Os artigos máis visitados da Wikipedia en galego, actualizados diariamente. Saber máis...
John Michael "Ozzy" Osbourne, nado o 3 de decembro de 1948, e finado o 22 de xullo de 2025, foi un vocalista e compositor de heavy metal inglés, cunha carreira musical que se estende xa ao longo de 50 anos. Osbourne acadou a fama como vocalista principal da banda inglesa Black Sabbath, que co seu son duro e escuro contribuíu a propagar o xénero do heavy metal. Debido ao estilo escuro do grupo, Osbourne comezou a ser coñecido como o "Príncipe da escuridade".
A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron no Porto do Trigo, Trece. Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.
Robert Norton Noyce, nado en Burlington (Iowa) o 12 de decembro de 1927 e finado en Austin (Texas) o 3 de xuño de 1990, foi un físico estadounidense. Alcumado "o alcalde de Silicon Valley", foi cofundador de Fairchild Semiconductor en 1957 e Intel en 1968. É recoñecido xunto con Jack Kilby como o inventor do circuíto integrado ou microchip, motor da revolución dos computadores persoais, e por dar o nome a Silicon Valley.
Suleiman I (Otomán: سليمان Sulaymān, Turco: Süleyman), nado o 6 de novembro de 1494 e finado o 6 de setembro de 1566, foi sultán e padishá do Imperio Otomán desde 1520 ata a súa morte, coñecido como Suleiman o Magnífico en Occidente e Suleiman o Lexislador no mundo islámico, e un dos monarcas máis importantes da Europa do século XVI. Levou ao Imperio ás súas maiores cotas. Baixo a súa administración o estado otomán gobernaba polo menos a 25 millóns de persoas. Sucedeu ao seu pai, o sultán Selim I, en setembro de 1520 e comezou o seu reinado emprendendo unha campaña militar contra as potencias cristiás na Europa central e no mar Mediterráneo.
Black Sabbath é unha banda inglesa, unha das fundadoras do heavy metal. A formación orixinal contaba con Ozzy Osbourne como cantante, Tony Iommi na guitarra, Terence "Geezer" Butler no baixo e Bill Ward na batería. Formouse en Birmingham a finais dos anos 1960s co nome de Polka Tulk Blues Band (ben axiña quedou en só Polka Tulk), e máis tarde Earth.
Salma Celeste Paralluelo Ayingono, nada en Zaragoza o 13 de novembro de 2003, filla de pai español de orixe catalá e nai ecuatoguineana, é unha futbolista e exvelocista española que xoga como extremo esquerda no Fútbol Club Barcelona da Liga F (liga feminina) e na selección feminina de fútbol de España. Foi campioa feminina Sub-17 e sub-20 da UEFA, e medalla de ouro no Festival Olímpico da Xuventude Europea en atletismo.
Franscisco Javier López Álvarez, coñecido como Patxi López, nado en Portugalete o 4 de outubro de 1959, é un político vasco e secretario xeral do Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra (PSE-EE). Foi o lehendakari do goberno vasco dende o 5 de maio de 2009 ata decembro de 2012. Foi presidente da mesa do Congreso dos Deputados na XI Lexislatura.
Verónica Boquete Giadáns, nada en Santiago de Compostela o 9 de abril de 1987, é unha futbolista galega, que xoga como centrocampista e dianteira na Fiorentina, da Serie A de Italia. Considerada como unha das mellores futbolistas españolas da historia, desenvolveu a súa carreira en máis dunha ducia de equipos de oito países e tres continentes. Foi a primeira española en gañar a Liga de Campións e a primeira en marcar nunha final.
Os ríos de Galicia son parte da densa hidrografía de Galicia. A súa gran densidade fai que Galicia sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, en palabras de Otero Pedrayo. A maioría dos cursos, por mor do seu escaso caudal, non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura, nos numerosos encoros, e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran regatas.
Lista de nomes femininos en galego
Esta é unha lista alfabética de nomes femininos en galego, indicándose en cada un deles a súa orixe e significado.
O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.
Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Unión Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal. Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.
Da terra asoballada é un libro de poemas de Ramón Cabanillas publicado por primeira vez como volume independente en 1917. O mesmo título adianta a intención da obra, un conxunto de textos líricos contra a colonización de Galicia que reivindican o substrato humilde da poboación campesiña —no contexto redencionista do agrarismo— a carón das grandes figuras da Historia nacional, cantadas ás veces desde un ton elexíaco.
