escola de Barbizon. É célebre por pintar escenas da vida do campo do século XIX. Naceu en Normandía pero mudouse a París en 1839. Recibiu o seu ensino académico con Paul Dumouchel, e con Jérome Langlois en Cherbourg.
2012 (MMXII) foi un ano bisesto comezado en domingo no calendario gregoriano. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o ano 2012 o ano internacional das cooperativas, recoñecendo así a contribución destas ao desenvolvemento socioeconómico, en particular ao recoñecemento á redución da pobreza, o emprego e á integración social que xeran.
O Primeiro Concilio de Nicea foi un concilio ecuménico, aceptado por case toda a cristiandade (agás grupos coma os mormóns), que se celebrou no ano 325. Nel condenouse o arianismo, que afirmaba que Xesucristo era inferior a Deus Pai, e estableceuse o coñecido como Credo de Nicea. O convocante deste concilio foi o emperador Constantino, algo que tivo unha grande carga simbólica, dado que ata había poucos anos (antes do Edicto de Milán de 313) os cristiáns eran sometidos a persecucións dentro do Imperio Romano.
As anxiopoetinas ou anxiopoietinas son proteínas que forman parte da familia dos factores de crecemento vasculares que exercen un papel na anxioxénese embrionaria e posnatal. A sinalización da anxiopoetina ten unha correspondencia directa coa anxioxénese, o proceso polo cal se forman novas arterias e veas a partir de vasos sanguíneos preexistentes. A anxioxénese prodúcese polo brote de novos vasos, migración e proliferación de células endoteliais, e desestabilización e estabilización dos vasos.
Leopoldo I, Sacro Emperador Romano-Xermánico
Leopoldo I de Habsburgo, nado en Viena o 9 de xuño de 1640 e finado na mesma cidade o 5 de maio de 1705). Foi Rei de Hungría desde 1655 e de Bohemia un ano despois, Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico desde 1658. Era fillo de Fernando III e da súa primeira muller María Ana de España, filla do Rei Filipe III de España.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Organización de Países Exportadores de Petróleo
A Organización de Países Exportadores de Petróleo (OPEP) é unha organización económica internacional, con sede en Viena. Foi creada como resposta á baixada do prezo oficial do petróleo acordada unilateralmente polas grandes compañías distribuidoras en agosto de 1960 (que eran estranxeiras). Os seus fins son: a unificación e coordinación das políticas petroleiras dos países membros, coa defensa dos seus intereses como nacións produtoras.
Os amiloides son agregados de proteínas fibrosas insolubles, que teñen características estruturais específicas. Orixínanse a partir de polo menos 18 versións de proteínas e polipéptidos incorrectamente pregados presentes de forma natural no corpo. Estas estruturas incorrectamente pregadas teñen tan alterada a súa configuración normal que interaccionan erradamente unhas con outras ou con outros compoñentes celulares formando fibrilas insolubles.
Máis do 99,2% dos colombianos falan a lingua castelá; tamén se falan no país 65 linguas indíxenas, dúas linguas crioulas e o romaní. O inglés ten status oficial no Arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina. Incluíndo o castelán, a base de datos Ethnologue nomea 101 linguas en Colombia.
O abellaruco persa (Merops persicus) é unha especie de aves da familia dos abellarucos, Meropidae. Cría no Norte de África e no Oriente Próximo desde o leste de Turquía a Kazakhstán e a India. Algúns exemplares desde o norte de África voan máis ao norte e poden aparecer como aves errantes principalmente en Italia e Grecia, e a especie tense detectado tamén en Galicia, polo que figura na Lista de aves de Galicia.
Xurxo III do Reino Unido, nado co nome de George William Frederic de Hannover o 4 de xuño de 1738 e finado o 29 de xaneiro de 1820, foi Rei da Gran Bretaña desde 1760 ata 1801. A partir da Acta de Unión de 1800, Xurxo III pasou a ser Rei do Reino Unido. Foi tamén Duque de Brunswick-Lüneburg e, a partir de 1814, Rei de Hannover.
Lista de concellos de España por poboación
En España, a 31 de decembro de 2016, existen 8.124 concellos, repartidos polas cincuenta provincias, Ceuta e Melilla e cuxos datos oficiais de poboación son recollidos polo Instituto Nacional de Estadística.. Nos últimos anos houbo variacións no número de concellos: apareceron novos concellos segregados doutro anteriores e tamén fusións entre concellos previamente existentes. Durante 2014: Montecorto, segregado de Ronda, na provincia de Málaga.
Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial
A Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial (en xaponés 宇宙航空研究開発機構, en inglés Japan Aerospace Exploration Agency, JAXA) é a axencia aeroespacial do Xapón.
O desprazamento de carácter é o proceso mediante o cal as diferenzas entre especies similares cuxa área de distribución se solapa xeograficamente están acentuadas en rexións onde as especies viven xuntas, pero están minimizadas ou pérdense onde as distribucións das especies non se solapan. Este patrón resulta dos cambios evolutivos impulsados pola competencia entre as especies por un recurso limitado (por exemplo, o alimento). A razón de que se produza o desprazamento de carácter nace do principio da exclusión competitiva, tamén chamado lei de Gause, que sostén que se coexisten nun ambiente estable dúas especies competidoras deben diferenciarse nos seus nichos ecolóxicos; sen esta diferenciación, unha das especies eliminará á outra por competencia.
Jacques Cartier, nado en Saint-Malo, Bretaña (Francia) o 31 de decembro de 1491 e finado o 1 de setembro de 1557 no mesmo lugar, foi un explorador francés. Fíxose coñecido polas súas tres viaxes ao Canadá, nas que buscou o Paso do Noroeste, que permitiría unha ruta entre o océano Atlántico e o océano Pacífico polo norte de América. Nestas viaxes converteuse no primeiro explorador do Golfo de San Lourenzo (1534) e descubridor do Río San Lourenzo (1534), cartografando esa costa e denominándoa por primeira vez como Canadá.
Bahrain (en árabe: البحرين; al-Baḥrayn), tamén coñecido como o Reino de Bahrain (en árabe: مملكة البحرين Mamlakat al-Baḥrayn), é un país do Oriente Medio. É un dos máis pequenos da rexión e está integrado por cinco illas, das cales a maior é a illa de Bahréin e 50 illas naturais e 33 illas artificiais adicionais, centradas na illa de Bahrain que representa ao redor do 83 por cento da masa terrestre do país. Está situado no Golfo Pérsico, compartindo fronteiras marítimas con Qatar polo sur e o leste; e con Arabia Saudita polo oeste e o noroeste, unidos pola Ponte do Rei Fahd.
A dedaleira ou estraloque (Digitalis purpurea) é unha planta herbácea bianual, nativa de Europa da familia das plantaxináceas. Recibe tamén os nomes de abeluria, abrula, baloco, borleta, croque, dixital, estalote, milicroque e sanxoán. Na fala de Estremadura recibe o nome de abiluria e dedais de bruja.
O Coloso de Rodas foi unha estatua de Helios, deus grego do Sol, construída entre o ano 292 a.C. e o 280 a.C., polo escultor Chares de Lindos. A estatua tiña 32 metros de alzada, semellante á actual Estatua da Liberdade de Nova York, setenta toneladas de peso, feita integramente con placas de bronce sobre un armazón de ferro. O Coloso de Rodas tornouse nunha das Sete marabillas do mundo, mais todo o que se coñece sobre esta estatua débese ás novas que deixaron os escritores antigos Polibio, Estrabón e Plinio, e ás crónicas bizantinas de Constantino VII Porfiroxénito.
Félix Bolaños García, nado en Madrid o 17 de decembro de 1975 é un político e avogado español. Entre 2018 e 2021 foi secretario xeral da Presidencia do Goberno de España e, en xullo de 2021, foi nomeado ministro da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática do Goberno de España. En novembro de 2023, foi nomeada ministro da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes.
A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega. Comezou a publicarse o 8 de marzo de 2003, é unha enciclopedia en liña de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. O 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario, superou os 100 000 artigos, e actualmente ten un total de 222.524.
O Imperio Romano (en latín: imperium romanum) foi un imperio da antigüidade sucesor da República Romana e caracterizado por un sistema autocrático. Gobernou extensas terras ao longo de Europa e o Mediterráneo. Durante o mandato de Traxano abarcaba, de oeste a leste, dende o océano Atlántico até as beiras do mar Caspio, o mar Vermello e o golfo Pérsico e, de norte a sur, dende as fragas dos ríos Rin e Danubio e a fronteira con Caledonia até o deserto do Sáhara.
A Fundación Mozilla é unha fundación sen fins lucrativos dedicada á creación de software libre para Internet a través do proxecto de código aberto Mozilla Application Suite. A sede legal da Fundación está en Mountain View, en California. Mozilla Corporation é a empresa subsidiaria da Fundación que desde 2005 desenvolve os seus programas e os seus beneficios invístense no proxecto Mozilla.