Unha posición sexual é unha posición do corpo que a xente usa para relacións sexuais ou outras actividades sexuais. Os actos sexuais son xeralmente descritos polas posicións que adoptan os participantes para realizar eses actos. Aínda que as relacións sexuais xeralmente implican penetración do corpo dunha persoa por outra, as posicións sexuais normalmente implican actividades sexuais penetrativas ou actividades sexuais sen penetración.
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, senador nas Cortes Xerais e presidente do Partido Popular dende o 2 de abril de 2022. Anteriormente foi presidente da Xunta de Galicia durante 13 anos, entre abril de 2009 e maio de 2022. Despois de presidir Correos e exercer como conselleiro e vicepresidente da Xunta de Galicia durante o goberno de Manuel Fraga, en 2006 sucedeu a este á fronte do Partido Popular de Galicia.
Asintomático (ou clinicamente silencioso) é un adxectico que se usa para condicións médicas (como lesións ou doenzas) nas que os pacientes portan esa condición pero sen experimentaren síntomas, a pesar dunha diagnose explícita da condición (como unha proba médica positiva). Presintomático é o adxectivo usado cando nunha condición médica hai un período de tempo no que esta é asintomática. Subclínico e paucisintomático son outros adxectivos usados para infeccións asintomáticas (é dicir, infeccións subclínicas), ou para doenzas psicosomáticas e trastornos mentais que expresan un subconxunto de síntomas pero non o conxunto completo deles necesario para unha diagnose médica.
Na política, o independentismo é a opción política que defende a liberación dun pobo ou nación mediante a creación dun estado propio que salvagarde a súa identidade, cultura, sociedade e intereses económicos. A ONU recoñece o dereito a independizarse a partir do principio de autodeterminación. Segundo algunhas interpretacións da Carta das Nacións Unidas, só os pobos internacionalmente considerados como colonizados poden acollerse a tal dereito, aínda que a propia carta recoñece o carácter universal dese dereito.
A física (do latín physica, e este do grego antigo φυσικός physikós «natural, relativo a natureza») é unha ciencia que estuda as propiedades da materia, os seus constituíntes fundamentais, o seu movemento e comportamento a través do espazo e tempo, e as entidades relacionadas de enerxía e forza, considerando unicamente os atributos susceptíbeis de seren medidos. A física é unha das disciplinas científica máis fundamentais, sendo o seu principal obxectivo comprender como se comporta o universo. Un científico que se especializa no campo da física chámase físico.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega. Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta segunda do Goberno de España, desde xullo de 2021. É fundadora de Sumar e foi a súa coordinadora xeral dende abril até xuño de 2024, trala súa dimisión por mor dos malos resultados das eleccións europeas.
ORCID (Open Researcher Contributor Identification ( pronuncia en inglés ), en galego "Identificador Aberto de Investigador e Colaborador") é un código alfanúmerico non propietario que identifica as autoras e autores do eido científico ou académico. Aborda os problemas asociados á localización da autoría nas publicacións científicas ou nas publicacións da área das Humanidades. Á hora de recuperar as contribucións dunha persoa nestes ámbitos hai moitas prácticas que dificultan este labor: o uso de nomes persoais que non son únicos; as diferentes prácticas culturais no que á orde dos nomes se refire; a inconsistencia entre o uso das abreviaturas de nomes e o emprego de distintos alfabetos.
O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén como Día da Patria Galega, Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia ou Día da Patria, é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia publicado no DOG do 1 de xaneiro de 1979. Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.
Os briozoos (Bryozoa, do grego βρύον brýon, "musgo", e ζωον zōon, "animal"), o que xustifica o nome que lle dan algúns[quen?] de animais musgo,[Cómpre referencia] tamén chamados polizoos (Polyzoa) e ectoproctos (Ectoprocta, do grego εκτός ektós, "fóra", "afora", e πρωκτόσ prōktós, "ano"). son un filo de pequenos animalis coloniais, que presentan un lofóforo, coroa de tentáculos ciliados que serven para captar alimento, nos que o ano se abre fóra de diita coroa tentacular. Describíronse unhas 5.700 especies maioritariamente mariñas; só unhas 50 viven en auga doce.
Djibuti (/dʒɪˈbuːti/; árabe: جيبوتي Jībūtī, francés: Djibouti, somalí: Jabuuti, afar: Gabuuti), ou Xibutí, oficialmente República de Djibuti é un país situado no Corno de África. Está bordeado por Eritrea no norte, Etiopía no oeste e sur e Somalia no sueste. O resto da fronteira está formado polo Mar Vermello e o Golfo de Adén ao leste.
A comarca de Quiroga é unha comarca galega situada no sueste da provincia de Lugo, na fronteira coa comunidade de Castela e León. A súa capital é Quiroga e pertencen a ela os concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil. Nesta comarca atópase a Serra do Courel e limita polo sur co río Sil.
Guns N' Roses é unha banda de hard rock formada nos Ánxeles (Estados Unidos), en marzo de 1985. O grupo está formado polo cantante Axl Rose, os guitarristas Slash e Izzy Stradlin, o baixista Duff McKagan, e o batería Steven Adler. O nome deriva da combinación de dúas bandas moi importantes en Hollywood, os L.A. Guns e os Hollywood Rose.
Edward Teach ou Edward Thatch, máis coñecido como Barbanegra (inglés: Blackbeard), nado circa 1680 e finado o 22 de novembro de 1718 en Ocracoke, Carolina do Norte, foi un pirata inglés que navegaba nas Indias Occidentais e na costa leste das trece Colonias. Aínda que non se sabe moito da súa infancia, probablemente naceu en Bristol, Inglaterra. Puido ser un mariñeiro en navíos corsarios durante a guerra da raíña Ana antes de estabelecerse na illa de Nova Providencia, nas Bahamas, lugar onde reuniu unha tripulación por volta de 1716.
As linguas itálicas constitúen un grupo de linguas indoeuropeas cunha serie de trazos comúns. Inclúe as linguas romances (entre as que se atopan o galego, o español, o portugués, o francés, o italiano e o romanés) e a un certo número de linguas extintas, como o latín e outras linguas faladas na Antigüidade na Península Itálica. Aínda que se adoita considerar como unha única rama que se diversificou a partir dun estadio común ou protoitálico, posterior ao período protoindoeuropeo, algúns autores dubidan desta filiación común.
Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.
Museo Rupriikki dos Medios de Comunicación
O Museo Rupriikki dos Medios de Comunicación (en finés Mediamuseo Rupriikki) é un museo de historia cultural situado na cidade de Tampere (Finlandia), e integrado dentro do Museokeskus Vapriikki (en galego Centro Museístico Vapriikki). O museo está centrado na historia dos medios de comunicación de masas e medios de comunicación. Foi fundado en 2001 e conta con actividades de exposición dende 2003.
Para a cidade aragonesa, véxase Monzón, Huesca Un monzón é un vento periódico, especialmente no océano Índico e no sur de Asia. A palabra úsase para denominar a estación na que o vento sopra do suroeste na India e territorios adxacentes que se caracteriza con grandes chuvias, especialmente chuvias que están asociadas con este vento. O monzón do suroeste que arranca da costa de Kerala, na India, comeza xeralmente na primeira quincena de xuño.
Un atol é unha illa madrepórica oceánica, polo xeral con forma de anel máis ou menos circular, ou tamén un conxunto de varias illas pequenas que forman parte dun arrecife de coral, cunha lagoa interior que comunica co mar. Os atois fórmanse cando un arrecife de coral crece ao redor dunha illa volcánica que posteriormente se afunde no océano.
A Dinastía Ming (chinés: 明朝; pinyin: Míng Cháo; Wade-Giles: Ming2 Ch'ao2), tamén coñecida como Imperio do Gran Ming (chinés tradicional: 大明國; chinés simplificado: 大明国; pinyin: Dà Míng Guó; Wade-Giles: Ta4 Ming2 Guo2), foi a penúltima dinastía gobernante na China e que gobernou durante 276 anos (entre 1368 e 1644) trala caída do Imperio Mongol liderado pola dinastía Yuan. A Ming foi descrita por algúns como "unha das máis grandes épocas de orde de goberno e estabilidade social da historia humana", foi a derradeira dinastía da China rexida pola etnia han. O fundador da dinastía Ming, o emperador Hongwu (r.
O Athletic Club, coñecido popularmente como Athletic de Bilbao, é un club de fútbol vasco con sede en Bilbao, Biscaia. Fundado no ano 1898 e un dos clubs decanos do Estado español e, xunto co Fútbol Club Barcelona e o Real Madrid, o único equipo que participou en tódalas edicións da liga de Primeira división. O club comezou xogando os seus primeiros partidos en Getxo, aínda que durante cen anos, entre 1913 e 2013 xogou os seus partidos como local no antigo estadio de San Mamés, lugar alcumado como "A Catedral".
Unha baga, en botánica, é o tipo mais común de froito carnoso simple, no cal a parede do ovario enteiro madura nun pericarpo comestible. As flores desas plantas teñen un ovario superior que ten un ou varios xineceos dentro dunha cobertura fina e interiores moi carnosos. As sementes están embutidas na carne común do ovario.
Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Dende o punto de vista antropolóxico, diversos estudos xenéticos demostran a súa orixe centroeuropea, menos influenciados polos pobos mediterráneos que outras poboacións ibéricas por mor do illamento histórico dos seus habitantes, froito da súa localización xeográfica. Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía.
O Cantábrico (en asturiano: Cantábricu, en castelán: Cantábrico, en éuscaro: Kantauri, en francés: Cantabrique) é un mar litoral do océano Atlántico que baña a costa norte de España e a costa suroeste de Francia. Esténdese desde o Cabo Ortegal na provincia da Coruña, ata a desembocadura do río Adour nas costas do departamento Francés das Landes preto de Bayonne. Esta delimitación foi publicada pola Organización Hidrográfica Internacional na súa publicación Limits of oceans and seas (Límites de océanos e mares) en 1953, máxima autoridade internacional na materia de delimitación de mares a efecto de regular o tráfico e seguridade marítima.
O rosario é unha práctica devocional na que se venera á Virxe María propia da Igrexa católica. Durante a súa práctica, vanse meditando sobre os misterios do rosario, unha serie de acontecementos especialmente significativos da vida da Virxe segundo a perspectiva bíblica e católica. Caracterízase pola repetición da oración do avemaría, cunha cadencia que contribúe a crear un ambiente propicio á contemplación relixiosa.
A lingua cree é un continuo dialectal consistente en varios dialectos aborixes americanos pertencentes ás linguas algonquinas, faladas por 86.475 (2021) persoas no Canadá, dende Alberta até Terra Nova e Labrador. Algúns dialectos utilizan unha variantes dos alfasilabarios nativos canadenses e outros usan o alfabeto latino.
O renminbi (chinés: 人民币 ; 人民幣, rénmínbì = moeda do pobo) é a moeda oficial da República Popular da China (RPCh), e cuxa principal unidade é o iuan (元, simplificación de 圆, yuan "obxecto redondo", cfr. ien 円, en xaponés, que ten a mesma orixe). É emitido polo Banco Popular da China, que é a autoridade monetaria da RPCh.
O Mar de Irlanda (irlandés: Muir Éireann / An Mhuir Mheann, manx: Y Keayn Yernagh, scots: Erse Sea, escocés: Muir Èireann, Ulster-Scots: Airish Sea, galés: Môr Iwerddon) separa as illas de Irlanda e de Gran Bretaña, conecta co océano Atlántico polo sur a través do Canal de San Xurxo, entre Irlanda e Gales; e polo norte a través do Canle do Norte, entre Irlanda e Escocia. A Illa de Man atópase situada no centro deste mar. Anglesey, no País de Gales, é a maior illa no mar de Irlanda.
O confucianismo descríbese como unha tradición, unha filosofía, unha relixión, unha relixión humanista ou racionalista, unha forma de goberno, ou simplemente como un estilo de vida. O confucianismo desenvolveuse a partir do que máis tarde sería chamado Cen escolas de pensamento, e das ensinanzas do filósofo chinés Confucio (551–479 a.C.), quen se consideraba a si mesmo como un retransmisor dos valores da idade de ouro da dinastía Zhou. Durante a dinastía Han (206 a.C. – 220 d.C.), os enfoques confucianos superaron o "proto-taoísta" Huang-Lao como a ideoloxía oficial, mentres os emperadores mesturaban ambas coas técnicas realistas do legalismo.
Fairchild Republic A-10 Thunderbolt II
O Fairchild-Republic A-10 Thunderbolt II, coñecido tamén como Warthog, é o primeiro avión de combate norteamericano construído especialmente para dar soporte aéreo ás forzas terrestres, é un avión sinxelo, sólido e eficaz. O prototipo realizou o primeiro voo o 10 de maio de 1972, os primeiros avións destináronse á base militar aérea de Davis-Monthan en Arizona en outubro de 1975. As forzas aéreas non acolleron con entusiasmo os A-10 Thunderbolt II, xa que apostaban polos bombardeiros de grande altitude e os F-15 e F-16, e preferían o apoio aéreo de helicópteros.
O condado de Arlington é un condado urbano situado na Mancomunidade de Virxinia, nos Estados Unidos, separado de Washington, D.C. polo río Potomac. Orixinalmente, parte do Distrito de Columbia, o terreo agora ocupado polo condado, foi devolto a Virxinia o 9 de xullo de 1846 a través dunha lei do Congreso que tomou efecto en 1847. O 1 de xaneiro de 2006, tiña unha poboación estimada de 200.226 habitantes.
Ancona é un concello italiano da provincia homónima, na rexión das Marcas. Ten 101.210 habitantes (en 2007) e esténdese por unha área de 123 km², cunha densidade de poboación de 818 hab/km². Fai fronteira cos concellos de: Agugliano, Camerano, Camerata Picena, Falconara Marittima, Offagna, Osimo, Polverigi e Sirolo.
Vilamaior de Caldelas, Castro Caldelas
Vilamaior de Caldelas é unha das parroquias do concello de Castro Caldelas, pertencente á provincia de Ourense. Segundo o IGE, en 2014 tiña 42 habitantes, dos cales 24 eran homes e 18 mulleres, o que supón unha diminución constante respecto do ano 2009, cando tiña 50 habitantes.
Heinrich Cornelius Agrippa von Nettesheim, nado en Colonia o 15 de setembro de 1486 e finado en Grenoble o 18 de febreiro 1535, foi un astrólogo, alquimista e escritor ocultista alemán. Nos seus escritos recóllense as correntes pagás do Renacemento con tendencias cabalistas. Viviu en Alemaña, Francia e Italia.
O cántabro (cántabru), xacando denominado montañés, é unha fala asturleonesa empregada no occidente de Cantabria e nalgunhas zonas dos vales do Pas e o Soba, na parte oriental. É característico, pois, das bisbarras de montaña de Cantabria, e de aquí o seu nome. O cántabro é xa que logo unha variante do asturiano e do leonés.
A puberdade é un período no que ocorren mudanzas biolóxicas e fisiolóxicas. É neste período cando o corpo se desenvolve física e mentalmente tornándose maduro e o adolescente queda capacitado para xerar fillos. Non debe ser confundida como sinónimo da adolescencia, xa que a puberdade forma parte da adolescencia.
O oso polar (Ursus maritimus), tamén coñecido como oso branco, é un mamífero da familia dos Úrsidos. É un oso carnívoro cuxo hábitat abrangue unha ampla rexión do Círculo Polar Ártico, no océano Ártico, e as masas de terra que arrodean os mares. É o meirande oso, cun tamaño semellante ó do omnívoro oso de Kodiak (Ursus arctos middendorffi).
Cunnilingus ou cunilingua (do latín cunnus: "cuña" ou "vulva", e lingus: "lingua"), é a práctica de sexo oral onde unha persoa (poden ser incluso dúas persoas, á vez) chupa(n), frota(n), lambe(n), ou adenta(n) (con graos variables de intensidade, e tamén poden ensalivar ou cuspir), coa boca, coa lingua, cos beizos, cos dentes ou incluso co nariz ou co queixo ou a barba e os bigotes, os labios da vulva, a entrada da vaxina e o clítoris. O clítoris é a parte sexual máis sensitiva dos xenitais femininos humanos, e a súa estimulación pode provocar excitación sexual ou orgasmo. Cunnilingus pode ser sexualmente excitante para os seus participantes, e pode ser practica polo compañeiro sexual como preliminares para incitar a excitación antes doutras actividades sexuais (como o sexo anal ou vaxinal), ou como un acto erótico e de intimidade física.